10

Happy new year

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A slideshow on how New year is celebrated in different countries

Citation preview

Page 1: Happy new year
Page 2: Happy new year

En Francia chámase a “Nuit du Réveillon”. En París o lugar máis representativo é a Torre Eiffel, onde se agrupa toda unhamultitude para presenciar o espectáculo de luces e brindar con champaña. É moi común que ao dar a media noite os noivos se deanun bico baixo un visgo.

Page 3: Happy new year

O 11 de febreiro de 2013, desafiando o inverno nameseta tibetana, comeza a celebración do Aninovo ouLosar, prolongándose durante dúas semanas máis deica anova lúa chea.O festival ten as súas orixes no antigo Tíbet, antes dachegada do budismo, cando Bon era a relixión dominantee moitos rituais ían destinados a aplacar os malosespíritos e agraciar as deidades para asegurar unha boacolleita cada ano. Losar céntrase na purificación epreparación para o novo ano.Antes da entrada do novo ano hai un período en querealizan rituais complexos, que inclúen unha confusión defume branco e danzas de máscaras, simbolizando unhabatalla entre o ben e o mal. Fanse ofrendas aos deusespara pedirlles protección e afánanse en limpar as casaspara purificar os pecados e entrar puros no novo ano.Os primeiros días do ano a familia re, realizan ofrendasaos mosteiros con incenso e bandeiras de oración.Ademais, non se reduce a unha festa familiar, é unha festaen comunidade. Nestes días visitan os veciños e amigosque os apoiaron durante o ano pasado e fanlles regalos,comen alimentos especiais, doces e polas noites haicantos e bailes acompañados de viño de cebada.

Page 4: Happy new year

En Arxentina e en Ecuador coinciden no costume de queimar un manequín de madeira ou outros materiais para purificarse e desfacerse de todo o malo do ano que termina. Por suposto, non llesfaltan os fogos artificiais, o asado aos arxentinos e a rumba aos ecuatorianos.

Page 5: Happy new year

A celebración na véspera de Aninovo chámase Hogmanay. Os escoceses teñen o costume de prenderlle lume a un barril e facelo rodar polas rúas para dar pasoao novo ano. Ademais, teñen a crenza de que o primeiro que pise a casa onde se vai realizar a celebración, traerá sorte durante todo o novo ano.

Page 6: Happy new year

En Rusia, o fin de ano é semellante ao Nadalpara o resto do mundo, pero a Papá Noel substitúeo o Avó de Xeo, un velliño que percorre os fogares repartindo doces, xoguetes e bonecas matrioskas

Page 7: Happy new year

O 10 de febreiro de 2013 comezar conmemoración durará 15 días, ata o Festival da Lanterna. Na véspera de Aninovo, a xente prepara desde cedo flores naturais e froitas para facerlle ofrendas ao Emperador de Xade, así como aos deuses e antepasados, como agradecemento polas bendicións do ano que pasou e pedindo polo novo ano que comeza. Despois dunha limpeza profunda da casa, toda a familia adoita pegar en ambos os lados das portas papeis vermellos con mensaxes de bos desexos co fin de sorte. Orixinalmenteescribíanse sobre madeira de pexegueiro e hoxe queda a tradición dos amuletos de pexegueiro. Arredor da estufa colocan varias moedas, que representan a prosperidade. Para asegurarse plenitude e evitar desgrazas, sérvense os patos ou polos enteiros, coa cabeza e as patas sen cortar, ao igual ca o resto dos ingredientes. Esa noite regalanlle diñeiro aos nenos nun sobre vermello para que os protexa do fantasma Sui mentres dormen. Pola súa parte, os adultos agardan espertos a chegada do novo ano.

Page 8: Happy new year

En Italia inician a “Notte di Capodanno” cunha cea acompañada de lentellas, símbolo de prosperidade. Tamén adoitan regalar roupa interior de cor vermella ás mulleres e o máisrechamante é que, en moitas localidades, tiran os trastes vellos pola ventá para finalizar unha etapa e recibir o ano renovado.

Page 9: Happy new year

Songkran é o Ano Novo budista tailandés. Segundo o calendario budista o ano que entra seráo 2556, xa que Siddhartha Gautama (Buda) morreu 543 anos antes do nacemento de Cristo.As celebracións levaranse a cabo do 13 ao 15 de abril de 2013.É mundialmente coñecido o seu Festival de Auga, unha auténtica guerra de mangueiras,pistolas de auga e caldeiros, que tivo un principio máis espiritual. Tradicionalmente tirábasea auga ás figuras de Buda dos templos e usábase esa mesma auga, bendicida, para mostrarrespecto aos maiores e darlles boa sorte mollándolles o lombo. Con temperaturas quepoden pasar de 40 ºC é a mellor forma de festexar a entrada do Aninovo.

Page 10: Happy new year

Os daneses aproveitan esta data para demostrarllesaos seus seres queridos o aprezo que lles teñenlanzando en fronte das casas destes pratos vellosque foron acumulados durante o ano. Cantos máispratos rotos se acumulanno seu xardín, máisapreciados son.