Upload
kalandrakacom
View
246
Download
3
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Libros para soñar. Maremar
Citation preview
kalandraka
Jos Antonio Abad
David Pintor
HÉRCULESe CRUNIA
© do texto orixinal: José Antonio Abad, 2005© das ilustracións: David Pintor, 2005© da traducción ao galego: Ramón Nicolás, 2005© desta edición: Kalandraka Editora, 2005Italia 37 – 36162 Pontevedratelf.: 986 860 [email protected]
Deseño: Ana BarrosImpreso en C.A. Gráfica - Vigo
Primeira edición: xullo, 2005ISBN: 84-8464-529-0DL: PO-36-05
Reservados todos os dereitos
k a l a n d r a k a
HERCULES e CRUNIAJosé Antonio Abad David Pintor
Hai moito tempo, nun afastado lugar do noroeste,
onde as terras xurdían da brétema misteriosa do mar,
o sol loitaba cada día por enxergar os cantís cubertos de verdor onde vivía Xerión.
Este era un home violento e moi corpudo,
dono dun inmenso rabaño de bois,
gardados e defendidos por Orto, o seu fiel can.
Xerión era xefe dunha tribo guerreira que fustrigaba e maltrataba aos pacíficos ártabros,
poboadores do lugar.
Os ártabros vivían tempos acedos. Laiaban a súa mala sorte
e choraban aos seus fillos, pois en cada incursión Xerión
matábaos en desigual combate, ou collíaos prisioneiros.