41
HISTORIA DE ESPAÑA: IDADE MODERNA (S.XVI e XVII)

Historia Moderna

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Historia Moderna

HISTORIA DE ESPAÑA:IDADE MODERNA

(S.XVI e XVII)

Page 2: Historia Moderna

• OS REIS CATÓLICOSa) Inicio do seu reinado: sometemento dos señores feudais.

En 1469 matrimonio de Sabela (herdeira ao trono de Castela) e Fernando (herdeiro ao trono de Aragón) Unión dinástica (1479) as 2 grandes coroas peninsulares quedaban unidas na persoa dos soberanos. Cada coroa mantiña as súas fronteiras, aduanas, leis e institucións propias.

No comezo do seu reinado, os novos monarcas impuxéronse aos nobres e terminaron coas revoltas pol e sociais comezadas na etapa anterior:

CASTELA: derrota dos partidarios da princesa Xoana (a Beltranexa) castigo aos nobres implicados e creación da Santa Irmandade (1476) milicia popular armada financiada polas cidades para impoñer a autoridade real no territorio castelán.

Page 3: Historia Moderna

CATALUÑA: Fernando aboliu os malos usos (abusos dos nobres) final conflito das remensas (campesiños sublevados por malos usos) pero previa indemnización aos nobres

Polo tanto, os Reis Católicos consegueron controlar e someter aos nobres e eclesiásticos, pero estos segueron mantendo o poder ec e xurisdicional

Page 4: Historia Moderna

b) A Inquisición e a expulsión dos xudeus.

Antisemitismo da pob cristiá do S.XIV persecucións e matanzas en épocas de dificultades ec conversión forzosa de moitos xudeus conversos ou cristiáns novos, mantendo en segredo a súa fe xudea (marranos ou xudaizantes) odio popular hacia eles, en gran parte motivado polas súas ocupacións artesanas e financeiras (prestamistas).

Intransixencia relixiosa dos reis católicos creación do Tribunal da Santa Inquisición (tribunal encargado de vixiar a pureza do dogma e moral católica) persecución inicialmente de herexes e de conversos xudaizantes autos de fe = xuízos sumarísimos.

Page 5: Historia Moderna

Os xudeus foron segregados da sociedade, obrigados a vivir en barrios específicos e levar marcas distintivas.En 1492 os Reis Católicos ordearon a expulsión dos xudeus de España uns 200.000 (actuales xudeus sefardíes) consecuencias ec e financeiras graves.

Page 6: Historia Moderna

c) Ampliación territorial

Conquista de Granada: Inicio da guerra en 1482. Enfrontamentos entre a familia real nazarita (Muley Hacén e Boabdil) rendición de Granada aos Reis Católicos (1492) a cambio de respetar a relixión e bens dos vencidos. Medidas non respetadas segregación dos musulmáns en barrios específicos, obrigación de levar marcas e a partir de 1500 foron obrigados a bautizarse mouriscos.

Incorporación de condados franceses = Rosellón e Cerdaña (1493).

Ocupación de Canarias (1496).

Expansión polo Mediterráneo: guerra con Francia por Napolés, reincorporado en 1505, e ocupación de Ceuta e Melilla (finais S.XV e inicios S.XVI).

Anexión de Navarra: guerra con Francia = pretexto para conquistar Navarra en 1512, quen mantendrá os seus privilexios forais e institucións propias

Page 8: Historia Moderna

d) O descubrimento de América.

Orixe: mercado de especias e productos de luxo de Oriente que chegaban ao Mediterráneo oriental durante a Idade Media enormes beneficios. No S.XV o comercio quedou en mans turcas e venecianas (monopolio do comercio) exploracións portuguesas hacia o Sur para atopar ruta alternativa circunnavegando África.Cristovo Colón proxecto para chegar ás Indias navegando cara u oeste exposición do proxecto ao Rei de Portugal rexeitado traslado de Colón a Castela.Grazas a influencias conseguiu a aprobación do proxecto polos Reis Católicos (abril 1492) Capitulacións de Santa Fe concesión de privilexios a Colón (Vicerrei e Gobernador das terras descubertas, Almirante de Castela, a 10ª parte de todas as riquezas obtidas…).

Page 9: Historia Moderna

Partida da expedición o día 3 de agosto do Porto de Palos (Huelva). Erros de cálculo de Colón, pensando que a Terra era máis estreita que en realidade chegada en 3 meses no ás Indias, senón a novo continente a medio camiño desembarco o 12 de outubro na illa de San Salvador (Bahamas).

Tras tres meses esplorando o Caribe (Cuba, A Española = Haití…) regreso á Península (Pinta a Baiona, Colón na Niña a Lisboa).

Colón realizou outros tres viaxes ata 1503 descubrimento e exploración das illas do Caribe e parte de Centroamérica (Nicaragua, Honduras, Costa Rica, Panamá, Venezuela…).

Ata a súa morte (1506) defendeu que as terras descubertas pertencían a Asia. Outro explorador Américo Vespuccio foi o 1º en defender de que se trataba dun novo continente América.

Page 10: Historia Moderna
Page 11: Historia Moderna

Descubrimentos disputas entre Castela e Portugal Tratado de Tordesillas (1494) = reparto de zonas de influencia a través de liña imaxinaria a 370 leguas ao O de Cabo Verde territorios do O para Castela (América e Pacífico), territorios do L para Portugal (Brasil, África e Asia).

Page 12: Historia Moderna

e) Organización pol-administrativa

Trazos: Labores de goberno a través de Consellos (organismos que asesoraban sobre aspectos específicos) Consello da Inquisición, de Aragón, de Castela Consello Real = principal órgano de goberno, formado por nobres e latrados, asesoraban aos Reis en moitos asuntos (xustiza, pol exterior).

Incremento da burocracia (funcionariado), para executar as decisións dos consellos destacan 2 tipos: vicerreis (representantes dos reis en territorios con leis propias: Aragón, Navarra,…), e correxedores (representates da monarquía nas principais cidades de Castela orde pública, xustiza…).

Page 13: Historia Moderna

Reforma da xustiza creación das Chancillerías e Audiencias = tribunais permanentes sobre un territorio determinado.

Creación dun exército permanente (terzos).

Respeto das Cortes de orixe medieval: en cada un dos reinos (Cas, Cat, Ara, Val e Nav). Reunión dos tres estamentos para a proposta dos reis aprobación de leis e impostos (= función principal) co tempo clero e nobreza deixaron de asistir Cortes = representación de cidades.

Page 14: Historia Moderna

f) Problema sucesorio

Reis católicos usaron os matrimonios dos seus fillos/as alianzas diplomáticas illar internacionalmente a Francia alianzas con Borgoña, Habsburgo, Portugal, Ingl…Mortes prematuras dos primoxénitos Xoana, casada con Felipe de Habsburgo (O fermoso), = herdeira da Coroa de Castela á morte da súa nai Sabela (1504), mentras o seu pai, Fernando continuaba sendo rei de Aragón.A demencia de Xoana (I “a tola”), fixo que seu pai exercera a rexencia de Castela ata a súa morte en 1516 sucesor = o fillo de Xoana, Carlos, que recibía as 2 coroas (Castela e Aragón) nova dinastía en España (Habsburgo ou Austrias).

Page 16: Historia Moderna

2. OS AUSTRIAS (1516-1700)a) Carlos I: Imperio universal

Fillo de Xoana I e Felipe I o Fermoso = Carlos de Gante numerosas herencias:

Avó paterno: Austria.

Avoa paterna: Borgoña (Franco Condado, Luxemburgo e Países Baixos).

Avó materno (Fernando

Católico): Coroa de Aragón e

parte de Italia.

Avoa materna: Castela e

as Indias.- Foi elexido ademáis emperador

do Sacro Imperio Romano

Xermánico Carlos V.

Page 17: Historia Moderna

POLÍTICA INTERIOR:- Carlos de Gante chegou á península en 1517

xuramento das liberdades e privilexios de Castela, Aragón e Cataluña monarca hispánico Carlos I.

- Elixido emperador do Sacro Imperio en 1519 en competencia co rei de Francia (Francisco I) sufragación dos electores petición e concesión de subsidios ás Cortes de Castela marcha a Alemaña para ser investido emperador deixando coma gobernador a Adriano de Utrech.

- Esta forma de actuar xunto co autoritarismo do monarca malestar popular en Castela rebelión das cidades contra o gobernador formación de Comunidades = asambleas ou xuntas municipales dos veciños dos tres estamentos unión das diferentes comunidades Xunta Santa das cidades para coordinar a súa actuación.

Page 18: Historia Moderna

Comuneiros formación de milicias populares armadas con representantes do baixo clero e baixa nobreza enfrontamento coas tropas reais apoiadas pola alta nobreza derrota (Villalar 1521) dura represión execución dos líderes comuneros (Padilla, Bravo e Maldonado).

Triunfo real triunfo do autoritarismo do monarca na Coroa de Castela, a única concesión foi a substitución de políticos flamencos por casteláns.

Page 19: Historia Moderna

Ao memo tempo no reino de Valencia e Mallorca xermanías = irmandades populares creadas anteriormente para defenderse dos piratas berberiscos (N de África).

Abusos señoriais revoltas das xermanías facéndose co co control das principais cidades contraofensiva das tropas reais fin das revoltas en 1523.

Page 20: Historia Moderna

POLÍTICA EXTERIOR:- Diversos enfrontamentos con

potencias exteriores:

Francia: enfrontados por Navarra, Italia e Borgoña guerras entre Carlos I e Francisco I en Italia (saqueo de Roma, 1527) victorias de Carlos I renuncia de Francia a Italia

Imperio Turco: imperio turco, tras a toma de Constantinopla (med S.XV) continúan expansión por Balcáns e apoian aos piratas berberiscos (Berbería = Norte de África) que atacan costas mediterráneas guerras contra turcos e piratas.

Page 21: Historia Moderna

Reforma: monxe alemán Martín Lutero Reforma protestante contra a Igrexa católica división no Cristianismo occ = católicos e protestantes.

Moitos príncipes alemáns que se opoñían ao emperador apoian a Lutero enfrontamento co Imperio.

Carlos V proscribe as doutrinas luteranas a Igrexa convoca un concilio (asemblea) para solucionar o conflito (Concilio de Trento, 1545) os protestantes néganse a acudir enfrontamento militar.

Príncipes protestantes integrados na Liga de Smalkalda vs tropas imperiales batalla de Mühlberg (1547) victoria de Carlos V Paz de Augsburgo (1555) = recoñecemento de que cada príncipe elixira a relixión dos seus dominios.

Page 22: Historia Moderna

Dificultades de manter unidos tantos territorios esgotamento e retiro do monarca (1555) 2 heredeiros:

€ Seu irmán Fernando: territorios austríacos e dignidade imperial.

€ Seu fillo Filipe: Italia, Paises Baixos e Coroas de Castela e Aragón (Monarquía hispánica) Filipe II.

Page 23: Historia Moderna

b) Filipe II: a defensa da ortodoxia católica

Reinado de Filipe II (2ª metade S.XVI) obxectivo prioritario = defensa do catolicismo aprobado pola Contrarreforma no Concilio de Trento, finalizado en 1563 loita contra:

Inimigos externos (protestantes e infieis) ataques militares.

Inimigos internos: desviacións da ortodoxia (herexes, xudaizantes) e da moralidade católica (bruxeria, adulterio, bigamia, homosexualidade) uso da Inquisición procesos xudiciais (autos de fe) e prohibicións (Índice de libros prohibidos) poboación sometida.

Page 24: Historia Moderna
Page 25: Historia Moderna

POLÍTICA EXTERIOR: - Principais feitos: guerras contra inimigos externos e

unión dinástica con Portugal:

Guerras con Francia:

- Francia continou sendo un dos principais rivais para Filipe II multitude de enfrontamentos armados agravados polo medo de Filipe a que en Francia reinase un rei protestante (Borbón) apoio aos católicos franceses.

- Guerras entre as 2 potencias remataron a finais do SXVI coa conversión de Henrique IV de Borbón ao catolicismo recoñecemento dos Borbóns no trono francés por Filipe II.

Rebelión dos Países Baixos: - Países Baixos = territorios

heteroxéneos (Holanda, Flandres, Luxemburgo…) baixo soberanía de Filipe II, onde o protestantismo extendeuse con rapidez. O intento de impoñer a Inquisición e as normas contrarreformistas por Filipe inicio rebelión anticatólica envío exército (Duque de Alba) e forte represión 2 resultados:

Sumisión das provincias do sur (actual Bélxica), que aceptan o catolicismo e soberanía hispánica.

Continuación das rebelións no N actual Holanda formación das Provincias Unidas, que defenden o protestantismo e non aceptan a soberanía dos Austrias guerra contra os terzos españois ata med. SXVII.

Page 26: Historia Moderna
Page 27: Historia Moderna

Ameaza turca: turcos e piratas berberiscos continuaban ameazando ás costas mediterráneas alianza de Filipe II con Venecia e o Papado vs turcos envío dunha poderosa armada (300 naves) ao Mediterráneo oriental Batalla de Lepanto (1571) derrota turca freo ao expansionismo turco polo Mediterráneo occ.

Enfrontamento con Inglaterra: relacións tensas entre Filipe II e Sabela I de Inglaterra debido a motivos relixosos (anglicanismo da raiña inglesa), pol (apoio de Ing a rebelión P. Baixos) e ec (ataques de corsarios ingleses a portos españois e americanos animados pola raiña) plan de invasión e conquista de Ing por Filipe II organización dunha grande armada (130 buques e 25.000 hombres) = Armada Invencible.(1588)Condicións meteorolóxicas adversas (ventos contrarios e tempestades), pouca maniobrabilidade da armada no estreito canle da Mancha e os ataques ingleses desastre (só regresaron á Península menos da metade de barcos e homes resposta inglesa = ataques do pirata inglés Drake á A Coruña e Lisboa.

Page 29: Historia Moderna

Unión dinástica con Portugal: Morte sen descendencia do rei de Portugal (1580) reclamación da coroa por Filipe II por se fillo dunha princesa portuguesa. Filipe II buscou o apoio dos nobres e cleo portugués e invadiu Portugal As cortes portuguesas recoñeceron a Filipe II como rei de Portugal unidade peninsular ata 1640 dominio de gran parte do mundo.

Page 30: Historia Moderna

POLÍTICA INTERIOR:Destacan o asunto de Antonio Pérez e o esgotamento financeiro.

Caso Antonio Pérez = secretario de Filipe II, viuse envolto nun asasinato prisión fuxida hacia a Aragón (1590) solicitude de protección foral por ser fillo dun aragonés o rei empregou a Inquisición para detelo revoltas e disturbios populares instigados pola nobreza aragonesa en Zaragoza aproveitados por Pérez para fuxir a Francia envío de exército real a Zaragoza (1591) o rei restrinxe os privilexios forais aragoneses.

Creba financeira: a multiplicación das guerras gastos creba financeira da monarquía paz con Francia e nos Países Baixos no final do seu reinado (1598).

Page 31: Historia Moderna

c) Os Austrias “menores”: Filipe III, Filipe IV e Carlos II.

Filipe III (1598-1621): comeza a gobernar a

través de Validos (ministro ao que se confía tarefas

de gob, ex: Duque de Lerma).

Pol exterior:-Continuación guerras Ing

e Holanda. -Dificultades ec paz con

Ing e tregua en Hol Paz aproveitada para

reforzar as súas posicións

Pol interior:- Feito + destacado =

Expulsión dos mouriscos (1609), numerosos en Valencia

e Aragón por presiónsda Igrexa case ½

millón efectos negativos= terras sen cultivar,

negocios abandonados

Page 32: Historia Moderna

Filipe IV (1621-1665):Principal valido = CondeDuque de Olivares Gran poder e influencia

Pol exterior: Guerra dos 30 anos = Periodo convulso con diferentes enfrontamentos por hexemonía entre Austrias (Madrid eViena) e reinos protestantes (alemáns, Hol, Sue, Din..) no inicioVictorias españolas no Imperio alemán e Holanda, pero en 1635Francia entra en guerra apoiando aos protestantes derrota

Española en Holanda (Dunas, 1638) e en Alemaña (Rocroi, 1643) Fin superioridade militar hispánica perda da hexemonía española

Consecuencias:-Fin guerra 30 anos Paz de Westfalia (1648) os Habsburgo

recoñecen a liberdade de cultos no Imperio.-Triunfo revolta de Holanda tratado de Munster Independencia

de Holanda.-Derrota española vs Francia Paz dos Pireneos (1659) entrega de

Rosellón e Cerdaña a Francia

Pol interior: Olivares defendeu a uniformización do Estado, o queSignificaba a abolición dos privilexios forais dos distintos territorios

adopción das leis da Coroa de Castela 1ª medida en este senso= Unión de Armas reparto da carga militar e fiscal de forma

proporcional á poboación de cada reino descontento nos distintos reinos-Esta política e a petición de novos impostos para guerras sublevación

en Cataluña (1639, dominada polas tropas reais en 1652) e independenciade Portugal (1640), decontenta coa crecente castelanización da monarquía

Page 34: Historia Moderna

Carlos II (1675-1701): De constitución débil e enfermiza

constantes intrigas pol

Pol exterior: Guerras contra Francia derrotas perda deterritorios en Flandres e Franco Condado

busca de novosaliados: Ing e Hol

Problema sucesorio:- Aunque casado 2 veces,

Carlos II non tivo fillos Grave problema 2 Candidatos a sucesión:

e) Filipe de Borbón, co apoio francés.f) Carlos de Austria, co apoio dos

habsburgo de Viena.- Testamento Carlos II Filipe de Borbón =

Heredeiro Filipe V negativa doutro Candidato Guerra de Sucesión española

(1701- 1713)

Page 35: Historia Moderna

3. CONQUISTA E EXPLOTACIÓN DA AMÉRICA ESPAÑOLA (s. XV-XVIII).

Tras descubrimento necesidade de dominación e conquista das Indias conquistas levadas a cabo por particulares chegando a un acordo coa monarquía (capitulación):

Conquistadores: corrían a cargo de todos os gastos da expedición e conquistas (tropas, armas, avituallamentos,...) e a cambio unha vez terminada a conquista recibían cargos (Gobernador, Virrei,...) e riquezas.

Monarquía: conseguía a dominación de enormes territorios sen apenas coste e ademáis recibían de cada conquistador un quinto de todas as riquezas obtidas na conquista (quinto real).

Page 36: Historia Moderna

Conquista das Indias = rápida, debido a:

a) Superioridade militar dos conquistadores (armas de fogo, armaduras, cabalos, cans…).

b) Debilidade e actitude sumisa e desconcertada dos indíxenas.

c) Epidemias traidas polos europeos e que diezmaron á poboacións indíxenas (viruela, gripe…).

c) Enfrontamentos e división interna dos grandes imperios (azteca e inca).

Page 37: Historia Moderna

Fases da conquista:

1ª fase (1492-1518): conquista das Antillas (illas do Caribe), e exploración das principais costas: venezolana, desembocadura do Amazonas, costa brasileira por portugueses, arxentina (Río da Prata), Florida e descubrimento do Océano Pacífico.

2ª fase (1519-1540): período principal da conquista, destacan:

- Expedición de Magallanes e Elcano 1ª volta ao mundo.

- Conquista dos grandes imperios americanos: azteca en México (1519-1521) por Hernán Cortés e inca en Perú por Francisco Pizarro (1527-1532)

Page 38: Historia Moderna

3ª etapa (1541-1560): complétase a conquista de Hispanoamérica polos españois.

4ª etapa (1561-1600): ainda que xa fora explorado pola expedición de Magallanes e Elcano, nesta época se completa o descubrimento de terras e rutas do Pacífico.

- Consecuencias da conquista moi negativas para indíxenas americanos:

Numerosos pobos foron sometidos violentamente.

Descenso demográfico espectacular dos indíxenas (Holocausto indíxena) por masacres, excravitude e enfermidades levadas por europeos.

Explotación posterior dos sobrevivintes traballos forzados en minas e agricultura.

Page 39: Historia Moderna

Os territorios conquistados pasaron a depender directamente do rei e incorporados á Coroa de Castela administración das Indias a través de 2 ámbitos:

Administración central: en España Consello de Indias e Casa de Contratación de Sevilla.

Administración territorial: en América Virreinatos e Gobernacións (política) e Audiencias (xulgados)

Page 40: Historia Moderna

Administración das Indias explotación do territorios americanos, que inclúe:a) Explotación dos indíxenas = man de obra barata para os españois sistema de encomenda ou mita = entrega por parte da Coroa dunha cantidade de indios/as aos colonos españois para que traballen na agricultura (encomenda) ou minas (mita) a cambio de darlles protección e formación relixiosa.Estes traballos (aos que os indios non estaban acostumados) aumento de mortalidade importación de gran cantidade de escravos negros procedentes de África.

b) Tráfico colonial: Coroa organiza monopolio comercial coas Indias a través de Sevilla (único porto español que podía comerciar). Comercio con 2 direccións:

$ Das Indias a España: materias primas (sobre todo metais preciosos: ouro e prata) e novos produtos alimenticios (patacas, millo, cacao, café…).

$ De España ás Indias: produtos manufacturados (armas, tecidos, apeiros…) e alimentos (trigo, viño, aceite…).Comercio era organizado a través do sistema de frotas (frota das Indias) 2 convois anuais de mercantes protexidos por barcos da Armada española, debido o auxe da piratería.

Page 41: Historia Moderna

c) Explotación mineira: sobre todo de metais preciosos xacementos de ouro e sobre todo de prata (Potosí, Zacatecas…) produción incrementouse ata un máximo a med do S.XVII para logo descender produción destinada a quinto real, acuñación de moeda e pagar mercadorías luxosas procedentes de Asia (sedas, especias, xoias, porcelanas).