48
HISTORIAS PEREGRINAS TEATRO DO NOROESTE

HISTORIAS PEREGRINAS

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: HISTORIAS PEREGRINAS

HISTORIAS PEREGRINAS

TEATRO DO NOROESTE

Page 2: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 3: HISTORIAS PEREGRINAS

HISTORIASPEREGRINAS

de Miguel Anxo Murado

TEATRO DO NOROESTE

Page 4: HISTORIAS PEREGRINAS

Teatro do Noroeste, é unha compañía que, na súa dilatada traxectoria de máisde 20 anos, ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos.Entre estes espectáculos se poden salientar desde textos clásicos como: Rei Lear,Macbeth ou Noite de Reis, de William Shakespeare, ou As vodas de Fígaro, deCaron de Beaumarchais, até textos máis contemporáneos como Os Xustos, deAlbert Camús, ou de autores galegos como A grande noite de Fiz, de Miguel AnxoMurado e Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro e os musicais, Imperial: Cafécantante. Vigo 1936 e Glass City (Cidade de Cristal) de Eduardo Alonso. Entremoitos outros.

Teatro do Noroeste presenta agora o seu espectáculo teatral: HISTORIASPEREGRINAS. Esta produción é unha comedia na que participan oito actores eactrices

Unha comedia sobre as aparencias. Ou “as aparencias enganan”.

Page 5: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 6: HISTORIAS PEREGRINAS

En HISTORIAS PEREGRINAS, de Miguel-Anxo Murado, un grupo de cómicosrecorre o Camiño de Santiago representando Danzas da Morte e ás veces algúnAuto Sacramental. A causa dunha edición defectuosa do Códice Calixtino, quelles sirve como guía, pérdense nun bosque preto de Compostela. Están fartos defacer o que fan, particularmente o actor que fai o papel de Muerte Justiciera,convencido de que a súa vis cómica se bota a perder nun papel así, ou a actrizque fai de Gracia Santificante, que xa me dirás ti que gracia ten facer de Gracia,ou o que fai de Demonio, que de boa gana faría teatro vangardista, moderno e apoder ser incomprensible. Sen embargo, son case felices se non fose porque oactor que fai o papel de Hombre Inocente se fuga coa actriz que fai de PerdónDivino e cos cartos da recadación das últimas funcións.

Agora veranse obrigados a buscar alguén que faga de Hombre Inocente, o quenon parece nada fácil nunha época na que o Milenarismo, as Herexías, asGuerras e a Peste volveron malencarado a máis ou menos todo o mundo.Tampouco o público parece gustar moito das súas representacións, sobre todocando hai moitas execucións públicas ás que asistir, gratuítas e moito máisparticipativas.

Page 7: HISTORIAS PEREGRINAS

O xogo teatral está servido: alguén que non é o que aparenta ser facendo dealguén que é o que é no fondo, pero que non parece que sexa.

HISTORIAS PEREGRINAS é unha deliciosa comedia sobre as comedias, unhadelicada galería de personaxes eminentemente teatrais para falar da vida, daaparencia e da realidade, da razón e a sen razón de ser, e para falar do que paratodo home e muller de teatro é o máis querido: o teatro. Pero falar de todo istosen pedantería, con sinxeleza e sentido do humor.

Houbo un tempo en que a xente se xuntaba nas prazas das vilas ou ás portasdas igrexas para informarse das últimas novidades da Moral e a Teoloxía, queentón era unha paixón popular. Eran os autos sacramentais, que os actoresrepresentaban pagados pola autoridades e que, como se sabe, consistían enobras alegóricas con personaxes recoñecibles tales como A Morte, O Pecado, ASalvación. Igual que na actualidade os medios de comunicación, proporcionabanao público tanto diversión como normas de conduta.

Page 8: HISTORIAS PEREGRINAS

En HISTORIAS PEREGRINAS quíxose retomar para a comedia aquela fermosa esinxela forma que hoxe nos parece algo inxenua e darlle a volta. Quíxose escribirunha especie de comedia teolóxica popular, un auto sacramental no que asentencia moral e a temática fosen modernas. Un anacronismo, por tanto. Oanacronismo é sempre moi revelador: ese cruce de datos dunha época einterpretacións de outra distinta é sempre unha fonte de novas reflexións.

Así, esta é unha comedia alegórica na que as alegorías se resisten a cumprir coseu papel. O bosque é aquí, como no teatro barroco, a representación do mundopolo que vaga o ser humano desnortado. Só que neste bosque en particular o serhumano, o Home Inocente dos autos sacramentais, escapou cos cartos e coPerdón Divino, deixando abandonadas e desconcertadas as alegorías da Morte,o Pecado, o Mal e a Gracia Santificante. Mais, aínda sendo unha comedia, o seufondo é serio, como en toda comedia que aborda a condición humana. Os doustemas de esta obra son a identidade e a casualidade. A identidade comoproblema propio do noso tempo, a casualidade como a forma moderna deentender o que antigamente chamaban destino. Son, en definitiva, e como di unpersonaxe da obra, os argumentos esenciais de todo o teatro. Porque pretendeser tamén unha modesta metáfora sobre o propio teatro.

Page 9: HISTORIAS PEREGRINAS

o autor...

Page 10: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 11: HISTORIAS PEREGRINAS

Miguel-Anxo Murado (Lugo, 1965) éautor dunha obra que inclúepracticamente todos os xénerosliterarios. Nela destacan os seuslibros de relatos Ruído, relatos deguerra e O soño da febre. Ten escritotamén abundantemente para ocinema e a televisión, tanto obrasde ficción como documentais. Noámbito do teatro é autor de dúas

comedias: A grande noite de Fiz e Historiasperegrinas. Paralelamente, Murado tendesenvolvido unha actividade intermitentecomo xornalista: enviado especial ásguerras dos Balcáns, correspondentedurante anos en Xerusalén durante aSegunda Intifada palestina (experienciaque contou en Fin de século en Palestina) edirector de Radio Círculo. Na actualidade,ademais do seu traballo literario, Murado éanalista de política internacional ecolumnista en La Voz de Galicia, ecolaborador da Cadena SER, a BBCbritánica e o diario The Guardian. Tenrecibido, entre outros, o Premio Carlos Velode guións cinematográficos (en catroocasións), o Ánxel Casal, o da CríticaGalega, o Antón Losada Diéguez e en dúasocasións tamén o da Asociación deEscritores en Lingua Galega.

Page 12: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 13: HISTORIAS PEREGRINAS

o equipo artístico...

Page 14: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 15: HISTORIAS PEREGRINAS

Escenografía e vestiario: Paco Conesa

Escenógrafo e figurinista en múltiplesproducións teatrais de compañíasgalegas, así como do CentroDramático Galego, co que colaborouen varias ocasións.Recibiu o premio I Mostra Internacionalde Teatro de Ribadavia en 1984 polasúa escenografía de Woyzeck, do

Centro Dramático Galego, así como o premioCompostela na súa edición de 1990 á mellorescenografía e vestiario de As alegrescasadas, produción do Centro DramáticoGalego. Tamén recibiu varios premios María Casarespor obras como Un soño de verán, producidopolo Centro Dramático Galego, Noite de Reis,produción de Teatro do Noroeste, A Cacatúaverde, producida polo Centro DramáticoGalego e tamén recibiu este premio áescenografía e ao vestiario de Imperial: Cafécantante. Vigo 1936, producido por Teatro doNoroeste.Outros deseños de escenografías e vestiariosque se deben ter en conta, á parte destes, sonos de O enfermo imaxinario, Rei Lear , GalileoGalilei, Macbeth, Lisístrata, FlasbackCompostela ou Glass City (Cidade de Cristal)

Page 16: HISTORIAS PEREGRINAS

Coreografía: Chedes Suárez

Galicia por O Anxo Exterminador doBallet 20 anos non é nada 2.005 e 1ºpremio no certame de Viana doCastelo (Portugal). En 2010 realizaa dirección e coreografía do baletEtheria, a viaxe soñada. É nomeadaneste ano Directora do CentroCoreográfico Galego.

Coreógrafa e profesora de danza, tendo o TítuloSuperior de Danza polo Real Conservatorio deDanza de Madrid, e estudou danza clásica enMadrid, París e Bélxica e contemporánea enXirona, Mónaco, Venezuela e Rusia. Foibailarina no Ballet Clásico de Madrid dirixido porEva Borg e axudante de coreografía no Ballet deVersailles (Francia). Na Coruña creou a Escolade Danza Druída e a compañía Druídadanza.Realizou coreografías para, entre outros, oCentro Dramático Galego, para o Festival deÓpera de A Coruña, para a Orquestra Sinfónicade Galicia, así como Centro CoreogrficoGalego. Recibiu, entre outros, os seguintespremios: Premio no certame de Teatro Ciudadde Lugo pola coreografía Drama de Mulleres1.990, 3º premio no certame coreográfico deGalicia 2.004 por O Calar do Tempo. Premiadatamén en Madrid no Maratón de Danza,mención especial no certame coreográfico de

Page 17: HISTORIAS PEREGRINAS

Música Orixinal: CHEFA ALONSO

Doutora en composición e improvisaciónlibre pola Universidade de Brunel, Londres(2007) e Licenciada en Medicina Xeneral eCiruxía pola Universidade de Santiago deCompostela (1979). Saxofonista epercusonista de free jazz e improvisaciónlibre. Cofundadora de Musicalibre, tenorganizado durante varios anos o FestivalInternacional de Improvisación HurtaCordel, en Madrid.Compuxo a música de máis dunha duciade espectáculos teatrais e de danza.

Actuou en festivais internacionais deimprovisación en toda Europa: Inglaterra(Londres), Alemaña (Dresden), Suiza(Zug), Francia (París e Albi), Romanía(Bucarest e Sibiu). Ademais dos seus catrogrupos estables: Sin Red (cuarteto depoesía e música improvisada) Dadajazz(quinteto de free jazz), Uz (trío de ventos)e o dúo con o pianista alemán Albert Kaul,tocou cun grande número deimprovisadores do panoramainternacional, como: John Edwards,Vanesa Mackness, Terry Day, Lou Grassi,Barbara Wagner, Ute Voelker, JohnRussel. Pertence ás orquestras deimprovisadores LIO (London ImprovisersOrchestra) ou OMEGA (orquestra demúsica espontánea de Galicia). Foicofundadora e dirixe a orquestra deimprovisadores de Andalucía,Entenguerengue.

Page 18: HISTORIAS PEREGRINAS

Produción: Eva AlonsoRealizou os seguintes cursos: de ética eestética do protocolo na UniversidadeMenéndez Pelayo; de taller de estratexias dexestión de públicos organizado pola RedeEspañola de Teatros, Auditorios e Circuítos detitularidade pública; de produción deespectáculos en Editrain; de produciónorganizado polo Centro Coreográfico Galego;de Xestión de subvencións organizado polaDeputación de A Coruña; de produciónorganizado pola Escola Superior de ArteDramática de Galicia; de Xestión, Produción eDistribución de espectáculos organizado polaFundación Autor; e de Deseño de produción encine organizado pola Fundación Autor. Foiaxudante de dirección e produción enespectáculos das compañías Teatro doNoroeste, Sala Yago e Lagarta, Lagarta. Realizou a produción dos seguintes

espectáculos teatrais: Imperial cafécantante: Vigo 1936, e que recibiucinco premios María Casares; deRomeo e Xulieta; de Extrarradios(comedia das mulleresdesamparadas), Glass City (Cidadede Cristal), os tres producidos porTeatro do Noroeste.

Page 19: HISTORIAS PEREGRINAS

Dirección e iluminación: Eduardo AlonsoAutor, adaptador e, sobre todo, director teatral.Comezou a súa actividade teatral en 1965, sendocofundador de diversas compañías teatrais. En1984 recibiu o premio I Mostra Internacional deTeatro de Ribadavia, concedido á persoa quedestacase polo seu labor especial a prol do teatrogalego, por ter posto en marcha o Centro DramáticoGalego e ser o seu primeiro director. Recibiu oPremio Compostela na súa edición de 1992 á melloriluminación teatral por Os xustos, de Albert Camuse dirección propia. Recibiu o Premio María Casares,na súa edición de 1997, á mellor iluminación teatralpor Noite de Reis, de William Shakespeare edirección propia e de 2007 pola iluminación e otexto de Imperial: Café cantante. Vigo 1936, obracon dirección propia. Como director de teatrorealizou máis de cincuenta montaxes de obras deteatro, entre elas Celtas sen filtro, Os vellos nondeben namorarse, O enfermo imaxinario, As alegrescasadas, Rei Lear, Un soño de verán, A grande

noite de Fiz, Galileo Galilei,Macbeth , Lisístrata, Elembrujado, A Cacatúa verde,As damas de Ferrol, Ensaio,Romeo e Xulieta, Extrarradios(Comedia das mulleresdesamparadas) ou Glass City(Cidade de Cristal).

Page 20: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 21: HISTORIAS PEREGRINAS

o elenco...

Page 22: HISTORIAS PEREGRINAS

GraciaSantificante

Page 23: HISTORIAS PEREGRINAS

Luma Gómez

Os xustos, Un soño de verán, Ligazón, Lasgalas del difunto, Alta comedia, As damas deFerrol, Ensaio, Imperial: Café cantante. Vigo1936, Romeo e Xulieta, Extrarradios(Comedia das mulleres desamparadas) ouGlass City (Cidade de Cristal)

Actriz cunha longa e prolífica carreiraprofesional. Traballou en diversascompañías teatrais, así como enmúltiples montaxes do Centro DramáticoGalego en papeis protagonistas. Fixoimportantes traballos cinematográficos.Como actriz de televisión realizou, entreoutras, series como: Servizo deurxencias ou Celia.Como actriz de cine realizou traballoscomo: coprotagonista no papel deMarica da Fame na película El bosqueanimado, protagonista no papel de Urxana película Urxa.Como actriz de teatro interveu en máisde corenta espectáculos teatrais, entreoutros, nos seguintes: O enfermoimaxinario, Medea, As alegres casadas,

Page 24: HISTORIAS PEREGRINAS

Carlos Mosquera “Mos”

Actor e músico proveniente da Escola deTeatro Municipal de Narón. Participou endiversas compañías, como Caroza Teatro,Teatro do Noroeste, Bucanero Teatro, Teatrodo Morcego, 40 Pasos e, por suposto, noCentro Dramático Galego.

Actor, músico e compositor, de entre osseus moitos traballos merecendestacar: A Celestina, O País Acuático,A Cacatúa Verde, Tres Notas, Por unmillón de dólares, Imperial: caféCantante. Vigo 1936, O ridículodesamor dun home máis ou menosnormal, O Burgués Fidalgo, Consumecon razóns e esquécete de perdóns, AsDunas (Meu amor da madrugada),Glass City (Cidade de Cristal) ou Life isa paripéAdemais de en teatro, ten traballado enseries de televisión como Nada es parasiempre, Mareas Vivas, Pequeno Hotel,Fíos, Terras de Miranda, As Leis deCelavella, Rías Baixas, A vida pordiante ou Libro de Familia.

Page 25: HISTORIAS PEREGRINAS

HombreInocente

Page 26: HISTORIAS PEREGRINAS

Empresario

Page 27: HISTORIAS PEREGRINAS

Actor e músico cunha grande versatilidade,provén do Teatro de Cámara Ditea.Participou no elenco da compañía MouchoClerc con obras como: A caza do Snark, Orouxiñol da Bretaña, O códice clandestino.Participou como actor e músico na produción daSala Yago Flash-back Compostela, espectáculoconformado por tres pasarrúas.Desde o ano 2.000 é o director artístico doTeatro de Cámara Ditea, dirixindo todas as súasmontaxes teatrais.Pero, sobre todo, traballa no Centro DramáticoGalego en producións como: Yerma, ALagarada, Como en Irlanda, Lisístrata, Operegrino errante que cansou ó demo, O Bufónde El Rei, Antígona, Os Vellos non debennamorarse, A comedia do Gurgullo, O ano docometa, As laranxas máis laranxas de todas as

Xan Casas

laranxas. Con Teatro do Noroeste,participou en Imperial: Cafécantante. Vigo, 1936 ou Glass City(Cidadede Cristal). E coa compañíaA Contrabutaca no espectáculofamiliar Robin Hood ou A HortaAnimada.

Page 28: HISTORIAS PEREGRINAS

Fernando GonzálezDiplomado en Ciencias Empresariais naUniversidade de Ourense, cursa estudiosde interpretación na Escola Superior deArte Dramática de Galicia. Realizou cursode Comedia dell arte, con Tito Asorey,cursos de Clown con Monica Sueiro, deVoz con Sarabela Teatro, de Stanivslasky,con Sarabela, de Expresión corporal conEsther Movilla. Realizou cursos deiniciación e perfeccionamento na escola deartes escénicas Talía e cursos deinterpretación con Oscar Codesido e Mimoe Pantomima con Julio Castronuovo. Foiactor nos espectáculos teatrais: La granmáquina teatral, Momo, Limpando as rúas(espectáculo de clown de rúa), Romeo eXulieta, O soño dunha noite de verano, Enalta mar e Non con Marañao teatro, entreambos rios, Aplausos para Adela, Romeo eXulieta e Glass City (Cidade de Cristal) de

Teatro do Noroeste, A doma da Besta,Macbeth, Onde foron os xoguetes eCamiño da fama con teatro Mutante eCemiterio de Automóbiles. Foi actor nascurtametraxes: Pulgas, Surfer e Braille.Participa na película Los girasoles ciegosde J.L.Cuerda e na serie de ficciónCarleisom como actor e cantante.É vocalista e compositor do grupo depop/rock Sin motivo de Ourense.

Page 29: HISTORIAS PEREGRINAS

Muerte Justiciera

Page 30: HISTORIAS PEREGRINAS

Pecado

Page 31: HISTORIAS PEREGRINAS

Expresión Corporal e Sociedade pola mesmauniversidade. Recibiu cursos deinterpretación con Bob McAndrew, W.Stanievski, Iaroslav Bielski,Iñaqui Aierra,Carmen Portacelli, Mariano Barroso… Vozcon Marta Pinillos, Jesús Aledrén. Canto conPablo Carballido, Angeles Dorrio. Comediadel Arte con Carlo Boso, Antonio Faba. Comoactriz de televisión realizou, entre outros,traballos en Matalobos, Hospital Central, SinTetas No Hay Paraiso, Padre Casares, A vidapor diante. Como actriz de teatro interveu en:O xogo de Yalta/Afterplay, Extrarradioscomedia das mulleres desamparadas , E demaior quero ser…, Viva el Teatro ,Naumaquias II: peregrinos da noite, Yo no heleido el Quijote, Confesions, Maribel y laextraña familia, entremeses do seculo deouro.

Actriz cunha grande preparaciónuniversitaria, diplomada en Maxisterio,licenciada en Humanidades polaUniversidade de Santiago deCompostela, ten o Postgrao de EstudiosTeatrais e Audiovisuais polaUniversidade da Coruña e o Doutoradoen Teatro,

Victoria Pérez

Page 32: HISTORIAS PEREGRINAS

Flores Tristes de M. Abad e nascoreografías, Verde Transparente, variacióndo Ballet Esmeralda e ABCDANZA coacompañía Druidadanza. Traballou enpublicidade e na sección Lendas doprograma Luar da TVG. Traballa comoactriz e bailarina en Glass City (Cidade deCristal) de Teatro do Noroeste.

Comeza os estudios na escola Druídacon Mercedes Suárez, realiza cursiñosde danza clásica e contemporánea,tendo como profesores, entre outros a:Victor Ullate ( Madrid), Carmina Ocaña(Madrid), Virginia valero ( Madrid), MeniaMartinez (Madrid), José Parés (ACoruña), Eva Borg (A Coruña), KarinGuizzo (bailarina do Nederlands DansTheater, Niza), Hervé Ilari (bailarin daOpera de Niza). Participa en El Carnavalde los Animales coa Orquestra Sinfónicade Galicia, con coreografía de MercedesSuárez e dirección de A.F. Simón, enJulieta en Sueños, coreografía deMercedes Suárez e música de JuanVara. Participa en 20 Anos non é nada,de Druidadanza actuando por todaGalicia. Tamén participa no documental

Julia Méndez

Page 33: HISTORIAS PEREGRINAS

Perdón Divino

Page 34: HISTORIAS PEREGRINAS

Soldado

Page 35: HISTORIAS PEREGRINAS

É actor nas longametraxes: Un cuentopara Olivia, Años despues e A cova (comoprotagonista nesta ultima). En televisiónparticipou nas teleseries: Pade Casares,Punto muerto e Cuarto sen ascensor. E noprograma: Luba tv.

Alejandro Carro

Diplomado en Arte Dramática pola escolade teatro Santatrt, cursou estudios deinterpretación na Escola Superior de ArteDramática de Galicia. Realizou cursosmonográficos, tanto aquí como noestranxeiro, como: Interpretación paraaudiovisual con Lorena García; Clown conMarián Bañobre; Modalidades deexpresión vocal no teatro grego eMaquillaxe escénico con Miklos Bács;Biomecánica 1 e 2 con María Smaevich;Practica de comedia clásica: con KikoCadaval; O corpo teatral - Laboratorio demimo con Fabiana Gastaldello;Interpretación en cine con MananeRodríguez. Como actor de teatroparticipou en espectáculos como: Sed,Edipo Rey, El gran teatro del mundo,Confesión, Fé, Buscase un clown, Romeoe Xulieta, Brand, Eixo atlántico.

Page 36: HISTORIAS PEREGRINAS

Aitor Rey

A súa formación actoral comeza notaller de teatro dirixido por Loli Buján,cursa estudios de interpretación naEscola de Teatro Municipal de Vigo e naAula de Teatro de Ourense, dirixida polacompañía Sarabela Teatro.

Realizou cursos de comedia d´ll arteimpartido por Tito R. Asorey, de métodoLecocq, impartido por Cinthia Collavite, declown impartido por Jesús Jara, de vozimpartido por Jesús Marco, de voz impartidopor Vicente Fuentes, de creación e manexode zancos impartido por Avelino González,de posta en escena de monólogos cómicosimpartido por Eva Hache e curso demáscaras impartido por Jesús Costa. Comoactor de teatro participa nos espectáculos:La ratita (musical), Un féretro para Arturo, Ossete pecados,O rei Lear,Frankeinstein, Catropersonaxes en busca dunha sopa, A escadados tempos, Romeo e Xulieta, O Asombro daAuga, Maria Soliño. Como actor deaudiovisuais participa nas series: RiasBaixas, Fíos, Matalobos .E actor deespectáculos de rúa como: Móvome eProfusión.

Page 37: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 38: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 39: HISTORIAS PEREGRINAS

a obra...

Page 40: HISTORIAS PEREGRINAS

HISTORIAS PEREGRINAS, é un exemplo de obra ben feita, que atrapa aatención do lector ou espectador grazas á diversidade de situacións e ondeo constante humor agocha temas tan transcendentais como a supremacíada razón para chegar a entender a vida, a crítica á senrazón da relixión, abusca da verdadeira identidade das persoas, o amor, a literatura, o teatro.Temas humanos que perduran nos séculos.Unha compañía de cómicos que se dirixía de Burgos a Santiago deCompostela fican perdidos nun bosque. Para máis desgrazas o día anteriordous actores desapareceran roubándolles o diñeiro e as roupas. Ao poucoaparece un personaxe que se parece moito a uno dos ladróns, de tal xeitoque os cómicos confúndeos. Este novo personaxe ha de inventar múltiplesidentidades para convencelos de que non é o ladrón: ao final resulta ser unperseguido pola xustiza a causa de ter impresos libros que defenden averdade da ciencia fronte á relixión.

Page 41: HISTORIAS PEREGRINAS

A obra desenvólvese nun mesmo cadro, un bosque, e pódese dividir en seisescenas marcadas pola entrada e saída de personaxes: Escena 1: entran dous soldados que falan sos no escenario. Están buscando unpuñal prateado.Escena 2: Marchan os soldados e aparecen catro dos cómicos, vestidos conroupas de actores dun acto sacramental, que descobren que foran roubados.Escena 3: Entra o Home, que é idéntico ao ladrón que contrataran co papel deHome Inocente.Escena 4: Desaparecen detrás do carro os cinco cómicos e van saíndo de novopara representar unha breve peza teatral: O derradeiro milagre do Apóstolo.Escena 5: Entra en escena Perdón Divino que fuxira con Home Inocente (oladrón). Temos en escena aos cinco cómicos e ao Home.Escena 6: Entran os soldados que comunican a morte de Home Inocente. Críanque era un impresor de libros herexes. Escena 7: Saen os soldados. Home descobre aos cómicos a súa verdadeiraidentidade: el é o impresor que buscaban os soldados.

Page 42: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 43: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 44: HISTORIAS PEREGRINAS

En conclusión os personaxes presentan problemas que se poderían trasladar ahoxe en día: o amor inalcanzábel, a busca da identidade, o absurdo de moitassituación, e a falsidade que se agocha nos augurios e nas relixións. O espazo fundamental é o bosque onde se desenvolve a obra, e que é un punto

do Camiño de Santiago que van percorrendo os cómicos.O bosque aparece indicado na acotación inicial. O ambiente exterior vénreforzado polo ladrido duns cans e a aparición duns soldados buscando algonunha fría noite. Sobre estes soldados cae unha luz que impide ver o resto.Cando fagan mutis os soldados prenderanse as luces que deixan ver un carrode cómicos e unha árbore. Os cans que ladran ao lonxe indican que hai outroespazo imaxinario que non se ve, fóra dos límites do escenario.Nesta obra, en fin, se pretende amosar as relacións entre os personaxes, e oreflexo dunha época onde se toca temas tan actuais como o conflito relixión -ciencia, a busca da identidade, os medos, a procura da felicidade, queaglutinan un fondo serio contado cun humor que engaiola constantemente aoespectador.

Page 45: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 46: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 47: HISTORIAS PEREGRINAS
Page 48: HISTORIAS PEREGRINAS

Teatro do Noroeste

[email protected] - A Folgueira, s/n15870 AMES (A CORUÑA)

Tfnos.: 981 898731 - 629 814 297

Subvencionado por