28
feb>abr 18 de ARTES ESCÉNICAS ILLAS CÍES: Obxectivo Patrimonio da Humanidade Programación Municipal

Horario: feb>abr 18 Luns > Venres: 8.00 a 20.00 horas Sábados: … · Un explosivo espectáculo de rúa onde grandes e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos”

  • Upload
    vodiep

  • View
    217

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

feb>abr 18

de ARTES ESCÉNICAS

ILLAS CÍES: Obxectivo Patrimonio da Humanidadewww.vigocultura.org

Información:

Teléfonos:Desde Vigo: 010 Desde móbil ou fóra de Vigo: 986 810 260

Horario:Luns > Venres: 8.00 a 20.00 horasSábados: 10.00 a 14.00 horas

@Vigo_cultura

Dep

ósit

o Le

gal:

Vigocultura

Programación Municipal

AF_folleto_vigocultura.indd 1 5/1/18 8:45

Lenda:

Tipo de espectáculo:

Teatro > Danza >

Animación > Música >

Circo > Cabaré >

Datos do espectáculo:

Idioma: Recomendación de idade:

Galego Adulto

Castelán Familiar

MINDuración (minutos): Prezo:

Idade recomendada

Bebés

AF_folleto_vigocultura.indd 2 5/1/18 8:45

Un explosivo espectáculo de rúa onde grandes e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Sofre alopecia? Séntese débil e decaído? Sen apetito... de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre e desaparecerán todos os seus problemas!

Agobiado polas débedas e coa necesidade imperiosa de facer fortuna?Este atolado médico/inventor farase cun vello autobús para convertelo nun auténtico show da venda ambulante.

Música, improvisación, xogo, baile, comedia, diversión e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.

Compañía: EducaTeatro ProduciónsEspectáculo: A tropa do Doutor MilagreXénero: teatro de rúaAutoría, dirección, adaptación e deseño de iluminación: Inventi TeatroEscenografía: Sr. SagüilloDeseño de son e música: Paulo MedalVestiario: Alicia RodríguezCoreografía: Ali OteroElenco artístico: Marcos Alonso, Bea Campos e Paulo Medal

PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN VIGOCULTURAVenres 26 e sábado 27 de xaneiro, 18 horas

ANIMACIÓN

Idioma Familiar

DESDE A FAROLA DE URZÁIZ POLA RÚA DO PRÍNCIPE

AF_folleto_vigocultura.indd 3 5/1/18 8:45

Quen pode rebater a Andy Warhol cando di que “facer cartos é arte? Ou a Marcel Duchamp cando planta un urinario sobre unha peaña e o presenta como unha obra de arte? Ou aos animais disecados de Damen Hirst, ou a merda de artista envasada de Piero Manzoni... Sergio fíxose cunha codiciada pintura para a súa particular colección. O problema é que onde el ve unha mostra sublime de arte contemporánea, Marcos advirte un simple lenzo en branco, mentres Iván lle resta importancia á polémica.

Marcos, Sergio e Iván, o trío protagonista de Arte, poderían ser amigos desde os seus tempos de instituto, cando a vida se despregaba ante eles como

a terra prometida. Logo a realidade encargouse de enfrontalos á “dinámica intrínseca da evolución”, como lle espeta Sergio a Marcos nun intento de explicarlle o sino cambiante dos tempos. Cambian as persoas, cambia o seu xeito de relacionarse co mundo, cos seus amigos e, como non poda ser doutro xeito, cambia a forma de contemplar e expresar a arte.

Co estilo cáustico e descarnado que lle caracteriza, a autora cuestiona a arte, a amizade, o éxito e o subxectivo da nosa mirada. E non se anda polas ramas. Dispara a carrabouxa e consegue manter até o final a velocidade das súas descargas, tan só interrompidas polas risas

Compañía: Kamikaze ProduccionesEspectáculo: ArteXénero: teatro comediaAutoría: Yasmina RezaDirección: Miguel del ArcoTradución: Fernando Gómez Grande e Rodolf SireraEscenografía e vestiario: Alessio MeloniMúsica: Arnau VilàIluminación: Pau FullanaSon: Sandra Vicente (Studio 340)Elenco artístico: Roberto Enriquez, Cristóbal Rodríguez e Jorge Usón

ArteVenres 2 de febreiro, 21 horas

Premio Nacional de Teatro 2017

Idioma

TEATRO

Duración PrezoAdulto

AF_folleto_vigocultura.indd 4 5/1/18 8:45

AGURATRAT! É unha adaptación teatral do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal.

AGURATRAT! É unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.

AGURATRAT! É a segunda montaxe para público familiar da Cía. Perez&Fernández, creadores de O poder de Amabel.

Compañía: Pérez&FernándezXénero: teatro comediaAutoría: Roald DahlDirección: Victoria Pérez e Xosé LeisAdaptación e coreografía: Pérez&FernándezEscenografía e deseño de iluminación: Jose Faro (Coti)Deseño de son: Manu FernándezVestiario: María Fernández Vallejo e Pérez&FernándezMúsica: Xabier Romero e Iria PinheiroElenco artístico: Victoria Pérez, Manu Fernández e Xosé Leis

Aguratrat!Domingo 4 de febreiro, 18 horas

TEATRO

Idioma Familiar + 4 anos Duración Prezo

AF_folleto_vigocultura.indd 5 5/1/18 8:46

Nacidas libresVenres 9 de febreiro, 21 horas

TEATRO

Idioma Duración Prezo

Compañía: ContraproduciónsXénero: teatro comedia Autoría: Cándido PazóDirección: Cristina DomínguezEscenografía e Vestiario: Carlos AlonsoDeseño de son e música: Guillerme FernándezDeseño iluminación: Afonso CastroElenco artístico: Susana Dans, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Rocío González

Catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar una peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome.

En vista de que non atopan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha nova aparecida nos xornais: “A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago”.

Con esa inspiración van argallando un espectáculo en múltiples planos no que, con rigor e obxectividade, pero con frescura, dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no entramado argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración...

Catro actrices que interpretan unha ducia de personaxes. Un escenario no que se representan os máis variados espazos e situacións.

Adulto

AF_folleto_vigocultura.indd 6 5/1/18 8:46

TEATRO

Idioma Familiar + 5 anos Duración Prezo

LúaDomingo 11 de febreiro, 18 horas

Na terra algo acontece; hai moito ruído..., berros..., enfados..., a Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse... Así que decide baixar á terra e saber o porqué de tanto barullo...

Lúa trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico, a relación que temos as persoas no noso mundo que nos levan a non entendernos e provocar medos e violencia... Da man dunha nena chamada Lúa, percorreremos o mundo da xente adulta cos ollos da infancia...

Compañía: GhazafelhosXénero: teatro comediaAutoría, dirección e música: Pepablo PatinhoEscenografía e coreografía: Teatro GhazafelhosDeseño de son: Jorge CasasDeseño de iluminación: Ana DíazVestiario: Montse Piñón e Jorge CasasElenco artístico: Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho

AF_folleto_vigocultura.indd 7 5/1/18 8:46

De VacasSábado 17 de febreiro, 21 horas

MÚSICA

Duración Prezo

Premio Martín Códax 2016 mellor coro e grupo vocal

Grupo: De VacasXénero: música

De Vacas é un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces que fan versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Detrás de cada canción mala hai un corazón que queren reivindicar.

Desde as Spice Girls ata o Gagnam Style, pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló... temazos que marcaron as nosas tardes de domingo na discoteca e que rescatan para nós nun formato fresco e divertido co que emocionarse e rir a partes iguais.

Adulto

AF_folleto_vigocultura.indd 8 5/1/18 8:46

Idioma Familiar + 5 anos Duración Prezo

Os RockensteinDomingo 18 de febreiro, 18 horas

MÚSICA

O profesor Rockenstein é un brillante científico que pasa a súa vida metido no laboratorio investigando novas fórmulas para beneficio da humanidade. Pasa os seus días entre probetas, computadores, tubos de ensaio e microscopios, mentres goza da súa gran paixón: o rock & roll.

Pero Rockenstein está triste, séntese só e, de súpeto, xorde a gran idea da súa vida; crear unha criatura! Un fillo con quen poder compartir o amor pola ciencia e polo rock & roll.

Pero algo falla, a revolucionaria maquinaria que acaba de inventar vólvese tola e non sae un fillo, empeza a cuspir neles ata que saen tres.

Non só ten con quen compartir a súa vida e as súas paixóns, ten a súa nova familia con quen montar a “Rockenstein Band”.

Os Rockenstein é un espectáculo de teatro e música con cancións orixinais para público infantil e familiar.

Compañía: Malasombra ProduciónsXénero: teatro musicalAutoría: Jose PrietoDirección: Marcos OrsiEscenografía e vestiario: Carlos AlonsoDeseño de son: MalasombraDeseño de iluminación: Xoque CarbajalMúsica: Carlos MosqueraCoreografía: Sandra IglesiasElenco artístico: Sandra Iglesias, Celia González, Jouse García e Xoque Carbajal

AF_folleto_vigocultura.indd 9 5/1/18 8:46

TEATRO

Idioma Duración Prezo

GarageVenres 23 e sábado 24 de febreiro, 21 horasCompañía: VoadoraXénero: teatro contemporáneoDirección, escenografía e vestiario: Marta PazosDramaturxia: Fernando EpeldeCoreografía: Guillermo WeickertMúsica orixinal: José Díaz, Fernando Epelde e Hugo TorresIluminación: Diego VillarProdución: José DíazAxudante de produción: Liza G.SuárezCoproduce: MA scéne nationale – Pays de Montbéliard. FranciaApoios: AECID, Embajada Española en Francia, Festival Escenas do CambioElenco: espectáculo participativo protagonizado por traballadoras de PSA Peugeto Citroën de Vigo e voluntarias de diferentes xeracións vencelladas coa fábrica.

A compañía Voadora segue explorando a utilidade do teatro, o seu vínculo co presente máis cotiá e o seu efecto transformador nas comunidades. Tras o éxito internacional do seu anterior proxecto Don Juan, presentan agora Garage, unha investigación poética sobre o cambio de rol da figura da muller no marco socioeconómico europeo.

Un espectáculo protagonizado por traballadoras da industria automobilística, resultado dun conxunto de entrevistas realizadas nas fábricas na procura das mulleres e as súas circunstancias.

Un choque frontal entre unha compañía de teatro e unha comunidade, entre habitantes de distintas xeracións, entre o xeral e o particular, desdibuxando os límites dese concepto sumamente abstracto que chamamos economía e a súa tradución aos pequenos espazos cheos de graxa e pezas de desgüace, onde se fragua a vida das persoas e a súa problemática na Europa contemporánea.

O espectáculo é un encargo orixinal de MA Scéne nationale – Pays de Montbéliard para abrir a tempada 2017-2018. Estreouse en Francia no Théâtre de Montbéliard coa participación de persoas vinculadas á fábrica PSA Peugeot Citroën Sochaux, a máis antiga de Europa.

Adulto

AF_folleto_vigocultura.indd 10 5/1/18 8:46

TEATRO

Idioma Familiar + 4 anos Duración Prezo

La gallina de los huevos de oroDomingo 25 de febreiro, 18 horas

Compañía: Zum-Zum TeatreXénero: teatro clásicoAutoría, dirección e adaptación: Ramon MolinsEscenografía: Joan PenaDeseño de son: Sergio SisquesDeseño de iluminación: Zum-Zum TeatreVestiario: Olgo CuitoZapatería: Angel Moreno e Joan PenaMúsica: VV.AA.Elenco artístico: Begonya Ferrer, Ramon Molins e Albert García

Gústanvos os cartos?... Moito?

Os granxeiros desta historia non perdían o tempo pensando nos cartos e sempre repartían o pouco que tiñan con quen máis o necesitaba, pero un día a galiña chegou á súa granxa e puxo un ovo de ouro.Imaxinades se vos pasara a vos?... A galiña dos ovos de ouro fala da pobreza, da riqueza e da cobiza. Unha historia que conta que os cartos son un “conto”.

AF_folleto_vigocultura.indd 11 5/1/18 8:46

Casa O’ReiVenres 2 e sábado 3 de marzo, 21 horas

TEATRO

Idioma Duración Prezo

Compañía: Ibuprofeno TeatroXénero: teatro contemporáneoAutoría e dirección: Santiago CortegosoEscenografía: Pablo Giráldez “Pastor”Deseño de son e música: CaxadeDeseño de iluminación: Salvador del RíoVestiario: Marián BañobreElenco artístico: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira e Xosé M. Esperante

Con Casa O’Rei Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con O Furancho e Raclette. Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir de O Rei Lear de Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, ácedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobiada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Adulto

AF_folleto_vigocultura.indd 12 5/1/18 8:46

TEATRO

Idioma Familiar + 5 anos Duración Prezo

As bombas e o xeneralDomingo 4 de marzo, 18 horas

Compañía: Tanxarina TíteresXénero: teatro de monicrequesAutoría, dirección, adaptación e vestiario: TanxarinaEscenografía: Pablo Giráldez “Pastor”Deseño de son e música: Francisco BarreiroDeseño de iluminación: Andrés GiráldezElenco artístico: Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Río e Eduardo Rodríguez Cunha

As bombas e o xeneral é un espectáculo onde se recrean con siluetas animadas, música e actores, a historia dun xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas

atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O seu xefe verá frustradas as súas intencións.

Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias. Un final amable para unha situación de conflito onde tamén se presentan os efectos devastadores dunha guerra.

AF_folleto_vigocultura.indd 13 5/1/18 8:46

TEATRO

Idioma Duración Prezo

EmiliaVenres 9 de marzo, 21 horas

Conmemoración do Día Internacional da Muller Homenaxe a Emilia Pardo Bazán

Compañía: Teatro del BarrioXénero: teatro contemporáneo Autoría: Noelia AdánezDirección: Anna R.CostaEscenografía: Teatro del BarrioDeseño de son e música: Iñaki RubioDeseño de iluminación: Raul BaenaVestiario: Ana LabradorElenco artístico: Pilar Gómez

Emilia é a primeira parte da triloxía “Mulleres que se atreven”, que trata de posicionar a mulleres brillantes da nosa historia no lugar que pensamos lles corresponde así como dalas a coñecer ao gran público.

Emilia amosa a unha muller que a finais do século XIX se empecina en ser ela mesma, é dicir, en conducirse de acordo cos seus desexos e a vontade de escribir e participar na vida pública.

Emilia tratou de ingresar na Real Academia da lingua sen éxito. A súa insistencia valeulle a reprobación de moitos dos seus contemporáneos, incluso despois de ter recadado a admiración dalgúns outros. Por riba das polémicas, en Emilia sobresae unha muller forte, intelixente e extraordinariamente divertida. Unha montaxe moi divertida que goza das mellores críticas e do aplauso do público.

Adulto

AF_folleto_vigocultura.indd 14 5/1/18 8:46

TEATRO

Idioma Familiar + 3 anos Duración Prezo

ElaDomingo 11 de marzo, 18 horas

Conmemoración do Día Internacional da Muller Homenaxe a Maruxa Mallo

Compañía: Caramuxo Teatro Xénero: teatro contemporáneoAutoría, dirección e adaptación: Laura Sarasola e Juan RodríguezEscenografía: Caramuxo Teatro e El Tigre de PapelDeseño de son e de iluminación: Suso JaldaVestiario: Soledad GómezMúsica: Caramuxo TeatroCoreografía: Laura SarasolaElenco artístico: Laura Sarasola, Juan Rodríguez e Suso Jalda

Ela é a nova proposta de Caramuxo Teatro para todos os públicos. Ela crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo. Unha mistura de poesía, humor, teatro e danza, onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional. Un poema plástico para gozar en familia.

AF_folleto_vigocultura.indd 15 5/1/18 8:46

TEATRO

CABARÉ

DANZA - TEATRO

PROGRAMA ESPECIAL 3X3: 3 espectáculos, 3 disciplinas artísticas, 3 espazos, 3€Venres 16 e sábado 17 de marzo, a partir das 21 horas

Unha rosa entre as pernas

De como se crea a metáfora

Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0)

Idioma Duración Prezo

AFORAMENTO LIMITADO

Dúas persoas. Unha situación cotiá ou non, depende de para quen. Un espazo íntimo. Queredes acompañarnos?

Unha personaxe desubicada, disfuncional e un pouco esquizofrénica, que devece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar moi afastado no que todo será diferente. Existirá tal paraíso?

Unha recreación do cadro A creación da metáfora do pintor surrealista galego Eugenio Fernández Granell: un achegamento ao mundo das metáforas, das imaxes, das suxestións...

Lugar: CamerínsCompañía: Teatro En PuntoAutoría: Afonso Becerra de BecerreáDirección e deseño de iluminación: Gloria RicoElenco artístico: Xosé Luis Bernal “Farruco” e Roberto Leal

Lugar: VestíbuloCompañía: Teatro AforoAutoría: Leonel Laborde e Juan CidDirección: Leonel LabordeCoreografía: Juan CidElenco artístico: Leonel Laborde e Juan Cid

Lugar: EscenarioCompañía: Producións DispersasAutoría: Diego FreireDirección: Jose CampanariEscenografía, deseño de iluminación e vestiario: Producións DispersasDeseño de son e música: Ramón Feans ChiriElenco artístico: Diego Freire

Adulto

AF_folleto_vigocultura.indd 16 5/1/18 8:46

TEATROXurdefet (Jour de fête)Domingo 18 de marzo, 18 horas

Idioma Familiar + 6 anos Duración Prezo

Compañía: BerrobambánXénero: teatro comediaAutoría: Paula Carballeira a partir de textos de Jacques PrévertDirección: Chiqui PereiraAdaptación: Paula CarballeiraEscenografía e deseño de iluminación: Baltasar PatiñoDeseño de son e música: Nacho SanzVestiario: Cloti VaelloCoreografía: Lez CameselleElenco artístico: Paula Carballeira, Nuria Sanz e Chiqui Pereira

Calquera día é bo para unha festa, aínda que a túa nai non queira que saias da casa, por se te mollas, por se te ensucias, por se alguén te leva, por se non atopas o camiño de volta, por se...

Unha muller, que foi nena hai algún tempo, volve ao patio da súa casa e lembra un día de festa no que descubriu que os animais tiñan preocupacións moi semellantes ás súas: non querían medrar nunha gaiola, non querían que os insultasen, non querían aburrirse, non querían xogar sen compañía.

AF_folleto_vigocultura.indd 17 5/1/18 8:46

TEATROTropicalVenres 6 de abril, 21 horas

Compañía: Elefante EleganteXénero: teatro xestualAutoría, dirección, adaptación, escenografía e deseño de son: María Torres e Gonçalo GuerreiroDeseño de iluminación: Dani PaisVestiario: Beatriz ClaraMúsica: Gonçalo Guerreiro, Antonio Romero, Rosalía Vázquez, Richi Casás, Iago Blanco, Kibitka, Juanma Ons e Manuel AresElenco artístico: María Torres, Gonçalo Guerreiro, Fredi Muíño, Marta Alonso e Ánxela Blanco

Tropical é un espectáculo sensitivo, universal e evocador, que mergulla no universo da viaxe e na súa riqueza de matices e dimensións. Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados custodiados por unha vixiante tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos.

Desde a ironía e o absurdo, Tropical reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade.

Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan. Ao ritmo das ondas, este barco convida a subir a bordo para navegar o presente cunha nova mirada.Cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza, Tropical é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.

Duración PrezoAdulto

AF_folleto_vigocultura.indd 18 5/1/18 8:46

TEATRODanza da choivaDomingo 8 de abril, 18 horas

Idioma Familiar + 3 anos Duración Prezo

Premio María Casares 2017 ao Mellor Espectáculo Infantil

Compañía: Elefante EleganteXénero: teatro xestualAutoría, dirección, adaptación e escenografía: María Torres e Gonçalo GuerreiroDeseño de son e música: Mano PanforreteiroDeseño de iluminación: Dani PaisVestiario: Marcia EdleditschCoreografía: Ánxela BlancoElenco artístico: Gonçalo Guerreiro e María Torres

Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre?

Esta é a pregunta que coloca a Danza da choiva, un espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques.

Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan o público familiar e infantil a partir dos 3 anos.

AF_folleto_vigocultura.indd 19 5/1/18 8:46

CIRCOHabitación 801Venres 13 de abril, 21 horas

PrezoDuración

Compañía: Lucas LocusXénero: novo circoAutoría: Lucas EscobedoDirección: Piero Steiner e Lucas EscobedoEscenografía: Ignacio de AntonioDeseño de son: Sandra Vicente PereaDeseño de iluminación: Juanjo LlorensVestiario: Patipau Talavera e Raquel IbortMúsica: VV.AA.Elenco artístico: Lucas Escobedo

Vicente, xenerosamente, invítanos a pasar ao seu fogar, ou quizais entremos sen que se dera conta. Todo está completamente destartalado pois, entre os seus “costumes” está a de recolleitar todo aquilo que atopa nos seus paseos matutinos.

Unha vez dentro, vemos a Vicente funcionando coas súas rutinas cotiás pero, esa cotidianidade, non ten nada que ver co que podiamos esperar. Enseguida empeza a vivir experiencias alucinatorias que

nos farán viaxar da risa ao choro con extremada delicadeza. Descubrirá, e descubriremos, que foi un gran artista e veremos se hoxe é o día para desempoar aquilo que lle deu tantos éxitos.

Cunha coidada posta en escena, Habitación 801, é un espectáculo de Circo e Teatro Visual onde, sen dúbida, “as aparencias enganan”.

Adulto

AF_folleto_vigocultura.indd 20 5/1/18 8:46

Circo MediterráneoDomingo 15 de abril, 18 horas

CIRCO

Idioma Familiar + 3 anos Duración Prezo

Premio Nacional de Circo 2017

Compañía: RolabolaXénero: novo circoAutoría, adaptación e vestiario: RolabolaDirección: Alfonso de la PolaEscenografía: Francisco CoronadoDeseño de son e deseño de iluminación: Rafael DíazMúsica: Juan Antonio Parra ZuritaElenco artístico: Alfonso de la Pola, Antonio Jesús Gómez (El Gran Dimitri), Víctor Sánchez “Vito”, Iñaki Erdocia (Tremendo Circus) e Rubén Barroso “Mini”

O Circo Mediterráneo recolle o mellor da tradición circense incorporando as características do circo contemporáneo, tanto na forma de desenvolver os números como na iluminación, a música e o humor intelixente. Tras unha función de o Circo Mediterráneo, o espectador leva un feixe de gargalladas e un anaco do mellor circo nun espectáculo formulado para todos os públicos. O circo ten un compoñente universal: para todas as idades, gustos e procedencias; esta linguaxe é a que se recupera.

O Circo Mediterráneo supón unha revisión do cabaret circense, con números nos que se equilibra a destreza do circo e a posta en escena. Co humor como fío condutor, o presentador e mestre de cerimonias engarza os distintos números para dotar de ritmo a montaxe.

AF_folleto_vigocultura.indd 21 5/1/18 8:46

Loló e MamáVenres 20 de abril, 21 horas

TEATRO

Idioma PrezoDuración

Compañía: De Ste Xeito ProduccionesXénero: teatro comediaAutoría e dirección: Esther F.CarrodeguasIluminación e son: Javier QuintanaVestiario: De Ste Xeito ProduccionesElenco artístico: Stephy Llaryora e Josi Lage

Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, axiña muda en desastre.

Como acolle unha filla a volta da súa nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar até que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente?

Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.

Adulto

AF_folleto_vigocultura.indd 22 5/1/18 8:46

TEATROPintamúsica!Domingo 22 de abril, 12 e 18 horas

Familiar + 6 meses Duración Prezo*

Prezo*: (1 persoa adulta + 1 bebé en escenario). Resto de acompañantes en patio de butacas con visibilidade reducida de balde até completar aforamento.

Idioma

ESPECTÁCULO PARA BEBÉS. AFORAMENTO LIMITADO

Compañía: Viu el TeatreXénero: teatro - música para bebésAutoría: Berta Ros, Gisela Juanet e Lorena LliróDirección: Gisela Juanet e Lluís JuanetEscenografía: Mateo Tikas e Natividad GerbolésDeseño de son: Carles MerodioDeseño de iluminación: Lluís JuanetVestiario: Neus Regada, Montse Ginesta e Únics ProducciónsMúsica: Berta Ros e Lorena LliróElenco artístico: Berta Ros, Héctor Canós, Jose Aladid e Lorena Lliró

Pintamúsica trata de achegar aos máis pequenos as artes escénicas e musicais a partir dunha experiencia vivencial onde a música e a visualización das imaxes teñen un papel protagonista para captar a atención do espectador realizando un percorrido sensorial da man de tres pintamúsicos.

MÚSICA

AF_folleto_vigocultura.indd 23 5/1/18 8:46

TradicciónVenres 27 de abril, 21 horas

DANZA

PrezoDuración

Conmemoración do Día Internacional da Danza

Compañía: Nova Galega de DanzaXénero: danza contemporáneaAutoría e coreografía: Jaime Pablo Díaz e Vicente ColomerDirección: Juan Castro MosqueraDeseño de son: Pachi BaldomirDeseño de iluminación: Antón CabadoVestiario: Stephanie PasterkampMúsica: Tradicionais / Pedro Lamas e Jacobo de MiguelElenco artístico: Estefanía Gómez, Inés Vieites Veitras, Alba Vázquez, Iván Villar, Ricardo Fernández e Jaime Pablo Díaz

Despois de dous espectáculos sorprendendo ao público cunha nova linguaxe, coreográfica e musical, descoñecida para el, Tradicción pretende sorprender de novo utilizando os elementos que conforman o seu propio imaxinario colectivo.

A reinterpretación da tradición é un motivo recorrente até a saciedade nas propostas artísticas do país, por eso Nova Galega de Danza intenta reinventar a perspectiva coa que se aborda.

Terra, percusión, madeira, vento, forza, pobo, movemento, pel, destreza, virtuosismo.

Adulto

AF_folleto_vigocultura.indd 24 5/1/18 8:46

Conmemoración do Día Internacional da Danza

GaiaDomingo 29 de abril, 18 horas

DANZA

Idioma Familiar + 3 anos PrezoDuración

Compañía: EntremansXénero: danza contemporáneaAutoría e dirección: Kirenia Martínez e Estefanía GómezEspazo sonoro: Carla López e Iago MouriñoAtrezzo e decoración: Equipo Creativo RTA (Xacobo) e Compañía EntremánsDeseño de iluminación: Equipo Creativo RTA (Diego)Audiovisual: Equipo Creativo RTAArte Imagen: Gosia TrebaczVestiario: Santos Salgado e Compañía EntremansProdución e distribución: Artestudio Xestión Cultural

O noso fogar, a Terra, está a cambiar rapidamente...Debemos atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o Planeta e o noso medio ambiente.Gaia perténcenos a todos e todas. Podemos debuxar xuntos e xuntas, un mañá feliz e un mundo a toda cor.

AF_folleto_vigocultura.indd 25 5/1/18 8:46

1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo.

3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.

4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. O organizador non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.

5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto.

A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas.

6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.

7. A organización informa, nos programas editados para a difusión de cada programación, das idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.

8. Ao entrar no recinto, o público, consonte a lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.

9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou gravadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita do organizador; en todo caso, actuarase conforme os acordos e a lexislación vixente que corresponda.

Normas de organización e acceso ao recinto:

AF_folleto_vigocultura.indd 26 5/1/18 8:46

As entradas poderán adquirirse anticipadamente (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

• A través da páxina web de Ticketea

• No teléfono 902044226

• En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

• Horario: De 10 a 13,30 e de 16,30 a 20 h. de luns a sábado.

• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Abonos (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):

Venda de entradas:

ABONO Á CARTA 5: Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

ABONO Á CARTA 10: Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.

Auditorio Municipal do Concello de Vigo: Praza do Rei 1. Vigo

www.ticketea.com

* Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 butacas ao seu lado reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso). Este tipo de entradas poderán mercarse

só a través da venda telefónica no teléfono 902 044 226, na billeteira de Elepé ou na do propio Auditorio o día do espectáculo (de non esgotarse na venda anticipada).

AF_folleto_vigocultura.indd 27 5/1/18 8:46

www.vigocultura.org

Información:

Teléfonos:Desde Vigo: 010 Desde móbil ou fóra de Vigo: 986 810 260

Horario:Luns > Venres: 8.00 a 20.00 horasSábados: 10.00 a 14.00 horas

@Vigo_cultura

Dep

ósito

Leg

al: V

G 1

0-20

18

Vigocultura

AF_folleto_vigocultura.indd 28 5/1/18 8:46