12
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DECRETO 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia. O artigo 2 do Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro, polo que se aproba o Regu- lamento de aparellos de elevación e manutención, establece que será de aplicación para cada clase de aparellos cando entre en vigor a instrución técnica complementaria (ITC) que corresponda e nos prazos que se establezan en cada unha delas. Inicialmente, a ITC relativa aos ascensores foi publicada pola Orde ministerial do 19 de decembro de 1985, pola que se aproba a Instrución técnica complementaria MIE-AEM-1 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención referente a ascensores electrome- cánicos. Posteriormente esta orde foi derrogada pola Orde ministerial do 23 de setembro de 1987, pola que se modifica a Instrución técnica complementaria MIE-AEM-1 do Regula- mento de aparellos de elevación e manutención, referente a ascensores electromecánicos. Xa en 2013 a orde ministerial de 1987 foi derrogada polo Real decreto 88/2013, do 8 de febreiro, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria AEM 1 Ascensores do Regulamento de aparellos de elevación e manutención. Respecto das disposicións introducidas pola ITC AEM 1 relativas ao mantemento e á inspección regulamentaria de ascensores faise necesario aclarar e definir diferentes as- pectos que afectan os/as titulares das instalacións, as empresas conservadoras e os orga- nismos de control habilitados para a súa inspección, relativos ás súas responsabilidades, obrigas e facultades. Particularmente, no presente decreto establécense requisitos que terán que cumprir os organismos de control nas súas actuacións, co obxecto de unificar os criterios de cualifica- ción dos defectos atopados nos ascensores no desenvolvemento das súas actuacións de inspección e para que as súas inspeccións e o seu resultado sexan coherentes co Decre- to 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organis- mos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, establécese a obriga de que a inspección regulamentaria de todos os as- censores incluídos no ámbito de aplicación da ITC AEM 1 se realice de conformidade coa norma UNE 192.008. CVE-DOG: pwhriqi0-nkq9-cht5-brz1-9c1fvjqqvu11

I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

I. DIsposIcIóns xeraIs

consellería De economía, emprego e InDustrIa

DECRETO 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 2 do Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro, polo que se aproba o Regu-lamento de aparellos de elevación e manutención, establece que será de aplicación para cada clase de aparellos cando entre en vigor a instrución técnica complementaria (ITC) que corresponda e nos prazos que se establezan en cada unha delas.

Inicialmente, a ITC relativa aos ascensores foi publicada pola Orde ministerial do 19 de decembro de 1985, pola que se aproba a Instrución técnica complementaria MIE-AEM-1 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención referente a ascensores electrome-cánicos. Posteriormente esta orde foi derrogada pola Orde ministerial do 23 de setembro de 1987, pola que se modifica a Instrución técnica complementaria MIE-AEM-1 do Regula-mento de aparellos de elevación e manutención, referente a ascensores electromecánicos. Xa en 2013 a orde ministerial de 1987 foi derrogada polo Real decreto 88/2013, do 8 de febreiro, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria AEM 1 Ascensores do Regulamento de aparellos de elevación e manutención.

Respecto das disposicións introducidas pola ITC AEM 1 relativas ao mantemento e á inspección regulamentaria de ascensores faise necesario aclarar e definir diferentes as-pectos que afectan os/as titulares das instalacións, as empresas conservadoras e os orga-nismos de control habilitados para a súa inspección, relativos ás súas responsabilidades, obrigas e facultades.

Particularmente, no presente decreto establécense requisitos que terán que cumprir os organismos de control nas súas actuacións, co obxecto de unificar os criterios de cualifica-ción dos defectos atopados nos ascensores no desenvolvemento das súas actuacións de inspección e para que as súas inspeccións e o seu resultado sexan coherentes co Decre-to 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organis-mos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, establécese a obriga de que a inspección regulamentaria de todos os as-censores incluídos no ámbito de aplicación da ITC AEM 1 se realice de conformidade coa norma UNE 192.008.

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11

Page 2: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52259

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Desde o punto de vista dos requisitos técnicos dos ascensores, o Real decreto 57/2005, do 21 de xaneiro, polo que se establecen as prescricións para o incremento da seguridade do parque de ascensores existente, establece que os ascensores postos en servizo con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 1314/1997, do 1 de agosto, polo que se di-tan as disposicións de aplicación da Directiva do Parlamento Europeo e do Consello 95/16/CE, sobre ascensores, é dicir, o 1 de xullo de 1999, deberán cumprir, ademais das con-dicións técnicas da regulamentación en vigor cando foron autorizados, as que figuran no seu anexo. No punto 10 do citado anexo establécese a necesidade de que na cabina dos ascensores se instale un sistema de comunicación bidireccional que permita unha comuni-cación permanente cun servizo de intervención rápida en edificios de ocupación diaria tem-poral (edificios públicos ou de oficinas), estacional ou vivendas de baixa ocupación e outras situacións que determine o órgano competente da comunidade autónoma. Neste decreto determínanse os edificios cuxos ascensores deben ter un sistema de comunicación bidi-reccional, de xeito análogo a como xa se establecera no derrogado Decreto 44/2008, do 28 de febreiro, polo que se regulan os requisitos das empresas conservadoras de ascensores e se desenvolven conceptos relativos ao grao de ocupación das vivendas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta que dous dos obxectivos do libro primeiro do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comu-nidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, son o de previr e limitar os riscos e asegurar a protección contra accidentes e incidentes capaces de lles producir danos ou perdas ás persoas, bens e ambiente derivados da utilización, funcionamento e mantemento das instalacións industriais, configúrase un sistema onde se fai necesario establecer uns requisitos técnicos e criterios de actuación para que os diferentes axentes poidan dar cumprimento delas dun modo seguro e eficaz.

O artigo 12.5 da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de Industria, establece que os regula-mentos de seguridade industrial de ámbito estatal se aprobarán sen prexuízo de que as comunidades autónomas, con competencia lexislativa sobre industria, poidan introducir requisitos de ámbito adicional sobre as mesmas materias cando se trate de instalacións radicadas no seu territorio.

O artigo 30.I.2 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado mediante a Lei orgáni-ca 1/1981, do 6 de abril, atribúelle á Comunidade Autónoma competencias exclusivas en materia de industria, de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11

Page 3: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52260

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

e a política monetaria do Estado, nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1, 11 e 13 da Constitución.

A disposición derradeira terceira do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Ga-licia en materia de política industrial, dispón que se faculta ao Consello da Xunta de Galicia para o desenvolvemento regulamentario das prescricións do libro I deste texto refundido, e os requirimentos de carácter técnico que se aproben no futuro.

Este decreto consta de 9 artigos, 5 disposicións adicionais, 1 disposición transitoria, 1 disposición derrogatoria e 3 disposicións derradeiras.

Por todo o exposto, e por proposta do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, de acordo co Consello Consultivo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de outubro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto deste decreto é o de aclarar e definir diferentes aspectos relativos aos as-censores, que afectan a titulares das instalacións, empresas conservadoras e organismos de control habilitados para a súa inspección, co obxectivo de protexer as persoas e as cousas de incidentes que puidesen producirse como consecuencia do seu funcionamento e mantemento.

En particular, procédese á adaptación á normativa autonómica das previsións do Real decreto 88/2013, do 8 de febreiro, polo que se aproba a Instrución técnica complementa-ria AEM 1 Ascensores do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, aproba-do polo Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

Este decreto é de aplicación a todos os ascensores incluídos no ámbito de aplicación da Instrución técnica complementaria AEM 1 Ascensores do Regulamento de aparellos de elevación e manutención (ITC AEM 1 no sucesivo).

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11

Page 4: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52261

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 3. Obrigas das empresas conservadoras

Son obrigas das empresas conservadoras, ademais das restantes establecidas nos arti-gos 11 e 12 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención aprobado mediante Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro, e nos puntos 5.3.1, 5.4 e 7 da ITC-AEM 1, as seguintes:

a) Facer entrega ao/á titular do ascensor do boletín que reflicta os datos fundamentais da actuación realizada en soporte físico, salvo que, de acordo co/ca titular, por dispor este dos medios oportunos, se comunique fidedignamente por vía electrónica.

b) No caso de ser necesaria unha reparación do ascensor mantido, a empresa conser-vadora deberá poñer en coñecemento do/da titular, por escrito, o obxecto da reparación e, de ser o caso, os elementos do ascensor que teñan que substituírse.

c) Comunicar ao/á titular, por escrito, as reparacións, cambios de pezas ou modifica-cións importantes que teñan que facerse no ascensor mantido para o cumprimento da normativa que lle sexa aplicable.

d) Notificar ao/á titular do ascensor a data na que corresponde realizar a próxima ins-pección periódica, cunha antelación mínima de dous meses.

e) Prestar a asistencia e a información, incluída a achega de documentación, que pre-cisen os organismos de control no desenvolvemento das súas actuacións de inspección.

f) En caso de accidente con danos a persoas ou cousas, deberá poñelo en coñece-mento do órgano territorial da consellería competente en materia de industria, mantendo interrompido o servizo do ascensor ata que se realice a oportuna reparación e inspección, se é o caso, e o autorice o dito órgano.

g) Prestar toda a información que desde a consellería competente en materia de indus-tria se solicite sobre as características técnicas e demais datos relativos aos ascensores que manteñan.

En particular, para facer efectiva a posta á disposición prevista no punto 5.4 da ITC AEM1, así como os restantes deberes de subministración de información, as empresas conser-vadoras deberán remitir os datos contidos no seu rexistro de mantemento á consellería competente en materia de industria cada mes.

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11

Page 5: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52262

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

h) Así mesmo, colaborar coas administracións públicas no exercicio das funcións re-gulamentarias e, en particular, coas tarefas de inspección de industria dos ascensores que manteñan, podendo ser requiridas para a presenza das persoas e a presentación de informes que sexan necesarios, de conformidade co disposto no libro primeiro do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.

i) Comunicar ao órgano territorial competente en materia de industria onde se sitúen os correspondentes aparellos, no prazo máximo de 30 días, todas as altas e baixas de contratos de conservación dos ascensores que teñan ao seu cargo, poñendo á disposición destes os correspondentes historiais de mantemento.

Artigo 4. Posta en servizo e fóra de servizo dun ascensor

1. Para a posta en servizo ou fóra de servizo dun ascensor, farase unha comunicación ao órgano territorial competente en materia de industria.

2. No caso de posta fóra de servizo, deberá constar na comunicación se é definitiva ou temporal.

3. Un ascensor posto fóra de servizo temporalmente poderase volver a poñer en ser-vizo, conservando o número de rexistro de aparello elevador previamente asignado, me-diante comunicación ao órgano territorial competente en materia de industria, achegando o contrato de conservación e a acta da inspección regulamentaria en vigor, no caso de que non estivesen xa en poder da Administración. O tempo que o ascensor permaneza fóra de servizo computará para os efectos de establecer o prazo da seguinte inspección regula-mentaria.

Artigo 5. Operacións de reparación dun ascensor

1. A empresa que realice a reparación deberá documentar o alcance dos traballos que se van realizar nun informe que deberá poñer, antes do comezo dos traballos, á disposición do/da titular do ascensor, da empresa que realiza o mantemento periódico, de ser o caso, e se así fose requirido por esta, da consellería competente en materia de industria. Neste informe deberá figurar o período en que se realizarán os traballos.

Finalizados os traballos, a empresa que realiza a reparación deberá certificar ao/á titular do ascensor e á empresa que realiza o mantemento periódico, de ser o caso, que todos

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11

Page 6: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52263

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

estes traballos se realizaron conforme a regulación de aplicación ao ascensor, facendo constar, se procede, as modificacións respecto ao alcance dos traballos proxectados ini-cialmente.

2. Logo de ter finalizada a reparación, nos casos en que sexa preceptivo, farase unha comunicación ao órgano territorial da consellería competente en materia de industria, xunto coa documentación indicada neste artigo e a que sexa necesaria técnica e regulamentaria-mente, segundo o alcance dos traballos realizados.

Artigo 6. Refuxios

1. A excepcionalidade para os refuxios ou espazos libres que estean no oco de perco-rrido dun ascensor de velocidade superior a 0.15 m/s á que se fai referencia no punto 14.1 da ITC AEM 1, solicitarase ao órgano territorial competente en materia de industria, previa-mente á execución da instalación.

2. Coa solicitude de excepcionalidade achegarase a seguinte documentación:

a) Caso dun edificio novo.

Estudo arquitectónico que demostre que non existe a posibilidade de dispoñer dos refu-xios ou espazos libres, no que conste que se trata dun edificio novo e planos de situación do ascensor dentro do edificio.

b) Caso dun edificio existente.

Estudo arquitectónico que conclúa que non se poden materialmente practicar os re-fuxios ou espazos libres, ou que teñen que empregarse medios desproporcionados para iso, no que figure a antigüidade da edificación, planos de situación do ascensor dentro do edificio, comparativa entre a solución que se prevexa desproporcionada e a proposta de excepción e, se é o caso, relación de impedimentos legais.

3. De ser recoñecida a excepcionalidade, o instalador deberá proceder a xustificar a me-dida alternativa á disposición de refuxios ou espazos libres que introduza no seu deseño, incluíndoa no expediente técnico de fabricación, da mesma forma que o resto de requisitos esenciais. A dita medida non deberá ser obxecto de aprobación polo órgano territorial com-petente en materia de industria, senón que corresponderá unicamente á responsabilidade do instalador, aplicando, se é o caso, se o desexa, unha das solucións que poida recoller a norma harmonizada pertinente.

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11

Page 7: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52264

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

O instalador engadirá copia da resolución motivada, ou referencia desta, á documenta-ción que deberá achegar para a posta en servizo dos ascensores.

Artigo 7. Inspección

1. Os organismos de control emitirán das actuacións de inspección realizadas o corres-pondente certificado, no que cualificarán a instalación como favorable, condicionada ou negativa, de conformidade co establecido no Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A correspondencia entre a cualificación das instalacións establecida no Decre-to 54/2011, do 24 de marzo, e a establecida na ITC AEM 1, é a seguinte:

Cadro de correspondencia de cualificación das instalacións

Decreto 54/2011 Itc aem 1

Favorable

Favorable sen defectos

Favorable con defecto/s leve/s

Favorable con reiteración de defecto/s leve/s

Condicionada Desfavorable con defecto/s grave/s

Negativa Desfavorable con defecto moi grave

3. O organismo de control comunicará á empresa conservadora a data prevista de ins-pección cunha antelación de 15 días hábiles.

4. No caso de cualificar a instalación como condicionada, o organismo de control deberá volver inspeccionar a instalación no prazo máximo de 30 días naturais contado desde a data de remate do prazo de corrección de defectos ou, de ser o caso, da data de comuni-cación de corrección dos defectos por parte do/da titular.

5. Se a empresa conservadora non prestase a súa asistencia ao organismo de control na súa visita de inspección, este deixará constancia do feito no certificado que resulte da actuación inspectora.

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11

Page 8: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52265

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

6. No caso de cualificar un defecto como moi grave, o organismo de control deberá ins-tar inmediatamente a empresa conservadora para que deixe fóra de servizo o ascensor, mediante a notificación de posta fóra de servizo do ascensor establecida no artigo 8, que tamén será entregada ao/á titular do ascensor.

7. A inspección regulamentaria realizarase de conformidade coa norma UNE 192.008, requisitos previos á inspección, realización da inspección, cualificación de defectos e pra-zos de corrección, e polo Regulamento de aparellos de elevación e manutención, aprobado polo Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro, e na súa instrución técnica complemen-taria relativa a ascensores.

Artigo 8. Notificación de posta fóra de servizo do ascensor

1. A notificación da posta fóra de servizo dun ascensor será o documento mediante o cal un organismo de control comunica de forma fidedigna ao/á titular e á empresa conservado-ra, a necesidade de deixar fóra de servizo un ascensor.

2. O contido mínimo que deberá constar no documento será:

a) Identificación do organismo de control e do inspector.

b) Identificación do ascensor.

c) Identificación do/da titular do ascensor.

d) Identificación da empresa conservadora.

e) Motivo polo que é necesario deixar fóra de servizo o ascensor.

Artigo 9. Infraccións e sancións

O incumprimento do establecido neste decreto será sancionado consonte o título III do libro primeiro do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de polí-tica industrial, e o título V da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria.

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11

Page 9: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52266

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Disposición adicional primeira. Solicitude de excepcionalidade para refuxios ou espa-

zos libres

A dirección xeral competente en materia de Industria publicará no Diario Oficial de Ga-

licia o formato da solicitude de excepcionalidade para refuxios ou espazos libres regulada no artigo 6.

Disposición adicional segunda. Notificación de posta fóra de servizo do ascensor

A dirección xeral competente en materia de industria publicará no Diario Oficial de Ga-

licia o formato da notificación de posta fóra de servizo do ascensor regulada no artigo 8.

Disposición adicional terceira. Uso dos formularios normalizados

Os/as titulares, empresas conservadoras e organismos de control usarán os formula-rios normalizados dos procedementos administrativos que se habiliten para cumprir coas obrigas establecidas no presente decreto, no Regulamento de aparellos de elevación e manutención, aprobado polo Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro, e na ITC AEM 1, e demais disposicións legais e administrativas que sexan de aplicación ao campo regula-mentario dos ascensores.

A dirección xeral competente en materia de industria desenvolverá e aprobará os cita-dos formularios normalizados.

Disposición adicional cuarta. Modificación e actualización dos formularios normaliza-

dos

Co obxectivo de manter adaptados á normativa vixente os formularios vinculados a normas reguladoras de procedementos administrativos de prazo aberto, estes poderán ser actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, sen necesidade de publicalos novamente no Diario Oficial de Galicia, sempre que a modificación ou actualización non supoña unha modificación substancial destes. Por conseguinte, para a presentación das solicitudes, será necesario utilizar os formularios normalizados, dispoñibles na sede elec-trónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente actualizados e accesibles para as persoas interesadas.

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11

Page 10: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52267

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Disposición adicional quinta. Comunicación bidireccional

1. Para os efectos do establecido no número 10 do anexo do Real decreto 57/2005, do 21 de xaneiro, polo que se establecen as prescricións para o incremento da seguri-dade do parque de ascensores existente, deberase instalar un sistema de comunicación bidireccional nos ascensores instalados en edificios que cumpran algunha das seguintes condicións:

a) Que se trate de edificios de ocupación diaria temporal, entendendo así aqueles que se encontren nalgún dos seguintes supostos:

1º. Os ocupados totalmente por algunha das distintas administracións (estatal, autonó-mica, local ou institucional).

2º. Os destinados na súa totalidade a oficinas, despachos profesionais ou outros cen-tros de traballo.

3º. Os destinados a actividades culturais ou recreativas, como salas de concertos, tea-tros, cinematógrafos, congresos, exposicións e outros destinos similares.

4º. Os destinados na súa totalidade a hoteis, hostais, pensións, residencias, establece-mentos sanitarios, centros de ensino ou outros establecementos públicos similares.

b) Que se trate de edificios de ocupación estacional ou de baixa ocupación, tendo tal consideración todos os edificios salvo aqueles en que máis das dúas terceiras partes de vivendas e locais que o compoñen se encontren habitados de maneira habitual durante todo o ano.

Para os ascensores que non estean incluídos neste punto, o/a titular poderá xustificar a dita exclusión mediante unha declaración, que deberá presentar ao organismo de control que realice a inspección regulamentaria e á empresa conservadora do ascensor, na que se manifeste que o grao de ocupación dos locais e vivendas do edificio supera o límite estable-cido no parágrafo precedente. No caso de tratarse dunha comunidade de propietarios/as, presentarase copia da acta da xunta da comunidade de propietarios/as, na que por acordo desta se manifeste que o grao de ocupación dos locais e vivendas do edificio supera o límite establecido no dito parágrafo parágrafo. No caso de producirse calquera cambio no grao de ocupación, a persoa titular ou a xunta da comunidade de propietarios/as deberá comunicar os acordos sobre a nova situación.

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11

Page 11: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52268

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Para realizar o cálculo do grao de ocupación, non se deberán considerar como locais habitados de maneira habitual as oficinas, consultas médicas ou despachos profesionais ou locais de análoga concorrencia.

c) Que teñan cinco (5) niveis ou menos servidos polo ascensor ou que, aínda tendo máis de cinco niveis servidos, o ascensor dea servizo a menos de 10 vivendas habitadas de maneira habitual.

2. Non se considerarán incluídos nalgún dos puntos anteriores aqueles ascensores en que se acredite que se dispón de persoal de atención permanente ás persoas usuarias en quendas sucesivas e ininterrompidas durante as 24 horas do día, cun lugar fixo de control e dotado de comunicación interna entre o dito posto de control e o ascensor.

3. O persoal do posto de control, unha vez recibida unha comunicación da persoa usua-ria do ascensor que indique que quedou encerrado neste, porao de inmediato en coñece-mento da empresa conservadora.

Disposición transitoria única. Obrigas de subministración de información

A obriga de remisión periódica de información, prevista no artigo 3.g), será exixible a partir do momento en que pola dirección xeral con competencias en materia de industria se habiliten os medios técnicos precisos para facela efectiva. A resolución pola que proceda a habilitación dos medios técnicos será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto e, expresamente:

a) Orde do 18 de xaneiro de 1995 pola que se aproba o modelo de certificado, para os efectos da posta en marcha, dos aparellos elevadores a que fai referencia a Instrución técnica MIE AEM 1 do Regulamento de aparellos de elevación e a súa manutención.

b) Resolución do 31 de agosto de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Mi-nas, pola que se indican os requisitos mínimos que deben cumprir as empresas conserva-doras de ascensores.

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11

Page 12: I. DIsposIcIóns xeraIs consellería De economía, emprego e ... 107...DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52258 Issn11022 Deto e c.441 tt//.t./roocc I. DIsposIcIóns

DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52269

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de industria para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira segunda. Facultade de execución

Facúltase a persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de industria para ditar cantas resolucións sexan necesarias para a execución deste decreto.

En particular, corresponde á dirección xeral con competencias en materia de industria a determinación das canles e formatos para a subministración da información que, de con-formidade co artigo 3.g) deben facilitar as empresas conservadoras.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e seis de outubro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo Presidente

Francisco José Conde López Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

CV

E-D

OG

: pw

hriq

i0-n

kq9-

cht5

-brz

1-9c

1fvj

qqvu

11