2
12 NóS I XORNAL DE GALICIA 3 DE XANEIRO DE 2009 TEATRO Teatro, o agasallo co que sorprenderá Recomendacións para todos os públic Proponse unha variadísima escolla de textos teatrais para todas as idades publicados en 2008 que non defraudarán UN TEXTO DE RUBÉN RUIBAL. FOTO: TEATRO CACHUZO Se comprar un libro en galego que un busca fóra das novidades é traballo para xente do “duro ban- do”, como nos chamaba Camôes ós desta tribo fisterrá, comprar libro de teatro en galego é traballo para émulos de Indiana Jones. Pero, no caso de conseguir convencer a un libreiro, ou atopar unha desas tres ou catro milagrosas librerías gale- gas nas que a literatura teatral ten o seu espazo (¡existen!), é posible que entre o editado no noso país poIda- mos dar con algúns motivos para a inaprazable reconciliación dos lec- tores en xeral coa literatura teatral en particular. Alá van unhas reco- mendacións ben pouco obxectivas e a lista da maior parte do publica- do no ano que deixamos atrás pa- ra que vostedes podan escoller, de entre todos estes títulos, o agasallo co que sorprenderán a case todos. Se a lectura de artigos tendenciosos non é o seu, un repaso ós títulos en negrita pode dar unha idea aproxi- mada do contido máis importante recollido aquí. Tentando citar todo, empezo pola literatura infantil. A publicación máis destacable do 2008 foi o Ga- me Over de Carlos Losada, gaña- dor do premio Manuel María 2007 e editado por Xerais coa colabora- ción da Axencia Galega de Indus- trias Culturais (AGADIC). Levado á escena por Cachuzo, é posible que no 2009, se a lotería das programa- cións o contempla, teñamos de no- vo a oportunidade velo nos escena- rios galegos. ó meu modo de ver, o espectáculo ten un gran problema: lonxe do habitual, non trata ós ne- nos coma parvos. A propia AGADIC cofinanciou ta- mén a publicación dos textos galar- doados cos premios Barriga Verde para títeres: Cucho, Coco e o dilema do 6, de Tino Antelo, e Cataventos e Cía, de Celia Díaz Núñez. Mágoa que a súa editora, Baía Verde, non siga o branquísimo ronsel deixado trala colección de teatro para adul- tos fechada no 2006. Edicións Embora, pola súa banda, sacou á rúa os textos de Fusa Gui- llén e Carlos Labraña que levan por título, respectivamente, O segredo do faiado e Esperta principiño na co- lección “Os textos da Garola” deste colectivo cedeirán. Volvendo ás pezas para adultos, Edi- cións Embora segue adiante coa súa xa consolidada oferta de autores ga- legos de teatro. Desculpen que non utilice a palabra dramaturgo pero é que en canto a escoito éntranme ganas de meterme debaixo da me- sa e dende alí non vexo a pantalla do ordenador. Embora, dicía, sa- cou á rúa Taras, escrito por Gusta- vo Pernas para a Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón arredor das miserias da industria textil, e Cóncavo Convexo, de José L. Prieto, no que catro mulleres e un home coinciden nunha sospei- tosa e por momentos hilarante cea. A ourensá Ediciones Linteo entre- gounos o Ciclo de Xúpiter, quinto volume das obras de Millán Picouto, sempre cargadas de asunto mítico e de verso. Nun mundo hostil, vo- lume que reúne 16 pezas breves de Raúl Dans nas que as historias se insiren unhas noutras coma unha boneca rusa, foi publicado por Es- piral Maior Teatro. E aínda que non queda nada ben fa- lar dun mesmo, sería inxusto non mencionar Estaleiro Editora, coa súa vocación de independencia e rexeitamento das subvencións. Es- ta asociación editorial sacou á rúa nun único e económico volume os vellos textos Insomnio, que vén sen- do unha versión de Alicia pero do outro lado do espello da arte con- temporánea, e Fume, escrito man con man con Carlos Losada e cen- trado en dous traballadores contra- tados por un matadoiro industrial ó través dunha ETT; resumindo, a peripecia de dous modernos escra- vos. O textos de Estaleiro, aínda que polo ben da editora non debera di- cilo, poden descargarse de balde na súa páxina web. Por contrastar, entre as edicións financiadas pola AGADIC, o 2008 deixounos, dentro da Biblioteca F. Pillado Maior, a versión de Marica Campo de O divino sainete de Cu- rros, que chegou á escena demos- trando que, por desgracia, o texto segue vixente hoxe. Seguindo no te- rreo AGADIC, no ano que vai alá non se ampliaron as coleccións “Escena Aberta” e “Máscaras”, na que a edito- rial Tris-Tram corría coa edición dos Imaxe da posta en escena de Game Over de Carlos Losada textos e que conta con volumes de altísimo interese como o Anxeliños! de Roberto Vidal Bolaño ou o Confe- sións dun Practicante, de Raúl Dans. Neste último volume o autor adén- trase no camiño do artigo, do ensaio ou, como o título di, da confesión, e remexe con momentos de grande lucidez nos miúdos da práctica e a profesión teatral. Nos “Manuais da Biblioteca de Teatro”, coeditados con Galaxia, o último volume publicado foi Dramaturxia: teoría e práctica do docente e tamén recomendable autor teatral Afonso Becerra de Be- cerreá, do que Laiovento publicou hai pouco Crio-Xénese. Precisamente Laiovento, esa edito- rial que merece todo o agarimo pola edición constante e rigorosa de tex- tos teatrais naturalmente inseridos no seu magnífico catálogo xeral e polo mantemento dos “Cadernos de Teatro” que nos abren os ollos a novas voces da literatura escénica sacou, un pouco máis alá do estri- tamente dramático, un pouco máis alá de calquera xénero no que enca- drar o que lemos, unha tradución ó galego de Os alimentos terrestres e Os novos alimentos de André Gide: un volume no que se dan auténticas leccións de Literatura (con maiús- culas, si), en especial para aqueles que ás veces temos a insá tentación de escribir: “Tira o meu libro: di que É POSIBLE QUE ENTRE O EDITADO NO NOSO PAÍS POIDAMOS DAR CON ALGÚNS MOTIVOS PARA A RECONCILIACIóN COA LITERATURA TEATRAL

I XORNAL DE GALICIA Teatro, o agasallo co que sorprenderán a … · 2018-03-05 · Se comprar un libro en galego que un busca fóra das novidades é traballo para xente do “duro

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

12 nós I XORNAL DE GALICIA 3 de xaneiro de 2009teatro

Teatro, o agasallo co que sorprenderán a case todos. Recomendacións para todos os públicosProponse unha variadísima escolla de textos teatrais para todas as idades publicados en 2008 que non defraudaránun texto de RubéN RuIbAL. Foto: tEAtRO CAChuzO

Se comprar un libro en galego que un busca fóra das novidades é traballo para xente do “duro ban-do”, como nos chamaba Camôes ós desta tribo fisterrá, comprar libro de teatro en galego é traballo para émulos de Indiana Jones. Pero, no caso de conseguir convencer a un libreiro, ou atopar unha desas tres ou catro milagrosas librerías gale-gas nas que a literatura teatral ten o seu espazo (¡existen!), é posible que entre o editado no noso país poIda-mos dar con algúns motivos para a inaprazable reconciliación dos lec-tores en xeral coa literatura teatral en particular. alá van unhas reco-mendacións ben pouco obxectivas e a lista da maior parte do publica-do no ano que deixamos atrás pa-ra que vostedes podan escoller, de entre todos estes títulos, o agasallo co que sorprenderán a case todos. se a lectura de artigos tendenciosos non é o seu, un repaso ós títulos en negrita pode dar unha idea aproxi-mada do contido máis importante recollido aquí.tentando citar todo, empezo pola literatura infantil. a publicación máis destacable do 2008 foi o Ga-me over de Carlos Losada, gaña-dor do premio Manuel María 2007 e editado por Xerais coa colabora-ción da axencia Galega de Indus-trias Culturais (aGaDIC). Levado á escena por Cachuzo, é posible que no 2009, se a lotería das programa-cións o contempla, teñamos de no-vo a oportunidade velo nos escena-rios galegos. ó meu modo de ver, o espectáculo ten un gran problema: lonxe do habitual, non trata ós ne-nos coma parvos. a propia aGaDIC cofinanciou ta-mén a publicación dos textos galar-doados cos premios Barriga Verde para títeres: Cucho, Coco e o dilema do 6, de tino antelo, e Cataventos e Cía, de Celia Díaz núñez. Mágoa que a súa editora, Baía Verde, non siga o branquísimo ronsel deixado trala colección de teatro para adul-tos fechada no 2006. edicións embora, pola súa banda, sacou á rúa os textos de Fusa Gui-llén e Carlos Labraña que levan por título, respectivamente, o segredo do faiado e esperta principiño na co-lección “os textos da Garola” deste

colectivo cedeirán.Volvendo ás pezas para adultos, edi-cións embora segue adiante coa súa xa consolidada oferta de autores ga-legos de teatro. Desculpen que non utilice a palabra dramaturgo pero é que en canto a escoito éntranme ganas de meterme debaixo da me-sa e dende alí non vexo a pantalla do ordenador. embora, dicía, sa-cou á rúa taras, escrito por Gusta-vo Pernas para a escola de teatro do Padroado da Cultura de narón arredor das miserias da industria textil, e Cóncavo Convexo, de José L. Prieto, no que catro mulleres e un home coinciden nunha sospei-tosa e por momentos hilarante cea. a ourensá ediciones Linteo entre-gounos o Ciclo de Xúpiter, quinto volume das obras de Millán Picouto, sempre cargadas de asunto mítico e de verso. nun mundo hostil, vo-lume que reúne 16 pezas breves de raúl Dans nas que as historias se insiren unhas noutras coma unha boneca rusa, foi publicado por es-piral Maior teatro.e aínda que non queda nada ben fa-lar dun mesmo, sería inxusto non mencionar estaleiro editora, coa súa vocación de independencia e rexeitamento das subvencións. es-ta asociación editorial sacou á rúa nun único e económico volume os vellos textos Insomnio, que vén sen-do unha versión de alicia pero do outro lado do espello da arte con-temporánea, e Fume, escrito man con man con Carlos Losada e cen-trado en dous traballadores contra-tados por un matadoiro industrial ó través dunha ett; resumindo, a peripecia de dous modernos escra-vos. o textos de estaleiro, aínda que polo ben da editora non debera di-cilo, poden descargarse de balde na súa páxina web. Por contrastar, entre as edicións financiadas pola aGaDIC, o 2008 deixounos, dentro da Biblioteca F. Pillado Maior, a versión de Marica Campo de o divino sainete de Cu-rros, que chegou á escena demos-trando que, por desgracia, o texto segue vixente hoxe. seguindo no te-rreo aGaDIC, no ano que vai alá non se ampliaron as coleccións “escena aberta” e “Máscaras”, na que a edito-rial tris-tram corría coa edición dos

Imaxe da posta en escena de Game Over de Carlos Losada

textos e que conta con volumes de altísimo interese como o anxeliños! de roberto Vidal Bolaño ou o Confe-sións dun Practicante, de raúl Dans. neste último volume o autor adén-trase no camiño do artigo, do ensaio ou, como o título di, da confesión, e remexe con momentos de grande lucidez nos miúdos da práctica e a profesión teatral. nos “Manuais da Biblioteca de teatro”, coeditados con Galaxia, o último volume publicado foi Dramaturxia: teoría e práctica do docente e tamén recomendable autor teatral afonso Becerra de Be-cerreá, do que Laiovento publicou hai pouco Crio-Xénese.Precisamente Laiovento, esa edito-

rial que merece todo o agarimo pola edición constante e rigorosa de tex-tos teatrais naturalmente inseridos no seu magnífico catálogo xeral e polo mantemento dos “Cadernos de teatro” que nos abren os ollos a novas voces da literatura escénica sacou, un pouco máis alá do estri-tamente dramático, un pouco máis alá de calquera xénero no que enca-drar o que lemos, unha tradución ó galego de os alimentos terrestres e os novos alimentos de andré Gide: un volume no que se dan auténticas leccións de Literatura (con maiús-culas, si), en especial para aqueles que ás veces temos a insá tentación de escribir: “tira o meu libro: di que

É PosIBLe QUe entre o eDItaDo no noso PaÍs PoIDaMos Dar Con aLGÚns MotIVos Para a reConCILIaCIón Coa LIteratUra teatraL

Teatro, o agasallo co que sorprenderán a case todos. Recomendacións para todos os públicos

I NOS 13XORNAL DE GALICIA 3 DE XANEIRO DE 2009 TEATRO

só é unha das mil posturas posibles ante a vida. Busca a túa. Non fagas o que alguén tería feito tan ben co-ma ti. Non digas o que alguén tería dito tan ben coma ti, e escrito tan ben coma ti, non o escribas...” Pa-ra apuntar.Nesa mesma editorial vén de publi-car Manuel Lourenzo o seu último libro, As horas baixas. Saíu hai vin-te días pero confeso que aínda non tiven a fortuna de lelo e descubrín a súa existencia cando buscaba na Internet as últimas novidades con-vencido de que non se me escapaba unha; para que vexan o crédito que poden outorgarlle a este columnista novato. A miña intención era facer unha recensión do anterior libro des-te mesmo autor, o espléndido Eléc-tricas, composto por tres pezas: a disparatada e divertidísima “Forzas Eléctricas”, a folletinesca “O mara-tón sentimental de Elisa Fortes” e a ultrarrealista e esclarecedora “A Co-misión”, situada nun corredor dos terrorífi cos edifi cios institucionais dos que depende o teatro profesio-nal. Se queren coller cariño á lite-ratura dramática non deixen de ler este libro.E indo aínda máis alá atrás de M. Lourenzo pero xa non só como au-tor, chegamos a CasaHamlet, a es-cola teatral coruñesa. No seu papel de editora e coa vocación docente que caracteriza a súa colección, foi publicado Claro Mencer do Tem-po, de X. M. Álvarez Blázquez, en edición de Pilar Gª Negro. En for-mato revista, CasaHamlet chegou no 2008 á súa décima entrega, de-dicada esta vez ó teatro fantástico: recolle textos breves de autores do máis variado e rico do noso pano-rama teatral -Pernas, H. Rabuñal, o propio Lourenzo, Pisón, Isaac Ferrei-ra, Dans, Euloxio R. Ruibal... -pero de entre todos eles, pola sorpresa, quedo co texto dun novo autor, Xosé Manuel García: “Co seu arume har-pado”. Merecen salientarse, ademais, os fermosos traballos de ilustración. É xusto lembrar que tanto a colec-ción de libros como a Revista Casa-Hamlet nº 10 contan co patrocinio da Deputación da Coruña, que du-rante o 2008 publicou tamén, dentro

da súa “Colección de Teatro” Unha Primavera para Aldara, de Teresa Moure, gañadora da última edición do Premio Rafael Dieste, e fi nanciou a montaxe do espectáculo que me-rece columna aparte.A encomiable Revista Galega de Tea-tro, pola súa banda, deixounos no 2008, cos exemplares que nos che-gan con cada estación do ano, catro textos de Jesús Díez, O show de Kin-sey, Carles Batlle, Oasis, Anxos Su-mai, Deus está de vacacións, e Cán-dido Pazó, Dúas mamás. O primeiro, acredor do Premio Born, o mellor dotado de todo o Estado; o segundo, dun autor relativamente novo pero de interesante e valente traxectoria; o terceiro, dunha das escritoras máis lidas do noso panorama literario; e o último, unha nova entrega dun dos autores que máis veces chega ós nosos escenarios.Falando de autores galegos que che-gan ós escenarios, se cadra con me-nos fortuna da que merecen, Roberto Salgueiro publicou no 2008 dentro da Biblioteca Dramática Galega de Xerais o texto gañador do premio Álvaro Cunqueiro 2007, Historia da chuvia que cae tódolos días, no que un pai, un fi llo e a moza deste viven, sofren e refl exionan en torno ás miserias da emigración e da per-manencia na terra propia nun espa-cio fechado arredor do cal todo se afunde na auga da chuvia; un texto ben recomendable. Nesa colección publica Raúl Dans, Nachtmahr, un exercicio de liberdade literaria que non deixa escapar ó lector dende a primeira á última liña e sorprende pola riqueza de imaxes escénicas que provoca. Unha das miñas pezas pre-feridas deste autor e, probablemente, do 2008. Xerais tamén sacou á rúa o libro-CD do II certame de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega, a oportunidade de ler teatro sen o esforzo de pasar páxinas sequera; non teñen excusa. Xerais agasallounos tamén, xa para rematar, coa Obra Dramática de Francisco Taxes; un gran libro que merece, en calquera país teatralmente civiliza-do, algo máis que esta simple nota nunha sorte de resumen anual. Un volume imprescindible.

Unha primavera para Aldara

HISTORIA DA CHUVIA

AUTOR:

ROBERTO SALGUEIRO

EDITA:

XERAIS

NACHTMAHR

AUTOR:

RAÚL DANS

EDITA:

XERAIS

GAME OVER

AUTOR:

CARLOS LOSADA

EDITA:

XERAIS

GAME OVER

AUTOR:

XERAIS

V diante que a ovación coa que os moitos espectadores premiaron “Unha Primavera para Aldara” no Salón Teatro de Compostela foi sincera e longa; e que non é doado disfrutar de ningún espec-táculo en vivo a noite despois de asistir a un rotundo, limpo, enerxético e divertido concerto dos rockeiros [encuarentena] no

pub Run-rum de Ferrol. Aínda así, as ca-se dúas horas da obra correron a un ritmo no que o malestar da resaca só quixo re-sucitar nalgúns dos demasiados escuros e nesas pasaxes nas que o texto tende máis á reivindicación discursiva e inxenua do imaxinario nacionalista e feminista que ó literario ou ó teatral.

Vaia por diante tamén que, entre outras favorables, unha das opinións de fi ar que escoitara púñame o espectáculo por “ve-llo”. Pero vello tamén empeza a ser o rock, ou nós mesmos dende que nacemos, e pou-cas experiencias hai tanto ou máis enri-quecedoras que asistir a un bo concerto; unha delas, sen dúbida, asistir a unha boa peza de teatro. E se nela hai interpreta-cións como as de María Bouzas ou Lucía Regueiro e, sobre todo, hai un momento fermoso como ese do longo silencio e o corto bico, un pode dar a entrada por moi ben pagada.

Ese bico, ese silencioR. R.

CRÍTICA TEATRAL

Ese bico, ese silencio ¡canto dariamos algúns por provocar unha vez na vida ese silencio!