Upload
others
View
8
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
1
IES ARCEBISPO XELMÍREZ I
MEMORIA DO CURSO 2018-2019
TÁBOA DE CONTIDOS
1. INTRODUCIÓN......................................................................................................2
1.1.DATOS XERAIS DO CENTRO.......................................................................2
1.2.OFERTA EDUCATIVA....................................................................................4
2. ÁMBITOS DE ACTUACIÓN. OBXECTIVOS E MEDIDAS.............................. 5
2.1 XESTIÓN ACADÉMICO-DOCENTE. RESULTADOS ACADÉMICOS..... 7
2.2 XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ECONÓMICA. PERSOAL NON
DOCENTE.............................................................................................................15
3. HORARIO DO CENTRO......................................................................................17
4. PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E
EXTRAESCOLARES................................................................................19
5. ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E HORARIO DA BIBLIOTECA..... 53
6. PROGRAMA DE FORMACIÓN DE PROFESORADO NO CENTRO............. 53
7. PROGRAMAS INTERNACIONAIS................................................................... 55
8. PROGRAMA DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO, RELACIÓN
DE ALUMNADO, FASES E CALENDARIO.........................................60
9. MEMORIAS DOS DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS...................................60
10. INFORMES INDIVIDUALIZADOS DO ALUMNADO DO CICLO MEDIO
VÍDEO DISK-JOCKEY E SON E DOS SEUS TITORES (RÉXIME
ORDINARIO E MODULAR)...............................................................................60
2
MEMORIA DO CURSO 2018-2019
O presente documento pretende resumir a actividade e os datos máis
sobresalientes do curso escolar 2018/19.
1. INTRODUCIÓN
1.1 DATOS XERAIS DO CENTRO
Claustro de profesorado
No presente curso escolar, o Claustro de profesorado estivo composto polos
oitenta e tres profesores e profesoras que figuran na Programación Xeral Anual e mantivo
as reunións preceptivas estabelecidas polo marco legal vixente.
O Claustro de profesoras e profesores do IES A. Xelmírez I pertencía aos
seguintes corpos administrativos:
Corpo de Profesores de Ensino Secundario: 71
Corpo de Profesores Técnicos de F.P.: 8
Corpo de Mestres: 3
Profesora de Relixión Católica: 1
Consello Escolar
Pese ás mudanzas legais producidas nos últimos tempos, segundo as cales este
órgano de representación do centro perde competencias en favor da Dirección, o Consello
Escolar mantivo oito reunións para debater dos asuntos principais que teñen a ver coa
xestión e goberno do centro, así como a aprobación de solicitudes de novos proxectos.
De entre todos, pola súa trascendencia, salienta o Consello Escolar celebrado para aprobar
o Plan Anual de Actividades, que se inclúe na PXA.
Comisión de Coordinación Pedagóxica (C.C.P.) e Comisión Económica
A Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) e a Comisión Económica (CE)
son órganos colexiados, encargado o primeiro de coordinar os ensinos como peza
3
fundamental no procedemento de toma de decisións IES A. Xelmírez I, e o segundo da
supervisión e elaboración dos documentos económicos do centro. Ambos os dous órganos
mantiveron as reunións pertinentes con relación aos seus ámbitos de competencia, tres a
CE e catro a CCP.
O labor da CCP centrouse no presente curso no seguimento das reunións de
coordinación das macroáreas, alén da configuración dalgunhas optativas para ESO e
Bacharelato.
Ademais do seu labor ordinario en asuntos de carácter económico (orzamentos,
conta xustificativa,...), a Comisión Económica concentrou o seu traballo na supervisión
do sistema de contratación para o servizo de reprografía do instituto.
Coordinación de Areas
No presente curso, e de maneira experimental, puxemos en marcha unha
coordinación de área, con dous grandes grupos, un que denominamos “grosso modo” da
Área de Letras e outro, da Área Científico-Tecnolóxica. Os resultados superaron as
expectativas. Na Área de Letras, levouse a termo o CIL e unha concreción terminolóxica,
para alén da análise de contidos en cada nivel escolar. Na Científico-Tecnolóxica
abordaron o repartimento de contidos por curso de cara a optimizar e evitar repeticións
no tratamento de contidos que veñen sendo transversais ás diferentes materias de ciencias.
Agardamos máis logros continuando con esta coordinación para o vindeiro curso.
Comisión da Biblioteca
Baixo a coordinación da profesora responsábel da Biblioteca Escolar, a Comisión
da Biblioteca velou polo cumprimento do Programa Anual de Lectura (Anexo II) e
colaborou activamente no desenvolvemento dos tres clubs de lectura, os de alumnado e o
de adultos, sendo moi importante a súa actividade na celebración e desenvolvemento de
moitas das efemérides no instituto.
A acción titorial.
Ao longo do curso desenvolveuse o plan de acción titorial na hora semanal de
titoría na ESO (reunións semanais de dous grupos diferenciados (un para 1º e 2º de ESO
4
e outro para 3º e 4º de ESO). O Plan de Acción Titorial (PAT) foi o marco no que se
especificaban os criterios para a organización e as liñas prioritarias de funcionamento da
acción titorial no instituto.
A coordinación entre todos levouse a cabo mediante reunións periódicas
estruturadas da seguinte maneira:
Unha reunión inicial entre a Xefatura de Estudios, a Xefatura do Departamento de
Orientación e todos os titores para planificar o traballo titorial ao longo do curso.
Reunión semanal entre a Xefatura do Departamento de Orientación e os titores de
cada nivel.
Reunión final, conxunta e por niveis para avaliar o traballo realizado durante o
curso, propor modificacións de cara ao ano seguinte, etc.
Tratáronse diferentes temas, como o ciberacoso, a violencia sexista, o botellón,
para alén da abordaxe das problemáticas específicas e casos concretos. Tamén en
colaboración con outros organismos e entidades, desenvolvéronse actividades de especial
interese para os rapaces e rapazas de hoxe en día, como por exemplo, sobre os riscos de
Internet, impartidas por membros da Policía Nacional expertos na materia.
1.2 . OFERTA EDUCATIVA.
Ensinanzas de Réxime Ordinario: ESO, Bacharelato, CM Video Disc-Jockey
e Son, e en horario de tarde FPB Infórmatica de oficina
ESO
Os catro cursos de Educación Secundaria Obrigatoria, con tres grupos por curso.
Do mesmo xeito, levamos adiante neste curso os seguintes agrupamentos
específicos:
1º ESO: Matemáticas, Lingua castelá e literatura e Lingua galega e literatura
2º ESO: Matemáticas, Lingua castelá e literatura e Lingua galega e literatura
3º ESO: Lingua castelá e literatura, Lingua galega e literatura.
4º ESO: Lingua castelá e literatura e Lingua galega e literatura
5
BACHARELATO
Ofertáronse as modalidades de Bacharelato: Ciencias, Humanidade e CC Sociais,
4 grupos cunha oferta ampla e flexíbel de optativas.
FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA
FP Básica:
FPB Infórmatica de oficina (1 grupo de 1º curso e horario de tarde).
Ciclo de Grao Medio:
· Vídeo, Disc-jockey y sonido (2 grupo, con 1º e 2º curso no réxime ordinario)
Ensinanza de Adultos: EBI, ESA, , Bacharelato , CM Video Disc-Jockey e Son
Oferta Modular.
Na educación de persoas adultas a oferta foi a seguinte:
- Ensinanzas Básicas Iniciais. Nivel I. (1 grupo)
- Ensinanzas Básicas iniciais. Nivel II.(1 grupo)
- Ensinanzas de educación secundaria (ESA), Módulo I , 1º cuadrimestre. (1 grupo)
- Ensinanzas de educación secundaria (ESA), Módulo II , 2º cuadrimestre. (1 grupo)
- Ensinanzas de educación secundaria (ESA), Módulo III , 1º cuadrimestre.(2 grupo)
- Ensinanzas de educación secundaria (ESA), Módulo IV, 2º cuadrimestre. (2 grupo)
- 1º Bacharelato de Ciencias (1 grupo) e Humanidades e CC Sociais (1 grupo).
- 2º Bacharelato de Ciencias (1 grupo) e Humanidades e CC Sociais (1 grupo).
- Formación Profesional específica:
Ciclo de Grao Medio:
• ZM Video Disc-Jockey e Son, Oferta Modular ,1 grupo con oferta dos seguintes
módulos: Preparación de sesións de vídeo disc-jockey, Control, edición e mestura de
son, Animación musical en vivo, Animación visual en vivo e Empresa e iniciativa
emprendedora.
2. ÁMBITOS DE ACTUACIÓN. OBXECTIVOS E MEDIDAS.
A actividade do centro ao longo do curso académico 2018-2019 centrouse nos
seguintes ámbitos: académico-docente, organizativo e de apertura á sociedade,
formulados nos obxectivos expostos no PXA.
6
Os resultados académicos obtidos polo noso alumnado nas avaliacións finais son en
principio moi satisfactorios (para máis detalle, véxase infra o punto 2.1.). Do mesmo
xeito, os resultados nas PAU foron tamén moi boas (94% de aprobados).
● Analizamos os resultados académicos acadados polo noso alumnado e adoptamos as
medidas que cremos redundaron na súa mellora.
o Á vista dos resultados académicos atinxidos no curso 2017-18, desenvolvemos a
análise pertinente nos órganos competentes do instituto, nomeadamente na Comisión
de Coordinación Pedagóxica e nos Departamentos Didácticos para adoptar as
medidas oportunas na procura da mellora deses resultados.
● Do mesmo xeito, a coordinación das dúas grandes áreas, posta en marcha no curso
anterior, permitiu avanzar de maneira significativa na racionalización dos contidos
pedagóxicos a impartir nas materias dos diferentes departamentos.
● Continuamos coa implantación e xeneralización do uso das T.I.C. (Tecnoloxías da
Información e da Comunicación) como recurso didáctico, para conseguir a súa
integración plena nas aulas e na práctica educativa ordinaria.
o Procuramos seguir avanzando coa dotación de medios audiovisuais nas aulas-materia
implantadas hai 5 cursos, co obxectivo de contribuír á modernización e á mellora e á
calidade do proceso educativo.
● Continuamos tamén co acondicionamento das aulas-materia, facendo novo mobiliario,
pintado e adecentado das mesmas segundo as necesidades manifestadas polos
departamentos correspondentes.
● Creáronse dúas novas aulas de cara ao desdobramento de grupos, aproveitando espazos
que anteriormente ocupaban departamentos didácticos.
● Seguimos a potenciar a Aula de Convivencia como sistema de xestión dos conflitos.
o A Aula de Convivencia converteuse nunha estratexia organizativa de xestión pacífica
dos conflitos. Baséase, nunha visión positiva da tensión conflitiva, entendéndoa
como unha oportunidade para a reflexión, para a integración democrática das normas
7
e para a mellora persoal e da institución escolar. O centro conta cun documento onde
se detallan as Normas de Convivencia, polas que se debe rexer todo o centro
educativo.
● Apoiamos e afortalamos as actividades culturais e extraescolares do instituto.
o Impulsáronse as actividades dos grupos de teatro, as saídas e os intercambios. A
Biblioteca do instituto continuou sendo un dos núcleos sobranceiros do centro que
xeran un alto volume de actividade formativa, cultural e de lecer para toda a
comunidade escolar. Do mesmo xeito, mantívose a actividade e dinamización dos
Clubs de Lectura cos que conta o centro como vehículo pedagóxico e cultural.
● Así mesmo, traballamos para consolidar o certame de Banda Deseñada AX1, que
celebrou neste curso a súa VII edición, no que participan a Biblioteca, o Equipo de
Normalización Lingüística, o Departamento de Debuxo, destinado a fomentar este
formato comunicativo na nosa lingua. A tal efecto, seguimos a colaborar coas autoridades
educativas en materia de política lingüística e así conseguir a súa extensión a toda a
comunidade educativa galega. Do mesmo xeito, e coa mesma colaboración, seguimos
impulsamos o certame de Prosa Subversiva Guillermo Domínguez, que tamén neste curso
celebrou a súa VII edición, coordinado polo Departamento de Filosofía, co obxectivo de
fomentar o espírito crítico e a normalización lingüística entre a xente máis nova.
● Biblioteca Antiga e Museo.
o Do mesmo xeito que se viña facendo anos atrás, continuouse cos traballos de
mantemento e fichado dos fundos do Museo do instituto. Mercé aos traballos
desenvolvidos, desenvolvéronse traballos de limpeza e ordenación do Almacén
do Museo.
2.1 . ACADÉMICO-DOCENTE. RESULTADOS ACADÉMICOS.
A normalidade académica presidiu o curso escolar. Cómpre sinalar o esforzo da
comunidade educativa, profesores/as, pais, nais e alumnos/as , un esforzo colectivo que
garantiu a educación e os demais servizos no centro sen que a calidade educativa sufrise
8
ningún tipo de mingua. A pesar deste curso non termos moitos alumnos e alumnas entre
os mellores expedientes de Selectividade, énchenos de orgullo e ratifica a corrección da
liña de traballo desenvolvida no centro o feito de que o 91,6% do alumnado que se
presentou ás probas de selectividade (86 alumnos e alumnas) aprobase nesta
convocatoria. Suspendeu só un alumno na quenda ordinaria e cinco na de adultos, dous
alumnos de fóra do centro.
En canto a estas ensinanzas de adultos, salientamos que esta modalidade educativa
ten unhas características específicas que responden a biografías educativas moi
particulares. Os profesionais que imparten clase nesta modalidade trata de obter para cada
alumno/a unha educación conforme ás súas aptitudes e ás necesidades na sociedade.
Como vén sendo habitual, este tipo de ensinanzas caracterizouse polo vaivén sucesivo ao
longo do curso, con continuas baixas e novas matrículas, o que de por si dificulta o labor
docente no proceso de ensino-aprendizaxe. No computo xeral de alumnado entre baixas
e novas matrículas no segundo cuadrimestre na ESA II e IV, o centro finalizou o curso
con 874 alumnas/os matriculados (316 alumnado da ESO, 198 de Bacharelato do Réxime
Ordinario, 138 da ESA, 102 de Bacharelato de Adultos, 13 EBIs, 98 en Ciclo(16 en FP-
Básica)).
Polo que se refire aos resultados académicos xerais do instituto, reproducimos a
seguir as gráficas que conteñen os datos máis importantes das avaliacións finais nas
diferentes modalidades e ensinanzas impartidas no centro. Este ano os mellores resultados
volven a darse no primeiro curso da ESO . Primeiro de bacharelato segue a ser o curso
que mais suspensos aporta aos nosos datos. É un curso no que pasamos dun ensino
obrigatorio a un post-obrigatorio e preuniversitario, no que os contidos das materias se
fan moito mais esixentes.
9
0
10
20
30
40
50
60
1
54
117 7
2º ESO
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
0
10
20
30
40
50
50
28
6 4
3º ESO
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
0
10
20
30
40
50
60
70
1
66
70 3
1º ESO
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
10
0
10
20
30
40
50
60
52
24
94
4º ESO
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
0
10
20
30
40
50
4440
6
12
1º BAC
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
0
20
40
60
80
71
10 7 7
2º BAC
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
11
0
5
10
15
20
25
30
11
15
2
29
1º BAC (A)
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
0
5
10
15
20
25
30
35
40 30
39
8
20
2º BAC (A)
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
12
0
10
20
30
40
5041
1013
0
VDJ(RO+OM)
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
0
2
4
6
8
10
12
12
4
0 0
FP-BÁSICA
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
13
0
2
4
6
8
10
12
14
13
EBI
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
0
10
20
30
40
50
50
16
0
ESA(II+IV)
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
14
Por outro lado, a Aula de Convivencia seguiu a cumprir neste curso co obxectivo
de converterse nunha alternativa ao enquistamento dos problemas de conduta do
alumnado que, nos casos extremos, desembocaban na expulsión do centro. Continuouse
a favorecer o proceso de reflexión das que chamamos derivacións á Aula de Convivencia
por parte de cada alumno ou alumna que se atendeu nela, acerca das circunstancias e
motivos que provocaron a súa presenza nela. O obxectivo prioritario foi que os alumnos
e alumnas cheguen a comprender o alcance para si mesmos/as e para os demais, das súas
condutas e, sobre todo, que aprenderan a facerse cargo das súas propias accións,
pensamentos, sentimentos e comunicación cos demais. Este proceso aumentou as
habilidades de pensamento reflexivo e de autocontrol, á vez que lles proporcionou un
espazo para a análise das súas propias experiencias e a busca dunha resolución efectiva
dos conflitos interpersoais. Véxanse os datos concretos aportados na memoria
correspondente polo coordinador da Aula de Convivencia.
0
50
100
150
200
250
300
350
400
450
500
481
217
5886
XERAL
aproban todo suspenden 1,2,3 suspenden 4,5 mais de 5
15
2.2 . XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ECONÓMICA. PERSOAL
NON DOCENTE.
XESTIÓN ADMINISTRATIVA
Este curso 2017/2018 desenvolveuse desde o punto de vista administrativo con
normalidade. De calquera xeito, o Xelmírez I é un centro cun número elevado de
alumnado e que ofrece unha variedade significativa de estudos con características
específicas moi diferenciadas, o que supón unha carga de traballo adicional. Hai que ter
en conta ademais que temos un arquivo histórico de expedientes que non están no Xade
e que levamos tamén todo o aparato administrativo oficial do Colexio Peleteiro.
A todo isto habería que engadir os problemas que ocasiona o mal funcionamento
do XADE nos momentos de máis traballo polo que debemos subliñar o esforzo do persoal
para poder cumprir os prazos marcados pola administración.
2.3 . XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ECONÓMICA. PERSOAL
NON DOCENTE.
XESTIÓN ADMINISTRATIVA
Este curso 2017/2018 desenvolveuse desde o punto de vista administrativo con
normalidade. De calquera xeito, o Xelmírez I é un centro cun número elevado de
alumnado e que ofrece unha variedade significativa de estudos con características
específicas moi diferenciadas, o que supón unha carga de traballo adicional. Hai que ter
en conta ademais que temos un arquivo histórico de expedientes que non están no Xade
e que levamos tamén todo o aparato administrativo oficial do Colexio Peleteiro.
A todo isto habería que engadir os problemas que ocasiona o mal funcionamento
do XADE nos momentos de máis traballo polo que debemos subliñar o esforzo do persoal
para poder cumprir os prazos marcados pola administración.
XESTIÓN ECONÓMICA
A Conta de Xestión do orzamento de 2018 foi presentada para a súa aprobación o
22 de xaneiro de 2019 ante a Comisión Económica e posteriormente ao Consello Escolar
nesa mesma data en horario de tarde que a aprobou por unanimidade. Os Presupostos para
o exercicio 2019 presentáronse ante o Consello Escolar o 26 de marzo que os aprobou
16
por unanimidade. Neste ano 2019 a dotación da Consellería de Educación é de 134.164,99
euros para gastos de funcionamento, incluíndo a partida específica para o FSE.
Ao longo do período académico 2018-19 fixéronse no centro obras de distinto tipo,
entre as que destacan:
-Instalación de cinco novos postos de ordenadores na Biblioteca e acondicionamento
do mobiliario correspondente. (TIC)
-Nova Aula de Informática (Ciclo de FP Básico de Ofimática): dotación de 25
ordenadores e arranxos varios relacionados. (TIC)
-Ampliación e mellora do sistema de alarma en zonas sensibles: Aulas de Ciclo
Video-Dj e Aula nova de Informática. (TIC)
-Inicio da organización de cableados das aulas.
-Dotación de focos led de baixo consumo na zona de despachos e sala de profesores,
oficinas, biblioteca, aula de mediación, no obxectivo de ir cumprimentando todas as
dependencias.
-Substitución de catro chaves xerais de paso de augas e arranxos derivados.
-Habilitación de dúas novas aulas de agrupamentos nos espazos de dous
departamentos:. dotacións de mobiliario e material audiovisual e informático.
-Pintado de prazas de aparcamento.
-Pintura en aulas: clásicas, francés e mediación.
-Carpintería (mobles a medida/outros): francés.
-Regulación dos vados na zona de aparcadoiro e acceso ás pistas deportivas.
Previstos para o verán:
-Substitución de chaves de paso nos radiadores do centro e dependencias de
administración.
-Melloras dos sistemas de autoprotección do centro.
-Cancela automatizada do aparcadoiro,
-Carpintería (mobles a medida/outros): matemáticas, biblioteca e mediación.
-Remodelación de Salón de Actos e Pavillón.
-Remodelación de aseos zona da administración.
-Forrado de mesas do Laboratorio de Física.
Non podemos esquecer a importancia que teñen para nós a grande cantidade de
actividades complementarias, que se levan a cabo pero que tamén supoñen un incremento
importante no montante final dos gastos. Afortunadamente o Colectivo Xelmírez,
17
asociación cultural vencellado ao centro, conta de novo coa colaboración inestimábel da
Secretaría Xeral de Política Lingüística (5.000 €) para poder levar a cabo as VII edicións
dos Certames de Banda Deseñada e Ensaio Subversivo.
Neste último tramo do curso 2018-19 estase a piques de convocar o concurso
público para o contrato da xestión do sistema de impresión e reprografía do centro no que
se aplicará o preceptivo sistema de baremación segundo a Lei de Contratación vixente.
PERSOAL NON DOCENTE
O centro ten dúas persoas asignadas para os labores administrativos, número que
resulta a todas luces insuficiente, o que se deixa notar especialmente en períodos de
concentración de procedementos. Pola súa banda, o traballo de conserxaría desenvolveuse
con total normalidade por parte dos catro conserxes do plantel. En canto ao persoal da
limpeza, deuse continuación ao dereito de prexubilación dunha das traballadoras, quen
está sendo cuberta ata outubro por unha substituta, que se adaptou con normalidade ao
posto laboral. Ase mesmo, estase a contar coa labor que desenvolve a coidadora dos dous
alumnos con necesidades especiais.
3. HORARIO DO CENTRO.
O Calendario do centro rexeuse segundo Orde do 28 de maio de 2018 pola que
se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con
fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Como vén sendo habitual, o centro elixiu como día non lectivo o 31de maio de
2019, venres da Ascensión.
As clases desenvolvéronse segundo o seguinte esquema:
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
HORARIO DE
MAÑÁ
08:45
14:25
08:45
14:25
08:45
14:25
08:45
14:25
08:45
14:25
HORARIO DE
TARDE/NOITE
16:20
22:30
16:20
22:30
16:20
22:30
16:20
22:30
16:20
21:40
18
Horario para as ensinanzas de Réxime Xeral.
Esquema de xornada continuada de 8:45 horas a 14:25 horas todos os días, cun
total de seis períodos lectivos de 50 minutos entre os que se intercalan 2 recreos. Nas
tardes do martes de 16:20 horas ás 18:00 horas hai dúas sesións lectivas para E.S.O.,
Bacharelato. Todas estas ensinanzas teñen 32 períodos lectivos.
Os módulos formativos de carácter xeral do primeiro curso do CM Video Disc-
Jockey e Son (R.O.) impartiranse todos os días pola mañá coincidindo co horario de
E.S.O. e Bacharelato e os luns ,martes, mércores e xoves de 16:20 a 18:50.
Horario para as ensinanzas de Adultos.
- O alumnado das Ensinanzas Básicas Iniciais, Nivel l tiveron aulas os luns ,
mércores xoves e venres de 17:00 a 20:00. ( sesións de 45 minutos).
- O alumnado das Ensinanzas Básicas Iniciais, Nivel II tiveron aulas os luns,
martes, e xoves de 17:00 a 20:00, e martes de 18:30 a 21:45 ( sesións de 45
minutos).
- O alumnado de E.S.A. tivo as súas clases en xornada de tarde de 17:00 horas a
21:45 horas, de luns a venres, cun período de lecer de 15 minutos (de 20:00 horas
ás 20:15 horas). Os períodos lectivos foron de 45 minutos.
- O alumnado de 1º e 2º de BAC tiveron aulas todos os días de 17:00 a 22:30 agás
os martes que empezaron ás 18:30h e os venres que remataban ás 21:45. ( sesións
de 45 minutos).
O CM Video Disc-Jockey e Son (O.M) tiveron aulas de 16:20 até as 22:30 os luns
e martes, os seuintes días remataron ás 21:40h . As sesións foron de 50 minutos. Teñen 2
recreos de 10 minutos, de 18:00 a 18:10 e de 20:40 a 20.50.
A FP Básica de infórmatica de oficina tivo horario de tarde distribuido en sesións
de 50 minutos do seguinte xeito:
Luns , mércores e xoves de 16:20 h a 22:30 h., martes de 16:20h até as 20:40 e
venres de 16:20h até as 21:40h.
A secretaría do centro, desde o 1 de setembro ao 30 de xuño ten horario de
atención ao público desde as 08:45 horas ás 14:15 horas e os martes de 16:20 a 19:30 h.
O horario de verán, despois da etapa de matrícula, será desde as 10:00 ás 13:00 horas.
19
4. PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLE-
MENTARIAS E EXTRAESCOLARES
A PXA do curso 2018-2019 recollía un número moi elevado e variado de
actividades complementarias e extraescolares A maioría delas realizáronse
satisfactoriamente tal como estaba previsto.
Intentouse que a maioría destas actividades se levasen a cabo no primeiro e
segundo trimestre para non entorpecer o final de curso. Aínda así, por diversos motivos,
algunhas delas tiveron que desenvolverse no terceiro trimestre.
RELACIÓN DE ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS.
1. AS VIAXES.
Relación de saídas feitas de máis dun día
- Intercambio con Noruega, para alumnado de 1º de bacharelato, 4 alumnos, 29 agosto-
26 setembro.
-Viaxe a Irlanda para o alumnado de 3º da ESO, 1-7 outubro
-Viaxe ao CERN de Xenebra para o alumnado de 2º de Bacharelato, 12-16 outubro
-Viaxe a neve (Andorra): organizado polo departamento de Educación Física para o
alumnado de 1º de Bacharelato, 33 alumnos e 3 profesores, 2-9 febreiro.
-Intercambio con Madrid para o alumnado de 1º da Eso: Instituto Ciudad de los Poetas,
25 alumnos/as, 2 profesores/as, Santiago 23-30 marzo, Madrid 4-11 abril.
-Intercambio con Salamanca para o alumnado de 2º da Eso: Instituto Lucía de
Medrano, 20 alumnos/as, 2 profesoras, Santiago 23-30 marzo, Salamanca 4-11 abril.
-Intercambio con Como (Italia) para o alumnado de 1º da Bac: Instituto San Carlo, 18
alumnos/as, 2 profesores/as, Santiago 24-31 marzo, Como 3-10 abril.
-Viaxe a Costa Rica dentro do proxecto Climántica, 6-19 abril.
20
-Intercambio de alumnos/as co Lycée Jean Perrin de Lyon, 3º e 4º de ESO. En Francia:
3-11 de abril En España: 9-16 de maio.
-Viaxe cultural de 4º da Eso a Viena, 52 alumos e 5 profesoras, 4-8 xuño
-Viaxe a París para alumnado de bacharelato de francés, 12 alumnas e 1 profesora: 21-
26 de xuño
-Todas as saídas relacionadas cos dous proxectos Erasmus do noso centro:
Proxecto O camiño Une: Toulouse (13-15 febreiro), Cebreiro (10-12 abril), Navarra (8-
10 maio).
Proxecto Cyberbulling: Rumanía (4-9 maio) 12 alumnos, 4 profesores
2- CONMEMORACIÓNS E FESTIVAIS
Coordenadas polo equipo da Biblioteca e a vicedirección.
CONMEMORACIÓNS ACTIVIDADES DATA
Día das Bibliotecas
Visitas ás Bibliotecas de
Santiago (Anxel Casal,
Fonseca, Historia)
17-22-24-25 e 31 de
outubro
Magosto Celebración do magosto, con
asado de castañas para toda a
comunidade educativa
16 de novembro
Mes da Ciencia Actividades diversas
organizadas pola Biblioteca
Novembro
Día en contra da violencia de
xénero
Recordatorio das vítimas,
presentacións
23 novembro
Festival de nadal O tradicional festival que se
celebra no Salón de actos.
Tema deste curso: o Bosque
21 decembro
21
Día Internacional de
Conmemoración en Memoria
das Vítimas do Holocausto
Actividades na aula, cine,
decoración do centro.
1-6 febreiro
Día da Paz Exposicións, decoración do
centro, proxeccións, charlas...
30 xaneiro
Conmemoración Día de
Rosalía
Saída a Alameda de Santiago 22 febreiro
Festival de Entroido
Actividades deportivas, xogos
populares, concurso de
disfraces, concurso
gastronómico...
1 de marzo
Día Internacional da Muller
Traballadora
Exposicións, decoración do
centro, proxeccións, charlas...
8 marzo e días
anteriores e
posteriores
Día do libro Valorar e coñecer obras
relevantes da literatura como
mostra destacada do
patrimonio cultural.
23 abril e días
anteriores
Día de Europa Actividades, concertos, lectura
de manifestos
9 de maio
Matinés théatrale Organizada polo departamento
de francés, cancións, bailes e
pequemas representacións
10 de maio
Letras Galegas Celebración dunhas xornadas
adicadas a conmemora o
aniversario
18 maio e días
anteriores
22
Festival de graduación do
alumnado de 2º de bacharelato
Discursos de despedida dos
alumnos, proxeccións,
actuacións musicais…
23 maio
Día de Camões e das
comunidades portuguesas
Actividade organizada polo
departamento de galego e
portugués
11 xuño
3.- ACTIVIDADES FEITAS POLOS DEPARTAMENTOS E POLA ANPA:
ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA
- XADREZ
- OBRADOIROS DE GUITARRA
COLABORACIÓN DA ANPA NAS ACTIVIDADES:
- FESTIVAIS:
- ENTROIDO (PREMIOS)
- GRADUACIÓN (CONVITE PAIS)
- MAGOSTO (CASTAÑAS E XOGOS POPULARES)
- FESTIVAL NADAL
- DEPORTES
- PISCINA
- CARREIRA PEDRESTRE
- XADREZ
- CINE: AXUDAS PARA SAÍDAS NUMAX
- TEATRO (APOIO Ó GRUPO VAI NO DENTISTA)
- MUSEO DE HISTORIA NATURAL
23
- SAÍDAS EXCURSIÓNS E INTERCAMBIOS
DEPARTAMENTO DE ALEMÁN
Coma todos os anos, a información sobre “A oportunidade de estudar alemán no Instituto
Arcebispo Xelmírez I” foi reelaborada e incluída nos sobres de matrícula para o ano
académico vindeiro do alumnado do primeiro curso da educación secundaria obrigatoria.
Charlas aos pais do alumnado do 6º curso da educación primaria: Como vén sucedendo
desde o curso académico 2003-2004, os profesores Laureano Araujo e Sagrario Torrado,
acompañados polo director, polo orientador e por colegas doutros departamentos de
linguas estranxeiras, desprazáronse o 5 e mais o 12 de febreiro aos colexios Raíña Fabiola
e López Ferreiro, respectivamente, para impartiren neles unha breve charla informativa
aos pais do alumnado do 6º curso da educación primaria sobre a posibilidade que van ter
os seus fillos de estudaren alemán no Instituto de Educación Secundaria Arcebispo
Xelmírez I. Aproveitouse a ocasión para repartir entre os interesados a folla informativa
“A oportunidade de estudar alemán no Instituto Arcebispo Xelmírez I” .
Viaxe de estudos a Baviera: O Departamento de Alemán empezou a organizar unha viaxe
de estudos do seu alumnado do 4º curso da ESO e do 1º curso do bacharelato a Baviera.
O obxectivo desta estadía académica ía centrarse na cidade de Múnic, a historia, a cultura,
a economía e o deporte. Malia que inicialmente parecía haber, como adoita suceder todos
os anos, un grande interese por esta actividade, cando chegou o momento de asumir o
compromiso de participación, o número de alumnos resultou insuficiente para organizar
unha estadía a un prezo asumíbel e houbo que cancelar a viaxe.
Preparación do Goethe-Zertifikat B1 do Goethe-Institut: Durante o curso, e mesmo xa
unha vez rematado o período lectivo e feitas as probas de acceso á universidade, o
alumnado interesado da materia de Alemán do segundo curso do bacharelato preparouse
para o exame Goethe-Zertifikat B1 do Goethe-Institut, que dá dereito á obtención do
correspondente diploma do nivel B1 do Marco común europeo de referencia. O exame
tivo lugar o 27 de xuño nas instalacións do colexio Peleteiro, en horario de mañá e tarde.
Presentáronse catro alumnos.
24
DEPARTAMENTO DE ARTES PLASTICAS
1º Trimestre
Para conmemorar o día contra a violencia de xénero o alumnado de EPV de 4º colaborou
co equipo da Biblioteca nunha instalación consistente nunha silueta e zapatos vermellos
ubicada na entrada do Centro.
Con motivo do "Mes da Ciencia", e en colaboración coa Biblioteca, faise unha exposición
de libros e obxectos na vitrina de entrada. Ademais o alumnado de 3º fai o cartel
anunciador, que posteriormente colgouse na web internacional "Educo2cean".
O alumnado de 1º de ESO fixo diferentes adornos con motivo do nadal.
2º Trimestre
Exposición na entrada do instituto de diversos exercícios sobre linguaxe iconográfica,
concretamente o deseño de sinais expresando o que lles gusta e o que non, feitos polo
alumnado de 1º de EPVA ao final do 1º trimestre.
Instalación, en colaboración coa Biblioteca, para conmemorar o día do Holocausto
consistente nunha exposición na vitrina da entrada, un concurso para o alumnado, e unha
tira recortada con figuras de persoas presas nos campos de concentración.
Exposición de estrelas na entrada do instituto, baseadas nos polígonos estrelados feitas
polo alumnado de 3º de ESO.
Actividades con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro: en
colaboración coa Biblioteca faise un Photocall que se ubica na entrada do Instituto e
tamén unha exposición na vitrina pequena. Ademais, e en colaboración co Departamento
de Lingua Galega, o alumnado de 1º de ESO efectúa debuxos alusivos a esa temática.
Participación no concurso proposto polo Concello de Fene sobre humor gráfico e tamén
nun concurso de carteis do Concello de Arteixo para anunciar as festas por parte do
alumnado de 1º Bacharelato de Adultos.
O Departamento preparou, en colaboración coa Biblioteca, dúas exposicións con motivo
do Día da Muller¨ e do ̈ Día da Poesía¨ (21 de abril). Ademais o alumnado de 4º de EPVA
confecciona diversos carteis alusivos a estes dous días que se expoñen nos corredores.
3º Trimestre
Conmemoramos o ¨Día do Libro" en colaboración coa Biblioteca. Lévanse a cabo varias
actividades: unha exposición na vitrina pequena, un cartel alusivo que se ubica na
Biblioteca, e un concurso de Fotografía.
Tamén conmemoramos o "Día da Biodiversidade" cunha exposición de traballos de
alumnado de 1º ESO aplicando a teoría da cor.
25
DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
E.S.O.
- Visita ao MHN da USC (1º de E.S.O.) - Percorrido polo río Sarela (3º e 4º ESO bilingüe) - Sementeira, poda e estudio das plantas dos xardín do Instituto (1º E.S.O.) - Visita aos museos didácticos de A Coruña e ao Parque de enerxias renovables de
Sotavento, en colaboración co Departamento de Física-Química (4º E.S.O.)
BACHARELATO
- Itinerario xeolóxico urbano por Santiago (1º Bach) - Proxecto Ríos polo Río Sarela (2º de Bach) - Visita ao Museo do Instituto (1º Bach) - Asistencia ao evento internacional de Climántica,celebrado en Costa Rica, onde
os alumnos participaron nunha serie de Talleres sobre Cambio climático con outros
alumnos de Portugal e México, ademáis de visitar algún dos principais Parques
Nacionais do país.
- Xornadas europeas de divulgación da investigación en células nai na Facultade de meiciña da USC (1º Bach)
- Proxecto de investigación sobre busqueda de antibióticos novos, coordinado polo Departamento de Microbioloxía da USC (1º Bach)
DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN IMAXE E SON
Visita á todas as feiras, acontecementos e actividades vinculadas co sector do son e da
videoanimación que sexa posíbel en Santiago e a súa bisbarra.
Sonorización dos eventos que se desenvolvan no instituto. Entre eles, festival de Nadal,
Fin de Curso, festival de teatro en francés, etc...
DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA
▪ ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DE 1º DE BAC.
▪ Para os alumnos de 1º de economía:
▪ 1) visita o Mercado de Abastos de Santiago
▪ 2) visita o Concello de Santiago de Compostela
▪ 3) visita o Parlamento de Galicia.
▪ 4) visita o Castelo da Rocha (Santiago)
26
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
Organización de Competicións Deportivas durante os Recreos de fútbol,
baloncesto, voley,... etc, para todos/as os/as alumnos/as do centro que desexen
participar nelas.
Práctica da Natación na piscina da Universidade de Santiago de Compostela con
todo o alumnado do centro que desexe acudir durante dúas ou tres sesións no
segundo ou tercer trimestre.
Celebración por parte do alumnado do Día da Saúde, facendo actividades
deportivas como alternativa para ocupar o tempo de lecer de maneira saudable na
clase ese día.
En colaboración do Club de Hockey Obradoiro de Santiago, impartiranse no
segundo trimestre, a todos os cursos, dúas sesións de clase sobre Patinaxe e
Hockey Patíns.
Colaboración co Departamento que o necesite para manter proxectos que se
desenrolaban outros anos co noso Departamento.
Realización de Carreiras de Orientación pola Alameda e o Campus
Universitario no terceiro trimestre, para alumnado, en principio, de 4º E.S.O. e de
1º de Bacharelado, e con posibilidade de incluir máis cursos.
Excursión á neve para a práctica do Esquí co alumnado de 1º de Bacharelato.
Charla ó alumnado do centro por parte dun Árbitro da liga ACB de Baloncesto
en activo.
Exposición e realización dos Primeiros Auxilios.
Exhibición, explicación e práctica de Esgrima Antiga (Espada Longa) por parte
da Asociación de Artes Marciais Históricas Europeas de Compostela.
DEPARTAMENTO DE FILOSOFIA
-Talleres de Escritura Creativa: 6 horas (3 horas por grupo)
- Alumnado de 4º ESO de Filosofía: tema ESTÉTICA
- Profesora: Alicia López Gallego
-VI Certame de Ensaio Subversivo “Guillermo Domínguez”: concurso intercentros
aberto a toda a comunidade autónoma para o alumnado de Bacharelato, xestionado desde
27
o centro e coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Convocarase no
segundo trimestre do curso.
-Xornadas conmemorativas do Holocausto: proxección de películas e posterior debate
sobre o tema, coincidindo coa data da súa celebración (fins de xaneiro).
-Charlas e mesas redondas: a cargo de intelectuais e personas vinculadas á vida cultural,
en relación con temas de actualidade que xurdiran.
-Visitas guiadas: en colaboración co Departamento de Historia, de cara ao coñecemento
do patrimonio artístico da cidade.
DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA
No cadro seguinte resúmense as actividades complementarias e extraescolares que
realizou ou
participou o Departamento durante o curso 2018-2019.
Curso Actividade
2o ESO Visita ao MUNCYT (A Coruña)
3o ESO Visita ao MUNCYT e ao DOMUS (A Coruña)
4o ESO Visita á Casa das Ciencias (A Coruña)
2o Bacharelato Visita ao CERN (Xinebra)
Participación na actividade “Masterclass de Física de partículas”
(Facultade de Física, Santiago de Compostela)
Ademais tamén se participou nas seguintes actividades de centro:
olaboración co equipo da biblioteca, participación nas actividades de “A Maxia
da Química”.
– Física e Química da vida cotiá.
– Apadriña un instrumento.
28
DEPARTAMENTO DE FORMACIÓN DE ORIENTACIÓN LABORAL
PRIMEIROS AUXILIOS
Dirixido aos dous cursos de 1º e 2º de CM VÍDEO DISC-JOCKEY E SON (Ordinario e
Modular).
Dentro do módulo de FOL hai unha unidade didáctica de primeiros auxilios, sería
interesante contar cunha persoa especialista, persoal sanitario, cruz vermella, protección
civil... que viñese con material e impartise unha clase práctica ao alumnado.
Habitualmente para este tipo de actividades non é necesario orzamento xa que
organizacións, como as antes citadas, veñen gratuitamente.
DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
➢ Teatro en Francés LA BOHÈME THÉÂTRE «Vis la vie en rose»” et « La
Belle et la Bête» (Teatro Principal 29/2/2018) . Alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de
Bacharelato
➢ Intercambio escolar co Lyçée Jean Perrin de Lyon.
➢ Rencontre “Matinée Théâtrale”, 10 maio, na que participarán todos os grupos.
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA
Moitas das actividades realizáronse en colaboración coa Biblioteca do centro. Para as
actividades de Portugués 2ª Lingua Estranxeira colaborouse co Departamento de
Educación Plástica e Visual (Sección Bilingüe de 3º ESO).
ALUMNADO DE ESO E 1º BAC
- Participación no vídeo realizado por Guadi Galego no noso centro para conmemorar o
Día Internacional da Lingua Inicial e o Día da Muller.
COEDUCACIÓN e IGUALDADE DE XÉNERO
- 25 N (acto celebrado polo concello na Praza do Obradoiro) - 8 MARZO. Photo-call
“Soñámonos libres” co alumnado de 1º BAC. - Abril. Charlas en 4º ESO promocionando
a materia de 1º BAC. - Taller de educación afectivo-sexual (2 sesións cada grupo).
Impartido polo gabinete de Martina González Veiga “Con mucho gusto”
29
1º ESO - Participación no acto celebrado polo concello na Praza do Obradoiro con motivo
do 25 N - Conmemoración do Día do Holocausto. - Actividade na Alameda no Día de
Rosalía . Mani- FESTA-acción - Lectura de Textos de Xabier P. Docampo na Biblioteca
Anxel Casal. - Charla de Antonio Reigosa sobre o libro Resalgario - Agasallo de
Marcapáxinas Os camiños da memoria tras a exposición oral de segunda avaliación sobre
As mulleres da miña vida
AGRUPAMENTO 1º ESO - Na 2ª avaliación, como conmemoración do Día de Rosalía:
lectura de poemas escollidos e traballados na aula, declamados en diferentes instalacións
do centro (aulas, sala de profesores) e participación no concurso de chapas sobre a lingua
materna. Na 3ª avaliación, un traballo sobre as “Mulleres da familia” e unha pequena
exposición nos corredores do centro sobre a Conmemoración do Holocausto.
AGRUPAMENTO 2º ESO - Participación no concurso de chapas sobre a lingua materna,
na 2ª avaliación.
2º ESO - Conmemoración do Día das Bibliotecas (24 de outubro). A biblioteca do noso
centro realizou unha exposición con imaxes das bibliotecas máis bonitas do mundo. O
material foi recompilado polo alumnado de 1º e 2º de ESO. - Participación no concurso
Concurso de Mulleres Científicas: E ti, quen vés sendo?, convocado pola Biblioteca no
mes de novembro. - Participación na actividade Compostela en Negro, realizada polo
Concello con motivo do 25 de novembro. Unha alumna deu lectura ao manifesto do noso
centro. - Elaboración de chíos contra a violencia de xénero nas aulas de 2º ESO que foron
enviados posteriormente ao concurso convocado polo Concello de Lalín. - Participación
no concurso de Novos Talentos de Coca Cola, no que unha alumna de 2º ESO acadou un
3º premio autonómico.
3º ESO - Realización da Manifest-Acción no Día de Rosalía. Así, ao longo da 2ª
avaliación traballamos arredor do Día de Rosalía e o alumnado acudiu a unha Mani-Fest-
Acción levada a cabo no percorrido entre o instituto e a estatua da escritora situada na
Alameda da cidade. Alumnado destes grupos de 3º encargouse da condución do acto así
como da lectura de poemas en diferentes linguas. Alumnado de diferentes cursos leu
“Adiós ríos, adiós fontes” en galego, ruso, árabe, éuscaro, alemán, italiano, xaponés,
catalán, portugués, francés e inglés.
- Con motivo do Día da Lingua Materna, participaron nun concurso de chapas organizado
por iniciativa da Biblioteca e do Equipo de Normalización Lingüística do centro.
- Con motivo do 8 de marzo, e ao tempo traballando sobre os xéneros xornalísticos, o
alumnado realizou unha crónica arredor das mulleres da súa familia.
- Visita á exposición “Alba de Gloria”, no Museo do Pobo Galego.
- Seguindo co traballo arredor dos xéneros xornalísticos, na terceira avaliación
desenvolveron, como tarefa específica do trimestre, unha entrevista escrita. Tratouse de
que atendesen, desta maneira, a expresión oral, a expresión escrita e as súas capacidades
relacionais.
30
4º ESO - Visita ao Pazo de Fonseca e á Facultade de Xeografía e Historia - 25 N.
Actividade na Alameda (reparto de folletos contando a historia de Maruxa e Coralia
Fandiño Ricart) encadrada dentro do proxecto Erasmus + “TRIC: bullying and
cyberbullying”. - Taller de fotografía realizado con Gabriel Tizón arredor da súa
exposición instalada en Fonseca (PERSOAS) - Participación no concurso de pegatinas o
21 de febrero (Día da Lingua Inicial) - Encontro literario con María Solar
1º BAC - Conferencia do sociólogo Max Zins, profesor da Universidade de La Sorbonne
para celebrar o Día Internacional da Lingua Materna en colaboración coa Biblioteca do
centro (21 de febreiro). - Asistencia do alumnado de 1º bacharelato ao relatorio “A ciencia
das letras”, impartido polo profesor Jorge Mira, Catedrático de Electromagnetismo na
facultade de Física, para conmemorar o Día da Lingua Inicial. A presentación do relator
foi realizada por un alumno e na aula traballáronse previamente cuestións relacionadas
co tema da charla. - Encontro coa escritora Xulia Alonso en relación co seu libro Futuro
imperfecto, proposto como lectura para o 2º trimestre (25 de febreiro). Roteiro medieval,
impartido por Isabel Morán e José Antonio Souto Cabo, docentes da USC - En
colaboración coa profesora responsable de Intercambios e Programas Europeos, algúns
rapaces e rapazas de 1º de bacharelato realizaron distintas actividades para dar a coñecer
ao alumnado de Como (Italia) a obra de Rosalía de Castro. Ademais, visitaron a casa de
Matanza e leron un poema diante da súa tumba no cemiterio da Adina. (27 de marzo). -
Asistencia á representación teatral do Centro Dramático Galego da obra Neorretranca e
Posmorriña (24 de abril).
2º BACH
- Paseo literario por Rianxo: percorrido pola vila poñendo especial atención a lugares
significativos relacionados cos autores Castelao, R. Dieste e Manuel Antonio, estudados
no curso. O obxectivo fundamental era a visita á Casa Museo deste autor.
Todas estas actividades, ademais de estaren relacionadas co contido do currículo de
Bacharelato, e por iso mesmo considerarse moi interesantes para a formación do
alumnado, sempre serven tamén para fomentar a relación entre os propios alumnos e o
profesorado fóra das aulas. Por outro lado, desenvolvéronse sen ningún problema. O
alumnado foi moi receptivo ás propostas, manifestou explicitamente que foron do seu
agrado e todos pasamos un tempo en harmonía. Hai que destacar que, por razóns obvias,
as actividades complementarias están moi restrinxidas para 2º Bach.
PORTUGUÉS 2ª LINGUA ESTRANXEIRA.
- Celebración do Samaín. - Viaxe de estudos dun día de duración á cidade portuguesa de
Braga. - Conmemoración do 25 de novembro: asistencia ao acto organizado polo
Concello de Santiago na Praza do Obradoiro. - Conmemoración do Día Internacional da
Paz e a Non-Violencia. - Conmemoración do Día do Holocausto.
- Participación no programa de radio escolar Ponte...nas Ondas na celebración do Día
Mundial da Radio.
31
- Conmemoración do día 25 de abril.
- Conmemoración do Dia de Camões.
- Conmemoración do Dia da Língua Portuguesa e a Cultura.
DEPARTAMENTO DE INGLÉS
- O Centro participou neste curso en dous Programas Erasmus + (+ Camino UnE e TRIC
- Bullying e Cyberbullying). O vindeiro curso continuará con esta participación. Isto
supuxo que o alumnado adicase gran parte do tempo nestas actividades específicas.
- O alumnado de 1º de Bacharelato participou en dous intercambios, un cun centro de
Oslo (Noruega) eoutro cun centro de Como (Italia). - 30 de Setembro – 07 de Outubro
de 2018: -VIAXE EDUCATIVA E CULTURAL A GALWAY (Irlanda) (3º ESO).
Viaxe educativa e cultural para o fomento da aprendizaxe de lingua inglesa, coñecemento
da vida cultural e familiar e do entorno natural. Estadía en famílias e asistencia a clases
de inglés.
- 17,19 e 20 de Decembro de 2018: ASISTENCIA AO CINE NUMAX: “Bohemian
Rhapsody” (alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato). Película en versión orixinal
subtitulada que trataba temas de interese para os noso alumnado. O visionado da película
permitíunos traballar o cine dentro da aula e desenvolver actividades diversas,
especialmente enfocadas á destreza oral. - O día 17 de Decembro de 2018 tivo lugar unha
actividade de contacontos, en inglés e galego, que foi dirixida ao alumnado de 1º, 2º e 3º
da ESO.
- 14 de Xaneiro de 2018: Charla temática dentro do Programa “ A Ponte”. Tiña como
título “A journey through the history of the vocabulary of English”. “Unha viaxe no
tempo: O vocabulario do inglés a través da historia” ( alumnado de 1º de Bacharelato).
Todas estas actividades repercutiron dun xeito moi positivo no alumnado.
DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
Conmemoración del día del libro con diversas actividades, como la de Lectura
Solidaria, Concurso de Microrrelatos...
Club de lectura de alumnos.
32
DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
Xincana matemática en 3º ESO
Actividade de Astronomía no Club de Ciencia
DEPARTAMENTO DE MÚSICA
- Saídas didácticas aos Concertos do Auditorio de Galicia.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ACTIVIDADE RESPONSABLE DESTINATARIO
S
TEMPORALIZACIÓ
N
Programa
“Xóvenes Seguros
na Rede”
Asoioparticipa.or
g
4º ESO Outubro
Proxecto: ”Corta
coas
desigualdades”
Atelier Social-
Concello de
Santiago
2º ESO Outubro, novembro,
decembro
Charlas “Hábitos
saudables na
adolescencia”
Colexio Oficial
de Farmacéuticos
de A Coruña
1º , 2º , 3º e 4º
ESO
Novembro
Novas
Tecnoloxías
Plan Director
para a
convivencia e a
mellora da
seguridade nos
centros
educativos.
1º ESO Novembro
Obradoiro de
drogodependencias
UMAD-Concello
de Santiago.
4º ESO Novembro
Charla “ Drogas e
alcol” Plan Director
para a
convivencia e a
mellora da
seguridade nos
centros
educativos
3º ESO Novembro
33
Programa “
Mellora da
información sobre
o VIH”
UMAD- Concello
de Santiago
4º ESO Novembro
Obradoiro en
drogodependencia
s
UMAD- Concello
de Santiago
FP básica Decembro
Programa “
Educación
afectivo-sexula”
Centro Quérote + 3º ESO Decembro
Charla “Violencia
de xénero” Plan Director
para a
convivencia e a
mellora da
seguridade nos
centros
educativos
2º ESO Xaneiro
Proxecto EmocionadXs ICE-USC 1º ESO Xaneiro, febreiro,
marzo
Charlas temáticas
programa A Ponte
– USC
Programa A
Ponte – USC
1º bacharelato Xaneiro
Charla “Acoso
escolar”
Plan Director
para a
convivencia e a
mellora da
seguridade nos
centros
educativos.
2º ESO Xaneiro
Encontros na USC
2018
USC 1º Bacharelato Xaneiro
Xornadas de
Orientación
D. Orientación Ciclos, 4º ESO, 2º
Bacharelato
Xaneiro
Charla “Estudos
superiores de
enxeñería”
Programa
Enxeñeiro INSA
de Lyon (Francia)
2º Bacharelato
Ciencias
Xaneiro
34
internacional
EURINSA
Teatro foro:
Violencia de
xénero
ARELAR/
Concello de
Santiago
2º ESO Xaneiro, febreiro,
marzo
Teatro foro:
Ciberbulliyng
ARELAR/
Concello de
Santiago
3º ESO Marzo, abril, maio
Campaña de
sensibilización
ambiental:
Recollida de
aceite vexetal
usado
Compostela
inserta
2º ESO marzo
POAP D. Orientación 4º ESO Marzo, abril
Charlas ABAU D. Orientación 1º e 2º
Bacharelato
Febreiro, maio
Obradoiro
“Coñecéndonos”
Centro Quérote + 3º ESO Febreiro, marzo, abril
Charla de
concienciación:
Día Mundial sen
Tabaco”
Asociación
española contra o
cáncer
FP básica Xuño
Charla “FP dual” Dirección Xeral
de Educación,
Formación
Profesional e I.E.
Profesorado do
IES
Xuño
DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN
O alumnado de relixión ademais realizou durante o curso as seguintes actividades
complementarias:
- Durante o mes de Setembro o alumnado de relixión ademais de coñecer a
programación e a organización das clases e comezar xa co primeira unidade didáctica,
realizou diferentes actividades relacionadas co coidado da natureza, a nosa casa, e os
35
problemas que está a xenerar o noso estilo de vida consumista na contaminación, cambio
climático, extinción de especies, desertización....
-----visionado de diferentes vídeos sobre o tema como o de Patricia Gualinga en
diálogos Enlázate por la Justicia
-----Análise de noticias actuais de diferentes países
-----Reflexión e debate - Durante o mes de Outubro o alumnado de Bacharelato
tivo a oportunidade de coñecer a realidade de Honduras da man de Flor, unha rapaza
hondureña estudante de relacións internacionais que estaba facendo prácticas en Manos
Unidas. Flor explicoulle o noso alumnado que ela vive en san Pedro de Sula, cidade onde
prolifera a violencia e as maras.
Con respecto a situación do pais salientou: un 68% vive na extrema pobreza, so un 60%
de nenos/as van a escola, as familias teñen entre 5 e 6 fillos pois non teñen aceso a
educación sexual e hai un gran número de embarazos de adolescentes dende os 13 anos,
o salario medio é de 230 euros, existe moito narcotráfico e unha gran inseguridade. O
alumnado da ESO traballou con diferentes materias de ONGDs , os dereitos humanos e
os ODS, obxectivos de desenvolvemento sostible.
- No mes de Novembro o alumnado de relixión traballou a Convención dos Dereitos
do Neno con diferentes actividades de análise da realidade e reflexión, utilizando
materiais de UNICEF.
O alumnado de 4º da ESO realizou unha viaxe a Braga xunto o alumnado de portugués,
visitamos entre outros lugares de interés o santuario do Bom Jesús.
- No mes de Decembro, elaboraron postais de Nadal que foron expostas no pasillo
do centro e os días 17, 19, 20 e 21 fixeronse saídas o Seminario Mayor San Martín Pinario
para que todos os cursos visitaran a exposición Beléns do Mundo, o alumnado tivo a
oportunidade de coñecer unha colección de mais de 300 beléns, dos cales 125 son
miniaturas.
- No mes de Xaneiro o alumnado realizou diferentes actividades con motivo da
celebración do Día escolar pola Paz e a non Violencia. Este curso traballamos nos
primeiro ciclo da ESO co material da campaña Noviolencia2019 que ten como obxectivo
promover unha cultura da paz e a non violencia. O material de dita campaña xiraba en
torno o comic “El viaje de Amanda”.
36
No resto dos cursos da ESO representamos situacións de violencia é buscamos solución
mediante reflexión é debate. Todo o alumnado colaborou na elaboración dun mural
“Xuntas e xuntos construímos paz”, o alumnado debuxou nun folio a sua man e nela
escribiu o que facer para ser constructores de paz. O alumnado de bacharelato ademais
traballou nun mural para o día de recordo do Holocausto, “Non é cousa do pasado”, nel
facíase un paralelismo con imáxenes do holocausto nazi e a situación que están a vivir
millóns de persoas refuxiadas hoxe en día.
- No mes de Febreiro o alumnado de relixión traballou o tema de menores soldado con
pequenos videos, noticias, reflexións e postas en comun axeitadas a cada curso.
- No mes de Marzo o alumnado reflexionou sobre a igualdade do home e a muller con
diferentes dinámicas e actividades, entre outras visionado de diferentes videos sobre o
tema de diferentes ONGDs, cabe destacar Mujeres que construyen futuro y La luz de las
niñas de Entreculturas.
- No mes de Abril o alumnado de relixión realizou diferentes actividades relacionadas ca
CME (Campaña mundial pola educación) e ca SAME (Semana mundial de acción pola
educación) O lema de este curso foi Xuntos e xuntas construímos paz, centrándose na
importancia do dereito a educación para todos os nenos e nenas do mundo e o
desenvolvemento e a paz dos pobos, traballamos cos materiais da Campaña Mundial pola
Educación na que participan varias ONGs, entre elas a ONG Entreculturas que nos
proporcionou información e material para traballar o tema. Neste mes tamén traballamos
nos diferentes cursos e con materiais axeitados os diferentes niveis, o día en contra da
esclavitude infantil, 16 de abril. O
alumnado de 3º e 4º da ESO e o grupo solidario do instituto participou tamén nunha
actividade do programa do concello Compostela + Solidaria o xoves 4 de abril. A
proposta de actividade estivo organizada por Manos Unidas ca dirección do artista Siro
López e consistiu na realización dunha performance sobre “Violencias silenciadas” na
Plaza da Quintana. Participaron en esta actividade uns cen rapaces e rapazas de varios
centros de secundaria, penso que foi unha boa ocasión de darlle voz e facer visibles todas
aquelas situacións de violencia que están a sufrir milleiros de persoas no noso mundo e
o noso alumnado, coa súa participación na actividade, sexa un pouco mais consciente de
esta problemática e reflexione sobre o que pode poñer da sua parte.
37
- O 21 de Maio, o alumnado de 1º da ESO participou no acto central da SAME no que
leron o manifesto, elaborado previamente na aula, pedindo os representantes políticos que
cumpran as promesas de garantir unha educación de calidade, gratuíta, equitativa e
inclusiva para todos e todas e de poñer todos os seus esforzos de coidar o medio ambiente.
O lema da SAME este curso foi “Defendemos a educación sostemos o mundo”. Esta
actividade desenvolveuse no Parlamento de Galicia.
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
o 1º E.S.O.
Castro de Vilalonga .
Intercambio con Madrid.
o 2º E.S.O.
La Cerca de Santiago.
Castelo da Rocha
o 3º E.S.O.
Percorrido por Santiago
Visitas ao Parlamento
Percorrido polo polígono industrial
o 4º E.S.O.
Rueiro de Santiago/ Compostela.
4- OUTRAS ACTIVIDADES DE CARÁCTER CONTINUADO AO LONGO DO
CURSO
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA ESCOLAR
No primeiro trimestre o Equipo de Biblioteca presentou ao alumnado novo as
súas instalación, fondo e normas.
No primeiro trimestre, en colaboración co ENDL, impulsou a divulgación
científica coa celebración de talleres, gynkanas científicas , concursos e charlas baixo o
título “Mes da Ciencia” .
38
- En colaboración coa ANPA , actividade dos MÉRCORES DE XADREZ.
Ademais de organizar nos recreos dos mércores partidas simultáneas, seguimos cos
CAMPIONATOS DE XADREZ .
-Organización de actividades para conmemorar efemérides: :
* Día da Biblioteca (24 de outubro): itinerario de bibliotecas pola cidade co
alumnado de 2º ESO.
* Samaín: actividade cinemaliteraria co alumnando de 1º ESO.
* Día Internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro): Participación
na campaña Compostela en negro, promovida polo concello, charlas sobre
micromachismos, Folleos para dar a coñecer a vida das irmáns Fandiño Ricart.
* Día Escolar para Paz e a Non Violencia: actividades diversas.
* Día da Memoria do Holocauso e de Prevención dos crimes contra a
humanidade: Exposición de fotografías na biblioteca , charlas e obradoiros.
* Dia da lingua Inicial ( 21 de febreiro): Concurso de chapas, charlas na
biblioteca, actuacións teatrais...
* Día de Rosalía (24 de febreiro): elaboración de pancartas e saída a estatua de
Rosalía na Alameda para recitar poemas, con outros institutos de Santiago
* Día Internacional da Muller (8 de marzo): photocall de mulleres relevantes no
feminismo e concerto de Guadi Galego.
* Día do Libro e os dereitos de autor (23 de abril): exposición e recomendacións
de libros
* Mes das Letras galegas (maio):, exposición sobre a vida de Anton Fraguas, ..
- Continuaremos cos tres clubs de lectura: dos para o alumnado (e pais/nais) –
Xelmilectorxs, e Poza de libros-Bar de lecturas- e o de adultos –Palabras
compartidas-.
39
ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
As actividades que o Equipo de Dinamización Lingüística realizou no ano académico
2018-2019 foron as seguintes:
Participación na dotación de materiais bibliográficos e videográficos en galego.
1) Continuación do grupo de teatro.
2.1) Participación no Certame de teatro Intercentros de Santiago e comarca con dúas
obras.
2.2) Participación nos Premios Buero de Teatro Joven.
2.3) Participación no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da
Coruña na súa XXII edición.
2) Conmemoración do día da eliminación da violencia contra a muller.
3) Divulgación de información sobre cuestións sociolingüísticas e documentación.
4) Continuación do Taboleiro da lingua.
5) Actualización da páxina Web do centro.
6) Redacción e maquetación de axendas escolares para a comunidade educativa.
7) Conmemoración do día do Holocausto.
8) Redacción e publicación na web do centro do novo PLC.
9) OPS: obradoiro de portugués para activar nos alumnos e alumnas os
coñecementos que xa posúen sen o saber a través do galego.
10) Colaboración no festival de Nadal do alumnado de réxime ordinario.
11) Actividade de microteatro no marco da celebración do día da lingua nai.
12) Colaboración coas actividades do equipo da biblioteca do centro.
10.1) Concurso de chapas e lemas, dentro das actividades programadas polo equipo da
biblioteca para a celebración do día da lingua inicial.
10.2) Celebración do día de Rosalía.
10.3) Celebración da semana das Letras Galegas.
13) Participación no Correlingua 2019.
14) Organización do VII certame de banda deseñada AX1 e de ensaio subversivo
40
Guillermo Domínguez.
15) Organización do Tandem de Activación Lingüística.
Antes de comezar coa descrición detallada das actividades compre salientar que a
redución das subvencións que continua no presente curso empobrece as actividades do
Equipo de Dinamización e sementa na comunidade escolar e no seu contorno de
influencia o prexuízo de que estas iniciativas son secundarias, pouco transcendentes,
adxectivas. Asemade promóvese a idea de que a normalización da lingua galega deixa de
ser obxectivo prioritario. Por iso agradeceriamos desde o IES Arcebispo Xelmírez I un
cambio de rumbo no vindeiro curso.
3.- Descrición detallada da actividade e orzamento estimado.
A seguir detallamos os pormenores de cada actividade.
1. Participación na dotación de materiais bibliográficos e videográficos en galego.
1.1 Tal e como aconteceu xa en cursos anteriores, o Equipo de Dinamización
Lingüística participou na dotación de materiais bibliográficos e videográficos en galego
con valor didáctico, demandados pola comunidade educativa. Por isto procuramos
informarnos e informar das novidades editoriais que saíron ao mercado e poñendo en
coñecemento da comunidade educativa todas as adquisicións que se realizaron. Neste
punto foinos de gran axuda a relación de cooperación e amizade que mantivemos durante
este curso co creador do blog sobre crítica literaria Armando Requeixo
(http://armandorequeixo.blogaliza.org/ ), que nos tivo ao tanto de todo canto en lingua
galega se publicou no país. Por exemplo, o EDL adquiriu para a biblioteca do centro dous
exemplares asinados polo autor da obra Os pioneiros da banda deseñada galega 1971-
1979, de Xulio Carballo Dopico, profesor de Ensinanza Secundaria de lingua e literatura
galega, membro do Grupo de Investigación Transmedial da USC e da Asociación
española de críticos e divulgadores de cómic (ACDCómic). Ou a obra Momentos
estelares da humanidade, traducida ao galego por Laureano X. Araujo Cardalda.
1.2. Estableceuse unha colaboración activa coa biblioteca e os clubs de lectura,
tanto co club de lectura de alumnos/as como co club de lectura de pais e nais, a fin de
introducir obras de lectura en galego, ben orixinais de autores galegos, ben
traducións.Tamén traballamos conxuntamente coa biblioteca na celebración do día de
http://armandorequeixo.blogaliza.org/
41
Rosalía, o pasado 24 de febreiro.
Así, incentivamos a lectura, favorecemos a mellora das habilidades lectoras na nosa
lingua e poñémola en valor como lingua de cultura. Esta actividade afecta a totalidade do
alumnado do centro, e tamén a aquelas familias vencelladas ao club de lectura da
biblioteca do centro.
2. Continuación do grupo de teatro “Vai no Dentista”.
Como nos anos anteriores o traballo do grupo de teatro merece unha mención especial.
Vai no Dentista estreou dúas obras novas, pero traballou e escenificou moitas outras.
Vexámolas:
2.1. Participación no Certame de Teatro Intercentros de Santiago e comarca. Durante
este curso o EDL do IES Arcebispo Xelmírez I, organizou e programou o Certame de
Teatro Intercentros. Hai xa catro anos empezamos unha nova andadura do teatro escolar
en galego en Santiago, ao modificar o formato do certame. O cambio consistiu en eliminar
o matiz competitivo e converter o certame nun encontro de grupos de teatro escolares, co
obxectivo de aprender uns dos outros, e coa mirada posta no escenario do Teatro Principal
de Santiago de Compostela, unha plataforma incomparable para dar visibilidade ao teatro
en galego e para reunir a toda a comunidade educativa: familias, profesorado,
compañeiros e compañeiros dos participantes no grupo e institucións. Este foi un ano de
altísima participación: cerca de 300 escolares pasaron polo escenario do Teatro Principal
de Santiago, e triplicamos o número de obras en galego que se apuntaron no certame, con
respecto a hai 4 anos. Esta edición, por outra banda, abriu a participación a grupos de
teatro de fóra da comarca de Santiago, e puidemos ver obras de Boiro, a Estrada, Rois,
Dodro ou incluso Lugo.
Celebramos pois o festival Intercentros os días 29 e 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio para os
grupos de secundaria...Toda unha semana, con obras pola mañá e pola tarde. Logo, os
días 21 e 22 de maio para os de primaria. Debemos engadir que este curso tivemos récord
de participación, posto que contamos coa presenza de dous novos centros, o CEIP Raíña
Fabiola, en EP, e o IES Praia de Barraña e o IES Antón Losada Diéguez en secundaria,
ou a participación, como grupo convidado dos Palimoquiños, de Lugo, que preestrearon
a súa obra Os Miserables no certame.
Na categoría de primaria participaron, xaquelogo, o Colexio San Jorge (ensinanza
concertada), CEEPR ASPANAES Duques de Lugo (centro de educación especial
42
privado-concertado, asociación de persoas con espectro autista) e o CEIP de Prácticas
López Ferreiro (ensinanza pública), o CEIP Raíña Fabiola (ensinanza pública) e o CEIP
de Roxos (ensinanza pública).
Na quenda de secundaria representaron as súas obras un total de nove institutos, CPI e
CPPI da comarca de Santiago e de fóra da nosa comarca: os II.EE.SS. Arcebispo Xelmírez
I, Eduardo Pondal, Pontepedriña, Rosalía de Castro, Antón Fraguas, Antón Losada
Diéguez e Praia de Barraña e os CPPI dos Dices de Rois e Eusebio Lorenzo Baleirón de
Dodro.
Esta nova edición do certame foi, igual que o ano pasado, moi exitosa, e foi un luxo para
todos e todas as participantes a acollida que se nos deu no Teatro Principal e no Concello
de Santiago; así mesmo, as familias, amizades e profesorado dos rapaces e rapazas que
participaron amosaron a súa satisfacción por este xiro que se lle deu ao certame. Un xiro
que non fai senón consolidar definitivamente unha iniciativa innovadora dos Equipos de
Normalización de Santiago e comarca que merecería, pola súa singularidade e pola alta
rendibilidade normalizadora entre ao alumnado, un apoio especial por parte da
administración educativa; non esquezamos que o teatro é un xénero de grande interese
cultural que convén potenciar desde a etapa de formación e que unha alta porcentaxe de
rapaces e rapazas ten poucas posibilidades e pouco ou ningún hábito de asistir a unha
representación teatral.
Esta actividade implica directamente ao alumnado que participa no grupo de teatro mais
tamén ao que asiste como público ás representacións e aos seus familiares.
• http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1556193357CS_Folleto_Teatr
o_2019.pdf
• http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=18482&lg=cas
• https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1425096/comeza-no-
principal-xxiv-certame-teatro-intercentros
• https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/24-horas-compostela/idEdicion-
2019-04-26/idNoticia-1179424
2.1.1. Animaliños. Como xa se dixo anteriormente, Vai no Dentista traballou e estreou
dúas obras este curso. A primeira delas é Animaliños, Baseándonos na obra homónima
de R. Vidal Bolaño “Animaliños”, quixemos representar a hipocrisía da relación que a
http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1556193357CS_Folleto_Teatro_2019.pdfhttp://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1556193357CS_Folleto_Teatro_2019.pdfhttp://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=18482&lg=cashttps://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1425096/comeza-no-principal-xxiv-certame-teatro-intercentroshttps://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1425096/comeza-no-principal-xxiv-certame-teatro-intercentroshttps://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/24-horas-compostela/idEdicion-2019-04-26/idNoticia-1179424https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/24-horas-compostela/idEdicion-2019-04-26/idNoticia-1179424
43
nosa sociedade do benestar establece coa súa contorna. Co alegórico vínculo que a
veciñanza dunha urbanización nas aforas da cidade mantén co seu xardín Vai no
Dentista enfronta ao espectador coa crueldade da súa propia natureza.
• https://www.youtube.com/watch?v=1uTbnbBMoZc
2.1.2. Fóra de xogo. Un equipo de fútbol formado por 6 rapaces e rapazas, máis tres
músicos, aparecen diante e detrás da rede dunha portería de fútbol, sobre un terreo de
xogo, coma se estiveran xogando o partido das súas vidas, onde explican e analizan en
monólogos intimistas, ás veces difíciles de dixerir, os problemas aos que se enfrontan
no seu día a día no instituto e coa familia; problemas que eles non son quen de resolver,
e aos que a sociedade non lles da solución deixándoos totalmente Fóra de Xogo. Fóra
de Xogo é a adaptación da obra do mesmo nome de Toni Misó, Fuera de Juego.
• https://www.youtube.com/watch?v=1nY_DC7jc9o
2.2. Por outro lado, desde a Fundación CocaCola, que nos nomeou por terceira vez
merecedores do 1º premio na sección autonómica dos Premios Buero de Teatro Xoven,
solicitáronnos ao grupo de teatro e ao EDL, organizar unha gala que dera comezo
oficialmente en Galicia á 16ª edición do certame. Así pois o martes 4 de decembro de
2018, acudimos ao Teatro Principal de Santiago de Compostela a representar “En pé de
guerra” acompañados por amigas e amigos, familiares, colegas de profesión e pola
Fundación CocaCola.
• https://www.youtube.com/watch?v=SY69mkdEgVg
2.3. Participamos tamén no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da
Coruña na súa XXII edición con ambas obras, Animaliños e Fóra de Xogo. O vindeiro
28 de xuño acudiremos a A Coruña, ao Teatro Colón, á gala de entrega de premios, posto
que acadamos premio con ámbalas dúas obras.
2.4. Por último sinalar que o grupo de teatro en lingua galega do IES Arcebispo Xelmírez
I participará tamén na 2ª mostra de teatro escolar afeccionado do Concello de Rois
TEATROIS, o 27 de xuño de 2019.
Naturalmente o EDL acompañou e acompañará ao grupo en todo momento, e debemos
afirmar que a repercusión que estes premios tiveron entre o alumnado do instituto, tanto
https://www.youtube.com/watch?v=1uTbnbBMoZchttps://www.youtube.com/watch?v=1nY_DC7jc9ohttps://www.youtube.com/watch?v=SY69mkdEgVg
44
os que colaboran no teatro como axudantes ou actuando sobre o escenario, como no resto
dos compañeiros e compañeiras foi tan grande, que consideramos que este curso o EDL
cumpriu coa súa tarefa de promoción da lingua e cultura galegas só con esta actividade,
converténdose nunha das iniciativas máis dinámicas e activas do centro.
3. Conmemoración do día para a eliminación da violencia contra a muller. O 25 de
novembro, para concienciar ao alumnado da lacra que supón a violencia machista,
realizamos unha serie de accións chamadas a remover as súas conciencias.
En primeiro lugar, colocamos unha tea branca de hule ao longo do corredor superior, na
entrada do centro, sobre a que varios rapaces e rapazas, e membros do EDL escribiramos
os nomes, idade, circunstancias e día da morte de cada unha das mulleres asasinadas ao
longo do 2018 dentro do marco da violencia de xénero.
Realizamos logo un vídeo con un alumno e unha alumna, no que paseaba por vez primeira
ao longo de esta “alfombra” e nos contaban logo o seu parecer espontáneo. O vídeo
subeuse a Youtube e tivo moi boa acollida.
Montamos na entrada unha árbore de cartón, pintada, sen follas. As follas, recortadas de
folios de cor violeta en distintos tons, depositámolas nunha mesa a carón da árbore. O
alumnado tiña que escribir unha mensaxe en cada unha das follas e ir enchendo a árbore.
Tentamos que representara a esperanza no futuro grazas á educación.
https://www.youtube.com/watch?v=Emy6xw6Vl5g
4. Divulgación de información sobre cuestións sociolingüísticas e documentación. Ao
longo do curso facilitóuselle á comunidade educativa toda a información en materia
lingüística que consideramos interesante. Así, distribuíuse entre o alumnado canta
información sobre premios, certames e concursos musicais e literarios foron chegando ao
centro, nomeadamente do Premio Ánxel Casal, coorganizado polo Concello de Santiago
e un instituto da nosa cidade. Lembremos que este premio é economicamente o máis
importante para ensino non universitario no noso país e que foi o noso centro quen
propuxo a súa creación, como unha iniciativa máis entre os actos conmemorativos do
Sesquicentenario da fundación do Instituto no ano 1996; o EDL dotou tamén ao centro de
material bibiográfico, revistas, biografías, cómics e outras obras en lingua galega.
https://www.youtube.com/watch?v=Emy6xw6Vl5g
45
5. O Taboleiro da lingua é unha das actividades máis antigas e visibles do EDL pois
expóñense nel as noticias que, aparecidas nos principais xornais e revistas, teñen na lingua
a materia central. O seu contido suscita o interese tanto do alumnado como dos pais e nais
que se achegan ao centro a informarse das actividades educativas que se organizan. O
taboleiro mantén unha información completa e actualizada sobre a normalización e dá
cabida a artigos de opinión que xiran arredor da problemática lingüística. Esta actividade
implica a todos os membros do equipo de normalización, que se encargan de recoller a
información na prensa.
6. Actualización da páxina web do centro, incluíndo todas as novas iniciativas, os
certames, os eventos teatrais, os actos e galas de entrega de premios, as actas dos mesmos,
e fotos dos proxectos que o EDL desenvolveu ou nos que participou este curso.
7. Axenda escolar. Este curso O EDL continuou con esta iniciativa de éxito doutros anos:
a Axenda escolar. Esta idea xa se realizou no IES Xelmírez I nos cursos 2000-2001 , 2001-
2002, 2008-2009, 2011-2012, 2012-2013, 2013-2014, 2014-2015, 2015-2016, 2016-2017
e 2017-2018. Trátase dunha empresa ambiciosa pero altamente atractiva, e este curso
realizámola novamente. Dado que os “pais” desta actividade, Pilar Reino e Xerardo
Rodríguez, se xubilaron nos anos 2017 e 2016 respectivamente, o equipo decidiu
homenaxealos de novo reeditando unha das primeiras axendas que eles deseñaron.
Afortunadamente, igual que nos pasados anos académicos, contamos coa promoción
da Secretaría Xeral de Política Lingüística para levar a cabo esta actividade, sen cuxa
subvención non se podería ter feito.
Coa axenda escolar acadamos dous obxectivos:
1.- Servir de estímulo educativo na medida en que axuda aos escolares a organizar
as súas actividades.
2.- Incluír información diversa sobre acontecementos, persoas e organizacións que
se caracterizaron pola súa actividade en defensa da dignificación e ampliación de usos
para a lingua galega.
Esta actividade incide en toda a comunidade educativa:
a) No alumnado, que é o seu primeiro destinatario pois os contidos da axenda
46
salientan a valoración positiva da lingua e da cultura galegas.
b) No profesorado, tamén destinatario da axenda pois lembra a vinculación coa
lingua galega de figuras eminentes da nosa sociedade que destacaron en campos diversos
ao longo da historia. Parece evidente que se esas personalidades amaron e empregaron o
galego, non debe haber motivos para non o facermos nós.
c) Na situación lingüística do centro, pois vincula a lingua aos quefaceres cotiáns.
d) No contorno sociolingüístico do centro pois nos fogares e no círculo de
relacións sociais de alumnado e profesorado esperta interese e contribúese, así, á
divulgación da nosa cultura.
8. Conmemoración do día do Holocausto. O 27 de xaneiro é o Día Internacional
de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. Como en anos anteriores se
tiña lembrado o día, pero, ao noso xuízo, sen afondar na cuestión e neste episodio tan
tráxico da nosa historia contemporánea, o EDL asumiu a organización dunha actividade
transversal e na que fomos ao celme do asunto: traballamos nas aulas, principalmente nas
de historia de 4º de ESO e 1º de bacharelato, por seren os que teñen que traballar este
momento da historia nos seus currículos, pero tamén nas aulas de relixión, francés,
alemán, filosofía, galego, música, etc.
Este foi o noso traballo:
Cada ano, o 27 de xaneiro, lembramos no IES Arcebispo Xelmírez o día no que
tivo lugar a liberación dos campos de concentración e exterminio de Auschwitz.
Este curso, grazas á coordinación dos departamentos de alemán, xeografía e
historia, música, equipo da biblioteca e EDL, puxemos en marcha unha serie de
actividades nas que os alumnos e alumnas do centro interveñen de xeito máis activo.
Pasamos a enumerar as distintas partes de este proxecto:
1º.- A exposición na biblioteca do instituto de 20 láminas con fotografías sobre o
holocausto, que
abarcan un período que vai desde 1933 até 1945. As láminas, de gran calidade,
obtivémolas grazas á xenerosidade dun profesor que as mercara en Israel, no centro Yad
Vashem, e están acompañadas de textos, sobre todo testemuños reais de vítimas, informes
47
e diarios de testemuñas oculares e o extracto dun discurso de Heinrich Himmler.
Cada lámina contaba tamén cunha unidade didáctica dirixida ao alumnado, grazas
ás cales se
traballaron a II Guerra Mundial e o Holocausto nas aulas de historia. Esta
actividade estaba pensada para os niveis de 4º de ESO e 1º de bacharelato.
2º.- Tiveron lugar visitas guiadas á exposición por parte do resto do alumnado do
centro.
3º.- Contamos coa presenza de José Daniel Edelstein, actualmente profesor de
física de partículas na USC, e cuxa familia sofreu a persecución nazi. Edelstein faloulles
aos nosos alumnos e alumnas sobre as vivencias que os membros da súa familia padeceron
persoalmente baixo o réxime da Alemaña nazi.
4º.- Emitimos o único concerto gravado no campo de concentración de Auschwitz,
un fragmento da Sinfonía núm