1
III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO 31 de outubro ao 6 de novembro Museo do Pobo Galego III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO 31 de outubro ao 6 de novembro Museo do Pobo Galego VENRES 31 de outubro 19.30 Da regueifa ao rap Directoras: Helena Villares Gallardo e Pilar Pérez Faxil (Galicia) 50’ Documental sobre a historia e a evolución da regueifa na cultura popular galega, así como do mundo do rap e o hip - hop no panorama musical galego dos últimos anos. 20.30 Mostra de Regueifa e Rap con Luís Caruncho e Pinto de Herbón + Dios Ke Te Crew SÁBADO 1 de novembro Sección Espiello 18.00 Guinea en patués. Premio ESPIELLO PIRINEOS Director: José María Mur Torrecilla (Huesca) 60’ Dos bois do Val de Benasque ao cacao da illa de Fernando Póo. Este documental conta a emigración dos habitantes do Val de Benasque a traballar no cacao e o café de Guinea, ao longo do século XX. Sección Espiello 18.00 El sueño de la tierra. Premio ESPIELLO CHOBEN Directores: Eva Abad Castellar y Pablo García Cabrera (Huesca) 60’ A extraordinaria historia de Marinaleda, un pobo de Sevilla que por medio da loita pacífica fixo realidade o vello soño de "a terra para quen a traballa". Unha fazaña colectiva baseada na solidariedade e unha revolución socioeconómica nunha das rexións máis atrasadas de Europa. MÉRCORES 5 de novembro XOVES 6 de novembro Sección Espiello 18.00 Kardala . Premio ao mellor documental etnográfico Director: Juan Bidegain (Vizcaya) 53’ Para os vellos mariñeiros vascos Kardala é o ímpeto que dá o mar á cresta da onda cando esta comeza romper. Ao longo dos séculos os mariñeiros e as súas embarcacións tiveron que aturar e sufrir o embate da rompente. É a forza que tamén precisan as mulleres dos mariñeiros para sacar adiante as súas familias. Sección Carlos Velo 18.00 París #1 Director: Óliver Laxe ( Galicia ) 35' Uns amigos deciden compartir unha experiencia cinematográfica en Galicia. O seu propósito é sinxelo, filmar cousas que lles gustan, sen ningún outro tipo de premisa ou obriga. Queren que as imaxes reflictan o sentimento que os une á xente que se atopan no camiño. MARTES 4 de novembro Sección Carlos Velo 19.00 Ciclo combinado Directoras: Sabela Pernas Soto e Nuria Castro Prieto (Galicia)12' Análise e tratamento audiovisual da situación socioeconómica do pobo de As Pontes, antes e despois dunha revolución industrial, suscitada pola implantación dunha central térmica acompañada dunha mina de carbón a ceo aberto. Premio GZ Crea 2007 19.30 Un deserto de flores Director: Manuel Iglesias Nanín (Galicia) 53' Música de Roberto Sobrado. Un abrazo, un mírame aos ollos, un comparte comigo, un déixate coller da man, un fálame que quero escoitarte, un eu tamén, un acaríñame, un sorriso, un mirar sincero, un desacougo, unha necesidade, e un non sei que... que queima!! Iso é un Deserto de Flores. Na zona máis dura do deserto do Sahara, na Hamada, onde o infinito non te deixa nin respirar, os campamentos de refuxiados saharauís tinguen de cor o desencanto. Director: Miguel Ángel Viñas (Madrid) 42' 34'' O documental é unha viaxe no tempo e á memoria dos pobos abandonados do Estado español. Ainielle aínda hoxe, ocupa un lugar no mapa. En 1970 pechou a porta da súa casa o último habitante desta aldea perdida e medieval do Pirineo aragonés. Tería sido un máis dos pobos abandonados da montaña se non fora porque Julio Llamazares situou alí a acción da súa novela La lluvia amarilla. LUNS 3 de novembro Sección Espiello 18.00 Ainielle tiene memoria. Premio ASECIC "Guillermo Zúñiga" Sección Carlos Velo 19.00 PIC-NIC. Premio ao mellor documental galego no IV Festival Internacional de Documental Play-Doc (Tui, 2008 ) Director: Eloy Enciso (Galicia) 75' Agosto. Unha praia do Mediterráneo. Con esas coordenadas, Pic-nic achégase a un grupo de personaxes que, aínda que de paso por esa praia, semella que estiveron sempre aí, na súa rutina de veciños de toalla ou no anonimato da masa que adormece debaixo das antucas. A ollada da cámara, pausada e incisiva, consegue que un conxunto de escenas cotiás se converta nunha lúcida reflexión sobre o home actual e sobre o paradoxo en que converteu o chamado -se cadra, inxenuamente- tempo de lecer. Sección Carlos Velo 19.00 A terceira póla Director: Rubén Pardiñas (Galicia) 25’ A expresión "terceira póla" ‚ usada por moitos filólogos para referirse a unha terceira variante lingüística derivada do tronco común galego-portugués (galego medieval). Ademais do galego actual e do portugués, ese tronco tería dado lugar a partires do século XIII a unha variedade esencialmente galega que aínda sobrevive, séculos despois, na illa lingüística do Val de Xálima, nunha zona situada na actual confluencia das provincias de Salamanca e Cáceres con Portugal. A terceira póla ‚ un achegamento aos habitantes dos tres concellos galegofalantes de Estremadura (Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trevello). Sección Espiello 19.00 Atrás de las sombras. Premio ESPIELLO RECHIRA ao mellor traballo de investigación. Director: Óscar Ramírez González (México) 71’ A carón de produtores, guionistas, directores, actores e fotógrafos, hai outro grupo de persoas que tamén son responsables da maxia do cine. Son os homes e mulleres que traballan detrás das cámaras: os técnicos, sempre listos preparando a seguinte escena, son os que aparecen nos créditos finais, xeralmente ignorados polos espectadores. Este documental é a historia de todos eles: a súa voz, as súas memorias, as súas vivenzas... anécdotas de toda unha vida no cine. 20.00 Los pastores del Bosque Flotante, Accésit especial. Directores: José Carlos Diaz y Salvador Castillejos (Valencia) 60’ A deforestación e as peculiaridades do transporte fluvial da madeira son o marco onde se retratan o traballo infantil, as relacións laborais e o papel da muller na mísera España rural da primeira metade do século XX. Narrada en primeira persoa polos "gancheros" casteláns, "maderers" valencianos e "pineros" andaluces: os derradeiros pastores do bosque flotante. Sección Carlos Velo 19.00 Bolivia para todos Directores: Emilio Cartoy Díaz e Cristian Jure. (Arxentina). 95' Un documental que aborda os conflitos desatados entre os partidarios da revolución democrática e cultural encabezada polo presidente Evo Morales e os sectores que ven no novo movemento un perigo aos seus privilexios. Gravado durante 15 meses en distintas localidades de Bolivia, conta coa análise de recoñecidos intelectuais latinoamericanos e coa testemuña dos principais protagonistas da actualidade política boiliviana. "Bolivia para todos" presenta un recorrido histórico que da conta das marchas indíxenas e campesiñas dos 90, dos conflitos pola auga e polo gas, das loitas contra as políticas neoliberais, da asunción de Evo Morales, o comezo da transición coa nacionalización dos hidrocarburos, a "Asamblea Constituyente" e a redistribución da terra. Documéntanse e interprétanse os episodios máis recentes, como os ataques racistas a indíxenas e campesiños por parte da dereita radical en Santa Cruz e Sucre, entre outras cidades, as loitas polas autonomías departamentais anticonstitucionais, e a chamada ao referendo revogatorio do 10 de agosto de 2008 co apoio do MERCOSUR e a posibilidade dun novo camiño en Latinoamérica. Museo do Pobo Galego San Domingos de Bonaval s/n • 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA • Teléfono: 981583620 • www.museodopobo.com III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO 31 de outubro ao 6 de novembro Museo do Pobo Galego III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Marta Dablanca Organiza: Patrocina: Concellaría de Cultura Colaboran: CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO VENRES 31 de outubromuseodopobo.gal/web/uploads/file/III MOSTRA DE CINEMA.pdf · Análise e tratamento audiovisual da situación socioeconómica

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO VENRES 31 de outubromuseodopobo.gal/web/uploads/file/III MOSTRA DE CINEMA.pdf · Análise e tratamento audiovisual da situación socioeconómica

III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO 31 de outubro ao 6 de novembro

Museo do Pobo Galego

III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO 31 de outubro ao 6 de novembro

Museo do Pobo Galego

VENRES 31 de outubro

19.30 Da regueifa ao rap Directoras: Helena Villares Gallardo e Pilar Pérez Faxil (Galicia) 50’Documental sobre a historia e a evolución da regueifa na cultura popular galega, así como do mundodo rap e o hip - hop no panorama musical galego dos últimos anos.

20.30 Mostra de Regueifa e Rap con Luís Caruncho e Pinto de Herbón + Dios Ke Te Crew

SÁBADO 1 de novembro

Sección Espiello

18.00 Guinea en patués. Premio ESPIELLO PIRINEOS

Director: José María Mur Torrecilla (Huesca) 60’Dos bois do Val de Benasque ao cacao da illa de Fernando Póo. Estedocumental conta a emigración dos habitantes do Val de Benasquea traballar no cacao e o café de Guinea, ao longo do século XX.

Sección Espiello

18.00 El sueño de la tierra. Premio ESPIELLO CHOBEN

Directores: Eva Abad Castellar y Pablo García Cabrera (Huesca) 60’A extraordinaria historia de Marinaleda, unpobo de Sevilla que por medio da loita pacífica fixo realidade o vello soño de"a terra para quen a traballa". Unha fazañacolectiva baseada na solidariedade e unharevolución socioeconómica nunha dasrexións máis atrasadas de Europa.

MÉRCORES 5 de novembro

XOVES 6 de novembro

Sección Espiello

18.00 Kardala . Premio ao mellor documental etnográfico

Director: Juan Bidegain (Vizcaya) 53’

Para os vellos mariñeiros vascos Kardala é o ímpetoque dá o mar á cresta da onda cando esta comezaromper. Ao longo dos séculos os mariñeiros e as súasembarcacións tiveron que aturar e sufrir o embateda rompente. É a forza que tamén precisan asmulleres dos mariñeiros para sacar adiante assúas familias.

Sección Carlos Velo

18.00 París #1 Director: Óliver Laxe ( Galicia ) 35'Uns amigos deciden compartir unha experienciacinematográfica en Galicia. O seu propósito ésinxelo, filmar cousas que lles gustan, sen ningúnoutro tipo de premisa ou obriga. Queren que asimaxes reflictan o sentimento que os une á xenteque se atopan no camiño.

MARTES 4 de novembro

Sección Carlos Velo

19.00 Ciclo combinado Directoras: Sabela Pernas Soto e Nuria Castro Prieto (Galicia)12'Análise e tratamento audiovisual da situación socioeconómicado pobo de As Pontes, antes e despois dunha revoluciónindustrial, suscitada pola implantación dunha central térmicaacompañada dunha mina de carbón a ceo aberto. Premio GZ Crea 2007

19.30 Un deserto de flores Director: Manuel Iglesias Nanín (Galicia) 53' Música de Roberto Sobrado. Un abrazo, un mírame aos ollos, un comparte comigo, un déixate coller da man, un fálame que queroescoitarte, un eu tamén, un acaríñame, un sorriso, un mirar sincero, un desacougo, unha necesidade, e unnon sei que... que queima!! Iso é un Deserto de Flores. Na zona máis dura do deserto do Sahara, na Hamada,onde o infinito non te deixa nin respirar, os campamentos de refuxiados saharauís tinguen de cor o desencanto.

Director: Miguel Ángel Viñas (Madrid) 42' 34''O documental é unha viaxe no tempo e ámemoria dos pobos abandonados do Estadoespañol. Ainielle aínda hoxe, ocupa un lugarno mapa. En 1970 pechou a porta da súacasa o último habitante desta aldea perdidae medieval do Pirineo aragonés. Tería sido unmáis dos pobos abandonados da montañase non fora porque Julio Llamazares situoualí a acción da súa novela La lluvia amarilla.

LUNS 3 de novembro

Sección Espiello

18.00 Ainielle tiene memoria. Premio ASECIC "Guillermo Zúñiga"

Sección Carlos Velo

19.00 PIC-NIC. Premio ao mellor documental galego no IV Festival Internacional de Documental Play-Doc (Tui, 2008 ) Director: Eloy Enciso (Galicia) 75'Agosto. Unha praia do Mediterráneo. Con esas coordenadas, Pic-nic achégase a un grupo de personaxesque, aínda que de paso por esa praia, semella que estiveron sempre aí, na súa rutina de veciños de toallaou no anonimato da masa que adormece debaixo das antucas. A ollada da cámara, pausada e incisiva,consegue que un conxunto de escenas cotiás se converta nunha lúcida reflexión sobre o home actual esobre o paradoxo en que converteu o chamado -se cadra, inxenuamente- tempo de lecer.

Sección Carlos Velo

19.00 A terceira pólaDirector: Rubén Pardiñas (Galicia) 25’ A expresión "terceira póla" ‚ usada pormoitos filólogos para referirse a unhaterceira variante lingüística derivadado tronco común galego-portugués(galego medieval). Ademais do galegoactual e do portugués, ese tronco teríadado lugar a partires do século XIII aunha variedade esencialmente galegaque aínda sobrevive, séculos despois,na illa lingüística do Val de Xálima, nunha zona situada na actual confluencia das provincias deSalamanca e Cáceres con Portugal. A terceira póla ‚ un achegamento aos habitantes dos tres concellosgalegofalantes de Estremadura (Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trevello).

Sección Espiello

19.00 Atrás de las sombras. Premio ESPIELLO RECHIRA ao mellor traballo de investigación.

Director: Óscar Ramírez González (México) 71’A carón de produtores, guionistas, directores, actores e fotógrafos, hai outro grupo de persoas que taménson responsables da maxia do cine. Son os homes e mulleres que traballan detrás das cámaras: os técnicos,sempre listos preparando a seguinte escena, son os que aparecen nos créditos finais, xeralmente ignoradospolos espectadores. Este documental é a historia de todos eles: a súa voz, as súas memorias, as súasvivenzas... anécdotas de toda unha vida no cine.

20.00 Los pastores del Bosque Flotante, Accésit especial.

Directores: José Carlos Diaz y Salvador Castillejos (Valencia) 60’A deforestación e as peculiaridades do transporte fluvial da madeira son omarco onde se retratan o traballo infantil, as relacións laborais e o papelda muller na mísera España rural da primeira metade do século XX.Narrada en primeira persoa polos "gancheros" casteláns, "maderers"valencianos e "pineros" andaluces: os derradeiros pastores do bosque flotante.

Sección Carlos Velo

19.00 Bolivia para todos Directores: Emilio Cartoy Díaz e Cristian Jure. (Arxentina). 95'Un documental que aborda os conflitos desatados entre os partidarios da revolucióndemocrática e cultural encabezada polo presidente Evo Morales e os sectores queven no novo movemento un perigo aos seus privilexios. Gravado durante 15 mesesen distintas localidades de Bolivia, conta coa análise de recoñecidos intelectuaislatinoamericanos e coa testemuña dos principais protagonistas da actualidadepolítica boiliviana. "Bolivia para todos" presenta un recorrido histórico que da contadas marchas indíxenas e campesiñas dos 90, dos conflitos pola auga e polo gas, dasloitas contra as políticas neoliberais, da asunción de Evo Morales, o comezo datransición coa nacionalización dos hidrocarburos, a "Asamblea Constituyente" e aredistribución da terra. Documéntanse e interprétanse os episodios máis recentes,como os ataques racistas a indíxenas e campesiños por parte da dereita radical enSanta Cruz e Sucre, entre outras cidades, as loitas polas autonomías departamentaisanticonstitucionais, e a chamada ao referendo revogatorio do 10 de agosto de 2008co apoio do MERCOSUR e a posibilidade dun novo camiño en Latinoamérica.

Museo do Pobo GalegoSan Domingos de Bonaval s/n • 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA • Teléfono: 981583620 • www.museodopobo.com

III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO 31 de outubro ao 6 de novembro

Museo do Pobo Galego

III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO

Marta Dablanca

Org

aniz

a:

Patr

ocin

a:

Concellaría de Cultura Cola

bora

n:

CONSELLERÍA DE CULTURAE DEPORTE