16
DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2014 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña. Como complemento ao programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), aprobado polo Consello Reitor para o ano 2014, e de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, e en co- laboración coa Universidade da Coruña, convócanse por vez primeira as actividades de formación correspondentes o ano 2014 para o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña, cuxas bases se detallan nos anexos desta resolu- ción, RESOLVO: Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo III, que debe- rán desenvolverse segundo as bases detalladas nos anexos I e II. Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2014 Sonia Rodríguez-Campos González Directora da Escola Galega de Administración Pública ANEXO I Bases Primeira. Requisitos dos participantes Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña que se encontre en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúna os requisitos establecidos na presente con- vocatoria. CVE-DOG: dsew7bm3-qjp9-bom5-5227-hvg2trdpg9s2

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2014 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña.

Como complemento ao programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), aprobado polo Consello Reitor para o ano 2014, e de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, e en co-laboración coa Universidade da Coruña, convócanse por vez primeira as actividades de formación correspondentes o ano 2014 para o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña, cuxas bases se detallan nos anexos desta resolu-ción,

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo III, que debe-rán desenvolverse segundo as bases detalladas nos anexos I e II.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña que se encontre en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúna os requisitos establecidos na presente con-vocatoria.

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 2: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36640

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Toda persoa solicitante que no inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas obxecto desta convocatoria impartiranse en tres modalidades: presencial, teleformación e autoformación. Estas realizaranse cos requirimentos, a dura-ción e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <http://egap.xunta.es>

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día se-guinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, agás nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, en que se deberá observar o que dispoña o anexo II.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar median-te o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco.

4. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base os solicitantes deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

a) Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique o tipo de persoal, situación administrativa e a antigüidade na Admi-nistración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 3: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36641

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

b) Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra-tivo común (BOE do 27 de novembro), calquera das seguintes vías:

– O enderezo de correo electrónico [email protected]

– O número de fax 981 54 63 39.

5. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultanei-dade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certifi-cación de ningunha delas e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formu-lario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

7. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automa-ticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano se-guinte contado desde que se detecte o feito.

8. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

9. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na soli-citude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 4: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36642

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solici-tudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 53, do número de fax 981 54 63 39 e do enderezo de correo electrónico <[email protected]>

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Re-gulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2014, segundo a Resolución do 10 de febreiro (DOG do 27 de febreiro), comezarase pola letra B.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os re-quisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.es unha relación das persoas selec-cionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de tres días hábiles desde a súa publica-ción.

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 5: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36643

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións pú-blicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.es a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Cambios ou substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccio-nadas.

2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Públi-ca cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formati-va, agás para as probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, cuxo prazo será de cinco días hábiles contados desde o día da publicación da listaxe definitiva das persoas seleccionadas.

Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 6: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36644

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra-tivo común (BOE do 27 de novembro), calquera das seguintes vías:

– O enderezo de correo electrónico <[email protected]>

– O número de fax 981 54 63 39.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Asistencia e puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e pun-tualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

– Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. Na moda-lidade de teleformación o alumnado debe visualizar, como mínimo, o 90 % dos contidos e realizar todas as actividades e tarefas propostas pola titoría.

– Deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade forma-tiva nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta activi-dade.

d) As persoas que incumpran o previsto na alínea c):

– Perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

– As persoas que abandonen a actividade formativa sen xustificación pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 7: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36645

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación o alumnado deberá superar unha proba de avaliación, que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleforma-ción como nos cursos que se impartan de maneira presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A lectura detallada dos contidos da actividade formativa. Cada actividade ten uns con-tidos teóricos que deben ser revisados na plataforma.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

No inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Para poder aprobar a actividade formativa o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

c) Para poder superar as actividades de autoformación deberase observar o que esta-blece o anexo II relativo ao programa de autoformación.

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 8: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36646

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Oitava. Certificados

a) A EGAP poderá expedir dúas clases de certificados, de equivalencia ou de aproveita-mento. A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado corres-ponderá aos alumnos que participen nos cursos.

b) Para a obtención do certificado de equivalencia, as persoas deberán superar as probas de avaliación das correspondentes actividades do programa de autoformación. Este certificado equivale a un de aproveitamento polas horas previstas en cada activida-de formativa.

c) Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avalia-ción positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP, xunto coa Universidade da Coruña, resolverá aquelas incidencias que poi-dan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode su-primir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou do-cencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito or-zamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convo-cadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP, xunto coa Universidade da Coruña, poderá modificar os contidos, o desen-volvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 9: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36647

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento

das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP, xunto coa Universidade da Coruña, garantirá na totalidade das actividades

derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e

homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de con-

ciliación.

ANEXO II Bases

Primeira. Actividades do programa de autoformación: contidos e cuestionarios

1. As actividades do programa de autoformación son as seguintes:

Código Denominación

UN14002 A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos – Contidos

UN14014 Iniciación á Administración electrónica. Seguridade da información e protección de datos – Contidos

UN14016 Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación – Contidos

UN14021 Técnicas para unha boa redacción de documentos administrativos – Contidos

UN14019 Responsabilidade patrimonial da Administración pública – Contidos

UN14009 Cambio e motivación nas organizacións – Contidos

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, ma-

terial complementario e, dado que non existe a figura do titor, cuestionarios de corrección

automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

O persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña que desexe partici-

par no programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero

independentes unha da outra. Por unha banda, pode acceder aos contidos das actividades

sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP. Por outra banda,

pode solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas na base terceira deste mes-

mo anexo II.

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 10: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36648

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Segunda. As actividades: acceso aos contidos

1. Todo o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña que

desexe acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación pode facelo

sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no

enderezo http://egap.xunta.es/matricula

2. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir

do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30

de decembro de 2014.

3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que se queira ins-

cribir e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do progra-

ma de autoformación elixidas. Os contidos van estar dispoñibles ata o 30 de decembro

de 2014.

4. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirma-

ción e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no

enderezo http://egap.xunta.es/aulavirtual

5. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica

a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II nin é tampouco un

requisito para matricularse nelas.

6. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito

á expedición do certificado regulado na base oitava do anexo I.

Terceira. Probas de avaliación das actividades do programa de autoformación: parti-

cipación

1. Pode participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoforma-

ción o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña que se en-

contra en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento

ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 11: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36649

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Cuarta. Probas de avaliación: prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e

horario

1. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se con-

vocan atéñense ao previsto na seguinte táboa:

Código Actividade do programa de autoformación Prazas Horascertificadas Datas

UN14024 A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos – Proba de avaliación 100 25 1.12.2014

UN14026 Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección dos datos – Proba de avaliación 100 20 2.12.2014

UN14027 Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación – Proba de avaliación 100 20 9.12.2014

UN14029 Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos – Proba de avaliación 100 15 6.11.2014

UN14028 Responsabilidade patrimonial da Administración pública – Proba de avaliación 100 25 10.12.2014

UN14025 Cambio e motivación nas organizacións – Proba de avaliación 100 15 5.11.2014

2. As probas de avaliación terán lugar nas dependencias da EGAP, Santiago de Com-

postela (rúa de Madrid, 2-4, As Fontiñas). Poderanse desenvolver de maneira descentrali-

zada nas sedes que se determinen coa suficiente antelación á súa realización en función

do número de solicitudes de participación recibidas.

3. Na páxina web http://egap.xunta.es actualizarase e ampliarase a información sobre

as actividades do programa de autoformación, incluído o horario de realización das probas

de avaliación.

Quinta. As probas de avaliación: solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación das

actividades do programa de autoformación comeza ás 8.00 horas do 29 de setembro de

2014 e remata ás 14.00 horas do 8 de outubro de 2014.

2. As solicitudes só poden realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dis-

poñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula. Entenderanse presentadas unha vez

que se complete correctamente o proceso de matriculación.

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 12: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36650

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

3. Pode solicitarse a inscrición nun máximo de tres probas de avaliación das actividades do programa de autoformación.

Sétima. As probas de avaliación: desenvolvemento

1. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación teñen o se-guinte formato:

Actividade do programa de

autoformación: horas

Proba de avaliación

Preguntas tipo test: número

Tempo dispoñible: minutos Tentativas

Respostas incorrectas: desconto

Superación: porcentaxe

de respostas correctas

3040 60

Unha Non 70 %25

2030 45

15

Para superaren as probas de avaliación os alumnos deberán responder de forma correc-ta a un 70 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Levarase a cabo un único chamamento por orde alfabética.

3. As persoas participantes deben presentarse provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

4. Para poder facer a proba de avaliación cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

5. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

6. As persoas que se inscriban e non se presenten ás probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

CV

E-D

OG

: dse

w7b

m3-

qjp9

-bom

5-52

27-h

vg2t

rdpg

9s2

Page 13: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DO

G N

úm. 164

Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36651

ISSN1130-9229

Depósito legal C

.494-1998http://w

ww.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO III

Código Denominación Prazas Horas Cualificación Destinatarios Localidade/modalidade

Data comezo

Data remate Horario

Réxime xurídico e actividade financeira das administración públicas

UN14012 Estatuto básico do empregado público 50 25 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación 1.10.2014 30.10.2014 Teleformación

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

UN14001A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

50 18 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación 13.10.2014 30.10.2014 Teleformación

UN14003 A creatividade, unha gratificante ferramenta de xestión 12 12 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela 2.10.2014 9.10.2014 16.30 a 20.30

UN14011 Comunicación escrita e elaboración de informes 25 20 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

A Coruña 13.10.2014 22.10.2014 16.30 a 19.30

UN14013 Información e atención ao cidadán 50 25 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación 1.10.2014 30.10.2014 Teleformación

UN14020 Técnicas elementais de arquivos 50 25 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación 1.10.2014 30.10.2014 Teleformación

UN14022 Uso de ferramentas informáticas para a xestión do tempo 20 12 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela 6.10.2014 9.10.2014 16.30 a 19.30

CVE-DOG: dsew7bm3-qjp9-bom5-5227-hvg2trdpg9s2

Page 14: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DO

G N

úm. 164

Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36652

ISSN1130-9229

Depósito legal C

.494-1998http://w

ww.xunta.es/diario-oficial-galicia

Código Denominación Prazas Horas Cualificación Destinatarios Localidade/modalidade

Data comezo

Data remate Horario

UN14023Desenvolvemento e fomento das habilidades comunicativas na Administración pública

25 24 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela 30.9.2014 3.11.2014 16.30 a 20.30

Habilidades predirectivas

UN14017 Perfeccionamento de xefatura de negociado 50 80 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación 6.10.2014 15.12.2014 Teleformación

UN14018 Perfeccionamento de xefatura de sección 50 120 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación 23.9.2014 15.12.2014 Teleformación

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

UN14004 A Administración electrónica 25 25 AproveitamentoPersoal de administración e servizos das universidades galegas

A Coruña 15.9.2014 25.9.2014 16.45 a 19.45

UN14005 A protección de datos de carácter persoal. Nivel medio 50 25 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación 6.10.2014 30.10.2014 Teleformación

UN14006 A sinatura electrónica: aspectos xurídico-procedementais 30 20 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela 7.10.2014 15.10.2014 16.30 a 20.00

UN14007 A protección de datos de carácter persoal. Nivel avanzado 50 40 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación 1.10.2014 10.11.2014 Teleformación

UN14008Administración e internet. Web. Sede. Interoperabilidade. Sistemas de notificación electrónicos

20 15 AproveitamentoPersoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela 10.11.2014 18.11.2014 16.45 a 19.45

CVE-DOG: dsew7bm3-qjp9-bom5-5227-hvg2trdpg9s2

Page 15: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DO

G N

úm. 164

Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36653

ISSN1130-9229

Depósito legal C

.494-1998http://w

ww.xunta.es/diario-oficial-galicia

Código Denominación Prazas Horas Cualificación Destinatarios Localidade/modalidade

Data comezo

Data remate Horario

UN14010 Certificado dixital 50 25 AproveitamentoPersoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación 6.10.2014 30.10.2014 Teleformación

UN14015 Interpretación de datos estatísticos 20 20 AproveitamentoPersoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela 27.10.2014 5.11.2014 16.30 a 19.30

Programa de autoformación

UN14002 A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos – Contidos

Sen límite 25 Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación 29.8.2014 30.12.2014 Autoformación

UN14009 Cambio e motivación nas organizacións – Contidos

Sen límite 15 Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación 29.8.2014 30.12.2014 Autoformación

UN14014Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos – Contidos

Sen límite 20 Equivalencia

Persoal de administación e servizos das universidades galegas

Autoformación 29.8.2014 30.12.2014 Autoformación

UN14016Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación – Contidos

Sen límite 20 Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación 29.8.2014 30.12.2014 Autoformación

UN14019 Responsabilidade patrimonial da Administración pública – Contidos

Sen límite 25 Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación 29.8.2014 30.12.2014 Autoformación

UN14021Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos – Contidos

Sen límite 15 Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación 29.8.2014 30.12.2014 Autoformación

UN14024Calidade na Administración pública. Procesos e procedementos – Proba de avaliación

100 25 AproveitamentoPersoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña

Autoformación 1.12.2014 1.12.2014 Autoformación

CVE-DOG: dsew7bm3-qjp9-bom5-5227-hvg2trdpg9s2

Page 16: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN ...1409642447]UDC.pdf · DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36639 ISS1130-9229N Des ea C..a.esao-oficiaaa

DO

G N

úm. 164

Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36654

ISSN1130-9229

Depósito legal C

.494-1998http://w

ww.xunta.es/diario-oficial-galicia

Código Denominación Prazas Horas Cualificación Destinatarios Localidade/modalidade

Data comezo

Data remate Horario

UN14025 Cambio e motivación nas organizacións – Proba de avaliación 100 15 Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña

Autoformación 5.11.2014 5.11.2014 Autoformación

UN14026

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos – Proba de avaliación

100 20 AproveitamentoPersoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña

Autoformación 2.12.2014 2.12.2014 Autoformación

UN14027Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación – Proba de avaliación

100 20 AproveitamentoPersoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña

Autoformación 9.12.2014 9.12.2014 Autoformación

UN14028Responsabilidade patrimonial da Administración pública – Proba de avaliación

100 25 AproveitamentoPersoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña

Autoformación 10.12.2014 10.12.2014 Teleformación

UN14029Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos – Proba de avaliación

100 15 AproveitamentoPersoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña

Autoformación 6.11.2014 6.11.2014 Teleformación

CVE-DOG: dsew7bm3-qjp9-bom5-5227-hvg2trdpg9s2