16
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/21, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A). A Lei do deporte de Galicia, Lei 3/2012, do 2 de abril, dedica o seu título II ás competen- cias das administracións públicas galegas en materia de deporte, e establece no artigo 5 as competencias que lle corresponden a Administración autonómica, segundo o establecido no artigo 27.22 do Estatuto de autonomía de Galicia, especificando no punto 1 alínea m) a atribución desta Administración no fomento e regulación do deporte e dos deportistas de alto nivel de Galicia así como os seus beneficios. En prol da definición da política deportiva autonómica, fixando as directrices e progra- mas de fomento e desenvolvemento do deporte galego dos seus diferentes niveis, a Secre- taría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia está a dotar ao deporte de alta competición dos medios necesarios para a mellora do seu nivel técnico. Con este obxectivo establécen- se as bases reguladoras da concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante, CGTD) para a tempada 2020/21, e se procede á súa convocatoria. En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto da convocatoria Establecer, mediante o procedemento con código DE400A, as bases reguladoras e pro- ceder á convocatoria de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacida- de. Estas bolsas estarán destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior que colaborarán na residencia do CGTD, co fin de dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia para a atención dos depor- CVE-DOG: imd078r9-h492-k8f6-yw50-zeoovq446fe4

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/21, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

A Lei do deporte de Galicia, Lei 3/2012, do 2 de abril, dedica o seu título II ás competen-cias das administracións públicas galegas en materia de deporte, e establece no artigo 5 as competencias que lle corresponden a Administración autonómica, segundo o establecido no artigo 27.22 do Estatuto de autonomía de Galicia, especificando no punto 1 alínea m) a atribución desta Administración no fomento e regulación do deporte e dos deportistas de alto nivel de Galicia así como os seus beneficios.

En prol da definición da política deportiva autonómica, fixando as directrices e progra-mas de fomento e desenvolvemento do deporte galego dos seus diferentes niveis, a Secre-taría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia está a dotar ao deporte de alta competición dos medios necesarios para a mellora do seu nivel técnico. Con este obxectivo establécen-se as bases reguladoras da concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante, CGTD) para a tempada 2020/21, e se procede á súa convocatoria.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

Establecer, mediante o procedemento con código DE400A, as bases reguladoras e pro-ceder á convocatoria de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacida-de. Estas bolsas estarán destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior que colaborarán na residencia do CGTD, co fin de dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia para a atención dos depor-

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 2: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27494

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

tistas menores de idade. Os beneficiarios das bolsas completan a súa formación como es-tudantes á vez que se familiarizan con actividades relacionadas coas saídas profesionais dos estudos que están a cursar.

Os beneficiarios das bolsas realizarán o seu labor na instalación do CGTD, sita na rúa Fernando Olmedo, 3, da cidade de Pontevedra, dependente da Secretaría Xeral para o Deporte e durante o curso escolar 2020/21.

Artigo 2. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes, para o caso do estudantado universitario segundo o disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, presentaranse por vía elec-trónica a través do formulario normalizado, que se inclúe no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. Para o resto dos estudantes non universitarios, as solicitudes presentaranse preferi-blemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, que se inclúe no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. As persoas interesadas só poderán optar por unha das vías de presentación.

5. O formulario de solicitude estará tamén dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte (http://deporte.xunta.gal).

Artigo 3. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das bolsas para persoal de apoio no CGTD todas aquelas persoas que cumpran os requisitos detallados a seguir:

a) Ter entre 19 e 30 anos no momento de presentar a solicitude.

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 3: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27495

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

b) Estar empadroado en Galicia no momento de presentar a solicitude.

c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade, escola universitaria ou un ciclo formativo.

d) Non ser beneficiario dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitu-de.

e) Estar en disposición de cumprir co establecido na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia, que modificou a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.

f) No caso de estudantes que tivesen bolsa como deportistas na residencia do CGTD, será necesario:

– Que a súa estadía no CGTD fose valorada como positiva polo equipo directivo do centro.

– Que pasase polo menos 1 ano desde o remate da súa estadía como deportistas bol-seiros ata a presentación da solicitude como persoal de apoio.

g) Supletoriamente, no caso de non cubrir as prazas cos requisitos anteriores, poderan-se ter en conta solicitudes de persoas que fosen bolseiras no CGTD con anterioridade e que estean cursando estudos non oficiais.

Artigo 4. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notifica-cións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación elec-trónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitu-de. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 4: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27496

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, enten-derase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Ad-ministración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 5. Prazo de presentación

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Artigo 6. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procede-mento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I), a seguinte docu-mentación:

a) Matrícula universitaria ou do ciclo formativo correspondente ao curso académi-co 2020/21.

b) BOE/DOG en que se acredite o recoñecemento de deportista de alto nivel/deportista galego de alto nivel, en caso de posuílo.

c) Certificado da federación nacional correspondente que o acredita como deportista de alto rendemento, en caso de posuílo.

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 5: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27497

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

d) BOE/DOG en que se acredite ter formado parte de programas deportivos de tecnifi-cación e rendemento, de ser o caso.

e) Proxecto de actividades que pretenda desenvolver na residencia de acordo co arti-go 16 da presente resolución.

f) Titulación federativa, en caso de posuíla.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormen-te. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir a persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presen-ten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa pre-sentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aque-la en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 6: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27498

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica su-pere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electró-nica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no artigo 2. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos in-cluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de residencia da persoa solicitante.

e) Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

f) Licenciatura/grao/diplomatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou Maxis-terio por Educación Física (en caso de posuíla).

g) Titulación de grao medio ou grao superior das ensinanzas deportivas de réxime es-pecial (en caso de posuíla).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos do-cumentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 7: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27499

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos luga-res e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 9. Criterios de valoración

As solicitudes valoraranse conforme os principios de obxectividade, igualdade e non discriminación, tendo en conta os seguintes criterios:

– Ser estudante universitario da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra (6 puntos).

– Proxecto de actividades que pretenda desenvolver na residencia de acordo co arti-go 16 desta resolución (4 puntos).

– Que o solicitante conte no momento de facer a solicitude coa categoría de deportista galego de alto nivel ou deportista de alto nivel (4 puntos) ou que teña sido recoñecido con anterioridade aínda que non conte co recoñecemento no momento da solicitude (2 puntos).

– Estar en posesión do título de licenciatura/grao/diplomatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte (4 puntos) ou Maxisterio na especialidade de Educación Física (3 puntos).

– Ser estudante universitario nunha facultade ou escola diferente á do primeiro punto, que admitan, polo seu contido e saídas profesionais, a formación práctica a través das di-ferentes tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil (3 puntos).

– Ser estudante dun ciclo formativo de grao superior que admita, polo seu contido e saídas profesionais, a formación práctica a través das diferentes tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil (2 puntos).

– Ter formado parte de programas deportivos de tecnificación ou rendemento no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (2 puntos).

– Que o solicitante teña ou tivese o recoñecemento de deportista de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes (1 punto).

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 8: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27500

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

– Ter formado parte de programas deportivos de carácter estatal ou de rendemento re-coñecidos polo Consello Superior de Deportes nun centro recoñecido para tal efecto fóra da nosa comunidade autónoma (1 punto).

– Estar en posesión de titulacións nalgunha modalidade deportiva, valorando cada titu-lación por separado e ata un máximo de 3 puntos.

– Informe da dirección do CGTD, ata un máximo de 3 puntos, en caso de posible reno-vación da bolsa.

Artigo 10. Órgano instrutor

A instrución do procedemento para a concesión das bolsas corresponde á Comisión de Selección.

Artigo 11. Comisión de Análise

A Comisión de Análise estará constituída por:

– Presidente: director/a do CGTD.

– Vogal: subdirector/a do CGTD.

– Secretario/a: unha persoa funcionaria da administración.

As funcións da Comisión de Análise serán:

a) Analizar a documentación presentada polas persoas interesadas.

b) Comprobar o cumprimento dos diferentes aspectos da convocatoria.

c) Requirir á persoa interesada as modificacións e a documentación necesaria para cumprir co establecido no artigo 6.

Artigo 12. Comisión de Selección

A Comisión de Selección estará constituída por:

– Presidente: subdirector/a xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o De-porte.

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 9: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27501

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

– Vogal: director/a do CGTD.

– Vogal: subdirector/a do CGTD.

– Secretario: unha persoa funcionaria da Secretaría Xeral para o Deporte.

As funcións da Comisión de Selección serán:

a) Valoración das solicitudes posteriormente á análise realizada pola Comisión de Aná-lise.

b) Valoración e ratificación, se é o caso, dos informes emitidos pola dirección do centro sobre a estadía como persoa deportista bolseira do CGTD, das solicitudes recibidas, de se dar o caso.

c) Elevar á Secretaría Xeral para o Deporte a proposta de resolución, en virtude da cal se outorgará a concesión das bolsas como persoal de apoio e colaborador na residencia do CGTD durante o curso escolar 2020/21.

Artigo 13. Proposta de resolución

1. A Comisión de Selección formulará unha proposta de resolución baseada nas maio-res puntuacións obtidas.

2. Esta proposta de resolución provisional exporase a información pública, na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, por un prazo de dez (10) días naturais contados a partir do seguinte á data de publicación. Durante este prazo, os interesados poderán formular as alegacións que coiden pertinentes nos lugares e nas formas indicados para a presentación de solicitudes.

3. Se algún dos candidatos propostos tiver a intención de non aceptar a adxudicación da bolsa, deberá comunicalo expresamente dentro do prazo de alegacións e proporase o seguinte con maior puntuación; ante o rexeitamento deste, ofreceráselle ao situado a con-tinuación, e así sucesivamente ata a súa cobertura.

4. Logo de rematar o prazo de alegacións e examinadas estas, se as houber, formulara-se a proposta de resolución definitiva.

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 10: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27502

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 14. Resolución e publicación dos actos

1. O prazo máximo para resolver a convocatoria non poderá exceder tres meses, conta-dos desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Gali-cia. De non se resolver neste prazo, as solicitudes entenderanse desestimadas.

2. Baseándose na proposta de resolución definitiva, a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte ditará resolución pola que se adxudican as bolsas para persoas colabora-doras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/21. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

3. Notificada a resolución polo órgano concedente, o beneficiario disporá dun prazo de dez (10) días naturais para a súa aceptación; transcorrido este sen que se produza mani-festación expresa, entenderase aceptada.

4. As baixas que se produzan unha vez publicada a listaxe definitiva teñen que ser co-municadas inmediatamente e por escrito ao enderezo de correo [email protected] para que poidan ser cubertas.

5. A concesión e a percepción da praza non implica ningún tipo de relación laboral, ou de natureza similar, entre a Xunta de Galicia e as persoas beneficiarias.

6. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da praza e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras adminis-tracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 15. Beneficios das persoas bolseiras

As persoas beneficiarias destas bolsas disporán do aloxamento de domingo a venres e manutención completa (de luns a venres), durante o curso escolar 2020/21 no CGTD, servizo de lavandaría, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisio-terapia.

A concesión destas bolsas é compatible coa obtención de axudas ao estudo, agás aque-las que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia es-colar.

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 11: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27503

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 16. Obrigas das persoas bolseiras

Serán obrigas das persoas bolseiras beneficiarias como persoal de apoio as detalladas a seguir:

a) Incorporarse á residencia o mesmo día que os deportistas.

b) Permanecer na residencia nos horarios establecidos polas/os preceptoras/es.

c) Colaborar en facilitar a convivencia e cumprir e facer cumprir as normas de réxime interno do centro informando en todo momento a dirección do CGTD de calquera infracción que se cometa.

d) Realización de actividades de apoio á dirección do CGTD, aos técnicos responsables dos grupos de deportistas existentes implicados no programa de formación e na organiza-ción e promoción de actividades deportivas, recreativas e académicas.

e) Colaborar coas/cos preceptoras/es na organización e promoción de actividades re-creativas e formativas.

f) Axudar nas tarefas de control e seguimento dos estudos dos residentes, así como a colaboración con eles no aproveitamento do seu tempo de estudo.

g) Notificar ás preceptoras todas as incidencias que se produzan en relación cos depor-tistas.

h) Calquera outra actividade que se determine para a correcta convivencia dos deportis-tas no centro e para o desenvolvemento das súas actividades dentro do CGTD.

Artigo 17. Número de bolsas

O número de prazas convocadas é de 6, precisando polo menos 3 prazas ocupadas polo mesmo sexo (feminino ou masculino), co obxectivo de ter unha representación con paridade para poder garantir unha correcta atención ao colectivo de deportistas do centro.

O número de prazas ofertadas poderá modificarse en función das necesidades deriva-das da aplicación das medidas de protección estatais ou autonómicas para facer fronte á situación provocada polo COVID-19.

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 12: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27504

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 18. Duración das bolsas

As bolsas terán, como mínimo, unha duración dun curso escolar (de setembro a xuño) segundo a Orde pola que se aprobe o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, e poden ser prorrogadas ata que o bolseiro remate os seus estudos e sempre que cumpra cos requisi-tos e obrigas recollidas nos artigos 3 e 16 desta convocatoria.

Artigo 19. Revogación dunha bolsa

A bolsa concedida poderá ser revogada polas seguintes causas:

– Por inadaptación ás normas de convivencia.

– Por incumprimento dalgún dos requisitos establecidos no artigo 3 desta convocatoria.

– Por incumprimento dalgunha das obrigas establecidas no artigo 16 desta convocatoria.

– Por renuncia do/a beneficiario/a.

– Por motivos disciplinarios no caso de faltas moi graves segundo o Regulamento de réxime interno do centro.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. A presentación da solicitude para participar nesta convocatoria implica o coñecemen-to e a aceptación das bases que a regulan.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Secre-taría Xeral para o Deporte publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas be-neficiarias e as axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públi-cos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 13: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27505

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

4. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, e o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 21. Información básica sobre protección de datos de carácter persoal

Os datos persoais recadados nestes procedementos serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Secretaría Xeral para o Deporte coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha dos procede-mentos incluídas na Guía de procedementos e servizos, nos propios formularios anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das per-soas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas compe-tencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que as persoas interesadas poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou, presencialmente, nos lugares e rexistros establecidos na norma regu-ladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicio-nal recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 14: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27506

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 22. Réxime xurídico

O réxime xurídico aplicable a esta convocatoria é o seguinte: Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xa-neiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; os preceptos declarados básicos pola disposición derradeira primeira da Lei 38/2003, do 17 de novembro (BOE núm. 276, do 18 de novembro), xeral de subvencións e Real decre-to 887/2006, do 21 de xullo (BOE núm. 176, do 25 de xullo), polo que se aproba o Regu-lamento da Lei 38/2003, a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normativa de xeral aplicación.

Artigo 23. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán inter-poñer recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 a 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdi-ción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira primeira

A persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte poderá ditar, no ámbito das súas competencias, cantos actos e medidas sexan precisos para o desenvolvemento desta re-solución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

José Ramón Lete Lasa Secretario xeral para o Deporte

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 15: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27507

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

ANEXO I

PROCEDEMENTO

BOLSAS PARA PERSOAS COLABORADORAS NA RESIDENCIA DO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

DE400ADOCUMENTO

SOLICITUDE

DATOS DA PERSOA SOLICITANTENOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

TIPO NOME DA VÍA NÚM. BLOQ. ANDAR PORTA

PARROQUIA LUGAR

CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DATOS PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN

Notifíquese a: Persoa solicitante Persoa ou entidade representante

Enviaranse avisos da posta á disposición da notificación ao correo electrónico e/ou teléfono móbil facilitados a seguir:

TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO

ELECCIÓN DO MEDIO DE NOTIFICACIÓN PREFERENTE As persoas obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coa administración deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos sen que sexa válida para elas, nin produza efectos, unha opción diferente.

Electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, https://notifica.xunta.gal. Só se poderá acceder á notificación co certificado electrónico asociado ao NIF da persoa indicada.

Postal (cubrir o enderezo postal só se é distinto do indicado anteriormente).

As notificacións que se practiquen en papel estarán tamén á disposición da persoa indicada anteriormente no Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para que poida acceder ao seu contido de forma voluntaria.TIPO NOME DA VÍA NÚM. BLOQ. ANDAR PORTA

PARROQUIA LUGAR

CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

DATOS ESPECÍFICOS DO PROCEDEMENTO

Titulacións específicas en caso de posuílas

LICENCIATURA/GRAO/DIPLOMATURA EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE OU MAXISTERIO POR EDUCACIÓN FÍSICA UNIVERSIDADE

TITULACIÓN DE GRAO MEDIO OU GRAO SUPERIOR DAS ENSINANZAS DEPORTIVAS DE RÉXIME ESPECIAL CENTRO DE ENSINO

TITULACIÓN FEDERATIVA DEBIDAMENTE AUTORIZADA FEDERACIÓN

SI NON

SI NON

SI NON

Este formulario só poderá presentarse nas formas previstas na súa norma reguladorahttps://sede.xunta.gal

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4

Page 16: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA … · 2 days ago · DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27493 ISSN D C. .. III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA

DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27508

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

ANEXO I (continuación)

A PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE DECLARA1. Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos. 2. Que acepta as bases da convocatoria de subvención establecidas na presente resolución.

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTAMatrícula universitaria ou do ciclo formativo correspondente ao curso académico 2020/21

BOE/DOG onde se acredite o recoñecemento de deportista de alto nivel/deportista galego de alto nivel, no caso de posuílo

Certificado da federación nacional correspondente que o/a acredita como deportista de alto rendemento, no caso de posuílo

BOE/DOG onde se acredite ter formado parte de programas deportivos de tecnificación e rendemento, de ser o caso

Proxecto de actividades que pretenda desenvolver na residencia de acordo co artigo 16 da presente resolución

Titulación federativa, no caso de posuíla

COMPROBACIÓN DE DATOSOs documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

OPÓÑOME Á CONSULTA

DNI/NIE da persoa solicitante

DNI/NIE da persoa representante

NIF da entidade representante

Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante

Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais

MARQUE O RECADRO CORRESPONDENTE PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXAN DE APLICACIÓN

Licenciatura/grao/diplomatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou Maxisterio por Educación Física

Titulación de grao medio ou grao superior das ensinanzas deportivas de réxime especial

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento Xunta de Galicia. Consellería ou entidade a que se dirixe esta solicitude, escrito ou comunicación.

Finalidades do tratamento A tramitación administrativa que derive da xestión deste formulario e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

Lexitimación para o tratamento

O cumprimento dunha tarefa en interese público ou o exercicio de poderes públicos segundo a normativa recollida no formulario, na páxina https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos e na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Consentimento das persoas interesadas, cando corresponda.

Persoas destinatarias dos datos

As administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que as persoas interesadas poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Exercicio de dereitosAs persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Contacto delegado de protección de datos e máis información

https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Actualización normativa: no caso de existiren diferentes referencias normativas en materia de protección de datos persoais neste procedemento, prevalecerán en todo caso aquelas relativas ao Regulamento xeral de protección de datos.

LEXISLACIÓN APLICABLEResolución do 1 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/21, e se procede a súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra Este formulario só poderá presentarse nas formas previstas na súa norma reguladorahttps://sede.xunta.gal

CV

E-D

OG

: im

d078

r9-h

492-

k8f6

-yw

50-z

eoov

q446

fe4