31
Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos Inclúe sementes para que comences a túa horta!

Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos

Inclúe sementes para que

comences a túa horta!

Page 2: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Debuxa

Colorea

Busca

Recorta

Planta

Ola! Somos Pepa e Rufo e estamos aprendendo a cociñar. Queremos que nos acompañes mentras facemos as nosas primeiras receitas. Comezamos?

3

Page 3: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta
Page 4: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Se queres medrar forte e sano tes que comer todo tipo de alimentos de forma equilibrada e variada. É importante que fagas 5 comidas ao día: o almorzo, a media mañá, a comida, a merenda e a cea. Non te esquezas de dormir ben, beber moita auga, e facer exercicio físico.

(2 racións/día)Peixe, ovos e carne

(2 racións/día)Lácteos

Caramelos, xeados, graxas (ocasionalmente)

Verdura (2-3 racións/día)

Auga (6-8 vasos/día)

Froita (3-4 racións/día)

A pirámide dos alimentos é unha guía que che axudará a escoller de forma sinxela os alimentos que deber incuir na dieta. Á hora de planificar as comidas do día busca cantas racións debes comer de cada grupo de alimentos. Ollo! non te pases coas lambetadas que nos coñecemos.

Pan, arroz e cereais (4-6 racións/día)

6 7

Page 5: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Carnes, pescado, huevosSon alimentos de origen animal que nos aportan muchas proteinas. Nos ayudan a crecer y a tener unos músculos fuertes.

2

Legumbres Las legumbres son el arroz, las lentejas, los garbanzos, las alubias... tienen gran cantidad de proteínas.

3

Lácteos La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes.

1

Cereales, pan, pasta y arroz Los cereales tienen muchos hidratos de carbono, con lo cual dan mucha energía que los niños necesitan para correr y para cualquier actividad física.

6Grasas Las hay de origen vegetal (aceite de oliva, de girasol…) y de origen animal (mantequillas, margarinas…). Nos dan energía y ayuda al corazón y las arterias a mantenerse sanos.

7

5 Verduras y hortalizas Contienen muchas vitaminas, minerales y f ibra. Son necesarias para que nuestro organismo funciones correctamente.

Frutas Tienen muchas vitaminas, agua y f ibra. Su función es energética y anioxidante.

4

8 9

Page 6: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Raiador

Manga pasteleira

Rolo

Barillas

Pota

Saleiro e pementeiro

Espátula

Espumadeira

Cunca

Báscula

Tixola

Manopla

Táboa de corte

Tesoiras

Espremedor

Vaso medidor

Escorredoiro

10 11

Page 7: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Lava as mans antes de poñerte a cociñar.

Tes que levar posto sempre un mandil.

Evita facer outra cousa coas mans mentres cociñas. Non metas o dedo na nariz!

Se tes o cabelo longo, pon unha coleta ou un gorriño de cociñeiro.4

Non te queimes! utiliza trapos ou manoplas cando teñas que coller recipientes que acaban de sair do forno.

7

5

8

9

1 2 3

Pide axuda a un adulto para prender o lume ou o forno.

Non uses aneis, reloxos ou pulseiras mentres cociñas.

Orienta os mangos das potas ou as tixolas cara dentro. Deste xeito evitarás darlles un golpe e que che caigan enriba.

6 Lémbrate de limpar con auga e xabón todos os utensilios e mesas que utilizaches.

12 13

Page 8: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Pelar

Peneirar

Raiar

Cortar

Escorrer

Remexer

Ferver

Fritir

Fornear

Bater

Preparado para cociñar? antes de poñerte coas mans na masa, debes coñecer algunhas técnicas que terás que usar para realizar as receitas.

14 15

Page 9: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Procura mercar sempre producto fresco no mercado do pobo ou ao teu tendeiro de conf ianza. Unha forma de coidar o noso planeta é mercar alimentos da zona onde vivimos. Os productos serán moito máis frescos, pensa que se viaxan miles de kilómetros contaminaremos moito máis. Vivimos nun sitio cunha f lora e unha fauna privilexiada, por iso é importante resepetar e conf iar no que a natureza nos da e ser moi coidadosos co medio ambiente.

Page 10: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Para facer a masa, bota nun recipiente grande a fariña, o sal e o fermento de panadeiro. Engade a auga morna e o aceite de oliva. Remove cun garfo ata que se mesturen ben os ingredientes.

1

Engade o tomate triturado, os anacos de mozzarella e follas de alfábega (se é fresca, moito mellor). Se che apetece, podes poñer máis ingredientes: xamón, champiñóns, olivas... Case todo queda ben nunha pizza!

4

Cobre o recipiente con plástico de cociña e deixa repousar uns 40 minutos nun sitio cálido para que o fermento faga o seu traballo. Verás como medra!

2

Agora métea no forno, pídelle un adulto que che axude porque podes queimarte. Sácala cando estea dourada, aproximadamente en 10-15 minutos.

5Estira a masa sobre a mesa enfariñada. Podes facelo cun rolo ou simplemente coas mans, é moi fácil! Pon a masa sobre un papel de enfornar e dálle forma redonda. Pídelle a un adulto que acenda o forno a 200ºC.

3

Tempo: 1 hora aproximadamenteDif icultade: Media Ingredentes: 300g de fariña 200ml de auga 2 culleres pequenas de aceite

20g de fermento fresco (pódes pedirlla ao teu panadeiro) 1 culleriña de sal Tomate triturado Mozzarella Alfábega (tamén vale ourego)

18 19

Page 11: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Pon un litro de auga no lume. Cando estea fervendo engade os 4 ovos e déixaos cocer durante 10 minutos. Cando arrefríen un pouco, quita a cascase dos ovos con moito coidado.

1 Colle un prato e fai un xardín coas follas da leituga que plantaches hai uns días. Non te esquezas de lavalas.

2 Corta un tomate á metade e baleira o contido. Colócao enriba do ovo e éncheo de puntiños de maionesa como no debuxo.

3 Pon nunha cunca o aceite, o vinagre e o sal, e remove cunha culler. Botao sobre a ensalada e a comer!

4

Tempo: 20 minutosDif icultade: Ata un gnomo podería faceloIngredentes: 6 ovos Media leituga 6 tomates Maionesa Sal, aceite

e vinagre

20 21

Page 12: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Merca as albacoras deslombadas e desespiñadas no peixeiro de conf ianza. Introduce o peixe na mistura de auga de mar e vinagre durante 10 horas. Retira o peixe da mariñada e gardao no aceite de oliva uns 20 minutos.

1 Pela 16 tomates tipo cereixa: dalle un corte na pel e méteos 10 segundos en auga fervendo. Inmediatamente ponos en auga con xeo para quitarlle a pel. Á parte, fai a sopa: tritura 8 tomates e 8 amorodos e deixaos escorrer nun coador. Mistura o liquido co azucre e unha nisca de sal. Introduce os tomatiños pelados na sopa durante minimo 4 horas.

2 Dispón na base do prato unha culler de sopa de tomate e amorodos, e reparte dunha forma ordeada e vistosa os tomatiños, a albacora cortada en anacos de 3cm, e 3 follas pequenas de alfabega e nébeda. Para rematar, engade anacos de pan torrado e unhas gotas de aceite virxe.

3

Tempo: De un día para outroDif icultade: Para pequeños grandes chefs Ingredentes: 4 albacoras Vinagre 300g 700ml de agua salgada (1l auga por 36g de sal)

16 tomatiños aliñados (tipo cereixa) 1 culleriña de azucre Zume de tomate e amorodos (8 tomates

e 8 amorodos) Alfabega ou nébeda 1l de aceite virxe Pan

22 23

Page 13: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Bota na tixola 5 culleres de fariña e mixturalo todo ben para conseguir unha pasta espesa. Unha vez ben mixturado, bota a metade do leite, o sal e a pementa sobre a mixtura. Remove con moita enerxía facendo círculos para evitar grumos. Cando estea ben compacto, engade a pouquiños a outra metade do leite e segue removendo en círculos uns 6 minutos. Deixa a masa en repouso durante 3 horas.

Frie las croquetas nunha tixola con aceite abundante. Dalle a volta cando vexas que se poñan douradas. Non tardan case nada en fritirse, así que non deixes que se queimen.

Prepara un prato grande con dous ovos ben batidos e outro con pan relado. Cunha culler, vai collendo pequenas porcións e dalle forma coas mans. Unha vez teñas unha pequena bola de masa rebózaa ben e no ovo e logo no pan relado.

3

4

Pica a cebola e o polo en anacos moi pequenos. Pon no lume unha tixola grande cun pouco de aceite. Dora a cebola, incorpora o polo e mixtúrao ben durante uns 10 minutos a lume lento.

1

2

Tempo: 45 minDif icultade: Para os máis listos do curral Ingredientes: para unas 20 croquetas: O cuarto dun polo cociñado (cocido,

asado ou frito) Unha cunca de café de aceite

5 culleradas sopeiras de fariña 1 cebola 700ml de leite 1 culleriña de sal e pementa 2 ovos 1 cunca grande de pan relado

24 25

Page 14: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Corta un anaco de papel f ilm duns 30x30 cm e úntao con aceite. Casca un ovo e verteo dentro do papel f ilm. Se o fas dentro dunha taza, mellor, asi no se esparexerá. Faille un bo nó cunha goma para que non escape o ovo.Pon un litro de auga nunha pota, e cando estea fervendo introduce a bolsiña cos ovos dentro durante 6 minutos e medio.

1

Pela os tomates tipo cereixa. Primeiro dalle un corte na pel e introduceos durante 10 segundos en auga fervendo. Inmediatamente ponos en auga con xeo para despois quitarlle toda a pel.

2 Quita o ovo do papel f ilm e pono no centro dun prato. Cando arrefríe ponlle un pouquiño de sal. Mistura a maionesa e un limón esprido, e verteo sobre o ovo. Decora o prato cos picatostes de pan, a cebola crocante, as aceitunas e os guisantes coma no debuxo. Pica unha pouquiña ceboleta para rematar a estupenda ensaladilla pantasma.

43 Preparamos en cuncas uns anaquiños de pan fritido, cebola crocante, unhas pouquiñas aceitunas cortadas en toros e uns chicharos previamente cocidos.

Tempo: 30 minutosDif icultade: Para os máis listos do curral Ingredentes: 2 ovos 8 tomates tipo cereixa 2 culleres de chícharos cocidos

2 culeres de pan fritido 1 culler de olivas 1 culler de cebola crocante 6 culleres de maionesa 1 limón

26 27

Page 15: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Mistura nun recipiente a carne picada co perexil e o allo picado. Engadelle o sal e a pementa blanca e remove ata que quede homoxéneo. Agrega os ovos e o leite e misturar ben ata formar unha masa. Bota o pan raiado ata que quede consistente e que se poida manexar ben coas mans.

1

Fai pequenas bolas coas mans do tamaño que máis che guste e despois pasa as albóndegas pola fariña.

2 Pica a cebola f ina. Nunha tixola cun pouco de aceite a lume medio bota a cebola picadiña e deixa que se poña transpartente. Engade o tomate fritido e un pouco de sal si é necesario. Unha vez rematado este proceso, tritura o tomate e a cebola na batidora para que quede máis f ino.Quenta todo xunto durante uns minutos na tixola a lume faixo para que as albóndegas collan sabor. Sírveo nun prato, estará para chupar os dedos.

4

Tempo: 30 minutosDif icultade: Para neandertales Ingredentes: 500g de carne picada, mitade terneira

e mitade porco ½ cebola 1 dente de allo

2 culleriñas de perexil 50ml de leite Pan relado Fariña 2 ovos 200ml de tomate fritido Sal e pementa

Quenta aceite abundante nunha tixola, coa axuda de un maior e bota con coidado as albóndegas. Fai varias tandas para que non se peguen e dalles a volta para que se fagan igual por todos os lados. Saca as albóndegas e déixaas que escorreguen sobre un plato con papel absorbente.

3

28 29

Page 16: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Tempo: 30 minutosDif icultade: Si sabes atar os cordóns dos zapatos, podes far esta marmelada

Ingredentes: 750g de amorodos 1 e 3/4 cuncas de azucre 1 cunca de auga O zume de un limón

Pela o plátano, o kiwi e a mandarina e limpa moi ben os amorodos e a mazá.1

Pincha a mazá con forma de cabeza de peixe no extremo esquerdo do palillo e vai alternando plátano, kiwi, mandarina e amorodo ata chegar á cola.

Corta un anaco de mazá en forma de cabeza de peixe e outro en forma de cola. O plátano, o kiwi e a fresa en láminas gordas e rectagulares, e a mandarina en gallos.

2 3

Tempo: 15 minDif icultade: Poderías facelo cos ollos pechados Ingredientes: 1 mazá 1 plátano

1 kiwi 1 mandarina 3 amorodos

(podes usar calqueira froita de tempada) Palillos longos

Lava os amorodos e quitalles o rabo. Colocaos na licuadora co zume de limón e a auga. Unha vez licuado botao nunha pota co azucre e pono a cociñar a lume lento durante 25-30 minutos. Remove constantemente cunha culler de madeira.

1 Reparte a marmelada en frascos de vidrio esterilizados e meteos no frigoríf ico.

230 31

Page 17: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Bate os ovos co azucre, engádelle a nata e mistura ben. Vai botando a fariña e o fermento pouco a pouco sen deixar de remover. Quenta o forno a 180ºC.

1 Unta o molde cun pouco de manteiga, bótalle a masa que f ixeches e fornea durante 45 minutos.

2

Para facer a cobertura de chocolate negro, quenta dous vasos de leite coa tableta troceada e revolves ate que se funda o chocolate. Unha vez ferva, retírao do lume. Para facer as pintas brancas, quenta un vaso de leite coa media tableta de chocolate branco e fai o mesmo que co chocolate negro.

3

Deixa enfriar o Maruxo e recúbreo cunha capa de cholate negro. Cando arrefríe o chocolate negro, coa axuda dunha cuchara fai manchas con chocolate branco imitando o lombo dunha vaca.

4

Tempo: 45 minDif icultade: Para vacasIngredentes: 4 ovos 2 vasos de azucre 3 vasos de fariña

1 vaso e medio de nata (200ml) 1 sobre de fermento Un pouco de manteiga para o molde 1 tableta de chocolate negro (200g) ½ tableta de chocolate branco (100g) 3 vasos de leite enteira

32 33

Page 18: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

34 35

Page 19: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

36 37

Page 20: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta
Page 21: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Esta é a cociña de Pepa e Rufo. Observa con atención e contesta.

Cantos garfos hai? Cantas pezas de froita ves? Cantas culleres?

Agora busca e rodea as galletas antes de que as coma o gato.

Page 22: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Fíxate nos grupos de alimentos das páxinas 8 e 9. Debuxa e colorea os alimentos que meterías na neveira .

42 43

Page 23: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Busca e rodea as 7 diferenzas.

Page 24: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

23

Froitas cruzadas. Enche o encrucillado co nome das froitas que ves no debuxo.

1

1

5

4

2

3

5

4

Que señorita vai polo mercado coa súa cola verde e o seu traxe morado? A berenxena O colif lor A bombarda

Na horta fun criada, atada con verdes lazos, aquel que chora por min estame partindo a pedazos. A cereixa O tomate A cebola

Le con atención as seguintes adiviñanzas e rodea a resposta correcta.

Ver, ver, ver, pecha a porta e... zas! O pemento A berza O nabo

Teño a cabeza redonda, sen nariz, ollos nin fronte, e o meu corpo está composto só de brancos dentes. Quen son? O cogombro O allo A cabaciña

46 47

Page 25: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Une cunha frecha cada planta co seu froito.

48 49

Page 26: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Debuxa un menú variado axudándote da pirámide dos alimentos.

14

5

Almorzo

2 A media mañá

3 Comida

Merenda

Cea

50 51

Page 27: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Colle a semente da bolsiña que está ao f inal do libro e entérraa nun recipiente pequeno como un yogurt vacío. Hazle un agujerito en la base. Mantén a terra húmida nun lugar soleado.

1 Cando saian os primeiros brotes podes transplantala a un soporte máis grande. Pon unhas boas luvas e move ben a terra.

2 Pon a maceta preto dunha f iestra soleada. Rega constantemente. Estará máis tenra e saborosa.

3 Cando medre podes cortala para facer unha rica ensalada.4

Planta unha leituga seguindo estes pasos.

52 53

Page 28: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Cada ovella coa súa parella. Une cunha frecha cada producto derivado co seu orixe.

54

Page 29: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

56 57

Recorta pola liña de puntos e mistura as cartas cara abaixo. O primeiro xogador dará a volta a dúas cartas, se son iguais queda con elas, senon volve a darlle a volta. O seguinte xogador fará o mesmo, co obxetivo de memorizar as parellas. O que máis parellas consiga gana.

Page 30: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

Ilustracións

Cinta Arribas e María Ramos

Deseño

Cinta Arribas

Edición

Carlos Pereiro e Cinta Arribas

Page 31: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos · La leche, el yogur y el queso son lácteos. Son imprescindibles para mantener nuestros huesos sanos y fuertes. 1 Cereales, pan, pasta

ISBN 999 99 99999 99 9

BABABUM “COCIñA” É UN CADERNO DE RECEITAS E ACTIVIDADES PARA NENOS DE 6 A 8 ANOS. PEPA E RUFO SERÁN AS PERSONAxES ENCARGADAS DE ENSINARCHE AS NORMAS DE HIxIENE E O VOCABULARIO BÁSICO QUE DEBES COñECER ANTES DE POñERTE COAS MANS NA MASA. CON ELES PODERÁS DAR OS PRIMEIROS PASOS COMO CHEF ELABORANDO AS NOSAS RECEITAS. TAMÉN COñECERÁS OS TRUCOS PARA LEVAR UNHA ALIMENTACIóN SANA E PODERÁS DIVERTIRTE COAS ACTIVIDADES DO CADERNO.

O CADERNO INCLúE UNHA BOLSIñA CON SEMENTES PARA QUE COMECES A PLANTAR A TúA PROPIA HORTA. COMEZAMOS?