Upload
rato-mik
View
230
Download
4
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Conto elaborado polo alumnado do 2º ciclo de Primaria
Citation preview
Incrible aventura en Londres
Un día coma calquera outro,
os nenos e nenas buscando in-
formación en internet sobre os
Xogos Olímpicos, atoparon
unha páxina na que había un
concurso sobre cidades e países
olímpicos. O premio consistiría en participar nunhas Minio-
limpíadas Escolares en Londres, e sería un colexio por
cada país.
Xa que os do segundo ciclo eran expertos investiga-
dores nese tema, decidiron anotarse e, por suposto,
responderon correctamente a todas as cuestións.
Entre todos os centros que acertaron, houbo que fa-
cer un sorteo e gañou un colexio de Madrid. Descu-
briuse, uns días despois, que alguén conseguira cam-
biar os resultados na web facendo trampas. Polo tan-
to, tívose que repetir o sorteo e tocoulle ao CEIP Mestres Goldar.Por fin chegou o gran día.
Os nenos e nenas gañadores saíron do aeroporto de Peinador, en Vigo, e chegaron a Londres
despois dun par de horas.
Como faltaban aínda algúns días para competir nas Miniolimpíadas e
non coñecían a cidade, foron visitar os monumentos máis famosos xunto cos
seus mestres e monitores. Despois de estar no Museo Británico, colleron o
autobús e chegaron ata o Big Ben. Logo cruzaron a ponte sobre o río Tá-
mesis para subir ao London Eye. Cando baixaron da nora había un ven-
dedor de periódicos be-
rrando:
Extra, extra. Desaparece-
ron as medallas dos Xogos
Olímpicos. Extra, extra.
Intrigados, achegáronse e mercaron un exemplar.
Había dúas fotografías na portada baixo o titu-
lar. Nunha delas estaba a vitrina coas medallas
dentro, e na outra estaba completamente baleira
cos cristais e as pechaduras intactas sen sufrir
ningún dano. Era o roubo perfecto, as medallas
desapareceran por arte de maxia.
Todos os habitantes de Londres estaban preo-
cupados. Despois de todos os preparativos, poderían quedar sen Olimpíadas!
Como xa chegaba a noite aloxáronse no seu hotel, pero aínda seguían pensando na
misteriosa desaparición das medallas.
Ao día seguinte, despois do almorzo no buffet, decidiron axudar á policía de Scotland
Yard a resolver o caso.
Chegaron ao estadio olímpico en busca de pistas. Alí había un personaxe moi sospeitoso mo-
véndose continuamente dun lado para outro. Pero, imaxinádevos quen era! A bisneta de Sher-
lock Holmes coa característica gorra do seu bisavó!
Achegáronse e preguntáronlle o nome. Ela respondeu:
Juliette Holmes, e estou aquí co meu can Watson Scooby, que tamén é o meu compañeiro e
axudante. Estamos investigando o caso das medallas desaparecidas. Queredes colaborar e
pescudar con nós?
Os rapaces e rapazas responderon a co-
ro:
Por suposto que si! Estaremos en-
cantados de botar unha man para
aclarar este incrible roubo!
De súpeto, soou o teléfono móbil de
Juliette. Descolgou e falou unha voz
masculina moi rara e deformada que
dicía:
Se queredes as medallas, collede a
liña número catro do metro e ide ao
soto da Torre de Londres. Alí atoparedes a seguinte pista dentro dunha caixa de madei-
ra.
A comunicación cortouse.
Moi nerviosos foron á estación máis próxima, e colleron a liña número catro. Cando entra-
ron non había ningunha persoa dentro e eles quedaron abraiados, pero seguiron o percorrido, e
cando xa estaban preto da súa parada, o metro parou e as luces apagáronse. Estaban asus-
tadísimos. Menos mal que Juliette Holmes tiña unha lanterna.
Mentres os tranquilizaba acendeuna e soou unha voz sospeitosa que cada vez era máis forte,
era a voz misteriosa que Juliette escoitara no seu teléfono e dicía:
- Eu fun o que coas miñas artimañas parei o metro e fixen que se apagaran as luces, para
atrapar a Juliette Holmes e así poder vingarme do seu bisavó. Eu son o bisneto do seu superi-
nimigo “Moriarti”. Chámome James Moriarti. O roubo das medallas foi unha estrataxema
para localizala e des-
facerme dela. Chegou
por fin o gran día!
Acendéronse as luces
e o metro empezou a
funcionar de novo. Pero
Juliette non estaba! Só
a súa gorra.
Ao chegar á parada, Watson Scooby comezou a poñerse nervioso e a correr porque ulía o
rastro da súa compañeira,
grazas á prenda deixada.
Os rapaces e rapazas se-
guiron ao can pola rúa e
chegaron á Torre de Lon-
dres.
Entraron apresurada-
mente e baixaron ao soto.
Alí estaba James Moriarti
preparando unha enorme
bomba para destruír todo e a todos. E ademais tiña a Juliette Holmes fortemente atada a
unha cadeira. El, ao decatarse da xente que chegaba, e antes de que o colleran, escapou
por unha porta secreta que había á súa esquerda e que o levaría ao exterior para salvarse e
continuar coas súas maldades.
Ao saír levou unha desa-
gradable sorpresa. Estaba
todo rodeado por policías.
Tentou evitalos e esconderse,
pero foi descuberto e o espo-
saron ao momento.
Mentres os nenos e nenas puxéronse a desatar a Juliette.
Ela dixo:
-Moitísimas grazas. Agora temos que darnos présa para atopar as medallas antes de
que sexan as Miniolimpíadas e os Xogos Olímpicos.
Pero…Onde estaban as medallas?
Había un cadro cunha foto moi antiga na que estaban pelexando Moriarti e Sherlock Hol-
mes. Juliette, por curiosidade, descolgouno, e na parede apareceu unha caixa forte. Detrás
do marco estaba unha combinación de números que resultou ser a súa contrasinal. Abriron
a caixa e alí estaban as medallas.
Como desapareceran e chegaran ata
alí?
Pois resultou que James Moriarti era
un dos vixiantes do edificio onde estaban
gardadas. Así conseguiu facilmente as
chaves para roubalas e non deixar rastro.
Chegou o gran día. Estaban todos
preparados para participar nas Minio-
limpíadas Escolares e gañar o conseguir
o ouro.
Non foi posible, pero lograron o terceiro
posto e a medalla de bronce e ademais o
pasaron xenial. Para todos foi como ga-
ñar unha medalla de ouro por resolver o
caso e vivir unha aventura moi emocionante.
Ao día seguinte regresaron a Vigo, e a noticia foi portada dos periódicos e dos telexornais
galegos e nacionais.
Finalmente celebraron o gran éxito cos seus compañeiros e compañeiras e as súas fami-
lias.
FIN (THE END)
(CONTO ELABORADO POLO ALUMNADO DE TERCEIRO E CUARTO)