4
ORIENTACIÓNS PARA AS INTRODUCIÓNS DOS DEBATES O esquema clásico é o que divide o discurso en tres partes: - Introducción (10%). Aquí anunciamos o contido do que imos ver e así o oínte prepara a súa mente para recibir a mensaxe. Empezamos saudando o grupo e que facemos despois é xustificar aquí o interese do tema; podemos facer unha afirmación provocadora, un dato espectacular, que despois argumentaremos; iso axuda a crear expectativas na audiencia. Tamén podemos escoller unha anécdota con certa intriga e que leve ao tema da intervención… - Desenvolvemento (80%); aquí argumentamos, imos argumento a argumento…Podemos empregar datos, comparacións, anécdotas, interpelacións cara ao auditorio. Ten que haber un equilibrio entre os distintos argumentos (non dedicarlle ao primeiro tres minutos e ao cuarto medio…) É importante que o que digamos estea contrastado… non dicir por dicir. - Conclusión (10%). Aquí pechamos a nosa intervención, faise unha síntese das ideas vistas e o oínte retoma as ideas vistas no desenvolvemento ao final. É importante porque axuda a deixar boa impresión.

Indicacións para o debate

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Indicacións para o debate

ORIENTACIÓNS PARA AS

INTRODUCIÓNS DOS DEBATES

O esquema clásico é o que divide o discurso en tres partes:

- Introducción (10%). Aquí anunciamos o contido do que imos ver e así o oínte prepara a súa mente para recibir a mensaxe. Empezamos saudando o grupo e que facemos despois é xustificar aquí o interese do tema; podemos facer unha afirmación provocadora, un dato espectacular, que despois argumentaremos; iso axuda a crear expectativas na audiencia. Tamén podemos escoller unha anécdota con certa intriga e que leve ao tema da intervención…

- Desenvolvemento (80%); aquí argumentamos, imos argumento a argumento…Podemos empregar datos, comparacións, anécdotas, interpelacións cara ao auditorio. Ten que haber un equilibrio entre os distintos argumentos (non dedicarlle ao primeiro tres minutos e ao cuarto medio…) É importante que o que digamos estea contrastado…non dicir por dicir.

- Conclusión (10%). Aquí pechamos a nosa intervención, faise unha síntese das ideas vistas e o oínte retoma as ideas vistas no desenvolvemento ao final. É importante porque axuda a deixar boa impresión.Unha boa conclusión é enlazar co principio aínda que non sempre é fácil.

O que non debemos facer nesta fase: Falar en presente. Dar datos concretos de máis, para iso xa está a segunda fase, a

do desenvolvemento. Ler o texto…quitando citas ou dato puntual. Non ser cortés: hai que agradecer a atención prestada.

Page 2: Indicacións para o debate

INDICACIÓNS PARA AS REFUTACIÓNS Estar atentos ao que din; tomar notas axuda a estar atentos.

Ter claro que hai que desacreditar os argumentos dos outros (darlles a volta). Ás veces son datos falsos, outras fontes inadecuadas, razoamentos débiles, palabras inadecuadas (“adulto”, por exemplo).

Para unha refutación empézase dicindo o que se vai facer, “Boas tardes, gustaríame facer algunhas observacións / consideracións / crítica de opinións expresadas polo meu oponente” . Despois vén a paráfrase do que dixo o oponente (poñer en palabras dun o que o outro dixo), ou sexa, dicir: “Quéixábase o compañeiro do equipo do IES A Pinguela do nenos que son os adolescentes de hoxe, de que son coma críos” e despois facer a obxección, “Pois ben, non creo que iso sexa aplicable de forma xeral; hai casos que o desmenten” e a continuación o contraargumento, “É certo que hai por parte dos pais máis protección, pero porque a sociedade se volveu máis perigosa, hai perigos que antes non había. Iso fai aos xoves máis nenos? Eu diría que hai máis precaución pero con 16 anos, infantís? Non o creo. Hai xoves que o toman moi en serio, con iniciativas propias de adultos (e estaría ben dar un exemplo…)”.

Pódese acabar a quenda de refutacións aludindo aos argumentos deles, como débiles, e aos nosos como fortes. “Expresan razóns pouco consistentes…”.

Page 3: Indicacións para o debate

DEBATETEMA:A NOSA TESE:

INTRODUCIÓN

DESENVOLVEMENTO. ARGUMENTATIO.

CONCLUSIÓN

Page 4: Indicacións para o debate