13
1 INFORME DO CIRCULO DE EMPREGO SOBRE LOXISTICA E TRANSPORTE CIRCULOS DE EMPREGO PARA O DESENVOLVEMENTO DA ESTRATEXIA DE MELLORA CONTINUA DO PROXECTO

Informe círculo emprego loxistica e transporte

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Informe círculo emprego loxistica e transporte

1

INFORME DO CIRCULO DE EMPREGO SOBRE LOXISTICA E TRANSPORTE

CIRCULOS DE EMPREGO PARA O

DESENVOLVEMENTO DA

ESTRATEXIA DE MELLORA CONTINUA

DO PROXECTO

Page 2: Informe círculo emprego loxistica e transporte

1

Índice

1. INTRODUCCIÓN. ................................................................................................... 3

2. CONTIDOS A TRATAR ........................................................................................... 4

3. METODOLOXÍA. ................................................................................................... 5

4. RESUMO DA SESIÓN ............................................................................................. 6 4.1 Fase expositiva ......................................................................................................... 6 4.2 Fase de discusión ...................................................................................................... 8 4.3 Priorización liñas de mellora……………………………………………………………………………….……..9

Page 3: Informe círculo emprego loxistica e transporte

2

INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Loxística e Transporte

1. INTRODUCCIÓN.

O proxecto Rede Xiana é un proxecto de emprego promovido pola Deputación da Coruña en colaboración cos concellos da provincia, dirixido a persoas en situación de desemprego que combina formación para mellorar as súas competencias persoais e profesionais con asesoramento persoalizado e a realización de prácticas non laborais en empresas e entidades da provincia. Ten como obxectivo principal, mellorar as posibilidades destas persoas de atopar un emprego e favorecer unha inserción laboral de calidade. No marco do proxecto estase a desenvolver unha estratexia de mellora continua que pretende introducir melloras nas estructuras, nos procesos de traballo e nos resultados. Esta estratexia está baseada no desenvolvemento de círculos de calidade, configurados como grupos de traballo capaces de identificar liñas de mellora na xestión do proxecto a través dunha retroalimentación productiva entre os diferentes axentes que interveñen na súa execución, que posibiliten o establecemento dun plan de mellora, para a súa implantación en posteriores proxectos de natureza similar, e mesmo para o establecemento dunha guía maestra a ter en conta no deseño de futuros proxectos de inserción sociolaboral Un círculo de emprego é un encontro entre demandantes de emprego (vinculados ao proxecto Rede Xiana) con empresarios representativos do sector no que se formaron específicamente os beneficiarios do proxecto, para fomentar o debate e intercambio de ideas entre os asistentes, en materia de posibilidades de emprego e criterios de valoración por parte das empresas participantes. Dentro nesta estratexia encaixase o círculo de emprego “Loxística e Transporte”. O obxectivo do círculo consistiu na identificación de accións de mellora nos procesos de identificación e selección de traballadores por parte das empresas especializadas no sector da dependencia. Data, lugar e horario de realización

4 de Maio de 2012. 10:00 a 14:00 horas. Estancias da Deputación da Coruña (A Milagrosa)

Participantes:

Nome Posto Ocupado

Fernando Sales Agra BricoKing, Dpto. RR.HH

Mª Carmen Villar Rodríguez Técnica Proxecto Rede Xiana

Sofía Agrafojo Rey Técnica Proxectos Deputación da Coruña

Page 4: Informe círculo emprego loxistica e transporte

3

INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Loxística e Transporte

Fernando Correa Alumno Rede Xiana

Luisa Lista Coordinadora Proxectos Deputación da Coruña

Juan Carlos C. Iglesias R.M. Concello Ames

Andrés Rodríguez Alonso Técnico INICIA Formación

Carmen Glez-Prosón Flores Directora SIAD 24, S.L.

Equipo de apoio

Cristina Sampayo Fernández Técnica xestión da calidade Gesan S.L.

Montserrat Rodríguez Arufe Técnica xestión da calidade Gesan S.L.

Gustavo Marcos Cancelas Moderador do grupo

Distribución horaria: O desenvolvemento da sesión de traballo levouse a cabo en base ao seguinte cronograma: 10.00 h: Apertura Unidade de Xestión de Proxectos do Servizo de Planificación, D.T e UE 10.15 h: Presentación da Actividade Carmen Villar Rodríguez. Técnica de Proxectos do Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e Unión Europea. Presentación de participantes, exposición de obxectivos do círculo de emprego e resumo de accións desenvolvidas no marco do proxecto. 10.30 h: Exposición das normas de funcionamento do círculo de emprego Gustavo Marcos Cancelas. Moderador do Círculo Obxectivos de cada parte implicada. Regras de participación e intervención. Elementos metodolóxicos do círculo de emprego. 10.45 h: Fase expositiva por parte da empresa participante (BricoKing) A empresa fará unha exposición dunha duración de 20 minutos aproximadamente. Preguntas e comentarios. 12:00 h: Pausa Café. 12.30: Fase de discusión Valoracións por parte dos asistentes ao círculo de emprego das temáticas propostas polo moderador. Análise crítico das mesmas e identificación de posibles melloras. 13:45: Conclusións e priorización das propostas de mellora e fin da actividade Gustavo Marcos Cancelas. Moderador do Grupo de Traballo Liñas de mellora xerais identificadas no desenvolvemento do círculo de emprego.

Page 5: Informe círculo emprego loxistica e transporte

4

INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Loxística e Transporte

2. CONTIDOS A TRATAR

No círculo de emprego expuxéronse e debatíronse os seguintes contidos:

1. En relación aos programas formativos Análise crítico sobre a idoneidade dos programas formativos, tanto dende a experiencia dos beneficiarios, en canto foron alumnos dos cursos, como dende o punto de vista dos Responsables Municipais e Representantes das Empresas, en canto á súa opinión sobre as características desexables para un programa formativo de carácter ocupacional. Neste sentido abordaríanse os diferentes tipos de contidos que se poden atopar nun curso desta tipoloxía:

• Contidos específicos da especialidade formativa: valorando cuestións como a adaptación de contidos ao perfil académico dos beneficiarios; a importancia do deseño de contidos enfocados ao desempeño no posto de traballo.

• Contidos transversais: valoración das diversas áreas consideradas como transversas, como por exemplo novas tecnoloxías, igualdade, medioambiente e emprendemento.

2. En relación á metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe: Valoración das metodoloxías habituais, a fin de identificar novas liñas de enfoque que podan dotar de unha maior efectividade e éxito á experiencia formativa:

• Alternancia de contidos teóricos e prácticos no aula: identificación da tipoloxía de métodos de ensinanza mais adaptados a determinado tipo de contidos.

• Prácticas en empresas: valoración das experiencias vividas polas partes interesadas no desempeño de prácticas profesionais tras o cursos, e aportación de liñas de mellora que axuden a mellorar o aproveitamento dos períodos de prácticas tanto por parte da empresa como por parte do alumnado.

3. En relación á aplicabilidade dos coñecementos: Desenvolvemento dun enfoque base para asegurar unha dobre vertente de utilidade do itinerario formativo do Proxecto REDE XIANA e similares:

• Formación para a inserción: baseada na adquisición dos coñecementos, habilidades e actitudes necesarios para o desenvolvemento dunha labor profesional no ámbito da especialidade formativa.

• Formación para a articulación dun itinerario formativo personalizado: baseado na adquisición de coñecementos, habilidades e actitudes xenéricas que aporte un valor engadido á formación, e que faga da mesma unha ferramenta posta a disposición do alumnado para a consecución de beneficios formativos mais aló da adquisición de competencia profesional no ámbito da especialidade formativa, como poden ser a superación das probas de competencias clave, obtención de carnets profesionais, habilidades sociais, etc.

Page 6: Informe círculo emprego loxistica e transporte

5

INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Loxística e Transporte

3. METODOLOXÍA.

A metodoloxía de traballo articúlase nas seguintes fases: I. Presentación da sesión e as súas dinámicas de participación No inicio da sesión explicouse aos asistentes á estrutura de traballo da sesión, destacando os valores do traballo en grupo. II. Fase expositiva Breve exposición das empresas en torno ás características dos procesos de selección de persoal, e dos rasgos identificativos dos candidatos idóneos para a ocupación dos postos de traballo an súa organización. Tras a exposición, procedeuse a unha quenda de preguntas aos representantes das empresas por parte dos asistentes, a fin de clarificar ou profundizar en algún dos temas abordados na mesma IV. Fase de Discusión Por último, o moderador realizou unha presentación das diferentes temáticas a abordar, en torno as diferentes características das accións formativas de carácter ocupacional, que son susceptibles de mellora, e deuse paso á abordaxe crítica de cada unha delas, propiciando a posta en común das diferentes perspectivas de opinión que poden aportar os asistentes. En base a esta posta en común identifícanse liñas de mellora posibles para o perfeccionamento do deseño e impartición das accións formativas dentro de futuros proxectos de características similares a Rede XIANA

4. RESUMO DA SESIÓN

A continuación recollemos unha síntese da dinámica de traballo establecida, expoñéndose a información máis relevante obtida en base á aplicación da metodoloxía descrita, ao tratamento crítico dos contidos propostos para a sesión. 4.1 Fase expositiva A empresa participantes neste Círculo sobre “Loxística e Transporte” foi a coruñesa BricoKing. A continuación recollemos un resumo da súa intervención: 1.Breve presentación das empresa participante: área de actividade, localización, dende cándo desenvolve as súas actividades.

Nome da Empresa: BRICOKING Fundada na Coruña tendo como xermen unha ferretería tradicional. A partires do ano 2004 inicia unha fase de expansión por toda España acadando un total de 25 centros na actualidade, o que lle permitiu pasar de 160 empregados a 415 na actualidade. A facturación é de 60 millóns de euros/ano. Actualemente conta coa presencia dun socio capitalista de orixe belga (é o segundo operador do sector en Bélxica) co que pasaron a iniciar unha estratexia de distribución vía franquicias, da que a primeira apertura foi en Lanzarote.

Page 7: Informe círculo emprego loxistica e transporte

6

INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Loxística e Transporte

2.Perfiles profesionais mais demandados pola empresa: postos mais ofertados e características mínimas esixidas aos candidatos Os perfís demandados son persoas para os centros que se ocupen das seguintes líneas:

Carpintería

Caixa

Almacén En canto as características desexables son as seguintes:

- Formación tipo F.P. - Que teñan orientación ao cliente (para facer venta cruzada) - Disponibilidade horaria e xeográfica - E básicamente, “xente con ganas de traballar”

Aos novos contratados facilítanlles un manual de benvida e tamén a participación –formación propia da empresa- en cursos monográficos (calefacción, xardín, pintura, …) por medio dun formador experto na materia e tamén o Director da Tenda. 3.Descrición do proceso de recrutamento e selección de persoal: Ante a apertura dun novo centro, o modus operandi da empresa é dirixirse ao concello –a través do axente de desarrollo local- e solicitarle CVs. Tamén se dirixen a centros de emprego, a Institutos de F.P. e mesmo ao INEM. Tamén reciben centos de Cvs por correo electrónico e sobre todo “candidaturas espontáneas” Proceso de Selección:

Os criterios de valoración son os seguintes: Edade: entre 18 e 40 anos Formación: F.P. (mais non é excluinte) Experiencia: valoran a traxectoria, e sobre todo se é unha actividade con continuidade.

En canto á entrevista, o que mais valoran é:

O aspecto (que vaian aseados, limpos)

O trato

A puntualidade

A traxectoria académica e a experiencia

Preguntan os motivos de por qué causou baixa

Disponibilidade para fins de semana (horario comercial) e xeográfica para plan de carreira

As ganas de traballar e a actitude 4.Erros mais habituais dos candidatos nos procesos de selección A empresaria identificou os seguintes erros principais: 4.a. No Currículum Vitae: - Non poner os datos de contacto - Fotos inapropiadas (vinculadas a festas, etc) - Emails inapropiados (“bomboncito22”) - Non son claros nin concisos (mellor 2 páxinas que 7) e non ser correlativos no tempo. 4.b No contacto telefónico: - Pouca receptividade cando chaman aos candidatos

Page 8: Informe círculo emprego loxistica e transporte

7

INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Loxística e Transporte

- Pouca disponibilidade para fixar unha entrevista 4.c Na entrevista - Chegar tarde - Ir acompañados da familia - Vestimenta inapropiada: chándal, etc. - Sentarse tipo sofá do salón - Non informarse sobre a empresa - Criticar a anterior empresa onde traballaron 5.Recomendacións para superar con éxito un proceso de selección de persoal. As recomendación que aporta esta empresa son as seguintes:

- Ser ti mesmo - Ir con motivación, con ganas de traballar - Adaptarse, ser polivalente - Amosar que se sabe traballar en equipo - Sobre todo: ter orientación ao cliente, ao que hai que dar unha atención exquisita.

4.2 Fase de Discusión Nesta fase da sesión de traballo, procedeuse a análise crítica das accións formativas, sendo de especial importancia as aportacións do alumno e do profesor que participaron no curso dentro do proxecto Rede Xiana. Isto permitiu recoller aportacións de primeira man sobre o programa formativo e sobre a metodoloxía de ensinanza así como da aplicabilidade dos coñecementos adquiridos. En canto aos contidos e metodoloxía, os asistentes manifestan unha boa valoración dos contidos específicos do curso. Pola sua banda o Responsable Municipal pon de manifesto que tanto nos contidos da formación ofertada dentro de Rede Xinana como na efectividade das prácticas hai unha boa experiencia. Asimesmo, acredítase na discusión que polo xeral as empresas non acuden ao Servizo Galego de Colocación, acudindo no seu lugar as ETTs, que se posicionan como auténticas colocadoras. Nesta fase da discusión a pregunta aberta é que é o que está a fallar: qué demandan as empresas ás Administracións Públicas. Por pate da empresa participante, non ten dúbida: demanda formación específica, esa que elabrora a propia empresa a xeito de formación interna. Nesta fase da discusión concórdase que cómpre mellorar a comunicación entre os concellos e as empresas, o que levaría a mellorar o traballo en rede e gañar confianza entre ambos interlocutores, de xeito que as empresas confíen en que os concellos van ser quen de enviar perfís axeitados as necesidades das empresas. A empresa participante acredita que nos últimos anos a evolución desta relación Concellos-Empresas é positiva, en concreto que nos últimos dous ou tres anos os concellos acuden mais ás empresas. Ponse de manifesto que as prácticas nas empresas son un elemento diferencial de Rede Xiana, en tanto

Page 9: Informe círculo emprego loxistica e transporte

8

INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Loxística e Transporte

son favorecedoras da inserción laboral. Na línea de discusión sobre as prácticas apúntanse os seguintes elementos:

As prácticas son as que marcan a diferencia.

Axudan moito cara a empregabilidade dos alumnos.

Posta en valor do feito de ter feito prácticas con éxito: divulgación –a proposta do RM de Ames- de que neste concello vía Rede Xiana colaborouse con BricoKing nun proxecto de inserción laboral.

Atención especial a malas experiencias de prácticas, en ocasións motivadas por unha mala comunicación co alumno, ou ben cun baixo interés por parte da empresa receptora.

En materia de certificación, o alumno presente na sesión manifesta que o caso concreto de certificación de carretilleiro non consta. Apórtase a solución de que aparezca detallado no reverso do propio diploma do curso (que inclue 50 horas de Prevención de Riscos Laborais). Neste aspecto, a empresa presente na discusión explica que a súa política é dar unha formación específica en carretilla coa axuda dun formador interno, ao ser unha línea cuasi transversal na actividade da compañía. Análogamente acometeuse a valoración dun seguemento personalizado do itinerario formativo, concluindo que é unha función esencial por parte dos responsables municipais. Isto representa un importante valor engadido en materia de favorecer a empregabilidade via convocatorias, bolsas de traballo, formación en especialización e certificados de profesionalidade.

4.3 Lliñas de mellora propostas polos asistentes

Nun proxecto coma o REDE XIANA, que ten o espíritu de facilitar a grave problemática da inserción laboral por unha banda e por outra de fomentar o traballo en rede, parece razonable que as recomendacións aportadas pola empresa participante neste Círculo de Emprego sexan recollidas e trasladadas a toda a Rede e aos interlocutores nos propios concellos, cara poñelas en valor ante os posibles beneficiarios que teñan que afrontar un proceso de selección de persoal. Ademais, identificáronse as seguintes liñas de mellora:

Page 10: Informe círculo emprego loxistica e transporte

9

INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Loxística e Transporte

CÍRCULO DE EMPREGO “Loxística e Transporte”

LIÑAS DE MELLORA PROPOSTAS POLOS ASISTENTES

“Autoemprego vinculado ao sector Loxística e Transporte” Dende o Círculo de Emprego creese que o autoemprego, dentro da súa transversalidade, non debe ser alleo a este sector de actividade. É un feito que a formación está orientada de base cara a conta allea versus conta propia. Sería necesario facer esforzos nesta liña non só ante os beneficiarios senón ante os propios Responsables Municipais, vía xornadas de formación sobre esta temática.

“Cursos de curta duración e homologación” Os asistentes consideran que a sería bo abondar en cursos de curta duración, cun elevado grao de adaptación á lexislación. Autohomologarse para a impartición destes cursos sería unha linea de mellora a explorar. Co horizonte en Xiana2 e outros proxectos, identifícase que no certificado de profesionalidade cómpre avanzar cara a homologación directa.

“Prácticas en empresas” Os asistentes ao Círculo de Emprego consideran que a especialización as prácticas representan un elemento diferencial de REDE XIANA, en tanto que son favorecedoras da inserción laboral. En relación as prácticas propóñense as seguintes melloras:

a. Incrementar a visibilidade do que representan as prácticas en empresas de xeito que se poña en valor de referencia para outras empresas que ainda non foron receptoras de alumnos en prácticas

b. Traballar na mellora do engranaxe concellos-empresas no aspecto das prácticas para gañar mais e maior credibilidade.

c. Mellorar o acercamento coas empresas cara unha optimización da inserción laboral. Proxectos como Xiana1 e Xiana2 poden contribuir a este acercamento e afinar coas necesidades formativas das empresas, combinando coa forza das prácticas como instrumento diferencial.

d. Se ben non hai un grande índice de queixas nas empresas receptoras de alumnos en prácticas, sería recomendable mellorar a comunicación co alumnado en relación a clarificar as funcións e tarefas reais a desenvolver nas empresas (para así anticipar un posible problema en orixe), xa que se teñen detectado casos de alumnos que se negaron a facer outras funcións colaterais ás que inicialmente lle foron asignadas.

Page 11: Informe círculo emprego loxistica e transporte

10

INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Loxística e Transporte

“Itinerarios personalizados” O seguemento personalizado é unha linea a mellorar. Unha proposta sería acometelo alomenos cunha parte dos beneficiarios aos que se lle pode facer una acompañamento personalizado –tanto no ámbito da conta allea como na conta propia-. Por exemplo a posta en contacto dun novo beneficiario con profesionais que teñan unha boa traxectoria no sector onde se quere ubicar. Isto pode estimular o difícil itineraio do autoemprego, entre outros. O mesmo aplica para continuación de formación vía cursos específicos ou bolsas de traballo.

Page 12: Informe círculo emprego loxistica e transporte

11

INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Loxística e Transporte

ANEXO. CADRO RESUMO DE ACCIÓNS DE MELLORA IDENTIFICADAS.

TEMÁTICA PROBLEMÁTICA LIÑA DE MELLORA PROPOSTA

Homologación dos cursos de formación

O alumnado prefire cursos homologados que faciliten a inserción laboral

Proceder coa homologación dos cursos cara 2012

Programación de novos cursos de curta duración, complementarios, moi adaptados a normativa e lexislación vixentes

As empresas valoran os estándares de homologación, se ben en determinados aspectos prefiren abordar internamente cursos en materias sensibles (por exemplo cara a seguridade no traballo)

Estimular a vía do autoemprego como opción válida, mais alá do hándicap cultural que de por si representa. Mesmo con xornadas sobre o emprego por conta allea orientadas tanto aos beneficiarios coma ao persoal das administracións públicas.

Prácticas en empresas

O entorno empresarial non amosa credibilidade e confianza en xeral nas iniciativas que nacen do sector público

Potenciar o acercamento entre concellos e o sector empresarial para seguir mellorando a confianza.

Clarificación das tarefas que teñen que facer os alumnos durante as prácticas.

Poñer en valor as prácticas realizadas por cada concello, cun plan de diseminación das mesmas vinculadas a un proxecto (sexa Rede Xiana ou outros)

As veces detéctase que unha parte do alumnado non ten claras as funcións a desenvolver nas prácticas na empresa

En moitas ocasións non se fai unha difusión do feito de que un concello promovera prácticas en empresas do seu contorno

As veces queda este eslabón perdido de non darlle un seguemento a cada

Propiciar por parte dos Responsables Municipais un acompañamento en materia de novas oportunidades, ben de formación especializada, ben de opcións

Page 13: Informe círculo emprego loxistica e transporte

12

INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Loxística e Transporte

Itinerarios personalizados beneficiario

laborais aos beneficiarios cara unha maior inserción.