Upload
innovacion-cooperativas
View
230
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
1 A continuación atópase unha relación de toda a información, deseños e materiais desenvoltos, asistentes á xornada, xestión dos relatores e todas as demáis accións levadas a cabo na xestión. O proxecto I+Coopera (iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo), foi aprobado e presentado en sociedade a través dunha xornada oficial. 1. Introdución 2
Citation preview
1
2
1. Introdución
O proxecto I+Coopera (iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento
tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo), foi aprobado e
presentado en sociedade a través dunha xornada oficial.
O presente documento ten como obxectivo recoller toda a información relativa á
organización e xestión integral da xornada de presentación do proxecto I+Coopera en
Silleda.
A continuación atópase unha relación de toda a información, deseños e materiais
desenvoltos, asistentes á xornada, xestión dos relatores e todas as demáis accións
levadas a cabo na xestión.
3
2. Xornada de presentación do proxecto I+Coopera
O Plan Estratéxico Galego para o Cooperativismo recolle, dentro das distintas liñas de
actuación para a promoción e fomento do cooperativismo na comunidade autónoma, o
impulso á investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación no sector
cooperativo, que son factores determinantes para a supervivencia das empresas e as
cooperativas non poden ser alleas a este proceso.
Dende a Consellería de Traballo se está a impulsar a investigación e a innovación en
materia cooperativa para dar pulo ás diferentes actuacións en materia de I+D+i, tendo en
conta a especificidade cooperativa, favorecendo a creación de proxectos de cooperación,
o desenvolvemento de proxectos comúns, o intercambio de experiencias e fomentando a
transferencia de coñecementos tanto no seo da cooperativa como a través das relacións
con outros axentes do Sistema Galego de Innovación.
Ao redor desta finalidade, definíronse unha serie de actividades dentro do proxecto. A
xornada de presentación oficial do proxecto, marca o inicio da posta en marcha de cada
unha das accións contempladas no deseño do proxecto.
4
3. Obxectivos
A xornada de presentación do proxecto I+Coopera, tivo como principal obxectivo dar a
coñecer o programa e as actividades á sociedade e en concreto a todos aqueles sectores
nos que hai una presenza significativa de cooperativas.
Tendo en conta este obxectivo marcáronse os seguintes obxectivos de comunicación:
- Dar a coñecer o obxectivo do proxecto que é realizar actividades de promoción do
cooperativismo mediante o impulso da investigación, do desenvolvemento
tecnolóxico e da innovación e dinamización de redes.
- Difundir a finalidade do proxecto, que quere poñer a disposición das cooperativas
un amplo conxunto de servizos gratuítos orientados a promover o I+D e a
innovación coa finalidade de facer un sector cooperativo más competitivo e con
maior capacidade para afrontar o actual contexto económico.
Imaxe dos ponentes
da xornada
5
4. A quen se dirixe
A xornada dirixiuse con carácter xeral a todos aqueles sectores nos que hai unha
presenza significativa de cooperativas, sendo nun principio os seguintes os mais
significativos:
- Cooperativas de traballo asociado..
- Cooperativas agrarias.
- Cooperativas de ensino.
- Cooperativas de transporte.
- Cooperativas de servizos.
- Cooperativas explotación común da terra.
- Cooperativas de vivenda.
- Cooperativas do Mar.
- Cooperativas de 2º grao.
- Cooperativas de consumidores usuarios.
- Outras cooperativas.
Dada a ubicación da xornada, destacou a relevancia especial das cooperativas agrarias e
alimentarias interesadas. Por este motivo, a xornada enfocouse a orientar e aclarar o
alcance do proxecto, resolvendo tódalas dúbidas dos asistentes, os pasos a seguir para
analizar ideas de proxectos ou como participar nas diferentes actividades do proxecto
I+Coopera.
6
5. Metodoloxía
A estrutura da xornada de presentación do proxecto foi deseñada dende unha visión
práctica e estivo formada polos seguintes bloques:
1. Presentación do proxecto I+Coopera. Neste bloque explicouse en qué consiste o
proxecto e cal é a finalidade do mesmo. Así mesmo, tratouse de introducir a
importancia da innovación nas cooperativas e qué fases de I+d+i se deben levar a
cabo para chegar a resultados satisfactorios.
2. Relatorio dedicado á contribución dos organismos de transferencia de tecnoloxía
ao impulso de proxectos colaborativos de i+d+i no ámbito das cooperativas
galegas.
3. Relatorio dedicado ás experiencias de proxectos colaborativos de innovación no
marco da plataforma tecnolóxica agroalimentaria galega - PTGAL.
4. Mesa redonda e debate.
5. Clausura da xornada.
7
6. Programa
O deseño da xornada respondeu ao seguinte esquema:
Día: 17 de xuño de 2011
Horario: de 10.45 a 13.00
Lugar: Recinto Ferial de Silleda. Sala Club do Expositor – Primeira planta – Pabellón 1.
10:45 horas Rexistro e entrega de documentación
11:00 horas: Presentación do proxecto i+ coopera: iniciativa para o impulso da
investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do
cooperativismo
- Antonio de la Cruz de la Rosa, EOSA Consultores
- Luis Touriño Guerra, EOSA Consultores
11:30 horas: Contribución dos organismos de transferencia de tecnoloxía ao
impulso de proxectos colaborativos de i+d+i no ámbito das cooperativas galegas
- José Luis Villaverde Acuña, Coordinador da Unidade de Valorización e
Transferencia. Universidade de Santiago de Compostela.
12:00 horas: Experiencias de proxectos colaborativos de innovación no marco da
plataforma tecnolóxica agroalimentaria galega - PTGAL.
- Lorenzo Pastrana Castro, Conselleiro científico do comité executivo da Plataforma
Tecnolóxica Agroalimentaria Galega – PTGAL.
12:30 horas: Mesa redonda e debate
12:45 horas: Clausura da xornada
- Xoan Miguel Concheiro Abal, Subdirector de Cooperativas e Economía Social.
8
7. Listado de asistentes
A continuación móstrase unha relación das persoas inscritas á xornada. Destaca o interés
na xornada para o persoal de AGACA, Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, e
para UCETAG, Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia :
Nome Entidade
Olga Amoedo Cabrera UCETAG Presidenta
Teresa Balado Barciela UCETAG
Roberto Andrés Sanmartín UCETAG Gerente
Antón Insua López Cooperativa Cidadanía
Luis Miguel Estévez AGACA Ourense
Marta Núñez Martínez-Corbalán AGACA Santiago
Carlos Ares Fdez. AGACA Santiago
Higinio Mougán Bouzón AGACA Santiago
Daniel Diéguez Diéguez Centro Desenvolvemento Verín
María Rey Campos AGACA (Coordinadora dpto. Calidade)
Aleixandre Pereira Pereiro Xedega
Manuel Carlos Gómez Díez Presidente Hortoflor
Ramón José Espiñeira Álvarez Bodegas San Roque de Beade
Miguel Ángel Quinteiro Núñez Intergal
César Quinteiro Rendo Intergal
Luis Miguel Estévez AGACA Ourense
Ana Pérez Ardora Formación e Servizos S. Coop. Galega
Gloria Bernárdez Beltrán Coop. Sta. María de Loureiro (Ourense)
Rosa Vázquez Sedade AGACA