14
Infórmate a Fondo NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa www.fondogalego.org Vacacións con Traballo de ida e volta 4 Entrevista con Gloria Prada, vogal da Executiva 7 Máis concellos súmanse ao Fondo Galego 11 Nova Presidencia da Confederación de Fondos 10 FONDO DE ARMARIO 10 OS PROXECTOS EN TERREO: Conclúe a asistencia a solicitantes de asilo canda Acnur 13 20 Anos a Fondo coa Solidariedade 2

Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

Infórmatea Fondo

NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

www.fondogalego.org

Vacacións con Traballo de ida e volta

4

Entrevista con Gloria Prada, vogal da Executiva

7

Máis concellos súmanse ao Fondo Galego

11

Nova Presidencia da Confederación de Fondos

10

FONDO DE ARMARIO10

OS PROXECTOS EN TERREO: Conclúe a asistencia a solicitantes de asilo canda Acnur

13

20 Anos a Fondo coa Solidariedade

2

Page 2: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

> Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

ACTUALIDADE DO FONDO 20 Anos a Fondo coa Solidariedade

Preto dun cento de representan-tes de concellos galegos, da Xunta e de fondos de cooperación dou-tras comunidades autónomas, en-tre outros, celebraron o vixésimo aniversario do Fondo Galego de

Cooperación e Solidariedade cun gran acto en Santiago de Compos-tela. Baixo o epígrafe “20 Anos a Fondo coa Solidariedade”, a Cida-de da Cultura acolleu un concorri-do evento lúdico e reivindicati-vo, dinamizado pola compañía de clown Pallasos en Rebeldía.

A concelleira de Políticas Sociais da capital galega, Concha Fernán-dez, foi a encargada de dar a ben-

vida ao acto, no que defendeu “o papel dos concellos en materia de cooperación”. Tomoulle o rele-vo o presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González, quen destacou no seu discurso que “desde 1997 se teñen apoia-do máis de 150 proxectos de coo-peración en preto de trinta paí-ses, entre os que destacan Cabo Verde, Nicaragua, Cuba, Perú e, na actualidade, Mozambique”.

Pola súa banda, o presidente de honra do Instituto Galego de Análise e Documentación Inter-nacional, Xulio Ríos, lembrou os comezos do Fondo Galego de Coo-peración, impulsado polo propio IGADI, ao tempo que reivindicou a autonomía local. Na conmemo-ración destas dúas décadas de an-daina subiu asemade ao estrado a vicepresidenta da Confederación de Fondos e presidenta do Fons

A conmemoración dos 20 anos do Fondo Galego combinou discursos, coma o do presidente, con actuacións culturais.

1

Page 3: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

> Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

Valencià, Xelo Angulo, quen apun-tou que a Confederación repre-senta a máis de 1.000 entidades locais “que impulsan políticas pú-blicas con incidencia na cultura de paz, na consecución dos derei-tos humanos e a prol dunha nova orde mundial”.

Por outra parte, o secretario xe-ral da Federación Galega de Mu-nicipios e Provincias (Fegamp), Eduardo Ramonde, transmitiu a “emoción” e o “orgullo” do munici-palismo ante o labor do Fondo Ga-lego e subliñou que “temos que estar máis unidos ca nunca para que a axuda de uns a outros che-gue”. O peche das intervencións institucionais correspondeulle á directora xeral da Administración Local, Marta Fernández-Tapias, quen incidiu no “encomiable obxectivo” do Fondo Galego:”unir forzas no eido local para apoiar a persoas que o necesitan a nivel global”.

Os discursos mesturáronse con actuacións culturais que serviron como mostra das actividades de sensibilización fronte as des-

igualdades que están a percorrer as deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A Tropa de Trapo trasladou aos presentes ata Nica-ragua a través dun dos seus con-tos, mentres que a escritora Ma-rilar Aleixandre leu o poema que

escribira para o libro ‘Palabras con Fondo’ e mais un relato de Carlos Casares incluído no mesmo volu-me. O broche de ouro púxoo Ba-tuko Tabanka, grupo de mulleres de orixe caboverdiana afincadas na Mariña lucense, que difunde a música tradicional do arquipélago

africano ao tempo que promo-ve a interculturalidade. Ademais, proxectáronse varios vídeos sobre o Fondo Galego e nos soportais da Biblioteca instalouse a exposición ‘20 Anos a Fondo coa Solidarieda-de’.

Arredor dun cento de persoas participaron na celebración do vixésimo aniversario do Fondo Galego de Cooperación.

1

Page 4: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

>ACTUALIDADE DO FONDO Vacacións con Traballo de ida e voltaDespois de doce anos enviando a persoal dos concellos socios a co-laborar cos parceiros no Sur, en 2017 o Fondo Galego de Coopera-ción e Solidariedade deulle a volta ao programa Vacacións con Traba-llo e en outubro foron dúas téc-nicas municipais de Cabo Verde e Mozambique as que viaxaron a Galicia para intercambiar ex-periencias. Saneamento, medio ambiente, planificación urba-nística e estradas son algunhas das áreas polas que as profesio-nais amosaron interese en for-marse.

Paula Pina, directora de gabinete de Saneamento, Medio Ambiente e Seguridade Urbana da Cámara Municipal de Santa Cruz, no arqui-pélago africano, iniciou a estadía visitando diferentes fincas da De-putación de Pontevedra, para per-correr logo A Guarda, San Sadur-

niño e Burela. Alí tivo ocasión de comprobar o funcionamento de depuradoras, pozos de bombeo, punto limpo, servizo de xardine-ría, etc. O obxectivo da funcionaria era “coñecer a vosa experiencia e amosarvos a nosa nestas áreas”, a fin de tirar aprendizaxes mu-tuas, e destaca ideas a implemen-tar no seu municipio referentes á recollida e reciclaxe ou composta-xe do lixo.

En instalacións semellantes tiña interese Ailina da Marta, topó-grafa da vila mozambicana de Mandlakazi que pasou tamén pola Deputación de Pontevedra e polos concellos de Tomiño, Valga, O Bar-co, Moaña e Narón. A súa axenda incluíu a fiscalización de obras, re-visión de PXOM, servizo de mobi-lidade ou manexo de programas informáticos. No seu caso, valora o contacto directo co persoal téc-

nico responsable das diferentes accións. “Foi moi interesante todo o tema do catastro e da planifi-cación urbanística, polo que levo comigo algunhas ferramentas para mellorar estas cuestións no meu municipio”, asegura.

As dúas profesionais coinciden en destacar as melloras que nos últi-mos anos se teñen dado nos seus concellos en materia urbanística,

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

Ailina da Marta, topógrafa da vila mozambicana de Mandlakazi, visitou cinco concellos, entre eles o de Valga.

2

Page 5: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

>de limpeza ou alumeado público, pero apuntan que aínda queda moito por facer dada a carencia de recursos económicos, equi-pamentos e formación. A través deste programa de cooperación técnica, búscase contribuír a re-forzar as capacidades dos muni-cipios de países empobrecidos, ao tempo que se pon en valor a multiculturalidade e se sensibiliza sobre as desigualdades Norte-Sur, para o que as convidadas tamén impartiron diversas charlas.

Persoal de Cabana e Rianxo en Mozambique O programa Vacacións con Traba-llo seguiu mantendo, no entanto, a súa vertente clásica, coa que em-pregadas dos concellos de Rianxo e Cabana de Bergantiños se des-prazaron a Mozambique para coo-perar cos parceiros do Fondo Gale-go de Cooperación e Solidariedade a través deste programa de volun-tariado internacional dirixido aos cadros das administracións locais e provinciais socias da enti-dade.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

A técnica caboverdiana Paula Pina, da Cámara de Santa Cruz, intercambiou experiencias en municipios coma o de Burela.

Uxía Cespón, educadora social do Concello de Rianxo, colaborou co municipio de Mandlakazi en materia de xénero.

2

Page 6: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

>Magui Docanto, traballadora social do Concello de Cabana, co-laborou coa Fundação Encontro, que na súa Área de Acción Social traballa nos eidos da educación e a saúde con tres grupos priori-tarios: menores orfos e vulnera-bles, enfermos crónicos e persoas maiores desamparadas.

A voluntaria percorreu as comuni-dades canda o equipo da ONGD, que solicitou asesoramento sobre todo para monitorizar e avaliar o labor que se realiza. A colaborado-ra tamén botou unha man no lugar onde se aloxaba, a Casa do Gaiato, centro que acolle a máis de 150 nenos. Ademais, participou nas primeiras actividades do proxecto de cooperación que actualmente apoia o Fondo Galego nos distritos de Boane e Namaacha, apostando polo deporte para previr doenzas e adiccións na mocidade. “Cando participas nun proxecto de coope-ración mergúllaste nunha socieda-de cunha realidade distinta e con recursos moi escasos ou inexisten-tes e todo iso fai cambiar o teu xei-to de ver a vida e de vivila”, asegura Magui Docanto.

Uxía Cespón, educadora social do Concello de Rianxo, colaborou co Concello de Mandlakazi, ache-gando os seus coñecementos no-meadamente en materia de igual-dade, man a man coa concelleira de Asuntos Sociais. A técnica mu-nicipal dinamizou actividades de sensibilización sobre violencia de xénero con varios grupos de mulleres e tamén traballou con mocidade, detectando un alto ni-

vel de implicación. Tivo ademais a oportunidade de visitar distintas asociacións, centros comunitarios para maiores, etc. “Ao principio só atopaba diferenzas, pero a medida que pasaban os días decateime de que, aínda que vivamos no outro lado do mundo, temos moitas cou-sas en común”, sostén a voluntaria.

Alén de achegar unha cooperación técnica nas especialidades que se

demandan desde os países em-pobrecidos, outro dos obxectivos das Vacacións con Traballo é con-cienciar fronte as desigualdades e a prol da solidariedade inter-nacional. Para isto, as participan-tes compartiron a súa experiencia a través do blog https://vacacions-contraballo.wordpress.com e ago-ra están a tomar parte en diferen-tes actividades de difusión.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

Magui Docanto, traballadora social do Concello de Cabana, achegou asesoramento técnico na Fundação Encontro.

2

Page 7: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

>ACTUALIDADE DO FONDO Gloria Prada: “Todo esforzo para contribuír ao desenvolvemento dos países desfavorecidos é motivo de satisfacción”

O Concello de Monforte de Lemos incorporouse na presente lexis-latura á Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, como único repre-sentante da provincia de Lugo. A concelleira de Servizos Sociais e Discapacidade, Gloria Prada, expli-ca o valor que ten para o munici-

pio participar desta rede de admi-nistracións locais comprometidas cos dereitos humanos.

O Fondo Galego está a conme-morar o seu vixésimo aniver-sario, como valora estes vinte anos de traxectoria?

De forma moi positiva, porque toda actuación e esforzo que supo-ña contribuír ao desenvolvemento dos países máis desfavorecidos é un motivo de satisfacción. Polo

tanto, todos os cidadáns dos con-cellos que forman parte do Fon-do Galego de Cooperación temos que sentirnos orgullosos de inten-tar lograr, co noso graíño de area, que este mundo sexa un pouco máis xusto e máis igualitario a fin de conseguir a erradicación total da pobreza. Hai que lembrar que o Fondo foi creado para dar unha resposta coordinada e de longo percorrido para mancomunar os esforzos da administración local na defensa e promoción dos de-

Gloria Prada, concelleira de Servizos Sociais e Discapacidade de Monforte de Lemos. O Concello de Monforte acolleu o XX Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella en Galicia.

“Vacacións con Traballo tivo retornos moi positivos para o noso Concello, pois contribuíu a ter unha actitude máis solidaria”

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

3

Page 8: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

>reitos humanos, polo tanto a va-loración non pode ser máis que positiva.

Monforte vén acollendo di-versas actividades de sensibi-lización e este ano escolleu a proposta “Contamos todas” da Tropa de Trapo, que lles levou a decidirse por este espectáculo?

Escollemos a actividade “Conta-mos todas” para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, xa que se trata dun espectáculo no que a través de contos e mú-sica se traballa sobre a desigual-dade e a violencia de xénero. Son exemplos de vida, de mulleres que se enfrontan a diversas situacións, ofrecen historias de equidade, exemplos de empoderamento, su-peración e rebeldía. O espectáculo representárono para estudantes de 3º e 4º da ESO, co obxectivo de transmitir valores que hoxe en día parece que están perdidos.

Unha técnica municipal partici-pou ademais nunha das últimas edicións das Vacacións con Tra-ballo, diría que este programa

tivo retornos positivos no seu Concello?

Si, efectivamente, a coordinadora dos Servizos Sociais de Monforte, Belén Gómez, participou na edi-ción de 2015 de Vacacións con Traballo, e considero que tivo re-tornos moi positivos para o noso Concello, xa que contribuíu a ter unha actitude máis solidaria. Du-rante a súa estancia en Nicaragua, Belén entrevistouse coas familias da comunidade indíxena de San José de Palmira para coñecer

como é o seu día a día e tratar de axudalos a potenciar o turismo na zona. Contounos que, como traballadora social, está afeita a ver moitas dificultades, pero nada comparable ao que atopou no país centroamericano: puido com-probar que, para chegar ás esco-las, moitas profesoras teñen que andar ata seis quilómetros por camiños lodosos e cheos de que-bradas, nas que poden afundirse ata os xeonllos. Pero, a pesar das condicións nas que vive a xente, Belén asegura que o que máis lle

impactou foi ver a enorme capaci-dade de xenerosidade que teñen. E iso, sen dúbida, foi unha apren-dizaxe moi valiosa para ela que ta-mén nos transmitiu.

Colaboran asemade en activi-dades alleas ao Fondo Galego, coma o XX Encontro de Volunta-riado de Cruz Vermella. Que lles diría ás veciñas e veciños para animalos a facer voluntariado?

Este ano en Monforte acollemos o XX Encontro do voluntariado de Cruz Vermella, un acto multitudi-nario ao que asistiron preto de 250 participantes, a Xunta Direc-tiva, ademais de representantes institucionais. Eu animaría a to-das as veciñas e veciños, tanto do meu concello como de calquera outro, a que fagan voluntariado, pois creo que a maior gratificación para calquera persoa é darse aos demais sen esperar nada a cam-

A coordinadora dos Servizos Sociais de Monforte, Belén Gómez (segunda pola dereita), nas Vacacións con Traballo en Nicaragua.

“Animaría a todas as veciñas e veciños a que fagan voluntariado, pois considero que resulta moi gratificante”

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

3

Page 9: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

>bio, ver que dedicando un pouco do teu tempo a outras persoas consegues que se sintan un pouco mellor, e iso é marabilloso.

Na súa Concellería teñen un programa de convivencia alter-nativa e axuda no fogar. En que consiste?

Pois trátase dun servizo público a través do que o Concello de Mon-forte pretende mellorar a calidade de vida das persoas. Consiste en ofrecer un conxunto de atención no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a perma-nencia no seu medio habitual. Por exemplo, ofrécese asistencia para erguerse e deitarse, apoio no coi-dado e hixiene persoal. Por iso, de xeito particular serve para atender ás persoas maiores e con discapa-cidade. Sempre dependendo das condicións de cada caso, existe o servizo de xantar na casa e mes-mo outras actuacións de carácter complementario, como por exem-plo actividades de acompañamen-to, servizo de axuda para persoas en situación de dependencia... En definitiva, dende o Concello de

Monforte buscamos favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.

Monforte é o representante da provincia de Lugo na Comisión Executiva do Fondo Galego, como convencería aos concellos que aínda non son socios?

Como membro da Comisión Exe-cutiva do Fondo Galego de Coo-peración, eu diríalles a todos os concellos e deputacións que aín-da non son membros do Fondo que se animen a participar, que o esforzo que se fai vese plena-

mente recompensado, xa que es-tán contribuíndo á erradicación da pobreza e das desigualdades, e intentando que outras persoas, como calquera de nós, goce dos mesmos dereitos e privilexios que nós temos.

Na zona de Lugo ten bastante forza o movemento do comer-cio xusto, que vostede defendía

publicamente nun artigo de opi-nión. Por que resulta clave con-sumirmos responsablemente?

Por desgraza, á hora de consumir resulta difícil comprobar se os ali-mentos e a roupa proceden de lu-gares nos que se reciben salarios dignos, se se rexeita o traballo in-fantil, se hai igualdade de xénero... Por iso, o consumo de proximida-de, baseado no coñecemento e a confianza en quen vende, pode ser unha solución, aínda que ta-mén temos alternativas coma a do comercio xusto. Polo tanto, os municipios temos a responsabili-dade de promover e concienciar sobre o comercio xusto como vía para loitar contra a pobreza e as desigualdades, xa que as boas prácticas na adquisición de bens e servizos tamén contribúen ao des-envolvemento.

Gloria Prada anima á veciñanza a facer voluntariado e aos concellos a que participen no Fondo Galego.

“Aos concellos que aínda non son membros do Fondo diríalles que o esforzo vese plenamente recompensado”

“Os municipios temos a responsabilidade de promover o comercio xusto como vía para loitar contra a pobreza”

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

3

Page 10: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

>

Nova Presidencia da Confederación de Fondos

A asemblea da Confederación de Fondos celebrada en Santiago de Compostela pechouse coa elección do presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e alcalde do Concello de Nigrán, Juan Gon-zález, na Presidencia da entidade a nivel estatal. Representantes do Fondo Andaluz de Municipios para la Solidariadad Internacional (Famsi), Euskal Fondoa, do Fondo Extremeño Local de Cooperación al Desarrollo (Felcode), Fons Català de Cooperació al Desenvolupament, Fons Valen-cià per la Solidaritat, Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació, Fons Menorquí de Cooperació e do Fons Pitiús de Cooperació avalaron por unanimidade o novo Consello Confederal. A xuntanza, que suporá un punto de partida para a reactivación da entidade, serviu tamén para pe-char cuestións pendentes e esbozar o plan de actividades para os próxi-mos meses, que estará encamiñado a promover a o fortalecemento e visibilidade da Confederación e mais dos fondos que dela fan parte.

Reactívase a Comisión de Cidades e Deputacións

Representantes da Deputación Pontevedra, Deputación da Coruña, Deputación de Lugo e do Concello de Santiago asistiron á última xun-tanza da Comisión de Cidades e Deputacións (Cocide) do Fondo Gale-go de Cooperación e Solidariedade. As cidades e deputacións poden desempeñar un papel de liderado da cooperación municipalista ga-lega tendo en conta que posúen maior capacidade orzamentaria e diversidade de perfís técnicos nos seus cadros. Un dos obxectivos para a presente lexislatura é relanzar esta Comisión como peza chave da estrutura da entidade, a fin de mellorar a efectividade e calidade da cooperación promovida desde os gobernos locais de Galicia. O im-pulso da Cocide implica ir máis alá da mera transferencia de recur-sos, require unha maior implicación que se podería materializar en apoio técnico ou intercambios de experiencias cos nosos parceiros do Sur. Nos vindeiros meses concretaranse as propostas debatidas.

FONDO DE ARMARIO

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

*

Page 11: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

>

Foro Mundial do Desenvolvemento Local en Cabo Verde

A vicepresidenta do Fondo Galego e concelleira en Redondela, Teresa París, asistiu ao 4º Foro Mundial de Desenvolvemento Local celebrado en Cabo Verde, que congregou a máis de 2.000 delegadas e delegados dos cinco continentes. Desde 2011, cada dous anos este foro ofrece unha plataforma para a reflexión crítica e a discusión creativa sobre o xeito de facer as cousas dun xeito diferente para acadar un desenvol-vemento máis xusto para todo o mundo. Gobernos de todos os niveis, sector privado, organismos internacionais, organizacións da sociedade civil e especialistas da academia comparten neste espazo perspectivas e estratexias innovadoras para promover un desenvolvemento económi-co e social que beneficie ás comunidades. Teresa París aproveitou ade-mais a viaxe para visitar a Cámara Municipal Santa Cruz, un dos nosos principais parceiros no arquipélago africano, e supervisar algúns dos proxectos alí apoiados, coma o xardín de infancia de Covão Sanches.

Monfero e Alfoz súmanse ao Fondo Galego

A campaña de captación de socios emprendida este ano con motivo da conmemoración do vixésimo aniversario do Fondo Galego vai dando os seus froitos e nos últimos meses démoslles a benvida a dous novos concellos: Monfero e Alfoz. Ademais, continuamos presentando a en-tidade aproveitando as xuntanzas de mancomunidades como a de Ourense ou a de Ordes, que suman un total de 17 concellos dos que só un é socio. As e os representantes municipais comprometéronse a revi-sar a información aportada e a valorar a posibilidade de sumarse a esta rede de administracións locais comprometidas cos dereitos humanos. Cómpre apuntar que os concellos que se adhiran antes de final de ano recibirán automaticamente o espectáculo “Antía, Wamba e o re-gato pequeno”, unha das propostas ideadas pola Tropa de Trapo para concienciar á cidadanía fronte as desigualdades, buscando un equilibrio entre entreter e educar, entre o trasfondo social e o humor ou o xogo.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

*

Page 12: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

>

A realidade de Nicaragua a través dun documental

O Centro Sociocultural das Fontiñas, en Santiago de Compostela, aco-lleu a primeira das proxeccións do documental ‘Dreaming Nicaragua’ que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade oferta este ano aos concellos socios e que vai aparellada á mostra “Nicaragua. O Futu-ro”. Promover a interculturalidade e actitudes de respecto cara a poboación migrante é o principal obxectivo destas actividades. A fita, producida pola Fundación Fabretto, amosa un retrato diferente de catro nenos que viven na extrema pobreza no país centroamericano. O filme lévanos alén das súas dificultades e dálle voz á rapazada, que re-sulta sorprendentemente divertida, esperanzada e optimista cando un profesor de arte itinerante lles ofrece un espazo seguro para expresar-se e soñar, en contraste coa vida diaria marcada pola fame, o traballo infantil e a violencia. En canto á exposición, o fotoxornalista Felipe Car-notto ofrece a través de vinte instantáneas unha perspectiva en chave persoal da vida cotiá, as paisaxes, as problemáticas, os soños e as espe-ranzas da poboación nicaraguana.

Encontro coa feminista haitiana Caridade Valcourt

Concelleiras delegadas do Fondo Galego nalgúns dos concellos socios participaron no encontro coa feminista haitiana Caridade Valcourt, or-ganizado por Implicadas no Desenvolvemento na Coruña. O cuestiona-mento da visión colonial que se practica desde as nosas sociedades foi unha das conclusións ás que se chegou no debate, tras coñecer a existencia dun sistema de cotas na lexislación haitiana que garante un 30% de representación feminina en instancias inferiores á parlamen-taria. Na xuntanza tamén se explicou o funcionamento dos Grupos de Axuda Mutua, que nestes intres aglutinan a 6.000 mulleres nas zonas rurais do país centroamericano e que Implicadas tamén promove na India e en Etiopía, en anteriores ocasións co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As representantes galegas tiveron así a posibilidade de achegarse á realidade haitiana, mentres que a activista convidada aproveitou para coñecer os atrancos que estas enfrontan en Galicia, dende as dificultades para conciliar á oposición dos homes dentro dos propios partidos.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

*

Page 13: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

>OS PROXECTOS EN TERREO: Conclúe a colaboración con Acnur para asistir a solicitantes de asilo en Serbia

O Fondo Galego de Cooperación e Solidarie-dade contribuíu con 10.000 euros a combater a vaga de frío siberiano que o pasado inverno afectou ás persoas refuxiadas na ruta dos Bal-cáns, tal e como reflicte o informe emitido polo Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur) onde se xustifica o des-tino de tal investimento.

Á cifra achegada pola asociación de adminis-tracións locais e provinciais, súmanse 1.855 euros aportados a maiores polo Concello de Teo, a razón de 10 céntimos por habitante. O total da contía investiuse en artigos coma rou-pa, mantas e estufas para as e os solicitantes de asilo acollidos en centros serbios, en coor-dinación co goberno do país e cos parceiros lo-cais. Alí pasan unha media de seis meses antes de cruzar a fronteira, en precarias condicións e mesmo chegando a soportar temperaturas baixo cero.

No entanto, o Fondo Galego de Cooperación é consciente de que este tipo de axudas non son a solución, que debe chegar desde as al-tas instancias políticas. Así o esixía hai xa un tempo con declaracións institucionais nas que reclamaba substituír as medidas restritivas por accións que atallen as causas do problema, en cuxo cerne están os intereses xeopolíticos dos países máis poderosos, ao tempo que chama-ba rexeitar os movementos xenófobos.

Segundo os datos de Acnur, unha vez finali-zada a situación de emerxencia que derivou da vaga de frío, o número de persoas refuxia-das en Serbia permanece estable e sitúase en algo máis de 7.000, dos que o 43% son nenas e nenos, o 42% homes e o 15% mulleres. Trá-tase principalmente de persoas procedentes de Afganistán, Iraq, Paquistán e Siria que foxen dos conflitos nos seus lugares de orixe á procura dunha vida mellor.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13 ] N o F o n d o f u n c i o n a a s o l i d a r i e d a d e

INFÓ

RMAT

E A

FON

DO

: 14

· w

ww

.fond

ogal

ego.

org

A contía aportada investiuse en roupa, mantas e estufas para as persoas afectadas pola vaga de frío na ruta dos Balcáns.

*

Page 14: Infórmate NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 a ... - Fondo Galego · NÚMERO 147 3º TRIMESTRE 2017 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Vacacións con Traballo

>IN

FÓRM

ATE

A FO

ND

O :

146º

·

ww

w.fo

ndog

aleg

o.or

g

SOCIOS DO FONDO GALEGO Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pastoriza, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Alfoz, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Barro, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Caldas de Reis, Cambados, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Miño, Moaña, Moeche, Mondoñedo, Monfero, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Silleda, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vilagarcía de Arousa, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilasantar, Viveiro, Xove Deputacións: A Coruña, Lugo, Pontevedra.

INFÓRMATEa FONDO

Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Redacción e Administración: Centro Cívico Sur, Rúa Luís Braille, 40 36003 PontevedraTel/Fax: 986 84 34 36 / 698 14 45 36 Internet: http://www.fondogalego.org email: [email protected] Depósito Legal: VG-473-2007Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa