22
Páx. 1 de 22 INSTRUCCIÓNS BÁSICAS PARA A OBTENCIÓN DOS FORMULARIOS DE SOLICITUDE DOS PROGRAMAS SECTORIAIS DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN DA CONVOCATORIA DE 2006 A TRAVÉS DO SISTEMA gui@te. Introducción. ..................................................................................................... 2 Especificacións técnicas mínimas...................................................................... 3 Acceso aos formularios de solicitude ................................................................ . 4 Identificación do solicitante. ............................................................................... 5 Selección do formulario................................ .................................................... 6 Pantalla de xestión de proxectos. .................................................................... 7 Acceso ás follas dos formularios. .................................................................... 9 Tipos de datos e campos a cubrir. .................................................................. 12 Impresión dos formularios.................... .......................................................... 20 Solicitude definitiva. ........................................................................................ 21 Dificultades técnicas de acceso....................................................................... 22

Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 1 de 22

INSTRUCCIÓNS BÁSICAS PARA A OBTENCIÓN DOS FORMULARIOS DE SOLICITUDE DOS PROGRAMAS SECTORIAIS DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN DA CONVOCATORIA DE 2006 A TRAVÉS DO SISTEMA gui@te.

Introducción. ..................................................................................................... 2

Especificacións técnicas mínimas...................................................................... 3

Acceso aos formularios de solicitude ................................................................ .4

Identificación do solicitante. ............................................................................... 5

Selección do formulario................................ .................................................... 6

Pantalla de xestión de proxectos. .................................................................... 7

Acceso ás follas dos formularios. .................................................................... 9

Tipos de datos e campos a cubrir. .................................................................. 12

Impresión dos formularios.................... .......................................................... 20

Solicitude definitiva. ........................................................................................ 21

Dificultades técnicas de acceso....................................................................... 22

Page 2: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 2 de 22

Introducción.

Estas instruccións son de aplicación para a obtención dos formularios válidospara a presentación das solicitudes de axudas dos Programas Sectoriais de I+D+I correspondentes á convocatoria do ano 2006.

Tódolos solicitantes deben conseguir os seus formularios a través do sistemagui@te, para a súa presentación posterior. O emprego de GUÍ@TE non ten ningún valor administrativo nin confire ningún dereito ao solicitante, se non presenta os formularios de solicitude en tempo e forma.

gui@te permite:

• Cubrir progresivamente os formularios de solicitude. Introducir datos e modificalos en distintos días, gardando os cambios, ata a data límite de obtención de formularios.

• Imprimir os formularios en modo borrador, para verificar os datos introducidos.

• Imprimir os formularios definitivos, para a súa presentación en tempo e forma ante a Administración.

Para presentar unha solicitude á convocatoria de 2006 deberá procederse do seguinte xeito:

1. Cubrir o formulario de solicitude mediante o sistema gui@te que pon a súa disposición a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación a través de Internet.

2. Imprimir o formulario de solicitude definitivo (pulsando o botón “Aceptar Solicitude”).

3. Presentar a solicitude e a documentación requirida en cada caso

no Rexistro da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Page 3: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 3 de 22

Especificacións técnicas mínimas. Para poder operar a través de Internet na aplicación recoméndase dispoñer como mínimo dos seguintes elementos no seu ordenador:

Procesador: Intel® Pentium II ® (ou similar) Navegador de Internet: Microsoft ® Internet Explorer, Mozilla Firefox, Opera, Netscape... nalgunha das últimas versións. Visor de documentos: Acrobat ® Reader ® 5.0 (gratuíto)

Page 4: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 4 de 22

Acceso aos formularios de solicitude

Os formularios de tódalas modalidades de axuda están dispoñibles no enderezo http://www.dxid.org ou http://www.xunta.es/servizos/ a través do sistema informático gui@te.

Unha vez situado na páxina de entrada para proceder a cubrir os formularios de solicitude debe seleccionar a opción: “Acceso aos formularios de solicitude”.

Page 5: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 5 de 22

Identificación do solicitante.

Para acceder aos formularios, o solicitante debe introducir:

o NIF do investigador principal para as solicitudes de Equipos de Investigación e Centros Tecnolóxicos

ou

o CIF da empresa solicitante para as solicitudes de proxectos ou dotación de laboratorios de Empresas

Así mesmo, a primeira vez que acceda aos formularios dun proxecto, debe definir unha clave que lle sirva de contrasinal.

Deberá recordar o contrasinal (CLAVE ou PASSWORD) para poder acceder aos datos da solicitude con posterioridade.

No caso de que un solicitante introduza máis dun proxecto no sistema gui@te recoméndase que o faga coa mesma clave, pero non está obrigado.

Page 6: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 6 de 22

Selección do formulario.

Para dar de alta unha nova solicitude é preciso introducir os seguintes datos: PROGRAMA. Selección, a través dunha lista de valores, dun dos trece programas incluidos na orde. Este dato non pode ser cambiado unha vez seleccionado.

PROCEDEMENTO. Selección, a través dunha lista de valores, do tipo de axuda que se quere seleccionar. Este dato non pode ser cambiado unha vez seleccionado.

TÍTULO DO PROXECTO/NOME DO LABORATORIO. A aplicación informática permítelle identificar cada solicitude de Equipos de Investigación, Centros Tecnolóxicos e Empresas polo título do proxecto e as de Dotación de Laboratorios polo nome do laboratorio, co cal é necesario introducir inicialmente este dato. Posteriormente pode cambiar ese título/nome, como calquera outro dato dentro dos formularios, as veces que o considere oportuno.

PROXECTO CON COLABORACIÓN EXTERNA. No caso de solicitude de“empresas” ou "centros tecnolóxicos" debe indicar se o proxecto para o que presenta a solicitude vaise realizar con colaboración externa. Este dato non pode ser cambiado unha vez seleccionado.

PROXECTO COORDINADO. En tódolos casos excepto en dotación de laboratorios, debe indicar se se trata dun proxecto coordinado e sé a solicitude que vai a cubrir é a do proxecto lider. Este dato non pode ser cambiado unhavez seleccionado.

No caso dun proxecto coordinado e se a solicitude que se está a cubrir é a do proxecto líder, gui@te asignaralle o “código de coordinación”. Este código serve para identificar as solicitudes que forman parte dun mesmo proxecto coordinado. É imprescindible que comunique dito código ó resto dos compoñentes do proxecto, para que eles o introduzan na súa solicitude. Non será posible aceptar ningunha solicitude coordinada sen indicar o correspondente código de coordinación.

Page 7: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 7 de 22

Pantalla de xestión de proxectos.

Cada vez que o solicitante introduce o seu NIF/CIF e a súa CLAVE accede a unha pantalla que presenta a lista de proxectos cos que se está traballar.

Figura 1. Pantalla de xestión de proxectos. A primeira vez que se accede ao sistema debe picar no botón Novo proxecto para iniciar a introducción dun novo proxecto.

Nesta pantalla figura o proxecto ou proxectos que ten o solicitante, con indicación expresa de:

• TITULO do proxecto ou NOME DO LABORATORIO, • código do PROCEDEMENTO de axuda, • data na que se realizou o ÚLTIMO ACCESO aos datos dese proxecto e • ESTADO no que se atopa a solicitude. Unha solicitude pode estar

en fase de BORRADOR, e por tanto suxeita a cambios, ou ACEPTADA polo solicitante como definitiva. (Recoméndase ler atentamente o apartado 10. Solicitude definitiva).

Pode seleccionar un proxecto dos que aparecen en pantalla empregando o rato (situando o cursor encima do título do proxecto e pulsando co botón esquerdo), co que o título do proxecto pasará a visualizarse destancando en cor azul. A

continuación pode executar calquera das accións dos botóns Editar , Imprimir e Aceptar Sol. :

Page 8: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 8 de 22

Editar: Permite acceder aos formularios dese proxecto e cubrir/modificar os datos.

Imprimir : Permite imprimir tódolos formularios que compoñen unha solicitude.

Aceptar Sol. : Permite que cando o solicitante considere que introduciu tódolos datos necesarios nun proxecto, identifique a solicitude como ACEPTADA polo solicitante. Dende este momento non se poden realizar máis cambios.

Se un solicitante desexa introducir máis dun proxecto (co mesmo CIF/NIF e a mesma clave) non debe repetir toda a introducción de datos, xa que a aplicación informática emprega automáticamente os datos xerais relativos ó solicitante xa cubertos.

Page 9: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 9 de 22

Acceso ás follas dos formularios.

Os formularios de solicitude están organizados, segundo a modalidade de axuda, en apartados que se presentan en forma de menús, algúns dos cales se desglosan en novos submenús.

Preséntase a continuación a imaxe do menú principal de cada modalidade de axuda.

Proxectos de investigación de empresas

Figura 2. Menús dos procedementos de empresas Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos.

Figura 3. Menús dos procedementos de centros tecnolóxicos

Page 10: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 10 de 22

Proxectos de investigación de equipos de investigación.

Figura 4. Menús dos procedementos de equipos de investigación

Dotación de Laboratorios

Figura 5. Menús dos procedementos de laboratorios Ás follas do formulario de solicitude accedese picando co rato en cada unha das opcións do menú principal ou dos correspondestes menús despregables.

As opcións disponibles ao pé de cada folla son:

Gravar : Permite gravar os datos introducidos nesa folla. Esta opción

Page 11: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 11 de 22

está dispoñible mentres a solicitude estea en estado Borrador. Antes de cambiar de folla ou saír débense gravar os datos introducidos.

Imprimir : Permite imprimir individualmente cada folla.

Saír : Abandona os formularios e devolve á pantalla de xestión de proxectos.

Figura 6. Pé das follas dos formularios

Cada vez que se volve acceder á aplicación informática presentanse os datos xaalmacenados nese proxecto.

Recomendacións para cubrir os formularios. Os datos dos formularios pódense cubrir na orde que vostede considere oportuna a través do menú correspondente, se ben para cubrir máis fácilmente a solicitude recoméndase acceder ós menús na seguinte orde:

Identificación da entidade solicitante Datos económicos Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das entidades colaboradoras Memoria científica Memoria económica Certificados Documentos a presentar

Se un dato se repite en máis dun formulario só se introducirá unha vez, de xeito que nos campos nos que un dato non se poida modificar aparecerá sombreado en cor gris.

Page 12: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 12 de 22

Tipos de datos e campos a cubrir.

DATOS NUMÉRICOS.- Tódalas cifras económicas deberán expresarse en € sen decimais. A aplicación informática introduce directamente os puntos separadores de miles e millóns.

DATAS.- Tódalas datas deben introducirse no seguinte formato: dd/mm/aaaa CAMPOS OS QUE O SOLICITANTE NON TEN ACCESO DIRECTO.- Existen campos aos que o solicitante non ten acceso directo, ben porque se realizan operacións aritméticas cos datos ou ben porque eses campos están en relación con datos xa introducidos noutra folla. Este campos identificanse permanentemente en patalla en cor GRIS, cunha presentación do tipo XXXXXXXXXX. Esta sinalización non se distingue ao imprimir os formularios. DATOS OBRIGATORIOS.- Existe un conxunto de campos que son obrigatorios e que é necesario que se atopen cubertos para obter unha versión definitiva da solicitude. Estes campos indentificanse temporalmente en cor AMARELA CLARA xxxxxxxxxxxx, manténdose esa cor mentres non estean cubertos. Esta sinalización non se distingue ao imprimir os formularios.

CAMPOS EXCLUÍNTES.- Existen campos que son excluíntes do modo SI/NON. Cada vez que se selecciona unha opción a aplicación borra a outra opción se xa se atopaba seleccionada.

Este tipo de campo pode presentar nalgún caso máis opcións para escoller, non obstante, o modo de traballar con el é o mesmo.

Page 13: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 13 de 22

LISTAS DESPREGABLES.- Existen datos que se deben introducir pulsando co rato nun icono ou cela que figura a dereita do dato para abrir unha pantalla de diálogo.

CONCELLO

Pulsando no icono abrese a pantalla de diálogo de páxina web

Figura 7. Exemplo de introducción de datos pulsando en Icono

Page 14: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 14 de 22

ENGADIR CURRICULA.- Para incorporar ou sustituir a currícula dos investigadores en gui@te empregarase o botón Engadir/Modificar currícula.

O pulsar esta botón aparecerá un novo campo “Ruta do documento a xuntar” e o lado un botón Examinar que deberá pulsar para seleccionar o ficheiro da currícula que o interesado teña preparado.

Ao gravar os datos de investigador e o currículo o ficheiro seleccionado mostrarase no campo “nome do documento”.

Pode visualizar o currículo gardado no sistema gui@te pulsando o botón Visualizar currícula.

Figura 8. Currícula dos investigadores

Page 15: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 15 de 22

RELACIÓN DE PERSOAL I+D.- Segundo se trate do investigador principal ou dos outros membros do equipo, os datos introdúcense de distinto xeito.

Introducidos os datos e a currícula do investigador principal grávanse pulsando o botón Gravar inv. Principal.

Os datos e a currícula do resto dos membros do equipo actualízanse utilizando os botóns Engadir investigador Modificar in v estigador Bo rrar investigador

Figura 9. Datos dos investigadores

Page 16: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 16 de 22

RELACION DE ENTIDADES PARTICIPANTES.- No caso de proxectos con colaboración doutras entidades ademáis da solicitante, estas incorporaránse introducindo o NOME e o TIPO na pantalla que se presenta a continuación, a que se accede despregando o menú Solicitude e seleccionando o submenú entidades participantes, que se presenta visible só se ó dar de alta a solicitude se indicou que tiña colaboracións externas.

Figura 10. Outras entidades participantes

Page 17: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 17 de 22

Nos formularios nos que se deban introducir datos para cada unha das entidades participantes, seleccionarase a entidade e a continuación mecanízanse os datos, sen esquecer pulsar o botón Gravar antes de cambiar de entidade.

Figura 11. Selección de outras entidades participantes

Page 18: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 18 de 22

CERTIFICACIÓNS.- Nas solicitudes de grupos de investigación pódense introducir distintas certificacións a través da pantalla que se mostra a continuación.

É preciso seleccionar en “ descrición documento anexo” o documento a cubrir picando a continuación no botón Engadir anexo. Unha vez incorporado un documento este non se pode modificar; para incorporar cambios debe borralo empregando o botón Borrar anexo e volver a introducilo de novo.

O botón Imprimir anexo permite a impresión do documento seleccionado.

Figura 12. Varias certificacións

Page 19: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 19 de 22

OUTRA DOCUMENTACIÓN.- Ás solicitudes pódense engadir arquivos a maiores coa información que se considere útil para a súa avaliación (gráficos, diagramas, imaxes...). Como moito poderá anexar un total de tres arquivos en formato PDF e cun tamaño cada un deles non superior a 1 MB. Para engadir un arquivo debe pulsar o botón Examinar e seleccionar o documento PDF que desexa anexar, unha vez feito isto só lle resta pulsar Engadir Documento para que sexa almacenado no sistema. O documento pode ser visualizado en calquera momento (pulsando o botón Ver Documento) ou eliminado (pulsando o botón Eliminar Documento). Non se poderán engadir nin eliminar documentos unha vez que a solicitude sexa aceptada. O listado co nome dos arquivos anexados xunto co seu resumo dixital SHA1 anexarase á folla de documentación, para constancia da súa inclusión.

Figura 13. Outra Documentación

Page 20: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 20 de 22

Impresión dos formularios.

Cada unha das follas que compoñen os formularios pódense descargar individualmente para a súa impresión seleccionando o botón Imprimir ao pé de cada folla. Tamén se pode descargar o conxunto de tódalas follas, coas carátulas correspondentes, que compoñen os formularios de solicitude dun proxecto seleccionando o botón Imprimir na páxina de xestión de proxectos.

A aplicación informática facilita inicialmente os formularios co texto EXEMPLAR non válido. O obxecto de imprimir os formularios en modo borrador é que o solicitante poida comprobar de que modo se presentarían os formularios cos datos xa introducidos. Cando a solicitude se atope ACEPTADA polo solicitante xa poden imprimir os formularios sen a identificación de EXEMPLAR non válido e por tanto son válidos para a súa presentación.

Ó pé de cada folla imprímense uns códigos que serven para control e identificación dos formularios.

gui@te facilita ficheiros baixo o estándar PDF, ficheiros que son directamente imprimibles. En caso de que o solicitante non dispoña do software gratuíto Adobe® Acrobat® Reader® pode descargalo seleccionando o icono existente na ventá inicial de gui@te.

Na pantalla da impresión aparece no encabezamento a opción “ < < Volver ” que permite saír desta opción e regresar á pantalla anterior.

Figura 14. Encabezado da pantalla de impresión.

Page 21: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 21 de 22

Solicitude definitiva. A finalidade da aplicación WEB é facilitar ao solicitante os formularios válidos para a presentación da solicitude de axuda.

Unha vez que o solicitante considere que cubriu tódolos datos necesarios, e que os formularios están completos e son definitivos, pode seleccionar na páxina de xestión de proxectos a opción Aceptar Sol. que permite aceptar a solicitude como definitiva.

Recoméndase realizar previamente unha descarga dos formularios en modo borrador para revisar o contido da solicitude antes de considerala definitiva.

Se o sistema detecta que o proxecto presenta erros ou carece de información obrigatoria, devolverá unha ventá indicando os erros que deben subsanarse.

A partir do momento en que se acepta a solicitude como definitiva pódese acceder aos formularios pero non se poden modificar. Se se quixera cambiar con posterioridade algún dato faríase necesario introducir un novo expediente, na súa totalidade, e consideralo como unha solicitude totalmente distinta.

Os formularios definitivos débense imprimir e, sen realizar neles emendas nin riscaduras, son válidos para a súa presentación en tempo e forma ante a Administración.

Lémbrase que a solicitude e as certificacións deben presentarse asinadas.

Page 22: Instruccións básicas para a obtención dos formularios de ... · Solicitude Entidades participantes Equipo de investigación da entidade solicitante Equipo de investigación das

Páx. 22 de 22

Dificultades técnicas de acceso. Se o solicitante ten dúbidas, dificultades técnicas nos seus equipos, ou necesidade de máis información para o acceso á aplicación gui@te e a obtención dos formularios de solicitude, pode dirixir as súas consultas á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación a través do teléfono 981541071 ou do enderezo de correo electrónico [email protected], que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación por escrito de solicitudes.