12
1 a dúo INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO

INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

1

a dúo

INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO

Page 2: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

2

AUDITORIO MARTÍN CODAXCONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE V IGO

FEBREIRO/MARZO/ABRIL DE 2018

a dúoINTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO

OS CONCERTOS:

Concerto 1Grigori Nedobora & Patricia Rejas6 de febreiro, 20 h

• Sonata nº 4 , Opus 23 Presto Andante scherzoso, più allegretto Allegro molto

• Sonata nº 7, Opus 30 Allegro con brio Adagio cantabile Scherzo: Allegro Finale: Allegro; Presto

Page 3: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

3

Concerto 4Elina Viksne & Patricia Rejas20 de marzo, 20 h

• Sonata nº 5, Opus 24 (“La Primavera) Allegro Adagio molto espressivo Scherzo: Allegro molto Rondo: Allegro ma non troppo

• Sonata nº 10, Opus 96 Allegro moderato Adagio espressivo Scherzo: Allegro - Trio Poco allegretto

Concerto 5Mario Peris & Severino Ortiz10 de abril, 20 h

• Sonata nº 2 , Opus 12 Allegro vivace Andante, più tosto allegretto Allegro piacevole

• Sonata nº 9, Opus 30 (“Kreutzer”) Adagio sostenuto Andante con variazioni Presto

Concerto 3Marta Vélez & Constantino Pérez6 de marzo, 20 h

• Sonata nº 1 , Opus 12 Allegro con brio Tema con variazioni: Andante con moto Rondo: Allegro

• Sonata nº 8, Opus 30 Allegro assai Tempo di minuetto, ma molto moderato e grazioso Allegro vivace

Concerto 2Mario Peris & Severino Ortiz20 de febreiro, 20 h

• Sonata nº 3 , Opus 12 Allegro con spirito Adagio con molta espressione Rondo: Allegro molto

• Sonata nº 6, Opus 30 Allegro Adagio molto espressivo Allegretto con variazioni

Page 4: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

a dúoINTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO

4

SOBRE AS OBRAS:As sonatas para violín e piano de Beethoven

Ludwig van Beethoven (1770-1827) cul-mina por unha banda o Clasicismo e pola outra planta a semente do Romanticismo co estalido do marco formal e harmónico da forma sonata. Aínda que sen acadar a trascendencia dos 17 cuartetos de corda, as sonatas para violín e piano ocupan sen dúbida un lugar importante dentro da súa música de cámara, especialmente na primei-ra fase da súa carreira creativa, e supoñen o final definitivo do papel secundario do instrumento de corda en relación ao teclado. Compostas entre 1796 e 1798, as 3 pri-meiras sonatas (op. 12) foron publicadas en xanei-ro de 1799 por Artaria en Viena e están adicadas a Antonio Salieri, mestre de capela da Corte impe-rial austrohúngara. A sonata que inicia o grupo foi mal recibida pola crítica: segundo o Allgemeine musikalische Zeitung era «unha acumulación de cousas sabias sen método», comentario que ben podería referirse á abrupta profusión de material na primeira ducia de compases da obra. A segun-da peza da serie destaca polo amable humor e a sorprendente inestabilidade do primeiro move-mento, mentres a terceira contén un intenso ada-gio seguido dun divertido e poderoso rondó. A cuarta e a quinta sonatas (op. 23 e 24), publicadas por Mollo en outubro de 1801, foron consideradas pola prensa da época como «as me-llores escritas por Beethoven», pois «agora empe-

Page 5: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

5

za a desprezar o exceso e maniféstase con máis claridade e, sen perder nada do seu carácter, vól-vese máis amable». O escintilante presto inicial da primeira é seguido pola estraña mestura da forma sonata co fugato nun ambiguo andante scherzo-so a medio camiño entre o movemento lento e o minueto. Á segunda sonata, que comeza cunha fermosísima melodía abandoada de seguido polo autor, coñéceselle polo sobrenome de Primavera e toma emprestado o tema do rondó final dunha aria de Mozart pertencente a La Clemenza di Tito («Non più di fiori»); no humorístico scherzo previo os dous instrumentos semellan non poñerse de acordo. As tres sonatas do op. 30 foron com-postas ao mesmo tempo có op. 31 para piano (en 1802) e publicadas en 1803. A crítica considerou que a primeira delas non era «en absoluto digna de Beethoven», quizais pola elegancia das melo-días do primeiro movemento ou ao mellor polo aire desenfadado que impregna toda a obra; o primitivo movemento final desta sonata foi des-tinado posteriormente á Sonata a Kreutzer op. 47. Aínda que non chegou a facelo, o compositor proxectou a supresión do extraordinario scherzo e do allegro final da sonata en Do menor, a máis extensa e seria do conxunto, porque consideraba que non harmonizaba co resto da obra. A tercei-ra sonata é unha obra encantadora e ao mesmo tempo rexa que consta dun fresco movemento inicial seguido dun grácil tempo di minuetto e un faiscante e incansable moto perpetuo final. O op. 47 está adicado ao violinista fran-cés Rodolphe Kreutzer (aínda que nunca o tocou

por resultarlle «inintelixible») e foi publicado en 1805 por Simrock en Bonn. Segundo as propias palabras do compositor, esta sonata foi escrita «in uno stile molto concertante quasi come d'un concerto» que semella un combate corpo a corpo entre o violín e o piano. O Allgemeine musikalis-che Zeitung considerou que nesta obra Beetho-ven, «adepto a un terrorismo artístico», levaba «o desexo de orixinalidade ata o grotesco». Con todo, vén sendo a peza máis popular do ciclo des-de as súas primeiras interpretacións ata o día de hoxe. A derradeira sonata foi escrita en 1812, uns oito ou nove anos despois da anterior. É unha obra peculiar, mesmo estraña, e quizais por iso non goce nin do favor do público nin do dos intér-pretes. O primeiro movemento ten unha fluidez case mozartiana e estuda sutilmente as posibilida-des métricas do compás ternario ao mesmo tem-po que reflexiona sobre a concepción do tempo musical. O carácter calmo e meditativo do adagio espressivo contrasta coa lixeireza do scherzo e a ledicia do trio, e finalmente a obra remata cun desconcertante rondó libremente desenvolvido que ten como tema unha canción popular.

Emilio Lede

Page 6: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

a dúoINTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO

6

EMIL

IO L

EDE

ABA

L

Page 7: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

7

Nace en Barro (Pontevedra) e comeza os seus estudos musicais da man do seu pai. Estuda piano e óboe, máis tarde composición con Joám Trillo –que esperta o seu interese pola análise– e finalmente musicoloxía.As súas liñas de investigación musicolóxica céntranse na edición musical, na historia da harmonía, na relación da análise coa interpre-tación e nas correspondencias entre a música e as demáis artes. Escribiu artigos para as revistas Relafare, Cuatro42, Diapente, Sul Ponticello e Sexto Orden, deu conferencias no CGAC de Santiago de Compostela, no Museo de Belas Artes da Coruña, na galería de arte Lilliput, no Conservatorio Superior de Música de Vigo e na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, impartíu cursos no MARCO de Vigo, no Con-servatorio Profesional de Santiago, no Superior de Vigo e na ESMAE do Porto, e no ano 2012 publicou o libro Análisis musical y guía para la interpretación. Partita para flauta sola BWV

1013 de J. S. Bach. Sonata para flauta sola de C. Ph. E. Bach (Dos Acordes), presentado na ES-MUC de Barcelona no marco da II Convención da Asociación de Frautistas de España.No curso 2014-2015 realizou un Máster en Investigación Musical na Universidade Inter-nacional de Valencia (VIU), cuxo traballo final –Edición crítica de la Missa Charitatis de Jan Dismas Zelenka: forma original y relación con la Missa Nativitatis Domini– obtivo a máxima calificación. Actualmente ensina musicoloxía no Conservatorio Superior de Música de Vigo e traballa como editor independente. Vén de publicar arranxos de pezas de Haydn (Befoco) e Chaikovski (Egge, Resonata), e edicións de obras de Widerkehr (Cornetto, Ebenos), Drus-chetzky (Da Vinci), Barth (Egge) e Bretón (Boi-leau); proximamente sairán do prelo edicións súas de pezas de Druschetzky (Ebenos), Mo-nasterio (Tritó) e Zelenka (Kunzelmann).

Page 8: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

a dúoINTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO

8

MARIO PERIS

Nace en Tavernes da Valldigna (Valencia), onde co-meza os seus estudos de violín co profesor da Orquesta de Valencia Daniel Albir e continúa con Vicente Taron-cher, obtendo o Premio de Honra fin de grado medio, finalizando a carreira no Real Conservatorio Superior de Madrid con Juan Llinares. Amplía a súa formación na Universidade de Madi-son, Wisconsin (EE.UU.) co profesor Vartan Manoogian. Realizou cursos de perfecionamento violinístico e mú-sica de cámara con Agustín León Ara, Félix Ayo, Jesse Levine, Vartan Manoogian, Yosef Sivoni, David Quiggle, Louis de Moura e Ferenc Rados, e interpretou como solista o concerto para violín de Mendelssohn coa Orquesta Clásica de Vigo e a Orquesta da Valldigna, así como concertos de Bach e Vivaldi coa Orquestra Vigo430 en diversas cidades españolas. Formou dúo de cámara coa pianista Cristina Olivar, dando recitales nas principais salas de concerto de Galicia. Do 2000 ao 2011 é primeiro violín do cuarte-to Ephimere, e dende o 2005 concertino da Orquestra Vigo 430. Dentro do programa de mobilidades Erasmus ten impartido clases nos Conservatorios Superiores de Es-tambul, Alessandria, Verona e Vilnius. Realiza unha intensa actividade camerística con di-versos grupos clásicos, entre o que destaca o dúo co pianista Severino Ortiz, e participa en ensembles de música contemporánea como Vertixe Sonora.

Desde 1998 é profesor de violín e música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

GRIGORI NEDOBORA

Procedente de Kharkiv (Ucrania), Grigori Nedobora iniciou os seus estudos de violín á idade de seis anos. Dende os nove estudou na Escola de Música Beetho-ven con Semion Shteiman e aos once deu o seu primei-ro recital íntegro, interpretando obras como Introdu-ción e Rondó Capriccioso de Saint-Saens e o Concerto para violín de Mendelssohn. Con 14 anos fixo o seu primeiro debut como solista interpretando o Concerto para violín de Sibelius coa Orquestra Filarmónica de Kharkiv. Con 16 continuou os seus estudos no Colexio do Conservatorio de Moscú con Maya Glezarova e, poste-riormente, no instituto Gnesin de Moscú con Vladimir Spivakov (violín) e Valentin Berlinsky (cuarteto). Durante 3 anos foi concertino da orquestra de cámara do Instituto Gnesin, antes de converterse no membro máis novo da orquestra de cámara “Virtuosos de Mos-cú” e dirixida por Vladimir Spivakov. Con devandita formación actuou en máis de 20 países de diferentes continentes, tocando nas máis prestixiosas salas como Carnegie Hall ou Concertgebouw, e grabou numerosos discos. Desenvolveu unha extensa actividade solística, in-terpretando concertos de Bach, Bruch, Brahms, Sibe-lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling, Antoni Ros Marbá, Maximino Zumalave, Christoph Konig ou Oleg Janko. Dende 1996 é principal de segundos violíns da Real Filharmonía de Galicia e profesor na Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela.

GRIGORI NEDOBORA

MARIO PERIS

Page 9: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

9

ELINA VIKSNE

Nada en Riga (Letonia), comeza os seus estudos de violín á idade de cinco anos da man da súa nai Inara Vecbastika. Dende 1987 prosigue a súa forma-ción na Escola Especial de Música de Emils Darzins, en Riga (Letonia), coa profesora Dace Berzaja, e des-pois na Coruña co profesor Rogelio Groba. Tamén participou en cursos de perfecionamiento violinístico e música de cámara impartidos polos mestres Sylvie Gazeau e Giorgiu Fedorenko. Realizou recitais desde os 10 anos en Letonia, Li-tuania, Francia, Suiza, Portugal e España e participou en numerosos concursos obtendo diversos premios en Lituania, Letonia e España. Como docente desenvolveu unha importante ac-tividade en diferentes centros e conservatorios de Madrid, Salamanca e A Estrada (Pontevedra), e du-rante os últimos anos impartiu varios cursos de vio-lín, viola, música de cámara e orquestra en España. Como integrante de varios grupos de música de cámara, desenvolve unha gran actividade en diver-sos festivales internacionais e concertos de música de cámara. Neste mesmo campo destaca a súa cre-cente actividade de concertista como integrante do Trio Magri xunto á pianista Ilona Timchenko e a vio-lonchelista Barbara Switalska. Fundadora da Asociación Compostela Sound, desempeña o cargo de presidenta, e dende o ano 2017 é Vicepresidenta da Asociación Peregrinos Mu-sicais, e integrante da Real Filharmonía de Galicia (2006).

MARTA VÉLEZ

Nada en Vigo, realiza os estudos de violín no Con-servatorio Superior da cidade co profesor Manuel Mar-tínez. Aos 18 anos ingresa no Conservatoire Royal de Bruxelas, onde recibe clases de Agustín León Ara e Tá-nos Adamopoulos, obtedo o Primeiro Premio de Violín, Solfexo e Música de Cámara. A continuación é admiti-da na Guildhall School of Music and Drama de Londres con Ifrah Neaman, onde se titula como Licenciate of the Guildhall School of Music e Postgraduate Diploma in Music Performance. Ademais, complementa a súa formación asistindo a masterclases de prestixiosos pro-fesores como J.L. García Asensio, G. Claret, R. Friend, V. Manoogian, F. Ayo ou N. Chumachenco. Obtivo becas de diversas entidades: Fundación Barrié, Caixa Galicia, Segundo Gil Dávila, A.I.E..., e foi membro de varias orquestras como a Orquestra Clásica de Vigo, JONDE, Orquestra Cidade de Granada, Real Filharmonia de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orchestre National de Belgique, Brussels Philarmonic Orchestra e European Community Youth Orchestra. Actuou como solista con varias delas, gravando recien-temente o Concerto para violín de Manuel Quiroga coa Orquesta Ensemble Vigo 430. Como intérprete de música de cámara actuou en numerosos concertos e festivais en España e outros países europeos. Foi invitada a impartir docencia nos Conservatorios de Bonporti (Trento), Leiria (Portugal) e University of Macedonia.Actualmente é profesora de Violín e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

MARTAVELEZ

ELINAVIKSNE

Page 10: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

a dúoINTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO

10

SEVERINO MANUEL ORTIZ REY

Realiza os seus estudos con So Young Moon e Vladimira Smausová obtendo a Primeira Mención de Honra de Piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Perfeciónase na Academia Superior de Música e Artes Escénicas de Praga (Rep. Checa) con Dagmar Simonková e Frantisek Malý e no Conservatorio de Música de Centro-Finlandia con Oleg Mantur.Ten actuado como solista coa Orquestra Vigo 430, a Orquestra Clásica de Vigo e a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Co tenor José Antonio Campo Edesa, co que co-labora regularmente, realizou unha xira de concertos en Bolivia e foi invitado polas embaixadas de España e Hungría para realizar un concerto en Ljubljana (Eslo-venia). Na primavera de 2016 participa no Laboratorio de Retórica Musical do Conservatorio de Música “Arrigo Boito” de Parma (Italia), onde ofrece unha conferencia e un recital con música de Manuel de Falla e Isaac Al-béniz. En outubro de 2016 participa no ciclo de integral de sonatas para piano de Beethoven “Unha vida de emocións en 32 sonatas” (Santiago de Compostela).Participa regularmente como artista invitado no Festi-val “Des Cimes et des Notes” (Francia, 2015-2017)Foi profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Lugo (2001-2004) e impartiu clases nos con-servatorios de Parma, Verona, Estambul, Bari, Palermo e Vilnius. Actualmente e dende o 2004, é profesor de piano e pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

SEVERINO MANUEL ORTIZ REY

CONSTANTINO PÉREZ MURAS

Inicia os seus estudos oficiais de piano no Con-servatorio de Vigo, a súa cidade natal, ampliándoos con Martín Millán en Santiago de Compostela e con-cluíndoos no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid como alumno de Fernando Puchol. Realiza estudos de perfecionamiento en Oporto coa eminen-te pianista portuguesa Helena de Sá e Costa. Recibe tamén formación e consello en diversos cursos espe-cializados entre os que destacan os impartidos por Guillermo González, Manuel Carra, Alicia de Larrocha, Luiz de Moura e Jan Gruithzuyen. Obtén o 2º premio no III Concurso Nacional de Piano “Gregorio Baudot” de Ferrol en 1986. Ao ano seguinte comeza a súa labor como profesor de piano no Conservatorio de Santiago de Compostela, tarefa que na actualidade realiza no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde exerce ademais como pianis-ta acompañante. Ademais de actuar como solista e en diferentes agrupacións, colaborou asiduamente con diversos co-ros e orquestras de Galicia como o Orfeón Terra Nosa de Santiago de Compostela ou a Orquestra Clásica de Vigo, da que é membro fundador. Foi invitado durante dous anos consecutivos polo prestixioso clarinetista belga Walter Boeykens para participar como pianista nos Cursos Internacionais de Perfecionamiento Musical de Jávea (Alicante). Entre as súas actuacións máis recentes destacan a súa interpretación de obras de Chopin e Schumann como solista coa Orquesta Clásica de Vigo.

CONSTANTINOPÉREZ MURAS

Page 11: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

11

PATRICIA REJAS SUÁREZ

Comeza os seus estudos musicais aos cinco anos no Conservatorio Profesional de León onde obtén o Título de Profesora de Piano. Continúa os seus estu-dos superiores no Conservatorio Superior de Oviedo con Mª Teresa Pérez e na Escola Superior de Música Jesús Guridi de Vitoria con Albert Neto onde obtén o Título Superior de Piano e, posteriormente, o de Músi-ca de Cámara coas máis altas calificacións. Interesada na interpretación de instrumentos his-tóricos, ingresa no Conservatorio Nationale de Règion de Paris para perfeccionarse no estudo do fortepiano baixo a direción de Patrick Cohen en 1996. Desde en-tón e ata este momento, compaxina a súa labor como intérprete de piano moderno coa de fortepiano, im-partindo cursos sobre organoloxía e sobre interpreta-ción do periodo clásico en Vigo, A Coruña, Zaragoza, Milán, Terni, Oporto… Foi selecionada pola Fundación Barrié da Maza e pola Xunta de Castilla e León para colaborar nos seus ciclos de concertos. Tamén foi bolseira para asistir aos cursos de verán de Santander, formando parte do Trío Addendum. Participou nos festivais Espazos Sonoros, Vía Stellae, Cidade de Lugo, Sinsal, ademais de dar recitais en Italia, Lituania, Francia e Portugal. Foi profesora de piano nos conservatorios Cristó-bal Halffter de Ponferrada (León) e Superior da Coru-ña. Na actualidade imparte clases no Conservatorio Superior de Vigo e é doutora pola Universidade de Vigo.

PATRICIAREJAS SUÁREZ

Page 12: INTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO - …csmvigo.com/files/csmv_beethoven_v2_bj.pdf · lius, Dvorak, Berg, Schnittke e Quiroga baixo a batuta de directores como Helmut Rilling,

a dúoINTEGRAL DAS SONATAS PARA VIOLÍN E PIANO

12www.conservatoriosuperiorvigo.com

ConservatorioSuperiorDeVigo

CSMVigo

@CSMVigo

Síguenos:

ORGANIZA: COLABORA: