16
Isaac Díaz Pardo no IGI. Fotografía de Xaime Fandiño ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co gallo do “Día da Ciencia en Galego” Novembro 2013

ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

Isaac Díaz Pardo no IGI. Fotografía de Xaime Fandiño

ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL

Selección bibliográfica co gallo do “Día da Ciencia en Galego”

Novembro 2013

Page 2: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

A BUSC súmase un ano mais á celebración do Día da Ciencia en Galego e quere contribuír á homenaxe que este ano se dedica a Isaac Díaz Pardo cunha pequena mostra bibliográfica seleccionada entre as máis de trescentas referencias que se poden atopar no noso catálogo baixo o seu nome.

Pintor, ilustrador, cartelista, empresario, deseñador industrial… A súa creatividade, aínda non suficientemente estudada e recoñecida, abarca dende a pura creación artística ata a investigación científica, a innovación en procesos e a invención de maquinaria para as súas fábricas de cerámica do Castro e Sargadelos.

Conscientes da imposibilidade de abordar a totalidade da súa figura neste traballo, presentamos unha escolma de libros que dan conta do enorme e variado labor creativo desenvolvido por este humanista ao longo dos seus noventa e un anos.

Sirva esta bibliografía urxente como punto de partida no coñecemento deste intelectual singular e irrepetible para todas aquelas persoas interesadas nos avatares da cultura galega e o desenvolvemento industrial ao longo do século XX.

Incluímos tamén unha serie de obras que recollen algúns dos seus escritos e obras biográficas que completan a imaxe do creador e o seu pensamento.

Todas as referencias seleccionadas corresponden a monografías existentes na BUSC e están incluídas no seu catálogo en liña, onde pode atoparse unha descrición máis detallada así como as condicións de consulta de cada obra.

Acompañamos a selección bibliográfica dunha cronoloxía e citas do propio Díaz Pardo, que sitúan temporalmente os fitos máis destacados da súa vida e obra.

Page 3: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

CRONOLOXÍA DE ISAAC DÍAZ PARDO

1920 Nace en Santiago de Compostela, na chamada “Casa da Tumbona” (Rúa das Hortas). Fillo do pintor, escenógrafo, ilustrador e membro das Irmandades da Fala Camilo Díaz Baliño e de Antonia Pardo Méndez.

1936 Morre asasinado en Coence Camilo Díaz Baliño e Isaac, membro das Xuventudes Socialistas Unificadas e participante activo no plebiscito de autonomía, agóchase na casa do seu tío Indalecio. A súa nai, enferma, sobrevive só dous anos máis.

1939 Aínda que a súa primeira intención era estudar arquitectura, terminada a guerra, marcha a Madrid e ingresa na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando. Remata a carreira en tres anos e é seleccionado con outros alumnos de Belas Artes e Arquitectura para participaren na Escola de Artes e Oficios no primeiro proxecto de deseño industrial que se leva a cabo en España.

“No ano 36 eu estaba estudiando o bacharelato e a idea que había, e a meu pai lle parecía ben, era que fose arquitecto porque el era delineante e traballaba cos arquitectos no municipio de Santiago, e como os que están debaixo sempre falan mal dos que están enriba, pois a meu pai lle fodían bastante os arquitectos, e quería ver se eu fora arquitecto para ver se non era tan cabrón. Pode ser. O certo é que eu estudiaba para ser arquitecto, pero só había dúas escolas en España,as de Madrid e Barcelona, e só saían 15 arquitectos ó ano; na Coruña só había 3 ou 4 arquitectos e agora hai 150 ou non sei cántos, non sei nin de qué viven. Pero como era carísimo, eu tiven que facer unha cousa barata, que era Belas Artes. Traballaba xa no taller do meu pai. Case tódolos carteis da autonomía fíxenos eu. E funme gañando a vida. Despois da guerra as carreiras podían facerse rapidamente e eu en dous anos fixen os catro de Belas Artes. Pero non era esa a miña vocación de andar pintando cadros e andar retratando a xente daquela do réxime. Funme a Inglaterra e conectei cos exiliados alí. Coñecín a Cernuda e toda a xente que traballaba alí. Vin que eran máis importantes que os que quedaran, e me deu a idea de que esta xente ten que estar no estranxeiro, e nós vamos a estar traballando en España, traballando para o réxime sen decatarnos, e ó mesmo tempo vendo que os que valen teñen que estar fóra. Non se podía continuar así. E metémonos nesa cousa de facer cacharros. Había unha idea de que Sargadelos tivera unha importancia grande e había unha nostalxia polo prestixio, pois había que facer algo. Montamos un laboratorio, aquí no Castro, para estudiar as terras de Sargadelos. Pero, claro, aquilo converteuse nunha empresa que foi para adiante. Logo marchei a Arxentina, e formouse o Laboratorio de Formas, para recuperar cousas da memoria histórica, e niso estamos”

Entrevista de Xesús Fraga, suplemento Fugas de La Voz de Galicia o 20 de abril do 2002

Page 4: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

1942 Finalizados os seus estudos, obtén a bolsa Conde de Cartagena, que lle permite facer unha viaxe de estudos a Italia. De volta, cobre unha praza de profesor auxiliar de debuxo na Escuela Superior de Bellas Artes de San Jorge de Barcelona e segue pintando e participando en exposicións colectivas na Coruña, a onde regresa no 1943.

1944 Fai a súa primeira exposición en Madrid, na Casa Vilches, e no Casino de Vigo.

1945 Casa con Carmen Arias Montero ,Mimina, que tamén estudara en San Fernando.

1946 Exposicións simultáneas en dúas salas de Madrid con obras que se consideran da súa segunda época, con cadros de gran formato. Expón tamén en Barcelona, Londres e Vigo con cadros nos que se advirte a preocupación social e a compaixón, e que acadan boas críticas.

1947 A partir da viaxe a Londres vai deixando progresivamente a pintura como profesión e, instalado no Castro de Samoedo, monta un laboratorio onde estuda as arxilas que utilizara Antonio Raimundo Ibáñez para fabricar louza en Sargadelos. Fai os primeiros ensaios de caolíns e cerámica e comézanse os preparativos da Fábrica de Cerámicas do Castro.

1949 Constitúese como sociedade Cerámicas do Castro e para ela deseña e inventa fornos, calibradores, muíños…

Fotografía da Fábrica do Castro, tomada da súa páxina web

1950 Iníciase a comercialización das primeira pezas do Castro.

1955 Chamado polos emigrados da Arxentina, traslada alí a experiencia do Castro e funda preto de Bos Aires outra empresa de cerámica, a Fábrica de Porcelanas Magdalena.

E esta unha etapa fecunda de reencontro coa intelectualidade no exilio (Luis Seoane, Dieste, Lorenzo Varela, Blanco Amor… ), de apoio a proxectos editoriais como Ruedo Ibérico, de colaboracións na revista Galicia Emigrante (dirixida por Seoane) e de perfeccionamento nos procesos industriais cerámicos.

Page 5: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

Consolidado como home de empresa, inicia, en estreita colaboración con Luis Seoane, o programa que conducirá á restauración de Sargadelos, a que fora a empresa industrial de maior importancia da Ilustración galega.

1963 Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane (máis tarde unirase o arquitecto Fernández Albalat) redactan o anteproxecto do Laboratorio Galego de Formas, do que resultará o Laboratorio de Formas de Galicia, con tres obxectivos fundamentais:

• A creación dunha editorial, Ediciós do Castro, que sustente a investigación da historia galega e o coñecemento científico das bases económicas de Galicia.

• A fundación dun museo que reúna a obra e a documentación do movemento renovador da arte galega dispersa dende 1936 (futuro Museo Maside).

• A restauración e posta en actividade da Fábrica de Sargadelos.

1964 Asínase xa un convenio entre Cerámicas do Castro e os membros do Laboratorio de Formas do que sairá o proxecto de edificio (deseñado polo tamén membro do Laboratorio, Andrés Fernández-Albalat coa súa novidosa planta circular) para a nova fabrica de Sargadelos en Cervo, Lugo.

1970 Os proxectos do Laboratorio de Formas son xa unha realidade coa inauguración neste ano da nova Fábrica de Sargadelos, construída preto da antiga factoría, e a fundación do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.

Neste ano e seguintes publica carteis de cego, entre outros,” Paco Pixiñas”, “A nave espacial”, “El marqués de Sargadelos”...

1972 Fundación do Seminario de Estudios Cerámicos SL, dedicado á investigación dos coñecementos cerámicos, da súa tecnoloxía e da súa información como sistema de comunicación. Anualmente organiza experiencias estivais de Tecnoloxía e Escola Libre.

“A nosotros llega que técnica y arte son cosas distintas y aún contrapuestas. La técnica correspondería a facultades mecánicas para hacer posible las cosas y el arte a una especie de lenguaje o código que con su función connotarían las cosas para comunicarnos algo que no es la función. Es decir, el arte sería un sistema de comunicación que formaría parte de las cosas integrándolas, sustancial o ingrediente , ordenándolas o recubriéndolas. Pero está visto que ese arte, ese lenguaje que habla en los objetos, no es cualquier cosa. Es algo que ni siquiera se puede aprehender con la definición y que sin embargo lo es todo”.

Isaac Díaz Pardo “Contribución de urgencia al entendimiento de los problemas de arte/industria” p. 7

1978 Nacemento do Instituto Galego de Información (IGI) en San Marcos, Santiago de Compostela, coa vontade de recuperar o xornal Galicia e como centro de opinión e

Page 6: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

documentación. Tamén se recupera e refunda o Seminario de Estudos Galegos e acórdase, con Isidro Parga Pondal, o traslado do Laboratorio Xeolóxico de Laxe ás instalacións do Castro.

1979 Morre Luis Seoane e Díaz Pardo asume só a coordinación do grupo Sargadelos, despregando aínda con máis forza a súa faceta como deseñador industrial.

“Así, a carón de emprendementos para producir e reproducir obxectos industriais, había que recoller para o seu estudo e divulgación obra e documentación do movemento renovador da arte galega a partir de Castelao; había que promocionar e espallar o estudo da historia contemporánea de Galiza; había que recuperar a imaxe do que fora Sargadelos, onde hai 200 anos deseñárase unha empresa industrial pioneira de plantexamentos xurídicos e éticos aínda non superados,; había que mellorar a imaxe da información e da comunicación, e, en xeral, realizar e apoiar todo tipo de investigación no seu horizonte”.

“Tradición e futuro : O laboratorio de formas e os complexos do Castro de Samoedo e Sargadelos “ en A luminosa mirada dos ollos de Isaac: Isaac Diaz Pardo, obra dispersa/ edición e prólogo de Xosé Ramón Fandiño

Nos anos oitenta e noventa continúa publicando traballos de ensaio e numerosos artigos en publicacións periódicas.

2000 Nace a Fundación Sargadelos como garante do “estudo da cultura industrial de Sargadelos, a divulgación do seu significado histórico, a protección da súa denominación e a defensa da súa memoria”.

2006 Nun proceso doloroso e amplamente contestado pola sociedade galega, Díaz Pardo é apartado da presidencia das Fábricas de Cerámica do Castro e de Sargadelos polos accionistas, perdendo o control das empresas creadas por el mesmo.

2012 O 5 de xaneiro falece aos 91 anos no Hospital San Rafael da Coruña.

Page 7: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

Unha bibliografía urxente de Isaac Díaz Pardo na BUSC

Page 8: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

BIOGRAFÍAS, ENTREVISTAS….

Isaac Díaz Pardo : creación e compromiso na Galicia do século XX / [editores, Xosé Díaz Arias de Castro, Guillermo Escrigas ; coordinación Carolina Díaz ; introducción Ramón Villares]. -- A Coruña : Deputación Provincial, 2006. -- 593 p. : il. ; 29 cm. -- (Grandes Pintores). -- ISBN: 84-9812-048-9. -- Textos en galego e tradución ao castelán e inglés. -- DL.: C. 2734-2006; Ga 40772

Isaac Díaz Pardo : un proxecto socio-cultural para Galicia / [exposición celebrada no] Auditorio de Galicia, Sala de Exposicións ; Santiago de Compostela, decembro 1990-xaneiro 1991. -- Santiago de Compostela : Auditorio de Galicia, 1990. -- 319 p. : il. ; 28 cm. -- DL.: C. 1646-1990 Ga 6326

Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 Ollos da memoria : conversas no Monxoi con Isaac Díaz Pardo / Montse Nieto ; [limiar, Tucho Calvo]. -- Noia [A Coruña] : Toxosuotos, 2009. -- 182 p : il. ; 21 cm + 1 DVD. -- ISBN: 978-84-92792-22-1. -- Bibliogr.: p. [177]-182. -- DL.: C. 3944-209; Ga 45811

Page 9: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

Fandiño Veiga, Xosé Ramón, 1947- Isaac Díaz Pardo : a patria enteira na memoria / Xosé Ramón Fandiño Veiga. -- Vigo : Ir Indo, 2008. -- (Galegos na Historia. Biografías ; 37). -- ISBN: 978-84-7680-613-5. -- DL: VG. 103-2008 Ga 42491

Fernández Palomo, Ariana Isaac Díaz Pardo, unha mirada familiar : conversas con Carmen Arias. -- Santiago de Compostela : Lea. -- 203 p. : il. ; 25 cm. -- ISBN: 84-95444-70-4. -- DL: C. 2336-2006; Ga 40048

PINTURA

Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 Isaac Díaz Pardo : fondos Novagalicia Banco e Novacaixagalicia : [catálogo da exposición] / [textos, Xosé Díaz, Rosario Sarmiento, Isaac Díaz Pardo]. -- [Galicia] : Novacaixagalicia, 2012. -- 73 p. : il. col. ; 28 cm. -- ISBN: 978-84-96982-55-0. -- DL: C. 464-2012. -- Textos en galego e castelán. Ga 2431

Page 10: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

Diáspora : 10 artistas galegos no exilio latinoamericano, 1930-1970 = 10 artistas gallegos en el exilio latinoamericano, 1930-1970 : Ángel Botello, Alfonso R. Castelao, Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Eugenio Granell, Maruja Mallo, Luis Seoane, Arturo Souto, José Suárez, Carlos Velo : [exposición] MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 10 maio - 11 setembro de 2005, Fundación Luis Seoane, A Coruña, 28 setembro 2005 - 8 xaneiro 2006 / [comisario Carlos López Bernárdez]. -- Vigo ; A Coruña : Fundación MARCO ; Fundación Luis Seoane, 2005. -- 221 p. : il. cor e n. ; 30 cm. -- ISBN: 84-609-5108-1 (Fundación Luis Seoane) 84-934364-0-2 (MARCO). -- Bibliograf. -- Textos en galego e castelán. -- DL: C. 1138-2005 Ga 38016

Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 Obra cartelística, 1936-1999 : [exposición da Universidade da Coruña] / Isaac Díaz Pardo ; [coordinación da edición, Rosa Méndez Fonte]. -- A Coruña : Espiral Maior, 2000. -- 98 p. : il. ; 24 cm. -- (Visual ; 3). -- ISBN: 84-89814-87-2. -- DL: C. 123-2000. – Ga 28246

CARTEIS DE CEGO

Cartelle, Ramiro O Marqués de Sargadelos : historia contada polo cego Zago... / música de Ramiro Cartelle ; dibuxado por Díaz Pardo . -- 2ª . -- Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 1998. -- [26] p. : il. ; 25 cm. -- Na cuberta: Cartel de cego. -- DL: C. 1328-1998 Ga Foll 313 25

Page 11: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

Cartelle, Ramiro A Nave espacial : historia contada polo cego Zago... / música de Ramiro Cartelle ; debuxada por Díaz Pardo . -- 2ª . -- Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 1998. -- [4] p. : il. ; 25 cm. -- Na cuberta: Cartel de cego. -- DL: 1326-1998. Ga Foll 313-28

Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 Castelao : historia contada polo cego Zago e debuxada por Diaz Pardo en 17 cadros e 2 intermedios de pranto do cego . -- 2ª . -- Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 1998. -- [20] p. : grav. ; 25 cm. -- DL: C. 1330-1998. Ga Foll 313 26

Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 O Crimen de Londres : a criada que estrangulou a súa ama pola música : Historia contada polo cego Zago en 1970 / debuxada por Díaz Pardo . -- 2ª . -- Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 1998. -- [16] p. : grav. ; 25 cm. -- C. 1329-1998. Ga Foll 313 29

ILUSTRACIÓNS

Isaac Díaz Pardo e a Língua : homenagem da AGAL / [ilustraçons, Isaac Díaz Pardo] . -- 1ª . -- Ourense : Associaçom Galega da Língua, 2008. -- 166 p. : il. ; 21 cm. -- (Testemunhos). -- ISBN: 978-84-87305-26-1. -- DL: C. 1878-2008 Ga 43635

Page 12: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

¿U-lo Prestige? : entre a ecoloxía e a globalización / [edición do] Colectivo Mar de Tinta ; [limiar Mª de Lourdes Pérez González ; fotos de Lolita Fernández ; ilustración da cuberta Isaac Díaz Pardo]. -- Sada : Ediciós do Castro, 2005. -- 140 p. : fot. ; 24 cm + 1 DVD. -- ISBN: 84-8485-187-7. -- Carlos Busto, Xis Costa e Alberte Pagán coordinaron o DVD. -- DL: C. 1173-2005 Ga 37275

Torres, Xohana, 1931- Un hotel de primeira sobre o río / Xohana Torres ; portada e ilustracións de Isaac Díaz Pardo. -- Vigo : Galaxia, 1968. -- 90 p. : il ; 19 cm. -- Premio Castelao, 1966. -- VG. 104-1968 Ga 10237

Dieste, Rafael, 1899-1981 A Fiestra valdeira : comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro cun respiro / Rafael Dieste ; [ilustracións, Díaz Pardo] . -- 11ª . -- Sada, A Coruña : Ediciós do Castro, 2005. -- 127 p. ; 19 cm. -- (Teatro). -- ISBN: 84-7492-035-3. -- DL: C. 1174-2005 Ga 730

Heinze, Ursula, 1941- Torso : Gedichte = poemas / Ursula Heinze de Lorenzo ; traducción do alemán, Ramón Lorenzo ; Ilustrationen = ilustracións, Isaac Díaz Pardo . -- : , 2002 . -- Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 2002. -- 125 p. : il. ; 19 cm. -- ( Poesía). -- ISBN: 84-8485-081-1. -- Texto alemán e tradución galega. -- Índice. -- DL: C. 2138-2002 Ga 33963

Neira Vilas, Xosé, 1928- Memorias dun neno labrego / Xosé Neira Vilas ; [ilustracións, Díaz Pardo, ilustración da capa, Luís Seoane] . -- 31ª ed. en galego, 1ª ed. en Biblioteca Neira Vilas . -- Vigo : Galaxia, 2010. -- 141 p. : il. ; 21 cm. -- (Literaria (Galaxia). Biblioteca Neira Vilas ; 1). -- ISBN: 978-84-9865-343-4. -- DL: VG. 1099-2010 Ga 47591

Otero Pedrayo, Ramón, 1888-1976 Poesía / Ramón Otero Pedrayo ; edición, introdución e notas, Xesús Alonso Montero ; [ilustración da capa, Isaac Díaz Pardo]. -- Vigo : Galaxia, 2010. -- 360 p. : il. ; 21 cm. -- (Biblioteca Otero Pedrayo ; 5). -- ISBN: 978-84-9865-296-3 (Galaxia); 978-84-614-1476-5 (Fundación Otero Pedrayo). -- DL: VG. 554-2010 Ga 46559

Page 13: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

AS CERÁMICAS DE SARGADELOS E O CASTRO

Encontros estivais do Seminario de Sargadelos : 1972-1994 : [exposición] / [coordinación, Blanca Rodríguez Alvariño]. -- [Santiago de Compostela] : Consellería de Cultura, 1995. -- 73 p : principalmente il ; 29 cm. -- ISBN: 84-453-1321-5. -- DL.: C.179-1995 Ga 16867

Tradición e futuro : O L.F. e os complexos do Castro de Samoedo e Sargadelos. -- [Sada] : Edicións do Castro, 1972?. -- [72] p : il ; 22 cm. -- Ga 8455

Caño, Xosé Manuel del, 1955- O contencioso de Sargadelos : Isaac Díaz Pardo / Xosé Manuel del Caño ; limiar, Basilio Losada ; epílogos, Xosé Luís Axeitos, Felipe Senén López. -- Ourense : Linteo, 2009. -- 268 p. : il. ; 22 cm. -- (Colección Aberta). -- ISBN: 978-84-96067-46-2. -- DL: 3064-2009; Ga 44948

Carmona Badía, Xan, 1951- A Etapa de Luis de la Riva e o apoxeo da producción civil de Sargadelos. -- Sada, A Coruña : Ediciós do Castro, 1994. -- 54 p ; 24 cm. -- (Cadernos do Seminario de Sargadelos ; 67). -- ISBN: 84-7492-706-4. -- DL: C. 592-1994. -- Bibliogr.: p. 37-39 Col. 31 67

Page 14: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

Quiroga Figueroa, María A Louza de Sargadelos : colección do Museo Provincial de Lugo, Deputación Provincial de Lugo. -- Lugo : Deputación Provincial de Lugo, Servicio de Publicacións, 2003. -- 317 p. : principalmente il. ; 29 cm. -- ISBN: 84-8192-238-2. -- Bibliogr. -- DL.: LU. 250-2003; Ga 35333

LABORATORIO DE FORMAS DE GALICIA E INSTITUTO GALEGO DA INFORMACIÓN

Manifiesto del Laboratorio de Formas de Galicia. Notas sobre el arte gallego y el Museo Carlos Maside / por Luis Seoane. Significado y origen de la operación restauradora de Sargadelos / por Díaz Pardo. -- La Coruña : Ediciones del Castro, 1970. -- 23 p. ; 24 cm. -- (Cuadernos do Laboratorio de Formas de Galicia ; 1). -- DL: C. 609-1970. – Ga Foll 4 29

Proxecto dunha institución para fundar un xornal galego = Proyecto de una institución para fundar un diario gallego / Fundación Penzol, Laboratorio de Formas de Galicia. -- [S.l.] : [s.n.], 1977 (A Coruña : Moret). -- [24] p. ; 24 cm. -- DL: C. 521-1977. -- IGI Ga Foll 63 21

Soneira Beloso, Begoña, 1976- Unha Ollada ó Laboratorio de Formas ós 44 anos da súa creación : un emprendemento pensado por exiliados no Río de la Plata. -- Sada, A Coruña : Ediciós do Castro, 2007. -- 215 p. : il., fot. ; 24 cm. -- (Cadernos do Laboratorio de Formas de Galicia ; 11). -- ISBN: 978-84-8485-252-0. -- Subtít. tomado da cub. -- DL.: C. 161-2007. – Col. 32 11

Page 15: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co

ESCRITOS

Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 A luminosa mirada dos ollos de Isaac : Isaac Díaz Pardo, obra dispersa / edición e prólogo de, Xosé Ramón Fandiño ; obra dispersa, Isaac Díaz Pardo ; coda, Luís Cochón. -- [Santiago de Compostela] : Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria : Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2012. -- 206 p. : il., fot., ; 24 cm. -- (Cadernos Ramón Piñeiro ; 24). -- ISBN: 978-84-453-5068-3. -- Inclúe referencias bibliográficas e índice. -- DL.: C. 2677-2012. Ga 1921

Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 Crónicas inconformistas / Isaac Diaz Pardo ; [introdución, Xesús Alonso Montero]. -- Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2006. -- 126 p. ; 24 cm. -- (Premios "Roberto Blanco Torres" de xornalismo de opinión). -- ISBN: 978-84-9750-776-9. -- Na port.: VII Premio "Roberto Blanco Torres" de xornalismo literario e de opinión (2005); O presente volume recolle os artigos publicados por Isaac Díaz Pardo no xornal La Voz de Galicia entre o verán de 2004 e decembro de 2005. -- DL: C. 3166-2006. – Ga 40808 Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 Contribución de urgencia al entendimiento de los problemas de arte-industria. -- La Coruña : Ediciones del Castro, 1976. -- 40 p. : lám. ; 24 cm. -- ( Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos ; 18). -- ISBN: 84-85134-12-5. -- DL: C. 660-1976. Col. 31 18

Page 16: ISAAC DÍAZ PARDO: CREADOR TOTAL Selección bibliográfica co