24
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46579 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2013 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional enxeñeiro/a industrial, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade. O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos desta universidade, e en execu- ción do previsto na Resolución do 7 de decembro de 2010 (DOG do 20 de decembro) pola que se aproba a oferta pública de emprego para o ano 2010, resolve convocar probas se- lectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro/a industrial, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes: Bases da convocatoria 1. Normas xerais. 1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza va- cante na categoría profesional de enxeñeiro/a industrial do grupo I do convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), pola quenda de promo- ción interna e pola quenda de acceso libre. 1.2. Os procesos de selección de promoción interna e de acceso libre realizaranse se- paradamente, e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase pola quenda de acceso libre. 1.3. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso. 1.4. O sistema de selección da persoa aspirante será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ao que se especifica no anexo I desta con- vocatoria. 1.5. A adxudicación da praza á persoa aspirante que supere o proceso selectivo efectua- rase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I. CVE-DOG: hf2lhfs0-djj3-g8y1-vb61-u4i1jzus9d15

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE … · 2014. 2. 26. · DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46581 ISS1130-9229N Depósito legal C.494-1998 c) Estar

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46579

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

    UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

    RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2013 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional enxeñeiro/a industrial, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

    O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos desta universidade, e en execu-ción do previsto na Resolución do 7 de decembro de 2010 (DOG do 20 de decembro) pola que se aproba a oferta pública de emprego para o ano 2010, resolve convocar probas se-lectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro/a industrial, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes:

    Bases da convocatoria

    1. Normas xerais.

    1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza va-cante na categoría profesional de enxeñeiro/a industrial do grupo I do convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), pola quenda de promo-ción interna e pola quenda de acceso libre.

    1.2. Os procesos de selección de promoción interna e de acceso libre realizaranse se-paradamente, e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase pola quenda de acceso libre.

    1.3. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso.

    1.4. O sistema de selección da persoa aspirante será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ao que se especifica no anexo I desta con-vocatoria.

    1.5. A adxudicación da praza á persoa aspirante que supere o proceso selectivo efectua-rase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46580

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

    1.7. Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública; Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxei-ros en España e a súa integración social; Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia; os estatutos da USC, aprobados polo Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, da Xunta de Galicia; o Convenio colectivo do persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008) e as bases desta convocatoria.

    2. Requisitos das persoas aspirantes.

    2.1. Para ser admitidas á realización das probas selectivas, as persoas aspirantes de-berán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato, os seguintes requisitos:

    a) Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado ao cal, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de tra-balladores.

    Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos espa-ñois e dos nacionais de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, o dos nacionais de algún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descenden-tes e os do seu cónxuxe, menores de 21 anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

    Quen, non sendo español nin nacional dun estado membro da Unión Europea, se en-contre en España en situación de legalidade, sendo titular dun documento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

    b) Ter feitos os 16 anos de idade e non ter a idade de xubilación.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46581

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    c) Estar en posesión do título de enxeñeiro industrial/enxeñeiro en automática e elec-

    trónica industrial/enxeñeiro en organización industrial. No caso de que as persoas aspi-

    rantes posúan unha titulación académica estranxeira, para poder participar no proceso

    selectivo deberán ter homologado previamente o título de acordo co previsto na lexisla-

    ción española.

    d) Será requisito indispensable para o ingreso ter acreditada a aptitude médica para

    o desempeño. Para estes efectos, forma parte da solicitude a declaración responsable

    contida nela de que a persoa aspirante nesa data posúe a capacidade funcional para o

    desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psí-

    quica que lle impida realizar o traballo propio da categoría a que pretende incorporarse.

    e) Non estar separado de servizo de calquera das administracións públicas en virtude

    de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio da

    función pública.

    f) Non estar sancionado coa suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas,

    segundo o artigo 70 do convenio colectivo para persoal laboral da USC.

    g) Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no número 3.4.2 desta con-

    vocatoria para as persoas discapacitadas, para os membros de familias numerosas e para

    demandantes de emprego.

    2.2. As persoas aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna

    deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

    a) Ter a condición de persoal laboral fixo da USC.

    b) Estar prestando servizos con carácter definitivo ou en adscrición provisional.

    c) Pertencer a unha categoría distinta á da praza ofertada nesta convocatoria.

    d) Ter unha antigüidade efectiva de, polo menos, seis meses como persoal laboral fixo

    na categoría a que pertenzan o último día do prazo de presentación de solicitudes.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46582

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    3. Solicitudes.

    3.1. Quen desexe participar nestas probas selectivas deberá solicitalo ao reitor da USC en solicitude segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convo-catoria no Boletín Oficial del Estado.

    As persoas aspirantes deberán facer constar na súa solicitude a quenda pola que se inscriben, libre ou promoción interna, segundo corresponda.

    A solicitude presentarase acompañada da seguinte documentación:

    – Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

    – Fotocopia do título de enxeñeiro industrial/enxeñeiro en automática e electrónica in-dustrial/enxeñeiro en organización industrial.

    – Fotocopia do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua gale-ga). As persoas aspirantes que non presenten esta acreditación deberán realizar a proba de lingua galega prevista no anexo I.

    – Fotocopia do anexo V a que se fai referencia na base 11 desta convocatoria.

    As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a par-ticipar deberán presentar:

    – Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co cal teñan o dito vínculo.

    – Declaración ou promesa da persoa aspirante de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

    – De conformidade co disposto na base 6.5 da convocatoria, as persoas aspirantes que estean exentas da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas de español como

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46583

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) ou equivalente. De non achegar esta certifica-ción, non poderán ser declaradas exentas, e deberán realizar a proba a que se refire a base 6.5.

    Os antigos diplomas de español nos seus niveis, intermedio e superior serán equivalen-tes, para todos os efectos, aos diplomas previstos no Real decreto 264/2008, nos seguin-tes termos:

    a) O diploma de español (nivel intermedio) será equivalente ao diploma de español (ni-vel B2).

    b) O diploma de español (nivel superior) será equivalente ao diploma de español (ni-vel C2).

    3.2. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso, será achegada no momento de presentar a solicitude, non sendo valorados méritos que non se atopen suficientemente acreditados documentalmente, nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguin-te maneira:

    3.2.1. Certificado acreditativo dos servizos prestados, no cal conste a categoría e os períodos en que se prestaron, expedido pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da solicitude se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas.

    3.2.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

    3.2.3. O certificado acreditativo dos aspectos indicados nos anteriores números 3.2.1. e 3.2.2. (certificaranse os cursos que constan no expediente) expedirase de oficio para as persoas aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC e engadirase á solicitude da persoa aspirante.

    3.2.4. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes.

    3.2.5. En calquera momento a Universidade poderá requirir das persoas aspirantes os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46584

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    3.3. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos puntos anteriores farase no Rexistro Xeral da Universidade, situado na Reitoría da USC (Colexio de San Xe-rome, praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela), no Rexistro do Campus de Lugo, situado no Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. Bernardino Pardo Ouro, polígono de Fingoi, 27002 Lugo) ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

    As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

    3.4. Os dereitos de exame serán de 40,74 €, que se ingresarán na conta de Novagalicia Banco «oposicións» número 2080 0388 20 3110000646. Para realizar o ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

    En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

    3.4.1. Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen os dereitos de exame dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes, e non se concederá ningún prazo adicional para o seu aboamento.

    3.4.2. Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e tamén as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando orixinal ou copia compulsada da cualificación do grao de dis-capacidade ou do carné de familia numerosa, segundo corresponda.

    Tamén se aplicará unha bonificación do 50 % á inscrición no proceso selectivo solicitada por persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data de publicación desta convocatoria e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

    O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados no parágrafo anterior, solicitarase nas oficinas do Servizo Público de Emprego e presenta-rase coa solicitude.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46585

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    3.4.3. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, o reintegro reali-zarase de oficio, para o que terán que facer constar a entidade bancaria e o número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

    3.5. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, aquelas persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % indicarán na súa solicitude as necesida-des de adaptacións específicas e o seu motivo.

    4. Admisión de persoas aspirantes.

    4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor da USC ditará resolución en que declare aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Nesta resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o lugar no cal se atopa exposta ao público a listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, na cal constará o nome e apelidos das persoas excluídas, o número de DNI, así como as causas que motivaron a exclusión e o prazo para reparalas.

    4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dis-porán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que moti-varon a exclusión.

    4.3. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admiti-das, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

    4.4. Na resolución que aprobe a listaxe definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o día, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio. Esta reso-lución esgotará a vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día se-guinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición diante do reitor no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novem-bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46586

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    4.5. O feito de figurar na listaxe de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión de todos os requisitos exixidos, que terán que acredi-tarse no seu momento, de acordo co previsto na base 8 desta convocatoria.

    5. Tribunal.

    5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III desta convoca-toria e terá a categoría primeira das recollidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo.

    O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    5.2. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da USC.

    5.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir e notificaranllo ao reitor da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizaron tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

    O/a presidente/a poderá solicitar dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no dito artigo.

    Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando con-corran as circunstancias antes citadas.

    5.4. Antes do inicio das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Dia-rio Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír os que teñan perdida a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.3.

    5.5. Logo da convocatoria do presidente/a, constituirase o tribunal, coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acor-dará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46587

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    5.6. A partir da súa constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

    5.7. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá todas as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deberá facer nos casos non pre-vistos.

    5.8. O órgano convocante, por proposta do tribunal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que coide pertinentes, limitándose a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. Os devanditos asesores deberán posuír titulación de igual ou superior nivel ca a exixida nesta convocatoria. O seu nomeamento farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación, ao igual que aos restantes membros do tribunal.

    Así mesmo o tribunal poderá dispoñer a incorporación con carácter temporal doutros funcionarios para colaborar no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

    5.9. O tribunal adoptará as medidas precisas para que as persoas aspirantes a que se refire o número 3.5. participen en condicións de igualdade. Para tal efecto, o órgano de selección poderá requirir un informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou de asuntos sociais. Para os efectos de valorar a procedencia da concesión das adaptacións solicitadas, requirirase da persoa aspirante o correspondente certificado ou información adicional. A adaptación non se outorgará de for-ma automática, senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vai realizar.

    5.10. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. O tribunal ex-cluirá aquelas persoas aspirantes que consignen nas follas de exame o seu nome, trazos, marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

    5.11. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número superior de persoas aspirantes que prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46588

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    6. Desenvolvemento dos exercicios.

    6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra X, de conformidade co establecido na Resolución do 15 de xaneiro de 2013 da Consellería de Facenda.

    6.2. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

    6.3. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en único chamamento e serán excluídas da oposición as que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e considerados polo tribunal.

    6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectua-rase nos locais onde se realizara o primeiro deles, así como na Reitoría da universidade, na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html, ou por cal-quera outro medio que se considere conveniente para asegurar a súa máxima divulgación, cunha antelación de, polo menos, 24 horas á sinalada para a súa iniciación.

    6.5. Persoas aspirantes con nacionalidade estranxeira.

    Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, as persoas as-pirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel axeitado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

    O contido desta proba axustarase ao disposto no artigo 3 do Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro (BOE do 8 de novembro), para acreditar o nivel de competencia lingüística do diploma de español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto ou non apto e será necesario obter a valoración de apto para pasar a realizar os exercicios da fase de oposición.

    Quedan eximidas de realizar esta proba as persoas aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estaren en posesión do diploma de español como lingua estranxeira, (nivel B2 ou nivel C2) e as persoas estranxeiras nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español. De non achegaren esta documentación, non poderán ser declaradas exen-tas, e deberán, en consecuencia, realizar a proba descrita anteriormente.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46589

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algunha das persoas aspirantes carece dos requisitos exixidos por esta convocatoria, logo de audiencia á persoa interesada, deberá propoñer a súa exclusión ao reitor da USC, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas pola persoa aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

    Contra esta exclusión poderase interpor recurso perante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da exclusión.

    7. Listaxe de persoas aspirantes aprobadas.

    7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública, no lugar ou lugares da súa realización, na sede do tribunal, na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html, e naqueloutros que coi-de oportunos, a relación de persoas aspirantes que obtiveron o mínimo establecido para superalo, con indicación da puntuación obtida e do documento acreditativo da identidade.

    7.2. As persoas aspirantes disporán de tres días hábiles, contados a partir do día se-guinte á realización de cada exercicio, para presentar reclamacións ás preguntas formula-das polo tribunal no correspondente exercicio.

    7.3. Así mesmo, as persoas aspirantes disporán de sete días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións do exercicio correspondente, para pre-sentar reclamacións ás cualificacións.

    7.4. A listaxe coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez feito o derradeiro exercicio da fase de oposición.

    7.5. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición máis a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. No caso de empate, a orde de prelación será a seguinte: maior puntuación na fase de oposición, maior puntuación na fase de coñece-mentos específicos, maior idade e orde alfabética.

    7.6. O tribunal fará pública, para cada quenda de acceso, a listaxe das persoas aspiran-tes que, segundo a orde da puntuación total obtida por cada unha delas, fosen selecciona-das, e que en ningún caso poderá conter un número de persoas superior que o de prazas convocadas. A dita relación, que será elevada polo tribunal ao reitor da universidade xunto coa proposta de contratación a favor da persoa aspirante que figure nela, será publicada no taboleiro de anuncios da Reitoría.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46590

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    8. Presentación de documentos.

    8.1. No prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se fixese pública a relación definitiva de persoas aprobadas na Reitoría da universidade, a persoa aspirante que figure nela deberá presentar no Servizo de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, rúa Nova, 6, Santiago de Compostela) a seguinte documentación:

    a) Fotocopia compulsada do DNI ou do documento que acredite a súa nacionalidade.

    b) Documento que acredite, de ser o caso, a residencia legal en España.

    c) Fotocopia compulsada da titulación exixida.

    d) Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non acharse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades. As persoas aspi-rantes de nacionalidade non española deberán acreditar que non están sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

    e) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das corresponden-tes funcións.

    8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos ex-presados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

    8.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a do-cumentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser contratado/a como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

    9. Contratación como persoal laboral fixo.

    9.1. Concluído o proceso selectivo, a persoa aspirante que o superase será contratada como persoal laboral fixo. A súa contratación efectuarase no prazo dun mes contado a par-tir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46591

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    9.2. O período de proba será de seis meses, durante os que o/a traballador/a terá os dereitos e obrigas correspondentes ao posto de traballo que desempeñe, agás os deriva-dos da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable a quen estivese con anterioridade desenvolvendo funcións similares na USC.

    10. Adxudicación do posto de traballo.

    10.1. O persoal con discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, poderá pedir a adaptación do posto de traballo correspondente. A solicitude deberá ir acompañada dun informe expedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adap-tación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto.

    11. Listaxes de espera.

    11.1. Elaboraranse listaxes de espera, tanto para promoción interna como para acceso libre, coas persoas aspirantes que superen algún exercicio da fase de oposición distinto do de galego. Para estes efectos, e co fin de determinar a opción por campus, as persoas aspirantes presentarán a solicitude que figura como anexo V desta convocatoria, xunto coa solicitude de admisión ás probas selectivas.

    12. Norma derradeira.

    Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer re-curso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de San-tiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

    Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de re-posición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

    Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013

    Juan José Casares Long Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46592

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    ANEXO I Denominación da praza: enxeñeiro/a industrial

    O sistema selectivo será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cuali-ficacións que a continuación se indican:

    I. Fase de oposición: consistirá na realización dos exercicios que a continuación se indi-can para as quendas de promoción interna e de acceso libre, agás as exencións previstas na descrición do primeiro e cuarto exercicios.

    Todos os exercicios terán carácter obrigatorio e eliminatorio, agás o cuarto que será obri-gatorio e non eliminatorio, para as persoas que se presenten pola quenda de acceso libre.

    As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada proba co DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

    Primeiro exercicio: estarán exentas de realizar este exercicio, as persoas aspirantes que acreditasen documentalmente xunto coa solicitude estar en posesión do certificado Celga 4 ou do certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega.

    Este exercicio terá a seguinte estrutura:

    Primeira proba. Comprensión escrita ou comprensión oral e expresión escrita.

    As persoas aspirantes deberán redactar un texto seguindo unhas indicacións que se lles facilitarán por escrito. A elaboración do texto deberá basearse na comprensión dun texto escrito ou na comprensión dun fragmento de audio ou audio-vídeo.

    A duración máxima desta proba será de noventa minutos.

    Segunda proba. Comprensión escrita ou comprensión oral e expresión oral.

    As persoas aspirantes deberán ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e, a seguir, nunha entrevista co examinador pediráselles que resuman o

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46593

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    input e que manteñan un diálogo ao respecto do input recibido, de modo que poida ser avaliada a súa produción oral.

    A duración máxima desta proba será de quince minutos por persoa aspirante.

    Para superar este exercicio será necesario acadar o resultado de apto.

    Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 120 preguntas tipo test con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tri-bunal e correspondentes ao bloque de coñecementos específicos que figura no programa que se relaciona no anexo II.

    O tempo para a realización deste exercicio será de dúas horas.

    Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo do 60 % do total das respostas correctas.

    Terceiro exercicio: proba práctica. Consistirá en resolver por escrito dous supostos prác-ticos facilitados polo tribunal e relacionados co temario específico que versarán sobre ca-sos prácticos aplicados a edificios da USC.

    Para a súa realización, o tribunal facilitará os datos necesarios relativos a mantemento de instalacións, aforro de enerxía, así como o deseño e cálculo dalgunha instalación. Para o cálculo de instalación, as persoas aspirantes poderán utilizar os regulamentos técnicos aplicables para o desenvolvemento deste punto.

    O tribunal poderá acordar que os/as aspirantes lean en sesión pública este exercicio. De adoptar este acordo, o tribunal informará, ao comezo do exercicio, do lugar, día, hora e duración da lectura.

    Concluída a lectura, o tribunal poderá dialogar coa persoa aspirante por un tempo máxi-mo de 10 minutos, sobre aspectos concretos relacionados coa proba práctica.

    O tempo máximo para a realización de cada suposto será de catro horas.

    Cada suposto puntuarase de 0 a 17,5 puntos, e será necesario para aprobar obter un mínimo de 8,75 puntos en cada un.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46594

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    Cuarto exercicio: obrigatorio e non eliminatorio. Estarán exentas de realizar este exerci-

    cio as persoas aspirantes que se presenten pola quenda de promoción interna.

    Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 30 preguntas tipo test, con tres

    respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e corres-

    pondentes ao bloque de coñecementos non específicos do programa.

    O tempo para a súa realización será de 40 minutos e valorarase de 0 a 5 puntos.

    Antes da realización de cada exercicio, o tribunal deberá ter aprobados e publicados os

    criterios de avaliación e corrección.

    II. Fase de concurso.

    Quenda de promoción interna: máximo 35 puntos.

    Experiencia: máximo 30 puntos.

    • Na mesma categoría ou categoría equivalente nas administracións públicas: valorara-

    se a 0,40 puntos/mes, ata un máximo de 20 puntos. Non se valorará o tempo traballado en

    categoría superior por atribución temporal de funcións.

    • Noutras categorías nas administracións públicas: valorarase a 0,08 puntos/mes, ata un

    máximo de 10 puntos.

    Formación: valoraranse cursos de formación dispensados por centros e organismos ofi-

    ciais e aqueles que estean debidamente homologados e que garden relación coas funcións

    da praza convocada, ata un máximo de 5 puntos, do seguinte xeito:

    – Cursos de formación relacionados coa praza:

    • Cursos impartidos: 0,03 puntos/hora.

    • Cursos de aptitude recibidos: 0,02 puntos/hora.

    • Cursos de asistencia recibidos: 0,01 puntos/hora.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46595

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    – Cursos de formación de lingua galega:

    • Celga 5: 0,75 puntos.

    • Outros cursos de galego impartidos: 0,03 puntos/hora.

    • Outros cursos de galego con aptitude: 0,02 puntos/hora.

    • Outros cursos de galego con asistencia: 0,01 puntos/hora.

    Cando existan distintos niveis do mesmo curso, só se valorará o de maior nivel. Os cel-gas valoraranse a partir do nivel superior ao exixido na convocatoria para o acceso.

    Nos cursos en que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

    Quenda de acceso libre: máximo 30 puntos.

    Experiencia: máximo 25 puntos.

    • Na mesma categoría ou categoría equivalente na USC: valorarase a 0,40 puntos/mes.

    • Na mesma categoría ou categoría equivalente noutras administracións públicas: valo-rarase a 0,10 puntos/mes.

    • Noutras categorías da USC: valorarase a 0,10 puntos/mes.

    Formación: valorarase igual que para promoción interna, ata un máximo de 5 puntos.

    Para a valoración da experiencia acreditada en categorías equivalentes noutras ad-ministracións públicas prevista na fase de concurso e para a baremación das listaxes de espera, as dúbidas que xurdan serán resoltas por unha comisión composta por dous re-presentantes da Xerencia e dous en representación do Comité Intercentros. Esta comisión intervirá por petición do tribunal ou da unidade encargada da baremación das listaxes e po-derá solicitar información complementaria ás persoas aspirantes en relación coas funcións e tarefas das categorías en cuestión, co fin de adoptar os acordos que procedan.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46596

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    ANEXO II Denominación da praza: enxeñeiro/a industrial

    Programa

    – Coñecementos específicos:

    1. Coñecementos básicos sobre a liberalización do mercado eléctrico.

    2. Coñecementos xerais de tarificación eléctrica.

    3. Produción eléctrica por fontes de réxime especial.

    4. Lei do sector eléctrico.

    5. Estratexias que se aplican no deseño de instalacións para acadar unha optimización enerxética nos edificios.

    6. Coñecementos básicos de transporte e distribución de enerxía eléctrica, comercializa-ción e subministración. Procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

    7. Coñecementos xerais da radiación solar e da enerxía solar térmica a baixa e media temperatura.

    8. Normas básicas para as instalacións interiores de subministración de auga.

    9. Produción de AQS con enerxía solar térmica: deseño, compoñentes, cálculo e fun-cionamento.

    10. Tipoloxía de sistemas de coxeración. Rendibilidade. Marco xurídico. Deseño, com-poñentes, cálculo e funcionamento. Mantemento.

    11. A radiación solar. Tipoloxía de paneis. Marco xurídico. Deseño, compoñentes, cálcu-lo e funcionamento. Mantemento.

    12. Tipoloxía de instalacións de xeotermia. Deseño, compoñentes, cálculo e funciona-mento. Mantemento.

    13. Factores que hai que ter en conta nunha auditoría relativa á facturación de enerxía: compra de enerxía, períodos de tarifación e enerxía reactiva.

    14. Estudos de rendibilidade do investimento que hai que realizar.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46597

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    15. Regulamento electrotécnico para baixa tensión. REBT. Instrucións técnicas comple-mentarias.

    16. Código técnico da edificación. DB-HE-5 aforro de enerxía, contribución fotovoltaica mínima de enerxía eléctrica. Código técnico da edificación. DB-HE-3 eficiencia enerxética das instalacións de iluminación. Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior.

    17. Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléc-tricas e centros de transformación.

    18. Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e ITC.

    19. Regulamento de equipamentos de presión e as súas instrucións técnicas comple-mentarias. Disposicións de aplicación da Directiva do Parlamento Europeo e do Conse-llo, 97/23/CE, relativa aos equipamentos de presión. Instrucións técnicas complementarias

    20. Código técnico da edificación. DB-HE-4. Aforro de enerxía, contribución solar míni-ma de auga quente sanitaria.

    21. Calefacción, climatización e auga quente sanitaria. Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE).

    22. Criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

    23. Regulamento de aparellos de elevación e mantemento. Disposicións de aplicación da Directiva do Parlamento Europeo e do Consello 95/16/CE sobre ascensores. Instrucións técnicas complementarias.

    24. Ascensores sen cuartos de máquinas. Condicións que deben reunir os aparellos ele-vadores de propulsión hidráulica e as normas para a aprobación dos seus equipamentos impulsores.

    25. Ascensores con máquina en foso.

    26. Código técnico da edificación. DB-HR documento básico de protección fronte ao ruído.

    27. Código técnico da edificación. DB-HS-4 salubridade, subministro de auga

    28. Código técnico da edificación. DB-SU-8 seguridade de utilización, seguridade fronte ao risco causado pola acción do raio.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46598

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    29. Regulamento de seguridade para plantas e instalacións frigoríficas e instrucións complementarias.

    30. Código técnico da edificación. DB-SI seguridade no caso de incendio. Regulamento

    de seguridade contra incendios en establecementos industriais.

    31. Clasificación dos produtos de construción e dos elementos construtivos en función

    das súas propiedades de reacción e de resistencia fronte ao lume.

    32. Regulamento de instalacións de protección contra incendios.

    33. Código técnico da edificación. DB-HS-2 salubridade, recollida e evacuación de re-

    siduos.

    34. Produción e xestión dos residuos de construción e demolición.

    35. Lei de prevención de riscos laborais.

    36. Disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción. Disposi-

    cións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos

    de traballo. Disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no

    traballo. Disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

    37. Lei reguladora da subcontratación no sector da construción.

    38. Lei de contratos do sector público e normativa de desenvolvemento.

    39. Rexistro de instalacións interiores de subministración de auga e autorización das

    empresas instaladoras.

    40. Protección contra a contaminación acústica na Comunidade Autónoma de Galicia.

    41. Certificación enerxética de edificios de nova construción en Galicia. Criterios sa-

    nitarios para a prevención da contaminación por lexionela nas instalacións térmicas na

    Comunidade Autónoma de Galicia. Aplicación, na Comunidade Autónoma de Galicia, do

    Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE).

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46599

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    – Coñecementos non específicos:

    1. A Constitución de 1978: estrutura e contido.

    2. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos e eficacia dos actos administrativos. Motivación e notificación, nulidade e anulabilidade dos actos administrativos.

    3. O procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrución e termina-ción. A revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio. O silencio administrativo.

    4. Os recursos administrativos.

    5. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.

    6. O Estatuto básico do empregado público: clases de persoal ao servizo das adminis-tracións públicas. Dereitos e deberes. Código de conduta do empregado público.

    7. Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: dereitos e deberes laborais bá-sicos. Clasificación profesional e promoción no traballo. Mobilidade funcional e xeográfica. Dos dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa. Da negociación dos convenios colectivos.

    8. O Convenio colectivo do persoal laboral da USC.

    9. Estatutos da USC (1): réxime económico e financeiro.

    10. Estatutos da USC (2): órganos de goberno unipersoais e colexiados. Clases e réxi-me xurídico do PAS.

    11. Estrutura das ensinanzas universitarias oficiais. As ensinanzas universitarias ofi-ciais: grao, máster e doutoramento.

    12. Dereitos e deberes lingüísticos na USC.

    13. Políticas públicas para a igualdade efectiva de homes e mulleres.

    14. A calidade na universidade española. Organismos que xestionan a mellora da ca-lidade nas universidades. Instrumentos utilizados para a xestión, mellora e avaliación da calidade universitaria: conceptos básicos.

    Nota: as referencias normativas deste programa poden verse afectadas polas modifi-cacións que se produzan ata a data do exame, e nese caso deben entenderse referidas á lexislación en vigor.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46600

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    ANEXO III Denominación da praza: enxeñeiro/a industrial

    • Tribunal titular:

    Presidente:

    – Juan Manuel Lema Rodicio, catedrático de universidade da USC.

    Vogais:

    – José Gil de Bernabé Sánchez, funcionario de carreira do subgrupo A1 da Xunta de

    Galicia.

    – Elena Marta Vázquez Martínez, persoal laboral fixo do grupo IV 1 da USC.

    – Diego Conde Pérez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

    Secretario:

    – José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira do subgrupo C1 da USC, que

    actuará con voz e voto.

    • Tribunal suplente:

    Presidente:

    – Xoán Carlos Carreira Pérez, profesor titular de universidade, da USC.

    Vogais:

    – Xan Mera Cabanelas, funcionario de carreira do subgrupo A1 da Xunta de Galicia.

    – Enrique Tacón Fernández, persoal laboral fixo do grupo IV 1 da USC.

    – María del Carmen Espiñeira Regueiro, persoal laboral fixo do grupo IV 1 da USC.

    Secretaria:

    – María del Carmen Soengas Seoane, funcionaria de carreira do subgrupo A1 da USC,

    que actuará con voz e voto.

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46601

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    ANEXO IV (POR TRIPLICADO)

    UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

    SOLICITUDE DE ADMISIÓN A PROBAS SELECTIVAS PARA PERSOAL LABORAL

    1. CONVOCATORIA 1. DENOMINACIÓN DA PRAZA CONVOCADA

    Enxeñeiro/a industrial

    2. DATA PUBLICACIÓN ANUNCIO BOE:

    3. SISTEMA DE ACCESO

    LIBRE PROMOCIÓN INTERNA

    4. GRAO DE DISCAPACIDADE

    ---------------%

    5. RESERVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    SI NON

    6. TAXAS Importe dereitos de exame 40,74 € Exención de taxas discapacidade Exención de taxas familia numerosa especial Bonificación 50 %familia numerosa xeral Bonificación 50 % desempregado

    7. NO CASO DE DISCAPACIDADE, ADAPTACIÓN QUE SOLICITA E MOTIVO:

    2. DATOS PERSOAIS

    2.1. NIF 2.2. PRIMEIRO APELIDO 2.3. SEGUNDO APELIDO 2.4. NOME

    2.5. DATA DE NACEMENTO Día Mes Ano

    2.6. PROVINCIA DE NACEMENTO 2.7. LOCALIDADE DE NACEMENTO 2.8. TELÉFONO/CORREO E.

    2.9.ENDEREZO 2.10 CÓDIGO POSTAL

    2.11 MUNICIPIO

    2.12 PROVINCIA 2.13 NACIONALIDADE

    3 TÍTULOS ACADÉMICOS OFICIAIS

    EXIXIDOS NA CONVOCATORIA

    4 SERVIZOS PRESTADOS

    SERVIZOS PRESTADOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO: SI NON SERVIZOS PRESTADOS NOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS: SI NON

    De proceder o reintegro de oficio dos dereitos de exame, transferiranse á seguinte conta:

    DATOS BANCARIOS (imprescindible cubrir os 20 díxitos) NOME ENTIDADE BANCARIA CÓD. BANCO

    CÓD. SUCURSAL

    D.C.

    NÚMERO DE CONTA

    LOCALIDADE BANCO OFICINA OU SUCURSAL CÓDIGO POSTAL

    Se non figuraran estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame. Quen asina abaixo solicita ser admitido/a ás probas selectivas a que se refire esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela e que reúne as condicións exixidas para o ingreso na función pública e, especialmente, os requisitos sinalados por esta convocatoria, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

    , de de 2013. (Sinatura)

    Este formulario non é válido sen o selo ou impresión mecánica ou xustificante de pagamento da entidade bancaria. Ingreso na conta nº2080 0388 20 3110000646. Novagalicia Banco. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

  • DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46602

    ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

    ANEXO V

    UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

    SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA LISTAXE DE ESPERA DERIVADA DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO POR RESOLUCIÓN REITORAL DO 20 DE NOVEMBRO DE 2013

    1. DENOMINACIóN DA LISTAXE DE ESPERA DERIVADA DE PROCESO SELECTIVO:

    Enxeñeiro/a industrial

    ACCESO LIBRE PROMOCIÓN INTERNA

    2. OPCIÓN PARA CONTRATOS DE TRABALLO POR CAMPUS: Marque cunha X o recadro da súa opción

    Campus Compostela Campus Lugo Campus Compostela e Lugo

    3. DATOS PERSOAIS

    3.1. NIF 3.2. PRIMEIRO APELIDO 3.3. SEGUNDO APELIDO 3.4. NOME

    3.5. TELÉFONO

    3.6. CORREO ELECTRÓNICO

    3.7. ENDEREZO

    3.8. CÓDIGO POSTAL 3.9. MUNICIPIO

    3.10. PROVINCIA

    ……………………………………., ……….. de …………… de 2013.

    (Sinatura)

    Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

    CV

    E-D

    OG

    : hf2

    lhfs

    0-dj

    j3-g

    8y1-

    vb61

    -u4i

    1jzu

    s9d1

    5

    2013-11-29T13:34:52+0100Xunta de GaliciaSinatura de Aprobacion