28
OÑECENDO A NOSA CONTORA COÑECENDO A NOSA VILA...

knowing our village

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Activity to learn about our village or city, how it works and how we can improve it to live much better.

Citation preview

Page 1: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

COÑECENDO A NOSA VILA...

Page 2: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

COÑECENDO A NOSA VILA...

O noso entorno é cambiante, dinámico. A cidade non é un ente estático e, ao igual que o ser humano, cambia ao longo da súa vida.

Nesta unidade, imos adentrarnos na nosa vila ou cidade para coñecela mellor. Como foi de nova, no presente e quen sabe, quizais aventurarnos a como podería ser no futuro!

Para a realización da práctica empregaremos como soporte as imaxes fotográficas, tanto da web como das vosas cámaras e unha apliación en liña para editar as imaxes.

Page 3: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

OS ELEMENTOS...

A cidade nace, medra e ata se reproduce extendéndose ás zonas que antes non estaban habitadas e, ao igual que o ser humano, tamén é un ser vivo con puntos fortes e puntos febles. Conta con numerosos elementos que fan que sexa un ser único e que o identifiquemos como a nosa vila ou cidade, imos ver cales son:

-TECIDO HISTÓRICO (a célula orixe)-EQUIPAMENTOS (os órganos vitais)-ESPAZOS VERDES/ESPARCEMENTO (órgano vital: pulmón)-INFRAESTRUCTURAS (as arterias e veas)

Page 4: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

os elementos...o TECIDO HISTÓRICO

Ao igual que nos sucede aos seres humanos, a cidade ou vila, tivo un pasado. A morfoloxía da cidade, é dicir, a súa forma non foi sempre tal e como a cotemplamos hoxe en día. Nalgunhas cidades, lamentablemente a pegada da historia foi eliminada totalmente pero noutras seguimos a poder disfrutar do seu pasado.

Algunhas das pistas para identificar o tecido histórico son:-O trazado das rúas, máis orgánico (menos rectilíneo) e soen ser de pedra.-O material dos edificios: de carácter pétreo, encalados, etc...-A forma dos edificios: dependendo da época histórica, teñen unha escala diferente ao resto da cidade actual.-Edificios/elementos singulares: catedrais, igrexas, prazas...-Vestixios de murallas, se foi unha vila amurallada.-Forma de améndoa da cidade, se foi unha cidade medieval.

Page 5: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

os elementos...o TECIDO HISTÓRICO

Page 6: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

os elementos...os EQUIPAMENTOS

As cidades ou vilas precisan de elementos que as xestionen e lle proporcionen os nutrintes que precisa para seguir vivindo. Imos ver algúns dos equipamentos que podemos atopar no noso entorno:

-Para seguir medrando: xardíns de infancia, colexios, universidades, bibliotecas, centros cívicos, museos...-Para estar sans: centros de saúde, hospitais...-Para respirar, pasear: prazas, parques...-Para xestionarnos: casa do concello, edificios administrativos...-Para meditar/cotemplar: igrexas, catedrais...-Para despedirnos: campo santo...

Page 7: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

os elementos...os EQUIPAMENTOS

Page 8: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

os elementos...os ESPAZOS VERDES

A natureza é a nosa base, os nosos alicerces, nestes últimos tempos podemos observar como os espazos verdes e de esparcemento ao aire libre foron dando paso á especulación urbanística e transformando o noso entorno.

Os espazos verdes son aqueles destinados ao osixenación da cidade ou vila así coma dos seus habitantes; os nosos pulmóns. Poden materializarse de diferentes formas:

-Parques urbanos -Ríos, rías...-Parques naturais -Lagoas, marismas...-Litoral marítimo -Montes, montañas, etc...

Page 9: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

os elementos...os ESPAZOS VERDES

Page 10: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

os elementos...as INFRAESTRUCTURASA ciade ou vila precisa estar conectada co seu entorno inmediato e cos elementos máis afastados, para iso dispón das súas arterias de circulación por onde os seus habitantes se desprazan para comunicarse coas diferentes partes da cidade. Ademais destas infraestruturas, precisamos evacuar os residuos para o que temos as veas que conforman a rede de saneamento e para recibir os nutrintes a rede de abastecemento, a rede de iluminación, de telefonía, gas...

Segundo o tipo de infraestructuras podemos identificar:

-Rúa peoníl -Estrada -Rede de abastecemento de auga-Camiño -Autoestrada -Rede de saneamento-Corredoira -Ponte -Rede de iluminación-Carril bici -Túnel -Rede de servizos: iluminación, telefonía, gas...

Page 11: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

os elementos...as INFRAESTRUCTURAS

Page 12: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

coñecendo a nosa vila...A PRÁCTICA

Agora que xa coñecemos os elementos que forman a nosa cidade, imos ser cirurxáns da mesma e identificar o aprendido da nosa vila. A práctica constará de tres fases:

1-IDENTIFICACIÓN DOS ELEMENTOS DA NOSA VILA OU CIDADE

2-DIAGNÓSTICO DA SAÚDE DA NOSA VILA OU CIDADE

3-POSTA EN COMÚN DAS PROPOSTAS DE MELLORA PARA A NOSA VILA OU CIDADE

Realizarémola en parellas e disporemos de cinco sesións para a recopilación de información e desenvolvemento da actividade.

Page 13: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

coñecendo a nosa vila... FASE oo

Aclaracións previas:

-A información previa así como a práctica gardarase no Google Drive da materia de Educación Plástica e Visual, no cartafol creado para cada grupo dentro do cartafol PRÁCTICA-CIDADE.-Empregaremos imaxes baixo a licenza Creative-Commons que se poidan usar libremente.-A entrega constará como mínimo do plano do google maps sinalando os elementos significativos da cidade, dun collage de imaxes que resuma como vedes a vosa vila ou cidade e do voso diágnostico sobre a súa saúde.-Para editar as imaxes e realizar o collage empregaremos a apliación en liña Pixlr, que traballaremos previamente na clase.

Page 14: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

coñecendo a nosa vila... FASE o1

1-IDENTIFICACIÓN DOS ELEMENTOS DA NOSA VILA

Na fase o1 de recollida de información:

-Usaremos como soporte o plano da cidade. Para isto empregaremos o google maps, facendo un pantallazo gardaremos a imaxe ou imaxes dos planos da nosa cidade. Sobre este plano identificaremos os elementos singulares estudados nesta unidade.

Empregaremos a apliación Pixlr como editor de imaxes. Podedes empregar texto, flechas, sombreados, inserir fotos/debuxos dos elementos, etc...todo o que consideredes apropiado para sinalar os elementos identificados por vós.

Page 15: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

coñecendo a nosa vila... FASE o1

1-IDENTIFICACIÓN DOS ELEMENTOS DA NOSA VILA

Na fase o1 de recollida de información:

-Para a recopilación de imaxes da vosa vila ou cidade podedes proceder de diferentes formas:-sacar as vosas fotos coa cámara dixital ou do móbil -empregar fotos dos bancos de imaxes públicos como poden ser:

-http://www.flickr.com/http://picasa.google.com/intl/es/http://www.google.com/imghp?hl=gl

-debuxos feitos por vós

Page 16: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

coñecendo a nosa vila... FASE o2

2-DIAGNÓSTICO DA SAÚDE DA NOSA VILA

Agora que xa coñecemos un pouco mellor como funciona a nosa cidade, imos dar o noso diagnóstico. Para respostar á cuestión Como é a saúde da nosa vila ou cidade? Preguntádevos:

-como respira? -como se move? -como evoluciona? -como pensa? -como medra? -como é o seu historial?

Unha vez deades resposta a estas cuestións, elaborade unha conclusión e proposta de mellora para a vosa vila ou cidade. Procurade que sexa de xeito gráfico a modo de collage, imaxes montadas en presentación ou pdfs enlazados como vimos na clase.

Page 17: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

coñecendo a nosa vila... FASE o3

3-POSTA EN COMÚN DAS PROPOSTAS DE MELLORA PARA A NOSA VILA OU CIDADE

Para rematar a práctica expoñeremos os nosos diagnósticos ao resto dos compañeiros para resumir os puntos débiles e fortes do noso entorno.

Cada grupo terá 10 minutos para presentar o seu traballo e amosar o que detectou:

-aspectos positivos da nosa vila ou cidade-aspectos negativos da nosa vila ou cidade-proposta de mellora

Page 18: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

aplicación a empregar... Pixlr

A aplicación Pixlr permítenos editar imaxes e facer composicións en liña, existe tamén a app para o dispositivo móbil.

1-Accedemos á apliación:http://pixlr.com/

2-Eleximos Open Pixlr Editor (editor de imaxes)

Page 19: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

aplicación a empregar... Pixlr

3-Eleximos a opción abrir unha imaxe dende o ordenador, posto que imos editar as imaxes que seleccionastes sobre a vosa vila ou cidade.

Page 20: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

aplicación a empregar... Pixlr

4-Na barra de ferramentas atopámonos:

ArquivoEditarSeleccionarVista ImaxeCapa ColoresFerramentasFiltrosVentásAxuda

Imaxe para manipular

Barra de ferramentas

NavegadorCapasHistoria

Ferramentaspara editar a imaxe

Page 21: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

aplicación a empregar... Pixlr5-ArquivoAtopámonos as opcións de abrir unha imaxe, crear unha nova, gardar, imprimir, cerrar e abrir ou cerrar sesión se queremos rexistrarnos na aplicación.

6-EditarPodemos desfacer ou refacer accións. Cortar, pegar, copiar a imaxe coa que estamos a traballar.Transformar a imaxe.Seleccionar ou deseleccionar a imaxe ou parte dela.

Page 22: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

aplicación a empregar... Pixlr7-ImaxePodemos modificar o tamaño da imaxe ou o tamaño do lienzo que é o soporte sobre o que traballamos así coma a súa posición mediante a rotación e o volteo e recortalo.

8-CapaNeste programa, como soe ocorrer cos editores de imaxe, trabállase por capas. Cada elemento que creemos dentro da imaxe ou manipulación que fagamos sobre a mesma, sóese realizar nunha nova capa. Esta forma de organizar o traballo, permítenos conservar a imaxe no seu estado orixinal. As capas que vaiamos creando aparecerán na ventá emerxente de capas, na parte dereita (se é aí onde a temos)

Page 23: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

aplicación a empregar... Pixlr9-AxustesAquí teremos as ferramentas que nos permiten modificar as cualidades da imaxe, as que traballaremos serán:

Brillo, contraste, tono satuaración, cor e niveis.

10-FiltroOs filtros permítennos modificar a imaxe, desenfocándoa, modificando o ruido e aplicándolle diferentes efectos artísiticos coma o puntillismo, pixelado, remuíño...

Page 24: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

aplicación a empregar... Pixlr

Para crear os collages de imaxes sobre a nosa vila accedemos a:http://pixlr.com/express/

E facemos click en collage

Page 25: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

aplicación a empregar... Pixlr

A aplicación ten por defecto uns deseños de collage, indo a Layout obtemos as diferentes opcións de combinación das imaxes.

1-Seleccionamos a que máis se axeite ao noso proxecto.

2-No comando Spacing permítenos aumentar ou diminuír o espazo entre os cadrados.

Page 26: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

aplicación a empregar... Pixlr

A aplicación ten por defecto uns deseños de collage, indo a Layout obtemos as diferentes opcións de combinación das imaxes.

1-Seleccionamos a que máis se axeite ao noso proxecto.

2-No comando Spacing permítenos aumentar ou diminuír o espazo entre os cadrados.

Page 27: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

aplicación a empregar... Pixlr

3-No comando Roundness, graduamos o radio das esquinas dos cadrados.4-Proportions, permítenos modificar a proporción que existe entre a horizontal e vertical.5-En cor, podemos modificar a cor do fondo.6-Para inserir as imaxes, facemos click en cada cadrado.

Page 28: knowing our village

OÑECENDO A NOSA CONTORA

aplicación a empregar... Pixlr

A apliación permítenos unha vez inserida modificar a imaxe con diferentes efectos que trae por defecto.Como xa traballamos o editor de imaxes previamente, farermos as modificacións con el.Pero para personalizar o collage, podemos inserir marcos, imaxes, texto e diversos efectos!