Upload
others
View
20
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Estimadas familias: Como durante todo este tempo, queremos comezar desexando que todos e todas vos
atopedes ben. Sabemos que os días cada vez fanse máis longos e pesados e que ás veces temos momentos de baixón, pero temos que pensar que cada vez queda menos e que hai que facer un esforzo máis por nós e polos nosos pequenos que están resistindo coma verdadeiros campeóns. Aquí vos deixamos unha nova proposta de ideas, xogos e actividades. As que nos poñemos aquí son un exemplo do que podedes facer e despois segundo vaiades vendo a facilidade ou dificultade coa que os vosos nenos e nenas a realizan, podedes complicalas máis ou non.
LECTO-ESCRITURA E GRAFO. “La risa de las vocales”
https://www.youtube.com/watch?v=Bf_li_H-J8M Facer as vogais con plastilina Buscar as vogais e rodear a que manda cada fila, da cor que se da. Facelo do mesmo xeito coas minúsculas, coa axuda ou non dun adulto. Xogar a asociar a maiúscula coa súa minúscula. Se vedes que o fan con facilidade ir probando tamén as consoantes que vai recoñecendo.
LÓXICA-MATEMÁTICA
CANTAMOS: “¿DÓNDE ESTAS?”
https://www.youtube.com/watch?v=DYxDf6gsfPs
XOGAMOS AO ESCONDITE
Un adulto esconderá 5,10,....20 obxectos (segundo ata onde sexa quen de contar
cada un) pola casa. Cada obxecto estará numerado, de xeito que cando os vaia
atopando os irá colocando en orde no chan. Para isto podedes debuxarlle unha recta
numérica nun folio para que se vaian guiando por ela.
SOPA DE NÚMEROS.
Nun folio escribimos números desordenados. Terán que ir rodeando cada
número segundo os imos dicindo e da cor que indiquemos.
Exemplo: os número 3 de verde.
CIENCIA
CHUVIA NUN TARRO.
https://arbolabc.com/experimentos-caseros-para-ni%C3%B1os/nubes-en-frasco
RELAXACIÓN. Esta vez vos propoñemos uns exercicios sinxelos de ioga para que fagades en familia.
ACTIVIDADES EN FAMILIA.
Nesta nova proposta queremos convidarvos a ir en familia ao teatro!
Para isto vos deixamos o seguinte enlace e esperamos que vos guste moito.
“Saaaabor”
https://www.youtube.com/watch?v=QRYDL7jfzg8&t=361s
Tamén imos celebramos a Primavera bailando e cantando esta Canción de
Mamá Cabra!
https://www.youtube.com/watch?v=MuLHfNXP0C8
CONTOS “A mellor sopa do mundo”
Podedes velo neste enlace
https://vimeo.com/266699732
Se non dispoñedes do libro na casa, tedes á vosa disposición o seguinte enlace:
https://galiciale.gal/
Tamén o enlace a youtube en LSE: “A mellor sopa do mundo”
https://www.youtube.com/watch?v=qhaJBOWxURk
Principalmente o conto fálanos da AMIZADE, compartir, o respecto, axudar…e que todo iso fainos
sentir mellor.
Logo de escoitar o conto, podedes escribir nun papel ou pizarra os amigos/as da súa clase, pode
ser coa vosa axuda ou que o intenten solos.
Falar de por que son os seus amigos, que lles gusta facer con eles, e que fagan un debuxo.
GRAZAS POR TODO E UN ABRAZO ENORME!!