2
Cuando Hitler robó el conejo rosa, Judith Kerr Anna e a súa acomodada familia han de deixar Berlín pola oposición do seu pai ao movemento antisemita de Hitler. Atópaste ante un emotivo relato que narra dramática situación dos refuxiados políticos e dos seus fillos. A medida que avanzamos na lectura comprobamos que máis alá do horror e da inxustiza, agroma a solidariedade, a tolerancia e o amor. Usha, María Reimóndez Usha é unha rapaza galega que vai vivir coa súa nai a India. Alí aprende unha nova lingua, o canarés; fai novos amigos; coñece costumes e lendas e enfróntase a situacións novas e imprevistas. Da man de Usha coñecerás unha realidade e cultura distintas que de seguro te apaixonarán. O neno do pixama a raias, John Boyne Bruno, un neno de 9 anos, múdase coa súa familia a unha casa onde hai unha cerca. O protagonista faise amigo dun rapaz do outro lado que viste un estrano pixama a raias. Nesta obra atoparás unha emocionante historia sobre a opresión, a inxustiza e a amizade. Diario, Ana Frank Este relato verídico narra a particular situación de Ana Frank e a súa familia no seu intento de escapar da represión nazi. Nestas páxinas compartirás os seus sentimentos e emocións no tempo que estivo escondida no desván dunha vivenda. O testemuño de Ana Frank serve para coñecer os horrores do nazismo en toda a súa dimensión e dureza. Tristes armas, Marina Mayoral Esta novela conta as vivencias dunha familia separada pola Guerra Civil e o exilio a Rusia. Estamos ante unha obra que nos fala sobre as consecuencias da guerra, a amizade, a descoberta do amor e da vocación persoal e o valor das ideas. Dahdahwat. Leyendas indias norteamericanas Compilación de seis lendas dos indios nativos norteamericanos que falan sobre o amor, a amizade, o perdón e o profundo respecto á natureza. Irmán do vento, M. Lourenzo González Khaled é un mozo irakí que, como outro rapaz calquera, ten unha familia, amigos, casa, vida, amor e proxectos. Ata que, de súpeto, chega a guerra. Esta é a crónica da destrucción de todo canto Khaled é e soña ser. Mais tamén é unha novela de aventuras sobre a loita contra esa situación imposta e pola recuperación da dignidade e o respecto. A revolta dos animais, George Orwell Os animais dunha granxa botan aos humanos e crean un sistema de goberno propio que acaba por se converter nunha tiranía brutal. Esta obra constitúe unha análise sinxela e formidable da corrupción que xera o poder a calquera nivel. Fahrenheit 451, Ray Bradbury- Tim Hamilton Novela gráfica sobre a narración homónima. Fahrenheit 451 -temperatura á que arde o papel- relata a historia dun bombeiro que ten como misión queimar libros por orde dun Estado represor. É tamén a historia da pequena resistencia que tenta preservalos sexa como sexa.

Lecturas a propósito do Día da Paz

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Lecturas a propósito do Día da Paz

Citation preview

Page 1: Lecturas a propósito do Día da Paz

Cuando Hitler robó el conejo rosa, Judith Kerr

Anna e a súa acomodada familia han de deixar Berlín pola oposición do seu pai ao movemento antisemita de Hitler. Atópaste ante un emotivo relato que narra dramática situación dos refuxiados políticos e dos seus fillos. A medida que avanzamos na lectura comprobamos que máis alá do horror e da inxustiza, agroma a solidariedade, a tolerancia e o amor.

Usha, María ReimóndezUsha é unha rapaza galega que vai vivir coa súa nai a India. Alí aprende unha nova lingua, o canarés; fai novos amigos; coñece costumes e lendas e enfróntase a situacións novas e imprevistas. Da man de Usha coñecerás unha realidade e cultura distintas que de seguro te apaixonarán.

O neno do pixama a raias, John Boyne

Bruno, un neno de 9 anos, múdase coa súa familia a unha casa onde hai unha cerca. O protagonista faise amigo dun rapaz do outro lado que viste un estrano pixama a raias. Nesta obra atoparás unha emocionante historia sobre a opresión, a inxustiza e a amizade.

Diario, Ana FrankEste relato verídico narra a particular situación de Ana Frank e a súa familia no seu intento de escapar da represión nazi. Nestas páxinas compartirás os seus sentimentos e emocións no tempo que estivo escondida no desván dunha vivenda. O testemuño de Ana Frank serve para coñecer os horrores do nazismo en toda a súa dimensión e dureza.

Tristes armas, Marina Mayoral

Esta novela conta as vivencias dunha familia separada pola Guerra Civil e o exilio a Rusia. Estamos ante unha obra que nos fala sobre as consecuencias da guerra, a amizade, a descoberta do amor e da vocación persoal e o valor das ideas.

Dahdahwat. Leyendas indias norteamericanas

Compilación de seis lendas dos indios nativos norteamericanos que falan sobre o amor, a amizade, o perdón e o profundo respecto á natureza.

Irmán do vento, M. Lourenzo González

Khaled é un mozo irakí que, como outro rapaz calquera, ten unha familia, amigos, casa, vida, amor e proxectos. Ata que, de súpeto, chega a guerra. Esta é a crónica da destrucción de todo canto Khaled é e soña ser. Mais tamén é unha novela de aventuras sobre a loita contra esa situación imposta e pola recuperación da dignidade e o respecto.

A revolta dos animais, George Orwell

Os animais dunha granxa botan aos humanos e crean un sistema de goberno propio que acaba por se converter nunha tiranía brutal. Esta obra constitúe unha análise sinxela e formidable da corrupción que xera o poder a calquera nivel.

Fahrenheit 451, Ray Bradbury- Tim Hamilton

Novela gráfica sobre a narración homónima. Fahrenheit 451 -temperatura á que arde o papel- relata a historia dun bombeiro que ten como misión queimar libros por orde dun Estado represor. É tamén a historia da pequena resistencia que tenta preservalos sexa como sexa.

Page 2: Lecturas a propósito do Día da Paz

Siddhartha, Hermann HesseRelato da vida do hindú Siddharta e da súa viaxe persoal en busca da sabiduría. Siddharta representa as arelas de atopar o esencial de un mesmo, o orgullo do individuo enfrontado ao mundo e á historia.

La voz dormida, Dulce ChacónNovela histórica ambientada na posguerra española na que un grupo de mulleres presas no madrileño cárcere das Ventas alza a bandeira da dignidade e da coraxe como única arma posible para enfrontarse á humillación, a tortura e a morte.

Maus, Art SpiegelmanMaus. Relato dun supervivinte narra a historia do pai do autor, xudeu polaco, durante a Segunda Guerra Mundial, así como as complicadas relacións entre pai e fillo durante o proceso de elaboración da historieta. Ratos-xudeus e gatos-alemáns como metáfora da ratoeira na que se converteu a Polonia ocupada polo nazismo.

IRMAUS

Celso Emilio Ferreiro

Camiñan ao meu rente moitos homes.Non os coñezo. Sonme estranos.

Pero ti, que te alcontras alá lonxe,máis alá das sabanas e das illas,

coma un irmáu che falo.Si é túa a miña noite,

si choran os meus ollos o teu pranto,si os nosos berros son igoales,

coma un irmáu che falo.Anque as nosas palabras sean distintas,

e ti negro i eu branco,si temos semellantes as feridas,

coma un irmáu che falo.Por enriba de tódalas fronteiras,por enriba de muros e valados,si os nosos soños son igoales,

coma un irmáu che falo.Común temos a patria,común a loita, ambos.A miña mau che dou,

coma un irmáu che falo.

LECTURAS POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

BIBLIOTECACURSO 2010-2011

IES MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZCARRIL, VILAGARCÍA DE AROUSA