7
Ola rapaces, sabedes que dende 1963 vénse celebrando en Galiza o Día das Letras Galegas. En que consiste a dita celebración e por que se realiza nese día? Pois ben, a Real Academia Galega aproveitando que había xusto 100 anos (é dicir, se non calculamos mal, o 17 de maio de 1863) que se publicara o primeiro libro escrito integramente en galego, decidiu que esta era unha boa data para homenaxear a todas aquelas persoas que destacaron polo uso e defensa do idioma galego. Pero, a que non sabedes cal foi ese primeiro libro escrito en galego en 1863 e cal foi o seu autor? Ou autora? Se pescudades un pouquiño nos vosos miolos teredes a resposta, seguro que vos acorda, xa está!!... Acordouvos, eh!! Pois si, tedes razón, o libro chamábase Cantares Gallegos e a súa autora era Rosalía de Castro. Que aínda sabedes máis? Vaia, pois si que son estudosos estes rapaces do CPI Cernadas de Castro. Claro, con ela, con Rosalía, iniciouse o movemento galego chamado Rexurdimento, que marca o inicio do renacer cultural galego. Pois ben, a partir deste día, o 17 de maio de 1963, os galegos e galegas recordamos cada ano a algún persoeiro que loitou pola nosa lingua e pola nosa cultura. Ata o de agora xa van 48 persoas homenaxeadas, se temos en conta que en 1998 “matamos tres paxaros dun tiro”, é dicir, fixemos unha dedicación conxunta a tres poetas medievais. Pero..., basta xa de tanto recordar, imos ó miolo do asunto: Quen vai ser a figura número 49? A quen imos recordar este ano? Sabédelo? Pois claro, como podemos dubidalo, xa estades ó día, o homenaxeado é: Ramón Piñeiro López. Ah!!, que non coñecedes moito del porque non tivestes oportunidade de ler nada? Pois non hai problema, o ENDL de

Letras Galegas 2009

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Letras Galegas 2009

Citation preview

Page 1: Letras Galegas 2009

Ola rapaces, sabedes que dende 1963 vénse celebrando en Galiza o Día das Letras Galegas.

En que consiste a dita celebración e por que se realiza nese día? Pois ben, a Real Academia Galega aproveitando que había xusto 100 anos (é dicir, se non calculamos mal, o 17 de maio de 1863) que se publicara o primeiro libro escrito integramente en galego, decidiu que esta era unha boa data para homenaxear a todas aquelas persoas que destacaron polo uso e defensa do idioma galego. 

Pero, a que non sabedes cal foi ese primeiro libro escrito en galego en 1863 e cal foi o seu autor? Ou autora?

Se pescudades un pouquiño nos vosos miolos teredes a resposta, seguro que vos acorda, xa está!!... Acordouvos, eh!! Pois si, tedes razón, o libro chamábase Cantares Gallegos e a súa autora era Rosalía de Castro.  

Que aínda sabedes máis? Vaia, pois si que son estudosos estes rapaces do CPI Cernadas de Castro. Claro, con ela, con Rosalía, iniciouse o movemento galego chamado Rexurdimento, que marca o inicio do renacer cultural galego.

Pois ben, a partir deste día, o 17 de maio de 1963, os galegos e galegas recordamos cada ano a algún persoeiro que loitou pola nosa lingua e pola nosa cultura. Ata o de agora xa van 48 persoas homenaxeadas, se temos en conta que en 1998 “matamos tres paxaros dun tiro”, é dicir, fixemos unha dedicación conxunta a tres poetas medievais.

Pero..., basta xa de tanto recordar, imos ó miolo do asunto:  

Quen vai ser a figura número 49? A quen imos recordar este ano? Sabédelo? Pois claro, como podemos dubidalo, xa estades ó día, o homenaxeado é: Ramón Piñeiro López. 

Ah!!, que non coñecedes moito del porque non tivestes oportunidade de ler nada? Pois non hai problema, o ENDL de Lousame faivos un pequeno resumo da súa andaina persoal e profesional, para que cheguedes ó 17 de maio  con algúns coñecementos. Aí vai... 

Page 2: Letras Galegas 2009

Ramón Piñeiro naceu en Láncara (Lugo), en maio de 1915. A súa familia vivía do campo, pero a pesares de ser xente humilde, Ramón tivo a sorte de contar cun pai que estivo preocupado sempre pola educación dos seus fillos, de maneira que sempre se ocupou de que os seus rapaces tiveran acceso á cultura. De feito, Ramón Piñeiro, xa antes de comezar na escola, sabía ler, escribir e incluso realizar algunhas operacións matemáticas.

Cando cursou en Lugo o Bacharelato (entre os 9 e 13 anos) tivo a oportunidade de descubrir a literatura, sobre todo a literatura na súa lingua, e non tardou en darse conta que, ese idioma tan menosprezado, era tan apto como o castelán para a literatura.

A medida que transcorría o tempo e ía realizando estudos superiores, foi descubrindo o galeguismo e o seu sentimento pola terra medraba con máis forza. Así, xunto a uns compañeiros fundou A Mocidade Galeguista de Lugo e, a seguir, comezou a tomar contacto cos líderes do Partido Galeguista e a traballar conxuntamente, a pesares da súa curta idade. Finalmente implicouse totalmente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía.

No seu mellor momento, estalou a guerra de 1936 e a vida de Ramón Piñeiro corría perigo debido á súa filiación política durante os tempos da República. Desesperado, ingresou na fronte e loitou cos sublevados como única opción para salvar a súa vida. Mais, despois de ver os horrores da guerra, caeu nunha profunda depresión, da que saíu grazas á filosofía, onde buscou resposta a moitas das súas dúbidas sobre o ser humano e o seu comportamento.

Despois da guerra, estudou Filosofía e Letras e participou activamente na loita clandestina contra o réxime, tomando contacto incluso cos nacionalistas cataláns e vascos. Pero, estando en Madrid, foi apresado nunha reunión clandestina e condenado a seis anos de cárcere, dos que só cumpriu tres.

Debido a estes acontecementos comprendeu que o réxime franquista cobraba cada vez máis forza, e optou, unha vez que saíu do cárcere, pola loita cultural.

Page 3: Letras Galegas 2009

Converteuse no director literario de Galaxia (con este proxecto pretendían darlle cobertura legal ó galeguismo) e levou adiante a creación da revista Grial, onde publicou máis de corenta colaboracións. Foi na Colección Grial onde Ramón Piñeiro publicou o seu primeiro ensaio filosófico: “Significado metafísico da saudade”, e con esta publicación demostraba o que moitos poñían en tea de xuízo: o galego tiña valía suficiente para o xénero ensaístico e para a especulación filosófica.

A este tema, o da saudade, dedicou o noso home catro traballos máis, que finalmente reuniu no libro Filosofía da saudade:

“A filosofía e o home” “Para unha filosofía da saudade” “Saudade e sociedade, dimensións do home” “A saudade en Rosalía”

Mais, ademais das creacións orixinais, tamén destaca no seu labor a prol da cultura de Galiza e da súa lingua, a publicación de dúas traducións:

O Cancioneiro da poesía céltica de Julius Pokorny. Da esencia da verdade, conferencia de Martin Heidegger.

Esta última obra ten un significado importante, xa que se trataba da tradución ó galego da conferencia dun dos filósofos máis relevantes do momento, incluso, aínda non traducido ó castelán, de aí os atrancos que tivo á súa saída do prelo.

A súa preocupación pola lingua pode verse reflectida na revisión e publicación do Diccionario gallego-castellano de Eladio Rodríguez, que morre antes de sacar á luz o seu traballo.

En 1967 ingresa na Real Academia Galega co discurso A linguaxe e as linguas.

Rematado o franquismo e coa chegada da democracia, presentouse como independente nas listas do PsdeG-PSOE no momento das eleccións autonómicas. Quería asegurar así a presenza galeguista no primeiro Parlamento galego. Finalmente, foi elixido deputado autonómico e puido traballar a prol da Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983. Neste mesmo ano foi elixido presidente do primeiro Consello da Cultura Galega, cargo que ocuparía ata a súa morte en 1990. 

Page 4: Letras Galegas 2009

Ben rapaces, xa chegamos ó final do noso pequeno percorrido pola vida de Ramón Piñeiro. Que vos pareceu? Aprendestes algo? O ENDL espera que vos servira de algo, xa sabedes que se tedes algunha dúbida, ou queredes facer calquera comentario, podedes facelo neste noso blog. Animádevos.

E se queredes saber máis, picade aquí!!