9
Letras Galegas 2011. Lois Pereiro Xosé Ramón Pena (coordinador) Formas de citación recomendadas 1 | Por referencia a esta publicación electrónica* Pena, Xosé Ramón (cooRd.) (2011 [2011]). “Letras Galegas 2011. Lois Pereiro”. Vigo: Faro de Vigo, suplemento “Faro da cultura”, 17 de maio. Reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1235>. 2 | Por referencia á publicación orixinal Pena, Xosé Ramón (cooRd.) (2011). “Letras Galegas 2011. Lois Pereiro”. Vigo: Faro de Vigo, suplemento “Faro da cultura”, 17 de maio. © O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou editores orixinais. * Edición dispoñíbel desde o 27 de setembro de 2011 a partir do arquivo en PDF de libre acceso disposto por Faro de Vigo no seu web en maio de 2011. O GAAP e o equipo do proxecto agra- decen a colaboración de autores e editores.

Letras Galegas 2011. Lois Pereiro Xosé Ramón Pena ... · Pídeme Xosé Ramón -Moncho- Pena que conte no FA-RO DA CULTURA como vivín o primeiro Día das Letras Galegas.Intentarei

Embed Size (px)

Citation preview

Letras Galegas 2011. Lois Pereiro

Xosé Ramón Pena (coordinador)

Formas de citación recomendadas

1 | Por referencia a esta publicación electrónica*Pena, Xosé Ramón (cooRd.) (2011 [2011]). “Letras Galegas 2011. Lois

Pereiro”. Vigo: Faro de Vigo, suplemento “Faro da cultura”, 17 de maio.Reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas

na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1235>.

2 | Por referencia á publicación orixinal

Pena, Xosé Ramón (cooRd.) (2011). “Letras Galegas 2011. Lois Pereiro”.Vigo: Faro de Vigo, suplemento “Faro da cultura”, 17 de maio.

© O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou

editores orixinais.

* Edición dispoñíbel desde o 27 de setembro de 2011 a partir do arquivo en PDF de libre acceso

disposto por Faro de Vigo no seu web en maio de 2011. O GAAP e o equipo do proxecto agra-

decen a colaboración de autores e editores.

Pídeme Xosé Ramón -Moncho- Pena que conte no FA-RO DA CULTURA como vivín o primeiro Día das LetrasGalegas. Intentarei compracelo de contado.

En 1963 cumpríanse cen anos da publicación de Can-tares Gallegos de Rosalía de Castro,ocasión que Francis-co Fernández del Riego quixo pór en valor ao servizo daPatria.De xeito que o vello amigo,apoiado por Xesús Fe-rro Couselo e Manuel Gómez Román, conseguiu que aAcademia Galega declarase o 17 de Maio“Día das LetrasGalegas”, celebración destinada a se perpetuar a travésde todos os séculos futuros.Presidía daquela a nosa ins-titución o xurista Sebastián Martínez–Risco e Macías,procedente de Izquierda Republicana.

Convén precisar que o Réxime,especialmente a poli-cía político–social,consideraba,e con razón,a Del Riegoe a Gómez Román como“galeguistas”e“desafectos”á di-tadura franquista. Canto a Ferro Couselo, igualmente de-mócrata e galeguista, na ficha del constaba que fixera aGuerra Civil na“zona roja”e encadrado na CNT.

Por aquel tempo, eu traballaba no colexio Fingoi, deLugo, como profe-sor de francés. Odirector do centro,Ricardo CarballoCalero, galeguistae oficial que forano Exército Repu-blicano, informou-me do acordo to-mado na Acade-mia, pero nin elnin eu pensamosen facer calqueraacto o Día das Le-tras Galegas enFingoi ou noutrolugar de Lugo.Quen si se mobili-zou, decatándoseinmediatamenteda importanciadaquela oportuni-dade, foi Xesús Alonso Montero, que daquela era cate-drático nun instituto da cidade e militaba no PCE.

Coido que Alonso Montero se puxo en contacto conCelestino Fernández de la Vega, secretario técnico doGoberno Civil, para arranxar os permisos necesarios.Conseguidos estes, preparou coidadosamente o primei-ro Día das Letras Galegas. A posta en escena resultousorprendente.

Nun salón de actos cedido pola administración públi-ca –non sei se no edificio do mesmo Goberno Civil–,for-mouse unha presidencia na que figuraban varios xerar-cas franquistas,entre os que destacaba o gobernador mi-litar da praza de Lugo, en uniforme de xeneral de briga-da.Un gran retrato de Franco ollaba para o público cunxesto que me pareceu ameazante.Por cima do“Generalí-simo”, lucía un crucifixo de grandes dimensións comoera regra do réxime totalitario e nacionalcatólico.

O peso do acto levouno un Alonso Montero de verbobrillante,que usou o galego para expór a súa interpreta-ción de Rosalía de Castro en clave de realismo social.Eufalei tamén en galego e nunha liña de compromiso so-cial ben semellante.Ao amosar as ideas que a lectura deRosalía me suscitaba, tiven medo das autoridades do ré-xime represivo.Un medo tal que me paralizou os múscu-los que median entre o nariz e o labio superior,de xeitoque a miña alocución debeu de resultar moi pouco con-vincente.Tiña eu,aquel 17 de Maio de 1963,vinte e cincoanos e estaba en plena “Operación Paloma Mensajera”.Tratábase de construír, en clandestinidade, un Conselloda Mocedade e, ulteriormente, un partido nacionalistade esquerda.Por aquelas datas sentía os ollos da policíafranquista asexando en cada esquina.Para rematar o ac-to, Rafael Bárez, alumno de Preuniversitario, recitou moiben algúns poemas de Rosalía.Bárez,andando o tempo,sería avogado laboralista e militante do PCE.

As autoridades, entre as que se incluía aquel inque-dante brigadier co peito inzado de condecoracións,abandonaron o salón “y no hubo nada” (Cervantes).Amuller de Carballo Calero,Ignacia Ramos,colleume dunbrazo e díxome:“Se non fose polo Cristo e polo retratode Franco,unha diría que deu a volta a tortilla e que che-gou a III República, oíndo o que ti e mais Alonso predi-castes”. Celestino Fernández de la Vega estaba, pola súabanda,moi satisfeito.

Ao día seguinte, e na terraza do café Madrid, sempreen Lugo,Ánxel Fole acusounos aos participantes no actodas Letras de colaboracionistas. Contesteille coa durezaque esixía o seu insulto.

Pasar,non pasou nada do que eu temía.Fraga Iribarneera ministro de Informaión e Turismo e iniciaba, xa da-quela, a súa maquillaxe pseudo–democrática do fran-quismo. Daba tamén pasos na dirección dun achega-mento persoal ao galeguismo. Isto concretouse nun fei-

to: a creación dun Premio Nacional de Poesía –dos deMadrid,por suposto– en galego.Formaron parte do xura-do Carballo Calero e Alonso Montero. Resultou premia-do o libro Entre o si e o non,de Xosé Luís Franco Grande.

Por outra banda,Otero Pedrayo despregou unha gran-de actividade,acudindo a varios foros de Galicia a diser-tar sobre Rosalía de Castro en ocasión daquel primeiroDía das Letras Galegas.Tal día non deixou de crecer enrelevancia e significación.

Coordina: Xosé Ramón PenaNº 373 n MARTES, 17 DE MAIO DE 2011

Memoria do

DíadasLetras

O 17 de Maiode 1963 en Lugo

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

Cando un engarra na poesíade Lois Pereiro, unha das impre-sións de maior impacto que re-cibe é a do oceánico caudal delecturas que agochan os seusversos.Son tantas e tan variadasas fontes literarias que gravitansobre dos poemas que causaadmiración o extraordinario te-cido de citas e de homenaxes,de re, contra e postescritas queasolagan as pregas todas da súapoesía.

Pereiro foi un lector voraz,atreveríame a dicir que casecompulsivo. Ben poucas tradi-cións próximas, contados perío-dos literarios e escasos grandesautores da contorna europea lleforon alleos.Viviu proxectadonas súas lecturas, foi un conelas, porque o camiño das pala-bras que o precederon e lleeran coetáneas foi o vieiro poloque, naturalmente, agromou aescrita propia.

Quen desembarque nos pa-limpsestos literarios —felizmen-te posprocesados e feitos pro-pios— que son Poemas1981/1991 (1992), Poesía últi-ma de amor e enfermidade(1995) e Poemas para unha Loia(1997) descubrirá ata que pun-to ler a Pereiro é deixarse sor-prender por unha particularísi-ma loxa literaria que presta apalabra ao seu irmán para queeste module o verso ata atopara súa singular,xenuína e incom-parable voz.

Polas composicións de Perei-ro desfilan autores anglófonosmoi queridos para o autor, poe-tas e narradores tanto insularescoma estadounidenses aos quea súa sabenza políglota lle dabaacceso directo, como EzraPound, Donald Barthelme, Ja-mes Graham Ballard, WilliamShakespeare, Raymond Carver,Charles Bukowski, WilliamButler Yeats e, sobre todo, Tho-mas Stearn Eliot e James Joyce,os máis citados.

Do mesmo xeito, tamén oexemplo dos creadores galos sefixo patente na súa praxe poéti-ca, o que explica a querenza

confesa por Paul Éluard,CharlesBaudelaire, Georges Bataille,Paul Valéry, Gerard de Nerval,Guillaume Apollinaire ou JeanPaul Sartre.

Por suposto, a literatura pe-

ninsular non tiña misterios paraa súa infatigable paixón lectora,que o levou de Carlos Bousoñoa José Ángel Valente,de OctavioPaz a Juan Ramón Jiménez, pa-sando por José María Fonollosa

e o gran Luis de Camões.Entre os nosos, tiveron tamén

acubillo no gume dos seus ver-sos o Fole máis telúrico (a quendedicou todo un poema que foiincluído no libro colectivo Es-

critores lucenses arredor de Fo-le) e o Castelao referente simbó-lico,o Curros Enríquez máis clá-sico e o Cunqueiro incompara-ble, ata o Otero Pedrayo máissentencioso e oracular (todoscatro aludidos nun mesmo tex-to, o titulado “¿Qué é Galicia?”,guión televisivo sui generis quefoi, en efecto, emitido pola TVGo 25 de xullo do 1988 e que seconta,ao meu ver,entre o mello-riño que deixou escrito o poe-ta).

Mais,se houbese que apuntarunha veciñanza natural para apoesía de Pereiro, esta haberíaque residenciala, sen dubidalo,entre os creadores da lingua deGoethe. Demostra o que digo odiálogo que os seus textos man-teñen con outros de ThomasMann, Gottfried Benn, Paul Ce-lan, R. M. Rilke, F. Hölderlin e, an-tes nada e por sobre todos, coseu admirado Thomas Ber-nhard, a quen o conecta unhaafinidade literaria e mesmo vi-tal que nunca se lle ocultou aode Monforte.

Por suposto, o insondableabismo lector que era Pereirogarda aínda outras moitas pre-senzas (a da poesía rusa de Vla-dímir Maiakovski, a dos clásicoslatinos como Ovidio ou orien-tais como o Baghavad Gita, ados recreadores da tradiciónoral que foron os irmáns Jacobe Wilhelm Grimm e Hans Chris-tian Andersen e, por suposto, ados textos bíblicos), mais abon-den as sinaladas para testemu-ñar o que sosteño na cabeceira:que poucos, moi poucos escri-tores galegos das últimas déca-das poden presumir dun tanfondo coñecemento directo detradicións literarias como as ex-presadas en lingua inglesa, fran-cesa ou alemá, idiomas que,xunto ao portugués, o latín e,xaora, o galego e o castelán, for-maban parte da impedimentacomunicativa dun poeta absolu-tamente excepcional,que pode-ría ter feito súa aquela célebresentenza de Jorge Luis Borgesque confesaba deixar a outrosque se prezasen do que tiñanescrito, que el prefería oufanar-se polo que deixaba lido.

Palimpsesto PereiroApuntamentos para una cartografía lectora

ARMANDO REQUEIXO

Lois Pereiro (1958-1996).

Mais non só na poesía deLois Pereiro se fai evidente asúa vastísima cultura lectora.Tamén no eido do narrativason rastrexables as pegadas deJoyce e Woolf, de Lezama Li-ma e Bernhard e mesmo deRobert Walser no seu Náufra-gos do paradiso, do mesmoxeito que o relato breve “In-somnio”ten un aire á prosa deCarver.

A veciñanza con todos es-tes escritores foi tanta que Pe-reiro non puido —nin segura-mente quixo— deixar de es-cribir reveladores ensaios cur-tos sobre algúns deles. É o ca-so de dos artigos“Ezra Pound”e “Thomas Bernhard, o móbildo suicidio”, aparecidos am-bos na revista La Naval, ondeabundou sobre a visión dearrebatadas imaxes épicas de

fragmentación culta do pri-meiro e a voz maldita e de lu-cidez xenial do segundo. Maistamén o son as reflexións so-bre certos “Dandys, eteróma-nos e infames”como Rémy deGourmont, Jean Lorrain, Au-guste Villiers de L’Isle–Adam,Jules Amédée Barbey D’Aure-villy, Petrus Borel, Gérard deNerval ou Sheridan Le Fanu.

Por descontado, tamén na“Modesta proposición para re-nunciar a facer xirar a roda hi-dráulica dunha cíclica historiauniversal da infamia” habitan

os socialistas utópicos e osanarquistas cos ilustrados fran-ceses, os simbolistas con Al-fred Jarry e Ubú,os poetas her-méticos e os sociais, o expre-sionismo e o comunismo su-rreal,Esquilo e Chejov,Brecht eCarroll,Melville e Cioran e Ge-net, Celan, Valente, Scho-penhauer, Pound, Poe,Yeats,Dylan Thomas,Eliot,Joyce,Ho-mero,Dante,Shakepeare…

Porque Lois Pereiro,poetiza-se, narrase ou escribise en-saios, non deixou endexamaisde ser un home do seu tempo,consciente como poucos deque a súa era unha escrita in-cardinada nunha milenariacarreira de remudas na que ofacho da palabra vai pasandoduns a outros para nos alumar.E a posta Pereiro brillou confulgor incomparable.

Outraspresenzas

Polas súas

composicións desfilan

autores anglófonos,

poetas e narradores

FARO DE VIGO

MARTES, 17 DE MAIO DE 2011 LETRAS GALEGAS 2011-------IILois Pereiro

Mos prepárase para cele-brar as Letras Galegasconxuntamente co Día daMuiñeira,co fin de poñer envalor os grupos folclóricosdo municipio e, ao mesmotempo,honrar o tradicionalbaile galego.

Hoxe martes,17 de Maio,vaise celebrar,con este moti-vo,un acto conmemorativono Centro Multiusos das Po-zas, ás once da mañá, coaparticipación de diferentesasociacións culturais e veci-ñais cos seus grupos de bai-le e gaitas,que queren cola-borar na conmemoracióndunha data tan especial.

Julia Loureiro,concellei-ra de Cultura do Concellode Mos,explica que,coinci-dindo coas Letras Galegas,“co Día da Muiñeira,pretén-dese facer unha homenaxea todas as asociacións deMos e aos seus músicos ebailaríns que, co seu esfor-zo, fan que neste municipioos rapaces e rapazas dife-rencien unha foliada dunharibeirana, unha xota dunmaneo”.É precisamente co-mo homenaxe á cultura, átradición e a estas asocia-cións,polo que o Concellode Mos celebra o Día da

Muiñeira ao longo destesanos.“Este é o día da exalta-ción dun dos bailes máis re-presentativos da nosa cultu-ra;toda Galiza soa coma un-ha muiñeira; o son e o baileforman parte da nosa cultu-ra e tradiciónque,grazas ásdiferentes asociacións cul-turais,conseguiu permane-cer en Galiza e no corazóndos seus habitantes; son es-tas asociacións as que esti-veron traballando e loitan-do pola recuperación dofolclore popular”.

Como resalta Loureiro,con esta celebración,“in-centívase e promóvese amúsica feita na terra”e re-corda que Mos“é xa bercedun importante movemen-to musical,con grandes co-rais polifónicas,importantesgrupos de baile tradicional

e gaitas; cantareiras,que re-cuperan cantigas de granvalor, e grupos emerxentesda mocidade que xordencon novos estilos”.Presentee futuro musical da vila aosque o Concello presta o seumáximo apoio.(R)

Letras galegase muiñeiras

en Mos

No acto de hoxe no Centro Multiusos, no quese celebra o Día da Muiñeira,actuarán os gruposCelado de Cela, Follas Novas de Guizán, Arumede Guizán,Nosa Terra de Pereiras,A Ruada de To-rroso,Abrente de Torroso,A Cividade de Louredoe Santa Eulalia de Mos.O Día da Muiñeira terá unparón no medio da xornada durante o que asmencionadas agrupacións lle farán unha home-naxe ao autor galardoado este ano co Día das Le-tras Galegas,Lois Pereiro.

Programa:

FARO DE VIGO

MARTES, 17 DE MAIO DE 2011------ LETRAS GALEGAS 2011 IIILois Pereiro

O concello de Mos celebra as Letras e o Día da Muiñeira.

Vista do centro Multiusos de Mos.

“Todo flúe e eu quero ser todoseses ríos distintos cada vez”,escri-biu Lois Pereiro.Da vitalidade de-sas palabras nacen as cambiantespaisaxes da súa literatura.Ningun-ha delas poderá seguir sendo amesma porque calquera deses rí-os que o escritor soñaba nos trans-porta e fai que cada poucos quiló-metros o terreo vaia mudando.Alálonxe fica a néboa en Monforte,máis lonxe a natureza de Góo,aláa noite de cervexa e whisky deEdinburgh...O lector esvara polaspaisaxes de Pereiro como un via-xeiro seguiría o curso da corrente,deixándose levar polas augas quecambian mentres ve desapareceren pouco tempo aquelo que pasaante os seus ollos.A contradictoriabeleza do efémero.

Lévannos,unha e outra vez,osversos de Pereiro aos dominios da

contraditoria beleza,“E o corpoenvenenado pasea o castigo/ dosangue agromado da forza dedeus”.Recenden ao mundo góti-co que inzou a atmosfera de Gon-dal de Emily Brönte. Chegan amergullarse nesa cultura tan reco-rrente tamén a finais do século XX“na luz que descobre e pervirte/amemoria gótica do terror/que sin-to”. Se o verso de Brönte “Nocoward soul is mine”é veneradopolos seus seguidores como se fo-se o seu epitafio,non menos vene-

rado é esoutro“de vida e de furianecesaria”que Pereiro nos deixou.E se algo hai de certo na afirma-ción de que cada época xera ico-nas que lle son propias,aí fican adaeternum eses versos crepuscula-res doutra alma non covarde, es-pello do tempo que lle tocou vivire símbolo da posmodernidade.

Tamén foron espello do seutempo os poemas non menos sin-gulares que os días de efervescen-cia do Subcomandante Marcos edo Exército Zapatista de Libera-

ción Nacional inspiraron a Lois Pe-reiro.O titulado“Amor e sangue enChiapas”poderiamos lelo comounha resposta á pregunta que sefai coma saúdo tzotzil:“¿como es-tá o teu corazón? /Nel atoparemosun corazón rebelde e zapatista/obrigado a loitar polo eviden-te/cunha serea furia/antiga e sa-bia.”De causas polas que loitar,ede quen está condenado a trans-portar sobre os seus ombreiros aenorme pedra que volve caermontaña abaixo,ben sabía o escri-

tor que levaba sobre os seus om-breiros a enfermidade que sem-pre o obrigaba a comezar de no-vo.Moito hai de Sísifo nas palabrasde Lois Pereiro, como a xeito dediario, do oito de maio de 1995:“Tempo, terei o xusto. Non vouchorar por iso.No mundo que pui-den reconstruír son como Atlante:se eu perdo a forza,todo se derru-ba...”.Moito hai na súa poesía doAtlante que sostén as columnassobre as que se apoia o ceo:“Aque-la noite/ collín a man polo frío dosdedos/e paseima docemente po-los beizos/querendo atopar os si-nais /dos derradeiros berros abor-tados”.Sabendo da beleza do ceoque debe soster escribirá o deza-nove de maio de 1995:“Toda aArteé miña,e a beleza está aí para ad-mirala; pero todo o que eu ameterá que ser libre”.

Ríos distintos cada vezNos dominios da contraditoria beleza

LAURA CAVEIRO

A Semana das LetrasGalegas é importante pa-ra o conxunto da cidada-nía galega por moitos mo-tivos. Porén, a sensaciónque sempre tiven é que,exceptuando as persoasque están relativamenteben informados sobre onoso feito literario, haimoita xente que, ou ninoíu falar do venerable, ousoamente lle soa. Isto éasí.Non hai que pechar osollos.

Mais o caso de Pereiroé especial. Supoño que éespecial talmente o foi elen vida e non deixa de sercurioso todo o que rodeaesta súa homenaxe.

De entrada, semellafactible pensar que puide-ren estar eclipsados osfastos por mor de douseventos tamén importan-tes para todos nós comoson o ano Castelao e a ce-lebración do centenariode Álvaro Cunqueiro. Se aisto lle sumamos que opropio Lois Pereiro tardouen publicar en formato li-bro e que mesmo foi com-plicado atopar o seu pri-meiro poemario ata a se-gunda reedición, o apa-rente exceso editorial tanpropio da Semana das Le-tras – se ben para moitosé gozoso e concedémosl-le a importancia que ten–non deixa de ser parado-xal unha concatenaciónao tempo de publicaciónsde e sobre el e a súa obracando unha das súas ca-racterísticas como autornon foi precisamente re-gularidade editorial. É un-ha homenaxe xusta, maiscontraria ao que,entende-mos, foi a súa vivencia co-mo autor: obsesionadopola revisión dos seuspoemas.Estaría de acordoPereiro coa publicacióndunha novela inacabada?

Mais o devandito non

deixa de ser epitafio exis-tencial dunha persoa que,artisticamente, foi un illó.Sen pretender xeralizar,lembramos que a meiran-de parte dos autores dasúa xeración tiveron pre-sentes unha serie de refe-rentes que a todos nos ve-ñen á cabeza: o Ferrín deCon pólvora e magnoliase o Cunqueiro de Herbaaquí ou acolá. Nun mo-mento no que a literaturagalega e a lírica, particu-larmente, daba un chim-po cara a diante, nun mo-mento no que os novospoetas desvencéllanse detendencias anteriores e, amaiores, acomódanse es-teticamente aos novostempos con esa aperturatemática, ese culturalismotan do gusto dun Miro Vi-llar ou un Claudio Rodrí-guez Fer; a Lois Pereirochamábao outro camiño.

Se a autores como oscitados lles reinaba esearrecendo polo mito e oformalismo e erudición lí-

rica, a Pereiro os referen-tes actitudinais para a súapoesía tiñan outras latitu-des.O poeta do Incio esta-ba máis identificado coadinámica rebelde, emoti-va e actitudinal de Ma-nuel Antonio, salvando asdistancias, que co normalpercorrer dunha poesíaque estaba alcanzandounhas grandes cotas,maisque non enchían necesa-riamente as súas inque-danzas. Desde Loia ata oseus poemarios editadosen Edicións Positivas, équen de desenvolver ou-tra poesía. A súa é outrahistoria.É a contracultura,a poesía urbana con in-fluencia punk, sen cortar-se en poetizar sobre o queestá acontecendo nunhasociedade en aceleradocambio como unha teste-muña poética para ser en-tendido no futuro. Pois asúa recepción poética tenmoito que ver co que aca-bamos de dicir. De aí quena semana da súa grandehomenaxe partamos dun-ha vantaxe con respectocos que o leron no seumomento: a perspectivadada polo paso do tempo.Cos ollos de hoxe, paréce-nos que é o poeta actual,vangardista, moderno edinámico que se poderíaesperar do momento. Nonesquezamos que a recep-ción da súa poesía na dé-cada dos oitenta e nontanto os noventa foi moilimitada ata chegar a estaenchenta de publicaciónsen ano de 2011.Neste anoen curso espero que entretodos poñamos a Lois Pe-reiro no lugar que lle co-rresponde máis alá do co-ñecemento erudito e es-pecializado. Para sermosfieis á súa poesía, á súa li-teratura, este é o momen-to de popularizalo tal ecomo a súa obra esixe.

Popularizar LoisDa recepción dunha obra singular

HÉITOR MERA

Lois Pereiro lendo na casa do seu irmán Xosé Manuel (A Coruña, 1995). // FOTOS: CEDIDAS POR OUVIRMOS

FARO DE VIGO

MARTES, 17 DE MAIO DE 2011IV LETRAS GALEGAS 2011-------Lois Pereiro

Lois, Xosé Manuel e a nai de ambos (París, 1993).

FARO DE VIGO

MARTES, 17 DE MAIO DE 2011 V------ LETRAS GALEGAS 2011Lois Pereiro

Confesa que,dende hai meses,divide assúas xornadas laborais en dúas partes:unha,dedicada á súa profesión;outra,ás tarefas de-rivadas da elección do seu irmán Lois comoautor homenaxeado no Día das Letras 2011.“Dende o mes de setembro,–conta- non dur-mo máis aló de catro ou cinco horas ao día”.Pero trátase dun esforzo con recompensa:“Para min,o meu irmán Lois sempre foi unmotivo de orgullo, tiñachegado a esta conclu-sión hai tempo,por iso ofeito de que a elite dacultura galega coincidi-se por fin con esta apre-ciación miña, non podepor máis que enchermede satisfacción. Xa medaba medo que Lois seconvertese,permítasemea licenza, no Borges dasLetras Galegas”.

INFANCIA“Lois e mais eu fomos

rapaces de aldea; máispor parte de avós que depais,e tivemos a sorte deque, entrambos, só nosseparasen dezasete me-ses. Pódese dicir, xa quelogo,que eramos da mes-ma quinta: compartimosdeberes da escola e me-rendas,xogos no faiado,cando chovía, e nasobras en construción,cando facía sol, loitas devaqueiros e indios,tardesde baños de verán napraia… e non tivemos te-levisión ata que naceu amiña irmá,cando xa an-dariamos polos oito oudez anos de idade.Pero non é que lle fixera-mos moito caso, non: daquela non habíamoitos programas específicos para nenos,asíque nós preferiamos xogar,andar por aí,an-tes que sentarmos diante do aparello aquelcon imaxes (aínda) en branco e negro.

PRIMEIRASLECTURAS“A lectura foi unha paixón común desde

que eramos nenos,pero recoñezo que el meadiantou no tocante á exquisitez dos autoreselixidos.Alí estaban,nos andeis,os seus librosdos simbolistas franceses a carón dos deÁnxel Fole ou Álvaro Cunqueiro,primeiro,oudos de Castelao e Manuel Antonio,despois,aos que liamos co sentimento certo de al-guén que nos escribe dende moi preto,den-de aí ao lado,vaia.Non lembro que Lois es-cribise antes dos catorce anos,aínda que se-guramente fose así,pero en cambio conser-vo algúns poemas seus de cando tiña quinceque,para mín,aínda seguen sendo asombro-samente vixentes. De todos os xeitos, podoxurar que daquel Lois rapaz a ninguén lle es-coitei dicir iso de“este neno vai para poeta”porque, en verdade, polo menos exterior-mente, meu irmán non desenvolvía os típi-cos e tópicos signos de vocación lírica.Outracousa é como era Lois por dentro,no fondodo seu ser,porque velaí si que aniñaba o poe-ta, o poeta que estaba a crecer: ao cabo, ogran poeta que ía chegar a ser”.

GALEGOENMADRID.Lois coñeceu a Manuel Rivas porque llo

presentei eu (“teño un irmán que tamén es-cribe poesía”,díxenlle),e eu coñecera a O´Rivas cando,nunha asemblea en Madrid,au-toidentificámonos inequivocamente poloacento,malia que el era urbanita e a min,encambio,notábanseme dabondo os aires daaldea dos meus avós.Manolo adoita contarque,cando lle presentei a Lois,deulle a im-presión de que era moito máis vello e máisformal do que aparentaba; pero non tardoutempo en coñecelo mellor e decatarse doseu erro…Unhas cousas levaron ás outras:decatámonoa de que, en Madrid, eramosmáis galegos doa que pensabamos,porque

alí todo o mundo cho recordaba constante-mente. Contactamos con Fermín Bouza,conReimundo Patiño, con Antón Patiño, conMenchu Lamas…eis o xrrmolo dunha revis-ta á que chamamos Loia.

AREVISTAAnte todo,Loia foi un desafogo e, como

calquera revista que fai xente de inquedan-zas culturais e que ten dezaoito ou vinteanos,máis que unha revista,aquilo era o ma-nifesto duns mozos no“exilio”, dispostos aromper con todo, nomeadamente a racharcoa literatura anterior,á que nós considera-bamos moi seria,e apostar,dende posición“revolucionarias a tope”,por unha fórmulaanovadora, distinta.

OLADOESCURO.Sempre que me piden que fale de Lois,te-

ño que aclarar que unha cousa era a súa es-crita e,outra,a súa personalidade.Por iso nonme extraña que aqueles que non o coñece-ron persoalmente dean en pensar que meuirmán era unha especie de“chico triste y soli-tario”,cando nada resulta máis lonxe da rea-lidade.Meu irmán elixiu o lado menos ama-ble da literatura, iso é verdade,pero en cam-

bio era unha persoa encantadora e moi di-vertida coa que podías compartir,entre risos,dende un partido de fútbol ata unha partidade cartas de tute subastado.Porque Lois,queera moi irónico,adoitaba sacarlle punta a to-do,a el gustáballe a vida,amábaa...O que pa-sa é que,literariamente,sempre se decantoupor ese lado,froito,sen dúbida,da lectura dossimbolistas franceses -os que ante citaba-asemade que dos románticos alemáns e daestética centroeuropea.Entre escribir comoJardiel Poncela e facelo como Franz Kafka,semella ben claro que a elección literaria domeu irmán estivo máis achegada a Kafka.E ocaso é que sempre foi así:por iso estou certode que non existiu un Lois Pereiro antes eoutro Lois Pereiro despois da enfermidade:oLois poeta era o mesmo, esa foi a súa elec-ción ética e estética.

UNIDEALISTA PESIMISTASe cun par de adxectivos se puidese defi-

nir a Lois Pereiro,eu diría que eses serían osdun“idealista- pesimista”.A nós,na casa, in-culcáronnos un xeito de inconformismo queconsistía en algo así como“as cousas debenser como teñen que ser”e que eu coido queresulta ser un sentimento que ten máis rela-

ción coa compaixón que coa rebeldía.A xe-ración dos 80 foi, seguramente,a derradeiraxeración idealista ou, polo menos, ata elachegaron as pegadas da xeración anterior.Cando nos achegamos á metade da décadados 90,unha boa parte daqueles que,dez ouquince anos antes,pensaban que o mundonon só había que cambialo, senón taménque ese cambio era posible,chegados a esa

altura mudaron radical-mente de apreciaciónexistencial e mesmo temiraban mal se che es-coitaban dicir o que elesmesmos dixeran habíatan só uns poucos anos.Para esa xente, os lemasidealistas estaban vellos,caducos, trasnoitados, exa os tiñan substituídospor outros máis“realistas”do tipo ´enriquecédevos,pásadeo ben,entendedede viños, sabede de gas-tronomía…´E iso si querematou por indignar aun meu irmán que da-quela se eirixiu nuha es-pecie de combatentecontra o hedonismo.

TIMIDO,ORGULLOSO,VAIDOSO

Lois tiña esa mesturade orgullo e timidez quenon lle permitía andarpola vida pedindo cou-sas. Lembro que o seuprimeiro libro editoulloun compañeiro moiachegado, Paco Macías,logo de insistirlle ben eque,para o segundo,falei

con Edicións Xerais para ver se llo publica-ban.Eles aceptaron,pero tiveron a xenerosi-dade de indicarlle se non prefería pregun-tarlle antes ao que viñera sendo o seu editor.Iso si, Lois érache moi vaidoso: nunca saíada casa sen deterse ben en mirar o que íapoñer para vestirse ou que libreta levaba esedía para escribir nos bares,cousa que facíahabitualmente.

OCOMPROMISOLois non formou parte de ningún partido,

club,sindicato ou clan de escritores militan-tes nin no nacionalismo nin en nada,comonon fosen iniciativas colectivas ao xeito deLoia.Meu irmán concibía o nacionalismo aoseu xeito e, tanto nese aspecto como en cal-quera outro que tivera que ver co seu graode compromiso social e político,coido que odeixou ben claro. Dío ben nesa“Modestaproposición”e mais na frase que escribiu ne-la:“Teño liberdade de acción para exiliar omeu espírito no Ártico,en Asia ou no Nepal,eteño permiso para que nada humano me se-xa alleo.Por iso podo decidir militar na miñapropia lingua.”

ASCRÍTICASEASLETRASEstoume a fartar de ter que saír ao paso

cada vez que din que a obra do meu irmánnon é o suficentemente ampla como paradedicarlle o Día das Letras Galegas.A literatu-ra non se vende ao peso;considerar a escollapara o Día das Letras como unha especie depago aos servizos prestados, recórdame aesas empresas que agasallan con reloxios deouro a aqueles traballadores en vías de xubi-lación que“levan connosco cincuenta anosde servizos ininterrompidos”.Non,a literatu-ra non é iso,a literatura non se pesa nin se mi-de en quilos ou centímetros, tampouco entrienios.E que conste que eu non teño nadaen contra de aqueles aos que non lles gostea obra do meu irmán; sobre iso non teño na-da que dicir,porque,de feito,é imposible gus-tarlle a todo mundo,.Pero iso é unha cousa e,outra,a actitude miserable de atacar unhaobra pola razón de que a Academia non es-colleu a quen ti querías que escollera.

Pereiro x PereiroO xornalista Xosé Manuel Pereiro fálanos de Lois:

o irmán, o poeta, o home... a escolla das Letras GalegasLOURDES VARELA

Xosé Manuel Pereiro, en Vigo // FOTOS: ELI REGUEIRA

FARO DE VIGO

MARTES, 17 DE MAIO DE 2011VI LETRAS GALEGAS 2011-------Lois Pereiro

-A súa biografía de Lois Pereiro caracterí-zase pola diversidade de voces á que reco-rreu para elaborala. Por que elixiu esta meto-doloxía de traballo?

-Escribir de Lois Pereiro é,en realidade,es-tar escribindo unha crónica de actualidade:el tería 53 anos e a maioría da xente que otratou -e tamén os que foron os seus lectores-son hoxe as persoas que están a protagonizarboa parte da acción social,cultural -e mesmopolítica- do país.Pareceume que tan impor-tante como adentrarse na vida do escritor,era contextualizalo, tanto na súa contornahistórica como persoal.Tamén me serviu co-mo exercicio para amosar ata que puntonon existe unha única perspectiva: a realida-de non é plana;as persoas tampouco.

-Que é o que, ao seu xuízo, fai dos versos e mais do propio dicir de Lois Pereiro unha poesía, unha voz propia, e intransferible, dentro da literatura galega?

-Os bos poetas teñen sempre unha vozpropia;é evidente que Lois Pereiro tamén a ti-ña, sobre todo porque non se deixou levarpolas correntes canónicas ou as modas im-perantes da homoxeneización.Pero creo quea súa gran referencia, respecto doutros auto-res da súa xeración,é que Pereiro foi eminen-temente popular,en liña con Rosalía de Cas-tro ou Celso Emilio Ferreiro.Trátase dun escri-tor popular contemporáneo e iso moi pou-cos souberon -e saben- logralo.

-O de A palabra exacta, título que vostede escolleu para a biografía, vén ser a utopía que no fondo buscan todos os escritores? Po-deríase definir a poética de Lois Pereiro co-mo unha permanente procura da palabra exacta?

-Lois era un poeta obsesivo cos seus poe-mas: podía pasar semanas,meses e inclusoanos traballando nun verso ou nun texto,bus-cando a raíz siamesa que existe entre a pala-bra e a idea.Claro que todos os escritores as-piran a que a palabra sexa exacta, pero eucreo que,ademais, procuraba que a palabrafose a verdadeira,no sentido de exacta e dexusta.Non tivo preguiza ningunha -nin ansie-dade- para esperar...O tempo non constituíapara el un problema.

-O irmán de Lois, Xosé Manuel, contába-me que na escrita de Pereiro non houbo un antes e un despois do padecemento da súa enfermidade (síndrome tóxico, primero, e Sida despois) Coincide vostede con esta opi-nión ou, polo contrario, pensa que si houbo un antes e un despois na obra do poeta, a ra-íz precisamente do padecemento destas doenzas?

-As experiencias vitais afectan sempre asformas de creación.Ao meu xuízo,os poe-mas iniciais, os da revista Loia, teñen unhamarca,unha sintaxe,un exercicio metapoéti-co que non se dá despois no primeiro libroindividual...Foi a intoxicación da colza? Tal-vez,pero había máis feridas abertas,algunhasigual de dolorosas que a enfermidade,comoa ruptura da parella con Piedade RodríguezCabo... Son feridas que se ían acumulandonunha vida que,como os heroes das traxe-dias gregas,estaba marcada por unha espe-cie de fatuum...A morte ocupou sempre unlugar central no seu universo.

-Sorprende un pouco que en A palabra

exacta se fale de xeito tan natural da adición de Pereiro á heroína. Non tivo ningún pro-blema coa familia á hora de abordar esta te-

mática? Tan importante era para vostede abordar esta cuestión?

-Falar con naturalidade é imprescindible,

neste caso e en todos.Aquí,porque,entre ou-tras razóns,Pereiro sempre o viviu con moitanaturalidade,sen ostentación.E,consecuen-temente, no libro non se fai en ningún mo-mento ostentación da súa adición,aínda quea alguén lle pode sorprender que non seoculten riscos, sobre todo nunha sociedadetan hipócrita como a actual. Pero creo queese Pereiro ao que aludes non ocupa un pa-pel máis rechamante que o Pereiro cargadode humor,quen de sobrepoñerse ás adversi-dade cun golpe de ironía,capaz de baixar aofondo do abismo e saír del impulsado polasás do que era o seu don: a escrita.A familiafoi extremadamente xenerosa nesta cuestiónou noutras que a min me parecen máis deli-cadas:o amor e o desamor.

-O ano pasado, e tamén con motivo do Día das Letras, vostede escribiu unha biogra-fía de Uxío Novoneyra. Atopa algunha cone-xión entre estes dous poetas que, sendo gale-gos e escribindo en galego, son tan aparente-mente distintos e distantes?

-Pódenselle buscar certas conexións vi-tais:os dous traballaron desde unha posiciónperiférica,no sentido de desenvolver un tra-ballo con intensidade suma sen facer disounha fachenda. Os dous tiveron unha forteposición política,pero non foron militantes.Os dous remoían e remoían os seus versosata que quedaba destilada a esencia da pala-bra,a súa música.

-Adoita acontecer, cando se afronta a es-crita dunha biografía, que ou ben o biógrafo quede farto do personaxe que vén de biogra-fiar ou que, polo contrario, acabe namora-do, “enmeigado” por tal personaxe. Que sen-tiu vostede cando rematou a biografía de Lois Pereiro?

-Eu creo que a miña biografía de Pereirofoi man con man:el estaba en cada unha daspersoas que entrevistaba, visitábame polasnoites,correxíame,enviábame mensaxes ta-quigráficas nos libros que lía...Sentín que osdous fixeramos un traballo infrecuente: esta-bamos moi preto da verdade.

-Olla vostede algún tipo de influxo ou de pegada da poesía de Lois Pereiro nalgúns dos máis novos poetas galegos de agora mes-mo ou a súa poesía mantén,polo contrario, esa acondición de “illa”, de voz irrepetible e intransferible da que antes falabamos?

-Eu creo que todos somos imprescindi-bles e irrepetibles.Sería difícil imitalo: o quepermanece del é ese espírito de poeta popu-lar contemporal -era fillo do rock e da súacultura- que outros poetas adaptan á súa pro-pia voz: a voz,oíla. Iso supoño que é o máisimportante:oír a voz no medio do ruído.

Co título deA palabra exacta (Galaxia) e a cabalo entre o traballoxornalístico e o histórico-literario, Antón Lopo abordou unha biografía de vocesmúltiples arredorda vida e da obra do autor homenaxeado no Día das Letras.

LOURDES VARELA

FOTO: VICTOR ECHAVE

“A súa poesía está

na liña popular de

Rosalía ou Celso

Emilio Ferreiro ”

“A morte ocupousempre un lugar

central no universode Lois Pereiro”

Antón Lopo

FARO DE VIGO

MARTES, 17 DE MAIO DE 2011 VII------ LETRAS GALEGAS 2011Lois Pereiro

Cúmprense quince anosdo pasamento de Lois Perei-ro,e dedícaselle o Día de lasLetras.Con este motivo,moi-tas das nosas editoriais pu-blican as obras do poeta emais biografías e ensaios aoseu redor,como Xerais,Gala-xia,Espiral Maior,Ouvirmos,Zouma, Positivas ou Toxo-soutos.

Unha delas é Lois Pereiro.Poesía completa, edición deAna Acuña publicada porXerais, que comprende os douspoemarios publicados en vida doautor (Poemas 1981/1991 e Poesíaúltima de amor e enfermidade(1992–1995)) e o libro póstumo,Poemas para unha Loia –de 1996–,escritos en Madrid entre 1975 e1978.A edición,non obstante,é cro-nolóxica, polo que os textos do li-bro póstumo aparecen en primeirolugar. Rescátanse, ademais, outrostextos,como“Nostalxias siamesas”,publicado en Luzes de Galicia. Ostextos de Manuel María e de Ma-nuel Rivas –“Xustificación”e“O via-xeiro que non se detivo na derradei-ra estación”–, que abren e presen-tan o libro póstumo,déixanse aquípara o apéndice.

A vontade da editora foi a denon facer unha edición excesiva-mente anotada –o que é un acertoneste momento–, non obstante es-tar tentada, dado que ao redor daobra abondan as referencias cultu-rais, explícitas e implícitas.Talvez

esa ten-tación deba

ser seguida e publi-carse noutra ocasión,cousa

que sen dúbida tamén hemos deagradecer. Con todo, o feito é sufi-ciente para coñecermos o conxun-to da produción do poeta, que, aoser presentada a un tempo,permite

percibila dun xeito global,podendo visualizarse asúa evolución creativa.

Ao longo dos poemasdescubriremos un autorenraizado no mundo, nascreacións culturais do seutempo (arte,música, litera-tura, cine…), de brazosabertos a todas as inquie-tudes, e que, aínda así, se-guíu camiño propio,singu-lar e independente.A pesarde ter sido incluído dentro

da xeración dos oitenta, el semprenegou pertencer a grupo ningún,negando incluso a existencia degrupos. Descubriremos tamén ataque punto as propias circunstan-cias vitais se fan patentes nos seuspoemas, sobre todo nos derradei-ros.E,por enriba de todas as cousas,descubriremos o gozo dunha escri-ta apaixonada, profunda, sincera,sensible como poucas. E desde oprincipio,como en Nada:“Cun saú-do ó corpo/ á terra/ e Nada/ déronl-le terra estraña/ á frol maldita/ dasúa peor imaxe/ ó seu cadavre/ enplena posesión do seu futuro/ adu-viñándose na súa pel/ o alento en-volto en seda dunha amante/ pre-sente na súa ausencia/ as mans xea-das/ un perfumo mortal/ e outravez nada”.Para o lector moito.Unhaedición ben preparada, para ler ereler,limpa e acertada,perfecta paracoñecer este gran poeta.PEREIRO,Lois,Poesía completa,Ed.Xerais,Vigo,2011,PVP.16,15 €

Por sempre inaca-bada,definitivamenteaberta ao que pode-ría ter sido, velaquí aúnica novela que Pe-reiro,na súa busca daforma máis perfecta,deixou en constru-ción. Comezou a es-cribila con vinteanos ebrios de lectu-ras e ávidos de expe-riencias –“todo era posiblee escollíamos a morte”–; e,aínda que,co tempo,publi-cou unha variante dun doscapítulos de xeito indepen-

dente,o tex-to (in)com-pleto nonvería a luzata 1997, xade maneirap ó s t u m a .Ademais dorelato citado,esta recupera-ción de Gala-xia inclúe uninteresante li-

miar de X.M.Pereiro, cun achegamentocrítico ás afinidades vitais eliterarias dun home que

“foi esencialmente poeta”.E, en efecto, estas páxi-

nas posúen a irracionalida-de estética e escuramentesabia da poesía,non só po-la linguaxe, con frases co-ma versos,senón tamén natradución onírica das in-tensas relacións, morbosi-dades e afectos que movena un grupo de personaxes–Aián, Mimsi, Bernal, Lisa-nia, Helena–, se cadra ale-gorías dun panteón priva-do –“Como vos sei! Comome sabedes!”–,conectadospor relacións imprecisas,mais non por iso menosdesesperadas e ferintes.Vangardista e simbólica,metaliteraria e metafísica,anovela, coma destilacióndunha esencia última, re-flicte o ollar,preciso e me-lancólico, de quen“tiña aarte de descubrir tesou-ros”.PEREIRO,Lois,Náufragosdo paradiso,Ed.Galaxia,Vigo,2011,PVP.11 €

Escuramentesabia

Alegorías dun panteón privadoDOLORES MARTÍNEZ TORRES

O avogado e narrador vigués Marcos Calveiro (1968) achéganosunha recomposición,en clave cinematográfica,da vida do poeta mon-fortino,que se completa cunha detallada cronoloxía,un caderno foto-biográfico e unha antoloxía poética.

Coa morte como marco (1997–2010) e cun ritmo demorado,viaxa-mos ata as primeiras escenas da súa infancia eadolescencia en Monforte,o período de creativida-de entusiasta en Madrid,as ansias de descubertanas viaxes por Europa a última etapa na Coruña,onde finaría,vítima da colza e da Sida,con 38 anos.

A través dos diálogos descubrimos as ilusións,dúbidas e medos dun home cunha personalidadeintelixente e creativa; a importancia que tiveron nasúa vida a familia,a súa compañeira Piedade Caboou amigos como Manuel Rivas,Antón Patiño,Mon-cho Raíces...E tamén a necesidade constante de ex-presarse a través da escrita,buscando respostas ouno devalo entre a fuxida e a aceptación da morte.

Dun xeito paralelo,e menos explícito,seguimos o ron-sel da chamada“Xeración de Transición”e do ambiente de li-berdade que se respiraba entón en Galicia,Madrid e no resto de Eu-ropa.Unha apertura que deu os seus froitos na literatura e nas artes pe-ro que tamén provocou numerosos naufraxios.

Unha obra que se achega con respecto e sen dramatismos,á figurae á obra de Lois Pereiro,autor homenaxeado neste 2011 no Día das Le-tras Galegas.CALVEIRO,Marcos,Lois Pereiro.Náufrago do paraíso,Ed.Xerais,Vigo,2011,PVP.10,70 €

En clavecinematográfica

Náufrago LoisROCÍO MOAR QUINTELA

Completopoeta

O gozo dunha escrita apaixonadaXOSÉ FEIXÓ

A palabra exacta.Biogra-fía de Lois Pereiro,de AntónLopo é o título co que a Edi-torial Galaxia se suma á se-rie de estudos que sobre avida e obra do autor mon-fortino están a saír a luz cogallo da Letras na súa me-moria.

Antón Lopo resúmenosen primeira instancia comofoi a intensa sesión de vota-ción na RAG do que saiu fi-nalmente o nome de LoisPereiro“ para darlle oportu-nidade a un corredor defondo,ao poeta que perderatodo en vida agás a paixón

de atrapar,nas ondulaciónsda mente,a palabra exacta”.

E na procura das pala-bras que definan a Lois, re-colleAntón Lopoas testemuñas danai,o irmán XoséManuel; o amor,Piedade; Fernan-do, o compañei-ro; Manuel Rivas,o amigo e Inés, airmá. Entre todose todas o lectorvai compoñendoa biografía dopoeta desde pris-mas diversos e desde di-

versa tipoloxía de texto.Coñecemos así, de pri-

meira man a infancia a xu-ventude en Madrid e Mon-forte, as viaxes, as procurasmusicais, literarias e cine-matográfica a amor,o senti-do do humor que o caracte-rizaba e o tempo de dor ecreación.

Sobre a obra opinan Da-niel Salgado,Xabier Cordal,X.Mª Álvarez Caccamo,LinoBraxe,Antón Patiño e HugoMartínez Rodríguez.

E,por último,Antón Lopo“recibe”a Lois que tamén

ten voz neste vo-lume.Vén parti-cipar na entre-vista concertadapara maio do 96e que a enfermi-dade truncara.

Benvido poisLois de novo.LOPO,Antón,Apalabra exacta,Ed.Galaxia,Vigo,2011,PVP.10 €

Benvidode novo

Testemuñas da paixónDORINDA CASTRO SOLIÑO

Lois Pereiro é o primeiromembro da Xeración dosoitenta que recibe o reco-ñecemento do 17 de maio.Falta, desa mesma promo-ción,outro poeta morto:Eu-sebio Lorenzo (Xela Arias,desaparecida máis recente-mente,tamén agarda).Creoque eles dous representanos dous pólos magnéticossobre os que gravitaban asescritas da miña xeración.Acentrípeta, de Eusebio Lo-renzo,que bebía da ortodo-xia de Borges, de RamosRosa,do metro medido,dacontención de René Char eda emoción a punto de re-bentar por debaixo das me-táforas e tropos.A centrífu-ga de Lois Pereiro,máis radi-calmente rompedora, se-guía a liña dos grandes de-sacougados,dun Bernhard,dun Hanke,dun Paul Celan.Con todo,nos mellores mo-mentos, tamén el deixouflotar no seu discurso oacedo sabor da enfermida-de, co corazón en expan-sión ferido de derrotas.Houbo tantas no seu verboque botou man,moitas ve-ces,da ironía,o recurso dossabios e dos perdedores etamén, nos casos máis ex-cepcionais, das boas per-soas.

Ás veces a ironía consis-te en afastarse de si proprio,de verse en outridade, co-mo diría Octavio Paz. Esaexperiencia de afastamen-to leva ao estrañamento,verse alleo,estranxeiro dasproprias emocións e senti-mentos e,en consecuencia,

fai brotar un sorriso que po-de ser livián, grotesco oumesmo aterrador.A distan-cia é relevadora do que so-mos, fomos ou podemoschegar a ser. Unha gota deestupor nos ollos propriosque enturbia a mirada eque talvez nos deixe ver ascousas con maior clarivi-dencia. Cando a distanciaentre o que somos e o quevemos que somos aumen-ta,nace o abismo.Todos ospoetas de todos os temposfalaron á súa beira,sentirona súa atracción (lembre-mos o famosísimo cadro Ocamiñante sobre o mar denubes de Caspar David Frie-drich, 1818, cos cabelos al-borotados,de costas ao es-pectador,escrutando o pre-cipicio.Non sabemos se ab-sorto na súa contempla-ción ou a punto de botarsea el).Na poesía os precipi-cios teñen unha boca ne-

gra que nos quere engolir.En Lois Pereiro a morte for-ma parte do perigo dedeixar de ser, de acabarnon sendo. Mais o pánicoque poderíamos advertirnunha persoa que intúe oseu final aparece,case sem-pre,baixo o disfrace do sar-casmo:“E por primeira vezdesde que souben/que aín-da respiraba e seguía vi-vo/sei o que é sentir medo

a non estalo”.Estremece lerestas palabras nos beizosde quen está padecendo aenfermidade,a compañeiramaldita que todo o vai des-truíndo. Esa doenza queatravesa o colchón paraabranxelo permítelle expre-sar unha burla terríbel con-tra a súa situación:“E final-mente, con sono atrasado,mal vivido/pero feliz, sereoe satisfeito,xa podo regresar

ao meu cadavre”.Nós, os seus lectores fu-

turos, tamén regresamos aoseu cadáver.Comprobamosque está moi vivo e que,noocéano das súas letras,late-xa un peito en ebulición.Sería interesante establecero nexo que une a poéticade Pereiro coas antoloxíasDe amor e desamor que ogrupo de poetas coruñesespublicou nos oitenta.Entónpoderíamos confirmar asúa insularidade.De novo aironía paira sobre as pezasque conteñen unha temáti-ca amorosa. Por exemplo,no caligrama bilingüe (enfrancés e en galego) de xu-llo de 1995,que reproduceunha matriz e que expresaunha simpática homenaxea Apollinaire no aspectoformal e un enorme cantoá vida polo seu contido.Unerotismo venturoso que fer-ve de alegría:“o sol está a ar-

der nas nosas almas. Can-ta/o desexo.E eu,agora,felizde seguir/vivo.Je t’aime.Se-rán.Escribo/isto con calmae sigo/sendo o mesmo,ou/iso penso./Creo.”

Momentos luminososque alternan con outros demaior desolación e abati-mento.Xa o dixemos ante-riormente,o corazón do ar-tista é pendular e osciladesde o espírito abenzoadopola dita a outro a punto deser devorado polo abismo.Nese delgada liña transita asúa ánima.Unhas veces pa-ra proclamar que detrás daledicia hai un buraco sen fi-nal;outras,para indicar queaínda coa inminencia desefinal,o artista pode desfru-tar acesamente. Ou beberdo leite negro da soidade.Eis o destino dos poetas:so-ñar co ouro até facer quecada un dos seus versosnos cegue co seu brillo.

Ironía eabismo

Océanos dun poetaROMÁN RAÑA

FARO DE VIGO

MARTES, 17 DE MAIO DE 2011VIII LETRAS GALEGAS 2011-------Lois Pereiro

Lois Pereiro funambu-lou polo lado selvaxe.Foiun escritor alternativo eperiférico. Se a literaturaen galego se caracteriza por serperiférica con respecto á que sefai en castelán,o escritor de Mon-forte situouse no extrarradio dosistema literario galego.Pisou o te-rritorio das substancias prohibi-das e padeceu,pola súa marxina-lidade, a marxinación. Semprepracticou a súa fervente disiden-cia e,mea culpa, sofreu por iso apostergación.Transcendeu,antesque ninguén por estes lares, iso

que se deu en chamar a poesíada experiencia.Robinsón de tan-tos fracasos na existencia pisou ailla da poesía esperando atoparrefuxio para o seu ser vulnerado.Traballou a palabra con ansia re-dentora e con firme escepticis-mo.Foi audaz,rompedor,mais,aoseu xeito,continuador de moitastradicións da lírica de Occidente.Atopamos nos seus versos ecosque van desde Eliot até Shakes-

peare,de Sartre a Genet,de Rilke aJoyce.Mais tamén o sopro do ven-daval xuvenil: do punk intrépidoe malhumorado ao rock tribal daCoruña, da iconoclastia urbanaao desafogo sentimental,do popdecadente á visión metafísica deValente, do romantismo arisco éreflexión sinuosa.Unha fauna va-riopinta que lle serve de pano defondo para a representación máisdramática que puido levar a ca-

bo:o proceso da súa pro-pria terminación. E estafermosa singradura reali-zouna desde a elegan-

cia,desde a citación comentada,desde a glosa irónica.

Dicía Cunqueiro que só regre-sa quen recorda, compañeiros.Nós agora lembramos a figura de-se perpetuo rebelde que foi LoisPereiro,morto en plena mocidadee, por iso mesmo, eternamentemozo. Como os seus versos,apaixonadamente inconformis-tas,como o seu mundo,empapa-do de furia xuvenil.

A furia necesaria

Lois coa súa parella, Piedade Cabo, nos anos 80.Lois (na fronte) e o seu irmán Xosé Manuel, na praia. // FOTO CEDIDA POR OUVIRMOS