12
Inocencia Radical Inocencia Radical Elsa Punset Nacemos inocentes. Sen emocións mesturadas, sen dúbidas, sen medos, sen mentiras, chegamos para descubrir, vulnerables pero abertos ao mundo, animados por unha cuiriosidade radical. Inocencia radical exponnos por qué perdemos esa confianza e esa curiosidade inicial apasionadas, por qué nos escondemos na concesión e na tristeza. E anímanos a sacar proveito da nosa capacidade innata para amar e para transformar, a atopar as canles onde a nosa creatividade e a nosa enerxía flúan a través das

Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

Inocencia RadicalInocencia Radical

Elsa PunsetNacemos inocentes. Sen emocións mesturadas, sen dúbidas, sen medos, sen mentiras, chegamos para descubrir, vulnerables pero abertos ao mundo, animados por unha cuiriosidade radical.

Inocencia radical exponnos por qué perdemos esa confianza e esa curiosidade inicial apasionadas, por qué nos escondemos na concesión e na tristeza. E anímanos a sacar proveito da nosa capacidade innata para amar e para transformar, a atopar as canles onde a nosa creatividade e a nosa enerxía flúan a través das trampas e os dons que nos axexan nos espazos onde a diario vive, ou morre, a nosa inocencia primixenia e radical.

Page 2: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

Hoxe, aquí e agora

Esta obra é un catálogo de ferramentas, estratexias e habilidades psicolóxicas para poñerllelo máis doado á propia felicidade e gozar do cotián no «hoxe» de cada unha das horas do día, no «aquí» ou lugar onde nos encontremos e no «agora» ou momento presente. A esperanza, o esforzo persoal e, sobre todo, a fe no presente, en vivir o momento, convértense en poderosas armas para loitar contra a depresión e a angustia que sempre parecen axexarnos.

Bernabé Tierno

Page 3: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

Os pilares da felicidade É importante que saibas que a ser feliz

tamén se aprende e neste novo libro, Bernabé Tierno ensínanos a construír o soporte sólido sobre o que se asenta unha vida en plenitude. Precisamente neste momento da historia da humanidade no que se alcanzou unha alta esperanza de vida nos países desenvolvidos, ao mesmo tempo, a depresión, o estrés e as présas dunha sociedade toleada e sen tempo para vivir, malogran a nosa existencia, Bernabé móstranos como podemos desenvolver e reeducar os sentimentos que debido á nova xerarquía de valores que a nosa sociedade creou, parece que esquecemos.

Bernabé Tierno

Page 4: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

Escusas para non pensar

Eduardo Punset segue mergullándose en "o que nos pasa por dentro", e nas claves que moven o mundo. "Escusas para non pensar" é unha colección de artigos sobre o cerebro, a aprendizaxe, as emocións ou o poder. Segue linea a da súa triloxía sobre a felicidade, o amor ou o poder da mente.

Eduardo Punset

Page 5: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

¿Qué se lle pode pedir a vida?Javier UrraJavier Urra ofrécenos en Que se lle pode

pedir á vida? unha serie de emotivas palabras, historias, lendas, referencias, ideas, que son mostra da vida vivida, da vida buscada, e establece co lector unha conversación sincera e sinxela que busca as forzas e as razóns para vivir, porque só gozaremos da nosa existencia se somos capaces de contemplar o paso do tempo como un regalo e de asumir os días como unha oportunidade de reinventarnos e de sorrir. Unha obra gratificante e reveladora que cuestiona a nosa capacidade para aventurarnos, para arriscar, para apurar a existencia e descubrir que legado deixaremos ao outro e que decisións estamos dispostos a tomar para conseguir o que anhelamos todos: vivir con intensidade.

Page 6: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

Mira cara atrás e riteRobert Fisher

Atoparemos neste libro dous capítulos especiais nos que nos fala do poder sandador da risa e de como sacar á luz o cómico que todos levamos dentro.Este libro está especialmente indicado para todos aqueles que queiran deixar de lado as súas preocupacións cotiás e desexen relaxarse entre historias e anécdotas que espertarán as mellores vibracións do mundo: a súa propia risa. O propósito de Fisher é compartir co lector as risas que estes e outros humoristas souberon arrancar dos corazóns mais serios.

Page 7: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

O dereito a dicir non Por que tememos negarnos a certas peticións? Por

que nos sometemos ante os desexos dos demais? Pensamos, acaso, que a nosa autoestima é menos importante que satisfacer aos outros?O “dereito a dicir non” analiza o concepto da asertividade, os seus beneficios, os seus límites e as razóns polas que, en xeral, temos medo a dicir non, como a culpa anticipada e o temor a ferir os demais. Da man da psicoloxía e cunha linguaxe sinxela pero á vez profundo, o autor lévanos a comprender por que en ocasións, aínda tendo a opción de non o facer, dobregamos o noso espírito ás esixencias do ámbito.Debemos establecer unha ética persoal que separe o negociable do non negociable, o punto de non retorno. O respecto por nós mesmos e polos nosos valores debe antepoñerse a calquera temor ou desexo de agradar.“O dereito a dicir non” nos explica o concepto de asertividade e ensínanos a asumila como calidade necesaria para o correcto desenvolvemento da nosa personalidade.

Walter Riso

Page 8: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

O poderRhonda Byne

Este é o manual de uso do poder máis grande do universo: O Poder para ter todo aquilo que desexamos. Sen O Poder non teríamos nacido. Todo descubrimento, invento e creación humana vén Do poder. A saúde perfecta, as relacións marabillosas, a carreira que nos gusta, unha vida chea de felicidade, todo vén Do poder. A vida dos nosos soños sempre estivo máis preto do que pensabamos, porque O Poder está dentro de nós. Para crear todo o que necesitamos, para cambiar o que queiramos só fai falta unha cosa...O Poder. A intención de Rhonda Byrne é esta: felicidade para miles de millóns de persoas. Hai moitas cousas que temos que comprender respecto á vida e todas elas son boas, son fantásticas! A vida é infinitamente máis sinxela do que pensamos, e cando empecemos a entender como funciona e O Poder que hai no noso interior, comezaremos a experimentar a maxia da vida en toda a súa magnitude, entón teremos unha vida incrible!Agora, deixemos que comece a maxia da nosa vida. "

Page 9: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

A arte de ser flexible As investigacións modernas mostran

claramente que a xente cuxo procesamento da información é pechado e resistente ao cambio non só xera un cúmulo de trastornos psicolóxicos persoais, senón que afecta á sociedade na que viven. A forza do pensamento flexible radica en que a pesar da resistencia e os obstáculos, podemos inventar a nós mesmos e fluír cos eventos da vida sen mancar nin nos mancar. Quen non foi vítima algunha vez da estupidez recalcitrante de alguén que pola súa rixidez mental non é capaz de cambiar de opinión ou intenta impoñer os seus puntos de vista?

Walter Riso

Page 10: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

Falar e aprender

Falar cos demais e escoitalos son actividades humanas fundamentais. Grazas ás palabras ningún ser humano é unha illa» é a recomendación do prestixioso psiquiatra Luis Rojas Marcos. A súa filla Laura comparte con el o seu interese pola profesión das emocións .A obra trata diversos aspectos da condición humana, entre os que se encontran os efectos que teñen nas persoas os cambios que xorden na vida, os factores que inflúen para afrontar axeitadamente as adversidades, os aspectos que favorecen unha autoestima positiva, os sentimentos e o que nos fai felices ou desgraciados ou o impacto que teñen as relacións familiares no desenvolvemento emocional das persoas.Para chegar a ser adultos emocional e mentalmente saudables necesitamos comunicarnos e sentirnos conectados cos demais.

Laura Rojas-Marcos

Page 11: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

A interpretación dos soños

Ningunha teoría acerca do funcionamento e estrutura da mente exerceu tanta influencia nin adquiriu un status tan preponderante como a doutrina psicoanalítica, cuxas categorías e explicacións non tardaron en converterse en núcleo dun modo radicalmente novo de entender a realidade psíquica que marcou o mundo moderno. Dividida en dous volumes na presente edición, La interpretación dos soños desempeñou un papel decisivo dentro dese enorme esforzo de subversión de valores e de innovación teórica. Escrita entre 1895 e 1899, é a primeira obra na que Sigmund Freud (1856-1939) esbozou con rigor e claridade as liñas xerais das súas hipóteses e os seus métodos..

Sigmund Freud

Page 12: Libros de psicoloxía recomendados... por Iris Molina

Vítima dos demáis, verdugo de sí mesmo

«Case inevitablemente, chega un momento na vida en que non podemos máis.». Entón, sentímonos desfeitos, vítimas dos demais e, verdugos de nós mesmos; incapaces de saír do cárcere dos nosos medos.E se precisamente este momento difícil e delicado fose a ocasión para liberarnos, para converternos á fin en creadores conscientes da nosa propia vida?Guy Corneau invítanos a seguir este camiño cunha sinxeleza familiar e luminosa. A xeito de guías nas etapas da nosa transformación interior, Corneau preséntanos aos fascinantes deuses da mitoloxía exipcia: Osiris o glorioso, Seth o destrutor, Isis fonte de vida. Eles axudarannos a comprender as ricas e complexas situacións que vivimos. As actitudes de vítima, de verdugo ou de salvador percíbense entón como papeis limitadores dos que cada persoa pode desfacerse para reconciliarse consigo mesma. E, pouco a pouco, aparece en nós un gran sol. Deixalo brillar e despregar as nosas ás como Horus, o falcón de luz, depende de nós mesmos.

Guy Corneau