View
1.194
Download
5
Embed Size (px)
Citation preview
George Edward Moore A filosofía analítica
Tania Limia Pérez Lucía Gil Suárez
INDICE
1.- Biografía2.- Ideoloxía do autor3.- Obra4.- Filosofía analítica5.- Valoración persoal6.- Fontes de información
BIOGRAFÍAGeorge Edward Moore (1873-1958), foi un filósofo británico coñecido polo seu papel no desenvolvemento da filosofía occidental contemporánea. A súa contribución á teoría ética foi a súa defensa do realismo filosófico. Naceu en Upper Norwood, Londres, o 4 de novembro de 1873. Moore foi educado no Trinity College, University of Cambridge. O seu compañeiro Bertrand Rusell foi quen o animou a estudar filosofía. Moore, viviu por varios anos como un estudante privado, mantido por unha herdanza, e en 1911 comezou a ensinar na Universidade de Cambridge.Faleceu o 24 outubro de 1958 en Cambridge.
A filosofía, para Moore, era unha actividade por partida dobre. En primeiro lugar, implica a análise, é dicir, o intento de aclarar as proposicións enigmáticas ou conceptos, usando proposicións máis sinxelas que deben ser equivalentes, de acordo coa lóxica, ós orixinais.
IDEOLOXIA DO AUTOR
Moore estaba perplexo, por exemplo, polas reivindicacións dalgúns filósofos da época que dician que o tempo é irreal. Ao analizar esta declaración, sostivo que o razoamento de que "o tempo é irreal" era equivalente a "non hay feitos temporais“.Despois de clarificar unha afirmación que contén un concepto problemático, o seguinte paso é determinar se existen razóns que xustifiquen esa afirmación.
Moore foi considerado como un dos fundadores da énfase contemporánea analítica e lingüística da filosofía pola súa atención dilixente á analise conceptual como un medio para conseguir claridade. Nunha ocasión Moore afirmou:
"Sempre hai un verdadeiro camiño e outro equivocado; e o equivocado sempre parece o máis verdadeiro."
OBRA:O traballo máis famoso de Moore foi Principia Ethica (1903), que se refire á súa afirmación de que o bo é unha calidade sinxela e indefinible, sobre cousas e situacións. É unha condición natural, porque non se aprende polo significado da experiencia, senón por unha especie de intuición moral. Moore chegou á conclusión de que “a bondade é evidente, sen dúbida, nesas experiencias como a amizade e o pracer estético. Os conceptos morais de dereito e deber son, xa que logo, examinados para producir todo o que posue bondade”.
ENSAIOS E OUTRAS OBRAS DESTACABLES:
Algúns dos seus ensaios , como Refutación do idealismo (1903), contribuíron ao desenvolvemento de realismo filosófico moderno. Na súa visión ao coñecemento, non identificou a experiencia pura de orixe kantiana, co sentido de experiencia, e evitou o escepticismo que moitas veces acompaña o empirismo. Defendeu que o sentido común suxire que a experiencia é o coñecemento dun mundo externo independente da mente.
Outras das súas obras son: Ética (1912), Estudos Filosóficos (1922) e Philosophical Papers (1959), e dende 1921 ata 1947 editou Mind, un destacado periódico filosófico británico.
FILOSOFÍA ANALÍTICAÉ un termo xenérico para un estilo de filosofía que comezou a dominar países de lingua inglesa no século XX. Esta tradición de facer filosofía caracterízase por unha énfase na claridade e argumento, comunmente realizado a través da lóxica formal e análise da lingua, e un gran respecto para as ciencias naturais. A filosofía analítica ten compromisos específicos filosóficos ->
1.- A visión positivista considera que non hai verdades filosoficas especificas e o obxecto da filosofía é o esclarecemento lóxico dos pensamentos.
2.- A visión de que a aclaración lóxica dos pensamentos sólo pode ser alcanzada a través da análise da forma lóxica de proposicións filosóficas.Sin embargo, los filósofos analíticos disienten ampliamente sobre cuál es la forma lógica correcta del lenguaje ordinario.
3.- O rexeitamento de sistemas filosóficos a favor da atención nos detalles, o sentido común e a linguaxe ordinaria.
VALORACIÓN PERSONAL
Como supoño que calquera dos nosos compañeiros, quixemos escoller un tema ameno e, a poder ser, relacionado coa unidade que actualmente estamos a desenvolver.Dentro da historia da filosofía, pareceunos interesante investigar sobre a filosofía analítica e un dos seus grandes autores, George Edward Moore. Con este pequeno traballo descubrimos algunhas das teorías deste filósofo, e o seu xeito de ver as cousas como por exemplo a afirmación de que o tempo é irreal equivale a que “non hai feitos temporais”.Tamén profundizamos no concepto de filosofía analítica, que ése caracteriza pola argumentación a través da análise da lingua, sen deixar atrás as súas obras, en especial Principia Ethica. Esta é unha das súas composicións máis exitosas, e refírese ao concepto de que o bo é unha calidade sinxela e indefinible sobre cousas ou situacións.Esperamos que o noso esforzo fora produtivo, non só polos conceptos que ampliamos, senón á hora de ser valorado o traballo.