120
A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.

Lite1_09

  • Upload
    xenevra

  • View
    831

  • Download
    3

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Lite1_09

A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras

representativas.

Page 2: Lite1_09

Cambios sociais 1º terzo século XX:

- Derrube da fidalguía- Eliminación do sistema foral- Acceso do campesiñado á propiedade da terra- Consolidación dunha pequena burguesía industrial e financiera

Page 3: Lite1_09

Consecuencias da desamortización na Galiza

Xa que o que se pon en venda son os dereitos sobre as terras e non o seu dominio útil, o foro seguirá vixente. Así, desde 1855 a propiedade cambia de mans, pasa da Igrexa aos burgueses e fidalgos, pero o foro persiste.

O campesiñado non se ve beneficiado porque, dada a súa escasa capacidade económica, non pode mercar as terras.

Con todo, desde 1865, debido a un fortalecemento da lexislación sobre a propiedade individual, os campesiños comezarán a mercar as terras xa que teñen os cartos procedentes da emigración. Isto traerá consigo unha consecuencia negativa: a consagración do minifundio.

Page 4: Lite1_09
Page 5: Lite1_09

Sociedades agraristas:

- "Solidaridade Gallega ", "Unión Campesiña“: organizacións cun programa político claro que intentan atopar a solución aos problemas organizativos da produción e do foro.

- "Acción Galega" (1910): Basilio Álvarez, Cabanillas, Noriega Varela

Page 6: Lite1_09

A aparición do nacionalismo

Local onde se fundou a primeira Irmandade da no 18/05/1916. Na placa pódese ler: O 18 de maio de 1916 fundouse aquí a primeira das IRMANDADES DOS AMIGOS DA FALA ao impulso dos nacionalistas galegos Antón e Ramón Vilar Ponte (1881-1936 1891-1953).

Page 7: Lite1_09

O 18 de maio de 1916 unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña, á que asistiron arredor de 20 persoas, acordou a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala. Entre os que acudiron á xuntanza estaban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, ou Ramón Vilar Ponte entre outros.

Page 8: Lite1_09
Page 9: Lite1_09

Tiña como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia, Nomeou a Antón Villar Ponte Primeiro Conselleiro

Desde o comezo houbo dous sectores diferenciados: o político e o culturalista.

O político era partidario da conquista do poder político;

o culturalista ‑ dirixido polo grupo ourensán de Vicente Risco‑ pretendía a defensa e potenciación da cultura galega.

Page 10: Lite1_09

No cultural, o pulo que deron as Irmandades da Fala na defensa e potenciación da Lingua e Cultura Galegas, foi tan grande que creou a imaxe de que as Irmandades constituían un movemento só cultural. Mais nada máis falso, porque en realidade foi un movemento político nacionalista aínda que con moitas actividades culturais como cursos de Galego, Historia, Literatura ou Arte de Galicia....

Page 11: Lite1_09
Page 12: Lite1_09

O termo nacionalista aparece por primeira vez na "Primeira Asemblea Nazonalista Galega" celebrada en Lugo en 1918. O seu proxecto baseábase no autogoberno para Galicia e a súa federación co resto das nacións que compoñen a Península Ibérica, coa correspondente cooficialización do galego a tódolos niveis.

Obxectivos prioritarios: Autonomía integral para Galicia. Autonomía municipal. Ingreso de Galicia na Liga das Nacións. Busca dunhas bases para facer posible un federalismo con

Portugal.

Page 13: Lite1_09

No político, as Irmandades fundamentan o seu programa na crítica ó estado centralista como causa dos males de Galicia.

Para expoñer as súas ideas, publican o Manifesto da Primeira Asemblea Nacionalista en Lugo o 18 de Novembro de 1918, que marcará a pauta política do galeguismo.

Page 14: Lite1_09

I Manifestoautonomía  integral da

nación galega

estado federal que deixe unha porta aberta á

integración  de Portugal

Igualdade de dereitos políticos para a muller

Existencia dun Parlamento Galego que elixiría un goberno galego.

As competencias serían moi amplas: educación, réxime bancario, crédito

agrícola, construción e administración de ferrocarrís....

Page 15: Lite1_09

Tendo Galiza todas as características esenciais da nacionalidade, nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.

Page 16: Lite1_09

Obxectivos para Galicia:

O poder lexislativo encomendábase a un Parlamento galego, elixido directamente polo pobo.

O poder xudicial estaría sempre desenvolvido por cidadáns galegos.

Réxime tributario propio, sen intervención do poder central.

Supresión das Deputacións Provinciais.

Fixación do cupo de forzas que se estimasen precisas para manter a orde no país.

Page 17: Lite1_09

Obxectivos para Galicia:

Lexislación social nas competencias que se estimasen non exclusivas do Estado.

Toda a potestade docente.

Administración (non construción) dos ferrocarrís.

Control da política económica, non excluídos os bancos.

Recuperación por parte dos pobos dos montes comunais.

Page 18: Lite1_09

Obxectivos para Galicia:

Igualdade de dereitos da muller.

Soberanía estética de Galicia (que se conservase nas construcións o estilo digno e propio de cada marco xeográfico).

Cooficialidade do castelán e do galego.

Page 19: Lite1_09

O fracaso nas eleccións e a Dictadura de Primo de Rivera contribúen a que en 1922 triunfen as teses culturalistas e apolíticas.

Page 20: Lite1_09
Page 21: Lite1_09

En 1907 nace o xornal A Nosa Terra integramente en galego (que contou dende o comezo con 2.000 subscritores).

10 anos máis tarde, convertirase no órgano de expresión das Irmandades da Fala e posteriormente, en 1932, do Partido Galeguista.

Page 22: Lite1_09

A promoción Antre dous séculos abordaría a tarefa de arrequentar os achados estilísticos da escola formalista finisecular de xénea pondaliana coa herdanza esteticista dos idealismos que daquela agromaban no ámbito europeo. Mais este proceso desenvólvese sen que os seus protagonistas cheguen a consolidar unha mínima coherencia de grupo nin unhas canles de expresión colectivas.

Page 23: Lite1_09

A negativa consideración deste periodo canto á calidade poética, vén determinada pola falta de orixinalidade e a reiteración nos vellos temas e formas, que xa estaban esgotados.

Page 24: Lite1_09

Canto ao contido, basicamente vemos reproducidas as grandes liñas temáticas dos grandes poetas do XIX: a liña social (preocupación pola situación do país, fundamentalmente polas penurias económicas dos labregos; reivindicación dos nosos sinais de identidade, sobre todo o idioma, e chamamento a recuperar a nosa historia e as súas figuras senlleiras); a liña intimista; e, finalmente, a costumista-paisaxística, en que se describe a fermosura da nosa terra e se reivindican os nosos costumes.

A orixinalidade desta nova poética reside, segundo Ferrín, en "anchear e arriquecer esa nova sensibilidade con aporíamentos diversos, fundamentalmente modemistas, españois, e varios portugueses".

Page 25: Lite1_09

Independentemente da etiqueta clasificatoria por que se optar, no que si parecen concordar os críticos é en que non estamos perante unha corrente modernista strictu sensu, parella á española ou latinoamericana en voga nesa altura, senón que máis ben asistimos a unha interpretación poética que combina a tradición cultural galega cun certo influxo modernista -saudosismo, símbolismo- palpábel tanto no fondo como na forma.

Page 26: Lite1_09
Page 27: Lite1_09

Ramón Cabanillas Enríquez é considerado como a síntese e superación do Rexurdimento, herdeiro do máis elevado da tradición decimonónica e ao mesmo tempo actualizador da poesía galega. Con el incorpora, certamente de forma serodia, os elementos básicos das estéticas post-simbolistas europeas interseculares.

Page 28: Lite1_09

encadramos a Ramón Cabanillas na xeración das Irmandades, aínda que por idade lle corresponda dentro dela o rango de "irmán maior“; sen embargo a súa peripecia biográfica e intelectual asimilase á dos máis novos e conflúe con eles plenamente tras a constitución das Irmandades da Fala.

Page 29: Lite1_09

Coma eles, Cabanillas inicia o seu labor literario na segunda década do século e alcanza especial fecundidade nos anos 20, no período de plena eclosión cultural do galeguismo de preguerra. Participan ombro con ombro nas mesmas empresas galeguizadoras, desde o Seminario de Estudos Galegos ao Partido Galeguista, ademais de colaborar nas principais publicacións alentadas desde as Irmandades (A Nosa Terra, Rexurdimento, Nós, etc.).

Page 30: Lite1_09

De feito, os homes das Irmandades -preferentemente prosistas- fixeron del un estandarte, ao cualificalo como 'Poeta da Raza", sucesor lexítimo de Rosalía, Pondal e Curros. No discurso pronunciado no acto de fundación da Irmandade de Amigos da Fala de Compostela, o malogrado Lois Porteiro Garea define con toda precisión o elevado papel que lle foi encomendado:

Cabanillas é o cardiaco que vén á remover (supricando, mallando, escarnecendo) a nosa apatía, a espertamos do sono mortal. Hémolo poñer por cabeza d'este movimento, que si precisa moito estudio e moito sacrificio, ten as súas raíces n-o corazón onde nacen os versos fortes e altivos, y-os pianos y-amorosos de Cabanillas que todos manan da mesma fonte. Estas sacudidas levan sempre diante un vate, un profeta, un rebelde (un tolo din as xentes porque predica ós que dormen) que loitando ca disgracia, ca cólera dos podrosos qu'embisten n'el com'o mar n-os baixos, co sono dos medianos qu'o abandonan, e c'a pobreza d'os probes que non s'atreven, va¡ pola terra asovallada aturuxando.

Page 31: Lite1_09
Page 32: Lite1_09

Ramón Cabanillas Enriquez nace o 3 de San Xoán de 1876 na pequena vila feudal de Fefiñáns, pertencente daquela á freiguesía de San Adrián de Vilariño e hoxe anexada á vila de Cambados (Pontevedra). Asiste á escola na súa primeira infancia, a unha escola aldeá que podemos imaxinar hoxe en día lendo a saudosa evocación que fai dela en Vento mareiro (1915):

Page 33: Lite1_09

¡Con que vida de milagre rexurde a visión daquela casa de escola, asentada no adro, a carón da igrexa!

¡Ou paredes! ¡Ou baranda da escala longa e estreita do patín! ¡Ou ventaniñas claras, ridoras, abertas sobre da horta do antigo convento! ¡Como se espella na alma, como arrecende o recordo, esa roseira sempre florida que loce máis rosas canto máis vella!

Page 34: Lite1_09

Á idade de nove ou dez anos, e quizabes sentindo xa a chamada do Seminario, vai a pasantía de Latín nunha parroquia veciña. En carta dirixida a don Ricardo Carballo, o poeta retrata con sinxeleza e tenrura a figura do profesor:

Tratei de deprender Latín, ós nove ou dez anos, cun santo abade, moi enfermiño e falangueiro, que me daba máis mazás que leccións, na lindeira parroquia de Corbillón.

Page 35: Lite1_09

0 certo é que en 1889 reside xa no seminario de San Martiño Pinario, en Compostela, onde non se destaca precisamente polo seu amor ao estudio. Na referida carta pódese ler:

Entre o 89 e o 93 paseei os claustros de San Martiño Pinario, de onde saín cun revoltixo na cachola, de Historia, Retórica e Matemáticas. De Latín, Grego e Filosofia, nada, nin polo forro; catro vaguedades penduradas dun fío.

Page 36: Lite1_09

En 1893 deixa o Seminario e incorpórase ao traballo burocrático, como oficial de contabilidade, na casa do Concello de Cambados. Alí comparte o seu lecer entre as tascas mariñeiras e a lectura:

Nese tempo divertinme nas tascas, entre mariñeiros, e facendo, ás veces, coplas de rexoubeo. Lin todo o que atopaba por diante, porque sempre fun un lector sen acougo, anque sen método, selección, escolla, ficheiros nin nada que se lle pareza. E... case¡. Pero esto pertence ao meu ser íntimo, cheo de felicidade e santidade.

Page 37: Lite1_09

Temos, pois, a don Ramón no seu Cambados, burócrata e casado, feliz no traballo e na familia. Pero, para saber que era aquelo de América, embarca para Cuba en setembro de 1910, deixando na casa a muller, coa que vai manter constante correspondencia, e os fillos, dos que se va¡ lembrar sempre, facendo da súa crianza obxecto de preferente preocupación, máis coma faceta moral ca material. Ver os fillos, para ben criados,Amantes do seu chan, traballadores,Sin rebaixarse nunca ante os señoresNin erguerse xamais ante os coitados.

Page 38: Lite1_09

Reside na Habana evai gañar o pan en traballos burocráticos: primeiro como contable de comercio e despois como administrador do Teatro Nacional, que daquela era propiedade do Centro Galego. Por cartas dirixidas a Manuel Sánchez Peña -datadas entre outono de 1910 e xuño de 1915- temos amplas noticias, referentes á súa actividade intelectual, burocrática, galeguista e persoal, que foi moi intensa neses cinco anos.

Os extrañáis de que no escribo; no os extrañéis. Estoy metido en una vida que no me deja tiempo para nada.

Page 39: Lite1_09

O seu contacto coa intelectualidade galeguista emigrante é intenso nestes anos: Nicolás Rivero, Xosé Castro «Chané», Xosé Fontenla Leal, Adelardo Novo (amigos todos eles de Manuel Curros Enríquez, morto na Habana dous anos antes da chegada de Cabanillas), e os asiduos do café «La Puerta del Sol», compoñentes da bohemia literaria e artística dos galegos residentes en Cuba: Antón Villar Ponte, Roberto Blanco Torres, Xulio Sigüenza, Virxilio Blanco...Alí coñeceu tamén a Basilio Álvarez que o gañou para a causa agrarista.

Page 40: Lite1_09

En 1913 publica No desterro, prologado por Basilio Álvarez, o famoso cura de Beiro, líder de Acción Gallega, con quen Ramón Cabanillas mantivo sempre unha fonda amizade e mais unha comunión ideolóxica no referente á loita anticaciquil.

Page 41: Lite1_09

En 1915, ano da publicación de Vento mareiro volve a Cambados, renunciando a un propósito inicial de visitar os Estados Unidos - 1911:«Estuve a dos dedos de irme a Filadelfia, en los Estados Unidos El puñetero inglés que no me entra!»-,

Page 42: Lite1_09

Es inverosímil y ridículo -escribe o 24 de xuño de 1915 a Manuel Sánchez Peña-, pero es verdad: estoy disgustadísimo viendo acercarse el día de dejar a Cuba. Nada me liga a esta tierra, absolutamente nada, y, sin embargo, me ha puesto imposible la seguridad de abandonarla. Perdí el humor para escribir y no tengo serenidad para explicarte mi estado de ánimo.

Page 43: Lite1_09

Reintégrase á burocracia local, á apacibilidade da vida familiar e á actividade política, en estreita relación coas Irmandades da Fala e co seu fundador Antán Villar Ponte.

O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servicio da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía.

Page 44: Lite1_09

0 día 31 de agosto de 1920, festa de San Ramón, é recibido na Real Academia Galega para ocupar a vacante que se producira coa morte de don Xosé Salgado Rodríguez. O seu discurso levaba como título A saudade nos poetas gallegos.

Page 45: Lite1_09

0 26 de maio de 1929 le o seu discurso de ingreso na Real Academia Española, para a que fora designado xunto con Cotarelo Valledor, en cumprimento dunha disposición do Goberno de Primo de Rivera que asignaba dous postos na devandita Institución para cada unha das culturas españolas con entidade lingüística propia: a galega, a catalana e a vasca.

Ó discurso, que leva como título Un somero recuerdo de la vida y obra de Eduardo Pondal, responde Juan Armada y Losada, marqués de Figueroa.

Page 46: Lite1_09

Fixa a súa residencia en Madrid para asistir ás sesións da Academia e, a partir deste momento, a súa vai ser unha permanente peregrinaxe: Madrid, Valencia, Cambados, Baracaldo, Samos... na que o poeta se vai ver obrigado a perder a estabilidade da súa vida ideal, familiar e mais aldeá, para someterse a outras imposicións do seu rango de poeta universalmente recoñecido.

A ti miña muller, arca pechada,Que no seu fondo garimoso encerraO que me queda santo sobre a terra,Van estes versos de visión dourada.

Eles diranche que, ó través da vida,Sempre, sempre miña alma soñadoraPideulle a Dios que na postrera horaCerre os meus ollos esa man querida.

Page 47: Lite1_09

Sofre a pobreza: La deportación de mi hermano -escribe a Valentín Paz Andrade o 22 de maio do 39- le impidió resolverme una situación económica urgentísima: la del abono de mi costosa operación quirúrgica. Recurriendo a todos los medios he podido reunir una parte de la cantidad que debo entregar mañana, y como mis más cercanos amigos están en situación idéntica o alejados, te ruego con verdadera necesidad me mandes seiscientas cincuenta pesetas, que te satisfaré en el plazo máximo de dos meses, pues tengo un trabajo a realizar que me permitirá cumplir la devolución en ese plazo.

Page 48: Lite1_09

Tendo a pobreza por digna compañeira e limpa a conciencia de mundano lixo, chégalle a morte en Cambados, na casa dunha súa filla, o 9 de novembro de 1959. É amortallado co hábito de San Francisco e enterrado en Cambados, aínda que posteriormente os seus restos foron trasladados a Santiago e depositados na igrexa conventual de Santo Domingo, na mesma capela cós de Rosalía de Castro e Alfredo Brañas.

Page 49: Lite1_09
Page 50: Lite1_09

Escribiu fundamentalmente poesía lírica e poesía narrativa, pero tamén publicou teatro e esporadicamente textos ensaísticos como o seu discurso de entrada na RAG A saudade nos poetas galegos (1920) ou o prólogo á Antífona da cantiga.

Page 51: Lite1_09

Poesía lírica:• No desterro (1913)• Vento Mareiro (1915) • Da Terra asoballada (1917)• A rosa de cen follas (1927) • Antífona da cantiga (1950) (antoloxía de cantos e

coplas populares) • Da miña zanfona (1954) • Versos de alleas terras e tempos idos (1955) • Samos (1958)

Page 52: Lite1_09

Poesía narrativa:

• Na noite estrelecida (1926) • O bendito San Amaro (1925): bioggrafía deste

santo galego.• Camiños no tempo (1949): recompilación da súa

poesía narrativa.

Page 53: Lite1_09

Teatro:

• A man de Santiña (1921) (teatro)

• O Mariscal (1926) (teatro)

Page 54: Lite1_09

Cabanillas supera o risco de converterse nun epígono máis do Rexurdimento mercé á incorporación ao galego dos rexistros que caracterizan a modernidade poética.Desde o punto de vista estritamente literario, a estética de Ramón Cabanillas constitúe unha síntese peculiar dos seguintes elementos básicos:

Tradición clásica greco-latina

Mestres do Rexurdimento

Tradición Folclórica galega

Romanticismo e

Simbolismo e postsimbolismo

Page 55: Lite1_09

• A tradición clásica greco-latina, coa que entra en contacto na súa mocidade de seminarista, máis preocupado polas lecturas de Horacio e Ovidio que pola Biblia e os Pais da Igrexa. Unha boa síntese desta orientación achámola en Versos de alleas terras e tempos ¡dos (Paráfrasis galegas) (1955), onde adapta até unha ducia de autores clásicos. 0 peso da tradición culta é especialmente perceptible en Samos (1958).

Page 56: Lite1_09

• A tradición folclórica galega, da que foi tamén escolmador con Antífona da cantiga (1951), posteriormente reeditado como Cancioneiro Popular Galego.

• Os "mestres maiores" do Rexurdimento, Rosalía, Pondal e Curros, cos que sucesivamente foi emparentado polos seus coetáneos e aos que, efectivamente, foi buscar inspiración en distintos lances da súa obra.

Page 57: Lite1_09

• O romanticismo tardío -Heinrich Heine está presente con Rosalía na inspiración de A rosa de cen follas (1927)- e de maneira especial os movementos simbolistas e post-simbolistas da segunda metade do século.

Verlaine e Rimbaud

Page 58: Lite1_09

A etapa de formación de Cabanillas coincide coa eclosión do modernismo. Sen embargo, a literatura galega mantense en liñas xerais á marxe das propostas rubendarianas. Do modernismo hispano Cabanillas adopta as roupaxes externas: a versatilidade métrica e rítmica, con versos alexandrinos ou sonetos de arte menor; un lixeiro exotismo con princesas, pierrots, mandaríns chineses, xardíns amenos, etc.; e o gusto polo sensual, os ambientes lánguidos, a musicalidade, o preciosismo verbal e os efectos coloristas.

Page 59: Lite1_09

Sen embargo, outros trazos de igual relevo alonxan ao cambadés da estética puramente modernista: o gusto polo folclore popular, o léxico rural, a anécdota narrativa...

A maiores, Cabanillas asume para a súa obra un marcado ideal ético e unha finalidade concienciadora que pouco teñen que ver co esteticismo vougo e as teorías da art pour l'art.

Page 60: Lite1_09

Tras incorporarse ao proxecto cultural das Irmandades da Fala, Cabanillas toma contacto tamén co saudosismo portugués.

Como as Irmandades para Galiza, os saudosistas propuñan para Portugal un programa de rexeneración baseado na recuperación das raíces nacionais que coidaban ameazadas.

Page 61: Lite1_09

O rescate da memoria colectiva era entendido como unha forza capaz de mobilizar as enerxías dos dous pobos na procura dun futuro mellor. 0 punto de confluencia de pasado e futuro era o sentimento de saudade, elevado desde o rango de nostalxia ao de forza histórica.

É por iso que é tan importante o mentemento da memoria histórica.

Page 62: Lite1_09

A saudade é un camiño de perfección ao través da alma galega: ese camiño escomenzou co primeiro galego que conquireu a plenitude do sentimento racial e morrerá c-o derradeiro galego que alente sobre a Terra. A saudade é a lembranza do Pasado arnostrándonos o que levamos dentro de nós por herdo dos nosos pais, dos nosos abós e da Terra de que somos feitos e, ao tempo, é a Espranza no Porvir que nos pendura d-unha arela docísima, d-un deseio nunca satisfeito de conquerimento do Alén, de acercamento á Divinidade.

Page 63: Lite1_09

O saudosismo terá unha influencia decisiva na obra dos anos 20, onde apreciamos un crecente interese polos temas históricos, unha tendencia mítica e certo misticismo entre cristián e panteísta.Todos estes elementos, unidos a un profundo coñecemento da tradición decimonónica e da poesía popular, dan lugar a unha obra rica e plural. Cabanillas incorpora aos seus textos rexistros e temáticas descoñecidos na poesía galega -temática relixiosa e bucólica, o mito artúrico...- ao tempo que renova os modelos habituais mediante un novo tratamento en que se combina sensualismo, plasticidade e un perfecto dominio do ritmo e da linguaxe.

Page 64: Lite1_09

Evolución literaria

1910-1915: Etapa de formación ou pregaleguista

1915-1920: Etapa galeguista

1920-1930: Etapa mítico-saudosista

1939-1949: Etapa de posguerra (segunda madurez)

Page 65: Lite1_09

a) Etapa deformación ou pregaleguista (1910-1915)

Coñece a Basilio Álvarez e impresionado pola súa oratoria asume o ideario agrarista e convértese en portavoz literario do movemento.

Nos anos da emigración cubana Cabanillas escribe os seus dous primeiros libros, No desterro. Visión gallegas (1913) e Vento mareiro (1915)

Page 66: Lite1_09

No formal, apreciamos neles a asimilación da tradición poética do Rexurdimento, así como a incorporación dos achados métricos e estilísticos do modernismo rubendariano.

Editadas na Habana son as iniciadoras dunha nova corrente estética que se consolidará como propia e que combina a evocación descritiva nostálxica dun emigrante co poeta anticaciquil e cívico que reclama dende o primeiro momento o necesario camiño da galeguización definitiva.

Page 67: Lite1_09

Canto á temática, os poemas desta época expresan a nostalxia do desterrado que a través da lembranza reconstrúe a presencia dos lugares nativos, as paisaxes familiares, os amores infantís, a nai, a esposa, etc. Noutros casos, a poesía faise narrativa e incluso humorística ao describimos un Pierrot labrego ou arremedar de forma obscena a lenda do paxaro de Armenteira. A emigración, que o poeta coñece agora por experiencia persoal, non provoca a máis mínima crítica social: tan só no poema inicial de No desterro, "Camiño adiante", se nos presenta como decisión liberadora do labrego que marcha canso de sufrir a humillación e a inxustiza.

Page 68: Lite1_09

A par desta poesía descritiva ou narrativa, encontramos tamén un reducido número de poemas -catro entre cincuenta en No desterro; oito en Vento mareiro- que mostran a voz dun poeta civil, empeñado en denunciar con versos rabiosos e incendiarios os males do foro, a miseria dos labregos e as ansias de redención que atravesan o campo galego. Poemas como "A Basilio Álvarez", "Acción gallega", "A un cacique", "Lume no pazo", etc., convértense en auténticas proclamas anticaciquis e antiseñoriais e marcan nos anos seguintes o perfil literario do autor.

Page 69: Lite1_09

b) Etapa galeguista (1916-1920):

O seu ingreso definitivo nas Irmandades da Fala vai supor unha evolución temática acompañada dun compromiso co país. Convértese nun grande poeta cívico asumindo o rol de concienciador do pobo.

Page 70: Lite1_09

A esta época corresponde a obra Da terra asoballada (1917) así como un bo número de poemas que pasan a engrosar a segunda edición de Vento mareiro (1921). Aínda que Cabanillas non renega dos poemas de crítica antiseñorial, nesta etapa abandona os tintes sanguinarios e vingativos da fase agrarista para adoptar unha actitude didáctica, de cara a lograr unha aproximación paulatina do pobo ao galeguismo.

Page 71: Lite1_09

Cabanillas prefire agora louvar nos seus poemas os persoeiros representativos do galeguismo histórico (Rosalía, Pondal, Brañas ... ) ou contemporáneo (Lois Porteiro), ao tempo que chama os galegos a recuperaren o seu orgullo nacional cunha intencionalidade redignificadora na liña dalgúns poetas do Rexurdimento.

Page 72: Lite1_09

Galiza pasa a ser o suxeito colectivo dos seus poemas, entendida como un conxunto de grupos sociais heteroxéneos pero igualmente asoballados. Por moito que siga identificando a esencia do país coa súa base campesiña, o fidalgo xa non é só unha figura corrupta e sanguinaria e preséntasenos tamén en ocasións como paradigma de honestidade e amor á terra. Ao mesmo tempo, a poesía de Cabanillas imprégnase de múltiples ideoloxemas que caracterizan o discurso político das Irmandades: o papel central do idioma na conformación da nacionalidade, o celtismo, o modelo irlandés, Portugal como prolongación cultural de Galiza, etc.

Page 73: Lite1_09

O labor de restauración social inclúe tamén o tratamento do teatro, ata o de agora esquecido. Desde o ideario das Irmandades apostábase pola creación e fundación do “Conservatorio Nazonal de Arte Galego”.A contribución de Cabanillas está na peza A man de santiña (1921). Por primeira vez personaxes galegos pertencentes a niveis elevados comunicábanse en galego.

Page 74: Lite1_09

c) Etapa mítico-saudosista (1921-1930):

Esta etapa relaciónase co seu achegamento ao Grupo Nós e ao saudosismo portugués. Caracterízase pola aposta no camiño da reconstrucción do pasado, desde a Idade media, tempo esencial no que se explican as orixes do noso pobo. Cabanillas pretende achegarse a unha verdade intrahistórica que mostre aos lectores as grandes leccións do pasado como única maneira de facérense donos do seu futuro.

Page 75: Lite1_09

Centra os momentos da "historia mítica" en catro, que considera claves na constitución da nacionalidade: • a época celta, que aborda a través de personaxes e

actitudes de marcado selo pondaliano; • a Alta Idade Media, mitificada na apropiación das lendas

artúricas; • o período de esplendor medieval (secúlo XII) dominado

polas loitas entre Xelmírez e dona Urraca e a perda do reino con Afonso VII;

• e por último a crise do século XV en que as loitas irmandiñas, a dominación castelá e o sometimento da nobreza significan o fracaso das aspracións nacionais de Galiza.

Page 76: Lite1_09

A nova materia trae consigo un novo tratamento formal: a linguaxe poética é máis rica e conceptuosa; son máis frecuentes as referencias eruditas; créase un sistema pechado de símbolos aos que só pode ter acceso un lector medianamente culto... No tocante á versificación, bota man de metros cultos antes inusuais na súa obra, como o alexandrino, se ben alterna o seu uso con romances e outras estrofas populares.

Page 77: Lite1_09

Paralelamente a esta corrente mítico-saudosista, Cabanillas escrebe unha outra poesía de carácter relixioso e milagreiro, entre a que destacamos a lenda en verso 0 bendito San Amaro (1925), xunto con outros textos que teñen como figura central o Apóstolo Santiago, símbolo que nesta altura tenta recuperar o galeguismo.

Page 78: Lite1_09

Mais a proba que confirma a variedade de rexistros caracterizadores de Ramón Cabanillas é a publicación do poemario A rosa de cen follas. Breviario dan amor (1927), cuxo título é tomado dun verso de Rosalía de Castro; agora o poeta renunciará á poesía combativa e costumista para cantar o amor con evidentes influencias de clásicos como Rosalía, Bécquer ou Heine, tal e como o poeta anuncia no limiar:

"Estas páxinas descoridas, dun inxenuo e soave romanticismo, son as follas murchas dunha rosa de mocedade.

Malia que a tristeza da Rula do Sar me apreixara o corazón, o Bécquer das anduriñas o cinguira de brétemas, e Heine, o que oiéu as sonatas do violín da Morle,

batera nel como nunha bigornia de ferreiro, naceron nos días lumiosos en que a vida

é unha cantiga nos beizos e un feixe de rosas na man"

Page 79: Lite1_09

d) Etapa de posguerra (segunda madurez) (1939-1959):A partir de 1931 aproximadamente Cabanillas enmudece como poeta. Salvo poemas circunstanciais en tempos da República e un par de romances aparecidos durante a guerra en revistas da resistencia antifascista, o poeta pasa máis dunha década sen escribir nin publicar. Sen embargo, cando xa sobrepasa os setenta anos e parece que a súa obra non vai ter continuidade, nos anos corenta inicia unha segunda madurez creadora.

Page 80: Lite1_09

A esta resurrección non é allea a situación de penuria e persecución que atravesa a lingua: Cabanillas, membro da Real Academia Española, católico fervente e de ideas conservadoras, está a salvo das desconfianzas e censuras do réxime e volve a xogar, como xa fixera tres décadas atrás, un papel simbólico de primeira magnitude na recuperación cultural de posguerra.

Page 81: Lite1_09

Publica:Antífona da cantiga (1950), recompilación de cántigas populares. É o primeiro libro que publica a editorial Galaxia.Versos de alleas terras e tempos idos (1955) Onde traduce e adapta poemas gregos e latinos, así como do inglés ou do alemán.Da miña zanfona (1954) libro con ecos machadianos en que o poeta, o,"home bo", estende a súa ollada sobre o mundo para se referir con voz amarga e ton moralizante, á tristeza, á mocidade perdida, á vida e á morte.

Page 82: Lite1_09

Samos (1958). Misticismo relixioso e contemplativo na descrición da quietude da vida comunitaria no mosteiro de Samos. É un poemario de paz e comuñón coa natureza nun locus amoenus que restableza o seu equilibrio interno. Canta aos elementos da arquitectura do mosteiro, os distintos momentos da vida monástica e a paisaxe que rodea o lugar en versos de resonancias panteístas.

Page 83: Lite1_09

Recursos estilísticos

Algúns dos recursos máis empregados son sinestesias, simbolismo, hipérbato, etc. Unha das características máis salientables de Ramón Cabanillas é a «vontade de estilo», isto é, a vontade de conseguir a perfección estilística nas súas composicións, polo que dun mesmo poema ten varias versións publicadas en sucesivas edicións. Estas responden ou ben a unha finalidade puramente estética para acadar a altura literaria que merece o poema ou ben motivadas por cuestións puramente ideolóxicas e/ou políticas.

Page 84: Lite1_09

Lingua

Da mesma maneira que amosou unha clara vontade de estilo, tamén podemos falar de «vontade de lingua» para referírmonos á preocupación que tivo para escribir nun galego literario, afastado do oral, consciente de que escribe nun idioma carente de normas.

Page 85: Lite1_09

Se comparamos diferentes edicións da súa obra observamos que, a diferenza das primeiras edicións (anteriores a 1920), nas posteriores:

• Rexeita castelanismos como ponzoñenta, aléxase, sangre, cuaxan, carcaxada, axena, nadie e escribe, na definitiva versión, formas galegas como pezoñenta, alónxase, sangue, callan, gargaliada, allea ou ninguén.

• Reduce o emprego de formas dialectais propias da fala, como o seseo, que xa nas primeiras edicións era escaso. Así, substitúe lus, crus, vos ou rapas por luz, cruz, voz, rapaz.

Page 86: Lite1_09

• Rexeita vulgarismos como mistereosa, patreo, mamorias, últemas, propeo, historea, y-alma, delor e substitúeos por misteriosa, patrio, memorías, últimas, propio, historia, alma, dolor.

• Modifica léxico, principalmente cando substitúe a palabra desexo (que aparecía na primeira edición de No desterro (1913): «eu tiña un deseio») 1 - pola palabra arela («Eu tiña unha arela») da 2 a edición de 1926.

Page 87: Lite1_09

Con todo é frecuente nel o emprego de hiperenxebrismos como outo, soma, rízonte, adourar (alto, sombra, horizonte, adorar).

Así mesmo tivo unha forte preocupación por elevar a consideración social galego. Proba disto é que o considerou apto para a tradución de poemas e modernos en Versos de alleas terras, e que o dignificou en A man de Santiña ao nos presentar personaxes de clases altas (fidalgos e señoritas nadas) na cidade falando o noso idioma, coa finalidade de impulsar a concia galeguista nestes ámbitos urbanos e nestes estamentos sociais, algo inusitado na época.

Page 88: Lite1_09

Antonio Noriega Varela serve de ponte entre o S.XIX e a literatura galega do S.XX.

Page 89: Lite1_09

 En 1869 Antonio Noriega Varela veu ao mundo en Mondoñedo. Moi relixioso, ingresou con catorce anos no Seminario, onde se fixo popular gracias ao seu carácter festeiro e satírico. Mais non puido ordenarse sacerdote ao lle negar Roma a dispensa por ser fillo de solteira, polo que decidiu facerse mestre.

Alí adquiriu formación clásica e comezou a escribir poemas en español que enviaba á prensa local.Traba unha gran amizade con Leiras Pulpeiro .

En 1895, cunha composición de carácter costumista, resultou vencedor dun certame poético realizado na súa cidade natal, en onde estaban de xurado, entre outros, Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Andrés Martínez Salazar.

Page 90: Lite1_09

En 1901 comeza a exercer en Foz, onde entra en contacto co agrarismo e o movemento anticaciquil da man de Antón Vilar Ponte. Segundo algúns críticos, neste intre é cando Noriega comeza a escribir poemas cívicos alentando á loita agraria e forma parte da revista satírica local Guau...Guau!, publicación de carácter anticaciquil, para a que escribiu varios poemas de corte cívico.

Page 91: Lite1_09

Freixeiro cuestiona que escribise nesta época poemas anticaciquís, pois só hai noticias dun poema destas características anterior a 1911.O primeiro claramente anticaciquil é de 1913 “Máis coraxe!”

Xan Peisano boi pousónmáis coraxe e menos calmanon sexas corpo sin calma

nin home sin corazón.

Page 92: Lite1_09

Abandonou a reivindicación agrarista (nunca asumida por un Noriega politicamente conservador) e, crítico cos rumbos estéticos da poesía galeguista, acabou renegando destes poemas.Os tres anos que viviu desterrado nas terras arraianas provocáronlle un sentimento de desolación.

O escritor foi trasladado á raia con Portugal, Calvos de Randín, onde permaneceu 3 anos. Non se sabe se polas publicacións feitas en Guau, guau ou polas polémicas creadas nos seus faladoiros.

Page 93: Lite1_09

Tres anos despois logrou o seu traslado á escola de Trasalba, preto da cidade de Ourense. Isto supúxolle a posibilidade de trabar novas relacións. A máis salientábel sería a de Otero Pedrayo, baixo cuxa protección coñeceu a Basilio Álvarez e entrou en contacto cos escritores portugueses, parnasianistas e simbolistas (Teixeira de Pascoães, Guerra Junqueiro, Eugénio de Castro e Antero de Quental).

Page 94: Lite1_09

A momentánea adopción da causa agrarista posibelmente debámola situar nesta etapa, como concesión ao seu amigo Basilio Álvarez, sen descartar certas motivacións de carácter persoal.Permaneceu en Trasalba 13 anos, ata o 28 de agosto de 1926, pero sen perder o contacto coa súa terra.

Fica Noriega viúvo en marzo de 1915 con dúas fillas (os 4 varóns morreran moi novos), unha en Mondoñedo e outra no pazo de don Ramón. Volveu casar e en agosto de 1916 foi inscrita a primeira filla deste segundo matrimonio.

Page 95: Lite1_09

Máis sen dúbida o feito máis importante desta etapa foi o contacto cos escritores portugueses, que o levará por unha vía poética de maior pureza afastándose da liña costumista e descritiva decimonónica, representada por Montañesas, e penetrando no puro lirismo, na soidade do Ermo, á procura dun esteticismo que o aproxima aos poetas paranasianos e simbolistas do país veciño.

Page 96: Lite1_09

Foi esta a súa etapa máis fructífera como poeta: chegou con Montañesas e marchou con Do Ermo.

Page 97: Lite1_09

Con case 57 anos obtivo un destino definitivo como mestre e instalouse en Abadín, retomando os contactos da mocidade.

"Díceme -Vd. cuando pienso ir a Lugo, y yo le digo: estoy ya nombrado (provisionalmente) para la escuela de la Graña en Abadín. El día qe. en la dirección me nombren de veras, ahí me tiene Vd. [ ... ] ¡Qué odisea, amigo de mi alma! Desde el 2 de febrero qe. solicité el traslado aun en 5 de junio se hicieron en Madrid los nombramientos provisionales, y Dios sabe cuando (aunque presumo qe. ya no pueden tardar mucho), Dios sabe cuando vendrá el nombramiento efectivo [...] El día qe. me vea en mi ideal retiro de la Grafia, con casa puesta y rodeado los míos, voy a creer qe. se me acerca el cielo" (cfr. 111.6.1.30)

Page 98: Lite1_09

Esta nova etapa da súa vida está marcada fundamentalmente polo contacto coa natureza e polo trato cos labregos. Desta relación nace Como falan os brañegos -1928-. Unha compilación de ditos, frases e adiviñas populares da zona. Foi nomeado membro da Real Academia Galega -1927-. Nunca chegou ler o discurso e considerouse ingresado despois da guerra, sen ningún tipo de formalidades. A data de ingreso definitivo é abril de 1939.

Page 99: Lite1_09

Xa en 1930 solicita por motivos de saúde un traslado que o leva a Viveiro, Santa María de Chavín, o seu derradeiro destino como docente.

Esta etapa coincide coa 2ª República e logo coa guerra civil. Diante destes acontecimentos posiciónase claramente. Coherente coa súa ideoloxía tradicionalista opúxose á Repúbica; así durante este goberno el mantivo o crucifixo na súa escola.Nesta época incrementa a súa produción poética (agora en español). Chegoulle o tempo do retiro e coñeceu, até o seu pasamento en 1947, un momento de fondo pesimismo.

Page 100: Lite1_09

Freixeiro Mato di que Noriega Varela foi:“un amante da vida e dos seus praceres, amigo de esmorgas e longas conversas... Ideoloxicamente mantivo unha liña de pensamento constante..., defensor dun catolicismo de signo tradicionalista... autor dunha obra poética que evoluciona desde o descritivismo decimononico ao lirismo intimista da naturaleza... Noriega Varela está entre os poetas galegos máis representativos en que ocupa un destacadísimo lugar, senón o primeiro, entre os escritores da provincia de Lugo que mellor souberon recrear os costumes tradicionais, a idiosincrasia e alingua das xentes humildes que a habitan”

Page 101: Lite1_09

A súa obra reflicte a predilección por temas da inspiración clásica, como a montaña lucense e as súas xentes. En toda ela están presentes as súas crenzas tradicionalistas e conservadoras, que o mantiveron afastado do galeguismo.

Foi coñecido como o cantor da montaña.

Page 102: Lite1_09

Antes de seren recollidos en libros moitos dos seus poemas difundíronse na prensa local.Aínda que a crítica fala de Noriega como autor de un só libro de creación poética, imos diferenciar:• Montañesas: 1904, con 16 composicións

1910, ampliada en 53 poemas que inclúen dous poemas extensos “de Ruada”, gañador do 1º premio nun certame de Mondoñedo, e “Leite Fresco” cadro de costumes. Outorga maior protagonismo á montaña.

Page 103: Lite1_09

Neste poema observamos esa liña de poesía erótica que tamén foi tratada polo autor, pero menos valorada pola crítica. Foi incluso suprimida por el mesmo, quen retirou estrofas ou poemas enteiros das últimas edicións.

Leite FrescoEsta poesía dialogada debe relacionarse coas pescudas filolóxicas de Noriega Varela, autor do tratado 'Como falan os brañegos' (1928), e onde se encadenan versos curtos e frases rápidas directas, próximas de xéneros populares como a regueifa.

Page 104: Lite1_09

• Do Ermo: aparece en 1920 formado por 48 poemas; 30 novos e 18 incorporados da obra anterior; en xeral os máis líricos e relixiosos. Abandona o lirismo e o ton descritivo e centra a atención na lírica da montaña.

Será esta a única edición que inclúe algún poema anticaciquil e agrarista ( “Acción Gallega”, “Prós mozos”, “En boa hora”) froito momentáneo do compromiso con algúns amigos.En 1929 hai unha 3ª edición e en 1946 unha 4ª. Esta foi seguida polo autor con sumo interese:"Y ya vé Vd. como, una vez más, se enreda la madeja. Tengo yo una letra muy clara, muy presente el índice de todas las de D'o Ermo, y no veo la razón pa. qe. ahora surjan conflictos. A ver, querido Trapero si Vd. desata estos nudos, y si no es posible hasta qe. Leal regrese, (inda qe. non regrese n'un siglo), cepos quedos, como Peludez en mis circunstancias exclamaría. Es mejor qe. quede la obrita en tinieblas qe. qe. la saquémos a luz con haraposos atavíos de desdentada meretriz" (cfr. 111.6.1.53).

Page 105: Lite1_09

A obra saíu do prelo dividida en tres partes: A Virxen y-a paisanaxe, Montañesas e D’o Ermo. Deixando de lado a primeira que é de compilación, as dúas seguintes ficaron constituídas da seguinte maneira:• Montañesas: 24 composicións.• D’o Ermo: 102.

Esta reagrupación definitiva responde ao criterio de considerar montañesas como unha obra de carácter descritivo e costumista e D’o Ermo dentro de una liña estética depurada e moderna, tematicamente caracterizado polo lirismo franciscano de acento relixioso.

Page 106: Lite1_09

Distinguimos dúas etapas na traxectoria do autor: unha representada por Montañesas na súa primeira edición de 1904 onde predomina a poesía realista decimonónica, e outra representada por Do Ermo, de liña intimista franciscana integrada na poesía do século XX.A segunda edición de Montañesas representa a transición entre ambas.

Page 107: Lite1_09
Page 108: Lite1_09

Do ermo é o máis importante dos libros publicados por Antonio Noriega Varela e, en realidade, representa o conxunto da súa obra poética. Ben é verdade que en 1904 xa dera ao prelo Montañesas, pero eses poemas iniciais foron despois recollidos en 1920 na primeira edición de Do ermo, que se iría continuamente ampliando baixo o mesmo nome ata a morte do poeta en 1947. De feito, pódese trazar unha clara liña de progresión entre os primeiros e máis antigos versos de Do ermo e os últimos, escritos corenta anos máis tarde.

Page 109: Lite1_09

• Natureza humilde propia do franciscanismo poéticoOs seres máis pequenos e insignificantes espertan nel sentimentos de maor e solidariedade (vid. Toda humilde beleza)

• Alabanza da montaña, na liña do Beatus ille horaciano (gabanza á vida retirada, á vida do campo). A Montaña

• Paso do tempo, Tempus Fugit, asociado á «saudade» pola mocidade perdida.

Page 110: Lite1_09

• Mutación ou metamorfoses extraída das Metamorfoses de Ovidio. Se alí Dafne, perseguida por Apolo, se converte en loureiro (abedoeira) coa axuda dos deuses, agora trocarase en bidueira; o orballo da mañá quetransforma os elementos da natureza en xoias; etc...

• A saudade: esa saudade da montaña que impregna toda a poesía d’O Ermo.

• O tema da morte que non só aparece nos poemas autobiográficos. O seu amor pola montaña é tan intenso que nin a morte conseguirá afastañlo dela, pois é alí onde quer ser soterrado.

Page 111: Lite1_09
Page 112: Lite1_09

O galego da primeira época ten un marcado acento ruralista, grande riqueza léxica e un forte carácter dialectal da área mindoniense do autor; mesmo se pode cualificar coa manida adxectivación de "enxebre", pois recolle moitas palabras, xiros e construcións plenamente representativos da fala tradicional dos labregos da zona; hai predominio do léxico concreto fronte ao abstracto, como corresponde ao carácter realista das composicións.

Page 113: Lite1_09

Mais entre a súa linguaxe, sen dúbida popular nesta etapa, sempre se deixará ver o poeta culto e estilista. Así, nunha das súas primeiras composicións, que encabeza o libro Montañesas, "Fale meu bisavó", tal vez a de maior sabor tradicional, achamos versos como estes:

A lengua de Rosalía,rico caudal de harmoníaque prendou a Castelar,moitos n'a saben falar,

i os máis non lle teñen pía. (...)

¡Non!, naquel tempo pasadonon era tan desleigado

quen por un Creso se tiña,si daba o leite a vaquiña,i abría sucos co arado.

Page 114: Lite1_09

Na segunda etapa (Do Ermo) a depuración temática esixiulle tamén unha maior depuración lingüística. A lingua vaise ir desprendendo do ton popular e do ruralismo colorista para se facer máis culta e abstracta. Nisto tivo moito que ver o achegamento definitivo á poesia portuguesa, o que vai implicar á depuración da lingua rústica e dialectal que con anterioridade empregara, para botar man dun rexistro culto, acorde coa nova temática e coa nova estética. E nos escritores portugueses, igual que nos españois, acha eses cultismos greco-latinos que agora precisa.

Mais non usará nunca unha palabra nin adoptará unha solución morfolóxica que el non considere plenamente galega.

Page 115: Lite1_09

En conxunto a lingua de Noriega garda fidelidade á fala dos labregos, único modelo que admitía, pois non concibía máis galego ca o da aldea. A lingua por el empregada ten as características propias do galego mindoniense: dialectalismos, vulgarismos e castelanismos. Non acostumou empregar hiperenxebrismos pois nin pretendeu nunca que o galego abandonase o ámbito en que o castelán o tiña recluído; mesmo se burlou das Irmandades da Fala por tentar un modelo estándar.

Page 116: Lite1_09
Page 117: Lite1_09

Domina os versos tradicionais e non busca innovacións.Tamén na métrica podemos distinguir dúas etapas:• en Montañesas predomina o verso de arte menor,

fundamentalmente o octosílabo. Abonda o romance aínda que tamén usa as quintillas, sextillas e décimas. Esta métrica de carácter popular e tradicional está en consonancia co ton xeral do libro.

• en Do Ermo a métrica vese afectada pola nova liña do autor, pasando a metros e estrofas cultas. A inclusión do soneto foi decisiva. Predomina a rima consonante sobre a asonante e, aínda sendo maioritarios os versos de arte menor, destaca a presenza do hendecasílabo.

Page 118: Lite1_09

Recursos estilísticos:

• Diminutivos en -iño: en consonancia coa lingua popular e coa temática franciscana, que resalta a humildade e tenrura das cousas, e polo tanto a afectividade e o ton sentimental: ¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as frolíñas dos toxos.

• Paralelismos sintácticos tradicionais, anáforas, similicadenciasque nas rosas dos vales, que sorríen que nos mantos dos pinos, que se engríen que nas blondas do mar, que se rebela.

• Encabalgamentos de verso a verso ou interestróficos nos sonetos: viste os cardos de flores, viste de hedra /as informes paredes dos muíños.

Page 119: Lite1_09

• Antíteses ou xogos de contrarios: á vista dun pazo, un niño / i a gloria dun remansiño / frente ós vagallós do mar.

• Hipofora: o poeta pregúntase a si mesmo e el mesmo responde: ¿A señardá? ¡Ben sei!

• Prosopopea ou humanización dos elementos da natureza:¡que alegre! un raio de sol, en tanto non lle furta un bico á neve.

• Metáforas.

• Fonosimbolismos: i alegra os soutos, donde arrola a rula .

• Hipérbatos que dificultan a comprensión: sorrisos das do ermo tristes flores.

• Ablativo absoluto: Sañudo o rostro, rúda-las maneiras...

Page 120: Lite1_09