12

magosto

Embed Size (px)

DESCRIPTION

a historia do magosto e da castaña

Citation preview

Page 1: magosto
Page 2: magosto

Unha das árbores máis fermosas que podemos atopar en Galicia é o CASTIÑEIRO.

Page 3: magosto

Si se enterra unha castaña no mes de novembro, a unha fonduradunha cuarta poden pasar dúas cousas:

-que a coman os ratos.-ou que xermole e que para a primaveira empeze a brotar xaalgunha folla.. e logo vaimedrando pouco a pouco: é un castiñeiro.

Page 4: magosto

Pasado un ano pode medir dúas cuartas. E pasados dousanos pode medir un metro. Logo sigue medrando .

E, se a sorte é boa, ó cabo de nove ou dez anos pode dar xaas primeiras candeas, os primeiros urizos, e as primeirascastañas.

Page 5: magosto

No mes de abril os castiñeiros empezan a vestirse con follas grandes e fermosas, e no mes de xuño botan as súas flores.

Das flores nacerán no mes de xullo os urizos, que irán medrando, e que alimentarán dentro deles, escondidas, as castañas. Os urizos vístense de picos, para defender o seu tesouro interior das mans dos impacientes.

Page 6: magosto

Cando chega o mes de outubro abren as súa camisola os urizos e deixan

caer as primeiras castañas.

No mes de novembro caen as castañas e os urizos, e secan as follas.

Page 7: magosto

Entón empeza o tempo de coller as castañas. Chámaselle soutos ás fincas nas que hai castiñeiros.

Unha a unha vanse collendo as castañas do chan e bótanse para un canastro. Cando se enche o canastro bótanse nun saco. E cando se enche o saco atasellea boca e lévase para a casa.

Page 8: magosto

¿Para qué sirven as castañas? As mais pequeniñas e as que están vacías dánselle ósporcos, que as comen de maravilla. E as outras sirven de alimento para as persoas.

Page 9: magosto

As castañas pódense comer de moitas maneiras:-Recien collidas, pódense asar nunha tixola, para comelas.

Page 10: magosto

-As castañas verdes, tal como veñen da árbore, tamén se poden cocer nunha pota, con auga e un pouco de sal. Son as "castañas cocidas".

Page 11: magosto

A castaña ten a súa propia festa gastronómica: o magosto. Os amigos, os veciños, os nenos do colexio, os homes e as mulleres, xúntanse arredor dun lumeencendido no chan, con pico e leña e botan castañas verdes no lume, para que se asen e despois comelas.

Page 12: magosto

A festa do magosto celebrase arredor do San Martiño, alá polo 11 de novembro.