18
Número: 42 - Ano: V- Maio 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] 5,6 millóns do fondo estatal de 2010 para A Limia e Monterrei BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de XUÑO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.10 DEPORTES Páx.12 XINZO Páx.10 COMARCA Páx.10 Asociacións veciñais piden á Xunta un plan contra incendios Prevista a reurbanización da praza de Santa Mariña [páx 11] Comezan as obras de restauración ecolóxica do río Limia O 30 de maio, andaina en Boado e carreira popular en Sandiás 4 SUMARIO Presuposto de Verín para 2010: 10,1 millóns_ [páx.3] Proxecto Comenius no IES García Barbón___ [páx.4] Primeiros convenios do Plan Hurbe______ [páx.6] Traballadores da vidrieira tachan de “insensibles” á administración autonómica e xudicial______ [páx.10] Patacas Conde recibe a certificación Galicia Cali- dade__________ [páx.11] Deportes_______ [páx.12] Ocio e cultura__ [páx.13] Artigos, clasificados e axenda_____ [páx.14-15] A Xunta anunciou a recuperación do espazo central do grupo de vivendas Santa Mariña, en Xinzo de Limia./M.REJO.

Maio 2010 - BXV

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O 30 de maio, andaina en Boado e carreira popular en Sandiás 5,6 millóns do fondo estatal de 2010 para A Limia e Monterrei BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de XUÑO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] A Xunta anunciou a recuperación do espazo central do grupo de vivendas Santa Mariña, en Xinzo de Limia./ M.REJO. [páx 11]

Citation preview

Page 1: Maio 2010 - BXV

Número: 42 - Ano: V- Maio 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

5,6 millóns do fondo estatal de 2010 para A Limia e Monterrei

BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de XUÑO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.10 DEPORTES Páx.12XINZO Páx.10 COMARCA Páx.10

Asociacións veciñais piden á Xunta un plan contra incendios

Prevista a reurbanizaciónda praza de Santa Mariña [páx 11]

Comezan as obras de restauración ecolóxica do río Limia

O 30 de maio, andaina en Boado e carreira popular en Sandiás

4 SUMARIOPresuposto de Verín para 2010: 10,1 millóns_ [páx.3]

Proxecto Comenius no IES García Barbón___ [páx.4]

Primeiros convenios do Plan Hurbe______ [páx.6]

Traballadores da vidrieira tachan de “insensibles” á administración autonómica e xudicial______ [páx.10]

Patacas Conde recibe a certificación Galicia Cali-dade__________ [páx.11]

Deportes_______ [páx.12]

Ocio e cultura__ [páx.13]

Artigos, clasificados e axenda_____ [páx.14-15]

A Xunta anunciou a recuperación do espazo central do grupo de vivendas Santa Mariña, en Xinzo de Limia./M.REJO.

Page 2: Maio 2010 - BXV

2 BARRIOSMaio de 2010

TEMA DO MES

Municipios de Monterrei e A Limia reciben 5,6 millóns de euros do fondo estatal de 20104Os concellos destas dúas comarcas presenta-ron 79 proxectos relacionados coa sostibilidade económica e co gasto social. Paula Lodeiro

Os concellos das comar-cas de A Limia e Monterrei reciben este ano 5,6 milló-ns de euros do denomina-do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEESL). En total presentaron 71 proxectos, relacionados coa sostibi-lidade económica e oito relativos a gasto social.

Os fondos concédense a cada municipio en fun-ción da súa poboación, e así, oscilan entre o millón e medio de euros que reci-be Verin (o que máis) e os 107.783 de Vilar de Santos (o de menor poboación).

Os proxectos que reciben máis fondos son a constru-ción dun fogar-residencia para a terceira idade en Cualedro (216.161 euros) e dunha pista polidepor-tiva en Oímbra (207.890 euros). No caso deste últi-mo municipio, toda a par-tida económica dedícase a unha única obra, ao igual que o fai Rairiz de Veiga. Neste concello, os 185.944 euros que recibe destina-ranse á urbanización e do-tación se servizos básicos

¿Te suena esto? “ Mamá-no me queda lo que he es-tudiado”,“ vaya desorden que tienes”, “ no dejes las cosas para el último día”, “es imposible estudiar todo esto”, “ fulanito es mucho más listo que yo, yo nunca podré aprobar todo”, “ lle-vo 3 horas para estudiar un folio”. Si te suenan estas frases quizás debas plan-tearte una reestructuración de algunos hábitos y estra-tegias que tu hijo emplea en el estudio.mundoclases es una

empresa dedicada y espe-cializada en la enseñanza individualizada de alto ren-dimiento. Este año de nue-vo impartimos el curso de técnicas de estudio mun-doclases, que por primera vez abre la posibilidad de que alumnos externos a nuestro centro puedan rea-lizar el curso.

El curso está desarrollado por psicólogos y docentes de mundoclases altamente

PUBLIRREPORTAJE

Técnicas de estudio: la empresa mundoclases enseña cómo estudiar

cualificados.Nuestro curso está dise-

ñadoy estudiado cuidado-samente sesión por sesión, con el fin de que sea un curso, primero, aprovecha-ble por el alumno, segundo, siendo interactivo en donde prima el trabajo del alumno, y tercero, en donde se sien-ta cómodo realizándolo.

Lo más fácil de un curso es impartirlo, lo más com-plicado es que sea aprove-chado por el alumno. Para ello el diseño del curso mundoclases está pensado para que el alumno conti-nuamente esté interactuan-do y trabajando con mate-rial, con el fin de que las herramientas que utilizaba para su estudio sean susti-tuidas por herramientas más útiles de cara a optimizar el rendimiento escolar.

Bloques de trabajo:• Aspectos psicológicos

relacionados con el estudio. Cómo afectan estadoscomo

la ansiedad, depresión, la importancia de la au-toestima y la positividad. Afrontamiento de situa-ciones difíciles.

• Hábito. Importancia del tan famoso “hábito de estudio”,y como crear ese hábito diario.

• Planificación y organi-zación. Planificar correc-tamente un examen, opti-mizar el estudio en época de exámenes, evitar el “ no me va a dar tiempo de es-tudiar”. La importancia de la organización: mesa de trabajo, mochila, carpetas, limpieza de apuntes...

• Tratamiento del tex-to. Parte clave, en la que demostramos a nuestros alumnos que una vez rea-lizado un esquema el estu-dio se ha hecho. Lectura comprensiva, anotacio-nes, dudas, subrayado, y por último esquema.

• Examen. Pautas para afrontar un examen: antes, durante y después.

O subdelegado do Goberno en Ourense visitou, acompañado polo alcalde de Riós, a localidade de Progos, onde, a través do novo fondo estatal, se mellorará o alumeado público. En 2009 o FEIL facilitou a renovación do firme de pistas nas localidades de Fumaces, Mourisco, Cortegada, Castelo de Cima, San Cristóbal e Trasverea.

4 Inversións en cada municipioBaltar:126.377 € Os Blancos 114.161 € Calvos Randín: 119.135 € Castrelo do Val: 134.053 € Cualedro: 226.161 € Laza: 175.891 € Monterrei: 331.565 € Oímbra: 207.890 € Porqueira: 122.810 € Rairiz de Veiga: 185.944 € Riós 213.296,00 € Sandiás 161.945 € Sarreaus 176.107 € Trasmiras 186.269 € Verín 1.539.125 € Vilar de Barrio 187.674 € Vilar de Santos: 107.783 € Vilardevós: 257.512,00 € Xinzo: 1.084.641 €

Melloras no saneamento e no abaste-cemento ou a creación de centros so-ciais son os proxectos máis repetidos

para a implantación dunha planta de biogás no munici-pio. A mellora da eficiencia enerxética no alumeado de rúas e de edificios públicos, a mellora das redes de sa-neamento e abastecemento, ou as reformas de centros sociais son os proxectos máis repetidos nos 19 mu-nicipios que suman ambas comarcas.

En canto ao gasto social, cubre a contratación de mo-nitores e educadores (como en Castrelo do Val, Riós e Vilar de Santos), ou mesmo o programa de Escolas De-portivas de Xinzo (45.869 euros).

Comisión de seguimentoNo que respecta ao

conxunto da provincia, todos os proxectos pre-sentados polos concellos ourensáns ao FESSL de 2010 (un total de 427) xa foron aprobados polo Go-berno central. Unha comi-sión de seguimento, na que están presentes o delegado

e do subdelegado do Go-berno, e representantes da FEGAMP, dos sindicatos CC.OO, UXT e CIG e da CEO, velará polo cumpri-mento dos obxectivos do fondo na provincia, entre eles a xeración de 1.421 empregos durante este ano.

Page 3: Maio 2010 - BXV

BARRIOSMaio de 2010

3VERÍN E COMARCA

As contas do Conce-llo de Verín reservan 1,9 millóns de euros para investimentos

O pleno de Verín apro-bou a modificación da ordenanza que regula o uso das instalacións de-portivas, piscinas e casas de baño de titularidade municipal. Fíxoo cos votos a favor do grupo de goberno do PP e o do concelleiro independente Alberto Prieto, e en contra de PSOE, BNG e a inde-pendente Olga Rivera. O alcalde, Juan Manuel Ji-ménez Morán, explicou que a modificación da or-denanza non supón “suba de impostos algunha, é adecuar os prezos anti-gos ao IPC” e que para os novos equipamentos deportivos “copiáronse os prezos de localidades similares como O Barco, Allariz ou O Carballiño”. A actualización do IPC desde 2004 significa unha suba dun 13% nos prezos. Por exemplo, a taxa polo uso da piscina pasará dos 20 euros aos 22,60 euros.

Apoiándose no informe do interventor, o rexedor

popular defendeu que os servizos deben financialos os seus usuarios, xa que ata o de agora, “de cada 10 euros que se gastan, 5,60 son pagados por veciños que non usan nin se benefi-cian das instalacións».

Tanto o voceiro socialis-ta, Emilio González Afon-so, como a nacionalista, Perfecta Losada, criticaron esta suba nun momento de crise económica. Para o BNG, ademais, o feito que de que os habitantes de Chaves paguen a mes-ma taxa que os empadroa-dos en Verín supón “un agravio comparativo” para o resto dos municipios da comarca, “eles non contri-búen a manter este servi-zo público”, dixo Losada. “Faise con Chaves porque hai reciprocidade noutros servizos”, argumentou o rexedor, recordando o acor-do da Eurocidade Chaves-Verín.

Na mesma sesión tomou posesión o concelleiro so-cialista Vicente González

4 Actualización das taxas das instalacións deportivasPérez, en substitución de Mercedes Dos Santos e aprobouse por unanimidade a conta xeral do orzamento de 2008 e a ordenanza mu-nicipal reguladora da ven-da ambulante.

Rogos e preguntasNo apartado de rogos e

preguntas, o PSOE quixo saber cando se reuniría a comisión de seguimento do novo PXOM, ao que o alcalde respondeu fixando esa reunión posiblemen-te para o día 20. Pola súa banda, a nacionalista Per-fecta Losada pedíu que se repintara un stop borra-do no cruce entre as rúas San Rosendo e San Antón, que se segara e limpara a área recreativa da Rasela, que se arranxaran os bu-ratos da estrada de acceso á Fonte do Sapo, e que se reubicara un contedor de vidro que dificulta a visi-bilidade do paso de peóns aos vehículos que entran á avenida de Portugal desde Luis Espada.

Toma de posesión como edil do socialista Vicente Gómez, que prometeu o cargo. /P.L.

Paula Lodeiro

O Concello de Verín vén de aprobar o orzamento para 2010, que ascende a 10.117.840 millóns de euros, case dous máis que o do último exercicio. Os gas-tos de persoal levaranse 3,8 millóns de euros, un 39,5% do total (o ano pasado che-gaba ao 41,21%), mentres que os gastos correntes su-porán un 27% (2,8 millóns). A maior parte do canon que recibirá o Concello pola concesión dos servizos de abastecemento de auga po-table e de saneamento dedi-carase ao pago de facturas pendentes de exercicios an-teriores.

En canto aos investimen-tos reais, supoñen un 19% dos orzamentos (1,9 milló-ns de euros). A obra máis importante que se inclúe neste apartado é a reforma e ampliación da piscina municipal, con 597.000 euros reservados. As contas municipais tamén dedican fondos á pavimentación en varias rúas (Elle, Espido e Laureano Peláez), e á me-llora de espazos peatonais e comerciais no barrio de San Lázaro, do alumeado públi-co en rúa Amaro Refoxo, no barrio de San Lázaro e

PLENOS EN VERÍN

O orzamento de Verín para 2010 ascende a 10,1 millóns de euros 4 Foi aprobado cos votos a fa-vor do grupo de goberno e do concelleiro de ADEI.

en Queirugás, e da rede de abastecemento de auga na estrada de Vences.

Segundo o rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán, este é “o mellor orzamen-to que pode exporse nestes momentos de crise, e dadas as circunstancias para facer fronte ás necesidades do municipio, a través dunha política que leva a redución dos gastos e conxelación de impostos”. Ao existir unha redución de ingresos e dada a imposibilidade de déficit orzamentario, acom-paña loxicamente unha res-trición máxima do gasto, pero reasigna os recursos municipais na dirección apropiada “para suavizar os efectos da crise”. Neste sentido, a partida de gasto social incrementarase nun 17,65%, asegurou o alcal-de. Pola contra, socialistas e nacionalistas xustificaron o seu voto en contra ao con-siderar o orzamento irreal e electoralista e acusando ao rexedor de maquillar as contas.

4 Aprobación inicial do novo PXOM

O novo Plan Xeral de Verín foi aprobado nunha sesión plenaria extraordi-naria cos votos do PP e o concelleiro de ADEI e a abstención do resto da opo-sición. O documento estará en exposición pública ata o 5 de xullo para que os in-teresados poidan presentar alegacións e suxestións.

Para o alcalde da vila, Juan Manuel Jiménez Mo-rán, o documento “é unha proposta de futuro asumi-ble e sostible para Verín, que resolverá os principais problemas detectados”.

En materia de mobilida-de, o novo PXOM plantexa a creación dunha circun-valación sur e unha ronda interior, así como dunha rede de carril bici ou a re-localización da estación de autobuses. Respecto ás previsións de solo para ac-tividades económicas e in-dustriais, o PXOM reserva 1,4 millóns de metros ca-drados, e en canto á solo residencial, establece unha previsión de 7.700 novas vivendas.

Concertáronse coa maior parte dos propietarios dos terreos oito ámbitos de pla-neamento mediante conve-nio, o que lle permitirá ao Concello obter terreos para un Auditorio municipal, a construción do Centro de investigación e formación turístico-termal, dun hotel-escola-spa, así como zonas verdes, novos viais e outras dotacións.

O novo PXOM pódese consultar na páxina web municipal ou no segundo andar da casa consistorial.

Page 4: Maio 2010 - BXV

4 BARRIOSMaio de 2010

VERÍN E COMARCA

4 Formación na Antena Local

A Antena Local de Ve-rín porá en marcha ata o próximo novembro un plan formativo dirixido a empresarios, traballado-res, autónomos, desem-pregados e autónomos.

Serán, en concreto, oito programas sobre audito-rías de calidade e medio ambiente, introdución a sistemas de seguridade alimentaria, primeiros auxilios, técnicas de ven-da, escaparatismo e proto-colo empresarial. Tamén haberá cursos sobre inglés para comercio exterior, iniciación á exportación e unha xornada sobre a Fun-dación Tripartita.

4 Defensa da sanidade pública

Quedou constituída en Verín a Plataforma en De-fensa da Sanidade Púlbica á que se adheriron parti-dos políticos, sindicatos, asociacións ecoloxistas e empresariais, e colectivos sociais e veciñais.

O parlamentario socia-lista Juan Carlos Fran-cisco, presente na cons-titución da plataforma, reivindicou a necesidade da “organización e mo-bilización” diante do “ataque” que a Xunta de Galicia está a perpetrar “contra o sistema público de saúde, e que se tradu-ce no peche das gardas de radioloxia ou o posible desmantelamento parcial do servizo de laboratorio e análise clínico no Hos-pital Comarcal de Verín.

4 Perigosidade en Queirugás

O BNG de Verín remitíu un escrito ao alcalde para manifestar a súa preocu-pación pola perigosiade que presenta a estrada de Queirugás na entrada a este núcleo. Coincide neste lugar o estreitamen-to da calzada nun ángulo que non permite a visibi-lidade.

Por iso o BNG pide que se proceda a mellorar o tra-zado ancheando a vía nun mínimo de dous metros, que se asente en terreo fir-me a barreira quitamedos e que se tomen medidas coas construcións en ruí-nas existentes no lugar.

Proxecto para reducir o gasto enerxético no alu-meado público Redacción

O Concello de Verín efectuará dúas novas actua-cións no alumeado público en Queirugás e na zona de Amaro Refoxo, ambas acollidas á subvención do Inega 2009, e enmarcadas no proxecto de centraliza-ción, xestión e redución do gasto enerxético.

O orzamento total da in-

Paula Lodeiro

Como unha das mello-res experiencias da súa vida. Así recordan un grupo de 12 alumnos do instituto García Barbón a súa recente visita a Li-tuania, viaxe organizada dentro do proxecto edu-cativo europeo Comenius “Explorando a similitu-de e a diferenza” no que participan. Durante nove días, tiveron tempo para coñecer un país co que su-puñan máis diferenzas das que finalmente atoparon e afianzar as amistades nacidas na primeira viaxe do proxecto, o pasado no-vembro a Italia. Dos litua-nos sorprendeulles “que case todo o mundo alí sabía tocar un instrumen-to ou cantar”, sinala Lara Pérez, unha das alumnas participantes. Outros com-pañeiros seus destacan o bo ambiente, “melloramos a nosa amizade, en Ita-lia non falábamos tanto”, suliña Javier Costela.

Tamén quedaron satis-feitos os profesores que os acompañaron na viaxe. O orientador e profesor de TICs Daniel Veiga fe-licitaba aos seus alumnos

EN BREVE

Alumnos do García Barbón comparten experiencias con outros de Italia ou Lituania4 Estudantes de 1º de Bacharelato participan no proxecto europeo Comenius “Explorando a similitude e a diferenza”.

“polo seu comportamento, pola actitude activa nas ac-tividades e pola boa convi-vencia”.

Único proxecto en OurenseO proxecto Comenius

do instituto García Barbón foi o único seleccionado da provincia na convocatoria 2009/2011. Despois das visitas a Barletta (Italia) e Plunge (Lituania) o vindeiro curso serán os verineses os que exerzan de anfitrións, e así, está previsto recibir ao alumnado dos outros países no mes de abril de 2011.

Tras investigar sobre o ciclo do pan e presentar en Lituania un traballo sobre os instrumentos tradicio-nais galegos, para o que queda de proxecto os traba-llos deste grupo centraranse nas cantigas tradicionais da zona e na gastronomía rela-cionada co carnaval.

A maioría das partici-pantes nesta iniciativa son alumnas de 1º de Bachare-lato e foron elixidas a tra-vés dunha entrevista nas que se valoraba o seu in-terese no proxecto, os seus coñecementos de inglés e o seu expediente. “Eu apun-teime porque era unha gran oportunidade para coñecer

outros países e culturas, adentrarse de cheo no que é unha sociedade, coñecer o seu día a día”, apuntaba unha delas, Alba Queija.

O proxecto está coor-dinado polo vicedirector do centro, Carlos Matos, e nel tamén colaboran outros docentes, como Da-niel Veiga, Xurxo Otero, Mónica Fernández, Borja Campos, Maika Giménez (directora do instituto) e Álvaro Ferreiros (secre-tario). Participan os alum-nos Javier Justo, Javier costela, Álvaro Plata, Lu-cía García, Natalia Gon-zález, Zaira Boo, Merce-des Rodríguez, Araceli García, Alba Queija, Lara Pérez, Olaya Rodríguez e Iris Nieves.

As estudantes agardan xa a visita a Verín dos seus compañeiros euro-peos, “intentaremos fa-celo o mellor posible, alí (en Lituania) participaron todos os alumnos e todos os profesores”, recorda-ban Lara, Alba, Mercedes e Lucía. Mentres tanto, o blog común e as redes so-ciais en Internet facilitan o contacto cos seus novos amigos europeos.

Alumnos participantes no proxecto Comenius con tres dos seus profesores. /P.L.

O proxecto Comenius do instituto García Barbón foi o único seleccionado da provincia na convocatoria 2009/2011. O próximo curso o centro educativo de Verín exercerá de anfitrión e recibirá a lituanos e italianos

Amigos da Terra denuncia unha nova vertedura ao río TámegaRedacción

O río Támega, ao seu paso pola localidade de Feces de Abaixo en Verín, foi víctima doutra verte-dura sobre as súas augas, segundo denuncia a aso-ciación Amigos da Terra. O colectivo ecoloxista puxo os feitos en coñe-cemento do Concello de Verín, así como do Ser-vizo de Conservación da Natureza de Ourense e da Confederación Hidrográ-fica do Douro. Denuncian desde Amigos da Terra, recollendo as palabras dos veciños, que estas verte-duras prodúcense de for-ma reiterada ao río.

Paradoxicamente, a

Confederación do Douro anunciaba a principios deste ano a execución de dous novos proxectos para acondicionar o contorno ecolóxico do río Támega. “De pouco vale acondionar as marxes do río e inver-tir máis de 2,7 millóns de euros en obras no Támega dende o ano 2008, se as au-gas están contaminadas”, afirman dende Amigos da Terra.

Sinala a asociación que xa fai dous anos a Confe-deración incoou expediente sancionador ao concello de Monterrei por detectar un vertido non autorizado de augas residuais no río Bub-al, afluente do Támega. É de recordar que o Támega está cualificado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), figura de protección singular pola súa diversida-de biolóxica.

versión é de 129.872 euros, dos cales 70.000 euros co-rrerán a cargo do Inega e o resto serán achegados polo Concello de Verín.

Na zona de Amaro Re-foxo, que consta de 63 puntos de luz controlados por un cadro de mando, a actuación conseguirá un aforro económico de 3.929 euros anuais.

Na localidade de Quei-rugás, con 67 puntos de luz que se cambiarán por outros novos, a actuación permitirá reducir o gasto en consumo eléctrico en 3.353 euros anuais.

Jiménez Morá defende o novo vial en ÁbedesRedacción

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, compareceu ante os medios para aclarar as características do futuro vial que pasará por Ábe-des. “Non é certo que se constrúa unha circunva-lación de corenta metros senón un vial de calidade, de vinte metros, que non tira ningunha vivenda xa que a máis próxima atópa-se a dez metros”, indicou o rexedor, que atribúe a desinformación existen-te “á burda manipulación por parte dalgún veciño, que ten intereses persoais nesta cuestión, e que se dedican a inventar infra-

estruturas non existentes neste PXOM”.

Jiménez Morán informou que este vial estará confor-mado por dous carrís de circulación -de tres metros cada un-, estacionamen-to -dous metros cada un-, carril bici -dous metros- e beirarrúas -tres metros- en ambos lados da estrada, sumando un total de vinte metros, “nos que se inclúen mobiliario urbano e árbores e a converten nunha estra-da aberta, que non divide ao pobo, eliminará o tráfico pesado, necesaria se quere-mos un municipio atractivo e dende o que se poderá acceder a todas vivendas e fincas ”.

O rexedor recordou aos veciños de Ábedes que po-den acudir a casa consisto-rial para recibir información sobre o PXOM.

Page 5: Maio 2010 - BXV

BARRIOSMaio de 2010

5

Redacción

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, pre-sentou unha moción para que o Ministerio de Medio Rural manteña operativas as Brigadas de Reforzo contra Incendios Forestais (BRIF) de Laza e regularice as con-dicións laborais dos seus traballadores, a través da aprobación dun convenio colectivo antes da campaña de extinción de 2010. “A pesar do importante volume de traballadores e de tantos anos de servizo, na actuali-dade carecen dun convenio colectivo que regule as súas condicións laborais”, dixo o senador durante unha vi-

VERÍN E COMARCA

sita á zona. Pérez Bouza lembrou que

en setembro de 2008 chegá-rase a un principio de acordo entre o Ministerio e os repre-sentantes dos traballadores, segundo o cal o Ministerio se comprometía a manter a actividade destas Brigadas até o 2011, ano a partir do cal estarían activas os 12 meses. E comprometíase a colaborar na consecución dun Convenio Colectivo es-tatal. Ano e medio despois o conenio está sen firmar.

Zona recreativa Pérez Bouza tamén ex-

plicou as iniciativas rexis-tradas para que a Confe-deración Hidrográfica do

Douro asuma a execución do proxecto denominado “Recuperación das mar-xes e construción dunha zona lúdico-recreativa na marxe dereita do río Tá-mega, no núcleo urbano de Matamá.

O senador do BNG lembrou que a raíz do ma-lestar creado en Matamá pola construción no ano 2003 dun dique na mar-xe esquerda do Támega, que provocou importantes danos medioambientais e sociais, a Confederación do Douro comprometeuse a procurar unha solución. E foi no ano 2005 cando o xefe de Servizo de Xes-tión sinalou que “estaba en estudo a posíbel solución”, pero non se fixo nada. O Concello de Laza aproba-ra en setembro de 2009 a memoria das obras de recuperación das marxes do Támega que enviou á Subdelegación do Gober-no para o seu traslado á Confederación. A día de hoxe “a Confederación do Douro segue sen reparar os danos”, resaltou o senador.

LAZA

Piden un convenio colectivo para os operarios da BRIF4 O BNG reclama tamén unha zona recreativa para Matamá.

O proxecto “Remóllate polo río”, seleccionado pola Confederación Hidrográfica do Douro

O proxecto “Remóllate polo río”, do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Aber-tas, volve ser este ano o único da provincia seleccionado pola Confederación Hidrográ-fica do Douro dentro do seu programa Voluntariado en Ríos. O obxectivo desta proposta é concienciar á poboación rural dos problemas ambientais ademais de conservar e me-llorar os ecosistemas fluviais e o seu entorno, no municipio de Vilardevós.

As actividades que se levarán a cabo enmárcanse en tres liñas de actuación: activida-des de información e sensibilización (como unha ruta fotográfica interpretativa, unha xornada, un obradoiro de natureza ou un curso de formación), actividades de diagnóstico e avaliación do estado dos ríos (neste caso a análise da calidade auga do río Arzoá) e actividades de conservación e mellora (cunha proposta de limpeza do río Fornos). As ac-tividades están dirixidas a toda a poboación e os interesados en participar poden poñerse en contacto coa organización no Centro de Interpretación do Contrabando de Vilardevós ou no 988 417 232. O proxecto dá continuidade a outro realizado en 2009 denominado “Móllate polo rio”.

Participantes na edición do ano pasado de “Móllate polo río”. /C.D.R. PORTAS ABERTAS.

Page 6: Maio 2010 - BXV

6 BARRIOSMaio de 2010

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez vén de visitar o tramo da OU-310, estrada que une Ve-rín e Soutochao, á altura do Concello de Vilarde-vós, onde van comezar as obras de mellora e acondi-cionamento desta vía.

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destina a esta actuación máis de 1.4 millóns de euros. Os tra-ballos inícianse este mes e está previsto que a vía poida estar operativa en outubro do ano que vén. Non están previstos cor-tes de tráfico mentres se executan os traballos de mellora.

A empresa CRC Obras e Servizos será a encar-gada de levar a cabo as obras, que consisten no

ensanchamento da plata-forma o máximo posible dentro do dominio público dispoñible. Para iso debe-ranse asfaltar as cunetas da calzada, o que permitirá que sexan practicables tan-to polos automóbiles como polos transeúntes. Asimes-mo, porase especial aten-ción no balizamiento coa instalación de ollos de gato na sinalización de curvas perigosas colocando paneis direccionais ou beirarrúas semiríxidas se fora preciso.

A estrada OU- 310 ten unha lonxitude de 7.800 metros, está formada por dous carrís para cada senti-do de tres metros cada un, en total a calzada terá 7,30 metros de ancho chegando a acadar un máximo de 8 metros nalgún treito.

Reacción do PSdGEn relación a estas obras,

o PSdeG lamentou que a

Martínez visita a estrada que vai arranxar a Xunta en Vilardevós4 Investirase 1,4 millóns de euros nun tramo de sete quilómetros da OU-310.

Xunta de Galicia reduza nun 32% o investimento previsto polo anterior go-berno autonómico para o acondicionamento desta estrada. O bipartito deixa-ra orzamentada a obra en en preto de 2,5 millóns de euros.

Ademais, o deputado Pablo López Vidal, esíxe-lle ao Conselleiro de Pre-sidencia que explique a falta de respecto institu-cional amosada polo dele-gado da Xunta en Ourense “cando na súa visita oficial a colocar o cartel desta obra non avisa a máxima autoridade do concello, o alcalde socialista de Vilar-devós por onde transcorre dita estrada”.

4 Futura depu-radora en Riós

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de pu-blicar no Diario Oficial de Galicia a adxudicación da construción dunha depu-radora en Riós á empresa Construcciones y Promo-ciones Cruzval.

A Xunta executará obras de integración das augas residuais, que inclúen a instalación dunha depura-dora de 150 h-e (habitan-tes-equivalentes) que reci-birá as augas residuais dos núcleos de Sarreaus, Souto, A Iglesia e Domiz. Tamén se proxectan 1.590 metros de colector, deixando a co-nexión da rede de Sarreaus á nova EDAR para unha fase posterior. O prazo de execución é de tres meses.

4 Novas rutas de sendeirismo

O Concello de Monte-rrei, vén de rematar a si-nalización de dúas rutas de sendeirismo, que percorren distintos lugares do conce-llo. Ambas as dúas, póden-se facer, tanto a pé, como en bicicleta de montaña ou a cabalo.

A primeira, chamada “Río Támega”, iníciase na locali-dade de Mixos, pasa pola Pousa, sube ata o Castelo, e chaga ata a Albarellos, onde da a volta e vove o Caste-lo para rematar de novo en Mixós. Ten unha distancia de 13 km e 400 metros, e a súa dificultade é media - baixa. A segunda, chama-da “Río Búbal”, iníciase en Albarellos, pasa por Vilaza, sube ata a Caridade, vai a Flariz, pasa por Medeiros, volve pasar por Vilaza e re-mata de novo en Albarellos. Ten unha distancia de 21 km e 400 metros e a súa di-ficultade é media - alta.

Medio Ambiente asi-na os primeiros con-venios do Plan Hurbe4 Entre eles, Riós e Verín.Redacción

O conselleiro de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou cos al-caldes de Riós e de Verín e doutros catro municipios galegos os primeiros con-venios do Plan HURBE, unha actuación que busca un programa de calidade de vida das zonas urbanas e dos concellos máis pe-quenos de Galicia.

Os obxectivos deste Plan, que destinará preto de 100 millóns de euros para realizar 53 actua-cións en algo máis de 40 concellos galegos, son fomentar a recuperación dos espazos de encontro para mellorar a opción de lecer dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial fixando po-boación no medio rural.

O municipio ourensán de Riós beneficiarase das obras establecidas no presente convenio. A ac-tuación pretendida, que conta cunha achega por parte de Medio Ambiente dun total de 50.000 euros, consiste en realizar a exe-cución dun firme asfálti-co sobre o actual camiño e o acondicionamento do entorno da piscina e das súas instalacións comple-mentarias. Ademais, rea-lizaranse obras auxiliares de saneamento pluvial e delimitación do ámbito de actuación.

Os traballos a desenvol-ver centraranse na execu-ción do pavimentado do ámbito de actuación me-

diante a colocación dun fir-me de formigón pulido para destinalo á zona de espalla-mento. Ademais, levarase a cabo un rematado do ámbi-to afectado pola piscina e as súas instalacións.

Actuación no centro so-cio-cultural de Verín

En canto ao acordo con Verín, a Xunta de Galicia achegará 120.000 euros para as obras de adecuación do entorno do centro socio-cultural na praza de Tama-guelos.

O obxecto da actuación é a intervención nun espazo clasificado como solo urba-no, que ten unha superficie duns 1.300 metros cadra-dos, nunha zona pública onde converxen varias rúas. Na actualidade, o solado está formado por unha pe-quena parte de formigón e o resto é de terra.

Por unha parte, construi-rase unha rede de sanea-mento e conectarase ao sis-tema xeral para alivio das augas pluviais e de limpeza. Tamén se implantará unha zona verde, incluída a plan-tación de especies arbóreas así como a instalación de rego automático. Construi-ranse beirarrúas con baldo-sa de terrazo e bordes de granito. Finalmente, colo-carase mobiliario urbano e instalación eléctrica para alimentación do alumeado público.

Rogelio Martínez (no centro) visitou a estrada de Vilardevós que a Xunta vai arranxar.

Está previsto que a vía estea operativa en outubro de 2011

En Verín urbanizarase o entorno da praza de Tamaguelos

Page 7: Maio 2010 - BXV

BARRIOSMaio de 2010

7PUBLICIDADE

Page 8: Maio 2010 - BXV

8 BARRIOSMaio de 2010

especial INORDE

O Inorde introduce novas variedades nos ensaios do “Proxecto Pataca”Comezou a plantación na Finca Antela, en Sandiás. Probaranse sete novas variedades polacas e repetirán nove húngaras e outras cinco romanesas.

O Inorde continúa por terceiro ano coas inves-tigacións do “Proxecto Pataca” de adaptación de variedades de pataca de Europa do Leste ás con-dicións agroclimáticas de Ourense.

Como novidade máis destacada, este ano plan-taranse nunha finca de 2,5 hectáreas situada en Via-na do Bolo as variedades húngaras e polacas que mellor resultado deron nos dous anos anterio-res. Así, en canto o tem-po mellore, o persoal do Centro de Investigación Agrogandeira de Xinzo de Limia (que leva a in-vestigación) procederá á plantación das variedades Tetyda e Justa (de Polo-nia) e Rioja e Démon (de Hungría). A intención, re-sume o técnico do Centro Agrogandeiro, Servando Álvarez, é comprobar como se desenvolven os cultivos fóra das parcelas de ensaio, así como en zona de alta montaña. O obxectivo final é recupe-rar a produción de pataca de semente nesta comar-ca de Conso-Frieiras, que fora tradicionalmente produtora de semente.

Condicións ideais en alta montaña

As condicións da fin-ca do Inorde ubicada en Viana son ideais, tanto pola altitude, como por tratarse dun lugar illado, libre de contaminantes ao ser a primeira vez que se planta. “Segundo sube a altitude hai menos pul-gón; unha pataca libre de pulgón é unha pataca libre de virus”, explica o técnico. Por iso, o persoal do Centro Agrogandeiro estudará especificamente a ganancia de virus que sufriron estas variedades, que veñen de orixe certi-

ficadas (isto é, libres de virus).

Como característica particular deste ensaio, as variedades que se planten en Viana non van ter rego, xa que, segundo apunta Servando Álva-rez, “son patacas que se comportan moi ben e ás que non lles fai falta tan-to aporte de auga”.

Retraso na plantación en A Limia

Polo que respecta á comarca de A Limia, as choivas persistentes ao longo do inverno e a pri-mavera teñen provocado que a plantación se teña retrasado case un mes,. Os traballos de plan-tación na Finca Antela comezaron esta mesma semana, unha vez que a terra estivo en condi-cións axeitadas. Plantar antes de tempo, co terreo cunha excesiva humida-de, podería traer consigo a aparición de enfermi-dades no tubérculo.

Nesta ocasión os técni-cos do Inorde decidiron introducir sete novas va-riedades polacas e repe-tir a plantación de nove húngaras e outras cinco de Romanía. Retiráronse aquelas que non se adap-taron ben ás terras da Li-mia.

Ademais das varieda-des húngaras, polacas e romanesas, a finca de ensaio que a Deputación Provincial ten no muni-cipio de Sandiás acollerá os cultivos de arredor de 70 variedades proporcio-nadas polas casas comer-ciais.

Para cada unha delas, aplicaranse tres teses de estudo: o seu compor-tamento con abonado estándar, con abonado

A plantación de pataca na Finca Antela comezou esta semana, con varias de retraso por mor das fortes choi-vas do inverno e da primaver.a

Estado dos cultivos de pataca na Finca Antela o ano pasado. De cada variedade estudada, ensáiase con tres supostos: con abonado estándar, con abonado orgánico e con abonado estándar con baixo rego.

[SEGUE NA PÁX. SEGUINTE]

Page 9: Maio 2010 - BXV

BARRIOSMaio de 2010

9 especial INORDE

Este ano experimentará con dúas variedades polacas e dúas húngaras nunha finca en alta montañaPlantará unha superficie de 2,5 hectáreas coas variedades Tetyda e Justa (Polonia) e Rioja e Démon (Hungría) en Viana do Bolo; o obxectivo: conseguir pataca para semente.

orgánico e con abonado estándar con baixo rego. Os técnicos recollerán datos sobre adaptación da variedade, resistencia a enfermidades, necesi-dades nutritivas, necesi-dades de auga, así como análises das producións.

A tardía plantación vai provocar, previsible-mente, que a recolleita se retrase ata mediados

[VÉN DA PÁX. ANTERIOR] O obxectivo da plantación do Inorde en alta montaña é recuperar a produción de pataca de semente

nesta comarca de Conso-Frieiras, comarca que fora tradicionalmente produtora de semente

No terceiro ano de ensaios dentro do “Proxecto Pataca”, na Finca Antela, en A Limia, plantaranse por primeira vez sete novas variedades de pataca polacas e repetirán nove

húngaras e cinco de Romanía.

A intención das investigacións é comprobar a adaptación destes tubérculos ás condicións agroclimáticas da zona

A variedade húngara Démon destacou pola súa gran produción a pasada collei-ta.

A variedade Justa (Polonia) tamén foi unha das de maior produción o ano pasa-do.

A Rioja, variedade húngara de pel vermella, tamén parece adaptarse ben aos terreos da Limia.

A Tetyda é unha variedade polaca.

de setembro. Os técnicos auguran un verán com-plicado, como xa o foron os últimos dous anos, po-las condicións da terra, coa posible aparición de problemas fitopatolóxi-cos (como o mildeu).

Conclusións do “Proxecto Pataca”

A intención dos in-vestigadores do Centro Agrogandeiro de Xinzo é redactar un documen-

to coas conclusións des-tes tres anos de ensaios para poder presentalas en congresos do sector, así como na seguinte edición do Salón Monográfico da Pataca este outono.

Mentres tanto, conti-nuarán co intercambio de información cos so-cios polacos, húngaros e romaneses sobre o com-portamento das súas va-riedades en terras de A Limia.

Page 10: Maio 2010 - BXV

10 BARRIOSMaio de 2010 XINZO E COMARCA

EN BREVE

4 Polémica por un cartel do Plan E en Vilar de Barrio

O presidente da agrupa-ción socialista de Vilar de Barrio, Celso Basalo, de-nuncia “o caciquismo des-medido” do alcalde de Vilar de Barrio, Julio Pérez por colocar o cartel de sinaliza-ción dunha obra do Plan E a máis de 17 quilómetros.

Celso Basalo denunciou que “no lugar de Reborda-chau estase executando unha obra do Plan E que consiste na pavimentación dunha rúa e o alcalde colocou o cartel no campo de fútbol a mais de 17 quilómetros de dita obra”. O socialista sinalou que “xa puxemos en coñe-cemento da Subdelegación do Goberno este feito para que tome as medidas opor-tunas”.

4 Axudas polos danos dos temporais

Ata finais do mes de maio está aberto o prazo para que os concellos afectados po-los temporais deste inverno presenten as solicitudes de axuda para paliar en infra-estruturas e servizos de ti-tularidade local.

A subvención do Esta-do, cifrada para todos os municipios afectados en 131,5 millóns de euros, poderá alcanzar até o 50% do importe dos proxectos de reparación ou restitu-ción de infraestruturas, equipamento, instalacións e servizos de titularidade municipal, ademais de redes de distribución e de-pósitos de auga.

4 Portátiles para 41 colexios

Case 2.000 alumnos de 41 centros de Ourense te-rán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implanta-ción do Proxecto ABA-LAR por parte da Con-sellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O proxecto Abalar be-neficiará, entre outros, aos alumnos de 5º de Primaria do CEIP Amaro Refojo e María Inmaculada e de 1º de ESO dos institutos Castro de Baronceli e Xe-sús Taboada Chivite, to-dos eles en Verín.

Redacción A Confederación Hidro-

gráfica do Miño-Sil prevé iniciar este mes as obras de restauración, rehabili-tación e uso público do río Limia ao seu paso polo municipio de Xinzo.

A actuación, que suporá un investimento previsto de 77.089 euros, permitirá recuperar a continuidade lonxitudinal do sistema fluvial, mellorar a compo-sición e estrutura da vexe-tación de ribeira e dimi-nuír os efectos negativos das inundacións.

Para logralo, os traba-

llos, en ambas as marxes do río, consistirán na recupera-ción da vexetación riparia, en podas, rozas e na retira-da de árbores mortas e resi-duos sólidos. Tamén se pro-cederá á estabilización das marxes afectadas mediante técnicas de bioenxeñería, así como á retirada de obs-táculos existentes na canle. A superficie sobre a que está previsto actuar supera os 2.200 metros.

En numerosos tramos do Limia aparece unha forte erosión producida polo des-prendemento de árbores. Para evitar que avance e protexer o noiro colocaran-

se liñas de biorrollos de fibra de coco biodegrada-bles e estacas rebrotables.

Esta actuación xustifí-case na necesidade de re-tirar árbores caídas sobre o paseo fluvial a beiras do río Limia e algúns mesmo sobre a canle, que obsta-culizan o fluxo da auga provocando inundacións no caso de choivas abun-dantes.

As obras de mellora do estado ecolóxico do Limia inclúense no programa de actuacións de Restauración, Rehabilitación e Uso Públi-co de Marxes nos Ríos da Conca do Miño-Sil.

Comezan as obras de restau-ración ecolóxica do río Limia4 Investiranse máis de 77.000 euros.

Redacción

Dez asociacións veci-ñais de A Limia veñen de asinar un documento para demandar ás administra-cións un plan específico de prevención do lume para a comarca, que conta cunha superficie forestal superior ás dez mil hectá-reas.

O documento, conside-rado polos asinantes de “mínimos”, demanda a creación dun perímetro de protección nas rúas, áreas habitadas e inmobles uni-familiares rurais anexos a masa forestal do montes, así como nas explotacións agropecuarias que polo seu emprazamento estean en risco de incendio, e o desbroce e acondiciona-mento do firme das prin-cipais pistas e camiños fo-restais de acceso ás zonas boscosas máis densas. A petición foi presentada na xefatura provincial de Me-dio Rural e será entregada ademais en concellos da comarca, na Deputación e na Delegación de Montes.

Xosé Lois Carreira, presidente da Asociación Muíño da Lama, promoto-ra da iniciativa, teme que se non se toman medidas, se repitan os incendios do verán de 2006, dadas as abundantes choivas deste inverno e primavera que fixeron crecer a maleza

Protesta dos traballadores da vidrieira fronte ao Pazo deXustiza de Ourense. /P.L.

Asociacións veciñais de A Limia piden un plan contra incendios4 Piden a creación dun perí-metro de protección para casas e explotacións e a limpeza das pistas forestais.

nos montes, e as previsións dun verán caluroso.

Carreira agarda que a ad-ministración teña en conta esta proposta, “sería unha grata sorpresa que hoube-ra un plan en marcha”, xa que ata o de agora non se atenderon as súas peticións. “Presentamos solicitudes da limpeza dun perímetro de protección de xeito indi-vidual desde 2007, e eiquí (Parada de Ribeira) non se fixo nada”, sinala.

Asinaron esta petición as asociación de mulleres rurais de Os Blancos e de Fiestras, as de veciños de Laroá, Solveira, Piñeira Seca, as asociacións cul-turais A Castiñeira de San Pedro de Laroá e Muíño da Lama de Parada de Ri-beira, A Cidade de Morga-de, Traslaxas de Boada e o representante en Xinzo da Federación Rural Galega.

Lotes de madeiraNoutro orde de cousas, a

Dirección Xeral de Mon-tes vén de convocar a poxa de 46 lotes de madeira dos montes de xestión pública da provincia. Subastaranse un total de 70.567 metros cúbicos e 5.882 toneladas de madeira (a maior par-te de piñeiro) de montes de 24 concellos, entre eles Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Riós, Sarreaus, Verín, Vilar de Barrio e Vilardevós.

Redacción

Protestar é o único que lles queda aos que foran traballadores da vidrieira de Xinzo, logo do peche da factoría tras ano e me-dio de conflicto laboral. Ao berro de “Xustiza para que?” e “Somos traba-lladores, non somos de-lincuentes”, un grupo de operarios da Vidriera del Atlántico concéntraronse diante do Pazo de Xustiza

de Ourense para esixir xus-tiza e denunciar o abandono das administracións auto-nómica e xudicial, “que te-ñen abandonado os dereitos dos traballadores e ditado sentenzas contraditorias e inxustas que só favoreceron aos intereses da Vidreira e o Grupo BA de pechar a factoría de Xinzo, deixando un regueiro de débedas na provincia”, afirmaba o se-cretario comarcal da CIG, Anxo García.

Por poñer un exemplo, o responsable da CIG ex-plicou que durante todo o conflicto a empresa man-tivo unha débeda salarial de tres meses cos empre-gados, que pagou (máis a indemnización a cada un de 20 días) nada máis ex-tinguir o Xulgado do Mer-cantil as relacións laborais de todo o cadro de persoal, “de onde saíu ese diñeiro que ata agora non existía?”, preguntábase García.

Traballadores da vidrieira ta-chan de “insensibles” á adminis-tración autonómica e xudicial4 Concentráronse como protesta diante do Pazo de Xustiza de Ourense.

Page 11: Maio 2010 - BXV

BARRIOSMaio de 2010

11

Conceden o certificado de garantía de Galicia Calidade a Patacas Conde Redacción

A Consellería de Eco-nomía e Industria conti-núa a amparar os mellores produtos e servizos ga-legos, a través da marca Galicia Calidade, que vén de recibir a empresa limiá Patatas Conde.

Os produtos que con-tan co distintivo desta marca de garantía pública ofrecen ao consumidor a garantía e a confianza ne-cesaria, avalada polo feito de que esta distinción vén amparada por un organis-mo público como é Xunta de Galicia. Na actualidade son xa 35 as empresas que contan con produtos am-parados dos que máis do 90 % pertencen ao sector agroalimentario.

Patatas Conde nace a comezos da década dos setenta nun pequeno alma-cén de Ourense coa misión de reparto e distribución de patacas pola cidade. Na década dos oitenta amplía o seu campo social a venta maior de patacas, trasla-dándose a zona produtora, Xinzo de Limia.

Na actualidade, Patatas Conde comercializa pata-cas para a industria, para consumo e de semente, e traballa nun proxecto de ex-pansión de novas tendencias de envasado do producto, así como na ampliación de instalacións e maquinaria.

XINZO E COMARCA

Redacción

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas e o Concello de Xinzo de Limia asina-rán un convenio para ur-banizar a praza de Santa Mariña e a rúa Marcelo Macías. A Xunta de Ga-licia realiza unha achega económica de máis de 527.000 euros, dividida en dúas anualidades: en 2010 300.000 euros, e en 2011 máis de 227.000 euros.

Un dos obxectivos deste proxecto é facer as obras de acondicionamento e recuperación do espazo central do grupo de viven-das Santa Mariña, co fin de poñelo en valor como espazo de convivencia dos veciños e, á vez, mo-dernizar as instalacións dos servizos urbanísti-cos existentes, co que se contribuirá a mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.

Así mesmo, executaran-se obras de urbanización na rúa Marcelo Macías, situada entre rúa Formi-gueiro e Sarxento Rodrí-guez, no centro urbano de Xinzo de Lima. Esta vía constitúe unha importante vía de comunicación na que tamén se sitúa o co-lexio Sergio Mascareñas con 700 escolares e un im-portante fluxo vehicular.

Santa MariñaNeste momento, o estado

de conservación desta zona aconsella a realización de obras de reurbanización que a poñan en valor, para uso e espallamento dos veciños e para dotalas de áreas diferenciadas para peóns e tráfico rodado. Des-te xeito, créase na praza un percorrido de uso peonil e con mobiliario urbano que invita a actividades de ocio e espallamento, e unha zona central que resolva o uso de aparcadoiros de vehículos.

Proxéctase tamén unha zona de axardinamento con ornamentación de flores de tempada e céspede. Así mesmo, levarase a cabo unha instalación de ilumi-

Medio Ambiente urbanizará a praza de Santa Mariña e a rúa Marcelo Macías4 Investirá máis de 527.000 euros.

nación pública e deixarase instalada a canalización para as redes de ilumina-ción doméstica no futuro. Colocaranse papeleiras fixas de ferro fundido e bancos de madeira e ferro fundido. Tamén se coloca-rá unha pérgola de madeira con ancoraxes metálicas.

Marcelo MacíasA outra actuación corres-

póndese coa urbanización da rúa Marcelo Macías. Agora, o viario presenta beirarrúas moi estreitas, con largos inferiores a un metro, en malas condicións e cun-ha iluminación deficiente. Pola súa banda, as canali-zacións de abastecemento e saneamento precisan unha mellora para adecualas ao

crecemento que sufriu esa zona, ocasionando pro-blemas de funcionalidade dos servizos urbanísticos, en especial na rede de sa-neamento.

En consecuencia, faise necesario intervir para so-lucionar estes problemas, polo que se renovarán as acometidas domiciliarias de auga e saneamento afectadas polo cambio de tubaxes. Así mesmo, pre-vese realizar o tendido das tubaxes en redes separti-vas para o saneamento; e a distribución de auga po-table para cada beirarrúa. Colocaranse sumidoiros para pluviais na calzada e dotarase de bocas de rega que satisfagan as necesi-dades da zona.

EN BREVE

4 “Urbanismo en rede”

A Deputación provincial puxo en marcha programa ‘Urbanismo en rede’, a tra-vés do que se pode obter información urbanística de forma inmediata e persona-lizada de varios municipios da provincia, entre eles os de Xinzo, Sandiás e Verín, a través das webs munici-pais e da Deputación.

A iniciativa é froito dun convenio entre o Ministe-rio de Industria, Turismo e Comercio, a empresa Rede.é e o Ministerio de Vivenda, e pretende dar resposta as solicitudes de construtores e veciños in-teresados en consultar os distintos plans de urbanis-mo, referencias catastrais, coordenadas físicas para localizar terreos e espazos destinados a construír vi-vendas e zonas verdes. O proxecto está financiado con fondos comunitarios.

4 Vivenda de promoción pública

Catro vivendas en re-habilitación en Verín e dez máis en construción en Riós é o balance das vivendas de promoción pública que está a execu-tar a Xunta de Galicia na comarca de Monterrei.

Actualmente na provin-cia están en construción 124 vivendas de promo-ción pública en seis con-cellos e outras 34 viven-das en rehabilitación, nas que se inviste máis de 16,5 millóns de euros.

Entrada da rúa Marcelo Macías, no cruce con Curros Enríquez, en Xinzo./P.LODEIRO.

Page 12: Maio 2010 - BXV

12 BARRIOSMaio de 2010

EN BREVE

DEPORTES

Redacción

O Concello de Verín organiza en colaboración con varias entidades da vila as cuartas Xornadas de Deporte e Saúde, co fin de desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veci-ños e veciñas, promoven-do a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular. Nesta oca-sión desenvolveranse en-tre o 18 de maio e o 5 de xuño.

A primeira actividade programada é un curso de ioga na piscina climatiza-da os días 18, 20, 25 e 27.

Na xornada do 22 de maio dispútase o Campio-nato Galego de Wushu, no pavillón de deportes, con competicións, exhibicións e combates desde as 10.

A programación tamén inclúe varias andainas, organizadas polo centro da terceira idade. Os días 25 e 28 de maio haberá dúas a Monterrei, de seis quilómetros cada unha; o

día 1 de xuño haberá outra entre o barrio de San Antón e Cabreiroá, e o 4 de xuño unha entre Verín e Vilaza, ambas as dúas de nove qui-lómetros.

O 27 de maio terá lugar unha exhibición das Esco-las Deportivas Municipais, a partir das 18 horas no pa-villón.

O 28 de maio, os rapa-ces dos cursos de natación teñen unha festa na piscina para pechar o curso.

IV “Deporte e Saúde”O 29 de maio celébrase

o IV Encontro “Deporte e Saúde”, unha iniciativa programada para asocia-cións rurais e de mulleres da provincia que desenvol-ven durante o ano activida-des deportivas saudables, socios e alumnos de cursos de instalacións deportivas e centros sociais, e integran-

Unha actividade colectiva na última xornada de “Deporte e Saúde”. /SAUDETER.

Deporte e saúde para todos en Verín4 Ata o 5 de xuño en varias instalacións deportivas da vila.

tes de colectivos parti-cipantes en actividades específicas como baile, taichi, pilates ou ioga.

Dende as 18 horas no complexo polideportivo A Granxa haberá activi-dades como aeróbic, ba-tuka, pilates, taichi, bailes lations, salón, wellness, entre outras, así como es-pectáculos audiovisuais, animacións e exhibicións compoñen a programa-ción desenvolvida por técnicos de Saudeter.

O 30 de maio é o tur-no para a III Marcha Ci-cloturista BTT, con dous percorridos, un de 35 qui-lómetros e outro de 50.

O I Campionato de Ca-chibol disputarase o día 31, ás 10:30 horas no pa-villón de deportes.

Dúas charlas, “A doma clásica na equitación”, o 1 de xuño, e “Depor-te base-Escola de vida”, o 4 de xuño, e un curso de Primeiros Auxilios, o 2 de xuño, completan a programación, que se pecha o 5 de xuño co I Torneo Internacional de Fútbol 7 - Benxamín, en A Granxa.

4 Convenio de natación

O Centro Sociocomu-nitario da Xunta de Ga-licia en Verín e a Piscina Climatizada do municipio estableceron un convenio para impartir clases de natación a persoas da 3ª idade.

As clases teñen lugar os martes e xoves, de 10.45 a 11.30 horas co obxecti-vo de acadar os seguintes beneficios: mellora da cir-culación sanguínea, fun-cións cardíacas, funcións pulmonares, incremento da resistencia, tonifica-ción muscular, relaxación muscular e mellora da mobilidade articular.

Por outra banda, a Pisci-na Climatizada acollerá o 28 de maio, a partir das 17 horas, unha festa infantil para nenos dos cursos de natación desta instalación, con motivo da clausura dos mesmos.

4 Curso de Salvamento Acuático

O departamento de Servizos Sociais-Volun-tariado de Verín promove un Curso de Salvamento Acuático, en colaboración con Cruz Vermella e a Consellería de Traballo de Benestar.

Para participar nesta actividade, de 65 horas de duración e prazas limi-tadas, é necesario posuír un Curso de Primeiros Auxilios, coñecementos de natación e capacidade de traballo en equipo. Ao finalizar, os participantes recibirán un diploma ofi-cial acreditativo da Cruz Vermella.

[+ info: oficina da Cruz Vermella en Verín, [email protected] ou 988 411 600]

A II Andaina da Limia xa en marcha4 Na mesma xornada, 30 de maio, celébrase en Sandiás a I Ca-rreira Popular Torre de O Castro. Redacción

A Asociación Cultural Traslasxas, de Xinzo de Limia, organiza por se-gundo ano consecutivo a andaina da comarca da Limia, a cal permite non só ofrecer á poboación un especial atractivo para a práctica dunha actividade vinculada á natureza e a saúde, como o sendeiris-mo ou o “turismo ecoló-xico”, senon que supón un instrumento de impulso do desenvolvemento ru-ral sostible, potenciando a diversificación económica e a dinamización social do medio rural, permitin-do chegar a aquelas áreas cuxo acceso por outros medios resulta compli-cado, que é o obxectivo desta asociación ademais de pór en valor os recur-sos naturais, etnográficos e culturais da zona.

O percorrido é sensi-blemente distinto ao do ano pasado sen deixar de apreciar e coñecer luga-res distintos da comarca. Comezarase a ruta desde Boado ascendendo pola ladeira sur da torre de Pena para logo descender ata a aldea de Solveira. De alí, marcharase por prados e veigas ata o río Limia, que se seguirá ata a meta, de novo en Boado. En to-tal, preto duns 20 quiló-metros cunha dificultade media-baixa, segundo a asociación.

Ao longo do percorrido haberá puntos de avitua-

llamento e ao finalizar ofre-cerase un pequeno xantar a base de empanada, bocadi-llos e postre.

Como novidade, este ano establécese un concurso de fotografía que premiará con 50 euros á mellor foto da andaina. Finalizarase o día cun sorteo de agasallos relacionados co mundo do deporte e a natureza.

A inscrición, que ten un custo de 9 euros, está aberta ata o 27 de maio, e pódese realizar no Bar Fentos (r/Toural, Xinzo), en Bicicle-tas da Cunha (r/Progreso, 75, Ourense) ou mediante transferencia bancaria no Banco Gallego.

I Carreira PopularPor outra banda, na mes-

ma xornada do 30 de maio a asociación Limiactiva en colaboración co Conce-llo de Sandiás organiza a I Carreira Popular Torre de O Castro. Disputarase en categoría absoluta (7,900 metros), escolar (2.000 me-tros) e pitufos (350 metros). As inscricións pódense rea-lizar ata o 29 de maio, cus-tando 3 euros na categoría absoluta e sendo gratuíta nas outras dúas.

A saída darase ás 11:30 na carreira absoluta desde diante da casa consistorial de Sandiás. Todos os atletas que cheguen a meta recibi-rán unha camiseta técnica. [+ info Andaina Limia: www.traslasxas.com ou 678 70 31

92; Carreira Popular: [email protected] ou no 665

936 887]

Durante 18 xornadas, Verín acollerá competicións deportivas de wushu ou fútbol 7, varias andainas, exhibicións, charlas e o IV Encontro “Deporte e Saúde”

Page 13: Maio 2010 - BXV

BARRIOSMaio de 2010

13OCIO E CULTURA

EN BREVE4AS IMAXES DO MES4 Concurso de narrativa

A Eurocidade Chaves-Verín e a Biblioteca Públi-ca Municipal organizan un Concurso de Narrativa, co fin de fomentar a escritura es os valores culturais e deportivos entre os nenos da comarca.

No certame pode parti-cipar o alumnado dde en-tre 10 e 14 aos dos centros educativos da comarca de Verín ou de Chaves, pre-sentando relatos orixinais e inéditos, dun máximo de catro folios manuscritos, sobre a temática “A Bi-blioteca Fantástica”. , Os traballos deberán entregar-se na Casa do Concello de Verín antes do 28 de maio. Os participantes entrarán no sorteo de material de-portivo doado por diveros clubs de fútbol.

4 Ludoteca de verán

Abríu o prazo de ins-crición do servizo de Lu-doteca de Verán de Verín, organizada pola Oficina Municipal de Informa-ción Xuvenil (OMIX) e o Centro de Información ás Mulleres. A ludoteca vai dirixida a cativos de 3 a 8 anos, para os que haberá obradoiros, xogos por ordenador, animación á lectura, contacontos ou piscina, entre outras acti-vidades. Desenvolveranse no CEIP Amaro Refoxo e na Casa da Xuventude.

O servizo comezará o 23 de xuño e finalizará o 8 de setembro, e ofrecerase de luns a venres, de 10 a 13.30 horas, con distribu-ción dos rapaces por ida-des e co apoio de persoal cualificado.

As solicitudes presén-tanse na OMIX.

[+ info: 988 414 776]

Festa dos Maios Media ducía de escul-

turas feitas con elementos naturais, música tradicio-nal, xogos populares, co-mida de romaría e repar-to gratuíto das coplas do Certame Enrique Gómez Pato, ambientaron a cele-bración da festa dos Maios en Verín.

A Alameda da vila do Támega reuníu, a partir do mediodía do 1 de maio, os “Maios” elaborados polo alumnado dos CEIP Amaro Refojo e Princesa de España, así como po-las asociacións culturais “Verinense de Amigos da Música”, “Sons do Mes-tremiro” e “Chavorrí”, e o Verín C. F.

Unha polbeira e a ban-da de gaitas da localidade animaron a festa, coa que se ensalza a chegada da primavera.

‘Maios na Fronteira’

Un total de 100 alumnos do colexio rural agrupa-do de Monterrei, xardín de infancia Vila Verde da Raia e escola de 1º Ciclo Vila Verde da Raia par-ticiparon no intercambio cultural ‘Maios na Fron-teira’, realizado en Feces de Abaixo.

A actividade foi orga-nizada pola Eurocidade Chaves-Verín co obxec-tivo de que os nenos luso coñecesen a festa dos Maios. Os participantes elaboraron as tradicionais esculturas de xestas, flores e plantas silvestres, cadros para recordar esta iniciati-va e coroas de xestas. Con posterioridade recorreron Feces de Abaixo cantando coplas realizadas por eles mesmos, almorzaron to-dos xuntos e participaron en xogos populares.

Un dos “Maios” presentados en Verín. /BORYS INTERFILM

Termalismo social para os maiores de Monterrei Redacción

O presidente da Cámara de Chaves, João Gonçal-ves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, presentaron unha nova edición do programa Ter-malismo Social, que ofre-cerá tratamentos termais aos maiores de 50 anos de Chaves e da comarca de Monterrei.

Esta cuarta edición permitirá que as persoas maiores de 50 anos acudan durante nove días (desde o 24 de maio) ás Termas de Chaves - Spa do Empera-dor, facendo o tratamento que, en cada caso, o médi-co hidroloxista lles pres-criba nunha consulta, a un prezo vantaxoso.

As inscricións realízan-se ata o 20 de maio, no Gabinete de Apoio Técni-co da Eurocidade.

Fins de semana saudablesAdemais, a Eurocidade

propón os Fins de Semana Saudables 2010, en cola-boración coas empresas de restauración e hoste-lería de Chaves e Verín, e do Spa do Emperador. Por 135 euros para dúas per-soas (93 euros para unha persoa), o programa inclúe dúas noites, con aloxamen-to e almorzo, máis catro prácticas termais.

Por último, os días 5 e 6 de xuño terá lugar a 2ª edición do Fin de Sema-na Termal, destinada aos veciños de Verín e Cha-ves, con dúas ofertas de tratamentos, por 35 ou 38 euros. As inscricións poden realizarse ata o 2 de xuño no Gabinete de Apoio da Eurocidade. Rapaces participantes en “Maios na Fronteira”. /EUROCIDADE.

Page 14: Maio 2010 - BXV

14 BARRIOSMaio de 2010

ARTIGOS

[Chame a Teleemprego Cimo - 988 39 15 25, de luns a venres de 8 a 14 horas. Máis información: www.cimoemprego.com]

4EMPREGO

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Estas tres rexións teñen mil marabillas que visitar. Hoxe unha vez máis, imos fa-cer unha referencia especial á tradicional gastronomia da tan envolvente “raia seca”.

Así, iniciamos este perco-rrido gastronómico no Miño, podendo aquí apreciarse, na maioría dos restauran-tes o característico arroz de sarrabullo e os rixóns á maneira do Miño, acompa-ñados polo non menos típico viño verde.

No percorrido para o nor-deste é obrigatorio unha parada no concello de Mon-talegre onde se pode comer unha das mellores carnes de tenreira. Continuando, ato-pamos a bonita vila de Boti-cas, tamén coñocida como a Venecia de Tras os Montes. Aquí , no restaurante Al-bergaría Beça convidamos a saborear, talvez a mellor carne de terneira (posta á barrosã) da Península Ibéri-

ca, como tamén o xenuino e auténtico cabrito da monta-ña; non esquecendo as típi-cas torradas de postre. Logo ao lado, aparece a cidade de Chaves, para degustar o ba-callau gratinado. Un pouco máis abaixo, é obrigatorio descender á famosa Vila de Vidago, onde se sitúa a mellor tasquiña do Alto Tâ-mega: Casa do Souto Vello, para deleitarse cos produtos biolóxicos do porco celta e unha coxiña rexional dos tempos ancestrais.

Despois, atravesamos a fronteira e somos pronto tentados a saborear o tan suave chupito de licor café no bar Meigallo, en Verin, ben frecuentado tamén polos turistas raianos. Outros máis esixentes acuden a Ourense, a apreciar o ambiente tan envolvente e acolledor do casco vello, onde a rúa dos viños é única en Europa, con pinchos variadíssimos; no

Galizabar Casa do Pulpo encon-tramos a cecina de ternei-ra, un pincho asturiano tan especial e saboroso; indo de encontro ao bar Xamóns Xavier Martinez, situado na praza do Conde, imos atopar un delicioso viño blanco e toda unha varie-dade dos mellores embuti-dos con especial destaque para o combinado de ceci-nas (terneira, cervo, xaba-rín e cabalo).

Perante a actual falta de calidade dos produtos alimenticios, pensamos dar unha gran relevancia a esta temática, chamando a atención para aquilo que aínda hai de mellor nestas, aínda, tradicionais rexions fronteirizas. E sabemos ben como é importante comer correctamente , pois como dicía Sir William ,”nós so-mos aquilo que comemos”

Joao Damiao, [email protected]

Os días pasaban presa da verdade que me deso-laba, fervéndome a alma, feríndome con ansia. Lem-branzas que non esquecía, verbas que me invadían retumbándome no interior. O meu ser murcho polas feridas por non ser quen de entenderte, de non sa-ber evitar o teu dano.

Colérica pola dor, sen bágoas polas noites de insomnio, sen inspiración para cambiar o rumbo dos meus pasos. Sabía que non podía durar así moito tem-po, que tiña que sobrevivir á tristura, que tiña que vol-tar ser a persoa que antes do teu desprezo fora. As miñas interrogantes cada vez máis me levaban a un nome, a un auxilio, a un aturuxo de socorro, Paula. Desta vez non o dubidei un intre:

Corrín a súa calle, tim-brei na súa porta. Só un in-tercambio de miradas fixo falta para que me abraza-ra, para deixarme un ana-co de ombreira onde poder consolarme. Nin unha ver-ba cruzada que me fixera sentir de novo presa do meu silencio.

Convidoume a un café, e con tacto, con palabras re-collidas do seu interior con agarimo fíxome entreabrir os ollos para ver un mun-do diferente.Da mesma forma que ela me convida-

4RELATO

ba a coñecer o seu presente eu funlle revelando todo o que pasara, todo o que me facía sentir vacía, sen ga-nas de nada, sen ganas de sentir calor pero tampouco sen querer morrer co frío de sentimentos bacios.

Cando cheguei a casa, vina menos branca, menos deshabitada menos doloro-sa.

O día seguinte, temendo que a rutina me voltara a espantar a ledicia da miña alma un ruído novedoso fíxose dono do silencio do fogar. O teléfono sonaba como antano o facía a me-nudo.

O final deixeime conven-cer e fun dar un paseo con Paula, a verdade é que me sentía mellor, todo parecía menos negro cando a calor doutra alma espantaba a soedade da túa, cando o si-lencio deixaba de perseguir-te e ouvías algo máis que as túas verbas adormecidas e os teus remordementos por un pasado mellor, can-do as lembranzas… unha visión ferinte quitoume de súpeto deste estraño sen-timento que facía moito tempo que non experimen-taba, en fronte estabas ti… ti, meu doce anxo sorrindo con ese ledo sorriso que me adicabas antano, con ese destello nos ollos namora-do…susurrando o meu…. Mirei para atrás, alí tamén

Lembranzasestaba ela, detrás miña, mi-rándote como ti a mirabas, unha estraña fusión, podía-se distinguir entre as vosas miradas… e eu… eu… nin Paula pudo pegar de min… púxenme a correr, a dor re-corría o meu estómago tan bruscamente que me daban gañas de acurrucarme na estrada, as miñas pernas fraqueaban, pero non de-sistín… Cheguei a casa, metinme na cama, tapada coas mantas ata que quedei inconsciente pola dor, polas lembranzas… que só eran iso lembranzas… salouquei, dormín.

“Lembranzas que non se van, lembranzas que te fan sentir intolerante, confusa, magoada, impotente, in-comprendida. Lembranzas que queren resurxir e voltar a ser presente no futuro da túa vida. Lembranzas que volven, que marchan e vol-ven de novo. Pero elas non son as donas do teu ser, non poden imporse na túa vida como puñaladas que se che cravan no interior cada vez máis incesantes en busca de abrir vellas feridas. Só hai que convencerse de que un novo camiño se abre, unhas novas oportunidades, un raio de luz.”

Abrin os ollos, VIVÍN!:Esquecendo as lembran-

zas.Bea Losada

4EN FORMA

A maioría dos nosos mu-nicipios están conformados por un núcleo máis ou me-nos grande de poboación e pequenas aldeas, no primei-ro concéntranse xeralmente todas as ofertas culturais, deportivas, etc. pero non debemos esquecernos da multitude de pequenas al-deas que polo xeral quedan ignoradas nesas ofertas. Sendo as persoas que viven afastadas dos grandes nú-cleos de poboación as que teñen moitas máis dificul-tades para gozar desas ac-tividades polas distancias que teñen que percorrer, o tempo empregado ou “per-dido” nos desprazamentos, a necesidade dun medio de transporte, etc. Unha so-lución é a de levar até os diferentes recunchos as ac-tividades físicas saudables, algo así como o que leva o pan ou o peixe ás aldeas.

De todas as administra-cións públicas os concellos son as máis próximas aos cidadáns, por iso convér-tense nos núcleos idóneos para fomentar e organizar accións encamiñadas a mellorar a saúde e a ca-lidade de vida de toda a poboación. Na actualizade

Aldeas saudables

xa son varios os municipios próximos a nós que se con-verten en parte activa des-te labor transformándose, nalgúns casos, en lugares óptimos para a consecu-ción deste obxectivo.

Esta adaptación vira ao redor de tres elementos fundamentais, o primeiro é a xeración, oferta, acondi-cionamento e dotación de espazos e instalacións di-rixidos á práctica de activi-dades físicas como as pro-pias instalacións deportivas municipais, pero tamén acondicionando diferentes locais en distintos pobos e barrios como a antiga es-cola rural, a sede dalgun-has asociacións veciñais, etc., pero non só as infra-estruturas son necesarias senón que é preciso equipa-las axeitadamente, por iso o segundo elemento sobre o que se incide é no forne-cemento de equipamentos deportivos adecuados para a práctica das actividades físicas e deportivas, que non supón moita dotación xa que a maioría dos exer-cicios que se realizan non requiren apenas material, ás veces un simple equipo para escoitar música, uns

globos ou unhas poucas pelotas de goma son su-ficientes; pero todo estes esforzos económicos e administrativos non terán resultados positivos si fal-tase o terceiro, e creo que máis importante elemen-to, que é o investimento en recursos humanos, animadores, monitores e técnicos ben cualificados que organicen, planifi-quen e leven á práctica os programas encamiñados á mellora da saúde e a ca-lidade de vida.

Ás veces crese que todo este proceso supón un gran traballo de organi-zación e un alto investi-mento, os dirixentes dos concellos que o están realizando saben que non é así, que o custo econó-mico non é tan elevado, e a longo prazo resultará ridículo en comparación coa compensación de go-zar dunha cidadanía con mellor saúde e calidade de vida xa que unha po-boación activa é unha poboación máis sa.

José Manuel Paredes González, licenciado en

Educación Física, SAUDETER

Oferta Nº 974948 Localidade: Xinzo de Limia Posto ofertado: Xefe de almacén. Realizará tare-fas de xestión de almacén e pedi-dos, así como control de calidade e stock. Necesarios coñecemen-tos de ofimática a nivel usuario e un ano de experiencia no posto. Ofrecen contrato temporal con posibilidade de pasar a indefini-do. Horario de 8:00 a 13:30 e de 15:30 a 19:30 horas. Con carné B e vehículo propio.Oferta Nº 974580 Localidade: Xinzo de Limia Posto ofertado: Dependente de droguería. Comer-cio dedicado á venda de produtos de droguería precisa persoal para realizar atención de clientes. Ne-cesaria experiencia en atención ó público e residir na zona. Traballo a xornada completa.Oferta Nº 975046 Localidade: Lobios Posto ofertado: Téc-nico/a de marketing. Precísase persoal para realizar a comercia-lización dos servizos ofertados dun hotel, dar a coñecelo, realizar

promocións e posicionalo nos di-ferentes recursos a través de inter-net. Tamén apoiará en tarefas de atención ó cliente. Imprescindible experiencia no posto, coñecemen-tos medios ou altos de ofimática e vehículo para chegar ó lugar de traballo.Oferta Nº 975033 Localidade: Celanova Posto ofertado: En-cargado/a de matadoiro. Precísase persoal con seis meses de expe-riencia no posto para a organiza-ción das quendas de traballo e para o control da produción en cadea. Necesario carné B, vehículo para chegar ó lugar de traballo e ter menos de 46 anos. Ofrecen xorna-da completa en horario de 6:00 a 14:00 horas de luns a venres.Oferta Nº 974947 Localidade: Allariz Posto ofertado: Cociñei-ro/a para restaurante. Requírese persoal para traballar nun restau-rante elaborando primeiros pratos e grelladas. Necesaria experiencia de un ano no posto e vehículo para chegar ó lugar de traballo. Ofrecen

contrato a media xornada de luns a xoves e o fin de semana a xornada completa, cun día libre pola sema-na. Entre 18 e 50 anos.Oferta Nº 974847 Localidade: Allariz Posto ofertado: Coida-dor/a de nenos. Domicilio particu-lar situado nun pobo a catro quiló-metros de Allariz, precisa persoal para realizar as tarefas do fogar e o coidado dun bebé de cinco me-ses. Necesaria experiencia acredi-tada na atención de nenos, residir na zona e ter carné B e vehículo propio. Horario de 10 a 16 horas, con dispoñibilidade para traballar algunha tarde. Entre 25 e 55 anos.Oferta Nº 974794 Localidade: Allariz Posto ofertado: Em-pregado/a do fogar (Interno/a). Precísase persoal con experiencia acreditada no servizo doméstico e coñecementos de cociña para realizar tarefas de limpeza e coi-dado duns nenos. Ofrecen traballo como interno/a con oito horas de traballo diario. Valórase permiso de conducir

Page 15: Maio 2010 - BXV

BARRIOSMaio de 2010

15

4TELÉFONOS DE INTERESEComarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 002 Concello de Oimbra 988 426 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 425 032Concello de Castrelo de Val 988 419 002Concello de Laza 988 422 002Concello de Cualedro 988 424 004Comisaría de Policía Verín 988 414 123Policía Local Verín 988 411 612Guardia Civil 988 410 005Protección Civil 988 412 121Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 812Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 212IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 425CEIP Princesa de España 988 410 128Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmirás 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 002 Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Guardia Civil 988 462 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada 988 460 258Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Sergio Mascareñas 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024ITV 902 309 000Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións:Saudeter, Beatriz Losada, Joao Damiao, Borys Martínez

Nº42 - Ano: V - Maio 2010 - Difusión: 10.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.500, Ed. Verín: 5.500) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

SERVIZOS

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

Verín - Xinzo - OurenseLaborables: 06:15 - 08:00 - 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sá-bados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00

Ourense - Xinzo - VerínLaborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 - 20:15 (aut.) - Domingos e festi-vos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.)

Videferre - VerínSaídas: 09:00 - 12:30 - Regre-sos: 11:45 - 13:45 - 18:30

Campos - VerínSaídas: 07:45 - Regreso: 13:00

Viana - Gudiña - VerínSaída: 09:30 - Regreso: 13:00

Feces de Abaixo - VerínSaídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00

Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30

Verín - Videferre (feiras)Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 - 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e ven-res ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xo-ves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZOA Madrid (Auto Res): Dia-rio: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

4CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no

988 239 634 ou en [email protected].

Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante

dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese

prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

TRABALLO

MOTOR

PISOS

Vendo cafeteira de bar marca Azkoyen en perfecto uso. Pre-zo a convir. Tel. 659 470 892 e 988 46 06 02Vendo ordenador pantalla plana, pentiun IV. Tfn. 627 628 139Vendo bicicleta plegable a es-trenar. Ideal para llevar en el maletero. Prezo: 60 euros. Tel: 659 719 968.Vendo centro de planchado e freidora a estrear por 150 euros. Tel: 616 786 607.Vendo colchón matrimonio Flex sen estrear anti ácaros 170 euros. Tel. 655 64 12 49.Por peche de tenda de arranxos de roupa, véndese: cremalleiras, puntillas, fíos, guatas e similares. Tel. 663 528 561. Prezo moi razoable. Vendo cámara Canon 8mm super 8 autozoom. Prezo a convir. Tel: 647 955 887.

VENDAS

Fanse traballos de ganchillo, xoieiros, adornos, tamén por encargo. Tel. 676 928 045. Pintor autónomo realiza todo tipo de traballos en pintura e decoración. Pisos desde 400 euros. Presupostos sen com-promiso. Tel. 663 171 301 e 617 789 080.

[Envíanos as túas cartas ou queixas por correo electrónico a [email protected], [email protected],

ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e

deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publica-

ción así como o de extractar os textos que estime oportuno]

4Música- 21 de maio - Guezos e

Xanonoto - 23:45 h. - La Casa de los Sueños - Verín4Exposicións- Ata o 1 de xuño - His-

torias de Merce Rancaño - Casa do Escudo de Verín4 CinemaCine Club Nosferatu - -

22.45 h. - Casa da Cultura de Verín:

- 20 de maio - “El espía que surgió del frío” de Mar-tin Ritt

- 27 de maio - “El carni-cero” de Claude Chabrol4 Outros- 22 de maio - Campiona-

to Galego de Wushu - Des-de as 10 h. - Pavillón De-portes Verín

- 27 de maio - Acto litera-rio e musical: “Camiños de amor e lúa. Poesía e música no camiño”, con Xosé Car-los Caneiro e José Manuel Salgado. - 20:30 h. - Casa da Cultura de Verín

- 1 de xuño - Charla ‘A Doma Clásica na Equita-ción” - 20 h. - Casa da Cul-tura de Verín

- 4 de xuño - Charla ‘De-porte Base-Escola de Vida - 19 h. - Casa Cultura Verín

- 10 e 11 de xullo - Ex-posición monográfica do pastor alemán - Zona poli-deportiva O Toural - Laza

Máis información en www.mundourense.com

4AXENDA

4CARTAS AO DIRECTOR

4 Fotografías de Merce Rancaño

Ata o 1 de xuño, a Casa do Escudo de Verín aco-llerá a mostra ‘Mérce Rancaño: fotografías’, que recolle unha trinte-na de fotografías en cor, branco e negro que amo-san natureza, arquitectura e paisaxes fundamental-mente galegos.

A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

4 Xuntanza de gaiteiros

O Concello de Monte-rrei organiza en colabo-ración coa Deputación o sábado 12 de xuño a XXV Xuntanza Internacional de Gaiteiros na que se darán cita algúns dos mellores grupos e solistas a nivel internacional, que amosa-rán a súa destreza e arte como gaiteiros.

O encontro terá lugar a partir das 19 horas no Castelo de Monterrei. Ac-tuarán grupos e gaiteiros de diferentes puntos de Galicia, España e do es-tranxeiro (Escocia, Italia, Serbia e Xapón). Pechará a Real Banda de Gaitas da Deputación que presenta-rá o audiovisual “A Real Banda en China”.

Vendo quad yamaha 125 se-minovo. 200km. Varios extras, puños calefactables, maleta traseira, etc. 2.500 euros. tel. 600 407 572.

Page 16: Maio 2010 - BXV

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOSMaio de 2010

Page 17: Maio 2010 - BXV

BARRIOS - VERÍN volve estar no seu buzón a mediados de XUÑO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Número: 42 - Ano: V- Maio 2010 - Depósito Legal: 0U 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

VERÍN Páx.4 DEPORTE Páx.12VERÍN Páx.4 COMARCA Páx.6O alcalde defende o trazado do futuro vial que pasará por Ábedes

Martínez visita o vial que a Xunta vai arranxar en Vilardevós

Alumnos do García Barbón participan en Proxecto Comenius

18 xornadas de deporte e saúde para todos en Verín

O campo de fútbol de A Granxa foi renovado grazas aos fondos FEIL; agora, os fondos FESSL de 2010 financiarán os traballos pen-dentes na zona: o peche da zona deportiva, o edificio para aseos e a instalación de calefacción e auga quente sanitaria. /P.LODEIRO.

Vicente Gómez, novo edil socialista en Verín

[páx.3]

Novo aspecto para a área deportiva de A Granxa [páx. 2]

4 SUMARIOPresuposto de Verín para 2010: 10,1 millóns_ [páx.3]

Denuncian novas verteduras ao río Támega___ [páx.4]

O BNG reclama un conve-nio colectivo para a BRIF de Laza________ [páx.5]

Primeiros convenios do Plan Hurbe______ [páx.6]

Traballadores da vidrieira tachan de “insensibles” á administración autonómica e xudicial______ [páx.10]

Obras na praza de San-ta Mariña e a rúa Marcelo Macías en Xinzo_ [páx.11]

Deportes_______ [páx.12]

Ocio e cultura__ [páx.13]

Artigos, clasificados e axenda_____ [páx.14-15]

Page 18: Maio 2010 - BXV

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOSMaio de 2010