12
BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Maio 2015 - Nº 188 O Departamento de Xuventude do Concello de Vedra en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia está a organizar un campamento para o verán. (está pendente a adxudicación de instalación e datas) Serán requisitos para participar ter entre 9 e 13 anos e figurar no padrón municipal de habitantes de Vedra, polo menos cun ano de antigüidade; entre outros!. Ao longo do mes de maio achegaremos máis información a través das redes sociais e realizaremos difusión nos centros educativos de Vedra. EXPOSICIÓN PINTURA NO MUSEO PAZ CAMPS OS BOLECHAS EN VEDRA CO FALAREDES 2015 CAMPAMENTO DE VERÁN 2015 CULTURA … Exposición de Pintura no Paz Camps. Do 14 de maio ao 14 de xuño. ... Programa de actividades da 3ª Idade de Vedra: Excursión á cidade da Coruña Mércores 6 de maio. Escola de Saúde: “Podoloxía; prevención e tratamento dos pés” Xoves 7 de maio. Bingo. Xoves 21 de maio. Circuíto Termal nas Termas de Outariz. Mércores 27 de maio. Excursión “Ruta ANDALUCÍA” Do 8 ao 14 de xuño. ... Clausura da tempada de actividades deportivas do Concello de Vedra Xoves 28 de maio. ... Novo obradoiro do Programa Posta a Punto. Venres 29 de maio. ... Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala en Touro. Sábado 30 e domingo 31 de maio. ... Abre o prazo de solicitude de praza no Servizo de Gardería Municipal ... AXENDA PARA MAIO...

Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

BOLETÍNINFORMATIVO

MUNICIPALMaio 2015 - Nº 188

O Departamento de Xuventude do Concello de Vedra en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia está a organizar un campamento para o verán. (está pendente a adxudicación de instalación e datas)Serán requisitos para participar ter entre 9 e 13 anos e figurar no padrón municipal de habitantes de Vedra, polo menos cun ano de antigüidade; entre outros!.Ao longo do mes de maio achegaremos máis información a través das redes sociais e realizaremos difusión nos centros educativos de Vedra.

• EXPOSICIÓN PINTURANO MUSEO PAZ CAMPS

• OS BOLECHASEN VEDRACO FALAREDES 2015

CAMPAMENTO DE VERÁN 2015

CULTURA

… Exposición de Pintura no Paz Camps.

• Do 14 de maio ao 14 de xuño.

... Programa de actividades da 3ª Idade de Vedra:

• Excursión á cidade da Coruña

Mércores 6 de maio.

• Escola de Saúde:

“Podoloxía; prevención e tratamento dos pés”

Xoves 7 de maio.

• Bingo.

Xoves 21 de maio.

• Circuíto Termal nas Termas de Outariz.

Mércores 27 de maio.

• Excursión “Ruta ANDALUCÍA”

Do 8 ao 14 de xuño.

... Clausura da tempada de actividadesdeportivas do Concello de Vedra

• Xoves 28 de maio.

... Novo obradoiro do Programa Posta a Punto.

• Venres 29 de maio.

... Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala en Touro.

• Sábado 30 e domingo 31 de maio.

... Abre o prazo de solicitude de praza noServizo de Gardería Municipal

... AXENDA PARA MAIO...

Page 2: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

2

FOI EN ABRIL!!

Nesta edición... Os Bolechas van a Vedra como protagonistas

TODO COsMOs FEIRA VEDRA

Observación de estrelas. Unha das actividades do programa

ROMERíA DA TERCEIRA IDADE

Un ano máis reunida a 3ª Idade de Vedra

Proxección do documental “Unitarias”Obradoiro “Incubadora de Proxectos”

Page 3: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

3

CULTURA

EXPOsICIÓN PINTURA NO MUsEO PAZ CAMPsApertura o 14 de maio ás 20 h.

O mes de maio será o mes da pintura, nunha nova cita cultural en Vedra.

Nesta ocasión será a actividade de pintura e as persoas participantes as que nos propoñen esta alternativa que durante un mes encherá o museo Paz Camps de contido pictórico e actividades relacionadas coa mesma.

A exposición abrirá as súas portas o vindeiro xoves 14 de maio ás 20 horas cunha presentación da mesma que correrá a cargo do mestre Delio Sánchez.

Ademais A MAÑÁ DO SÁBADO 16 DE MAIO ACTIVIDADE LIBRE E GRATUÍTA DE PINTURA PARA NENOS E NENAS DE ENTRE 8 E 12 ANOS.

Para participar só tes que achegarte polo museo a partires das 10.30 h!!

Os BOLECHAs EN VEDRA CO FALAREDEs 2015

Arranca a cuarta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes!

E faino, coma sempre, con propostas de lecer en galego pensadas para todas as idades coas que promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia. As novas actividades chegarán desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan na RDL en concellos da súa competencia territorial.

Unha delas …

Os Bolechas na máquina do tempo

Os xa famosos Bolechas, deseñados por Pepe Carreiro, volverán darse cita desde a primavera cos seus amiguiños e amiguiñas máis fieis, a cativada de entre 4 a 8 anos, nunha nova viaxe chea de aventuras e de diversión.

Logo de deixar atrás o Sabichón, os irmáns e o seu inseparable Chispa atoparán un aparello que os teletransportará ata o futuro converténdoos en adultos: a máquina do tempo. O doutor Apolodoro -o científico turuleque dono da máquina- levaraos a coñecer diferentes etapas da historia nunha viaxe temporal onde os Bolechas terán que valerse da inestimable axuda do público para regresaren ao presente e á infancia.

Os Bolechas na máquina do tempo é un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista no que se simulará unha aventura a través do tempo. Braulio mandará a Carlos e a Pili ao futuro na máquina do doutor Apolodoro, que se estraga e acabará por teletransportar os dous irmáns á Prehistoria... O enxeño e a habilidade do público serán claves para axudarlles aos Bolechas a regresar ao presente.

Braulio, Carlos, Pili, Loli, Sonia, Tatá e Chispa son un referente positivo galegofalante para a xente miúda da casa, pois Os Bolechas falan sempre na nosa lingua: nos libros, nos programas televisivos e nos espectáculos. Con isto quérese potenciar a identificación dos nenos e nenas asistentes cos seus protagonistas.

Page 4: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

4

EMPREGO + XUVENTUDE

sIsTEMA DE GARANTíA XUVENIL

O Programa de Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos menores de 25 anos ao mercado de traballo. A Recomendación sobre a Garantía Xuvenil establece que os mozos menores de 25 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación despois de finalizados os estudos e quedar desempregados.

QUEN PODE SER BENEFICIARIO:

Os mozos que cumpran os seguintes requisitos:

• Ter a nacionalidade española ou ser cidadán da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza, que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir no territorio español que acredite para traballar.

• Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.

• Ter máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 anos no suposto de persoas cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

• Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.

• Non recibir accións educativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.

• Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participar activamente nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.

COMO PODES DARTE DE ALTA:

Para ser beneficiario da Garantía Xuvenil debes cumprir os requisitos antes mencionados e acceder ao ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil para inscribirte ou pasar polo concello de Vedra. Pódese acceder ao ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil mediante o acceso ao rexistro con DNI electrónico ou

certificado, usuario e contrasinal, de forma asistida por persoal especializado, a través dunha cámara de comercio ou a través do Sistema Cl@ve.

FINALIDADE DO PROGRAMA:

• Para mellorar a empregabilidade: Formación con compromiso de contratación, formación en idiomas e TICs, prácticas non laborais en empresas, impulso FP Dual a través Contrato de Formación e Aprendizaxe, obtención certificados profesionalidade, programa Escuelas Taller e Casas de Oficios, programa de segunda oportunidade (ESO).

• Para mellorar a intermediación: actuacións con axencias de colocación, accións de acompañamento, orientación e información laboral, programas de mobilidade, portal de Emprego e Autoemprego, modernización dos Servizos Públicos de Emprego.

• Para favorecer a contratación: incentivos en cotas da Seguridade Social de ata o 100% para mozos, rebaixa das cotizacións sociais específica para mozos menores de 25 anos en risco de exclusión e/ou con discapacidade, axudas ao emprego para a contratación de mozos durante un período superior a tres meses.

• Para favorecer o empredemento: tarifa plana para autónomos, axudas ao autoemprego para mozos, compatibilizar a prestación por desemprego e inicio de actividade emprendedora, capitalización da prestación por desemprego, segunda oportunidade para emprendedores, fomento da cultura emprendedora, asesoramento e orientación en oficinas de referencia.

MÁIS INFORMACIÓN:De luns a venres de 8.30 a 14.00 horas na oficina da técnico local de emprego do concello de Vedra, ou chamando por teléfono ao 981.81.46.92 ou 669.450.801.

Page 5: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

5

Axudas a mozos e mozas menores de 25 anos (ou menores de 30 cunha discapacidade igual ou superior ao 33%), para a realización de PRÁCTICAS FORMA-TIVAS NON REMUNERADAS en entidades/empresas públicas ou privadas de PAÍSES EUROPEOS.

FINALIDADE:Reforzar a emprega-bilidade e as compe-tencias profesionais dos/as mozos/as non ocupados/as e non

integrados/as nos sistemas de educación ou forma-ción, contribuíndo á mellora da súa formación median-te a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas es-tranxeiros.

MAIS INFORMACION: (A partires da súa publicación no DOG)De luns a venres de 8.30 a 14.00 horas na oficina da técnico local de emprego do concello de Vedra, ou cha-mando por teléfono ao 981.81.46.92 ou 669.450.801.

PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANsNACIONAL XUVENIL (GALEUROPA)

DEPORTE

LIGA E COPA DE FÚTBOL sALA

O pasado 20 de abril disputouse a final da copa de fútbol sala 2015, coa que se pon fin á tempada 2014-2015 das competicións de fútbol sala organizadas no polideportivo municipal polo concello de Vedra.

O equipo vencedor da Copa foi Os Picholeiros, que se impuxo na final por 2 a 0 ao Cervecería la Liga que foi o subcampión, mentres que o terceiro posto foi para o Guadalupe tras superar no partido polo terceiro e cuarto posto nos penaltis ao Taberna do Patio-Café Bar A Senra.

O alcalde Carlos Martínez, nun acto conxunto tamén fixo a entrega de trofeos aos vencedores da liga 2014-2015, onde o campión foi o Vente Vindo, o segundo clasificado os Hígados Prodigiosos e o terceiro clasificado o Cervecería la Liga.

Os conxuntos que recibiron trofeo por ser o máis goleador e o menos goleado foron respectivamente o Vente-Vindo e os Hígados Prodigiosos e o trofeo ao equipo máis deportivo foi para o Maloserá.

EMPREGO + XUVENTUDE

NOVO OBRADOIRO DO PROGRAMA POsTA A PUNTO O venres 29 de maio

Nesta ocasión a cita será para para tratar o tema da orientación socio – laboral.

Baixo o título “Explorando o meu futuro persoal - do meu talento ao emprego” a partires das 20 h na Casa

da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla do 29 de maio, desenvolverase esta nova sesión deste programa.

Page 6: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

6

DEPORTE

XVIII TORNEO INTERMUNICIPAL DE FUTBOL sALA

sENDEIRIsMOsábado16 de maio

FEsTIVAL DE CLAUsURA DE ACTIVIDADEs DEPORTIVAs

CAMPAMENTOs DEPORTIVOs DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Dende hai 17 anos celébrase o Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala que premia aos campións das ligas locais dos concellos participantes. Nesta ocasión o concello organizador é Touro e a data celebración será o 30 e o 31 de maio.

O equipo representante do concello de Vedra é o Vente Vindo, que contamos que logre uns bos e respectados resultados no torneo.

Os Concellos participantes nesta edición do Torneo Intermunicipal de fútbol sala serán: ARZÚA, FRADES, NEGREIRA, ORDES, OUTES, SANTA COMBA, TEO, TORDOIA, TOURO, TRAZO e VEDRA.

Nova etapa do grupo de sendeiristas para cubrir a etapa PADORNELO – O PEREIRO

PARADAS DO AUTOBÚSEstación de autobús: Ás 7 hHipercor ás 7:10 Breixo: 7.15 hLestedo: 7.20 hMosqueiro: 7.30 h

*Para inscribirte nesta actividade chama ao 981 814 691 antes do xoves 14 de maio.

DATA: xoves 28 de maioHORA: ás 17:00 horas LUGAR: Pavillón Municipal de DeportesAs persoas participantes das Escolas Deportivas de patinaxe, baloncesto, baile moderno e karate realizarán unha exhibición das habilidades adquiridas durante este curso que xa remata.Haberá inchables e moita diversión para os partici-pantes.

O concello de Vedra ven de solicitar participar no re-parto de prazas para os CAMPAMENTOS DEPORTI-VOS ofertados dende a deputación da Coruña.Os campamentos vanse a desenvolver o vindeiro mes de xullo e estarán destinados a dous grupos de idade:

• GRUPO A :2005, 2004, 2003, 2002, e 2001.• GRUPO B: 2000,1999 e 1998.

GRUPO PRAZAS DATA INSCRICIÓNSA 3 28 de xuño ao

4 de xulloAta o 29 de maio

B Sorteo na Deputación

19 ao25 de xullo

Ata o 29 de maio

Para o GRUPO A, correspóndelle ao concello a se-lección dos rapaces/zas, utilizando o sistema de sorteo ante o secretario do concello, no caso de que o número de solicitudes sexa superior o de prazas ofertadas.Para o GRUPO B, o sorteo realizarase na Deputación Provincial, entre os inscritos nos distintos concellos.

Este campamento ten unha clara orientación deportiva mediante a realización de actividadesnáuticas, equitación, deporte de aventura, piragüismo, paseos en barco, así como a practica do fútbol,tenis, volei praia, voleibol, baloncesto, aerobic, baile, etc. Este ano, como novidade, engádese unha semana adi-cada os mais maiores, que mesturara talleres de inglés (listening/speaking/reading and writting), xunto co de-porte.A estancia e manutención realizarase nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo da Coruña, durante o mes de xullo. A Deputación asumira a maior parte dos gastos, estancia e manutención, así como o transporte interno para realizar as actividades programadas.A cota por participante será de 85 €Se estás interesado en participar ou en obter máis in-formación sobre os campamentos podes chamar ao teléfono 981 814 691.

Page 7: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

7

INICIATIVAs AsOCIATIVAs

CIRCUíTO GALEGO DE TEATRO AMADOR EN VEDRADA AsOCIACIÓN CULTURAL PAPAVENTOs E A FEGATEA

IX DíA DA BICI DA AsOCIACIÓN XUVENIL A DORNA

sERÁN DAs LETRAs DA AsOCIACIÓN sAN CAMPIOO sÁBADO 23 DE MAIO

A Asociación Cultural Papaventos e a FEGATEA (Federación Galega de Teatro Amador)volven traer teatro a Vedra que se celebrará na casa da 3ª Idade de Vedra e no que se estrearan dúas obras novas de Andaravía Teatro. A programación é a seguinte:

• Sábado 30 de maio: Andaravía Teatro con Brinca Contos (Infantil).

• Sábado 30 de maio: Gargallada Teatro con O Anel Máxico.

• Domingo 31 de maio: Atrezo Teatro con A verdadeira historia de carapuchiña vermella.

• Sábado 6 de xuño: Andaravía Teatro con Maniféstate!.

• Domingo 7 de xuño: Achádego Teatro con O barco sen mariñeiro.

A Asociación Xuvenil “Dorna” organiza o IX Día da Bi-cicleta, que terá lugar na parroquia de Trobe o vindeiro domingo 31 de Maio de 2015 co seguinte programa:

• A partires das 10:00 h. No campo da festa de Trobe, inscrición gratuíta para todos aqueles que queiran participar.

• Ás 10:30 h. Xincana ciclista infantil para os máis cati-vos.

• Ás 11:15 h . Inicio do paseo en bicicleta apto para todo o público que percorrerá o municipio de Vedra con saída e final no campo da festa de Trobe. Distan-cia apróx.16 km.Punto de avituallamento a metade de percorrido.

• Ás 12:30 Exhibición de bici trialAdemais ao longo da mañá:Sorteo dunha bicicleta e agasallos entre os asistentes.

Os primeiros participantes recibirán unha camiseta con-memorativa.Recomendase o uso de casco protector.Probas non competitivas abertas a toda a cidadanía.Menores irán acompañados de adulto.Para +info: 619 942 583 ou visítanos en facebook

19:30 FURANCHO DE GONZÁLEZ• Pequena presentación do autor ao que se lle dedica

o Día das Letras Galegas este ano: Xosé Fernando Filgueira Valverde.

• Lectura e presentación dos mellores relatos e debu-xos do I concurso do serán das letras, e entrega de premios.

21:30 FURANCHO DE CABALEIRO• Actuación para os pequenos e maiores: “Contos da

boa pipa”.

00:00 FURANCHO DE LÓPEZ• Foliada

AO LONGO DA NOITE ACTUARÁN• Pandereteiras de Aríns.

• Pandereteiras de Codeso.

• Pandereteiras da Baña.

• Pandereteiras Silandeiras.

• Pandereteiras Dedaleiras.

ORGANIZA:Asociación Cultural San Campio

e Pandereteiras Dedaleiras.

Page 8: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

8

INICIATIVAs AsOCIATIVAs

I CONCURsO DE RELATOs “serán das Letras”

CATEGORÍAS

• De 3 a 6: Agasallo para todos os participantes.

• De 7 a 9: Agasallo dun vale por 50 € en material de libraría e distinción para aos 3 mellores relatos.

• De 9 a 12: Agasallo dun vale por 50 € en material de libraría e distinción para aos 3 mellores relatos.

• De 13 a 17: Agasallo dun e-book (libro electrónico), e distinción aos 3 mellores relatos.

• De 18 en adiante: Agasallo dunha cea para dúas per-soas, e distinción aos 3 mellores relatos.

BASES DO CONCURSO:

• Categoría de 3 a 6: Debuxo relacionado co lugar onde vives.

• Categoría de 7 a 9: Relato curto ou poesía manuscri-to ou a ordenador, de só unha cara e en galego.

• Categoría de 9 a 12: Relato curto ou poesía manus-crito ou a ordenador, de só unha cara e en galego.

• Categoría de 12 a 18: Relato curto ou poesía manus-crito ou a ordenador, de só unha cara e en galego.

• Categoría de 18 en adiante: Relato curto ou poesía manuscrito ou a ordenador, de só unha cara e en ga-lego.

• Temática libre.

• Forma de entrega: Na Taberna do Ferrador ou no concello de Vedra. O relato ou debuxo irá sen asinar, introducido dentro dun sobre grande, neste poñere-mos só a categoría na que se participa, e no mes-mo sobre introduciremos outro de menor tamaño cos datos persoais (Nome, Apelidos, teléfono e data de nacemento) dos ou das concursantes. Data límite de entrega o 16 de maio de 2015.

... E EN XUÑO...CHEGAN As CITAs CO FÚTBOL BAsE!!

III TORNEO FÚTBOL BAsEDO CLUB DE FÚTBOL sAN MAMEDE

O 6 E 7 DE XUÑO

V COPA VAL DO ULLA DE FÚTBOL BAsEDA ED VAL DO ULLA O 13 E 14 DE XUÑO

... E CHEGAN As PROPOsTAs MUNICIPAIs PARA O VERÁN

Unha nova cita na que o Club de Fútbol Sala San Mamede a ben seguro reunirán todos os elementos para pasar unha fin de semana de fútbol en familia.

Participarán 38 equipos nas categorías de benxamín e alevín de toda a Comunidade Autónoma de Galicia e estarán representadas as mellores canteiras do fútbol base de Galicia.

*No vindeiro boletín toda a información completa!!

Chega xa a quinta edición desta competición que se desenvolverá no Campo do Coto.

*No vindeiro boletín toda a información completa!!

• Campamentos!• Piscina!• ... e moito máis!

Prestade moita atención ao vindeiro boletín.

Page 9: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

9

sERVIZOs sOCIAIs

ACTIVIDADEs TERCEIRA IDADE

EsCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE VEDRAAberto prazo de solicitudes para o curso 2015/2016

Excursión á cidade da Coruña.Mércores 6 de maio.Prezo: 22 € (Inclúe transporte, comida e visitas)Programa: visita á Torre de Hércules, Monte de San Pedro, paseo pola cidade…(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 21 de abril. As inscricións realizaranse única e exclusivamente no Centro Social. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición—prazas limitadas)

Escola de Saúde.Charla: “Podoloxía; prevención e tratamento dos pés” Xoves 7 de maio.Hora: 20:00 h.

Bingo:Xoves 21 de maio ás 20:00 h.

Circuíto Termal nas Termas de Outariz.Mércores 27 de maioPrezo: 22 € (Inclúe transporte, comida e tratamento termal; prazas limitadas)Programa: pola mañá tratamento termal, xantar e regreso.(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 19 de maio no Centro Social. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición)

Excursión “Ruta ANDALUCÍA”.Do 8 ao 14 de xuño. (7 días, 6 noites)Itinerario: Sur de Portugal, Huelva, O Rocío, Sevilla, Badajoz, Salamanca…Prezo: 430 € (Inclúe transporte, pensión completa, seguro de viaxe e servizo de guía; prazas limitadas)(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 5 de maio no Centro Social. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición)

IDADE DE INGRESO:Mínimo 3 meses e máximo 3 anos, cumpridos antes do 31 de decembro.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello.

As familias con nenos/as xa matriculados actualmente no centro, que desexen renovar a praza deberán presentar a solicitude de reserva

do 1 ao 15 de maio, acompañada da Declaración do IRPF do exercicio 2013 ou o correspondente certificado da Axencia Tributaria.

As familias que desexen solicitar praza de novo ingreso deberán presentar a solicitude do 16 ao 31 de maio.

* Para máis información e solicitudes poderán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello os luns, xoves e venres de 8.30 a 14 horas.

LUDOTECA

Lembrámosvos que un mes máis, grazas ao programa CONXUGA, o concello conta cunha medida de conciliación (validada pola Xunta de Galicia) que neste caso, a través da ludoteca oferta distintas actividades educativas e de atención aos menores. Estas actividades parten dun soporte lúdico e pedagóxico e constitúen ao mesmo tempo un complemento dos servizos educativos existentes, facilitando a inclusión sociolaboral das familias. É neste contexto no que se enmarca a programación do mes de maio, onde

contaremos con xogos e talleres cos que pretendemos espertar n@s ne@s a curiosidade e o enxeño pero sobre todo a imaxinación, un dos grandes tesouros da infancia.

Page 10: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

10

sERVIZOs sOCIAIs

MEDIO AMBIENTE

NOVOs TABOLEIROs ANUNCIADOREs

O concello de Vedra, dando un paso máis para garantir o cumprimento da ordenanza municipal de residuos e reguladora das condicións para o mantemento da salubridade e ornato público no concello de Vedra que se publicou no BOP número 114, do 17 de xuño de 2013, iniciou a colocación duns taboleiros novos para uso publicitario e así dotar a todas as parroquias dun lugar axeitado para a colocación dos carteis anunciadores.

PROGRAMA DE TERMALIsMO sOCIAL

A Consellería de Traballo e Benestar. Programa de Benestar en balnearios 2015 abre o prazo de presentación de solicitudes de participación neste programa, pra remata o próximo día 13 de maio.

Para máis información e solicitudes poderán dirixirxe ó Departamento de Servizos Sociais os lúns, xoves ou venres de 8:30 a 14 h.

TODOCOsMOs ACHÉGAsE AOs CENTROs EsCOLAREs DE VEDRA

Continuamos co programa TODOCOSMOS que orga-niza o Observatorio Astronómico Ramón María Aller en colaboración con 12 concellos galegos entre os que se atopa Vedra, e co financiamento da Fundación Españo-la para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Este programa ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursi-ños, obradoiros, observacións astronómicas, presen-tacións, etc.

No noso concello xa comezaron as actividades o pasa-do 1 de abril cunha observación nocturna dende o cam-po da festa de Vedra. Esta primeira observación tivo un grande éxito de participación e estivo precedida dunha pequena charla explicativa por parte do persoal do Ob-servatorio Astronómico.

As seguintes actividades previstas para o noso conce-llo serán unhas charlas nos centros educativos durante a primeira semana de maio e destinadas fundamental-mente ao alumnado de primaria.

EDUCACIÓN

Page 11: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

A partir das 14.30 h o Campo da Festa de San Xián será o esceario desta romería gastronómica co seguinte menú:

• Entrantes, carneiro, patacas, ensalada, pan, viño, refrescos, postre e café

Por un prezo de 18 € para as persoas adultas e de 12 € para menores de 10 anos.

A festa estará amenizada polo Grupo Óbice.

Con ela o Campo da Festa do Souto será o lugar ideal para pasar unha xornada de festa na que a orella será a protagonista (tanto salada coma dulce)... Pero ademáis co seguinte programa.

• Ás 12 h misa solemne• Ás 12.30 h Pregón a cargo de Carlos Martínez

Carrillo (alcalde de Vedra)

De seguido as seguintes actuacións musicais:• Grupo folclórico da Asociación Cultural Agarimo• Charanga pola Corda(Sociedade Recreativa de

San Xoán de Calo)• Pandereteiras Silandeira (San Xián)

... E a partir das 18.30 h actuación – presentación da nova tempada da orquestra ASSIA

11

VEDRA EN FEsTAs

XIII FEsTA DO CARNEIRO AO EsPETOEN sAN XIÁN DE sALEs O 1 DE MAIO

FEsTA DA ORELLAEN sAN FINs DE sALEs O 3 DE MAIO

FEsTAs DO sAN PEDRO MÁRTIREN MERíN O 2 E 3 DE MAIO

IX FEsTA DO PORCO Á BRAsA EN TROBE O 17 DE MAIO

SÁBADO 2 DE MAIO: Festa na hora a San Antonio.• Ás 10 h Misa rezada e misa solemne ás 13.30 h. • sesión vermú co “Grupo Channel”.• Pola noite gran verbena con “Grupo Channel” e

“Gran Vía” e ao rematar “PHANTON DISCO” fará a presentación da tempada 2015.

DOMINGO 3 DE MAIO: Festa na hora da San Pedro Mártir

• Misas rezadas ás 10, 11 e 12 h e misa solemne ás 13.30 h

• Concerto e sesión vermú ca “Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla” e “Dúo Máster”

• Pola noite:- Ás 21 h. O contacontos CELSO FERNÁNDEZ

SANMARTÍN con “CONTOS QUE NON FALTEN”- A continuación gran verbena con: “DÚO MÁSTER”

e “GRUPO MOSAICO”• Gran tirada de fogos de artificio a cargo de Pirotecnia

Gaiteiro de Vedra

Celebrarase no local multiusos desta parroquia.• Pregón a cargo de Angel Benavente (Do Centro

Superior de Hostelería de Galicia)• A xornada gastronómica comezará a partires das

14.30 h

O xantar terá un prezo de 16 € para as persoas que retiren a súa entrada anticipada (retiradade tickets na Dorna, Casa Mera, Bar A Liada e A Colmena)

• Venda de entradas na propia festa por 18 €.• * Menores de 10 anos 5 €

... E como non haberá música para amenizar a festa!!

CONVIVENCIA VECIÑAL

Dende este espacio queremos lembrar a toda a veciñanza da importancia da coexistencia civilizada entre persoas e animais domésticos, pois sendo Vedra un termo municipal rural esta é fundamental para que todas as persoas poidan sentirse integradas en harmonía no seu entorno.

De xeito que mascotas e persoas deben convivir sempre tendo en conta o seu benestar e tamén o da familia, persoa ... veciña. Respectando horarios de silencio, condicións de hixiene, medidas de seguridade,... e todos e cada un dos elementos que poidan mellorar a integración duns e doutros dun xeito tolerante para cos iguais.

DE INTEREsE

Page 12: Maio 2015 - Nº 188 - Concello de Vedra...desde marzo ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan

Edita Colaboran

PUBLICA A TÚA PROPOSTA: Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín, fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo [email protected] asunto:NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES

PARABÉNs!!

Ao Club Olímpico de VedraPor seguir a colleitar éxitos no pasado mes de abril.Esta vez os éxitos chegaron nas súas participacións na “II Xornada Escolar na Pobra do Caramiñal”, no “Memorial Gregorio Pérez Rivera” e na “Carreira Popular Batalla de Cacheiras”con notables actuacións dos integrantes dos equipos benxamín e alevín en todas elas.

Ao Pazo de OrtigueiraPolo seu premio AEMO 2015 á mellor oliveira monumental de España, concedido pola súa singularidade, beleza da paisaxe...

Un recoñecemento de grande prestixio a nivel nacional e internacional que chega nun momento no que o paseo das oliveiras está de máis actualidade que nunca, pois serviu de escenario para a gravación do videoclip ‘Un Zombie a la Intemperie’ de Alejandro Sanz.

https://www.youtube.com/watch?v=x0n3JKL7Qkc

http://www.turgalicia.es/camelias-de-celofan-pazo-de-santa-cruz-de-ribadulla?langId=gl_ES

A Carmen Cutrín PorralPola publicación da súa novela “INTERNAS EN UNA CASA DE MUÑECAS”, froito do esforzo e o interese pola cultura e as letras da autora.Á cal lle desexamos o maior dos éxitos nesta nova aventura!!

O duatleta do Olímpico de Vedra acadou a medalla de bronce no grupo de idade de 35 a 39 anos no campionato de Europa de duatlón celebrado en Alcobendas, un resultado máis que excelente para o club para o propio Miguel e para o deporte de Vedra.

Con esta actuación Miguel cerra unha tempada impecable de duatlon, logo de ser 4º clasificado no campionato galego absoluto, 41º no campionato de España

elite e de subir ao podio no bronce autonómico acadado polo club.

Este é o segundo podio continental para Miguel, logo do acadado no ano 2011 en Pontevedra no campionato de Europa de triatlón no grupo de 30 a 34 anos, e ainda que non sexan podios en elite senón en grupos de idade, non deixan de ter un enorme mérito pola súa dificultade.

Parabens Miguel!!!!

... e especialmente ...a Miguel Daporta polo seu bronce europeo no Campionato de Europa de Duatlón