Upload
geni-cereijo-grana
View
532
Download
1
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Manual uso de blogger elaborado por Jose Ángel para o grupo de formación do profesorado.
Citation preview
CURSO BLOGS Páxina 1
…
En primeiro lugar imos acceder coa nosa conta de Gmail.
Ingresamos os nosos datos.
………
Na páxina do buscador, onde antes poñía Acceder agora aparece
CURSO BLOGS Páxina 2
Facemos CLIC no trianguliño e nos aparece o seguinte menú.
Facemos CLIC en Configuración de cuenta. Dende a páxina que se abre temos xa
acceso a Blogger entre outras páxinas que poden ser de interese.
Dámoslle a Blogger e nos vai pedir uns datos para crear o noso blog, entre
eles un número de móvil ao que nos mandarán un código de verificación.
CURSO BLOGS Páxina 3
3333333333
Seleccionamos mensaxe SMS
Introducimos o código que nos chegou e imos ao escritorio de Blogger. Eu
xa teño un blog creado, para comezar a crear un facemos CLIC en
Crear un blog.
CLIC aquí
CURSO BLOGS Páxina 4
Agora lle damos un nome e na dirección do blog escribimos a que
aparecerá na liña de dirección de internet. É preciso comprobar a
disponibilidade pois non pode coincidir con outra xa creada. A continuación
lle damos a continuar.
Escollemos agora una plantilla (apariencia) que nos guste. Poderemos
modificala cando queiramos posteriormente. Continuamos.
CURSO BLOGS Páxina 5
Xa está, xa temos blog, xa podemos empezar a publicar.
Estamos listos para facer a 1ª entrada para o noso blog.
Poñemos título e comezamos a escribir no sinxelo editor de textos que
provee blogger. A continuación lle damos a publicar entrada e aparecerá
no blog.
CURSO BLOGS Páxina 6
Podemos ver como quedou, crear outra entrada ou ben editar a mesma por
si queremos modificar algo.
Agora imos ver como cambiar a plantilla de Blogger. Existen na web sitios
onde descargar plantillas prediseñadas que tamén se poden personalizar
con algo de coñecemento en HTML. Buscaremos unha plantilla en
BTEMPLATES.
Selecionamos a plantilla que nos guste (pódese previsualizar) e a
descargamos en DOWNLOAD. Gardámola no ordenador.
CURSO BLOGS Páxina 7
Dende o escritorio de blogger seleccionamos a pestaña DISEÑO.
E agora en EDICIÓN de HTML. A continuación en EXAMINAR.
Buscamos onde temos gardada a plantilla no ordenador, seleccionamos o
arquivo con esta icona e lle damos a ABRIR.
CURSO BLOGS Páxina 8
Agora o seguinte paso consiste en SUBIR a plantilla.
Antes de gardar a plantilla é convinte sempre facer unha vista previa da
mesma e, se estamos conformes, xa lle podemos dar a GARDAR.
CURSO BLOGS Páxina 9
Despois da nosa entrada de texto anterior, agora imos publicar unha
imaxe. Imos á pestaña Creación de entradas e facemos CLIC na icona
marcada na imaxe.
Seleccionamos no ordenador a imaxe que queremos subir (EXAMINAR).
Ou podemos publicar dende o noso álbum de Picasa.
Ou tamén dende internet (URL).
CURSO BLOGS Páxina 10
Aparecerá a imaxe no editor de textos onde podemos modificar algún
parámetros. Se estamos conformes xa podemos publicala.
Coma na 1ª entrada podemos ver como queda, crear outra entrada ou
modificar a que vimos de facer.
As imaxes que subimos ao noso blogue quedan aloxadas en Picasa, dende Google
buscamos os albums Web de Picasa e entramos no noso cos nosos datos.
CURSO BLOGS Páxina 11
Agora imos subir un vídeo dende YOU TUBE, existe tamén a canle
TEACHER TUBE onde podemos atopar vídeos educativos diversos.
Escribimos no buscador o que queremos atopar.
Facemos CLIC en COMPARTIR e logo en INSERTAR e o código do recadro
temos que cópialo para pégalo no blog.
CURSO BLOGS Páxina 12
Imos ao escritorio, creación de entradas, nova entrada e seleccionamos a
pestaña EDICIÓN de HTML. Pegamos aí o código copiado e publicamos.
Coma nas entradas anteriores podemos ver como queda, crear outra
entrada ou modificar a que vimos de facer.
CURSO BLOGS Páxina 13
A continuación imos publicar unha presentación en Powerpoint. Para iso,
debemos aloxala na Web; Slideshare é un portal onde poder facelo ou de
donde descargar alguna presentación xa feita.
No buscador de Slideshare atopei esta presentación sobre o uso
educativo dos blogs e quero poñela no meu blog.
Na parte de abaixo facemos CLIC na pestaña EMBED e copiamos o código
para pégalo na entrada.
CURSO BLOGS Páxina 14
Pegamos o código copiado na entrada na pestaña HTML e publicamos.
Outra ferramenta moi útil e moi visual para facer presentacións: PREZI.
CURSO BLOGS Páxina 15
Atopei este PREZI que ensina para que sirve esta ferramenta e quero
publicalo no meu blog.
Á esquerda clicamos en SHARE e logo na pestaña EMBED. Copiamos o
código que sae para pegalo na entrada.
CURSO BLOGS Páxina 16
Pegamos o código copiado na entrada e publicamos.
Outro lugar onde aloxar fotos e incluso preparar unha presentación con
elas para logo publicar no blog: PHOTOBUCKET.
É preciso rexistrarse. Posteriormente xa podemos subir fotos e xenerar
os nosos albums.
CURSO BLOGS Páxina 17
Para iso facemos CLIC en UPLOAD.
E logo en UPLOAD PHOTOS NOW.
A continuación seleccionamos as fotos a subir.
CURSO BLOGS Páxina 18
Unha vez subidas as fotos, ao pasar o cursor por encima delas nos propón
distintos enlaces segundo que queiramos facer con ela.
Agora imos preparar a presentación de fotos; facemos CLIC en TOOLS.
E a continuación en SLIDESHOWS.
CURSO BLOGS Páxina 19
Son 3 pasos a seguir. 1º engadir imaxes (ADD IMAGES FROM…), 2º escoller un
estilo (CHOOSE A STYLE) e 3º gardar o slide (SAVE SLIDESHOW).
Xa feito o slide agora imos buscar o código html para inxerir na entrada. En
SHARE THIS facemos CLIC na pequeña flecha.
Seleccionamos e copiamos o código HTML e pegámolo na entrada.
CURSO BLOGS Páxina 20
Tamén podemos facer unha presentación de fotos en Picasa. Seleccionando o
álbum coas fotos para a mesma, á dereita aparece un menú coma este. Ne limos
seleccionar ENLAZAR A ESTE ALBUM e a continuación INCRUSTAR
PROYECCIÓN DE DIAPOSITIVAS.
Na pantalla emerxente copiamos o código html e o pegamos na entrada.
Para publicar unha actividade JCLIC copiamos o código html que a acompaña e
pegámolo na entrada.
CURSO BLOGS Páxina 21
http://xurxocob.wordpress.com/descargas/
http://pczeros.blogspot.com/
http://www.blogtecnia.com/2009/11/recopilatorio-widgets-gadgets-para-tu.html
http://pequenasmiradas.blogspot.com/
http://chachipiruliconpelotilla.blogspot.com/
http://miaulatal.blogspot.com/
http://diversialmenara.blogspot.com/
Os GADGETS, pequenas aplicacións que nos permiten estructurar e facer máis
visible o que queiramos no blog. Dende a pestaña DISEÑO accedemos aos
ELEMENTOS DE PÁXINA dende onde podemos inxerilos. Cada plantilla admite
os Gadgets nunha determinadaposición na páxina do blog.
Tamén é interesante coñecer a pestaña CONFIGURACIÓN. Cada apartado ven
explicado claramente. Reseñar aquí en FEEDS que apareza como completo para
facilitar a sindicación, en COMENTARIOS, seleccionar quen pode facelos e en
PERMISOS, definir quen pode editar no blog así coma os que poderán velo.
Algunhas páxinas onde atopar GADGETS interesantes. Se non atopamos o que
nos interesa podemos buscalo dende o buscador de GOOGLE.
E, como non, algún blogs educativos que nos poden servir de referencia do que
podemos facer con un blog neste sentido.