23
PROGRAMA DE FORMACIÓN MULTIMEDIA E AUDIOVISUAL 2012 DA REDE CEMIT CURSO DE PRODUCIÓN AUDIOVISUAL Capítulo 2

Manual producion audiovisual parte 2

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Manual producion audiovisual parte 2

PROGRAMA DE FORMACIÓN MULTIMEDIA

E AUDIOVISUAL 2012 DA REDE CEMIT

CURSO DE PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

Capítulo 2

Page 2: Manual producion audiovisual parte 2

INDICE DÍA 2

DESENVOLVEMENTO DE PRODUCIÓN

o EN QUE CONSISTE O DESENVOLVEMENTO DE

PRODUCIÓN?

o TIPOS:

Propia

Por encargo

o IDEA

o ARGUMENTO

o SINOPSE

o TRATAMENTO

o DOSSIER

o PITCH

o DEREITOS

o COPRODUCIÓN

o FINANCIAMENTO

o SUBVENCIÓNS ESTATAIS

o PRÉSTAMOS E CRÉDITOS

o INVERSOR

o PATROCINIOS

o TELEVISIÓNS

o GUIÓN LITERARIO

Page 3: Manual producion audiovisual parte 2

Idea inicial

Trama principal

Personaxes

Estrutura Narrativa

Forma

CELTX

Page 4: Manual producion audiovisual parte 2

1. DESENVOLVEMENTO DE PRODUCIÓN

E a etapa previa a calquera produción audiovisual

propiamente dita e caracterízase polo estudio, avaliación e definición do proxecto a levar a cabo.

Hai dous tipos de produción audiovisual:

1. A produción propia: Cando se produce para despois vender as diferentes canles de exhibición. Os dereitos de explotación

da obra son propiedade da produtora, tamén entran dentro deste concepto as coproducións, aínda que a coprodución sexa

con unha canle de televisión a dona dos dereitos son as produtoras, polo que a produción e a comercialización son

responsabilidade destas.

2. A produción por encarga: Cando unha canle de televisión

contrata a unha produtora para levar a cabo o que se chama “produción externa”, e dicir, un proxecto determinado do cal os

dereitos serán da canle de televisión, xa fora a produtora a que

presentara a idea do proxecto a canle de televisión, ou o contrario, pagando a TV a totalidade dos gastos de produción.

Isto levará un minucioso control por parte da canle de televisión do guión, as imaxes filmadas, os gastos,.. así como

da montaxe final do produto. Sucede o mesmo con produtos institucionais ou cos spots publicitarios.

A partir de unha idea, tratamento ou guión, que chega a un

produtor, este valora o interese que ten para ser transformado en imaxes e son.

Unha vez establecido o interese no manuscrito, o produtor contrata a un produtor executivo que será o encargado de facer unha primeira

valoración orzamentaria aproximada do costo da película, e comeza a busca de financiamento elaborando un dossier do proxecto, para

podelo presentar a posibles coprodutores e financiadores mediante un pitch.

Tamén soe ser este o momento no que o produtor vincula o director e o guionista para establecer a relación entre o narrativo e a produción

Page 5: Manual producion audiovisual parte 2

e definir os obxectivos do proxecto. Ademais de completar o guión

definitivo.

En canto o produtor da a súa aprobación ao guión, contratase ao director de produción, quen fará un desgrego xeral do guión para

determinar as necesidades do guión en relación co director. Pasando á seguinte fase da produción.

ACTIVIDADES E DOCUMENTOS

IDEA

A idea é o punto de arranque e escríbese nun par de liñas.

Exponse sobre o que quere falar o autor.

As ideas poden ser de moi variada índole, un feito que presenciamos, unha personaxe histórica, unha anécdota que oímos, unha nova no

xornal, un pensamento que nos ven a cabeza, etc.

ARGUMENTO

Consiste en desenvolver a idea ata chegar á narración concisa

de unha historia completa. Sóense narrar en tempo presente, aparecen os acontecementos esenciais da historia e as personaxes

principais.

SINOPSE

É o desenvolvemento esquemático e completo do argumento;

non se trata da sinopse publicitaria que soe vir nas recensión de revistas ou DVDs e programacións de televisión. A sinopse ten que

conter as personaxes, o conflito, o nó, o clímax e o desenlace da

historia, sen entrar en detalles técnicos.

TRATAMENTO

É o desenvolvemento e posterior situación da acción contida no argumento ou na sinopse. A acción xa se refire a lugares

máis concretos e a unhas personaxes que quedan definidas

polo seu comportamento e as súas relación. Ocupa case a metade de paxinas que un guión, está escrito en presente e emprega

a terceira persoa. Está dividido en escenas e pode incluír partes do diálogo.

Page 6: Manual producion audiovisual parte 2

DOSSIER

O dossier ou “package” é un conxunto de documentos que

mostran a información máis importante para vender o

proxecto, na busca de inversión. O principal contido deste

paquete de documentos soe ser:

- Xustificante da posesión dos dereitos de autor do guión

- Sinopse

- Carta de intención do director (proposta estética)

- Ficha técnica do persoal clave (xefes de equipo)

- Ficha artística do reparto principal

- Principais localizacións

- Cronograma provisional de obxectivos

- Presuposto estimativo

- Plan financeiro

- Historial da produtora

- Fotografías e Avance (Teaser)

No caso de que sexa para o ámbito gobernamental (subvencións e

axudas), adóitase requirir tamén documentación de constitución da

produtora así como algún xustificante de estar ao corrente nas contas

coa administración pública.

É importante que este dossier conte con unha boa presentación, disto

dependerá en gran medida o interese que lle dediquen e causará

unha boa impresión do proxecto.

PITCH

O pitch ou pitching non é mais que un breve discurso oral dun

proxecto. É a maneira de presentarse ante un posible

financiador, un coprodutor, unha canle televisiva, un

Page 7: Manual producion audiovisual parte 2

produtor,.. Alguén a quen queremos contarlle o noso proxecto

coa intención de obter algo deles.

É moi diferente contar unha historia que vendela. Facer un pictch non

é narrar unha película ou un programa, é vender unha idea, un

concepto. Para isto temos que estar convencidos de que o noso

proxecto é único, debemos estar comprometidos e apaixonados por

levalo a cabo ou do contrario no poderemos esperar que os demais se

interesen nel.

Debe de ser moi breve, en ocasións teremos que contar o noso

proxecto nun par de minutos, aínda que o normal establecido son 7

minutos. Se se interesan polo proxecto, serán eles os que o

demostren facéndonos preguntas concretas ou pedíndonos mais

datos.

Debemos mencionar a información imprescindible: de que se trata, o

porqué lle interesará á audiencia, a quén irá dirixido e cal é a nosa

proposta de financiamento, así como o xénero, o formato e a

atmosfera.

É conveniente facer unha labor previa de escritura do pitch, traballar

os argumentos que utilizaremos e pensar con antelación o que

poderían preguntarnos. Saber canto podemos contar do proxecto,

coñecer a fondo o guión, ter claro o plan de financiamento, a

distribución que queremos darlle.

Tamén é importante saber moi ben o que queremos obter da persoa

coa que falaremos e facer un previo recoñecemento do terreo ó que

nos achegamos. Noutras palabras: que compran, como o fan, cantos

e canto pagan.

Hai quen opinan que para preparar un pitch é bo ensaiar con algún

amigo ou fronte a un espello. É verdade que as posicións corporais e

a nosa aparencia inflúen na percepción de quen nos escoita, pero eu

prefiro pensar que o qué é realmente importante é estar convencidos

de que queremos facelo e coñecer o noso proxecto á perfección. Se

nós creemos nel ¿Por que os demais non o farían?

En un pitching debe coidarse especialmente o peso persuasivo do

discurso, que pasa por dous factores fundamentais:

Page 8: Manual producion audiovisual parte 2

Fondo: o que seleccionamos como información. Existen

criterios básicos para ordenar calquera presentación:

Definir – Discriminar – Dominar

Forma: a maneira en que transmitimos a información. O

sumatorio de tres factores outorga credibilidade ó orador:

Empoderamiento – Estilo – Enerxía

Son erros frecuentes nun discurso (pitching) as contextualizacións

largas ou sen gancho. Estar preparados por se o oínte comeza a

aburrirse, ter alternativas, cambiar o ton e a forma.

Non se debe responder negativamente a un comentario: dicir que xa

tes pensado en iso e mostrar interese polas distintas percepcións.

Pensa que é posible que volvas con outro proxecto, polo que hai que

coidar de non pechar ningunha porta.

O esquema que utilizan os americanos consta dos seguintes puntos:

1. Cortesías: saúdos pertinentes.

2. Presentación: dicir o noso nome e o da produtora que

representamos, o país desta en caso de falar con empresas

estranxeiras e ofrecerlle a nosa tarxeta de presentación.

3. Credenciais: dicir algo sobre nos, o que fixemos con

anterioridade. En ocasións a nosa persoa pode ser un

aliciente para quen escoita.

4. Obxectivo: anunciarlles que queremos deles, o porqué da

entrevista.

5. Enunciar os puntos clave: os dous ou tres temas que lle

vamos a mencionar. Marcar cando empeza e cando acaba

cada punto.

6. Desenvolver o primeiro punto.

7. Desenvolver o segundo punto.

8. Desenvolver o terceiro punto.

Page 9: Manual producion audiovisual parte 2

9. Resumo dos puntos: remarcar o falado para concretar a

entrevista.

10. Espero lograr o meu obxectivo: “espero que esta oferta

lles interese e poidamos chegar a un acordo….”

11. Invitación a facer preguntas.

12. Despedida: deixar currículo e proposta escrita.

DEREITOS

A obra audiovisual é considerada unha obra orixinal,

independente das apartacións de diferentes autores de obras

incluídas nela, o produtor é o titular dos dereitos patrimoniais

desta no seu conxunto, considerando ao produtor como a persoa

física ou moral que ten a iniciativa, a coordinación e a

responsabilidade da realización da obra audiovisual.

Por outra parte as obras audiovisuais son obxecto de

propiedade intelectual. Xeralmente considéranse autores desta

ao director e/ou realizador, o guionista, o director de

fotografía e o músico, en función das leis que rexan no pais de

produción e dos seus participantes. Tamén se considera a propiedade

intelectual do argumento, os diálogos, as traducións e adaptacións,

obras de teatro, poemas, debuxos, esculturas, debuxos animados ou

libros utilizados dentro do proxecto.

Para realizar unha obra audiovisual é indispensable contar co permiso

explícito de todos e cada un dos autores das obras incluídas no noso

proxecto. Isto reflíctese na firma de contratos, onde os titulares dos

dereitos patrimoniais se comprometen a participar no proxecto e

ceder ao produtor o dereito de reprodución, distribución, exhibición,

etc… é dicir, o seu dereito de explotación económica. Se o proxecto

se base nunha obra existente deberemos preguntar quen é o dono

dos dereitos de explotación, que en moitos casos é o propio autor e

noutros moitos é a editorial da obra orixinal. Tamén é importante

coñecer o país de publicación da obra orixinal para saber por que leis

se rexen os dereitos de propiedade.

Page 10: Manual producion audiovisual parte 2

O dereito de autor son o conxunto de dereitos, prerrogativas e

privilexios de carácter individual e patrimonial que recoñece a Lei en

favor do autor ou autores dunha obra, dende o momento mesmo no

que é fixada ou plasmada nun soporte material e polo feito de ser

unha creación. Basicamente divídense en dous grupos: Dereitos

morais (autoría, son intransferibles e irrenunciables) e Dereitos

patrimoniais (propiedade de explotación, son transferibles)

COPRODUCIÓN

É a unión de unha ou máis produtoras co fin de levar a cabo un

proxecto audiovisual concreto. As razóns para a coproducións

poden ser económicas, para pedir subvencións de diversas

localidades, reparto de traballo, compartir riscos, por

beneficios legais, para a distribución ou exhibición, etc.

A coprodución implica moitos factores artísticos, económicos e legais

do produto audiovisual, en dependencia dos intereses e a

participación de cada produtora que se integra no proxecto. Debemos

analizar e avaliar con coidado cada punto de negociación e decidir se

realmente nos interesa facer esa coprodución.

Para coproducir é moi importante ter un bo entendemento coa outra

produtora xa que faremos un traballo en equipo. Temos que estar

abertos á forma de traballar noutros sitios, así como adaptarse ás

normas e lexislacións dos nosos compañeiros e entender os

diferentes mercados.

Nos contratos de coprodución debese de aclarar baixo que lexislación

se realizará a película e en qué tribunal se discutirá en caso

necesario. Se non se estipula con precisión a lei a seguir en cada

parte do desenvolvemento da produción, a lexislación que rexerá será

a do lugar onde se produzan os feitos. As diferentes cláusulas do

contrato poden ser modificadas sempre e cando tódalas partes estean

en común acordo. Tódalas partes da coprodución son copropietarias

da película e polo tanto teñen libre acceso a utilización do negativo e

a nacionalidade do filme será a de cada país coprodutor.

Tódalas partes deben firmar e estar de acordo con:

- Orzamento

- Plan financeiro

Page 11: Manual producion audiovisual parte 2

- Guión definitivo

- Plan de rodaxe

- Equipo técnico

- Equipo artístico

FINANCIAMENTO

Unha vez confeccionado o dossier de presentación do proxecto

debemos investigar a quén lle poderá interesar o noso

proxecto. Debemos analizar as posibilidades de coprodución,

investigar o mellor posible os diferentes Fondos de Axuda

gobernamentais, a programación das múltiples cadeas de

televisión, etc.

Hai diferentes fontes de financiamento dun produto audiovisual:

- Subvencións gobernamentais a desenvolvemento de

guión, produción, finalización, exhibición, etc.

- Prevendas a cadeas de televisión ou distribuidores

cinematográficos

- Compañías aéreas, cadeas de hoteis, compañías

ferroviarias e de autobuses...

- Empresas na busca de promoción e publicidade

- Entidades bancarias

- Mecenados ou inversores privados

- Crowdfunding (produción colectiva)

O noso obxectivo debe ser conseguir o maior número delas xa que

non soen ser excluíntes, a menos que os contratos con algunha delas

especifique o contrario. Cando as producións son pequenas soe ser

mais complicado conseguir bos contratos de distribución, aínda que

con paciencia e un proxecto atractivo é probable que poidamos

negociar con distribuidoras pequenas ou independentes e cadeas de

televisión de baixo presuposto.

Page 12: Manual producion audiovisual parte 2

Para falar de financiamento dun produto audiovisual será necesario

falar do sistema de recuperación económica da inversión. O mercado

cinematográfico está marcado por unha serie de regras que se deben

seguir, non é habitual que un produto audiovisual rompa a orde

cronolóxica de exhibición, aínda que as novas prestacións de Internet

con respecto os produtos audiovisuais desestabilizaron en certa

medida a cadea tradicional de presentación ao público:

1. Sas de cine

2. TVs pechadas (cable ou antena, agora tamén IP TVs)

3. TVs en aberto, agora TDT

4. Vídeo e DVD, agora aluguer por Internet

Esta cadea tiña a súa lóxica, xa que un espectador non paga a

entrada a un cine para ver unha película que xa viu por televisión ou

arrendou no videoclub. Sen embargo, ultimamente, coa revolución

tecnolóxica das comunicacións, encabezada pola capacidade case

ilimitada que parece ter a transmisión de datos a través de Internet,

estamos sendo testemuñas de produtos audiovisuais que rompen con

éxito esta cadea de comercialización e exhibición, que

tradicionalmente estaba instaurada no medio audiovisual.

SUBVENCIÓNS DE ORGANISMOS DO ESTADO

As subvencións institucionais son apoios a fondo perdido, e

dicir, que non esixen a devolución do monto financiado, aínda

que si soen reclamar a relación de xustificantes, facturas, que

se correspondan co orzamento presentado a hora de aplicar a

ditas axudas. Pódense encontrar subvencións para a maior

parte das fases dunha produción e poden ser a nivel nacional,

rexional ou municipal.

Estas institucións polo xeral a cambio destas axudas soen conservar

os dereitos de exhibición con propósitos culturais e educativos sen

animo de lucro, ademais do recoñecemento de tal axuda nos títulos

de crédito iniciais do produto.

A documentación requirida para a solicitude soe barallar a seguinte

relación:

Page 13: Manual producion audiovisual parte 2

- Acreditación de posesión dos dereitos de propiedade

intelectual sobre o guión, ou no seu caso, acordo de

opción de compra sobre a obra preexistente (contrato

de cesión o produtor e Rexistro da Propiedade

Intelectual do guión)

- Guión

- Sinopse

- Proposta estética do director

- Ficha técnica do persoal clave (xefes de equipo)

- Ficha artística do reparto principal

- Principais localizacións

- Cronograma provisional da produción

- Orzamento provisional

- Plan financeiro

- Comprobantes de acreditación de estar o corrente nas

obrigas fiscais e outros impostos do Estado

- CV da produtora

- Plan económico especificando os aportes de capital,

bens e servizos que conforman o orzamento

- Estudo de mercado para a comercialización do produto

- Contrato ou carta de intención de un distribuidor ou

unha canle de televisión

- Orzamento de inversión no lanzamento comercial,

prensa e promoción, especificando o número de copias.

PRÉSTAMOS E CRÉDITOS

Solicitar un préstamo a unha entidade bancaria ten moito

risco, xa que non só nos obriga a devolver a cantidade integra

senón que tamén temos que pagar altos intereses,

independentemente do resultado final do produto. O

incumprimento das condicións do crédito, pódennos deixar

Page 14: Manual producion audiovisual parte 2

sen o noso produto, sen a empresa produtora e sen calquera

outro ben que nos poidan embargar.

Tamén hai estados que facilitan unha liña de crédito a través de

entidades bancarias concertadas, para incentivar a Industria

Cinematográfica. Estes tamén teñen a obriga de ser devoltos, aínda

que con intereses menores.

A documentación que nos esixen os bancos para concedernos estes

créditos soe ser moito máis especifica e extensa:

- Especificación do monto de crédito solicitado

- Inscrición da produtora no Instituto de Cine do país

- CV da produtora

- Guión definitivo

- Sinopse

- Acreditación de posesión dos dereitos intelectuais do

guión

- CV do produtor e do director

- Carta de compromiso dos actores principais e dos

xefes de departamento.

- Presuposto desagregado

- Cronograma de produción

- Plan financeiro mensual

- Plan económico con especificación dos aportes de

capital, bens e servizos que conforman a inversión así

como as expectativas desenvolvidas para a

recuperación nos mercados, axuntando contratos,

cartas de compromiso, etc.

- Carta de compromiso dun distribuidor ou canle de TV

- Seguro de Bo Fin ou avales e garantías varias

Normalmente non se libera o crédito concedido a menos que o

produtor poida acreditar que conta co financiamento necesario para

Page 15: Manual producion audiovisual parte 2

cubrir a totalidade dos costos do presuposto. Unha vez outorgado o

crédito, o produtor verase obrigado a entregar informes,

comunicados e relacións de gastos durante toda a produción.

INVERSOR

O inversor pode ser unha persoa ou unha empresa, relacionada ou

non coa Industria Cinematográfica. Un inversor comparte os

riscos da produción, se non se recupera a inversión non temos

que devolver nada e se hai beneficios a súa ganancia será

proporcional a inversión realizada con respecto o custo total.

O inversor non pode tomar decisións no proceso de realización da

película. Este non pode tomar decisións no proceso de realización e

comercialización, se non se estipulou o contrario no contrato inicial.

Hai países onde se contempla legalmente a participación económica

de persoas ou empresas privadas nun proxecto cinematográfico,

promovendo así unha política de protección cinematográfica con

deducións fiscais nos impostos que deben pagar ó Estado.

PATROCINADORES

Os patrocinadores ou sponsors son xeralmente empresas

privadas dispostas a ofrecernos un produto a cambio da súa

publicidade dentro do noso produto audiovisual. Dificilmente

poderemos financiar o noso proxecto exclusivamente a través de

patrocinadores, pero se nos movemos acertadamente é probable que

consigamos parte do financiamento e practicamente sen ningún

sacrificio artístico ou económico, reducindo costos en algunhas

partidas da produción. É importante pensar ben qué é o que

necesitamos antes de pasearnos por tódalas empresas para pedirlles

algo.

TELEVISIÓN

Unha canle de televisión pode comprar os dereitos de antena

para a emisión da nosa película esixindo xeralmente a

exclusividade da súa emisión neste sistema de difusión a nivel

nacional. É indispensable ter o visto bo da censura para poder

negociar con eles.

Se a televisión compra os dereitos de antena por un número de

emisións determinadas nun tempo limitado (xeralmente dous anos),

Page 16: Manual producion audiovisual parte 2

soe pagar unha cantidade moi reducida ó produtor, o que provoca

que este deba vendela a outras canles en diferentes países para

compensar un pouco a inversión.

Son patrocinadores ou coprodutores (en dependencia de

porcentaxe de inversión) cando fan unha compra anticipada

da película, é dicir, que dan un pago por adiantado para ser utilizado

na produción e a suma é maior que si compraran os dereitos de

explotación da obra e por tanto un alto porcentaxe de recuperación,

pero todo dependerá do contrato e a negociación feita.

Polo xeral esixen que a película estea no idioma da televisión ou que

esta sexa dobrada, resérvanse o dereito a emitila con cortes para

publicidade ou pasala fragmentariamente en días diferentes segundo

os intereses da canle, así como facer publicidades da película

editando fragmentos da cinta sen ter que pagar por elo.

Page 17: Manual producion audiovisual parte 2

1.1 GUIÓN

GUIÓN LITERARIO.- É un instrumento que non está concibido para

que sexa lido por un público, se non para que sexa estudado por técnicos e para posteriormente ser levado as mans do director. É o

eslavón fundamental para a realización da película. O director debe traducir o guión literario en guión técnico que será a guía para que os

técnicos traballen.

A narrativa literaria utiliza os mesmos elementos que a narrativa cinematográfica, pero existen unha serie de diferenzas:

1. O cine mostra, mentres que a literatura explica. 2. O cine vai de fora cara dentro e a literatura constrúe en sentido

contrario. 3. A escritura cinematográfica emprega o tempo presente, o que

se mostra é o que acontece mentres o espectador observa. A narrativa literaria constrúese con todo tipo de tempos verbais.

4. El guión utiliza una escritura técnica, la literatura utiliza una escritura emocional.

IDEA DE INICIO

Cando alguén se pon a escribir un guión debe ter en mente tres ideas

esenciais:

1) QUE? De que queremos falar neste guión? Un TEMA, expresado a

través dunha idea que se nos puido ocorrer.

2) QUEN?

PERSONAXES, xa sexan abstractos ou concretos, mediante os que expresar a nosa idea.

3) POR QUE?

Que MOTIVACIÓN teñen esas personaxes para facer o que fan e como o fan, para conseguir un fin.

4) COMO?

A través de que ACCIÓNS terán que pasar ou propiciar as personaxes para tentar levar a cabo os seus obxectivos.

Page 18: Manual producion audiovisual parte 2

“A habilidade de expresar unha idea é tan importante como a

idea mesma” Aristóteles.

Por moi novidosa que sexa a nosa idea, se non sabemos como contala non terá valor algún porque non chegará o receptor.

TRAMA PRINCIPAL

É a que guía ó espectador o longo da historia, polo tanto debemos ter

moi en conta que en ningún intre perda esta función. Sen embargo, son moi importantes as tramas secundarias que lle aportan a trama

principal volume, acción, ritmo, contidos… o mesmo que as personaxes secundarias ás personaxes principais.

Unha película ten que ser VEROSÍMIL. Isto non quere dicir que sexa real, conforme a realidade na que nos vivimos e coñecemos, se non

con respecto a realidade que creamos para situar a historia do guión que escribimos. Se lle presentamos ao espectador un universo creado

pola nosa imaxinación, debemos respectar o longo de toda a historia as regras ás que atende ese universo, ten que ser coherente en todo

momento: se as personaxes cando lles disparan morren no universo no que se moven, de repente por conveniencia non debemos

perdoarlle a vida a unha personaxe illadamente sen motivo aparente, porque estariamos derrubando toda a credibilidade da nosa historia.

PERSONAXES

Son o corazón, o alma e o sistema nervioso dun guión. Os

espectadores experimentan as emocións en función de cómo as vivan

as personaxes na historia. A creación de boas personaxes resulta esencial para o éxito do guión: sen personaxe non hai acción, sen

acción non hai conflito, sen conflito non hai historia e sen historia non hai guión.

Na creación de personaxes debemos ter moi en conta catro

elementos:

1. A necesidade dramática: o que a personaxe quere gañar, adquirir, obter ou lograr non transcurso do guión.

2. O punto de vista: cómo ve o mundo unha personaxe, que

opinión lle merece o mundo no que vive. Unha boa personaxe sempre transmitirá un punto de vista ben definido que lle dará

solidez a súa forma de actuar ante os eventos.

Page 19: Manual producion audiovisual parte 2

3. A actitude: Ao coñecer a actitude da personaxe permítelle

darlle mais profundidade. Isto define a maneira de transitar unha personaxe polo mundo e como actúa fronte aos

acontecementos que o arrodean.

4. O cambio: sempre resulta mais interesante o cambio que a estabilidade ou a quietude. Cando unha personaxe transita dun

estado a outro diferente ó longo da historia está facendo participe o espectador desa viaxe persoal, aparte do resto da

acción na que se centre o guión.

Todo isto e valido para tódalas personaxes dende a que está todo o tempo en pantalla a que intercambia un par de frases en toda a

película, pero debemos lembrar que toda historia ten que ter un

protagonista, sempre hai unha personaxe sobre a que recae o peso da historia, e todo o anteriormente dito é fundamental que se vexa

reflectido nesa personaxe protagonista.

Ademais, é importante que nunca esquezamos que as personaxes deben fundamentarse no que fan e non no que din: “as palabras

levas o vento, as accións perduran” e este dito tamén se cumpre completamente na ficción. Son as accións das personaxes as que

moven a historia, as que lle imprimen ritmo e as que nos chegan con mais intensidade os espectadores.

ESTRUCTURA NARRATIVA

A estrutura está considerada o elemento mais importante dun

guión, xa que é o que mantén unido tódolos elementos que

conflúen na obra e o que os fai fluír dunha maneira ou doutra, ademais de outorgarlle un ritmo ou outro a nosa historia.

Cando se escribe un guión, estase describindo o que acontece; esa é a razón pola que os guións se escriben en presente. O lector ve o que

ve a cámara, unha descrición da acción situada no contexto da estrutura dramática: principio, medio e fin.

Un guión o mesmo que unha novela funciona en base a estrutura

clásica da literatura en xeral:

PRIMEIRO ACTO: PLANTEXAMENTO Ocupa en torno ó primeiro 25% da obra.

É onde se presenta ás personaxes principais, o medio no que se moven, a situación na que se encontran e a historia que as

ocupa neste intre.

Defínese o problema principal que moverá o protagonista ata o 1º nó ou xiro dramático da trama.

Page 20: Manual producion audiovisual parte 2

SEGUNDO ACTO: CONFRONTACIÓN Ocupa arredor do segundo 50% da obra.

E onde se desenvolve toda a acción que levará as personaxes ata o 2º nó da historia que desembocará no desenlace final.

Entre estes dous nós ou puntos de inflexión principais na historia, encontrase un punto medio, un feito que empuxe a

situación da personaxe cara o 2º nó. Os sucesivos conflitos imprímenlle interese a historia ao mesmo

tempo que avanza. O problema vai aumentando nunha dirección que se inicia no 1º nó e que volverá a cambiar de

dirección no 2º nó.

TERCEIRO ACTO: DESENLACE

Ocupa sobre o terceiro 25% da obra. Nesta parte é onde se encontra o clímax da película, o punto de

máxima intensidade do guión, onde o protagonista se enfrontará cara a cara co seu problema, resolvendo este no seu

favor ou na súa contra. Ao final terá que ser consecuencia de tódalas accións que se

foron desenvolvendo, deixando concluída a trama principal. Pode quedar o final aberto a unha continuación con outra trama

principal, pero a da presente historia debe de quedar concluída.

É importante que o guionista teña en conta cara quén vai dirixido un guión: unha persoa encargada de ler guións durante todo o día na

busca de algún que lle sorprenda para recomendarllo os seus superiores, os produtores.

Segundo o reputado guionista Syd Field é fundamental o que se

escriba nas 10 primeiras páxinas para que o teu guión teña algunha oportunidade, polo que é de gran importancia que se escriban con

coidado, habilidade e precisión co obxectivo de enganchar ao lector.

O primeiro no que se fixa un lector é no “estilo” da escritura do guionista, o segundo é de “qué” e de “quén” trata a

historia e o terceiro se se desenvolve nun “contexto dramático” potente.

Polo tanto debe quedar claro nestas dez páxinas:

- ¿Quén é o protagonista? - ¿De que trata a súa historia?

- ¿Cales son as circunstancias que enmarcan a acción?

Todo isto que vos ofrezo sobre a escrita de guión é unha pequena

guía, coa idea de que vos sirva de orientación na vosa primeira experiencia como guionistas. De todas maneiras ei de recalcar que

Page 21: Manual producion audiovisual parte 2

non tódolos guións que acaban realizándose e tendo éxito, se

cínguese as regras estandarizadas dende os clásicos, e que cada escritor debe crear o seu propio ideario de regras é mecánica de

escritura. De feito hai estruturas de vangarda ou minimalistas que rompen a sucesión normal dos acontecementos, mesturando

estruturas de historias independentes ou conectadas entre si de forma orixinal e outras que son partícipes dunha antiestrutura porque

non se prega a ningunha norma ou recomendación. aínda que por outro lado teño que sinalar, que de unha maneira ou

de outra a maioría de guións de éxito agochan baixo a súa estrutura interna, xa sexa máis común ou máis transgresora, os mecanismos

básicos que veñen funcionando dende os clásicos gregos.

Existe tamén unha estrutura externa que ten que ver coas fórmulas

normalizadas para a presentación de guións. En xeral, o modelo mais estendido é o modelo a unha columna (modelo americano), na que se

sitúa a acción, descríbese esta e transcríbense os diálogos o largo das páxinas. O formato ideal de grafía é Courrier New, tipo 12. Cada

escena está sinalada por unha cabeceira en maiúscula, unha liña de referencia na que se pon o nº de escena, se a acción é interior ou

exterior, a localización e se é de día ou noite. Por exemplo: 1. EXT. MONTE. NOITE

A acción descríbese despois dun espazo, sen xustificar, e ao ancho da

páxina. Os diálogos ocupan unicamente o terzo central da folla e serán precedidos polo nome en maiúscula da personaxe que os

pronuncie. As anotacións a cada personaxe póñense debaixo do nome, antes do dialogo e entre parénteses. Normalmente non se fan

indicacións técnicas de movementos de cámara ou encadres, así

como o modo de transitar entre secuencias ou planos, sen embargo se o guionista o considera axeitado para expresar mellor unha idea

non hai nada que lle impida utilizar este tipo de tecnicismos, aínda que iso e labor do director coa confección do guión técnico.

A normalización dos guións permite un bo traballo de produción, é

fundamental para que o director de produción poida organizar o plan de traballo e dividir as sesións.

Cada páxina de guión está estipulado que corresponde

aproximadamente a un minuto de ficción, e para cada minuto de ficción presupóñense polo menos dúas horas de rodaxe.

aínda que para escribir guións podemos utilizar calquera procesador

de texto, existes programas especializados que xustifican e tabulan

automaticamente a escritura conforme os estándares como MovieMagic Screenwriter, ScriptThing, Sophocles, Final Draft… que

Page 22: Manual producion audiovisual parte 2

ademais de escribir o guión literario soen ter outras ferramentas para

confeccionar outras tarefas da pre-produción como son story-boards, plans de gravación, guión técnico, etc. Nós vamos a afondar no

programa CELTX, que é un software libre para escritura de guións, fácil de utilizar e moi completo.

Exemplo de guión literario: SEC.11 EXT. PARQUE, TARDE

Atopamos a unha parella de nenos, xogando nun parque sen

situación exacta, que dende a máis tenra inocencia xa

tratan de escapar ó incesante axexo da soidade confesándose

os seus anhelos.

NENO

Toma. Rejalocha.

NENA

Gracias! La vamos a plantar

aquí...y así tendremos un árbol

nuestro.

NENO

Vale!

NENA

Tu te vas a casar cuando séas

mayor?

NENO

SÍ. E ti?

NENA

Sí. Voy a tener un marido muy bueno

y muy guapo que me va a cuidar

mucho, mucho.

NENO

E a miña muller vai a ser unha

muller moi guapa coma miña nai, e

farame de comer e eu vouna querer

moito e viviremos sempre felices!

NENA

Yo tambien voy a ser muy feliz...

MULLER

(off)

Page 23: Manual producion audiovisual parte 2

Mar! Mar, nos vamos!

NENA

Tengo que irme... mañana vas a

venir al parque?

NENO

Non o sei, é a primeira vez que me

traen a este sitio.

NENA

A mi también es la primera vez que

me traen. Yo le voy a dicir a mi

madre que me traiga mañana aquí.

NENO

Eu tamén llo vou a decir. Chámaste

Mar?..

MULLER

(off)

Venga niña que es tarde y tenemos

que irnos. Vamos!..

NENA

(levantándose)

Me tengo que ir. Mañana si vienes

al parque te lo digo.( a nena

achegase o neno e dalle un bico na

meixela) Hasta mañana!

O neno quedase mirando como a nena se afasta, levantase e

marcha correndo. A folla queda ocupando o centro da imaxe,

ven un refacho de vento e lévaa consigo, a cámara séguea

ata que vate cun aramado e cae ó chan, quedando en plano o

aramado.