8
Manuel Pereira Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 30 de abril de 2013

Manuel pereira

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Manuel pereira

Manuel Pereira

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

martes 30 de abril de 2013

Page 2: Manuel pereira

Eu facía os quince anos cando remataba a década dos sesenta e a miña conciencia social e política estaba moi limitada, como a de toda a sociedade nesa época, por un sistema informativo precario e absolutamente parcial. Coido que si, que aquel ambiente, dun ou doutro xeito, condicionou a miña maneira de ver o mundo.

Manuel Pereira

1. Como lembra Vostede aquela sociedade dos sesenta so aquel xugo da ditadura? Marcouno no seu futuro persoal e literario?

2. Ouzande, A Estrada, Zaragoza... que supuxeron para aquel xove estes tres lugares un tanto diferentes na súa xuventude? Como podería xustificar que xamais renegase do seu idioma nativo a pesar da súa pronta “emigración”, do seu país, como fixeron outras moitas persoas que sempre viviron por aquí?

Hai outro espazo de emigración anterior a Zaragoza: Asturias. Alí destinaron a miña nai no ano 63, como mestra. É dicir, que de xeito continuo, vivín en Galicia sete anos, despois estiven fóra. Verbo do idioma, eu fun educado en castelán, pero todo o mundo que me rodeaba na aldea era de fala galega e eu sentía un inmenso agarimo cara a esta lingua. Ademais, miña nai, que nacera en La Habana, que ao vir para España estudara Maxisterio e que falaba en español, sentía un gran respecto polo galego. Cando eu tiña cinco ou seis anos, líame poemas de Rosalía de Castro e despois animoume a aprendelos de memoria para recitalos nun festival que houbo no Teatro Principal en 1961 organizado por Radio Estrada. Dese xeito a min, inconscientemente, quedoume a idea temperá de que o galego posuía unha expresión culta. Penso que o meu amor e fervor polo galego comezou aí. Para min, a elección do galego como lingua persoal aos dezaoito anos non foi consecuencia de ningún proceso ideolóxico, senón o desenvolvemento natural dun sentimento infantil que progresou a pesar da miña educación en lugares alleos ao galego.

3. A súa vida estivo un tanto marcada polo “Maxisterio”, ben de proxenitores, ben de Vostede mesmo. Chámanos a atención que na súa obra literaria non figure un espazo para os máis cativos, ou é que “todo se andará”?

A verdade é que nunca sentín esa necesidade como autor. Relaciónome coa literatura infantil de xeito funcional, xa que traballo con nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, pero nunca con vistas a editar. Por suposto, é un xénero que me gusta e, aínda que sinto unha inmensa responsabilidade perante el, é posible que algún día me decida por el. Por dicilo coas vosas palabras: talvez, “todo se andará”.

Na súa casa en Ouzande

martes 30 de abril de 2013

Page 3: Manuel pereira

A escrita de poesía e de narrativa foron á par dende o principio, outra cousa é a publicación. O meu primeiro relato editouse no ano 1992, nun volume que recollía os tres traballos gañadores no concurso de relatos da Casa de Galicia en León. Dependendo do tratamento dun tema aparece unha modalidade ou outra. A prosa ou o verso son opcións determinadas por unha necesidade literaria ou, tamén, de descanso dun xénero para pasar ao outro. Igual que na pregunta anterior respecto da literatura infantil, non sei se escribirei teatro algún día. De momento non está nos meus plans. Pero nunca se sabe. En realidade, o meu tempo de dedicación á literatura é limitado e a miña capacidade tamén, o que me obriga a escoller, acoutar e aproveitar os recursos.

Manuel Pereira

4. Até 2005 só publicou poesía. Como decidiu inmiscirse no mundo da narrativa? En cal dos dous xéneros se sente máis a gusto? Para cando teatro?

5. Os seus diferentes espazos vitais (Ouzande, Galiza, Zaragoza, Madrid) están moi presentes nas súas obras (“Interior con froiteiro e feridas”/“Malas cartas”/ “Tatuaxes”...) ben na narrativa, ben na lírica. Sería quen de empregar espazos imaxinarios, descoñecidos, nas súas obras? Que importancia lle concede Vostede ao espazo na súa literatura?

Nas miñas obras case todos os espazos son imaxinarios, aínda que de procedencia real porque me gusta escribir dende o concreto. O caso máis evidente é Vilaio, a vila de “Malas cartas”, pero tamén en “Traxectos curtos” hai poboacións con topónimos e formas semellantes a algunhas aldeas ou cidades do interior ou da costa. Estes lugares inventados conviven con outros reais: Pontevedra, Santiago, Madrid...E o mesmo sucede na poesía, onde aparecen cidades, viaxes e xeografías. Ademais, considero que calquera espazo tratado literariamente convértese nun territorio imaxinario.

6. Sabemos da súa afección pola fotografía, de feito fotos súas ilustran algunhas obras súas (“Tatuaxes”...). Pódese ser obxectivo detrás da cámara ou tamén aí o narrador (?) cobra un peso importante? Sacou as fotos antes de escribir ou despois xa coa fin de ilustrar?

Hai tres obras nas que están as miñas fotografías: “Traxectos curtos”, a segunda edición de “Todo morte” e “Tatuaxes”. As fotos foron feitas para os textos, non tanto coa intención de ilustrar como de acompañar, con certa coherencia, personalidade e sentido narrativo.

martes 30 de abril de 2013

Page 4: Manuel pereira

Escribir, para min, é dialogar, dirixirse a alguén que motiva e impulsa inicialmente esa conversa que, naturalmente, despois se multiplica. Nese sentido a relación con outras idades é imprescindible e así aparece nas miñas obras. “Días do final” trata de manifestar unha relación, unha sensación e un diálogo imposible co pai finado. E antes, en “Todo morte”, a nai era obxecto central de memoria e homenaxe.

Manuel Pereira

7. En “Días do final” achamos como protagonista a seu pai, é coma unha homenaxe ao seu proxenitor. Até que punto as diferentes xeracións marcaron, ou marcan, a súa obra literaria?

8. En que idioma escribiu e pensou a súa obra “Interior con froiteiro e feridas” que se publicou en edición bilingüe? Até que punto un poema traducido perde do seu ao pasar a outro idioma?

“Interior con froiteiro e feridas” naceu en galego. Até que non estivo escrito de todo, e o texto fixado, non o traducín. Por unha cuestión de tipo práctico e de comodidade. En canto á perda na tradución, podo dicir que eu só teño dous libros traducidos: “Interior con froiteiro e feridas” e “Tatuaxes”. Os dous ao castelán en versións feitas por min, cousa que prefiro porque que dá a liberdade plena de variacións e reescritura se fose necesario. Por exemplo, en “Tatuaxes” hai un soneto no que tiven que modificar, por necesidades métricas, o último terceto. Nese caso prefiro facelo eu a que sexa outra persoa. Isto, claro está, só se pode facer se coñeces ben o idioma ao que traduces, como ocorre no meu caso co castelán. Sen este coñecemento habería que aceptar o criterio e o oficio do tradutor.

9. É Vostede asiduo colaborador en prensa e incluso acadou algunha “Mención de honra” nalgún certame. Axuda a literatura á hora de escribir xornalismo ou é á inversa?

As miñas colaboracións, con certa regularidade, ocuparon dous anos aproximadamente. Publicaba cada quince ou vinte días. Supuxeron unha experiencia magnífica, pero unha excepción. Considero o xornalismo unha profesión nobre, delicada e difícil. Oficio que diferencio do que eu facía: colaboracións máis ou menos frecuentes sen ningún tipo de presión. Semellaban microensaios, pequenas crónicas ou páxinas de diario, pero non se pode falar de xornalismo no sentido estrito. Contestando á vosa pregunta, tanto a literatura como o xornalismo son tarefas nas que as ferramentas esenciais son as palabras e pretenden a comunicación co público. Inmediata, unha; máis serena, a outra. As dúas manexan tempos, necesidades e esixencias diferentes, pero a súa relación é evidente. A literatura benefíciase do estilo áxil e elástico do xornalismo e este debe fuxir de toda tentativa superficial, serenar o impulso inmediato e profundar nos temas desbotando a pura eficiencia narrativa.

Presentación en Ouzande da obra “Interior con froteiro

e feridas”.

martes 30 de abril de 2013

Page 5: Manuel pereira

Manuel Pereira

10. “A distancia”, “o paso do tempo”, “o amor”, “a soidade”... son temas abondo recorrentes na súa obra. Hai outros temas que se nos pasasen algo desapercibidos (Galiza, o compromiso co país, coa sociedade...)? Está no seu maxín escribir con outros temas de fondo?

Raras veces a elección do tema é unha imposición de partida. Hai varios temas que xorden, que me preocupan e que me interpelan na vida e iso leva a que me ocupen literariamente. Ningún está excluído, pero hai que ter en conta que na literatura poden non evidenciarse, senón derivarse ou deducirse de certas posturas ou diálogos dos personaxes. Neste sentido penso que si hai outros temas na miña obra, pero non me corresponde a min enuncialos, senón aos posibles lectores descubrilos. Mesmo poden aparecer outros cos que eu non contaba.

11. E para rematarmos, cerrarase nun futuro o seu ciclo vital voltando ao seu Ouzande natal?

É certo que non vivo en Ouzande mais ca dous meses ao ano. Pero por dedicarme ao ensino podo volver con periodicidade e así estar en contacto coa miña aldea, coa Estrada, con Carballo –concello onde nacera meu pai– e con Galicia, en xeral. Quero dicir que non me sinto, nin me sentín nunca, afastado definitivamente e, por tanto, co devezo imperioso da volta. Cando me retire, pasarei tempadas longas en Ouzande e outras en Madrid, onde está a miña familia e grandísimos amigos e amigas galegos cos que me iniciei e medrei no mundo literario galego.

Homenaxe a Isaac Diaz PardoCon Amancio Prada

martes 30 de abril de 2013

Page 6: Manuel pereira

CUESTIONARIO

martes 30 de abril de 2013

Page 7: Manuel pereira

O cruceiro de

Ouzande.Un monumento

salientábel?

Rosalía de Castro.

“Cantares gallegos”.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Entendo que vos referides a personaxes literarios. Por exemplo, “os feirantes” de

Cunqueiro e o protagonista do “Relato de un náufrago” de García

Márquez.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Valle-Inclá

n e “Luces

de

bohemia”. Un/ha autor

/-a e u

nha obra

literaria

estranxeiro

s?

Con ningún especialmente.

Un personaxe literario co

que se identifique?

“O home que matou a Liberty Vallance” de

John Ford.

Unha película de cine?

A vida con todos os seus recantos e engrenaxes.

Cal é a súa fonte de inspiración

“Calígula” de Albert Camus.

Unha obra teatral?

martes 30 de abril de 2013

Page 8: Manuel pereira

Escribir un libro ao que levo

moitos anos dándolle voltas.Un anceio por rea

lizar?

Todo, nas doses convenientes.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Calquera ao que me leve o amor ou a ilusión. Para descansar,

Ouzande e a praia da Lanzada.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

Calquera proceso de

paz.

Un feito histórico?

Que a forza non

esmague a razón.Unha utopía?

A paixón pola lectura axeita

lugares insospeitados.

Un lugar axeitado para a lectura?

A chamada de cantautores. Varias de Amancio Prada e doutros e outras artistas.

Un tipo de música? Unha canción?

Identificarme, con ningún en concreto.

Admirar, a moitísimos/as.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

A literatura non é un entretemento no meu caso, senón un afecto esencial e un oficio. Entretementos son o cine, a fotografía, a

conversa e camiñar.

Outro entretemento ademais da lectura?

martes 30 de abril de 2013