51
TEMA DO MES Páx.2 TEMA DO MES Páx.3 BARRIOS Páx.11 Anulación do PXOM: o Concello solicita or- denación provisional Remiten á Xunta a certificación rexistral do solar xudicial O CCA Couto Centro entrega os premios da campaña do Día do Pai DEPORTES Páx.26 CD Ourense: primeira derrota co novo adestrador Número: 103 - Ano: X - Marzo 2011 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 O centro de saúde licitarase antes de maio, afirma o alcalde O Centro Municipal de Información e Atención á Muller atópase na rúa Ensino, no barrio de O Couto. /P.L. A VALENZÁ Páx. 9 O Nadal xa está aquí [páx. 15 e páx. 39-42] Novas instalacións para o Centro de Información á Muller Entrevista á Ángeles Rodríguez (Fundación Cum Laude): “Xuntos cremos que merece a pena tentar cambiar o mundo” [páx.17] Confírmanse 10 novos grupos no cartel do XVI Derrame Rock [páx.39] Vodas, Bautizos e Comuñóns [páx.29-35] Especial [páx. 4-5]

Marzo 2011 - OUXB

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A anulación do Plan Xeral de Urbanismo de Ourense é un dos temas máis importantes este mes en Ourense por Barrios. Nunha ampla información analizamos como se produciu e as consecuencias que nos agardan. A febre de inauguracións copa tres das catro portadas de Ourense por Barrios do mes de marzo. A prohibición da Xunta Electoral central de realizar visitas a infraestruturas públicas ou inauguracións despois do 29 de marzo fixo que nas últimas semanas a visita dos políticos do goberno local a novas instalacións municipais fora unha constante.

Citation preview

Page 1: Marzo 2011 - OUXB

TEMA DO MES Páx.2 TEMA DO MES Páx.3 BARRIOS Páx.11

Anulación do PXOM: o Concello solicita or-denación provisional

Remiten á Xunta a certificación rexistral do solar xudicial

O CCA Couto Centro entrega os premios da campaña do Día do Pai

DEPORTES Páx.26

CD Ourense: primeira derrota co novo adestrador

Número: 103 - Ano: X - Marzo 2011 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O centro de saúde licitarase antes de maio, afirma o alcalde

O Centro Municipal de Información e Atención á Muller atópase na rúa Ensino, no barrio de O Couto. /P.L.

A VALENZÁ Páx. 9

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

Novas instalacións para o Centro de Información á Muller

Entrevista á Ángeles Rodríguez (Fundación Cum Laude): “Xuntos cremos que merece a pena tentar cambiar o mundo” [páx.17]

Confírmanse 10 novos grupos no cartel do XVI Derrame Rock [páx.39]

Vodas, Bautizos e

Comuñóns [páx.29-35] E

spec

ial

[páx. 4-5]

Page 2: Marzo 2011 - OUXB

� Ourense por BARRIOSMarzo de �011 TEMA DO MES

Redacción

Finalmente o Concello de Ourense remitiu á Conse-llería de Presidencia a cer-tificación rexistral que lle esixía para poder licitar as obras do edificio xudicial. Nun primeiro momento a administración local en-viara á Xunta unha acredi-tación da inscrición rexis-tral do solar que databa de abril de �010, ao entender desde o Concello que non era preciso unha certifica-ción actualizada. “A propia rexistradora me di que non se pode rexistrar dúas ve-ces”, explicaba o alcalde, Francisco Rodríguez, quen reflexionaba, con sorna, so-bre este asunto: “cando che fan un regalo, que che po-ñan tantas trabas...”

Desde o mes de outubro, a Xunta viña reclamando ao Concello de Ourense

O Concello remite á Xunta a certificación rexistral do solar para o edificio xudicial4 A Consellería de Presidencia reclamáballe este documento para poder licitar as obras.

que acordase a cesión dos terreos necesarios con todas as garantías xurídicas para culminar os trámites xurídi-cos e materiais que permiti-ran formalizar a aceptación da cesión e poder retomar o procedemento de licita-ción iniciado para executar o novo edificio xudicial, que tivo que ser paraliza-do polos defectos nas ex-propiacións levadas a cabo polo Goberno local. Ata en cinco ocasións o Goberno galego solicitou ao Con-cello que lle enviara a do-cumentación precisa para poder continuar co proceso de licitación, feito que lle valeu ao PP para criticar, por boca do seu candidato Rosendo Fernández, ao bi-

Unha plataforma veciñal reclama a estación soterrada4 O Concello autoriza a sinatura do protocolo para a integración ferroviaria da cidade.

Solar en O Couto onde está previsto construir o edificio xudicial e máis o centro de saúde./ARQUIVO.

partito local por mandar a documentación “a con-ta gotas”. A súa compa-ñeira de partido Mónica Mourelo explicaba que a certificación actualizada era precisa “para ter ga-rantías xurídicas, sen esta seguridade xurídica po-dese correr o risco de que no futuro haxa indemniza-cións aos propietairos e á empresa”.

Entre os últimos do-cumentos requeridos ao Concello estaban un plano no que se localiza a parce-la cedida, e a certificación rexistral agora remitida. O pasado � de marzo, a Xunta de Goberno Local acordara de novo a cesión do solar á Xunta.

O Concello entendía que non era preciso unha certificación rexistral do solar actualizada, a Xunta pedía que si

Redacción

Para o día 31 de marzo, ás �0 horas, está convo-cada unha manifestación para reclamar que a entra-da da alta velocidade na cidade se faga soterrada e que se respecte o edificio actual da estación Empal-me. Organizada por unha plataforma veciñal, a ma-nifestación partirá da pra-za da Marina e rematará fronte a estación de tren.

A convocatoria de ma-nifestación producirase logo de que o 17 de marzo a Xunta de Goberno local autorizase a sinatura do protocolo de colaboración entre Concello, Fomento, ADIF e Renfe para a in-tegración do ferrocarril en Ourense. O documento recolle expresamente a vontade das partes de in-corporar a este protocolo á Xunta de Galicia.

O proxecto de integra-ción ferroviaria de Ourense non prevé o soterramento das vías na estación Empal-me, tan só a súa cubrición nun tramo de 500 metros. Durante a súa presentación a finais de febreiro, o se-cretario de Estado de Infra-estruturas, Víctor Morlán, argumentou que o soterra-mento das vías á súa en-trada á cidade ocasionaría un retraso de tres anos na chegada da alta velocidad a Galicia. Desde a Xunta, que non está de acordo con esta solución, insisten en que a chegada do AVE en superficie non debería im-pedir que, nunha segunda fase, se puidera proceder ao seu soterramento.

O Ministerio de Fo-mento, a través de ADIF, vén de licitar dous con-tratos para a redacción dos proxectos de pla-taforma dos subtramos Taboadela-Seixalbo e Seixalbo-Estación de Ourense, que suman os últimos 16,9 quilóme-tros de acceso á estación de Ourense-Empalme. O orzamento conxunto de licitación ascende a 6.800.000 euros.

Esta solución permite liberar o corredor ferro-viario actual e dá servizo aos tráficos de viaxeiros e de mercadorías, que circu-larán por vías independen-

Aspecto actual da praia de viais da estación Empalme.

Infografía da nova estación e a zona que se cubrirá.

tes, o que potenciará o uso da vía existente para dar circulación ás mercado-rías, asegura Fomento.

Cara á metade deste tramo está prevista a co-nexión da plataforma de alta velocidade coa liña férrea actual Zamora-Ourense mediante unha terceira vía de ancho ibé-rico que tamén chega até a estación de Ourense.

O proxecto inclúe tamén tres ramais de ligazón coa liña convencional Ouren-se-Monforte-Lugo.

O Ministerio prevé man-ter o servizo ferroviario en todo o momento durante a realización dos traballos.

4Licitada a redacción dos proxectos entre Taboadela e a estación

Page 3: Marzo 2011 - OUXB

3Ourense por BARRIOSMarzo de �011TEMA DO MES

ANULACIóN DO PXOM

O Concello solicita á Xunta unha ordenación provisional4 A corporación demanda ademais ao Goberno galego a suspensión en parte do PXOM de 1986 e acorda suspender a concesión de licenzas de parcelación, demolición e edificación.Paula Lodeiro

Apenas oito anos de vida. É o curto percorrido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ourense, que o Tribunal Supremo acaba de tumbar, ao non admitir o recurso de casación pre-sentado polo Concello de Ourense contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 2008 que anulaba o planeamento por faltarlle un informe de telecomunicacións. Conse-cuencias: queda vixente o plan xeral anterior, que data de 1986, e urxe a aproba-ción dunha normativa pro-visional mentres o Conce-llo non remate o novo plan xeral (en redacción desde 2009).

Por iso, unha semana despois de ser coñecido o fallo do Supremo, e en sesión plenaria extraordi-naria, a corporación muni-cipal de Ourense aprobou -co rexeitamento do Partido Popular- solicitar á Xunta a suspensión en parte do PXOM de 1986 -o que está agora vixente- e a aproba-ción dunha ordenación pro-visional. Tamén se acordou suspender a concesión de licenzas de parcelación, demolición e edificación en todo o termo municipal.

Os populares xustifica-ron o seu voto en contra por mor das críticas reci-bidas no pleno por parte da tenente de alcalde, Isabel Pérez: “nos vimos obri-gados polo seu desprezo e chulería”, afirmou o vocei-ro popular, Enrique Nóvoa. Pouco antes a concelleira

4 Planeamento que se propón incorporar

Vista xeral de Ourense./ARQUIVO.

nacionalista cualificara de “chapuza lamentable” o PXOM aprobado polo PP en �003 e pedira respon-sabilidades políticas a este partido, que naquel tempo gobernaba en Ourense e na Xunta. “Teñen que dar ex-plicacións e pedir perdóns”, esixiu Isabel Pérez.

O voceiro popular lamen-tou que o bipartito non bus-cara o consenso neste tema e defendeu o PXOM agora defenestrado: “estamos a falar dunha ferramenta que lles permitiu sacar millei-ros de licenzas”, engadindo que o plan caeu “por temas administrativos, dos que asumimos responsabilida-des” pero que a xustiza non cuestiona o modelo de cida-de que propuña o PP neste ordenamento.

Colaboración da XuntaA Xunta de Galicia xa

amosou a súa disposición a colaborar nun tema que consideran prioritario; así o expuxo tanto o seu presi-dente como o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Porén, ao mesmo tempo os dirixen-tes autonómicos criticaron ao goberno municipal de Ourense: “non estariamos nesta situación se o Con-cello de Ourense tivera fei-to os seus deberes, en tres anos é posible redactar un plan xeral”, afirmou o con-selleiro Agustín Hernández (a concelleira de Urbanis-mo, Aurea Soto, asegurara que “o máis rápido en apro-bar un plan xeral son cinco anos”).

A primeira reunión bi-

Á ordenación provi-sional que debe redactar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas o Concello de Ourense propón que se lle incorpore todo o pla-neamento desenvolto nos últimos catro anos.

A concelleira de Urba-nismo, Aurea Soto, citou, entre outros, o ámbito para o edificio xudicial, centro

lateral xa tivo lugar entre a secretaria xeral de Urba-nismo e a edil de Urbanis-mo de Ourense. O propio Agustín Hernández, re-únese este mércores, 30 de marzo, con representantes dos empresarios de Ouren-se, así como dos colexios profesionais vinculados co sector da construción, co obxecto de abordar con eles a situación do urbanismo na cidade tras a anulación defi-nitiva do PXOM.

A pesar das críticas mu-tuas, goberno local e auto-nómico están obrigados a entenderse polo ben do mu-nicipio. “Se imos da man desto saímos”, concluía a edil de Urbanismo unha das súas intervencións na se-sión plenaria.

A Xunta de Galicia ofreceu a súa colaboración para axudar a resolver o problema do urbanismo na cidade, e ao mesmo tempo, criticou ao goberno municipal: “non estaríamos nesta situación se o Concello de Ourense tivera feita os seus deberes”

de saúde de O Couto, e sede da Confederación Hidrográ-fica Miño-Sil; o da Moline-ra; o conxunto dotacional de Radio Ecca; o complexo deportivo de Eiroás; o plan parcial de A Farixa; a AR-39 -E da Finca Mariñaman-sa; as áreas de reparto no contorno da ronda bulevar con proxectos de compen-sación e urbanización apro-bados; os ámbitos do BIC

das Burgas, campus e A Chavasqueira, e os dous solos urbanizables de Seixalbo e Santa Cruz.

A inminencia do fallo do Supremo fixo que o Conce-llo de Ourense apurara ata o último momento a con-cesión de licenzas, como a que recibiu El Corte Inglés para o seu centro comer-cial tres días antes de que se anulara o plan.

Page 4: Marzo 2011 - OUXB

� Ourense por BARRIOSMarzo de �011

BARRIOS

Autoridades nun dos despachos do novo Centro Municipal de Información e Atención á Muller, en O Couto. /PAULA LODEIRO.

Febre de inauguracións en véspera electoral4 O Concello estrea ata sete instalacións municipais na semana anterior a que a Xunta Electoral prohiba as visitas e inauguracións de obras públicas. P. Lodeiro

A prohibición da Xunta Electoral Central da reali-zación de visitas e inaugu-racións de obras públicas a partir do 29 de marzo supuxo unha frenética ac-tividade de descubrimento de pracas nas últimas se-manas.

Ata sete instalacións mu-nicipais foron inauguradas polo Concello de Ourense nos últimos días: a nova sede de Urbanismo, as no-vas instalacións da Univer-sidade Popular, o Centro Municipal de Información ás Mulleres, o Centro Cívi-co de A Ponte, o horto edu-cativo de Mariñamansa, o parque dos Carroleiros e o Centro Cívico das Termas. Nesta voráxine de visitas tamén se inclúe a dun edi-ficio que entrará pronto en

Na maioría dos casos as obras foron financiadas con fondos do FESL 2010, coa excepción da sede de Urbanismo, rehabilitada con fondos do Plan E de 2009, e os locais para a Universidade Popular, reformados con cargo ao orzamento municipal

funcionamento: o restau-rante das Pozas de Maimón. Na maioría dos casos, as obras foron realizadas con fondos Plan Estatal de Em-prego e Desenvolvemento Local 2010.

Sede de UrbanismoA primeira das inaugu-

racións foi a da nova sede de Urbanismo, na rúa Padre Feijoo do casco histórico, aínda que os servizos muni-cipais non se trasladarán ao inmoble ata Semana Santa. A restauración foi posible grazas ao Plan E de 2009, cun custo total de 1,7 mi-llóns de euros.

CIMMO antigo edificio de Radio

Ecca no barrio de O Couto acolle desde este mes as novas instalacións do Cen-tro Municipal de Informa-

ción e Atención á Muller. A rehabilitación do inmoble supuxo un investimento de 600.000 euros.

As novas instalacións do CIMM, distribuidas en tres plantas, contan con salas de atención correspondentes á educadora, psicóloga e traballadora social; espazo para a asesoría xurídica e departamentos administra-tivos. Como novidade, o edificio está dotado dun servizo de gardería así como dun centro de docu-mentación en materia de xénero, así como unha sala multiusos.

Universidade PopularNo barrio de As Lagoas

creouse a nova sede da Universidade Popular, dúas aulas situadas na rúa Vas-co da Ponte que acollerán a parte dos máis de 1.400

Page 5: Marzo 2011 - OUXB

�Ourense por BARRIOSMarzo de �011BARRIOS

ourensáns que participan actualmente nos cursos e obradoiros da Universida-de Popular. A actuación foi financiada con cargo ós Or-zamentos municipais, cun investimento de 216.000 euros.

Centro CívicoUn novo edificio vén

sumarse á rede de Centros Cívicos da cidade: o de A Ponte, situado na rúa Eulo-gio Gómez Franqueira.

Nas instalacións inves-tíronse 930.000 euros con cargo ao Fondo Estatal de Sostenibilidade Local. O edificio divídese en tres plantas: soto, planta baixa e planta alta e conta con dúas salas polivalentes, unha ludoteca, un aula de uso polivalente, un salón de actos, unha aula de in-formática, unha sala de lectura e a Unidade Inter-disciplinar de Intervención Social, que pode funcionar independentemente do res-to do inmoble, posto que conta cun acceso propio.

Horto educativoDoutra banda, o horto

educativo que se ía cons-truir no parque Angelita

Paradela trasladouse a Ma-riñamansa, entre a rúa Marie Curie e o paseo do Barbaña, onde acaba de ser inaugura-do. Investironse 328.000 euros de fondos estais neste proxecto que supón a crea-ción de 22 parcelas para os cidadáns en xeral, persoas con mobilidade reducida e escolares.

Parque dos CarrileirosO Parque dos Carrilei-

ros, na rúa da Canle, pecha a ronda de inauguracións. Neste proxecto de mellora sobre uns terreos de 3.600 metros cadrados investíron-se medio millón de euros procedentes do FESL de 2010. Acometeuse tamén unha ampliación do circui-to deseñado pola Asocia-ción Cultural Carrileiros de Foula e do seu Museo do Tren.

Centro Cívico “As Ter-mas”

Finalmente, o novo Cen-tro Cívico “As Termas”, na Praza �00, foi inaugu-rado o luns 28 de marzo. A actuación supuxo un investimento de 193.000 euros procedentes do Fon-do Estatal para o Emprego

Nova sede de Urbanismo, na esquina das rúas García Mosquera e Padre Feijoo./P.L.

Exterior do Centro Cívico da Ponte, na rúa Eulogio Gómez Franqueira, o día da súa inauguración./RAMSÉS.

Centro Cívico das Termas, nas vivendas da praza 200 de O Pino./ÁNGEL PAZOSHorto educativo en Mariñamansa./RAMSÉS.

e a Sustentabilidade Lo-cal, ademais dos 250.000 euros que lles custara ao Concello a adquisición de dous locais. Entre os dous suman 322,46 metros ca-drados para acoller as súas actividades de reunión, cul-tura, acceso ás novas tec-noloxías, usos recreativos e usos polivalentes.

Futura apertura do res-taurante da zona termal

A infraestrutura que non deu tempo a inaugurar an-tes do período de prohibi-ción de actos é o restauran-te das Pozas de Maimón, en Reza. Iso non foi impe-dimento para unha visita ás instalacións da concelleira de Turismo e Termalismo, Ana Garza, que anunciou a apertura para o vindeiro 1� de abril.

O futuro restaurante ocu-pa un edificio dunha única pranta baixa e dous acce-sos, cunha zona axardinada no contorno e cun punto de información turística.

As obras do restaurante foron desenvoltas con cargo ao FEIL 2009. A adxudica-ción da instalación hostelei-ra recaeu en Jose Luiz Váz-quez, cunha concesión a dez anos non prorrogables.

Page 6: Marzo 2011 - OUXB

6 Ourense por BARRIOSMarzo de �011

BARRIOS

EN BREVE

Celebración do Día da Árbore en VistahermosaO delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez celebrou o día da árbore cunha

plantación de árbores no CEIP de Vistahermosa. No acto participaron tamén 50 rapa-ces do colexio que axudados polos responsables do Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural e as brigadas forestais plantaron medio cento de árbores, entre eles cerdeiras, bidueiros e castiñeiros.

Os rapaces aprenderon a plantar unha árbore e recibiron información sobre como coidar os montes, como por exemplo, a importancia da reforestación, non esquecerse das fogueiras, non deixar lixo no monte.... Aprenderon tamén as funcións dos axentes forestais e cómo actúan en caso de incendio, ademais da vestimenta que empregan para facerlle fronte ás lapas.

Martínez con alumnos do colexio de Vistahermosa.

Carlasca apoia a Demetrio Espinosa4 En resposta ás críticas de Limiar sobre o bonsai da ro-tonda de Marcelo Macías. Redacción

Tralas recentes críticas de Limiar (a Comisión de Traballo de Medio Am-biente da Federación de Asociacións de Veciños) ao macrobonsai colocado na rotonda de Marcelo Macías por considerar o seu custo (12.000 euros) excesivo para a actual situación económica, a

AA.VV. Carlasca de A Car-balleira define dito orna-mento como un dos “máis bonitos e baratos da cidade, xa que ningún baixou dos 125.000 euros” e acusa a Limiar de ser ela un verda-deiro “gran mal gasto” para o Concello, ao que insta a comprobar como “moitas das Asociacións de Veci-ños que están na comisión delegada só abren as súas

portas para os cursos que organiza o órgano muni-cipal e algunha nin iso, mentras o mesmo paga os seus alugueres con fondos públicos”.

Con estas afirmacións Carlasca quere mostrar o seu apoio ao conce-lleiro de Medio Ambien-te, Demetrio Espinosa, máximo responsable do “Plan de Rotondas” que está en marcha na nosa cidade e que consiste no embelecemento dos acce-sos a Ourense con maior tránsito, como é a rúa na que está sito o polémico bonsai de olivo de 620 anos, ao que a asociación de A Carballeira conside-ra nada caro para a idade que ten.

ADEGA cuestiona a poda no parque de San Lázaro4 Non a ven xustificada.

Unha árbore do parque de San Lázaro trala poda./J.E.

Redacción

A asociación ecoloxista ADEGA cuestiona a poda realizada nos plátanos do parque de San Lázaro, incluida nun proxecto de remodelación do parque elaborado pola Concelle-ría de Medio Ambiente. O departamento munici-pal prevía “a realización dunha poda especializada de árbores, que garanta o seu bo estado de saúde, e aumente a entrada de luz, mantendo as zonas de sombra precisas”.

Desde este colectivo ecoloxista non compar-ten a opinión dos técnicos para xustificar esta poda, que afectou a máis dun-

ha ducia destas árbores no céntrico parque ourensán. “Aínda que lle dean cicatri-cante, as zonas quedan moi debilitadas e sensibles á podedumbre e aos fungos”, apunta o seu responsable lo-cal Xan Carlos Rodríguez, que sinala ademais que no Parque de San Lázaro “é ne-cesaria a sombra no verán, e no inverno non hai proble-ma de falta de luz porque son árbores caducifolias”. Tampouco a xustifican para evitar os estorninos “porque traslada o problema a outras zonas”. “En Ourense non conseguimos que as autori-dades e as árbores se leven ben”, conclúe Rodríguez, que extende as críticas á tala na Alameda da Ponte.

4 Vistahermosa está en festas

Os días 29 e 30 de abril e 1 de maio Vistahermo-sa celebra as súas festas maiores na honra de San Xosé, coa actuación das orquestras Sintonía de Vigo, Marbella e Olym-pus e os grupos Ciclón e La Oca en sesión de noite, así como cun pasarrúas a cargo da Banda de Música de Vilanova dos Infantes e unha misa solemne duran-te a mañá do domingo.

4 Proxecto “Camiño Escolar”

A concelleira de Edu-cación, Ana Garrido, e o xefe provincial de Tráfico da DGT David Lloren-te, asistiron á entrada en funcionamento dos no-vos sinais que identifican o percorrido e puntos de encontro das tres rutas es-tablecidas no barrio de O Couto para que os escola-res podan chegar a pé de forma segura ao seu co-lexio dentro do proxecto “Camiño Escolar”.

Son, en total, 11 sinais coas identificacións de Camiño Escolar e Punto de Encontro, sitas en Pra-za do Couto, na subida da Rampa de Sás, rúas Fran-cisco de Moure e Monse-ñor Xosé Alvarez, Praza Soroya, Villarreal (esqui-na con Ervedelo), Erve-delo (esquina con Xesús Soria), Fernández Mázas, entre outras, así como nas proximidades do colexio (entrada e saída do cen-tro).

O proxecto “Camiño Escolar” da Concellería de Educación, iniciado en 2009 en O Couto, busca favorecer que os rapaces vaian andando á escola de maneira segura.

Page 7: Marzo 2011 - OUXB

7Ourense por BARRIOSMarzo de �011 PUBLICIDADE

Page 8: Marzo 2011 - OUXB

8 Ourense por BARRIOSMarzo de �011

EN BREVE

BARRIOS

Redacción

O presidente galego remarcou, durante a inau-guración da residencia de maiores de Barrocás, que a Xunta está cumprindo a súa axenda social a pesar da crise económica coa posta en marcha de 4.550 novas prazas en residen-cias de maiores, centros de día e garderías nos �3 meses que van de lexisla-tura. “Neste momento po-demos comprobar que a axenda social do Goberno se está cumprindo no ano 2009, 2010 e no primeiro trimestre de �011”, salien-tou Alberto Núñez Feijóo lembrando que o plan so-cial do Goberno galego prevé un investimento de 800 millóns de euros ata o ano 2013.

O titular da Xunta vi-sitou a nova residencia de maiores da cidade de Ourense, xestionada pola

empresa Geriatros. Núñez Feijoo asegurou que o Go-berno galego vai “seguir traballando e facendo fin-capé no social”. “O social tamén crea emprego e en momentos de crise eco-nómica é preciso priorizar investimentos”, afondou, “e eu espero e desexo que ao longo da lexislatura poi-damos seguir ofrecendo estes datos de incrementos tan notables en residencias, centros de día e garderías”. “Incrementos que incluso en tempos de bonanza eco-nómica non se superaban”, destacou.

Datos de OurenseO presidente da Xunta

aportou os datos da provin-cia de Ourense e explicou

que, no que vai de lexisla-tura, se incrementaron as prazas de residencias un 1�% e as de centros de día un 45,6%. “Estamos, polo tanto, ante incrementos moi potentes, moi fortes”, subliñou.

“Hoxe temos ocasión de coñecer unha residen-cia financiada maioritaria-mente con fondos públi-cos que leva funcionando desde principios de mes con capacidade de 1�0 maiores e que se vén a engadir a outras residen-cias que tamén entre todos fomos capaces de arrancar nos últimos meses a pesar de crise económica”, dixo. “Os maiores necesitan e merecen unha asistencia de calidade”, concluíu.

Feijoo inaugura a residencia de maiores de Barrocás4 Ten capacidade para 150 maiores.

4 Nova liña de autobús a Velle

Os veciños de Velle dis-porán en días dunha nova liña de transporte urbano longamente demandanda.

A nova liña 27 unirá Velle con O Polvorín os días laborables e os sába-dos, coa primeira saída ás 07:25 desde O Polvorín e ás 7:50 desde Velle, e o último servizo ás 22:10 horas desde Velle. A liña comezará a prestar servizo o 4 de abril.

Autobús urbano./ARQUIVO.

4 Transporte metropolitano

A Xunta de Galicia transmitiu nunha carta ao Concello de Ourense que non existe impedimento algún para firmar o conve-nio de Transporte Metro-politano nesta área.

O director xeral de Mobilidade, Miguel Ro-dríguez Bugarín, insiste na misiva en que o novo Plan de Transporte Metro-politano pódese implantar en Ourense sen ter que decidir a ubicación dos intercambiadores, “xa que son dúas cuestións independentes que poden poñerse en práctica en diferentes fases”. Coa si-natura do convenio o que cambia é a posibilidade de que os ourensáns accedan á tarxeta única e ao novo sistema tarifario, “xa que a entrada dos autobuses interurbanos se realizaría do mesmo xeito que o fan actualmente”.

O presidente da Xunta saúda a varios usuarios da residencia /CONCHI PAZ.

O presidente da Xunta cifrou en 4.550 as novas prazas creadas en residencias de maiores, centros de día e garderías no que vai de lexislatura

Cinco cooperativas escolares reciben un NIF “simbólico”

Alumnos de catro colexios de Ourense recibiron de mans do subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, e do concelleiro de Economía, Agustín Fernández, os NIFs “simbólicos” cos cales as cinco cooperativas educativas que crearon poderán formalmente desempeñar a súa ac-tividade. Son un total de 70 escolares dos centros educa-tivos de Vistahermosa, Manuel Luis Acuña, o CPI José García García e o centro de educación especial Miño.

A actividade enmárcase no Plan Municipal de Fomen-to da Cultura Emprendedora e con ela preténdese difun-dir a cultura emprendedora entre o alumnado partindo da creación na aula dunha cooperativa escolar utilizando a fabricación de produtos e a importación/exportación dos mesmos con cooperativas socias. O resultado final destas iniciativas é a venda dos produtos xerados nun mercado da localidade.

Acto de entrega do NIF simbólico na Subdelegación do Goberno./RAMSÉS.

Os comerciantes consideran que as rebaixas de inverno non foron malasRedacción

Tan so un 1�% dos co-merciantes ourensáns consideran que a campaña de rebaixas de inverno foi mala ou moi mala, men-tres que un 85% valoran estas rebaixas como re-gulares, boas e moi boas, segundo datos feitos pú-blicos pola Federación de Comercio de Ourense. Iso si, a metade dos enquisa-dos en Ourense conside-

ran que este ano foi peor que o anterior.

O presidente da Federa-ción, Aurelio Gómez Villar, valora positivamente este período de rebaixas, porque serviu para mellorar os re-sultados dunha temporada marcada pola crise. “Case o 80% dos comerciantes manifestan que as rebaixas representan entre o �0 e o 40 % do total da facturación dos seus negocios, o que da idea da importancia que teñen estas campañas para o comercio local”, subliña Aurelio Gómez Villar.

Os comerciantes afrontan agora con ilusión e optimis-mo a nova campaña prima-vera - verán.

Page 9: Marzo 2011 - OUXB

9Ourense por BARRIOSMarzo de �011A VALENZÁ

PLENO MUNICIPAL DE BARBADÁS

O centro de saúde de A Valenzá licitarase antes de maio, segundo o alcalde4 Unha moción socialista urxía o inicio das obras.Redacción

O incumprimento por parte do PP “das súas pro-mesas públicas en relación ao centro de saúde” foi un dos principais motivos es-grimidos polo voceiro do PSdeG, Xosé Carlos Val-cárcel para a presentación dunha moción que urxe o comezo das obras no pleno municipal de Barbadás de marzo. Ante as presións dos dous voceiros da oposición con respecto aos prazos, o alcalde, José Manuel Frei-re Couto, foi impreciso na súa resposta ao afirmar que “está para sair a licitación no Diario Oficial de Gali-cia”, engadindo que se pu-blicará en todo caso antes do mes de maio.

Na mesma sesión plenaria tamén se debatiu unha mo-

ción socialista para manter o Servizo de Medicina Interna en Piñor. O PSdeG aceptou as emendas propostas polo BNG en relación ao coidado digno dos enfermos de saú-de mental e a valorización das instalacións do hospital do Toén. Tamén o grupo de goberno do PP presentou un grupo de emendas, o que xerou controversia, ao con-siderar os socialistas que se trataron de introducir “con calzador e dun xeito impre-ciso respecto do seu conti-do”. Os populares propuñan ubicar provisionalmente as prazas hospitalarias que se van suprimir en Piñor onde sexa pertinente no CHOU e que se considere esta medi-da como transitoria. Traba-lladores de Piñor presentes entre o público abandonaron a sesión ao non deixarlles o

alcalde intervir. O PSdeG tamén presen-

taba outra moción para a supresión de barreiras ar-quitectónicas coa que os

Pleno en Barbadás no mes de marzo./P.LODEIRO.

Denuncian in-cumprimentos na recollida de lixoRedacción

O BNG de Barbadás de-nuncia que a empresa con-cesionaria da recollida do lixo e da limpeza viaria, GESECO, non cumpre coas condicións estipula-das na contrata adxudica-da en 2007 por un periodo de 25 anos.

Afirman os nacionalistas que as parroquias de Bar-badás están discriminadas en relación con A Valenzá, a pesar de pagar a mesma taxa polo servizo en todo o concello. Nos núcleos rurais só se recolle o lixo tres veces por semana e os peóns da limpeza viaria traballan unicamente en A Valenzá.

As críticas exténdense á falta de limpeza dos con-tedores, a carencia dunha nave para almacén e ves-tiario dos traballadores e a ausencia de nova maqui-naria comprometida, todos eles puntos incluidos nas condicións da concesión.

concelleiros do PP non es-tiveron de acordo.

Na mesma sesión o grupo de goberno do PP aprobou a relación de postos de traba-

llo, coa oposición de BNG e PSdeG, así como a orde do servizo de axuda no fogar, coa abstención da oposición.

Page 10: Marzo 2011 - OUXB

10 Ourense por BARRIOSMarzo de �011

Laser Natura: Santo Domingo, 33.

Laser Natura cumple un ano ofre-cendo os seus servizos de estéticaAdemais de fotodepilación, a franquicia foi in-corporando novos tratamentos.

A franquicia de Laser Natura en Ourense cumple un ano ofrecendo os seus servizos de estética desde a súa sede na céntrica rúa Santo Domingo.

Especializada en fotode-pilación, ao longo destes doce meses foi sumando novos tratamentos aos seus servizos estéticos. Entre eles sobresae a de-nominada liposucción sen ciruxía: a cavitación de Thermomedic, unha cavi-tación médica coa que se consigue reducir volume e peso.

O seu persoal (mascu-lino e feminino) realiza tamén tratamentos de pre-soterapia, especialmente indicados para aqueles que teñen problemas de pernas cansas ou retención de líquidos. A presoterapia

combinada coa cavitación ofrécense en tratamentos de adelgazamento para conse-guir baixar dúas tallas en seis sesións.

Contan tamén con ma-saxes de todo tipo, como drenantes ou anticelulíticos, así como coa plataforma vi-bratoria.

En Laser Natura ofrecen cavitación médica de Thermomedic: a liposucción

sen ciruxía

VIII Paseo pola saúdeRedacción

A loita contra a resisten-cia aos antimicrobianos é o tema do Día Mundial da Saúde 2011, que a Con-cellería de Sanidade de Ourense conmemorará or-ganizando a VIII Feira da saúde: Paseo pola saúde. Os stands estarán instalados na rúa Bispo Cesáreo os días 7 e 8 de abril, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas.

Neste evento estarán pre-sentes 37 asociacións de saúde que ofrecerán distin-tas actividades, entre elas a posibilidade realizar probas sanitarias gratuitas (índice de glucosa en sangue, da ten-sión arterial, do osíxeno en sangue, coximetrías, indice de masa corporal, probas de alcolemia…). Tamén haberá degustacións, xogos, confe-rencias, obradoiros, asesora-mento médico e psicolóxico, e música en vivo a cargo do grupo Escorba Jazz.

Como novidade este ano,

e dada a coincidencia nas datas co Día Mundial do cancro de colón, a Conce-llería de Sanidade en co-laboración coa Asociación Española contra o Cancro de Ourense aproveitarán para difundir a importan-cia da prevención do can-cro colon-rectal a través da instalación dunha estrutura xigante que simulará un co-lón para que os cidadáns a traves de visitas guiadas co-

ñezan o seu funcionamen-to dun xeito lúdico.

O Concello de Ouren-se quere facer extensiva a conmemoración do Día Mundial da Saúde a toda a cidadanía, polo que estará previsto que nas farma-cias de todos os barrios se realicen probas sanitarias gratuitas durantes estes días, grazas a colabora-ción do Colexio Oficial de Farmacia.

Stands do paseo pola saúde do ano pasado./ARQUIVO.

SOCIEDADE

Page 11: Marzo 2011 - OUXB

11Ourense por BARRIOSMarzo de �011PUBLI-INFORMACIÓN

O Centro Comercial Aberto Couto Centro entre-gou os premios da campaña “Relax e aventura para o pai con Couto Centro”, que consistiron en cinco bonos de relax e de aventura para dúas persoas en Laias Cal-daria e en Gaels.

Nesta campaña de pro-moción do comercio do ba-rrio de O Couto con motivo do Día do Pai resultaron agraciados Maripaz Fer-nández, que cubriu a pa-

O Centro Comercial Aberto Couto Centro entrega os premios da campaña “Relax e aventura para o pai”Cinco persoas resultaron agraciadas cos premios, que consis-tiron en sesións de relax no Balneario de Laias Caldaria e acti-vidades de aventura nas instalacións de Gaels

Imaxe da campaña desenvolvida por Couto Centro con motivo do Día do Pai.

peleta en Reicasa Ourense; Ana Belén Hermida, que cubriu a papeleta en Alfom-bras Hnos. Barros; Patricia Gonçalvez, que fixo o pro-pio no colexio Valle Inclán; Daniel Pérez, que entregou o seu boleto en Foto Miguel Jareño; e finalmente José V. Méndez, que cubrira a súa papeleta en Inforcom Orde-nadores.

Os premiados gozaron o o pasado domingo 27 de mar-zo, dunha sesión de relax no

Daniel Perez, co seu vale. Cubriu a papeleta en Foto Miguel Jareño.Patricia Gonçalvez cubriu a súa papeleta no Colexio Valle Inclán.

Recollen o premio en nome de Jose V. Mendez, que cubriu o seu boleto en Inforcom Or-denadores. A premiada Ana Belén Hermida, que cubrira a súa papeleta en Alfombras Hnos. Barros.

Balneario de Laias Caldaria cun programa termal e unha comida cun menú especial durante a mañá. Pola tarde, os gañadores puideron par-ticipar en actividades como a Aventura GPS, minigolf e o tiro con arco, nas insta-lacións de Gaels, unha em-presa de aventura que está situada a uns poucos metros do balneario.

Con esta iniciativa Couto Centro quixo premiar aos clientes que realizaron

compras nos establecemen-tos da asociación durante os días previos ao Día do Pai. Todos eles tiveron a opor-tunidade de concursar cu-brindo as papeletas que se lle entregaban ao realizar as súas compras. Desde a aso-ciación consideran que un día tan especial como o 19 de marzo é para pasalo en familia, por iso pensamos que non hai mellor premio que compartir un día dis-tinto.

Page 12: Marzo 2011 - OUXB

1� Ourense por BARRIOSMarzo de �011

EN BREVE

SOCIEDADE

Búscase voluntario/a A Concellería de Voluntariado instalou un posto informativo nos xardíns Padre Feijoó

para visibilizar a acción desenvolta no ámbito de voluntariado nestes últimos 3 anos desde este departamento municipal e animar aos ourensáns a sumarse a esta rede de co-operación social. Baixo o lema “Fagas o que fagas, sempre vale”, o departamento muni-cipal que xestiona Marta Arribas puxo en marcha unha campaña para fomentar a acción voluntaria entre a cidadanía ao tempo que presenta o seu Plan de Acción Formativa para este 2011, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender e formarse no ámbito do voluntariado e ONGs.

Ademáis desta acción na rúa, a Concellería distribuiu en diferentes puntos da cidade unha serie de cartaces co lema “Alúganse...Boas sensacións”, nos que dar a coñecer o contacto da Oficina Municipal de Xuventude e Voluntariado para animar as persoas a que se informen e participen deste proxecto conxunto.

A concelleira Marta Arribas o día da campaña de captación de voluntarios./P.LODEIRO.

4Atención ao cidadán

30.000 ourensáns xa utilizaron a Oficina de Atención ao Cidadán nos seus primeiros tres anos de vida. Neste periodo, este departamento resol-veu 19.553 solicitudes de información, 6.057 peti-cións veciñais, e 2.626 so-licitudes da Carpeta Cida-dá, mediante a web www.ourense.es.

Desde este mes a ofi-cina, situada na praza de Santa Eufemia, abre ta-mén en horario de tarde (de 16 a 18 horas) os mar-tes e xove.

Como novidade, os ci-dadáns poderán solicitar nesta oficina duplicados de recibos pagados, emitir recibos de impostos, reali-zar domiciliacións banca-rias e cambios de endere-zo fiscal.

4 Fundación Quessada

A Xunta de Goberno Lo-cal do Concello de Ouren-se aprobou o expediente de ocupación directa dos terreos que se destinarán á construción do Museo da

Fundación Quessada, entre as rúas Sarmiento de Acuña e Xoán da Coba, no barrio de San Francisco.

A Fundación Quessada divulgará o legado artísti-co deixado polos artistas ourensáns Xaime Quessa-da Porto e Jaime Quessada Blanco.

4 Locais de hostelería

A Xunta de Goberno Lo-cal acordou, en estrita exe-cución das sentenzas dita-das polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nas que se anulan as licenzas de bar especial de catro locais de hostelería sitos no Casco Vello (nas rúas Pizarro, Le-panto, Lúa e Praza das Mer-cedes), requirir aos titulares destes locais para que cesen no exercicio de tal activida-de e en consecuencia aco-moden a súa actividade de restauración como café bar.

4 Concurso de pinchos

A Concellería de Comer-cio e Turismo conovoca unha nova edición do con-curso de pinchos da cidade baixo o lema “Sabores de

Ourense 2011 – Edición Primavera”. Desenvolve-rase entre os días 9 e 22 de maio.

Por este motivo, a socieda-de mixta Turismo de Ouren-se organiza un concurso para o deseño do cartaz que servirá de imaxe á campaña, cun premio de 300 euros. O prazo para presentar propos-tas remata o 16 de abril, e o gañador farase público o 18 de abril.

[Consulta as bases na Conce-llería, Praza de San Martiño

nº2, ou no 988 388 103]

4 Ourense XoveXa están aberto os prazos

de inscrición para as acti-vidades propostas para a mocidade de entre 1� e 3� anos no programa Ourense Xove 2011 que un ano máis organiza a Concellería de Xuventude.

Ourense Xove plantexa nesta edición 14 activida-des distribuidas en catro grupos: Cultura do Corpo, Linguas, Cociñas do Mun-do e Socorrismo e Salva-mento Acuático, obradoiros e cursos que se desenvol-veran ao longo do vindeiro semestre.[+ en www.xuventudevolunta-

riado-ourense.es]

Page 13: Marzo 2011 - OUXB

13Ourense por BARRIOSMarzo de �011

ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

O segundo andar do nú-mero 23 da Rúa do Paseo é xa un novo punto de encon-tro para continuar na andai-na cara a recuperación do goberno local na cidade das Burgas. A oficina do candi-dato convertirase no centro de operacións de Rosendo Fernández e os populares ourensáns para devolverlle a dignidade á cidade logo destes anos de bipartito inoperante, despilfarrador e falto de proxectos.

A rúa do Paseo e a oficina do candidato foron testemu-ñas dunha grande mobiliza-ción popular arroupando as intervencións de Manuel

A apertura da oficina do candidato en Ourense contou coa asistencia de Núñez Feijoo

Baltar, Rosendo Fernández e Alberto Núñez Feijóo. Os tres puxeron de manifesto o traballo que queda por diante para liberar a Ouren-se dun bipartito que non ten futuro, un experimento fracasado, e a tarefa de fa-lar con todos os ourensáns para facerlles ver que só hai unha alternativa de gober-no: a liderada por Rosendo Fernández na cidade.

As reunións coas asocia-cións veciñais, os encon-tros sectoriais, os talleres de ideas, a xuntanza de tra-ballo cos 290 interventores nas eleccións municipais... son pasos contundentes de Rosendo Fernández, un candidato, o vindeiro al-calde de Ourense, que con-vertirá o emprego nun eixo estratéxico das súas priori-dades de goberno.

A oficina, situada no segundo andar do número 23 da Rúa do Paseo, convertirase no centro de opera-

cións da candidatura popular José Luis Baltar, Rosendo Fernández, Alberto Núñez Feijoo e Manuel Baltar.

Multitudinario apoio a Rosendo Fernández nun acto organizado polo Partido Popular a 50 días das eleccións

Os asistentes á cea no Xesteira no momento do discurso de Rosendo Fernández.

O candidato popular dirixiu unhas palabras aos asistentes á cea. José Luis Baltar xunto algúns destacados membros do partido, de costas, o can-didato Rosendo Fernández.

Máis de 300 militantes do Partido Popular na cida-de quixeron dar o seu apoio ao candidato á alcaldía, Ro-sendo Fernández, acudindo á cea convocada no Xestei-ra o pasado venres �� de marzo.

Ao principio do acto, Rosendo Fernández dirixiu unhas palabras aos asisten-tes, sinalando que restaban 57 días para que a cidade tivese un goberno popular. O seu discurso foi acollido con aplausos polos presen-tes, que abarrotaban o res-taurante.

Entre os membros do par-tido que asistiron á cea esta-ba o presidente da Deputa-ción, José Luis Baltar.

Page 14: Marzo 2011 - OUXB

1� Ourense por BARRIOSMarzo de �011

O candidato popular á alcaldía de Ourense, Ro-sendo Fernández, mantivo hoxe un encontro secto-rial cos representantes do mundo do deporte da nosa cidade. Un encontro que o alcalde socialista foi in-capaz de manter nos catro anos de lexislatura proba do que non debe ser un goberno municipal lastra-do pola existencia de dúas áreas -a nacionalista e a socialista- onde o alcalde é un convidado de pedra nas concellerías gobernadas polo BNG.

Rosendo Fernández reco-lleu as suxestións e propos-tas dos participantes, que afondaron na necesidade dende o concello de poñer

en marcha unha auténtica política deportiva onde o concello ten que deseñar actuacións de apoio a tóda-las disciplinas sen vivir de costas aos chamados “clu-bes e deportistas de elite”. Neste senso Rosendo Fer-nández comprometeuse a redeseñar, coas aportacións de todos e nun proceso de-finido pola participación, as funcións que desenvolve o Consello Municipal de De-portes. Tamén o candidato popular á alcaldía abondou nas características positi-vas da posta en marcha da axencia do deporte ouren-sán que estableza as direc-trices en materia de política deportiva co máis alto con-senso posible de tódolos

Rosendo Fernández reúnese con deporte ourensán para anunciar unha maior implicación do Concello cando sexa alcalde

Rosendo Fernández xunto a Bernardino González, que coordinou o encontro sec-torial sobre deporte.

que pertencen ao ámbito do deporte da nosa cidade e provincia.

Rosendo Fernández continúa así con ese ache-gamento aos diferentes co-lectivos e entidades da so-ciedade ourensán despois de ter mantido encontros sectoriais específicos de infraestructuras, de igual-dade, de mocidade, dos profesionais liberais e de creación de emprego. Un labor que seguirá a des-envolverse nas vindeiras semáns para fornecer un proxecto político que se visualizará no programa electoral co que concurri-rá ás eleccións municipais do 22 de maio.

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

O vicesecretario de Co-municación do Partido Po-pular, Esteban González Pons, clausurou a Conven-ción de cargos menores de �� anos do PP de Ourense, a cal reuniu a máis dun cen-tenar de cargos públicos e orgánicos populares da provincia de Ourense. Na convención analizáronse temas como “A muller na política”, “As inquedanzas actuais da mocidade” e “O protagonismo de Internet

nas vindeiras eleccións municipais”.O acto contou coa presenza do presidente provincial do PP de Ouren-se, Manuel Baltar.

Posteriormente, tivo lu-gar a reunión da Xunta Di-rectiva Provincial do PP, á que foi convidado Esteban González Pons. Na reunión tratáronse temas relativos á organización e estratexias de cara ás vindeiras elec-cións municipais do mes de maio.

González Pons clausurou a Convención de cargos menores de 45 anos do PP de Ourense

Foto de familia da convención de cargos menores de 45 anos do PP de Ourense.

O PP conmemora o Día Internacional da Muller A Área de Igualdade do Partido Popular de Ourense organizou o 8 de marzo un acto

de homenaxe con motivo do Día Internacional da Muller, dedicado este ano á muller discapacitada. Ao acto asistiriu o candidato á alcaldía, Rosendo Fernández, así como o presidente provincial, Manuel Baltar, e outros cargos do partido, e membros e represen-tantes de colectivos que traballan a prol das políticas de igualdade da muller en Ourense. O acto consistiu na lectura de comunicados e nunha ofrenda floral.

Carpa informativa en O CoutoSeguindo a idea do Taller de Ideas de contar cos ourensáns na elaboración do seu

programa electoral, o Partido Popular está a percorrer os cinco distritos da cidade cunha carpa, onde recoller as achegas dos cidadáns e as súas propostas de futuro para mellorar o municipio de Ourense.

Acto do PP con motivo do Día Internacional da Muller, na rúa Clara Campoamor.

Militantes atenden a unha veciña na carpa informativa instalada en O Couto.

Page 15: Marzo 2011 - OUXB

1�Ourense por BARRIOSMarzo de �011

I CONVENCIÓN DE CANDIDATOS áS ALCALDíAS DE OURENSE

O Partido Popular de Ourense presenta a maior renovación de candidaturas de toda a súa historia

ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

O Partido Popular cele-brou na Casa da Cultura de Barbadás a ”I Con-vención de candidatos ás alcaldías de Ourense”, coa presenza de todos os números 1 dos 92 con-cellos da provincia e da entidade local menor de Berán. Durante o acto, os candidatos trazaron as estratexias conxun-tas para levar a cabo nos vindeiros comicios mu-nicipais, e ao remate da convención tiveron lugar os relatorios de conclu-sións e fíxose unha “foto de familia” con todos os candidatos.

Na convención intervi-ron o alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto; o candidato á Alcaldía de Ourense e secretario pro-vincial, Rosendo Fernán-dez; a candidata á Alcaldía de Ribadavia, Pilar Rodrí-guez Martínez; o candida-to á Alcaldía de Maceda, Manuel Blanco González; a responsable do progra-ma electoral para o muni-cipio de Ourense, Beatriz González-Tejada Jácome,

e a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado.

No acto de clausura in-terviron o presidente da Deputación e presidente de honra do PP de Ouren-se, José Luís Baltar; e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Her-nández. Desculpou a súa ausencia o presidente pro-vincial, Manuel Baltar, que acaba de ser pai.

Renovación históricaRenovación histórica

e equilibrio entre a expe-riencia e un novo modelo de facer política son os dous aspectos que defi-nen as candidaturas que o Partido Popular de Ouren-se presenta ás eleccións municipais de maio nos 92 concellos da provincia e na entidade local me-nor de Berán. Haberá 35 novos cabezas de lista (o 38% do total), 38 dos can-didatos son menores de �� anos, e 1� dos candidatos serán mulleres.

A finalidade deste novo proxecto “que equilibra renovación e experiencia

está pensado para facer Ourense entre todos -ex-plica o presidente provin-cial do partido, Manuel Baltar-. Queremos que os nosos candidatos e os seus equipos sexan máis que nunca o fío condutor das necesidades que teñen as veciñas e veciños de cada concello de Ourense para que, coa máxima cercanía e sendo políticos de proxi-midade, poidan achegar aos cidadáns as melloras que cada municipio e cada pobo necesitan”.

Baltar engade que o Partido Popular ten “aos mellores xestores, aos mellores equipos e ás mulleres e homes máis comprometidos coa vida política dos nosos conce-llos, como corresponde ao grave momento de crise económica que estamos a

O presidente de honra do PP, José Luis Baltar, pechou a convención.

padecer, e fronte ao cal te-mos que aportar solucións, eficacia e xerar confianza coa máxima responsabili-dade”.

ObxectivosOs obxectivos que se

marca o Partido Popular de Ourense nestas eleccións municipais son manter o goberno da Deputación provincial, levando como candidato a José Luís Bal-tar Pumar (único candidato á Deputación coñecido de todas as forzas políticas de Ourense, pois non se coñe-ce quen serán os do PSOE e do BNG); incrementar o número de maiorías ab-solutas, que era de 56 nas eleccións municipais de 2007, e aumentar o núme-ro de concelleiros e conce-lleiras, que nas eleccións de 2007 era de 503.

Renovación histórica e equilibrio entre a experiencia e un novo modelo de facer política son os dous aspectos que definen as candidaturas que o

Partido Popular de Ourense presenta ás eleccións de maio

Obxectivos que se marca o Partido Popular nestas eleccións municipais: manter o goberno da Deputación provincial, incrementar o número de

maiorías absolutas, e aumentar o número de concelleiros e concelleiras

Entre o público asistente á convención de alcaldables do PP estaban tamén cargos do partido, como o con-selleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández.

Page 16: Marzo 2011 - OUXB

16 Ourense por BARRIOSMarzo de �011

Unha maior implicación e coordinación do Conce-llo de Ourense no ámbito de servizos sociais é o que botan en falta o Partido Po-pular e diferentes colectivos sociais, que coincidiron en solicitar ao Concello que convoque o Consello Mu-nicipal de Servizos Sociais “para que se poidan abordar con seriedade, planifica-ción e rigorosidade todos os problemas que afectan ás persoas máis necesita-das do noso municipio”, explicou o candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández. Neste senso, pediu que esta coor-dinación, “inexistente até o momento” se faga efectiva entre as diferentes concelle-rías implicadas directa ou indirectamente nos servizos sociais e que teñen compe-tencias en emprego, educa-ción, vivenda, sanidade e servizos sociais.

Esta foi a principal con-clusión do encontro sectorial que mantivo o candidato á Alcaldía de Ourense, Rosen-do Fernández, con trinta re-presentantes e membros de colectivos sociais de Ouren-se, encontro que foi coordi-nado polo senador popular Miguel Pérez de Juan.

No acto os representantes de Cáritas avanzaron datos, referidos a decembro de

2010, no que se analiza a si-tuación pola que atravesan en Ourense as persoas máis necesitadas, que viven no límite e por baixo do um-bral da pobreza. Así, expli-caron que en na actualidade en España hai un aumento do 13% da exclusión social; 700.000 mozos e mozas es-tán sen traballo nin estudos, e 9 millóns de fogares viven con menos de �00 euros ao mes. Esta situación extra-polada a Ourense reflicte que en 2010, segundo Cá-ritas, 4.608 persoas tiveron que ser atendidas nas súas necesidades básicas de ves-timenta e vivenda, e 1.872 participaron en programas de acollida e emprego.

Un dato preocupante se-gundo a ONG é que foron atendidas máis �00 mulle-res por motivos de “especial exclusión”, termo referido ás mulleres que son vítimas de trata, explotación sexual e violencia. Neste senso, confirmaron os representan-tes de Cáritas que Ourense ten sido cidade de destino dalgunhas destas redes de trata de mulleres.

Tamén se analizou no en-contro sectorial os temas das subvencións e os convenios

que o Concello de Ourense e outras administracións manteñen cos colectivos sociais. O representante de Atox abogou porque as axudas aos colectivos se fa-gan por medio de convenios e non de subvencións, “que o único que fan é sementar dúbidas, porque cando che-gan fano tarde, e iso impide aos colectivos sociais facer unha planificación do traba-llo e adquirir compromisos de xestión”.

CompromisosRosendo Fernández afir-

mou que os gobernantes non poden volverlle as cos-tas aos máis necesitados, e

Os colectivos sociais botan en falta máis “implicación e coordinación do Concello”

Rosendo Fernández afirmou que os gobernantes non poden volverlle as costas aos máis necesitados

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Implicar os colexios profesionais no asesora-mento técnico do Concello de Ourense e contar coa súa opinión cualificada en ma-teria de servizos e infraes-truturas foi o compromiso adquirido hoxe por Rosen-do Fernández, candidato do PP á Alcaldía de Ourense, no encontro sectorial que mantivo cuns trinta re-presentantes de colexios profesionais de Ourense e profesionais liberais para coñecer ás necesidades e suxestións deste sector da sociedade ourensá.

Os colexios profesionais botan en falta por parte do Concello de Ourense que se

conte con eles en temas de urbanismo, sanidade, cultu-ra, economía e educación, principalmente, e pedíron-lle ao candidato popular que haxa “un verdadeiro com-promiso para que se teña en conta a opinión técnica duns profesionais que vi-ven e traballan en Ourense e que teñen moito que dicir para contribuír a mellorar o municipio e a provincia”.

Rosendo Fernández re-uniuse, xunto co presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e coa coordinadora do acto, Carmen Carballo, cos representantes dos co-lexios profesionais de médi-cos, arquitectos, avogados,

procuradores, enfermeiros, economistas, enxeñeiros técnicos e superiores, así como con representantes culturais e empresarios. O candidato dixo que é “im-portante e imprescindible contar coa opinión cualifi-cada destes técnicos para a que, traballando dende a súa neutralidade profesio-nal, poidan colaborar co Concello de Ourense”, e comprometeuse, no caso de acadar a Alcaldía, a crear unha comisión consultiva que permita establecer can-les de cooperación entre os colexios profesionais e o Concello de Ourense.

Fernández explicou que

Rosendo Fernández contará cos colexios profesionais para que asesoren ao Concello

O candidato á Alcaldía de Ourense polo Partido Popular, Rosendo Fernán-dez, reuniuse no local da AAVV Ponte Canedo con empresarios e asociacións de veciños do barrio de A Ponte para analizar a situa-ción da integración do AVE na cidade de Ourense, e en concreto para tratar o tema da futura estación.

A crecente preocupación que tanto os veciños como os empresarios están a ter coa polémica xerada polo Concello de Ourense por

mor da estación intermodal e a entrada da Alta Veloci-dade en Ourense, fai que veciños e empresarios do barrio de A Ponte queiran estar informados e coñecer polo miúdo a planifica-ción que se quere facer da obra máis importante que se vai a realizar no barrio de A Ponte. No acto parti-ciparon tamén o deputado do PP Celso Delgado e os concelleiros populares no Concello de Ourense, José Luis Sousa, Enrique Nóvoa e José Araújo.

Empresarios e AAVV de A Ponte reúnense co candidato popular para analizar a integración do AVE

as decisión políticas que se toman principalmente, en materias de servizos e infra-estruturas, “deben contar co asesoramento e validación técnica, pero non queremos que o Concello sexa un ente pechado á cidadanía, e no noso proxecto de facer Ouren-se entre todos queremos con-tar tamén coa opinión dos co-lexios profesionais”.

Pola súa banda, Manuel Baltar dixo que o obxectivo dos encontros sectoriais é precisamente o de pulsar a opinión de toda a socieda-de. “O PP é un partido aber-to, o único que poderá levar a cabo o programa co que se presentará ás eleccións

municipais, e por elo somos os únicos que podemos pe-dirlle opinións e colabora-cións aos cidadáns, porque faremos exactamente o que eles nos pidan, sen ter que facer compoñendas post-

electorais como o PSOE e BNG que o que fan nos gobernos bipartitos é rachar cos programas electorais e repartirse o poder para o seu propio interese e non pensando nos cidadáns”.

Imaxe do encontro cos colexios profesionais.

comprometeuse a estable-cer as canles de coordina-ción e colaboración nece-sarios para que as axudas e a xestión dos servizos sociais no Concello de Ourense “se fagan de ma-neira eficaz e contando coa opinión de todos”. “Nun escenario de crise como o actual -engadíu- é cando os máis necesitados teñen que sentir que estamos con eles, ao seu carón, para re-solverlle os problemas. Por iso, encontros como este serven para pulsar o sentir da cidadanía e para tomar boa nota das carencias que temos que solucionar no noso municipio”.

“É importante e imprescindible contar coa opinión cualificada destes

técnicos”, afirmou o candidato

Dirixentes do PP na reunión sobre o AVE en A Ponte.

Na reunión abordouse o tema da futura estación de tren

Colectivos sociais que acudiron ao encontro do PP.

Page 17: Marzo 2011 - OUXB

17Ourense por BARRIOSMarzo de �011SOCIEDADE

óscar Blanco

En agosto do ano 2009, froito dun interese pola edu-cación, a cultura e a solida-riedade, constitúese a Fun-dación Cum Laude, para dar forma institucional ás iniciativas que nestes cam-pos estaba a realizar a fa-milia Quintáns Rodriguez. Desde entón realizáronse múltiples actos culturais entre exposicións, bienais e conferencias; e colaborouse con diversos proxectos edu-cativos e humanitarios en Camerún, Birmania e Perú, sendo o resultado moi satis-factorio.

A difusión da arte e a cultura en todas as súas ma-nifestacións é un dos seus obxectivos prioritarios con especial interese na promo-ción de artistas novos coa realización no ano 2010 de dúas bienais: unha de pintu-ra e a outra de escultura con gran éxito de participación e gran calidade das obras presentadas.

Cales son as próximas actividades da Funda-ción?

Ángeles Rodríguez, presidenta da Fundación Cum Laude: “Realizamos conferencias. Especialmen-te a presenza en Ourense de Jaume Sanllorente, fun-dador da ONG Sorrisos de Bombai, en abril.

Tamén temos un Clube de lectura mensual, organizamos unha Bienal de fotográfia plástica; o

Festival solidario Amicus en novembro; exposicións de pintura... Acabamos de clausurar “Azul” en Ourense; realizamos ciclos solidarios e o ciclo de xornalistas de guerra”.

Por que é necesario un colectivo desta índole na cidade?

Á.R.: “Cremos que po-demos achegar un pequeno gran de area ao sentir colec-tivo e cultural de Ourense.”

Nos vosos obxectivos falades tamén de obxecti-vos humanitarios, fóra de Ourense: onde?

Á.R.: “A Asociación apoia proxectos humanita-rios e educativos neste mo-mento en Birmania, Perú e Camerún. Expresamente apoiamos o labor de Luís Alvarez en Camerún, onde neste momento estase cons-truindo unha cociña para o asilo de nenos discapacita-

dos de Santa. Xunto coa oenegué ourensá Cores de Camerún, póñense as ba-ses para o Centro ortopé-dico de Bambilli, onde se tratan as moitas deformi-dades que sofren os nenos e mozos cameruneses.

En Perú facémonos car-go do salario dun profesor no asilo de nenos altoan-dinos de Quiquijana, e en Birmania bolsas de estudos para tres mozos de alá.”

Podedes deixar unha mensaxe para os nosos lectores?

Á.R.:“Nós non seriamos nada sen a colaboración de todos aqueles que nos axu-dan e xuntos cremos que merece a pena tentar cam-biar o mundo. Convído-lles a unirse a nós na web, www.fundacioncumlaude.com, no noso sitio en Fa-cebook e a participar nas nosas actividades”.

ENTREVISTA Á FUNDACIóN CUM LAUDE:

“Xuntos cremos que merece a pena tentar cambiar o mundo”4 A familia Quintáns Rodríguez está detrás des-ta fundación que promove iniciativas nos campos da educación, a cultura e a solidariedade.

José Manuel Quintáns e Ángeles Rodríguez, visitando un proxecto solidario en Camboya.

Premio á Marcha Mundial das MulleresA Marcha Mundial das Mulleres recibiu o Premio Clara Campoamor, que por quinto

ano convocaba a Concellería de Igualdade con motivo da celebración do 8 do marzo. Nun salón do Liceo cheo -a maioría do público eran mulleres- Lucía López, Lourdes Núñez, Carmen Iglesias, Ximena González, Pilar Gato e Eva Salgado, como represen-tantes da Marcha en Ourense, recolleron o galardón, que premia o traballo en prol da igualdade realizado por este colectivo de mulleres feministas.

Integrantes da Marcha Mundial das Mulleres, recollendo o premio no acto do Liceo./PAULA LODEIRO.

Na web www.fundacioncumlaude.comrecollen as súas actividades

Entrega de pisos en aluguerO delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o director xeral do IGVS, An-

tonio José Boné, visitaron as vivendas de promoción pública recuperadas polo Instituto Galego da Vivenda e o Solo na rúa Vilar, e entregáronlles as chaves aos seus adxudica-tarios en réxime de aluguer, todos eles menores de 35 anos.

Son un total de 10 vivendas con praza de garaxe, distribuídas en tres edificios nos número 8, 10 e 12, nas que a Xunta investiu máis dun millón de euros.

Momento da entrega das chaves dun dos pisos a un dos adxudicatarios.

Page 18: Marzo 2011 - OUXB

18 Ourense por BARRIOSMarzo de �011 CIDADE

Paula Lodeiro

Non houbo mocións da oposición no pleno de marzo do Concello de Ourense, pero si tres do grupo de goberno. A dúas delas deulle o seu apoio a oposición, e así a corpo-ración acordou por una-nimidade instar á Xunta a que execute investimentos que comprometera para a cidade. No primeiro dos casos, o Concello solicíta-lle ao goberno autonómico que adxudique as actua-cións aínda sen executar en materia de saneamento e abastecemento que for-man parte dun protocolo entre as dúas administra-cións que data de 2007.

Suman 2.890.000 euros, máis outros 1.675.000 euros para un proxecto de saneamento e construción dunha EDAR en Velle.

No segundo dos casos, o Concello reclámalle ao go-berno galego, por unha ban-da, que remate as obras pre-vistas no convenio de 2008 (arranxo das rúas Emilia Pardo Bazán, Granxa-San-ta Mariña, Seixalbo, Pena Trevinca e rúa Coruña e cruce do Seminario), e pola outra banda, que asine novo convenio que fixe un plan plurianual para mellorar o resto de viais de titularida-de autonómica.

Pola contra a terceira das mocións de socialistas e na-cionalistas, en relación á área

de transporte metropolitano de Ourense, non logrou o apoio dos populares. O gru-po de goberno pedía que o convenio coa Xunta para pór en marcha o transpor-te metropolitano incluira un anexo coas condicións particulares do Concello de Ourense, pero o PP votou non ao non ter sido “con-sensuado” o documento con eles, xustificou o vo-ceiro Enrique Nóvoa.

Ademais os temas urba-nísticos centraron a sesión plenaria de marzo. E así aprobáronse a modifica-ción puntual do PXOM na zona BIC das Burgas -cos votos en contra do PP-, un plan parcial en O Polvo-rín, un estudo de detalle en Santa Cruz de Arrabal-do, tres convenios urba-nísticos para obter terreos en O Polvorín, e a modifi-cación da delimitación da área de reparto AR 44-E.

Por unanimidade déu-selle o visto bo á actua-lización do Inventario Municipal de Bens e á aprobación inical da orde-nanza reguladora da admi-nistración electrónica.

PLENO MUNICIPAL DE OURENSE

Acordo para reclamar investimentos prometidos pola Xunta4 O PP deu o seu apoio a dúas mocións do grupo de goberno.

Paula Lodeiro

Vén de ser presentado o proxecto para retomar as obras no Arquivo His-tórico Provincial e a Bi-blioteca Pública. Rematar o complexo cultural de San Francisco custará 17 millóns de euros, cifra á que hai que sumar os nove millóns de euros xa inves-tidos nas obras do recinto, paralizadas desde 2005.

Segundo expuxo o ar-quitecto José Manuel Casabella, aproveitarase “a case totalidade” do xa construido intervindo “cun bistuí moi fino”. Do novo proxecto, destaca a subs-titución do acceso actual entre o antigo cuartel e os pavillóns militares (futu-ros edificio do Arquivo e do depósito) por unha pa-sarela elevada. Tamén se modificará a fachada da Biblioteca, que se cubrirá “cunha veladura de aceiro

inoxidable que matizará a entrada de luz e sol”.

Adxudicación no segun-do semestre

Segundo as previsións do alcalde, “a idea é adxudicar a obra no segundo semestre deste ano”. Francisco Ro-dríguez tamén recalcou que o proxeto permite facer as obras por fases.

A edil de Urbanismo, Au-rea Soto, concretou os pra-zos: o Ministerio de Cultura debe agora supervisar este anteproxecto e pedir os co-rrespondentes informes, en

especial o de Patrimonio. Logo, o proxecto entrará no Concello para solici-tar licenza e a partir dese momento poderase licitar a obra. Soto destacou que o proxecto non se verá afectado “pola complexa situación urbanística da cidade”.

Con respecto a estas in-fraestruturas, os deputados do PP no Congreso recor-daron que o Ministerio de Cultura deixou sen gastar un 87% do orzamentado no periodo �00�-�010, 13,1 millóns de euros.

Xa hai proxecto para retomar as obras do Arquivo e a Biblioteca4 Rematar o complexo cultural custará 17 mi-llóns de euros.

Infografía da praza que unirá Arquivo e Biblioteca.

4 136 millóns no Plan Impulsa

A Xunta de Galicia fa-cilitou a mobilización de investimentos por valor de 136 millóns de euros na provincia de Ourense no que vai de lexislatura.

O conselleiro de Eco-nomía, Javier Guerra, precisou que o volume de préstamos mobilizados, co apoio do IGAPE, al-canzou os 57 millóns, un 5,5% máis, e o número de axudas concedidas na provincia pasou de 672 a 5.159, sete veces máis que na pasada lexislatura.

4Programa Auria Inserta

�0 alumnos do progra-ma municipal Auria Inser-ta realizarán prácticas en empresas para completar a formación teórica recibida. O Concello vén de asinar os convenios de colabora-ción coas empresas onde se realizarán as prácticas, todas elas relacionadas co coidado e a atención a per-soas dependentes.

O 60% das persoas que realizaron un dos sete pri-meiros cursos conseguiron un posto de traballo.

4 1.500 usuarios da rede wifi

A rede wifi munici-pal suma preto de 1.500 usuarios nos seus tres pri-meiros meses de funcio-namento. O balance é “po-sitivo” para o concelleiro de Economía, Agustín Fernández, que non agar-daba “tantas altas en tan corto espazo de tempo” e que apunta que o boom chegará no verán.

Neste periodo rexistrá-ronse 60 incidencias na rede wifi, que conta con 27 puntos de acceso.

4 Parque móbil de Protección Civil

O servizo de Protección Civil de Ourense incorpo-ra dous novos vehículos ao seu parque móbil: unha moto de auga e un vehícu-lo de asistencia sanitaria.

En total gastáronse 18.000 euros nestas dúas adquisicións, que veñen ampliar os medios cos que conta este servizo, no que participan preto de 1�0 voluntarios.

EN BREVE

PDAs para os policías locaisRedacción

A Policía Local de Ourense estrea esta se-mana equipamento: unhas PDAs ou axendas dixitais portátiles que lles permi-tirá, ademais de realizar a multa electrónica, conec-tarse en tempo real con bases de datos xudiciais e policiais para coñecer o

Un axente manipula unha das tres PDAs coas que come-zará a traballar a Policía Local./RAMSÉS.

historial do cidadán sancio-nado. Os novos dispositivos facilitarán, a pé de rúa, o ar-quivo nun ordenador central de todas as sancións impos-tas, así como rexistrar todas as incidencias que atendan os axentes.

O departamento munici-pal adquiriu 18 PDAs cun investimento de 202.000 euros con cargo aos fondos do Plan E. De momento entrarán en funcionamento tres.

Redacción

A Concellería de Infra-estruturas vén de prorro-gar por espazo dun ano máis o contrato de man-temento correspondente a Brigada de Intervención Rápida que desde 2008 leva executando obras de pequeño calado na cida-de. En Xunta de Goberno acordouse a prórroga do contrato de “conserva-ción, ampliación e mellora das infraestruturas viarias, iluminación e mobiliario urbanos no termo muni-cipal” por unha duración máxima dun ano e ata que se executen 800.000 euros de gasto orzamentario, do-tación económica idéntica a de anos anteriores.

Este contrato de con-servación e mantemen-to, concedido a empresa Extraco, Construcción e Proxectos por un mon-tante anual de 800.000 euros permitiu a posta en marcha dunha Brigada de Intervención Rápida adi-

cada a pequenas actuacións e obras en diferentes puntos da cidade e perímetro rural, respondendo na maior parte dos casos a demandas veci-ñais presentadas na Conce-llería.

Durante o ano �010 a brigada realizou máis dun cento de actuacións deste tipo; regos asfálticos, repa-ración de beirarrúas, ade-centamento e reparación de muros, colocación de barandas, etc. Entre algúns dos proxectos desenvoltos figura a adecuación das bei-rarrúas da avenida da Ha-bana, a limpeza e acondi-cionamento do camiño das Carballas, nas Eirasvedras, ou o adecentamento dun muro na zona da Loña, que sufrira desprendementos.

Infraestuturas renova o contrato da brigada de mantemento4 Prorrógao á empresa Extra-co por espazo dun ano.

Desde 2008, a Brigada de Inter-vención Rápida executa obras de pequeno calado en toda a cidade

Page 19: Marzo 2011 - OUXB

19Ourense por BARRIOSMarzo de �011

PUBLICIDADE

Page 20: Marzo 2011 - OUXB

�0 Ourense por BARRIOSMarzo de �011

P. Lodeiro

Garantir o subministro de auga nos próximos 50 anos para unha poboación de 140.000 habitantes será po-sible grazas ao investimen-to de 24 millóns de euros no proxecto de mellora do abastecemento da capital ourensá. Segundo destacou o presidente da sociedade estatal acuaNorte, Antonio Gato, os tres hitos máis si-nalados desta actuación son “a nova captación e estación de bombeo, os case cinco quilómetros de conducións, e unha nova ETAP”.

Nestes momentos, confir-mou Gato, o proxecto está en fase de revisión, e unha vez a Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil lle dea o visto bo, será apro-bado por acuaNorte. Logo agardan �� meses de obras,

Paula Lodeiro

O presidente da Confe-deración Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francis-co Fernández Liñares, o al-calde de Ourense, Francisco Rodríguez, e o subdelegado do Goberno, Camilo Ocam-po, realizaron unha visita ao pozo de bombeo de O Couto, onde supervisaron o avance das obras desta in-fraestrutura que forma parte do proxecto de acondiciona-mento dos colectores xerais e interceptores da marxe de-reita do Miño.

Segundo anunciou o pre-sidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil a infraestrutura rematarase durante o segundo trimestre de 2011. O pozo de bombeo

Visita de supervisión ás obras do pozo de bombeo de O Couto4 O presidente da Confederación Hidrográfica sitúa o remate desta infraestrutura no segundo se-mestre de 2011.

de O Couto é unha peza chave no novo sistema de saneamento de Ourense xa que recollerá o 95% das augas residuais das cida-des, aquelas que proveñen dos interceptores xerais da marxe dereita, da marxe esquerda e do Barbaña. O pozo circular que recollerá as augas ten unha profundi-dade máxima de 25 metros e divídese en tres áreas di-ferenciadas: zona de grosos e área de reparto; pozo de bombeo ou zona húmida; e pozo de bombas ou zona seca.

A súa capacidade máxi-ma será de 3.680 litros por segundo aínda que o caudal bombeado á depuradora de Reza estará limitado a 1.500 litros por segundo, que é a

Exterior da futura estación de bombeo, no ámbito de Ponte Lebrona. /IÑAKI OSORIO.

capacidade de tratamento da planta. O caudal restan-te reterase nos tanques de tormenta (dous módulos de 18 metros de profundi-dade cunha capacidade de retención de 3.395 metros cúbicos), incorporándose ao interceptor xeral cara á depuradora pouco a pouco.

Edificio singularO pozo de bombeo rema-

tarase con materiais como o vidro, o granito, o aceiro ou a pizarra. A súa cuberta convertirase nunha praza pública a dúas alturas con accesos desde a rúa Veláz-quez e a pasarela da ponte do Milenio. En palabras do presidente da CHMS, o edi-ficio dotará á zona de pon-te Lebrona onde se ubica

“dunha personalidade urba-na singular propia”.

A actuación supón un in-vestimento de 22 millóns de euros, financiados nun 70% con fondos FEDER.

Anuncios de novas in-fraestruturas

Durante a visita, o rexe-dor ourensán anunciou que antes do verán se iniciarán as obras do proxecto de me-llora do abastecemento da

cidade e amosouse confiado en que “este verán se poida adxudicar proxecto e obra da nova depuradora”.

En canto á nova sede da Confederación Hidrográ-fica, que se ubicará nun espazo contiguo á estación

de bombeo, Fernández Li-ñares sinalou que se está desenvolvendo un concur-so de ideas para seleccio-nar o proxecto e “se todo marcha ben poderemos empezar a obra no curso deste ano”.

A estación de bombeo recollerá o 95% das augas residuais que se xeneran na cidadeO caudal bombeado á depuradora de Reza estará limitado a 1.500 litros por segundo

segundo o prazo de execu-ción previsto. “Espero que este ano as obras estean en execución”, afirmou o pre-sidente de acuaNorte.

CaracterísticasA actuación de mellora do

abastecemento de auga á ci-dade é unha obra de Interese Xeral do Estado que supón un investimento de �� mi-llóns de euros, financiados nun 75 % polo MARM (a través da Sociedade Estatal Augas das Concas do Nor-te) e nun 25 % polo Conce-llo de Ourense.

As obras teñen por obxec-to dotar ao municipio dun sistema de abastecemento de auga potable en cantida-de e coa calidade suficien-te. Para iso, están previstas novas infraestruturas, como unha nova captación e es-tación de bombeo na mar-

O proxecto de mellora do abastecemento de auga á cidade custará 24 millóns de euros4 Para garantir o subministro de auga a unha po-boación de 140.000 habitantes.

xe dereita do Miño, cun caudal de 202,64 litros por segundo, que poderá ser ampliable a 303,94 litros por segundo. A mesma ca-pacidade de tratamento de auga terá a nova ETAP, que se ubicará na zona norte da cidade. Ademais, ins-talaranse 4.734 metros de novas conducións, entre a nova captación e a nova ETAP, entre este e o novo depósito de Eiroás e entre o bombeo a Montalegre e o depósito de Caracochas. A renovación do sistema de abastecemento completara-se coa ampliación de catro bombeos e a construción de catro novos depósitos.

Solución aos problemas actuais

Con estes investimen-tos preténdese solucionar os problemas que sofre

o abastecemento de auga da cidade na actualidade. Ourense abastécese a partir do recurso proporcionado por unha toma no río Lo-nia, que non é suficiente e non está dispoñíble todo o ano; e desde unha capta-ción complementaria que se toma directamente do río Miño, que se atopa a cotas moi baixas, o que fai nece-sario un bombeo continuo.

Ademais, a ETAP exis-tente, en San Francisco, non

dispón de espazo para a súa ampliación, algo indispen-sable para os desenvolve-mentos futuros da cidade.

Doutra banda a rede de distribución na cidade non garante a boa subministra-ción por mor da súa dete-rioración, a estrutura rami-ficada e unha gran falta de

presión, que se ve acen-tuada na marxe dereita do Miño e na parte surleste da cidade.

O novo proxecto incidirá en todas estas deficiencias, eliminándoas e proporcio-nando auga en calidade e cantidade suficientes á po-boación da capital ourensá.

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, a deputada Elena Espinosa, o presidente de acuaNorte, Antonio Gato, o alcalde de Ouren-se, Francisco Rodríguez, a tenente de alcalde, Isabel Pérez, e o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, estiveron presentes na presentación do proxecto./PAULA LODEIRO.

O proxecto inclúe unha nova captación de auga no Miño, unha nova ETAP na zona norte da cidade e case 5.000 metros de novas conducións de auga

Page 21: Marzo 2011 - OUXB

�1Ourense por BARRIOSMarzo de �011CIDADE

Infraestruturas inviste máis de 3 millóns de euros en catro proxectos de humanizaciónA Tenente Alcalde Isabel Pérez presenta uns proxectos “que fan de Ourense a cidade policén-trica e humana que defendeu sempre este goberno”.

O concelleiro de Infraestruturas, Manuel Herminio, e a tenente de alcalde, Isabel Pérez, na presentación das catro actuacións.

Continuando coa liña de investimentos nos barrios da cidade desenvolta ao lon-go desta lexislatura desde a Concellería de Infraestru-ras, o edil de área, Manuel Herminio Iglesias, e a te-nente de alcalde, Isabel Pé-rez, presentaron catro novos proxectos de humanización que se desenvolverán nos vindeiros meses nos barrios da Ponte, Carballeira, Couto e Xardín do Posío. Tráta-se de catro proxecto que suman preto de 3.200.000 euros de investimento en-camiñados a renovación de espazos urbáns, dotación de mobiliario e especies arbó-reas, ampliación de beira-rrúas e renovación das redes de saneamento.

Entre estes catro proxec-tos presentados figura, na zona do Couto, a actuación na rúa Remedios, que vén dar continuidade ás obras desenvoltas en 2009 na Pra-za de Pedro Monteagudo e Remedios-Greco. As obras, que contan cun orzamento de 545.000 euros, compren-den entre outros aumentar a superficie peonil en case 1.300 metros cadrados así como as prazas de aparca-mento, que pasan de 54 a 60.

No caso da avenida de Zamora trátase dunha obra importante que afectará ao tramo entre o Xardín do Po-sío e a glorieta da Farixa e na que, mantendo o dobre sentido de circulación, am-

plianse as beirarrúas até os tres e catro metros e man-tense as prazas de aparca-mento a ambos lados. O orzamento supera os 1,� millóns de euros.

No barrio da Ponte - Vinteún actuaráse na rúa Alejandro Pedrosa, com-pletando así as actuacións desenvoltas tanto nos cha-

mados cinco ríos (rúas Río Támega, río Bibei, rio Arenteiro, Sil e Avia) como na rúa Río Arnoia. Na mesma zona tamén se van acometer obras na rúa Río Mao, que rexistra unha importante actividade co-mercial. A obra proxectada en Alejandro Pedrosa com-prende a totalidade da rúa,

A Concellería de Infraestruturas actuará nas rúas Remedios, Alejandro Pedrosa e Vázquez Núñez e na

avenida de Zamora

Nos catro proxectos “procurouse equilibrar o espazo adicado aos peóns co ocupado polo tráfico”

Isabel Pérez: “para a Concellería de Infraestruturas a prioridade é a humanización, facer cidade para a xente”

dispoñendo aparcamentos alí onde o ancho o permite. Conta cun orzamento supe-rior ao millón de euros.

Finalmente, en A Car-balleira vénse completar o amplo programa de huma-nizacións (actuouse xa na praza do Sagrado Corazón, así como nas rúas Nico-medes Pastor Díaz, Benito

Fernández Alonso, Travesía Fernández Alonso, Filome-na Dato, García Álvarez e Castelo Ramiro) desenvol-to desde a Concellería de Infraestruturas, sumando unha actuación agora na rúa Vázquez Núñez, de forte pendente ascendente. Man-tense o único sentido de cir-culación orixinal e dotouse un espazo central a modo de praza. O orzamento dis-posto para esta actuación é de 300.000 euros.

En todas as obras enu-meradas acometeráse a reforma das redes de sa-neamento, un importante investimento orientado a renovar un sistemas moi antigos e deteriorados que, no caso de Alejandro Pe-drosa, por exemplo, están a danar o propio pavimen-tado na zona. En moitos ca-sos procedaráse a substituir colectores en fibrocemento por outros novos realizados en fundición.

30 anos sen ningunha actuación nestas rúas

Tal e como indicaba o concelleiro de Infraestru-turas “estamos ante barrios con personalidade propia e densidade de poboación nos que en moitos casos acumulábanse 30 anos sen actuación urbana de ningún tipo, polo que urxía a in-tervención”. O edil de In-fraestruturas declarou que “desde o grupo municipal

do BNG defendimos sem-pre a inclusión de criterios de calidade e estética tanto nos materiais coma no plan-texamento urbán, buscando equipar os barrios a zonas máis desenvoltas históri-camente coma o centro”. Así mesmo fixo fincapé en que “nestes catro proxectos procurouse equilibrar o es-pazo adicado aos peóns co ocupado polo tráfico roda-do, defendo a convivencia nun espazo urbán que é de todos”.

Pola súa banda a tenen-te de alcalde defendeu a “redistribución equilibrada dos orzamentos municipais naquelas zonas da cidade que o precisan” e apuntou que “gobernar é priorizar, e para a Concellería de Infra-estruturas a prioridade é a humanización, facer cidade para a xente, para as veci-ñas e veciños”. Isabel Pé-rez, destacou así mesmo a continuidade dada a “unha forma de facer cidade que levamos desenvolto nestes últimos anos, contribuindo a un Ourense equilibrado e policéntrico, do que todos os veciños e veciñas se sin-tan orgullosos” e defendeu a importancia de que cada un dos barrios que confor-man Ourense conten con espazos públicos, comer-cio, actividades culturais, etc “para que poidan vivir na mellor das condicións posíbeis”.

Imaxes do estado actual da rúa Remedios. A intervención na avenida de Zamora afectará desde a glorieta da Farixa ao Posío.

Page 22: Marzo 2011 - OUXB

�� Ourense por BARRIOSMarzo de �011 ECONOMÍA E EMPREGO

O conselleiro de Econo-mía e Industria, Javier Gue-rra, fixo explícito o “firme compromiso da Xunta de Galicia co proxecto de in-vestimento promovido pola compañía británica Xero Te-chnology” para impulsar a fabricación dun coche eléc-trico en Ourense. Segundo manifestou o conselleiro, as axudas públicas poderán achegarse aos 11 millóns de euros, “grazas aos apoios de especial intensidade ha-bilitados no marco do plan Impulsa Ourense”. O inves-timento total previsto pola empresa é de 26 millóns de euros; suporá a creación máis de 1.000 postos de tra-ballo cando a planta estea a pleno rendemento e prevé fabricar 20.000 vehículos anuais.

Javier Guerra explicou que a Xunta de Galicia xa elevou aos promotores do proxecto o compromiso de apoio público ao investi-mento, que se fará efectivo a través de liñas de subven-ción a fondo perdido como as reguladas nas bases do Instituto Galego de Pro-moción Económica (Igape) para apoiar os grandes in-vestimentos empresariais,

ou mediante a liña de In-centivos Rexionais, que é compatible.

Segundo salientou Javier Guerra, con este compro-miso “Galicia posiciónase en primeira liña para apli-car un cambio de modelo industrial –explicou-, e a Consellería de Economía e Industria traballa para desenvolver un cambio de paradigma que reduza dras-ticamente as emisións con-taminantes, elimine a de-pendencia dos derivados de petróleo cunha aposta firme polas renovables e con-tribúa de xeito decidido a unha maior eficiencia ener-xética da man dun impulso definitivo para o sector da automoción galego”.

Planta no Concello de Melón

O proxecto da empresa Xero consiste na fabrica-ción dun modelo de tres prazas (X3 RO) coa última tecnoloxía, cunha autono-mía de 200 quilómetros e un custe estimado para Eu-ropa de 18.000 euros máis IVE. Os primeiros prototi-pos – cos que se farán pro-bas de durabilidade e outros controis- circularán polas

NO MARCO DO PLAN IMPULSA

A Xunta compromete 11 millóns de euros en axudas para unha planta de fabricación de coches eléctricos en OurenseO proxecto promovido pola compañía británica Xero Technology prevé investir 26 millóns de euros e crear ata 1.030 novos empregos en 2015

estradas ourensás entre maio e xuño e a partir deles empezará a fabricación en serie.

A planta ubicarase nun solar de 100.000 metros ca-drados no parque empresa-rial de Melón.

O conselleiro de Economía, Javier Guerra, saúda a Ian e Oliver Mitchell, os dous membros da empresa británica Xero que fabricará en Ourense o seu vehículo eléctirco Xero X-Ev.

De esquerda a dereita, o director do Igape, o delegado da Xunta en Ourense, o presidente da Deputación Provincial, o conselleiro de Economía e Industria, e os dous directivos da empresa británica Xero xunto ao seu socio en España.

Javier Guerra lembrou que a Consellería de Eco-nomía e Industria acaba de presentar o decreto de infraestruturas de carga do vehículo eléctrico, pio-neiro en España, que “si-tuará a Galicia á vangarda do desenvolvemento da electromobilidade para avanzar na estratexia tra-zada pola Xunta de cami-ñar cara unha mobilidade sostible e respectuosa co medio ambiente”.

Segundo o conselleiro, este decreto “vai repercu-tir de xeito moi positivo no desenvolvemento eco-nómico de Galicia, xa que contamos co polo da auto-moción máis importante de España e con iniciati-vas que se van desenvol-ver na nosa Comunidade e que nos van permitir estar á vangarda do I+D+i no eido da electromobilida-de, favorecendo o noso posicionamento competi-

tivo nun mercado de clara proxección de futuro”.

O conselleiro de Econo-mía e Industria salientou que o decreto será analiza-do e debatido por todos os axentes implicados, para sentar as bases para enfron-tar con garantías o futuro inminente que supón a che-gada do vehículo eléctrico, e para afondar nos valores innovadores e de respecto ao medio ambiente que su-pón a decidida aposta deste Goberno de traballar para diminuír o incremento das emisións contaminantes.

Javier Guerra avanzou que o decreto regulará a normativa técnica que de-ben cumprir as infraestru-turas de carga en Galicia, e as directrices esenciais que deberán terse en conta para levar a cabo a súa implan-tación de forma ordenada e planificada en todos os ámbitos, coa finalidade de garantir a súa existencia

como dotación necesaria ao servizo dos cidadáns, nos lugares aptos para os usuarios do vehículo eléc-trico.

O conselleiro reiterou a necesidade impulsar ac-cións “dirixidas a conver-ter a Galicia nunha rexión líder en mobilidade sosti-ble”.

Rede de infraestrutu-ras de carga

Galicia xa ten defini-da unha rede primaria de infraestruturas de carga para o vehículo eléctrico, unha rede que contará con medio millar de puntos de abastecemento espallados por toda a xeografía. Esta rede partirá da posta en marcha, nun primeiro mo-mento, de sete estacións multifuncionais de elec-tromobilidade demostra-tivas nas sete cidades ga-legas en colaboración co Clúster da Automoción.

A Consellería de Economía e Industria presentou o decreto da electromobilidade

Page 23: Marzo 2011 - OUXB

�3Ourense por BARRIOSMarzo de �011

Candidaturas, sedes electorais, páxinas webs... os partidos politicos quentan motores para a campaña das eleccións muni-cipais de maio

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Foto de familia da lista do Partido Socialista en Ourense, no parque Avilés de Tara-mancos. Acompañan a Francisco Rodríguez, Marga Martín como número 2, Agustín Fernández e Áurea Soto. Nos postos 5, 6 e 7 tres novidades: o director xeral de Emprego, José Ángel Vázquez Barquero, Susana Bayo e José Carlos Martínez-Pedrayo; a quen lle siguen os concelleiros María Devesa, Antonio Rodríguez Penín e Ana Garrido. Síguen-lle Mónica Vázquez, Alfonso Vilachá, Juana Ageitos, José Ramón Fernández Morgade; Montserrat Rodríguez, José María García, Nieves Vila, Antonio Blanco, María Cándida Pérez, Víctor Astorga, María Teresa Taboada, José Antonio Nóvoa, María Jesús Fernán-dez, José Luís Regal, Margarita Osorio, Pedro Araújo e Carmen Rodríguez.

A falta de coñecer a candidatura completa do PP de Barbadás, nesta localidade veñen de renovar a directiva das Novas Xeracións do PP, sendo ratificado como presidente o ata de agora responsable da comisión xestora da organización, Daniel Rey López (na imaxe á esquerda do alcalde, no acto na Casa da Cultura).

Os partidos presentan as súas candidaturas para o 22-M4 Coñecidas as listas de BNG e PSdeG, queda por saber que persoas acompañarán a Rosendo Fer-nández na lista do PP.Paula Lodeiro

Coas eleccións municipais do �� de maio formalmente convocadas, e coñecidas as candidaturas completas do PSdeG e do BNG na capi-tal ourensá e na localidade de Barbadás, resta por des-velar quen acompañará a Rosendo Fernández e José Manuel Freire Couto nas listas do Partido Popular en Ourense e no municipio li-mítrofe, respectivamente.

Nas últimas semanas os partidos non pararon de organizar actos: desde a

No PSdeG de Barbadás acompañan a Xosé Carlos Valcárcel (no centro), que repite como candidato, Victoria Morenza, María Presas, José Andrés Montero, Mari Carmen Álvarez, Manuel Martínez, Margarita Pérez, Hipólito Rial, Rosa Conde, Víctor Lloves, Ramón Selas, Alfonso Díaz e Mércedes Méndez.

Xosé Manuel Fírivida voltará ser o candidato do BNG á alcaldía de Barbadás. Na imaxe, no acto da súa presentación na Casa da Cultura de A Valenzá, acompañado dos integrantes da súa candidatura: Ánxela González, Serafín Núñez, Reis Rodríguez, Xosé Manuel Puga, Andrés Soto, Nuria Feijóo, Paulo Pereira, Marta Padrón, Jesús Fernán-dez, Eva Méndez, José Manuel Francisco e Tereixa Paz.

presentación das súas can-didaturas completas (nas imaxes, agás as do PP, que non se coñecen); as súas oficinas electorais (a do PP na rúa do Paseo, os socia-listas en Progreso e o BNG na súa sede de Concordia); as súas páxinas web (www.ppou.es, www.franciscoro-driguezou.es e www.enblo-queporourense.gl), e algúns tamén o seu programa elec-toral (os máis madrugado-res foron os nacionalistas).

Entre as candidaturas minoritarias, destacan a de Democracia Ourensa-

na, con Gonzalo Jácome á cabeza aspirando a facerse cunha acta de concelleiro, ou o recén creado partido POLI que busca un acordo para presentarse con Alter-nativa Popular Galega.

A Isabel Pérez acompáñana na lista do BNG os tamén concelleiros Marta Arribas e Fernando Varela, ademais de Xosé Somoza, Susana García, Ximena González, Secun-dino Alonso, Ivan Area, Noa Presas, Alfredo Suárez Canal, Aurora Álvarez, Luis Martí-nez-Risco, Ilda Blanco, Francisco Xavier Gómez, Monserrat Novoa, Norberto Tabarés; María Luisa Seara, Rubén Requejo, Sonia Albor, Alfredo Domínguez, Chelo López, Belén Martínez, Avelino Atanes, Alba Losada, Antucho Espinosa, Concepción Álvarez e Xosé Carballido.

Page 24: Marzo 2011 - OUXB

�� Ourense por BARRIOSMarzo de �011 especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

ENTREVISTA A ISABEL PéREZ:

“Sempre tiven claro que quería traballar para mellorar a sociedade”

4 Concelleira de Cultura e tenente de alcalde, a candidata do BNG aspira a converterse en maio na primeira alcaldesa de Ourense.Paula Lodeiro

Nacida no barrio de O Couto hai 47 anos, a nacio-nalista Isabel Pérez senta desde �003 no consisto-rio ourensán, desde 2007 faino como concelleira de Cultura e desde apenas seis meses tamén como te-nente de alcalde. De signo zodiacal piscis, casada e sen fillos, esta profesora de Latín amante das novas tecnoloxías (manexa o seu Facebook a diario) aspira a converterse en maio na pri-meira alcadesa de Ourense.

é a primeira muller candidata á alcaldía de Ourense, este feito ten algún significado especial ou hai que velo como algo normal?

Isabel Pérez: “Hai que velo dentro da normalidade pero á verdade é que ese é un feito que se dá por pri-meira vez nesta cidade; ata o de agora ningunha muller encabezou unha candidatu-ra dentro das organizacións políticas que teñen posibili-dades de acadar o resultado da alcaldía, polo tanto creo que sendo un feito normal neste caso creo que é o mo-mento de dicir que xa era hora de que sucedese”.

Algunha vez imaxinou que chegaría a ser candi-data á alcaldesa?

I.P.: “A verdade é que non. Cando un se adica á actividade política, polo menos no meu caso, ten como idea formar parte dunha organización, e que a organización sexa a que define a tarefa que a cada quen lle corresponde.

Eu hai máis de �0 anos comecei a militar no BNG, e a partir dese momento púxenme a disposición da miña organización para o que ela considerase opor-tuno. Formei parte de todos os organismos: Consello local, fun vicerresponsable comarcal e formei parte do Consello Nacional, e dende o ano �003 fun cargo elec-

to no Concello de Ourense. Para min a política munici-pal sempre foi a que mais atractiva me pareceu por ser a máis cercana aos cida-dáns. Creo que a responsa-bilidade de representar unha organización dentro dun concello pola propia cer-canía e porque os cidadáns demandan se cabe os pro-blemas máis cotiás no meu caso é a aspiración máxima que pode ter un represen-tante público. Desde logo aspirar á alcaldía do Con-cello onde un naceu, vive e traballa, disfruta, compra e pasa a maior parte do seu tempo é un orgullo”.

Cales foron os motivos que a levaron a entrar en política? Seguen vixentes hoxendía?

I.P: “Total e absoluta-mente vixentes; creo que ter inquedanzas políticas é absoluta e totalmente ne-cesario e desde aquí gusta-ríame recoñecer o traballo das persoas que se adican á política. Ás veces o traballo da política está devaluado porque como en todas as profesións hai persoas que se adican á política que son malos exemplos. Pero en calquera caso, creo que a política é necesaria e agora moito máis.

Non estaba nos meus obxectivos persoais pero unha vez que un decide dedicarse a esta actividade está disposto a asumir to-das as responsabilidades e os retos. Sempre tiven cla-ro que quería traballar para mellorar a sociedade”.

Cales deberían ser os valores que debería ter un político?

I.P.: “Desde logo voca-ción de servizo público; pensar que o que un fai non o fai desde o ámbito persoal senón con esa vocación de servizo, porque defender os intereses do público, do común esixe moita máis responsabilidade que outro ámbito laboral ou de des-envolvemento persoal. Ser

honestos cos cidadáns, e coa organización política na que un milita, e leais, e desde logo antepor sempre o ben común a calquera outro tipo de interese”.

Como é un día calquera na vida de Isabel Pérez?

I.P.: “Nestes momentos, non as �� horas do día por-que procuro polo menos durmir seis horas, pero to-

das as demais horas do día nas que non estou descan-sando as adico á actividade pública.

Levántome cedo; procu-ro en canto me levanto to-

mar o primeiro contacto cos medios, ler a prensa, saber que é o que sucede no ámbi-to local pero tamén a nivel galego, estatal e no mundo, e despois xa tomar un café fóra. Acostumo a almorzar fóra da casa, un café para min é total e absolutamente necesario e despois, desen-volver o traballo propio da xestión municipal, repasar a programación da propia Concellería de Cultura e es-tar pendente das cuestións que afectan a todo o que é o goberno municipal na responsabilidade de porta-voz do BNG. E ter o con-tacto co señor alcalde para pornos ao día das cuestións que teñen ese carácter máis xeral. Normalmente ao lon-go da mañá teño unha rolda de prensa ou varias.

Non como na casa nor-malmente porque a esas horas tamén aproveito para preparar o día seguinte, e despois acostumamos ter reunións ou do grupo mu-nicipal ou da organización. Todos os días practicamen-te teño algún acto de repre-sentación, acostumo a non cear demasiado e ocupar os últimos momentos antes de acostarme en repasar o meu Facebook e enviar unha canción desde el.

Unha axenda á verda-de que apretada, dilatada e aproveitada ata o último segundo”.

Cando non traballa que lle gusta facer?

I.P.: “Nestes momentos adico á actividade pública todo o meu tempo pero de ter algún oco poder cultivar os amigos é moi importan-te. Sempre hai un momento para tomar un café ou para chamar por teléfono ou en-viar unha mensaxe. Cando teño tempo procuro ler, releo sempre aos clásicos, por deformación profesio-nal procuro manter certo contacto co mundo da lite-ratura grecorromana.

Tamén procuro pasear pola cidade, por exemplo os

Isabel Pérez, na praza Maior./P.LODEIRO.

“Nestes momentos adico á actividade pública todo o meu tempo pero cando teño tempo procuro cultivar os amigos,

reler os clásicos e pasear pola cidade”Os valores dun político: “vocación de servizo público, ser

honestos cos cidadáns e coa organización política na que un milita, e leais, e desde logo antepor o ben común a calquera

outro tipo de interese”

Page 25: Marzo 2011 - OUXB

��Ourense por BARRIOSMarzo de �011

domingos pola mañá cedo acostumo a recorrer a zona histórica”.

Cal é o seu lugar prefe-rido da cidade?

I.P.: “Por razóns fami-liares hai dous espazos moi importantes para min: a praza do Trigo onde naceu miña nai, e as Mercedes onde naceu meu pai. E por suposto o barrio de O Couto onde nacín eu, eses son os tres puntos cardinais desta cidade. Despois hai outros, creo que a praza Maior é sempre un punto de refe-renza, de encontro no que paso moitas horas do día, non só no plano institucio-nal senón tamén porque é un espazo de referenza”.

Bota de menos o traba-llo como ensinante?

I.P.: “Moito, eu que ta-mén teño vocación docen-te, teño algo de vocación pública e de actividade po-lítica, son vocacionalmente ‘magistra’ como a min me gusta chamar, o mellor ca-lificativo que se pode dicir de min é que son mestra. O contacto coa mocidade, e o estar sempre aprendendo creo que é o mellor que ten a profesión de profesora”.

Cando a paran pola rúa, que lle din os ourensáns?

I.P.: “A verdade é que a xente nos para moitas veces para demandarnos cues-tións que son importantes para eles, de carácter xeral como o transporte, a limpe-za... pero tamén pola pro-pia actividade de Cultura. Onte, por exemplo, pregun-táronme cales son as obras de teatro que recomendaba da Miteu.

Os cidadáns creo que gustan de falar cos respon-sables políticos máximos e creo que é importantísimo que os que temos esas res-ponsabilidades esteamos a pé de rúa. A min gústame traballar a pé de rúa. De feito, procuro participar en todas as actividades da Concellería e do Concello e estar atentos ao que din os cidadáns. Sempre utilizo a frase de ‘o pobo é quen máis ordena’ que é unha

máxima e que tanto para felicitarnos como para di-cirnos o que non facemos ben hai que estar penden-tes do que a xente di”.

O bipartito vai prexu-dicar ou beneficiar ao BNG?

I.P.: “Eu fuxo de cha-marlle a este goberno bi-partito, creo que é un go-berno de coalición, máis un goberno de coalición que ten tradición demo-crática desde sempre, en Europa é moi corrente que esto sucede. Un goberno de coalición que funciona solidaria e de forma uni-taria porque é un único goberno pero nunha coa-lición na que participan dúas organizacións polí-ticas, o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego con responsabi-lidades en distintas áreas de goberno, actuando de forma transversal, ese go-berno de coalición ten que ser entendido polos cida-dáns como un goberno positivo.

As maiorías absolutas provocan moitas veces que o goberno goberne de costas aos seus eleitores sen embargo un goberno de coalición goberna sem-pre para a poboación que o elixiu e que elixiu ade-mais este tipo de goberno e non outro.

Creo que os cidadáns teñen agora mesmo datos obxectivos para avaliar a participación no goberno de cada unha das forzas políticas. Creo que o go-berno do BNG neste go-berno municipal foi un goberno sempre pendente da participación da cida-danía, intentando facer un goberno para todos e para todas, onde todas as zo-nas da cidade, os barrios as parroquias a zona his-tórica e o centro se sintan orgullosos de vivir neste concello. Para min é o máis importante. O que a cidade demanda é impor-tante e hai que atender a todas as demandas de toda a cidade e de todos os ci-dadáns”.

“(O de Ourense) é un goberno de coalición que funciona solidaria e de

forma unitaria porque é un único goberno pero nunha coalición na que participan dúas organizacións políti-

cas, o PSdeG e o BNG”

R.T.

Xa está todo listo para que o 16 de abril ruxan os motores no I Rali de terra de A Gudiña, valedeiro para o I Campionato gale-go de ralis de terra.

A idea parte do presi-dente da Federación Gale-ga de Automobilismo para organizar o primeiro cam-peonato galego de terra a petición dos pilotos, que querían facer terra; para iso contactou con Ourense Motor Sport (con Lito Saa á cabeza) para que organi-zara unha das probas do campionato en territorio ourensán, e ademais, sería a primeira proba de de-vandito campionato.

Desde Ourense Mo-tor Sport pensaron que o concello de A Gudiña era o máis propicio para rea-lizar esta proba polo que contactaron co concello na figura do seu alcalde quen deu todas as facilida-des, ademais de volcarse no evento os empresarios da zona.

Tramos secretosComo en todos os ralis

de terra, os tramos son secretos ata que o piloto está na liña de saída, que

A Gudiña, preparada para o seu primeiro Rali de terra4 Terá lugar o sábado, 16 de abril.

é cando lle fan entrega do mapa de ruta, a diferenza dos de asfalto que saben o percorrido con antelación. Con este condicionante, a primeira pasada do tramo é de adestramento para pos-teriormente realizar unha oficial.

O rali, que comeza ás 10.00 horas, constará de catro tramos con dúas pa-sadas cada un deles. Dous tramos pola mañá e dous pola tarde. Primeiro farase unha primeira pasada de adestramento no primeiro e segundo tramo para despois facer unha segunda pasada, oficial, dos dous primeiros tramos. Xa pola tarde a mesma tónica, unha primei-ra pasada de adestramentos no terceiro e cuarto tramo e unha segunda pasada ofi-cial, para rematar o rali en torno ás 19.00 horas.

Lito Saa conta con ter unha gran participación nesta primeira toma de contacto coa terra “se che-gamos aos 30 participantes xa será un éxito” e é cons-ciente de que moitos pilotos galegos “están pondo apun-to os seus coches para este rali de A Gudiña”.

O que sí é seguro é a pre-senza de pilotos como Ro-berto Méndez, de Competi-

ción Ponferrada ou mesmo Juan Casares co Evo X que é o vehículo campión do campionato de España; outro piloto que confirmou asistencia é Felipe Fernán-dez cun prototipo de Ibiza.

Pensando no futuroSen ter finalizado este

Lito Saa organizador do I Rali de terra de A Gudiña que se celebrará o sábado, 16 de abril. /RAMSÉS

Casa da Xuventude organiza o segundo trofeo 10 quilómetros provincial en pista4 O domingo 3 de abril.Redacción

O Club de Atletismo Casa da Xuventude de Ourense, organiza o do-mingo, 3 de abril, por segundo ano consecutivo o segundo trofeo Casa da Xuventude - 10 quilóme-tros provinciais en pista. A sede do evento terá lugar na pista de atletismo “Jo-sefina Salgado” do Com-plexo Polideportivo de Monterrei.

Disputaranse tres probas: unha feminina absoluta e unha serie A e outra serie B para a categoría mascu-lina. Os atletas masculinos que participen acreditarán a súa mellor marca no 10.000 para estar encadrados nun-ha ou noutra serie.

Ás 10.30 horas será a proba feminina, ás 11.25 horas a serie B masculina e ás 12.20 horas a serie A masculino dos 10.000 me-tros en pista.

DEPORTES

primeiro rali, desde Ouren-se Motor Sport xa contan con facer novas edicións en vindeiros anos, ademais de ampliar a proba a munici-pios próximoos a A Gudi-ña, “esperamos para outras edicións facer o rali Conso - Frieiras”, remataba Lito Saa.

Os tres primeiros clasificados na primeira edición da pro-ba./ARQUIVO.

Page 26: Marzo 2011 - OUXB

26 Ourense por BARRIOSMarzo de �011

DEPORTES

R.T.

O encoro de Castrelo de Miño foi o escenario da Copa do Rei de Remo onde os prognósticos fixéronse bos e, Cataluña foi a clara dominadora desta �3ª edi-ción. Os galegos cumpriron e acadaron a terceira posi-ción global no podio que acadaou un ouro, tres pra-

Redacción

O hipódromo de Antela estrenou a tempada �011 de carreiras de cabalos coa celebración da primeira de sete xornadas que acollerá.

Ante unhas bancadas re-pletas de espectadores deu-se o pistoletazo de saída ao sétimo ano no que esta localidade aposta pola hí-

Ourense é tamén terra de cabalos4 Esquío impúxose na cuarta carreira do hipódromo de Antela.

pica, e fíxose do xeito máis especial: reservando unha das probas para os jockeis retirados e que agora só son adestradores.

O francés Julien Grosjean foi o único xinete que fixo doblete, ás rendas de Alter-native (na segunda carreira) e de Diamod for Ever (na terceira). As demais pro-bas gañáronas Smasher (co

Un dos cabalos gañadores na primeira xornada de carreiras 2011 no hipódromo de San-diás. /RAMSÉS

amateur Román Martín), Esquío (coa axuda do che-co Vaclav Janácek) e Yira (con Víctor Sánchez como guía).

O ourensán EsquíoUnha das vitorias máis

aplaudidas foi a de Es-quío, un exemplar nado en Ourense e co éxito no ADN, xa que é fillo do se-

mental Baptize (que gañou as estatísticas en 2010) e da egua Value For Money, dun criador da zona.

Turno para os veteránsPero a carreira máis agar-

dada do día foi a derradei-ra, na que participaron os xinetes máis veteráns que agora son só preparadores. E foi nesta proba na que se

A primeira xornada de carreira de cabalos do ano en Antela tivo unha grande afluencia de público

viviu a sorpresa da xornada, cando Wolfang converteuse, por primeira vez na súa his-toria, no cabalo máis rápido en cruzar a liña de meta, e, evidentemente, debeullo á

O público de Antela observando atentamente a terceira carreira. /RAMSÉS

Galicia, terceira no medalleiro da Copa do Rei de Remo4 Cataluña foi o dominador do campionato.

tas e catro bronces.Na primeira xornada da

Copa do Rei, Cataluña do-minaba de forma abruma-dora cedendo o ouro tan só na proba de � scull en detri-mento de Cantabria.

Na segunda e última xor-nada, máis do mesmo, do-minio absoluto de Cataluña obtendo nesta xornada seis metais de ouro, catro de

prata e un de bronce.

Proba raíñaComo fin de festa a esta

23ª edición da Copa do Rei de Remo, disputouse o outrigger a 8 con timonel, onde como non podía ser doutro xeito, Cataluña fa-ríase co triunfo. En segunda posición entraría Cantabria a menos (despois de 2.000

metros) de tres segundos, e en terceira posición en-traría Andalucía.

Despois desta proba chegaba a entrega de pre-mios onde unha boa parte dos metais irían a parar ao nordés de Eapaña.

Galicia foi a terceira comu-nidade nesta Copa do Rei cun ouro, tres pratas e catro bronces

Remeiros vascos no outrigger con timonel. /RAMSÉS

R. Torres

O CD Ourense sofre a primeira derrota desde que chegara ao banco o ex-adestrador do filial, Cándido Gómez. Despois de dous encontros ven-cendo, e convencendo ao afeccionados ‘rojillos’ o CD Ourense perdeu no terceiro encontro da era Gómez.

Un mal inicio de segun-do tempo cortou de raíz a boa racha de resultados que levaba o equipo desde a chegada de Gómez. O encontro estivo dominado polo Ourense de inicio, incluso tendo dúas claras ocasións na primeira parte de adiantarse no marcador pero o resultado non va-riaría na primeira metade. Nos primeiros minutos da segunda metada, os ouren-sáns perderon intensidade

CD Ourense: á terceira foi a derrota4 Primeira derrota de Cándido Gómez no banco do Ourense.

o que levaría ao primeiro gol local do que, non se re-porían, a pesar de controlar o encontro ata o final do mesmo.

Con esta derrota, CD Ourense continúa na ter-ceira posición pero xa a 10 puntos do segundo clasifi-cado, o Rácing de Ferrol e a 12 do líder Cerceda, a quen derrotaron a pasada semana con contundencia, 4-0. Por detrás, na cuarta posición, o Somozas recortou dis-tancias e está a un punto do cadro ourensán. Na quinta posición e fóra dos postos de promoción está o vilal-bés con 48 puntos a catro do Ourense pero cun parti-do menos.

CD Ourense - As PontesO domingo, 3 de abril,

CD Ourense recibe a visita de As Pontes no campo de O Couto.

axuda do seu jockei, Jorge Rodríguez, preparador do hipódromo de La Zarzuela con �0 cabalos en adestra-mento. De novo queda claro que a experiencia é un grao.

Page 27: Marzo 2011 - OUXB

27Ourense por BARRIOSMarzo de �011PUBLICIDADE

Page 28: Marzo 2011 - OUXB

28 Ourense por BARRIOSMarzo de �011

DEPORTES

R. Torres

Trala derrota de Club Ourense Baloncesto en Ca-narias, os ourensáns están no fío do abismo situándose a dúas vitorias de Palencia e Adepal cando restan tres xornadas para o remate da liga.

80-61 foi o resultado final dun partido que en palabras do adestrador cobista Rafa Sanz “veunos demasiado grande” e no que xogado-res como Starosta (como moitas veces fóra de casa), Kale e Arco apenas apare-ceron no xogo ourensán. A

Sen marxe de erro4 O COB perde en Canarias e achégase á LEB Prata trala vitoria do Adepal contra o Palencia.

pesar desas ausencias de xogadores no xogo, Brown, Fergerson, Galarreta e o propio Sony Vázquez ti-raron do carro para estar vivos ata finais do terceiro cuarto (58-49). O último cuarto non había forzas nos xogadores e deixáronse le-var ata o definitivo 80-61.

Derrota dobreA pesar desta derrota, é

certo que o COB xa ten un estilo propio de xogo e a imaxe que mostra na liga é ben distinta á de fai unhas semanas, pero tan certo é ese aspecto como o de que

a liga está chegando ao seu fin, e ás opcións de manter a categoría son cada vez menores. No outro partido desta xornada que había que estar pendiente era o que enfrontaba ao Adepal Alcázar contra o Palencia, o resultado foi o peor posible para os intereses cobistas. A vitoria quedou en casa do Alcázar polo que a falta de tres xornadas o COB está a dúas vitorias de Alcázar e de Palencia.

Na vindeira xornada, o Club Ourense Baloncesto recibe a visita do Breogán que anda na loita por entrar

no play off de ascenso, polo que non regalará nada no encontro. Pola súa banda, o Palencia recibe na súa can-cha ao Tenerife (outro dos que loitos polo ascenso), mentres que o Adepal visi-ta ao Axarquía, equipo que necesitará a vitoria para non ter ningún tipo de apuros nas dúas últimas xornadas de liga.

O Club Ouren-se Baloncesto xoga o domin-go, 3 de abril, a partir das 19.00 horas no Paco Paz contra o Breogán de Lugo

Unha derrota contra Lugo mandaría case que con toda probabilidade ao COB a LEB Prata. /RAMSÉS

R.T.

Coa salvación práctica-mente no peto, as de Ma-nolo Codeso andan na loita por entrar na Copa de Espa-ña. O Cidade de As Burgas desprazábase ata Valladolid para desputar os tres pun-tos en litixio antes un rival directo nas aspiracións por entrar na Copa.

O Valladolid que pouco a pouco vai recuperando ás xogadoras lesionada recibía a un correoso Cidade que nos primeiros compases de encontro dominaba o esfé-rico. Este dominio foise di-luíndo e as locais aproveitá-ronse con sendos goles nas postrimerías da primeira metade, no que a ourensán Andrea participou de forma activa, anotando o primeiro e dando o pase do segundo. Na reanudación, lonxe de baixar os brazos, as ouren-sás foron descaradamente a polo partido polo que o encontro volvía a estar con-trolado polo Cidade; grazas a esta loita as de Codeso lograban recortar distancias cun tanto de Sonia despois de que Vanessa roubara o balón. Faltando cinco mi-nutos para o remate, dous goles das visitantes porían en franquicia o encontro

FúTBOL SALA FEMININO

Un punto para non perder comba4 O Cidade de As Burgas vén de Valladolid cun punto máis e a tres dos postos copeiros.

a prol das da vella auria; Iria e Sonia foron as auto-ras dos goles no minuto 35. Con �-3 e nese mismo mi-nuto loco, peke marraría un dobre penalti que lanzou ao pao. Un minuto máis tarde a xogadora Local Naila es-tablecería o 3-3 definitivo.

Con este empate o Ci-dade de As Burgas sitúase na novena posición con 32 puntos a tres dos postos de Copa, o Zaragoza ocupa a última posición (oitava) que da dereito a xogar o campionato copeiro.

O � de abril o Cidade re-cibe ao Burela que é cuar-to e xa ten asegurada a súa presenza na Copa, o encon-tro será as 17 horas no pavi-llón dos Remedios.

O Ponte recorta distan-cias sen xogar

O Ponte Ourense foi o gran benefiaciado desta 23ª xornada na que sumou tres puntos sen xogar xa que descansou pola retirada do Campillos da competición, equipo co que tiña que en-frontarse. Mentres o Pon-te sumaba tres puntos, o Móstoles cedía un empate contra o Atlético de Ma-drid. Con estes resultados a táboa a segue comandando o Móstoles con 65 puntos,

e o Ponte Ourense recorta dous puntos colocándose con 64 a un só das madri-leñas.

Para esta xornada, serán as pontinas as que visiten a cancha do At. de Ma-drid, terceiro clasificado do campionato, mentres que o Móstoles visitará ao Córdoba, equipo que se está a xogar a súa presen-za na Copa de España.

Iria golpeando o balón. /RAMSÉS

Redacción

A piques estivo o Car-melitas de superar o pa-sado sábado ao actual número un da Liga Fe-minina �A, o Caja Ru-ral Valbusenda, pero o axustado encontro que se viviu no Vedruna rema-tou decantando a balanza a favor das zamoranas, que no derradeiro cuarto incrementaron esforzos en defensa e ataque para frear as posibilidades das colexialas e desmarcarse no casilleiro. O encontro estivo igualado en todo

O líder conseguiu frear ao Codigalco Carmelitas4 O Pabellón rompeu a súa mala racha vencen-do ao Aros León.

momento salvo no último cuarto no que o Valbusenda demostrou o porqué do seu primeiro posto ante un máis que digno rival, o Codigal-co Carmelitas.

Pola súa banda, o Pabe-llón Ourense puxo fin ao período de decadencia que as sumiu no penúltimo pos-to da clasificación e, aínda que vencendo ao Aros León non conseguiron escalar posicións, esta vitoria au-menta considerablemente os seus ánimos e logra que empaten co duodécimo cla-sificado, o Cáceres, ademais de afrontar con outro ánimo

as tres últimas xornadas da Liga Feminina 2.

Próxima xornadaA dúas xornadas para o

remate da tempada, o vin-deiro sábado o Codigalco Carmelitas mídese en San-tiago de Compostela co Pío XII, oitavo clasificado; mentres o Pabellón Ouren-se recibe en Os Remedios ao seu principal opoñente, o Femenino Cáceres, nun encontro no que se xogan o duodécimo posto; o partido disputarase a partir das �0 horas no central dos Reme-dios.

Noelia Oliva defendendo a unha rival do Valbusenda. /RAMSÉS

O Cidade xoga o 2 de abril contra o Burela, ás 17 horas nos Reme-dios

Page 29: Marzo 2011 - OUXB

29Ourense por BARRIOSMarzo de �011

VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

Asador - Restaurante Os Caracoles, elección de calidadeO hotel-restaurante conta con tres salóns para a rea-lización de vodas e banquetes

Achégase a época de maior número de vodas do ano e moitas parellas están a decidir onde celebrar o seu convite. Desde fai sete anos, os mesmos que leva aberto na Derrasa, a oito quilómetros da cidade, Asador-Restaurante Os Caracoles é unha aposta segura. O seu propietario, José Antonio Caneiro Fer-nández, apunta “á calidade en cociña, con produtos de moi boa calidade, e ao servizo personalizado que temos”, como as razóns que fan que moitos ouren-sáns confíen cada ano nes-te restaurante para as súas celebracións.

O establecemento, es-pecializado en alta cociña rexional, ofrece aos noivos a posibilidade de confec-cionar o menú adaptándo-se aos seus gustos e posibi-lidades. Pódese completar a festa con baile posterior con barra libre, disc joc-key ou orquestra, segundo a elección de cada parella.

Para dar o mellor servizo e a máxima comodidade aos seus clientes, Asador-Restaurante Os Caracoles tan só comprométese a un banquete por día e salón.Ademais do salón de servi-zo á carta con capacidade para 100 persoas situado na primeira planta,dispón de dous salóns específicos

para banquetes, un para 70 e outro para �00 comensais, na segunda planta.

Outros servizosOs Caracoles é tamén ho-

tel (ten 15 habitacións), e

ofrece os servizos de cafe-taría, con almorzos, petiscos e tapas típicas galegas. O establecemento conta cun amplo aparcadoiro exterior, e zonas verdes con servizo de terraza e zona de xogos para nenos.

Fachada do hotel-restaurante Os Caracoles.

Información e reservas: Tel. 988 380 165

A Derrasa s/n - Pereiro de Aguiar

Os Caracoles está especializado en alta cociña rexional

A calidade en cociña e o servizo personalizado fan que moitos

ourensáns confíen neste restaurante para as súas celebracións

Page 30: Marzo 2011 - OUXB

30 Ourense por BARRIOSMarzo de �011 especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

Event Bodas y Fiestas es una empresa pionera en Ourense en la organización de eventos, con más de una década dedicada al aseso-ramiento de las parejas que preparan su boda. Los no-vios ahorrarán tiempo, di-nero y preocupaciones en-cargándoles cualquiera de los detalles que implica una boda, como la elección de las invitaciones, los trámi-tes documentales, la aseso-ría, las alianzas, los trajes, la peluquería, la música, el reportaje fotográfico y de video, o el banquete.

En Event te asesoran y se encargan de solicitar distintos presupuestos para ofrecerte el mejor precio posible. Este año, además, ofrecen descuentos en to-das las contrataciones.

Cualquiera de los servi-

cios que oferta la empresa se puede contratar de for-ma individualizada. Es el caso del cátering, en el que son especialistas: se puede alquilar la carpa, las sillas y las mesas, el menaje o el menú, que se prepara en el lugar en el que se va a servir.

Invitaciones y detallesCada temporada incorpo-

ran nuevos diseños de invi-taciones, como unos ori-ginales abanicos o tarjetas que llevan ya el arroz para lanzar sobre los novios el día de la boda. Como nove-dad, disponen de una línea económica tanto en detalles para los invitados como en invitaciones.

En el apartado fotográ-fico, trabajan con las fo-tógrafas Ana y Luna, que

PUBLIRREPORTAjE

Event Bodas y Fiestas, empresa pionera en Ourense en la organización de eventosEste año ofrece descuentos en todas las contrataciones

realizan un único reportaje de boda por día para ofrecer a los clientes el mejor servi-cio posible.

En el apartado musical, desde el año pasado trabaja con Event la única soprano organista profesional de toda Galicia, becada en el Liceo de Barcelona.

Todo tipo de eventosDejarlo todo en manos de

profesionales es garantía de éxito a la hora de organizar un enlace o cualquier otro evento, sea una primera co-munión, una fiesta, una des-pedida de soltero o un cum-pleaños. Para estas casiones Event te propone todo tipo de animación: payasos, hin-chables, animadores, dúos o tríos musicales, discotecas móviles, stripers, go-go’s y otras sorpresas.

Más información: Eventc/Celso Emilio Ferreiro, 36, bajo,

OurenseTel. 988 240 548 -619 81 96 44

info@event-bodas-com www.event-bodas.com

Fachada de Event, en la calle Celso Emilio Ferreiro.

Teresa Rodríguez, al frente de Event desde hace más de una década.

Oferta en animación: disco móvil, con luces y dj profesional: 285 euros

Page 31: Marzo 2011 - OUXB

31Ourense por BARRIOSMarzo de �011VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

En Govi Fotógrafos, en A Valenzá, realizamos todo tipo de reportaxes fotográficos sociais, des-de vodas a aniversarios ou outros eventos; reportaxes en video; detalles perso-nalizados con fotografías e invitacións.

No caso dos enlaces, os seus fotógrafos acompa-ñarán aos noivos durante toda a xornada, segundo se acordara, e hai a posi-bilidade de realizar a pre-voda, incluindo imaxes das probas do vestido da noiva ou fotografías máis

informais da parella.

Opcións e facilidadesÁ hora de recoller o

resultado, esta tenda de fotografía permite optar polo álbum clásico (aín-da que cun deseño máis moderno), polo álbum dixital (con variedade de acabados e efectos), ou pola gravación en for-mato DVD.

É de subliñar que en Govi Fotógrafos facili-tan a financiación a 12 meses do servizo contra-tado.

Acerta no teu enlace con Govi FotógrafosEsta tenda de fotografía per-mite optar polo álbum clási-co, o dixital ou a gravación en formato DVD

Máis información: Govi Fotógrafos av. Celanova, 84, A Valenzá - Tel. 988 23

32 03 - www.fotogovi.com

Noar Novias, bouti-que situada moi preto de Ourense capital, en A Va-lenzá, presenta as súas no-vidades para esta tempada. En primeiro lugar para as noivas mais esixentes trae en exclusiva para Ouren-se, a colección Luna No-vias da deseñadora Rosa Clará, con deseños cheos de estilo, con corpos pli-sados, drapeados, con encaixe, e saias con moi-to volume, con volantes, flores, etc. sen esquecerse doutras coleccións para as noivas que prefiren outro estilo, como as da marca Madeline Garner.

Doutra banda, a festa e a madriña veñen da man de firmas como Luna No-

vias, Ronald Joyce e Alba Moda, con vestidos moi xuvenís e cores frescas.

A comuñón dos nosos fillos tambien é un aconte-cemento moi importante, e Noar Noivas ten todo o necesario para que ese dia salga todo perfecto, e por iso conta cunhas colec-cións moi bonitas, das fir-mas, Tappiz, Nova Drima, Lola Ortín e Lovely Day.

Noar Novias tamén ofrece a prezos incribles complementos, zapatos, tocados, can can, roupa interior, etc.

Noar Novias: deseños para noivas, festa, madriñas e comuñón

Noar Novias: av.Celanova, 73, A

Valenzá Tel. 988 60 64 88

A Primeira Comuñón é unha das celebracións relixiosas máis esperadas polas nenas e nenos cató-licos de entre 7 e 12 anos de idade. En España, maio é o mes elixido pola Igre-xa para a celebración da Primeira Comuñón. Nal-gunhas familias, a Primei-ra Comuñón rodéase de vestiarios e festexos tan elaborados e complicados que chegan a confundir cos da celebración dunha voda. Entre a vestimenta, o banquete, os recordato-rios, os agasallos, e outros detalles, unha Primeira Comuñón poderá custar de dous a tres mil euros, de media.

Traxes A igrexa pide sinxeleza

e moderación na cerimo-nia da Primeira Comuñón. As nenas adoitan usar ves-tido branco e os nenos van vestidos de traxe formal, sexa de mariñeiro, almi-rante ou o tradicional. Un vestido sinxelo pode saír de 100 a 300 euros depen-dendo da tea, do deseño ou dos adornos que teña. Entre o vestido ou o traxe, os zapatos, peiteados, e demais complementos, a vestimenta dun neno ou dunha nena pode custar de 1�0 a �00 euros, ou máis dependendo das posibi-lidades e a demanda das

familias, e do modelo do traxe.

O banqueteO que máis encarece a

celebración dunha primei-ra comuñón é o banquete, a comida que se ofrece aos invitados. Ao contrario do bautismo, celebración que aínda mantén o seu carácter íntimo, a Primeira Comu-ñón converteuse en todo un acto social. Tras a cerimonia da igrexa, adóitase ofrecer algún pequeno tentempié ou unha comida aos invita-dos a modo de celebración. Nun restaurante, os menús oscilan entre os 30 e os 60 euros por persoa.

Agasallos, recordatorios e reportaxe fotográfica

É moi común nas cele-bracións, repartir tarxetas de recordatorio, nas que indican o nome do neno ou nena comulgante, a data e o lugar da celebración. É tamén frecuente ofrecer agasallos aos nenos. Aga-sallos como un reloxo, un rosario, unha biblia, un álbum para as fotos, unha cadea de ouro, un crucifixo, máquinas fotográficas, ou un diario, son os máis de-mandados. E non podemos esquecer a reportaxe foto-gráfico, xa que as fotos e o vídeo da celebración son un bo recordo deste día tan im-portante para os nenos.

A Primeira Comuñón, unha das celebracións máis agardadas

Page 32: Marzo 2011 - OUXB

3� Ourense por BARRIOSMarzo de �011 especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

As empresas do grupo Anpian dan un servizo integral para vodas, tanto en relación ao transpor-te neste día tan especial como para a contratación da viaxe de lúa de mel.

Para que os invitados non teñan ningún tipo de preocupación, Anpian trasládaos á cerimonia e ao restaurante en auto-cares de luxo equipados cos últimos avances en seguridade e confort, con posibilidade de facer va-rios regresos para que os invitados gocen até a hora que queiran. E para trasla-dar aos noivos á cerimo-nia, os coches de luxo de Vip Car Anpian, clásicos ou modernos, segundo os seus gustos.

Lúas de melAdemais, as axencias

de viaxe do grupo, Viaxes

Máis información en Anpián: r/Ervedelo, 58, Ourense

Tel. 988 225 288 - www.anpian.com

Grupo Anpian, servizo integral para vodas

Piña e Viaxes Auria, ofre-cen a oportunidade aos invitados de reservar aos mellores prezos, voos e aloxamento, para que to-dos os familiares e amigos que queiran acompañar aos noivos no seu gran día, poi-dan facelo sen problemas.

Os profesionais de Viaxes Piña e Viaxes Auria porán a disposición dos noivos as mellores opcións para a es-perada lúa de mel, destinos inesquecibles cos mellores prezos do mercado. O trato exclusivo que se ofrece a todos os clientes en Piña e Auria é o principal referen-te das axencias do grupo.

E como cada ano, Viaxes Piña e Viaxes Auria dispo-ñen de programacións pro-pias de excursións dun día ou de varios días; nas súas oficinas podes recoller os folletos informativos coas datas.

O día do teu enlace achégase e en Carpe Diem saben como facer que es-teas radiante nese gran día. Entre os servizos estéticos dos que dispón destaca a fotodepilación, con ofer-ta de tarifa planta por 26 euros. Tamén ofrecen de-pilación á cera; masaxes terapéuticos e masaxes es-peciais con chocolaterapia ou vinoterapia; broncea-do; así como tratamentos faciais e corporais, mani-cura, pedicura, cavitación e presoterapia.

Bonos para noivosPara noivas e noivos

Carpe Diem dispón dun servizo especial con bo-nos. Segundo explica a súa esteticista Eva María Novoa, os bonos “inclúen tratamento facial, que consisten en preparar e hidratar a pel para a poste-rior maquillaxe; tratamen-to corporal, con peeling e masaxe relaxante; mani-cura, xa sexa a francesa, a máis solicitada, ou con uñas de xel; pedicura, e maquillaxe, o día da voda pero cunha proba días an-tes”.

A maiores do bono te-ñen dispoñibles outros servizos como perma-nente e tinte de pestanas, bronceado instantáneo e maquillaxe a domicilio.

Carpe Diem ofrece aos

Máis información en Carpe Diem:Avenida Celanova nº 45 bajo (A Valenzá)

Tlf: 988 618 745correo-e: [email protected]

Eva María Novoa, esteticista de Carpe Diem.

Carpe Diem axúdache a estar perfecta no teu gran díaEste centro de estética está en A Valenzá

seus clientes o asesoramen-to dunha dietista para quen

queira baixar de peso dun-ha forma controlada e san.

Para noivas e noivos Carpe Diem dispón dun servizo especial con bonos

O bebé, o protagonista

O día do bautizo o bebé é o protagonista absoluto e será obxecto de todas as miradas. Por iso os pais queren que estea, se cabe, aínda máis guapo e arranxado do habitual.

As tendas de roupa de bebés adoitan ter colec-cións especiais para este tipo de eventos, e depen-dendo da idade será ade-cuada un tipo de vestimen-ta ou outra. Para os bebés de poucos meses reco-méndanse os traxes dun-ha peza como os faldóns longos . En cambio se son máis maiores adoitan ves-tir dúas pezas como unha camiseta ou chaquetiña e saia ou pantalón segundo se é nena ou neno.

En canto a cores, nor-malmente levan os tons pastel ou branco, aínda que os pais máis atrevidos poden decidirse por cores con tons vivos e alegres. Todo vale mentres o bebé estea guapo e, sobre todo, cómodo.

Invitacións de bautizoUn detalle importante

que non poden esquecer os pais son as invitacións de bautizo. O deseño das invitacións de bautizo nor-malmente inclúe detalles infantís e ambiéntase en tons pastel. Hoxe en día tamén está de moda incluír a fotografía do noso bebé, así a invitación ten un ca-rácter máis persoal e á vez é un recordo para todos os asistentes.

Page 33: Marzo 2011 - OUXB

33Ourense por BARRIOSMarzo de �011

VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

Page 34: Marzo 2011 - OUXB

3� Ourense por BARRIOSMarzo de �011

Nova colección de festa en tallas grandes na tenda Komodamoda de OurenseVeñen os vestidos longos en tons negros e azul tin-ta, acompañados de boleros ou chaquetas curtas.

Máis información en Komodamoda: r/Cabeza de Manzaneda, 2, Ourense Tel. 988 25 43 59 - Abrimos de lunsa venres de 10 a 13:15 e de 16.30 a20:30 h. - Sábados de 10 a 13:30 h.

Atención a aquelas lectoras que teñan esta primavera ou verán unha voda, un bautizo ou unha primeira comuñón. A tenda Komodamoda de Ourense, especializada en tallas grandes, preséntanos a súa colección de festa na que os vestidos longos, en tons negros e azul tinta ou en tecidos bordados, son o rei e veñen acompañados por boleros e chaquetas curtas.

Moda de tempadaEn xeral, Komodamoda

ofrécenos moda para to-das e a prezos asequibles, respondendo á premisa de non ter que pagar máis só polo feito de usar unha talla grande. Con prendas de deseño actual ata a talla 70 (da 48 á 60 en medias), a oferta deste establece-mento interesará a todo tipo de mulleres.

Esta tempada primave-ra-verán vén marcada pola presenza de prendas como os blusóns, teas como a gasilla, os estampados a cadros, a combinación vestido máis leggins e as cores pastel.

En moda vaquera, en-contrará desde cazadora a chaleco ou vestido e en pantalóns preto de 20 mo-delos diferentes en cada talla desde a 44 ata a 70.

Ademais, por segundo ano incorpora moda baño desde a talla ��, e acaba de incorporar ás súas es-tanterías unha liña de ca-misetas de algodón 100%.

Komodamoda dispón tamén de complementos como bolsos, collares e cin-

tos de ata 1,60 metros, que poden adaptarse ás medidas de cada clienta.

Dous deseños da colección festa de Komodamoda.

A tenda está no barrio ourensán de San Francisco.

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

4 Excursiones- 9 y 10 de abril : Astu-

rias (Cudillero, Covadonga, Cangas de Onís)

2 días / 1 noche: 100 euros /persona

- 21 a 24 de abril - Se-mana Santa: La Ruta del Quijote (Toledo, Ciu-

dad Real, Almagro, Puerto Lapice, El Toboso, ávila)4 días / 3 noches: 280

euros /persona

- 14 a 17 de mayo: Mur-cia, ¡qué hermosa eres! (Murcia, Archena, Carava-

ca, Valle de Ricote) 4 días / 3 noches: consul-

tar precio

- 28 y 29 de mayo: León (León, Astorga, Castrillo de los Polvazares, Cue-

vas de Valporquero)2 días / 1 noche: 110

euros / personaLos precios incluyen

autocares de lujo, hoteles 3* en pensión completa y guías oficiales en destino

PUBLIRREPORTAjE

Viaxes Aldyra presenta sus excursiones para esta temporadaContrata tu luna de miel en esta agencia de viajes de O Couto.

Comienza la temporada de excursiones en Viaxes Aldyra, agencia que ha apostado fuerte por este tipo de viajes, una forma diferente de viajar y cono-cer otros lugares pasándolo bien al mismo tiempo.

La primera alternativa de la temporada es cono-cer Asturias, para ello han programado una excursión de dos días para el 9 y el 10 de abril. En Semana San-ta Aldyra anima a conocer la Ruta del Quijote, con cuatro jornadas recorrien-do Toledo, Ciudad Real y otros puntos de La Mancha. A Murcia tienen previsto viajar para el puente de las Letras Gallegas (del 14 al 17 de mayo). En esta co-munidad los excursionistas descubrirán el encanto de su gastronomía, valles y frutales. Ven a conocerla, ¡te sorprenderá! También en mayo, la agencia propo-ne una escapada de dos días a León y alrededores.

Todas las excursiones oscilan entre dos y cinco días e incluyen autocares de lujo, hoteles de 3 estre-llas, seguro de viaje y guías oficiales en destino, además de sorteos y un detalle, cor-tesía de la agencia, para los excursionistas.

En próximas fechas viaja-rán a Francia (con visita a Lo-

Más información: Viaxes Aldyrar/Vila Real, nº3 - Ourense

Tel.988 24 61 99Horario: de lunes a viernes de 9:30 a

13:30 y de 16:30 a 21 h.

Viaxes Aldyra está en Vila Real, 3.

urdes), Madrid y Toledo, Fáti-ma y Lisboa, la Costa Brava y Barcelona, y Andalucía.

Lunas de miel Viaxes Aldyra también

ofrece propuestas más clási-cas como paquetes vacacio-nales, vuelos o escapadas de fin de semana, así como viajes de luna de miel.

También organizan ex-cursiones a medida para asociaciones y empresas, y cruceros para viajar en gru-po para aquellas personas que no deseen viajar solos.

En todo caso, sólo por acudir a informarte, Viaxes Aldyra te agasajará con un pequeño obsequio.

Page 35: Marzo 2011 - OUXB

3�Ourense por BARRIOSMarzo de �011

En Salones Cabú con-virten en inesquecibles os momentos especiais da nosa vida: vodas, co-muñóns, bautizos, aniver-sarios, etc. O establece-mento, especializado en banquetes, dispón dos ser-vizos necesarios para que os seus clientes se sintan a gusto á hora de celebrar eses días tan especiais, así como dunhas instalacións feitas a medida do cliente máis esixente; dun per-soal cualificado que presta unha atención exquisita, e duns menús nos que se coida ao máximo a calida-de dos produtos ofrecidos e da súa elaboración.

Salones Cabú sitúase en Vilarnaz, nun lugar apaci-ble e con encanto, rodea-do de zonas axardinadas e un lago artificial. Dispón dun amplo aparcadoiro propio, locais climatiza-dos, unha capela, terrazas ao aire libre e cubertas, parque infantil para os máis pequenos, discote-ca... Unhas instalacións con todos os detalles ex-tremadamente coidados, climatizadas e totalmente adaptadas e accesibles, conforman Salones Cabú.

Máis información: Salones CabúCtra. de Santiago, km.8, Vilarnaz, Coles - Tel. 657 983 100

www.salonescabu.com

Un dos comedores de Salones Cabú.

Salones Cabú convirte o teu enlace nun momento inesquecibleAs súas instalacións están feitas á medida do cliente máis esixente

Exterior do establecemento, con zonas axardinadas e a capela ao fondo.

Se te casas en venres 5% de dto.En Salones Cabú todos os detalles están extremadamente coidados para que os

clientes se sintan á gusto á hora de cele-brar eses días tan especiais

VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

Organizar unha voda é menos complexo do que pode parecer en principio. A continuación vos resu-mimos as tarefas máis ha-bituais e cando debemos realizalas.

Antes de nada, hai que fixar a data, cun ano de an-telación, ou mesmo máis.Esta dependerá da dispoñi-bilidade da institución onde vos vaiades a casar.

Doce meses antes é o mo-mento de anunciar o voso compromiso á familia e ás amistades máis íntimas, e tamén para definir o estilo de voda que vos gustaría, así como realizar un orzamento inicial propio e das axudas coas que poidades contar, e comezar a confeccionar a posible lista de invitados.

Entre doce e seis meses antes. É o momento de pe-char cun depósito o lugar de celebración, confeccionar o menú do banquete, comezar a mirar os aneis, comuni-car á vosa empresa a data de voda e fixar os días de que dispondes, comezar a mirar axencias de viaxes e os posibles destinos de lúa de mel, e ir pechando a lista de invitados inicial. A noiva debe pensar xa no seu ves-tido. Elixir aos padriños, as testemuñas e o cortexo de

arras, se houbera; buscar establecementos para a lista de vodas; buscar floristas, e pedir orzamentos de fo-tografía e vídeo, son outras das xestións que se poden ir realizando.

Catro meses antes. É mo-mento de tomar a decisión do réxime legal baixo o cal queredes abordar a unión e preparar os papeis necesa-rios para a cerimonia, sexa civil ou relixiosa. Tamén hai que decidir o vestido, facendo a reserva en firme; comezar a procura dos com-plementos, e determinar o tipo de traxe do noivo.

Tres meses antes realiza-remos as probas do vestido, elixiremos as invitacións, e decidiremos o destino da lúa de mel.

Dous meses antes. Po-demos escoller as alianzas

e encargalas, enviar as invitacións, facer a proba de peiteado e maquillaxe, adquirir os complemen-tos do noivo e os zapatos da noiva, para a proba do vestido. Pódense mirar os pequenos obsequios para convidados e reservar a viaxe de noivos.

Un mes antes faremos as últimas probas dos ves-tidos da noiva e noivo, re-servaremos hora na perru-quería, e confirmaremos os servizos contratados e os invitados.

Sete días antes decidi-remos a distribución dos invitados no restaurante, faremos as últimas probas do vestiario e encargare-mos o ramo de noiva na floraría.

O día da voda só vos queda disfrutar...

Ideas para organizar a túa voda sen agobiosDesde que se fixa o enlace ata o gran día hai un bo número de elementos dos que estar pendentes

Existen moitos portais web que recollen información e da-tos de empresas moi útiles para os noivos.

Page 36: Marzo 2011 - OUXB

36 Ourense por BARRIOSMarzo de �011 PUBLICIDADE

Page 37: Marzo 2011 - OUXB

37Ourense por BARRIOSMarzo de �011

SAúDE

4GUíA DE SAÚDE [Se quere anunciarse nesta sección chame ao teléfono 988 239 634]

4PAIS E FILLOS4VETERINARIA

A catarata, referíndonos a unha patoloxía do crista-lino, é a afección lenticular máis frecuente nos nosos animais de compañía, prin-cipalmente no can. Moitos pacientes que padecen al-gún déficit visual, e incluso cegueira, presentan algún grao de opacidade cristali-na. Hoxe en día o tratamen-to de elección é a cirurxía. Sen embargo, é moi im-portante facer un bo diag-nóstico diferencial. Outras alteracións do cristalino poden confundirse en oca-sións coa catarata. Este é o caso da dexeneración senil, tamén denominada escle-rose nuclear. Neste artigo trataremos de explicar as diferencias e que tratamen-to aplicar en cada caso.

O cristalino é unha len-te biconvexa, transparente e avascular que se atopa detrás da pupila e que ten como función focalizar os raios luminosos para for-mar imaxes nítidas sobre a retina. Constitue o segundo

medio de refracción, des-pois da córnea, e ten un pa-pel primordial na filtración da luz ultravioleta do sol. Calquera cambio na trans-parencia ou posición do cristalino pode afectar ao fenómeno da acomodación e polo tanto á visión.

A catarata é unha opaci-dad ou pérdida de transpa-rencia, non fisiolóxica, do cristalino, xeralmente de aspecto blanquecino. Pode afectar ao cristalino de for-ma local (formando puntos, líneas, raios ou rosetas) ou de forma xeralizada a todo o cristalino. A súa apari-ción pode ser unilateral ou bilateral, sendo máis fre-cuente no can que no gato.

As cataratas poden ser hereditarias (acostuman ser de presentación bilate-ral). Estas poden aparecer desde o momento do nace-mento (conxénitas), ao lon-go da vida do animal ou du-rante os 2-3 primeiros anos de vida (xuvenís).Outras son traumáticas despois

Ten o meu can realmente cataratas? (I)de traumatismos directos sobre o globo ocular, in-cluso cando hai daño da cápsula do cristalino por arañazos de gato, cristais, astillas, etc. Moitas cata-ratas están relacionadas con trastornos metabóli-cos, a máis coñecida de este tipo é a catarata en pacientes diabéticos.

O primeiro signo clíni-co que suxire a presencia dunha catarata é notar a pupila do noso animal de cor blanca en vez da cor negra habitual. Ante a sospeita da aparición dunha catarata debemos someter o paciente a unha exploración oftalmolóxica detallada para localizar a catarata, buscar a posible etioloxía e estudir o resto de estructuras intraocula-res.

A cirurxía é actualmente o tratamento de elección. [continúa o próximo número] Lorena Pérez

Fernández, veterinaria do Hospital Veterinario Abros

Existe a crenza de que ir ao dentista resulta su-mamente caro, pero iso é sinxelamente falso xa que as clínicas dentais funcio-nan como empresas e están suxeitas ás seguintes varia-bles á hora de fixar os seus prezos:

- Os custos, que sería o límite baixo do prezo (nunca se pode cobrar por baixo do custo).

- A demanda, que mar-caría o límite alto do prezo (sempre que haxa un nú-mero importante de clien-

4O DENTISTA EN CASA

tes que estea conforme co servizo que lle dan e o pre-zo que pagan, marcarán o nivel óptimo da tarifa).

- A competencia, que é unha das variables regula-doras do prezo (sempre que o servizo, a atención e os materiais sexan os mesmos, o prezo debería ser similar, dito doutro xeito, cando hai unha diferenza importante de prezos entre dous presta-dores de servizos significa que o que cobra menos da menos, así de sinxelo).

Con isto, quero dicirlles

aos clientes que non están a pagar prezos abusivos senón que son prezos xus-tos. Aqueles que queren mellores prestacións pa-garán un pouco máis e os que se conforman con me-nos pagarán menos.

Clínica Dental Sto. Do-mingo

Quen lle fixa os prezos ao dentista...?

4Piden unha solu-ción para Toén

O BNG rexistrou dúas proposicións non de lei no Parlamento galego con obxecto de instar á Xunta “a dar continuidade aos pa-ralizados Plans de Reforma e Ampliación do CHOU coas dotacións orzamenta-rias precisas para a cons-trución dun novo edificio de Rehabilitación psiquiá-trica que resolva a desas-trosa situación de Toén así como poñer en funciona-mento todas as camas de hospitalización dispoñíbeis para abordar a crítica situa-ción provocada polas listas de espera na Área sanitaria de Ourense”.

Segundo o BNG, a deci-sión de converter Piñor en substituto de Toén sen alter-nativa adecuada de espazos para a medicina interna “é un novo chanzo máis na po-lítica de recorte de servizos” co conseguinte deterioro da atención sanitaria da cida-danía de Ourense.

EN BREVE

Unha das ensinanzas principais que lles debe-mos de proporcionar aos nosos fillos é o do auto-coñecemento e a autorre-gulación do seu compor-tamento.

Coñecerse a un mesmo é de suma importancia para conseguir o éxito na vida. Os nenos que teñen un claro autocoñecemen-to obteñen mellores pun-tuacións en autoconcepto familiar, social, persoal, físico, académico e na súa capacidade de autocon-trol.

A arte de coñecerse a un mesmoUn exercicio sinxelo que

podemos desenvolver nas nosas casas é o seguinte: necesitamos un folio que dividiremos en dúas co-lumnas, nunha o noso fillo escribirá cáles considera el que son as súas virtudes e na outra columna escribirá o que lle gustaría mellorar.

Unha vez rematado o exercicio lerao en alto e en-tre todos realizaremos pro-postas de mellora das súas debilidades.

Este é un exemplo das moitas actividades que podemos desenvolver nes-

te sentido, adaptándonos sempre á idade de nosos pequenos.

Para finalizar unhas re-flexións que tamén podemos debater entre todos:

“Búscate en min, búsca-me en tí”. Santa Teresa de Jesús.

“Coñécete, acéptate, su-pérate”. Santo Agustín.

“Cando o home non se atopa a si mesmo, non ato-pa nada” Goethe.

Diana Salgado, psicóloga, tlf. 650 131 742

4Exercicios para os maiores

A Concellería de Par-ticipación Cidadá vén de por en marcha, dentro do seu programa “Móvete pola saúde”, unha serie de exercicios físicos de equi-librio e coordinación para os máis maiores, co fin de mellorar a súa mobili-dade e previr as caídas, ó tempo que fomentan o bo uso dos parques de xogos biosaudables instalados na cidade.

O programa “Móvete pola saúde” consta de tres partes diferenciadas: ava-liacións periódicas para coñecer o historial médico dos participantes; charlas sobre hábitos saudables; e tres programas de activi-dade física (musculación, aquagym e ximnasia).

En particular, estes exer-cicios para maiores, aos que poden apuntarse todos os interesados na propia concelleiría, son imparti-dos luns e mércores pola mañá.

4CIG-SAúDE reclama solucións

A CIG-SAÚDE insta á xerencia do Complexo Hos-pitalario de Ourense a que tome medidas en relación ás carencias asistencias que decenas de pacientes están a padecer no centro ouren-sán nas últimas semanas.

A insuficiencia de camas nas que instalar aos doentes está a ocasionar que moi-tos deles teñan que agardar máis de 48 horas antes ser ingresados, ao que se suma que nas pasadas semanas unha porcentaxe importan-te de pacientes foron trasla-dados a centros concertados sen que os seus familiares fosen informados nin desen o seu consentemento. Un feito que, segundo CIG- SAÚDE, roza a ilegalida-de.

A organización propón o incremento de recursos hu-máns e infraestructuras no CHOU como a única solu-ción viable para esta grave problemática.

Os custos, a demanda e a competencia inflúen nos prezos do dentista

Page 38: Marzo 2011 - OUXB

38 Ourense por BARRIOSMarzo de �011

Ponte Canedo opina.Ten que Galicia mendigar para que veña o AVE.

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

4HUMOR [Todas as viñetas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com]

4 Exposicións- Dende o 11 de abril ao 8 de maio – “Percorrido no tempo pola pintura de M.F. Sucasas” –Auditorio Municipal.- Do 13 ao 30 de abril – “Mos-tra de pintura Grupo Cero” – Auditorio Municipal.- Colección Zanchi. Grandes mestres - Centro Novacaixa-galiciA- Ata o 10 de abril - Pinturas de Luis Pachón e esculturas de Arturo Andrade - Edificio Simeón4 Música-1 de abril – Concerto de Ton-txu – 21 horas – Café Cultural Auriense.- � de abril – Concerto de Fra-casados de Antemano – 21.30 horas – Café Cultural Aurien-se.- 2 de abril - Los Pecos - 22 h. - Xesteira- 9 de abril – Ópera “La Tra-viata” de Giuseppe Verdi – 20.30 horas – Teatro Prin-cipal.4 Teatro- Do 1 ao 1� de abril - Mos-tra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) – Au-ditorio municipal/Teatro Prin-cipal.- Do 6 ao 8 de abril – Re-presentación de “O Forno de Flordelís” por Elefante Ele-gante – Auditorio Municipal.- 7 de abril – “Ai Carmela!” por Teatro de Adro – 20.30 horas – Teatro Principal.- 9 de abril – Elefante Elegan-te Teatro presenta “In”- 20.30 horas – Auditorio Municipal. - 29 de abril – Representación de “Todos eran mis hijos” de Artur Miller – 20.30 horas – Auditorio Municipal.- 30 de abril – Recital de poe-mas a cargo de Juanjo Seoane – 20.30 horas – Teatro Princi-pal.4 Outros- 25 e 26 de abril - VINIS TE-RRAE. Salón do Viño e Lico-res Galegos de Calidade – Ex-pourense.- 17 de abril – Gala de entrega de premios Mestre Mateo – �1 horas – Auditorio Municipal.

www.mundourense.com

4AXENDA

OCIO E CULTURA

4FELICITACIÓNS

Yaiza. Cumpleanos 16 de marzo. Yaiza, a túa familia deséxa-che que pases un bo día de cumpleanos.

Manuel. Cumpleanos 05.03Manolito, Manolito! Chegaches aos �0! Isto é unha mostra do que che imos a organizar. Que cumplas moitos máis e nós os celebremos con-tigo. A túa familia, que te quere.

[Envíanos a túa felicita-ción coa foto (non fotoco-pia), o nome e apelidos, o día e o mes, o motivo da

felicitación (cumpleanos, voda, santo, etc.) e o texto

que desexes publicar a: Ourense por Barrios,

r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 1�, 3�00�, Ourense ou a [email protected]. Indícanos un teléfo-

no de contacto]

A superficie da estación Empalme é para que nela se fagan melloras, trocos, reformas, instálanse no-vas formas para que os ci-dadáns podan usar o tren con mellores condicións e comodidades, tanto á hora de emprender unha viaxe como ao regreso de volta a casa.

A superficie da estación Empalme foi expropiada recén rematada a Guerra Civil aos habitantes de Ponte Canedo, aos nosos antergos, ao prezo que o Estado decidiu, sen posi-bilidades de poder discu-tir, nin dialogar dita can-tidade, e quen protestou e non admitiu dita canti-dade o único que acadou foi que as obras seguisen e a súa propiedade fose enterrada, casa e vivenda incluida. De todas estas expropiacións feitas para un ben de interese xeral de España e os seus ha-bitantes entre os que me inclúo, fórmase unha peza única.

A estación Empalme coas suas vías, edificios, talleres... considero que esta peza única é unha propiedade do Estado para cumprir o cometido para o que foi expropiado. Por tanto o patrimonio do Estado para o pobo. Ago-ra preséntase un tren novo na nosa comunidade, o AVE, necesitando usar este patrimonio que rese-ñei, ata aquí todo correc-to. Que veña o AVE todo o pobo esta dacordo, pero que veña a Galicia, como a todalas comunidades de España, cos presupostos

do Estado, sen trampas e sen que Ourense teña que pagar parte das obras rega-lando non sei a quen parte da superficie da peza única da estación Empalme. Sei que por moito que explique, eu pouco podo facer, pero se calo fágome dano a min mesmo e ao pobo que me viu nacer.

Cando era neno, nacín en 1934, a peza única da esta-ción Empalme era un pobo tranquilo, Quintián, coas súas fincas, viñedos, gan-do, xentes, tiñamos poucas comodidades pero había felicidade, sen reloxos sa-bíamos a hora, polo can-to do galo, ao amencer, a continuación as campás da igrexa e seguindo a serea da fundición do Malingre e así sucesivamente.

Con isto do AVE as au-toridades, Fomento, Adif e un número considerable de persoas e organismos traense unha sen razón que dan, sinceramente, pena. O Concello e Fomento cando expuxeron ao público a va-riación do AVE, dende Ta-boadela a estación Empal-me, aconsellaron a todos os organismos e cidadáns en xeral que se fixeran alega-cións dirixidas ao Ministe-rio para que plasmaran as súas opinións. Fixéronse a comezos de novembro de 2009 e están sen contestar. En Fomento supoño que hai xente suficiente para contestar estas alegacións. Un Ministerio, sexa o que sexa, non debe nin pode ig-norar os escritos do pobo. O Concello e Adif intentan, segundo datos publicados na prensa local, o facer

desaparecer a explanada e o edifico principal da esta-ción Empalme, símbolo do pobo de Ponte Canedo e, ao mesmo tempo, reducir considerablemente a super-ficie da estación Empalme.

Referente á explanada e o edifico principal da esta-ción Empalme, a súa desa-parición caprichosa pode provocar un incidente entre as dúas márxenes do Miño.

Referente a suprimir su-perficie na estación Empal-me para construir vivendas nun momento no que sobran vivendas na nosa cidade e se a estación Empalme mellorada cun aumento de circulación moi conside-rable coa chegada do AVE sería provocar un colapso circulatorio en Ponte Ca-nedo. Ao meu entender, co AVE, están comezando a casa polo tellado e os ci-mentos, Lubián-Taboadela, que é o que leva máis tempo e onde están as cantidades máis importantes, estas es-tán aínda no aire e por non axilizalas xa lles da pena a outras comunidades. Pri-meiro eses 6.000 millóns que se adxudiquen definiti-vamente e as obras en mar-cha, non vaia ser que haxa excusas e o AVE se retrase varios anos máis.

Non son eu quen para dar consellos as xentes de grandes estudos e carrei-ras, as cales na miña época estaban vedadas aos nenos da miña xeración, pero ás veces o sentido común que nace coas persoas, tanto se nacen cun pan debaixo do brazo come se ten que es-tirar o brazo para coller o pan, o sentido común non é

exclusividade de ninguén, é universal.

O AVE soterrado ou non soterrado

Este tema merece ser es-tudado por todos os parti-dos políticos, sen precipi-tacións, pois queda moito tempo para que dende Lu-bián estea ás portas da es-tación Empalme. Planificar a estación de autobuses e non confundir ao pobo di-ciendo uns unha cousa hoxe e mañá outra e viceversa.

Dende a antigüedade ata fai poucos decenios os go-bernantes acostuman ter asesores con certa idade e un gran mundo de vivencias e sen afán de protagonis-mo, hoxe en día os gober-nantes rodéanse de amigos de infancia, xuventude, fa-miliares sen vivencias, sen serenidade e con gran sen-tido de adulación, aos cales os gobernantes manexan ao seu antollo.

Nos anos que estamos vivindo cun problema ener-xético sen freo, Ourense ten unha ocasión de ouro para o seu depegue económico.

Os trens actuais máis o futuro, o AVE, pode ser o revulsivo para realzar o turismo na nosa cidade e provincia. A xente cada vez

viaxa máis pero quere un bo servizo e comodidades. Na superficie da estación Empalme hai espazo para facer algo que noutras ci-dades non poden. Os viaxei-ros, turistas, xentes en va-cacións coas súas familias poden vir en tren e os seus vehículos no mesmo tren, sen consumir combustible, sen estrés e o máis primor-dial, vivos e descansados. Sendo Ourense o centro neurálxico ferroviario de Galicia dende aquí os viaxeiros, turistas e fami-liares en vacacións poden ver primeiro a nosa cidade e se deciden marchar a des-tinos de praias, casas ru-rais…. teñen todo a menos de 100 km pero para iso hai que programar a estación para que o éxito sexa real e competitivo. Esto sería a forma de aforrar combus-tible e vidas humanas, o de 120 a 110 é pouco real para aforrar enerxía. Para fomentar o turismo hai que procurar e dinamizar ideas e comodidades, seguridade e facer unha nova remode-lación da estación Empal-me, algo que sexa pioneiro en Galicia, en España e en Europa. O tren, o coche e o viaxeiro feliz.

Pepe da Guardesa

Page 39: Marzo 2011 - OUXB

39Ourense por BARRIOSMarzo de �011

OCIO E CULTURA

4TRIBUNA ABERTA

O pasado venres 11 de marzo un público entregado abarrotou un Teatro Audi-torio Municipal de Ourense que quedou pequeno ante a chegada de dous cómicos de moda no panorama na-cional: David Amor e Leo Harlem, co seu show “Pasa a tomar un café... cando queiras?

Preferencias a parte, du-rante as case dúas horas que durou o espectáculo ofreceron ao respectable o prometido. Por parte do humorista galego (que exerceu de brillante mestre de cerimonias) un humor con denominación de orixe, próximo, reivindicativo e con moita “mala uva”. Sinxelo de dixerir para aqueles que gustan da arte do bo rir. Sorprendeu gra-

tamente o atisbar facetas descoñecidas do coñecido artista no seu repertorio. Como moitos sospeitaban ten talento ademais de boa percha.

Pola súa banda, ao ar-tista leonés faltoulle saír a ombreiros. Cal Zidane exe-cutando marsellesas o xe-nial humorista tirou do me-llor do seu repertorio para esguinzar mandíbulas a un, todo hai que dicilo, predis-posto público. Certo é que se botou en falta novo “ma-terial” para aqueles que marcan de preto as súas xa míticas intervencións pero aínda así o seu humor tre-pidante e o seu saber estar estiveron á altura do espe-rado nun xenio do monólo-go como el.

En definitiva, unha noite

Desde Ourense con humor

4Certames literarios

Convócase o XX Cer-tame Literario de Piñor, con catro categorías dife-rentes: maiores de idade, participantes de 15 a 17 anos, de 1� a 1� anos, e menores de 11 anos.

Os relatos, de temática libre, deberán ser orixi-nais, inéditos e escritos en galego. A súa exten-sión non poderá exceder de 10 folios por unha soa cara e con interliñado de duplo espazo. Deberán presentarse antes do �0 de maio á sede da Asociación Cultural Música e Cultu-ra de Galicia (Barrio de Requeixo, 70. CP 32930. San Lourenzo de Piñor. Ourense), indicando no sobre: “Para o XX Certa-me Literario de Piñor”.

Os gañadores recibirán un premio composto de diploma, diversos aga-sallos e un lote de libros. Tamén se repartirán 620 euros en cheques.

EN BREVE

ElecciónsAdeus inauguracións!,

Adeus Ríos!, Adeus Pontes! Ola, bicos a bebés! Benvidas, vellas que collen das boche-chas! Empeza o circo da de-mocracia! O todo vale!

Abran ben as orellas, que abofé estiveron tupidas du-rante catro anos, do mes-mo modo que pechamos os nosos ollos e hibernamos mentres dura a lexislatura.

E lembren, apunten, to-men nota de todo o que se nos promete, como se foran os pregos dun contrato cua-trianual, non perdan fío do que se di, voten tras unha reflexión pero esixan todo o que se prometeu e o que aparece, como mínimo, nos programas electorais.

Por certo, no día que se escriben estas liñas, 29 de marzo, as web do PSdG e do PP non falan do progra-ma electoral nin é posible descargalo, polo menos non é sinxelo atopalo (eu non o atopei!). E o BNG fala da presentación do seu progra-ma no Centro Cultural da Deputación (eles prefiren chamalo “edificio Simeón”) pero tampouco atopo o en-lace ao documento íntegro.

Eu penso tomar nota de todo o que din, se din algo máis que atacar ao con-trario, insultar, falar das merdas dos partidos alleos e agochar as propias. Se falan con sentido, claro. [email protected]

4EDITORIAL

memorable para aqueles afortunados que conse-guiron unha entrada. Es-peremos que en próximas ocasións podamos gozar deste tipo de espectáculos en sesión dobre. Sen dúbi-da volverían colgar o car-tel de “non hai billetes”.

Luis Ahijado Gómez

R. Torres

A Concelleiría de Cul-tura ven de presentar, no Café Xesteira e da man dos mellores anfitrións posibles (Renegados e Ruxe, Ruxe), o nome de dez bandas máis que actu-rarán na nosa cidade den-tro da 16ª edición do Fes-tival Derrame Rock, que terá lugar en Expourense e arredores os vindeiros 23, 24 e 25 de xuño.

Así, xunto aos 32 gru-pos que xa coñecíamos e entre os que se atopan Los Suaves, Siniestro To-tal, Molotov, Muchachito Bombo Infierno ou Socie-dad Alcohólica, o recinto feiral será escenario tamén dos concertos de M-Clan, Sonotones, Guerrilla, Koma, Os Tres Trebóns, Albertucho, Morodo, La Leñera, Trashtucada e Skama La Rede. Aos que aínda se sumarán outros once conxuntos máis, seis dos cales provirán dun concurso de grupos nove-

les de Ourense, así como as cinco formacións musicais gañadoras das categorías autonómica e estatal. Unha edición que segundo a pro-pia concelleira de Cultu-ra, Isabel Pérez, é todo un “orgullo para a cidade ao acoller actuacións de tal en-vergadura”.

Venda de entradasO organizador do fes-

tival, Enrique Granda, adiantou que os interesados en asistir a só algunha das xornadas poden adquirir xa os seus pases diarios e que para os verdadeiros aman-tes do rock and roll, que seguirán todas e cada unha das actuacións, a directi-va ten prevista unha oferta especial: un abono para os tres días a 47 euros ata fi-nais de marzo e a �� euros xa os meses de abril e maio, que atoparán, xunto con in-formación detallada da cita máis roqueira que acollerá Ourense, na web oficial do evento: festivalderramero-ck.com.

A ritmo de rock and roll4 Expourense acollerá do 23 ao 25 de xuño o 16º Festival Derrame Rock.

4 OUFF infantilO Festival de Cine Inter-

nacional de Ourense pre-senta o OUFF infantil, é unha escolla de 16 películas de animación que se exhi-birán todos os sábados ata o 28 de maio pola mañá.

As películas proxecta-ranse no Cinebox ás 11:30 horas, e as entradas terán un custe de 2 euros. A escolla das películas fíxose tendo en conta a repercusión do cine galego, por un lado, e polo outro en base á calidade da animación, especialmente a que está feita en Galicia.

En abril, as proxeccións serán o día 2 “O Cid, A Lenda”; e o día 9, unha se-sión de curtas con “A nena que tiña unha soa orella”, “O Soldadiño de Chumbo”, “A Flor máis grande do Mundo” e “A Revolta dos Mouses”. O cine continúa o 16 de abril con “Pérez 2, o Ratiño dos teus Soños”, e regresa tralo parón de Se-mana Santa o día 30 con “Pinocho 3000”.

Page 40: Marzo 2011 - OUXB

�0 Ourense por BARRIOSMarzo de �011 CLASIFICADOS

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en [email protected]. Gratuí-

tos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva

chamarnos]

VENDAS

MOTOR

TRABALLOPISOS

4CARTAS AO DIRECTOR[Envíanos as túas cartas ou foto denuncias por correo electrónico a info@ourenseporbarrios.

com, [email protected], ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense.

As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así

como o de extractar os textos que estime oportuno]

Menos queixumes e máis cultura

Boas, son un xoven Ourensán que gusta da nosa cultura popular e na medida que lle é posible tenta participar dela. Non quero estenderme en pre-sentacións pois non é eso o que ocupa a miña intención nesta nota.

O que veño a contar e algo que me aconteceu o luns día 28 de Febreiro. Pola mañá atopei no meu buzón un exemplar desta publicación (Ourense por barrios). Xa cando vin a portada sorprendeume un pequeno detalle, pero non foi ata horas máis tarde, cando me parei a ler o in-terior, que saltou en min a alarma.

O que me sobresaltou foi unha entrevista publi-cada na páxina 16 deste xornal mensual. A entre-vista realizada ao director da agrupación cultural Queixume dos Pinos. Debe ser certo aquelo que din de que “Cando descende o Sol da cultura, ata os ananos proxectan grandes som-bras”. Non podo entender de outro modo que alguén que se aproveita do traba-llo de outros chegue a ser recoñecido como o é este home.

Queixase de que non ten fondos? Pero fondos para que?

Non podo deixar de estar de acordo coa afirmación que fai este señor de que “os recortes orzamentarios sempre son maiores na cul-tura que noutras areas en calquera administración.” Sen embargo, non serian tan notorios os recortes se non existiran persoas que se aproveitan dos cartos destinados a cultura no seu propio beneficio.

No caso de Queixume dos Pinos, os alumnos e alumnas que queren recibir unha formación cultural no ámbito da musica e da danza tradicionais, deben pagar unha cuota (da cal descoñezo a cantidade). Cando esta agrupación organiza unha actuación, estes mesmos alumnos te-

ñen que mercar ou alugar o seu propio traxe. Cando Queixume dos Pinos rea-liza unha viaxe, os inte-grantes do grupo costean a viaxe dos seus propios petos. Entón, serán estes os inversores privados dos que fala na entrevista e dos que vive o grupo? E ónde van a parar os cartos das subvencións?

Dende a miña humilde opinión, gustaríame facer un par de recomendacións ao señor Xosé Antonio Vi-ñas. Por unha banda que non esqueza de onde sae a cultura popular, e por outra, que a cultura é un saber do que non ten un que aproveitarse, a cultura non se vende, flúe espontá-neamente.

Asómesmo, e xa para fi-nalizar aproveito a ocasión para comentar a toda a xente, que hai en Ourense outras formas de empapar-se da cultura tradicional, solo hai que buscalas...

Fiz S.R.

O AVEFai uns días un político

do Congreso dos Diputa-dos criticaba o AVE a nin-gunha parte; nunha, aínda sen nomealo, alusión ao AVE a Galiza. Logo para xustificarse aludiu a certas opcións co find de quedar ben.

Tamén levamos un tempo vendo como, dende o Go-berno, coas últimas normas económicas inténtase aca-bar coa nosa caixa e con-seguir que se agrupe baixo o manto doutras entidades nacionais. Ninguén valora o esforzo que desde cada unha delas fixeron para chegar a fusionarse pasiño a pasiño nesta gran caixa da nosa terra.

En ambos casos vemos uns indicios de intereses cataláns. Xa que mentres iso pasa os nosos politicos, que nos representan en Ma-drid e incluso en Europa, perden o tempo pelexándo-se, deixando de lado os ver-dadeiros intereses da nosa terra.

Irmáns galegos loitemos xuntos para que Galiza

deixe de estar asoballada, para que os nosos politi-cos se preocupen do noso, estean donde estean.

Loitemos polo verde dos nosos campos, polos ríos, polos nosos pobos; nunha soa frase, loitemos polo benestar da nosa Galiza.

Espero que esta carta faga reflexionar a quen corresponda para situar a Galicia en igualdade de condicións a outras co-munidades.

Galicia ten fillos en todo o mundo, que contribúen a que medre a economía alí onde viven.Non per-mitamos que Galicia siga quedando atrás.

Aser García Pereira

Educar con obxec-tivos concretos

Ultimamnte falase moi-to de fracaso escolar, xa que o informe Pisa nos está sacando as cores; pero o fracaso escolar em-pezar por un fracaso edu-cativo dos pais, porque o que nos di a experiencia é que se aprende a educar, actuando, ou sexa, de-dicando tempo aos fillos con obxectivos concretos dirixidos á adquisición de hábitos, xa que resolver un problema dun fillo non é educalo, xa que educar é moito máis que resolver dificultades, educar é in-culcar virtudes humanas ou valores que configuren unha personalidade.

Unha boa educación baséase no amor e na ledicia, que é o modo de que os fillos escoiten e obedezan, e por suposto, é esencial a coherencia, o exemplo dos pais como elemento de autoridade, sempre valorando á per-soa na súa complexidade, que non pode desenvol-verse senón coa aprendi-zaxe progresiva dos lími-tes que dan ao mundo as súas formas, e a liberdade individual, a súa base, e para enderezar as apren-dizaxes na escola necesi-tamos urxentemente unha educación que marque os límites.

Socorro González Álvarez

Fanse traballos de limpeza de casa, pisos, portais, prancha... Tlf 676 928 138Danse clases particulares.telf 638 604 806Ofrécese matrimonio serio e responsable para coidado de finca ou casa no campo. Tel. 661 00 98 33Ofrécese señora responsable para coidado de persoas maio-res ou nenos, tamén interna. Tel. 675 51 85 48.Señora de mediana idade coi-da persoas maiores, con expe-riencia. Tel. 679 429 257.Realízanse labores de campo, con experiencia, 20 anos en España. Tel. 988 21 65 18 e 620 65 82 20,Clases de matemáticas, todas etapas e niveis. 15 anos de ex-periencia. A domicilio. Econó-mico. Tel. 610 382 589.Ofrécese rapaza responsable para plancha, limpeza, coida-do de nenos ou anciáns, etc. 678 93 62 48.Clases particulares a domici-lio. Primaria, ESO-bacharela-to: materias ciencias e inglés, tecnicas de estudio, informá-tica básica, probas de acceso. Tlf. 678 700 573, 988 375 081. [email protected] autónomo realiza tra-ballos de pintura económicos, limpeza e seriedade. Tel. 663 171 301 e 617 899 080Búscase monitora de pilates autónoma e con experiencia. Tel. 662 121 848 e 988 60 43 86.Monitor de pádel titulado impar-te clases individuais ou a grupos reducidos. Tel. 600 830 168.Fanse traballos de graffitti, todo con espray, bonecos, letras, paisaxes... en interiores, exterio-res, persianas, muros, etc. Tel. 664 74 32 73Reformas en xeral, yeso e morteiro, pintura, etc. Tel. 697 439 066.Límpanse fincas. Tel: 630 521 448.Coidanse persoas maiores en hospitais e domicilio, con titu-lación sociosanitaria a persoas dependentes e Alzheimer. Telf 676 928 138Fanse traballos de limpeza, ca-sas, portais... Telf 638 604 806Fanse traballos de ganchillo, tlf 676 928 045.Ofrécese señora para coidar persoas maiores polas noites. Tel. 696 603 114.Clases personalizadas de matemáticas, todas etapas e niveis, 15 anos de experiencia. A domicilio. Económico.Tel. 610 382 589, [email protected]écese rapaza con título de corte e confección e dese-ño para realizar arranxos en roupa. Tel. 617 430 580

Mércanse mobles ou electrodo-mésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 664 893 102.Vendo consola Play Station � con xogos, bo estado. Tel. 691 017 095 o 657 853 712.Vendo 2 mesillas de noite de caixóns en branco. Tel: 647 ��0 133Vendo olivos centenarios a ��0 euros. Tel: 626 073 75.Vendo mobles de perruquería seminovos. 2.500 euros. Tel. 988 255 963.Vendo 2 quentadores de 100l e 50 l. Tel. 988 25 59 63.Vendo botelleiro para bar, apeiros de labranza para de-corar, caldeira de calefacción para gas cidade, sofá 3+� e es-critorio. Todo a bo prezo. Tel. 637 00 59 10.Vendo chaquetón bo de pel auténtica a prezo económico. Tel. 671 83 99 84.Vendo mesa de comedor en perfecto estado. Tel. 606 56 92 28 e 988 61 27 82.Vendo máquina de escribir Hispano Olivetti pequena, como nova. Tel 698 174 374.Véndense coellos caseiros. Tel. 988 21 38 14.Véndese preciosa por-ta para portal de aluminio branco en perfecto estado. Medidas porta:208x83cm, marco:241x108cm. Informa-ción en: [email protected] bolsas de cumpleanos para nenos. Varios modelos. Tel. 988 21 38 14Vendo impresora multifun-ción Lexmark, un mes de uso, barata. Tel. 663 034 262.Vendo sillón relax practica-mente novo, prezo negociable. Tel. 988 01 24 34 (María).Vendo 2 alfombras de pasillo, 1 para salón e outra para sala se-minovas en moi bo uso. Ver sen compromiso.Tlf: 988 25 28 02Véndense cachorros de boxer con pedigree.Tel. 617 375 387.Vendo piano Yamaha en moi bo estado. 4.000 euros. Tel. 657 546 210 ou [email protected] Vendo mobiliario de perru-quería en bo estado. Tel: 678 578 402Regalo hamsters rusos, teñen 24 días. Están moi ben coida-dos e acostumados ao trato cos nenos. Tel. 686 19 29 50 Ro-gelio.Compro apuntes ou libros da oposición aux administrativo Sergas.Tel. 639 713 600 Vendo por xubilación negocio de lencería e confección con boa clientela e a bo prezo. Tel: 988 220 184Vendo leña de carballo para cheminea. Tel: 630 521 448.

Vendo Yamaha SR Special 250 ano 93 en perfecto esta-do, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cambio aceite, alforxas,etc... Regalo cascos, candado, funda e seguro. 1200 euros. Tel. 680 568 378.Vendo Ford Transit ano �003, 90 cv, caixa pechada e tarxeta de transporte. Bo estado, con garantía ata outubro. Tel. 627 640 657.

Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Tel: 637 005 910.Vendo piso en Emilia Pardo Bazan. 4 hab con armarios empotrados, salón, 2 baños e cociña equipados. Ascensor, garaxe, trasteiro. Sen interme-diarios. Tel. 696 00 43 13.Vendo piso: 2 habitacións, cociña amoblada, �� m�, zona Covadonga. Tel: 661 953 037Vendo piso: 3 habitacións, cuarto de baño, garaxe, trastei-ro. Av. Portugal, esquina Erve-delo. Tel: 661 953 037.Vendo apartamento amobla-do con garaxe zona Couto. tel. 606 56 92 28 e 988 61 27 82.Alúgase apartamento amobla-do con garaxe zona Couto. tel. 606 56 92 28 e 988 61 27 82.Vendo apartamento a estrear, zona Peliquin, adaptado a per-soas con mobilidade reducida. Consta de � dormitorios sa-lón cociña e baño, calefación, ampla terraza,garaxe pechado persiana automatica con man-do.Urxe venda, 116.000 euros Ten hipoteca. Tel. 670 003 292, Antonio. Particular aluga � aparta-mentos de 1 e 2 habitacións fronte á praia en Montalvo. En Semana Santa e verán. Tel. 607 27 19 16Urxe vender piso � habita-cións en Praia América, a cin-co minutos da praia. Negocia-ble. Tel. 636 42 24 97.Vendo piso urbanización Los Rosales, Móstoles, Madrid, 2 hab. trasteiro e garaxe. TEl. 652 469 413.Alúganse apartamentos en Sanxenxo-Montalvo, a 400 m da praia, de 1 e 2 habitacións, axardinados e chalet en Por-tonovo con xardín e 3 habita-cións, a 400 m da praia. Tel. 607 27 19 16 (tardes-noites).Vendo piso en Verín, 3 dormi-torios, 2 baños, salón, cociña, terraza, amoblado, con ascen-sor, céntrico. Tel.637 090 512Alugo piso en Verín de � dor-mitorios � baños salon e co-ciña amueblado. Tel. 637 090 512.Vendo dúplex en av. Santiago. Tel. 616 98 94 12

Page 41: Marzo 2011 - OUXB

�1Ourense por BARRIOSMarzo de �011

4OFERTAS DE EMPREGO

[Chame a Teleemprego Cimo - 902 11 60 39, o teléfono das ofertas de traballo, de luns a venres de 8 a 14 horas. Para máis información sobre estas

ou outras ofertas de Ourense e Galicia visite www.cimoemprego.com, o portal galego do emprego. Bolsa de emprego dispoñible 24 horas, gratuíta e con

actualizacións diarias ]

Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres

Sábados

Domingos e festivos

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Fax: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, V. Barreiros, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, M.Pintos, X. Martiñá, D. Rodríguez, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano

Nº103/93/79/42 - Ano: X - Marzo 2011 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4TELÉFONOS DE INTERESEConcello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 902 120 012Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138P. Local Barbadás 988 221 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 235 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 902 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil 24 h. 988 510 254Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 222 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias902 400 116Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Mantemento 988 269 380Atención Cidadán 988 392 909Teletaxi 988 21 00 11Taxis A Valenzá 988 251 471Taxis Carrefour 988 231 657RENFE 902 240 202Estación autobuses 988 216 027Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222Aquagest 988 250 088Atención ao menor 900 202 010Teléfono Dourado 900 222 223Telemprego CIMO988 39 15 25Asoc. Diabética Auria 988 226 608AECC 988 219 300C. C. Antisida 988 233 000Alcer 988 229 615AFAOR 988 219 292Alcohólicos Anón. 646 645 11924h. Alcoh. Anón. 988 269 540Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447Down Ourense 988 370 313

4AUTOBUSES VALENZá-OURENSE

SERVIZOS

7:007:307:458:008:158:308:459:009:159.3510:0010:��10:�� 11:�0

7:207:508:108:258:408:559:109:25*9:4010:0010:30 11:00* 11:�01�:0� 1�:30

11:�01�:0�1�:301�:�0 13:0� 13:�013:�01�:101�:301�:001�:301�:��16:0016:20

1�:�� 13:0013:1� 13:30*13:�0 1�:101�:3�1�:001�:301�:��16:1016:3017:0017:3018:00

16:4017:0017:3018:0018:3019:0019:3019:50�0:0��0:�0�1:00�1:����:00

18:3019:0019:3019:4520:00*�0:�0�0:�0�1:0��1:���1:�0��:1�

8:008:40 9:3510:3� 11:30

8:209:1010:0�11:0�11:55*13:1�

1�:�0 13:3� 1�:�0 16:0017:00

1�:001�:�016:3017:3018:3019:30

18:0019:00�0:00�1:00

�0:30�1:��

9:3010:30 11:��1�:�0

10:0011:101�:��13:30

13:00 16:0017:0018:00

16:3017:3018:3019:30

19:00�0:00�1:00

�0:30�1:��

4AUTOBUSES URBANOS: www.urbanosdeourense.esTarifa ordinaria: 0,78 eurosTarxeta Milenio de transporte: ordinaria: 0,56 euros e estudian-te: 0,�0 eurosGratis para maior de 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos

4SUDOKU (medio)

Oferta Nº 978154 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axen-te comercial (Sector: Editorial)Encargarase da busca de novos clientes para unha editorial, así como da tramitación, recollida e entrega de pedidos dos/as socios/as do servizo de venda por catálo-go de libros e regalos. Valoran ter permiso de conducir B e vehículo propio. Ofrecen contrato mercantil a tempo parcial (entre tres ou ca-tro horas ao día), compatible con outras actividades. Oferta Nº 978142 Localidade: Ourense Posto ofertado: Enco-frador/aPara realizar traballos en obra ci-vil, colocación de bloque, encofra-do de pranchada, etc. Requírese ter experiencia no posto e dispoñibi-lidade para desprazarse pola Co-munidade Autónoma de Galicia. Imprescindible estar en posesión do certificado de minusvalía. Oferta Nº 978139 Localidade: Ourense Posto ofertado: Profe-sor/a de inglés e francésImpartirá clases de inglés a nivel de Educación Primaria, ESO, Ba-charelato, selectivo, preparación de exames para a Escola Oficial de Idiomas, First Certificate, Cambrid-ge, etc. así como de francés a nivel de Educación Primaria e ESO. Ne-cesaria experiencia como docente, valorándose ser nativo/a ou ter re-sidido en países de fala inglesa ou francesa. Ofrecen traballo a xorna-da completa en quenda partida de mañá e tarde. Entre 25 e 45 anos. Oferta Nº 978138 Localidade: Gudiña (A) Posto ofertado: Co-ciñeiro/aHotel-restaurante necesita incor-porar persoal con experiencia acre-ditada na preparación de pratos á carta e menús. Ofrécese traballo a xornada completa en quenda parti-do de mediodía e noite, así como posibilidade de aloxamento. Entre 22 e 35 anos. Oferta Nº 978137 Localidade: Ourense Posto ofertado: Auxi-

liar de tenda - Supervisor/aNecesítase persoal con experiencia e formación acreditada en atención ao público, para realizar tarefas de supervisión e control das tarefas de recepción de chamadas de clientes dun establecemento de comida para levar. Necesaria titulación mínima de Bacharelato. Ofrecen traballo a tempo parcial en quen-da de tarde-noite, fins de semana e festivos. Entre 22 e 28 anos. Oferta Nº 978136 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axen-te comercial (Sector: Enerxía)Empresa do sector da enerxía precisa comerciais para visitar empresas e particulares ofertando o cambio de compañía eléctrica. Xornada completa en quenda par-tida. Ofrecen contrato mercantil. Oferta Nº 978133 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofer-tado: Carpinteiro/a de madeiraEmpresa situada no Polígono de Ba-rreiros selecciona persoal para reali-zar tarefas de carpintaría, montaxe e fabricación de mobles de madeira. Imprescindible experiencia mínima dun ano no posto, permiso de con-ducir B e vehículo propio. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda partida. De 20 a 50 anos. Oferta Nº 978130 Localidade: Ourense Posto ofertado: Enxe-ñeiro/a Superior IndustrialRealizará tarefas de supervisión, proceso, montaxe e posta en mar-cha de diferentes proxectos. Im-prescindible estudos de Enxeñaría Superior Industrial e experiencia no posto dun ano mínimo. Necesa-rio alto nivel de inglés, dominio de Excel e Access e dispoñibilidade para desprazarse. Ofrécese contra-tación inicial a través de ETTOferta Nº 978129 Localidade: Ourense Posto ofertado: Cama-reiro/aPara encargarse da atención de clientes en barra e mesas, pre-paración de pinchos e limpeza nunha cafetaría situada na zona da Residencia. Valoran permiso

de conducir e vehículo propio. Imprescindible experiencia pre-via no posto. Ofrecen traballo a xornada completa intensiva, en quendas rotativas semanais de mañá e tarde. Ata 35 anos. Oferta Nº 978127 Localida-de: Ourense Posto ofertado: Camareiro/aCafé-bar situado no parque Bar-baña selecciona camareiro/a para realizar atención de clientes en barra, mesa e terraza, reposición de mercadoría, elaboración de pinchos e limpeza. Valoran expe-riencia previa no posto. Ofrecen traballo de luns a sábado, a xorna-da completa en quenda partida de mañá e tarde. De 20 a 28 anos. Oferta Nº 978126 Localida-de: Ourense Posto ofertado: Cociñeiro/aRealizará tarefas de elaboración de menús, limpeza da cociña, etc no comedor de colectividades. Imprescindible experiencia no posto. Ofrécese traballo en quen-da partida a xornada completa. Oferta Nº 978125 Localida-de: Ourense Posto ofertado: Albanel oficial de 1ªNecesítase persoal con experien-cia mínima dun ano, para realizar obras e reformas de vivendas. Im-prescindible permiso de conducir B. Ofrécese traballo a xornada completa en quenda partida. Oferta Nº 978123 Localida-de: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Medioambiente)Encargarase da captación e fi-delización de clientes para unha empresa dedicada á elaboración e colocación de colectores para a recollida de residuos. Visitará empresas de construción e de re-collida de residuos, así como or-ganismos oficiais. Necesaria dis-poñibilidade para desprazarse por toda España. Ofrecen vehículo de empresa e contrato mercantil con fixo máis comisións por venda. Con titulación mínima de forma-ción profesional ou superior.

Page 42: Marzo 2011 - OUXB

�� Ourense por BARRIOSMarzo de �011 OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES A Miteu máis internacional, variada e interdisciplinar4 Do 1 ao 1� de abril �� grupos de diversos países visitarán Ourense.

Entroido en San Miguel de CanedoA asociación veciñal de

San Miguel de Canedo, ce-lebrou o � de marzo o seu Entroido infantil. Houbo concurso de disfraces, bai-laron, xogaron e remataron cunha merenda, unha festa amenizada coas cancións de Alexia.

Mural carnavaleiroO alumnado de Educa-

ción Infantil do colexio Pade Feijoo realizou un mu-ral de carnaval para decorar o hall de entrada do colexio e facer partícipe desta festa á toda a comunidade educa-tiva. Na imaxe os escolares, de cinco anos, posan Aquí posan orgullosos ante a súa obra plástica.

Campionato de escaléxtric

Deron comezo as com-peticións do campionato de escaléxtric organizado pola Concellería de Xu-ventude (na imaxe, a cita no local veciñal de Kar-lasca) e dirixido a nenos, adolescentes e mozos. A seguinte proba terá lugar en Vistahermosa o 16 de abril, logo competirán en A Cuña e Seixalbo para rematar o torneo en xuño na Praza de San Martiño.

Ginkana en Amigos de la Barrera

A Fundación de Amigos de la Barrera organizou unha ginkana o pasado día 20, unha cita na que parti-ciparon �0 rapaces de entre 4 e 16 anos. Entre os xogos incluidos había tres pistas de escaléxtric, unha parede de escalada, unha partida de fútbol chapas e un ka-raoke.

Formación vial con Toyota

Toyota, RACE e o Con-cello de Ourense desenvol-veron na Alameda durante catro días un programa de formación, FORMA T, dirixido aos máis novos, co obxectivo de fomentar entre os futuros conducto-res actitudes seguras e res-ponsables ante o tráfico e unha mobilidade sostible. Alumnos de Secundaria puideron probar o simula-dor de condución virtual ou coñecer os riscos asociados ao consumo do alcohol (na imaxe”.

Redacción

A cidade de As Burgas sobe de novo o telón du-rante a primeira quincena de abril para acoller a 16ª edición da Mostra Inter-nacional de Teatro Uni-versitario (Miteu), que, segundo o seu director, Fernando Dacosta, conta coa programación máis “internacional, variada e interdisciplinar”, xa que das 24 compañías (oito con base profesional) que actuarán en Ourense nesas datas case unha decena proceden de países como Estados Unidos, Italia ou Portugal.

Teatro, circo, música e danza (tanto clásicos como contemporáneos) conviven no programa da Miteu �011 pero sendo sempre fieis ao seu enfo-que poético, aínda que con toques de humor, crítica e reflexión; como se poderá comprobar nas actuacións de Leo Bassi ou Michael Moore, entre outros.

Estreos e novidadesEste certame universi-

tario, que acolle ademais tres estrenos, entre os que se atopa a obra “Bernarda: represión ou liberdade” da Aula de Teatro Universi-tario Cordelia, está mar-cado nesta ocasión por grandes ausencias, debido aos falecementos recen-tes de importantes figuras do ámbito teatral, como foron Suso Díaz, Begoña Muñoz, Marcos Valcárcel, Manuel de Dios, Abelardo Gabriel ou Trebolle, que os seus organizadores tentarán compensar recoñecendo a labor realizada por algúns deles en forma de premio para os participantes. Con este fin, estréase o premio “Suso Díaz” á mellor reso-lución técnica, á vez que o ata agora galardón denomi-nado “Carlos Couceiro” en-gadirá ao seu nome a figura de Begoña Muñoz.

LocalizaciónsO Teatro Principal, o

Auditorio, o Cinebox ou o Campus son algúns dos escenarios desta Miteu que tanto Sarabela Teatro como Fernando Dacosta animán a gozar “a grandes grolos”.

EN BREVE

4 A historia de Ourense en fotos

Rafael Salgado, artí-fice do Arquvio Visual Ourensán, vén de presen-tar o libro “Achegamento á historia da fotografía en Ourense”. A obra fai un percorrido pola histo-ria gráfica da nosa cidade entre 1856 e 1940 a través das instantáneas dos fotó-grafos da época.

4“Deus xogando aos dados”

O xornalista Fernan-do Rodríguez Méndez presentou a súa novela, “Deus xogando aos da-dos”, coa que conseguíu o Premio Vicente Risco de creación literaria en 2010.

Entroido en San Miguel de Canedo.

Cartel elaborado polos alumnos do colexio Padre Feijoo.

Campionato de escaléxtric nos locais das asociacións de veciños.

Obradoiro de educación vial organizado por Toyota.

Clérigos, mafiosos e escri-tores de fama internacional protagonizan a obra.

4 A Xanela Oscura

Jorge Emilio Bóveda, co-laborador deste periódico, vén de ver publicada a súa obra “A xanela oscura. Tres arquetipos de terror no cine-ma”, o primeiro libro galego sobre cinema de terror. Trá-tase dun ensaio que percorre tres tópicos fundamentais do cinema de terror: os vampi-ros, o sangue e os zombis. Desde unha perspectiva moi amena, o libro permítennos comprender as bases dos tó-picos fílmicos dos que tanto gustamos. Está publicada na Colección Alcaián de Urco Editora.

Page 43: Marzo 2011 - OUXB

�3Ourense por BARRIOSMarzo de �011OCIO E CULTURA

4RECEITA

Ingredientes2 Kg de mexillóns Fideo groso 400 gAlloCebolaCenoriaAllo porroGuisantesPemento vermelloPerexilPemento

Viño branco TomateSalColoranteAceite

ElaboraciónRefógase en aceite o

allo, a cenoria, o pemen-to, a cebola e o allo porro, todo en paisana fina.

Fideos con mexillóns

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSáN

Festas no 1912A maioria das fotogra-

fías antigas as que se lle dá interese, son as que mostran rúas ou edificios xa desaparecidos. No Ar-quivo Visual Ourensán, pensamos, que é preciso conservar todas as que existen, dado que todas aportan algún dato para a Historia; ao marxe da beleza que se atopa nesas imaxes de tonos sepia, e marcas do inexorable paso do tempo.

Arquivo Visual Ouren-sán fondo Conchita Calvo.

Festas en Ourense en 1912./ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

4CíRCULO POÉTICO ORENSANO

4LITERATURA

Este 2011 non será lem-brado como o mellor eco-nomicamente falando, pero por sorte parece que a creatividade literaria non está en decadencia, xa que son numerosos e bastante brillantes os títulos apare-cidos nestes primeiros me-ses do ano.

A primeira novidade que destacamos entre todas es-tas estreas é o último libro de Eduard Punset, titulado “Excusas para no pensar” (20,50 euros), onde se re-flexiona sobre diversos interrogantes vitais para o ser humano. Tal e como vén sendo habitual nas súas publicacións, Punset escribe igual que fala: con claridade e para todos os públicos. Non atoparemos terminoloxía científica nin se asume que debamos ter coñecementos previos de fí-sica ou filosofía: soamente temos que deixarnos guiar cara á felicidade.

Outro título moi espera-do que saltou este ano aos medios é a segunda parte de “Los ojos amarillos de los cocodrilos”, todo un su-perventas no pasado 2010. En “El vals lento de las tortugas” (21,90 euros) a francesa Katherine Pancol, aplica a mesma fórmula da primeira parte. Con todo non se trata dunha conti-nuación propiamente dita, xa que aínda que non lése-mos a primeira parte ato-parémonos cunha historia completa e pechada por se mesma. En realidade esta obra é unha triloxía na que

imos con algún atraso en España, xa que a terceira parte da saga xa foi publi-cada en Francia; en Espa-ña titularase “Las ardillas de Central Park están tristes los lunes”.

Temos que destacar ta-mén á gañadora do Premio Nadal deste ano, Alicia Giménez Bartlett, que coa súa novela “Donde nadie te encuentre” (20 euros) volveu a pór de actualida-de os dramas persoais dos maquis españois durante o franquismo. E faino non a través da ficción, senón mediante un personaxe his-tórico como é Teresa Pla Meseguer, chamada A Pas-tora. O estilo é novelado, pero tanto os feitos como os datos que ofrece son reais, información que serve de pano de fondo á propia his-toria, narrándonos en pri-meira persoa a súa difícil identidade sexual, feminina primeiro, masculina des-pois.

Non podiamos deixar pasar de longo leste breve repaso ao panorama litera-rio actual sen achegarnos á obra “1Q84” (26 euros). Neste caso non se trata exactamente dunha novida-de do 2011, xa que hai tem-po que o texto estaba dispo-ñible no estranxeiro; o que nos sorprende é que non se editou antes en español. O certo é que o seu autor, Haruki Murakami, aínda non alcanzou en Europa o renome do que goza no seu Xapón natal, pero sen dúbida será un dos títulos

de referenza nos próximos meses. Todo un acerto.

No que respecta á pro-dución nacional nestes primeiros meses do ano brilla con luz propia a primeira obra de Eloy Moreno, “El bolígrafo de gel verde” (16,90 euros). A historia deste autor é cando menos anómala xa que inicialmente editou el mesmo a súa novela, paseando os exemplares de libraría en libraría. A base de traballo e non poucos quilómetros a obra vaise coñecendo na zona do Levante, xogando un papel clave a súa difusión a través das redes sociais. Agora chegou a todos nós grazas á editorial Espasa. O traballo destes escrito-res é loable, pero non o é menos o traballo de escri-tores xa coñecidos para o gran público como é o caso do turolense Javier Sierra. Este ano publicou “El Angel Perdido” (21,90 euros), adquirindo unha especial relevancia no es-tranxeiro, un mercado moi esixente que non todos os autores poden conquis-tar. Despois de sete anos de silencio, Javier Sierra preséntanos un texto que é pura intriga, cun ritmo trepidante que engancha desde a primeira páxina, transportándonos desde Santiago de Compostela ás exóticas paisaxes de Terra Santa, sen un se-gundo de respiro.

Israel BarandelaLa Librería

Novedades literarias de 2011

4HUMOR [todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/]

Fotografía propiedade de dona Conchita Calvo.

Fotografo, José Pacheco circa 1912.

[+ info en www.ourenseno-tempo.com e Ourensenotem-

[email protected]]

Recital En femininoPor segundo ano conse-

cutivo o recital de marzo de Círculo Poético Oren-sanono Centro Cívico Colón estivo adicado á muller, co gallo da cele-bración de dia da muller traballadora. Nesta se-gunda edición o recital correu a cargo da vocal de Círculo María Gonzá-lez, e da poeta madrileña Carmen Salamanca, xe-rente do grupo de poesia e psicoanalise Grupo Cero.

Anteriormente, o 2 de marzo, o poeta mexicano Roberto Reséndiz presen-tou o seu novo poema-rio, “El negro temor que maravilla”, no Liceo de Ourense, logo de vários dias visitando escolas da zona e xusto o día ante-rior a ofrecer un recital poético no salón de actos do Ateneo.

E no último fin de se-mana de marzo tivo lugar o IIº Encontro Poéticco Luso-Galaico, que nesta edición contou con repre-sentantes do Grupo Poéti-co de Aveiro.

Cando estea pochado en-gádeselle o pemento, viño branco, tomate, colorante e fumet.

Ponse a ferver e engáden-selle os guisantes, os fideos e por último os mexillóns. Juan Luis Iglesias Vázquez, xefe de cociña Os Caracoles,

tel. 988 380 165

Page 44: Marzo 2011 - OUXB

�� Ourense por BARRIOSMarzo de �011

OCIO E CULTURA

4MULLERES ANÓNIMAS

Neste mes celebrouse o Día Internacional da Muller Traballadora, pero para poder celebra-lo hoxe, moitas mulleres tiveron que loitar e sa-crificarse para facerse un oco nun mundo dese-ñado e creado para e por algúns homes ( que non todos). Antigamente nas nosas aldeas e pobos, as mulleres traballaban case por igual co home sobre todo nas duras tarefas do campo, e cando os homes marchaban a buscar un futuro mellor lonxe das súas casas elas facíanse cargo de todas as tarefas e da crianza dos vástagos. Pero aos poucos, a muller quedou “pechada” nun-ha casa co único fin de procrear e coidar da casa mentres no home traballa-ba e gañaba diñeiro para sustentar á familia, así era chamado ?a cabeza de familia?. Até hai poucos anos a muller debía ter permiso do seu pai ou o seu marido para facer de-terminadas cousas.

Moitas mulleres fixeron posible que hoxe, cousas tan normais como o votar ou abrir unha conta no banco, sexan unha reali-dade. Que nunha univer-

8 de marzo, Día da Muller Traballadorasidade haxa mulleres non é nada raro pero hai anos iso non só era impensable se non que estaba mal visto, mesmo polas propias mu-lleres do seu tempo. En Ga-licia tivemos claros exem-plos de mulleres loitadoras como Emilia Pardo Bazán (1852-1921) ou Concepción Arenal (1820-1893) por citar algunha, pero houbo moitas outras que no silencio dos seus fogares han ir rompen-do muros e tabús, han ir des-texendo a tea de araña que as envolvía de maneira feroz e conseguiron que hoxe unha muller poida ser o que queira ser, o que se propoña.

Clara Zetkin ( Wiedenau, 1857-Arjanguelskoie, 1933) Dirixente comunista alemá. Próxima ao feminismo, desempeñou, despois da Primeira Guerra Mundial, un papel fundamental no novo Partido Comunista de Alemaña. Colaborou na fundación do Congreso In-ternacional Socialista de Mulleres, e en 1910, en Co-penhague, propuxo que o 8 de marzo fose o Día Inter-nacional da Muller.

Asi que a ela lle debemos que o 8 de Marzo sígase ce-lebrando o Día Internacinal da Muller Traballadora.

Está ben iso de ter un día para nós, pero ninguén debe esquecer que moitas mulleres viviron en condi-cións máis que precarias durante miles de anos e que hoxe temos a sorte de ter os mesmos dereitos que o home e que a nosa voz se pode ouvir sen que ninguén a silencie, e tampouco de-bemos esquecer que aínda que temos o noso día, so-mos mulleres traballadoras (remuneradas ou non) os 365 días do ano.

Desde o meu punto de vis-ta, non debemos querer ser máis que ninguén nin pa-sar por encima de ninguén, pero que ninguén queira que sexamos menos ou pasar por encima nosa. Todos temos os nosos deberes e os nosos dereitos, sexamos homes ou mulleres, cumprilos é a nosa obrigación coa sociedade e facer cumprir os dereitos, é unha obriga de todos.

Mónica F. Pintosmujeresanonimasourense@

hotmail.com

4COUSAS DO CINEMA

García Fernández, homenaxeado polo Círculo de Escritores

CinematográficosO historiador e investi-

gador ribadaviense Emilio Carlos García Fernández foi homenaxeado durante a gala dos premios do Círcu-lo de Escritores Cinemato-gráficos celebrada no ma-drileño cine Palafox o día 31 de xaneiro do 2011. No acto de entrega da Medalla á labor Literaria e Perio-dística salientaron a súa ta-refa como docente e os seus traballos de investigación e difusión ao redor da séti-ma arte. García Fernández naceu en Ribadavia no ano 1953 e desde pequeno tivo unha intensa relación co ci-nema, xa que o seu pai che-gou a rexentar as tres salas coas que contaba esta vila ourensá, entre elas o coñe-cido Cine España. Na etapa universitaria foi a Madrid co propósito de estudar

Psicoloxía, máis cando descubriu que había unha carreira de Imaxe, que es-taba vinculada ao audio-visual, decidiu que iso era o que quería facer. Poste-riormente, ocupou o cargo de realizador no informati-vo territorial de Televisión Española en Galicia e foi o director da curtametraxe documental Laxeiro en Madrid. Actualmente é ca-tedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidad Complu-tense de Madrid e ten im-partido multitude de cur-sos, charlas e conferencias. Leva publicados numerosos estudos sobre temas au-diovisuais como a Historia ilustrada del Cine Español, El Cine Español entre 1896 y 1939. Historia, industria, filmografía y documentos

ou a moi recente Historia del cine, que coordinou xunto a outros investi-gadores universitarios e pretende servir de manual para guiar aos alumnos. É especialmente salientábel a súa Historia del Cine en Galicia (1896-1984), unha obra que constitúe unha achega fundamental onde se revisa toda a his-toria do cinema galego ata eses momentos e cons-titúe unha imprescindíbel fonte de datos.

Valentín Barreiros

4CARTAS DESDE LONDRES

Aos pés de BabelNon sei si algunha vez

ouvistes a famosa frase: “Quen che diría a ti fai “x” anos que?” Supoño que si, porque todos, tarde ou cedo, terminamos dándo-nos de bruzos co que no seu día a nosa imaxinación non imaxinaba. Estaría baixa de forma.

Veredes...Esta mañá to-mábame un café americano nunha cafetería italiana, na terraza dun parque in-glés, cunha amiga alemá. Na mesa de á beira, dous xaponeses visualizaban nas pantallas dos seus in-separables Toshiba a ca-tástrofe que azouta agora mesmo ao seu país, men-tres as pombas insolentes atacaban sen piedade un sandwich de pito que uns turistas finlandeses habían deixado a medio terminar sobre a mesa de deseño sueco IKEA. Voaron despa-voridas cando o camareiro kosovar saíu dando lapotes ao aire a torto e a dereito.

Eu comentáballe á miña amiga que a miña xefa serbia se había ir de va-cacións a Málaga co seu noivo británico e que a súa compañeira de piso brasi-leira quedouse ao coidado do seu gato persa.

Mentres sorbía o meu café, que sempre se me queda frío, queixábame de que me esperaban 7 días en grao sumo aburrido na ofi-cina, xa que á miña compa-ñeira polaca non hai quen lle saque peza e fala menos que as momias exipcias do museo Británico.

Máis tarde chegou outra amiga, a española de Can-tabria que se criou en Ho-landa. A mesma que na fi-nal da Copa do Mundo do pasado verán tiña todas as de gañar. Estaba moi emo-cionada porque reservara a nosa excursión ao Grand Canyon. Iremos a visitar algunha reserva india dous días despois que os Ameri-canos celebren o ía da in-dependencia dos Estados Unidos.

Non sei si hai uns anos imaxinoume estar nun ca-dro como o que termino de describirvos. Probablemen-te non, aínda que o imaxi-nario social dos galegos dá

para iso e moito máis. Por algo fomos á lúa e volta-mos para escribir can-cións sobre a experiencia de ligar coas marcianas. Levamos ao extremo iso de derrubar fronteiras.

O certo é que máis que unha mañá corrente no centro de Londres, isto parece unha parada rá-pida aos pés da torre de Babel. Agora que se con-verteu no pan o noso dos meus días, xa non me sor-prende tanto como adoi-taba, pero aínda dáme motivos para plasmalo e facelo obxecto de nos-talxia.

Si o multiculturalismo fallou, segundo o discurso da burocracia europea, a min, ao Humphrey Bo-gart, aínda me queda esta illa de ilusión no centro do universo. Esta Utopía feita realidade.

Esta cidade de encon-tros e aprendizaxe cons-tante. Un pequeno café onde o erro aínda non fixo estragos e xáctase, aínda que só sexa a un nivel mi-cro, de gañar a batalla. A guerra contra os reduc-cionistas cínicos, témola que loitar cada día.

Raquel Sertaje

Tiña pensado contarvos algo divertido, pero estes días sucedéronme varias cousas que me fixeron pensar moito sobre esta profesión que escollín, e aínda que prefiro usar o meu sentido do humor e ironía, agardo que me perdoedes se hoxe estou un pouco sensible e me-lancólica, pero feliz, moi feliz.

Levo unha tempada de tolos cunha enchenta de cursos e formación con diferentes mestres e mes-tras e decátome da sorte que teño por poder pasar polas mans de algúns de-les e delas.

Esta é como outra dis-ciplina calquera, hai moi bos profesores e outros que non o son tanto. O longo destes anos topei con uns e outros, pero penso que tiven e teño

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

moi boa sorte ca maioría deles.

Algúns marcáronme para toda vida, e trazaron un ca-miño, unha guía base pola que viaxar e niso estou, as veces quero correr pero agora quero saborear todo o que vou aprendendo para poder facelo meu, e medrar como persoa e como actriz.

A columna deste mes quero adicala a todos eses e esas profesoras que tiven, que foron importantes para min, e en especial a primei-ra. Con ela amei e sentín o teatro por primeira vez, ela foi a que nos fixo ache-garnos a moitos ó teatro, ademais foi unha grande amiga en momentos moi importantes da miña vida.

Os meus mestresHai xente que atopas no

camiño que é inesquecible aínda que os camiños per-soais se teñan que separar por diferentes circunstan-cias.

A súa pegada é tan forte e está tan fonda que é parte de min. Levei unha ferida aberta que foi pechando e fíxose cicatriz, eu teño esa sorte, a de estar marcada por ela, algo que sempre levei con orgullo e seguirei levando.

En abril fará un ano que se foi, pero nunca marcha-rá de todo, queda moito dela aquí.

Alá onde esteas, grazas Begoña Muñoz.

Saamira Ganay

Moitas mulleres fixeron posible que hoxe cousas tan normais como votar ou abrir unha conta sexa unha realidade.

Algúns dos meus profesores marcáronme para toda a vida, trazándome unha guía base pola que viaxar co fin de medrar como persoa e como actriz

Este ribadaviense ten destacado por numerosos traballos de investigación e difusión da sétima arte

Todos, tarde ou cedo, rematamos dándonos de bruzos co que noseu día a nosa imaxinación non imaxinaba

Page 45: Marzo 2011 - OUXB

��Ourense por BARRIOSMarzo de �011

OCIO E CULTURA

Animar os pais e as nais a introducir o galego na comunicación cos seus fillos desde os primeiros momentos. Ese é o princi-pal obxectivo do cartafol “Xeración dos Axóuxe-res”, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Polí-tica Lingüística que está pensada para acompañar as mulleres e as súas pa-rellas durante o derradeiro tramo do embarazo.

O responsable de Po-lítica Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou o car-tafol, que busca, segundo salientou, “favorecer a incorporación do galego na comunicación fami-liar”. “Con esta iniciati-va –dixo– pretendemos que as novas familias de galegofalantes continúen transmitindo a súa lingua e que as castelanfalantes se animen a cantarlles ou xogar cos seus nenos en galego para que haxa momentos de diversión e comunicación afectiva na lingua propia de Galicia”.

Para iso, o cartafol “Xe-ración dos Axóuxeres” consiste nunha recompi-lación de materiais divul-gativos nos que se ofrecen recursos para a incorpora-ción da lingua galega des-de o plano afectivo, con argumentos e recursos prácticos. No disco No

colo da fala, producido por Xabier Díaz e Guille Fer-nández, ofrécense cancións para que os pais poidan es-coitalo cos seus fillos e mes-mo aprender as nanas para cantárllelas eles mesmos. Tamén se inclúe unha tarxe-ta onde anotar os momentos especiais vividos durante o embarazo, un repertorio de recitados e de xogos de ini-ciación que os pais e nais poden compartir cos peque-nos da casa, unha escolma de nomes galegos, un adhe-sivo para o coche e un ba-beiro que convida a grandes e pequenos a botarse a falar galego co lema “Comer e fa-lar todo é empezar!”.

Distribución do cartafol “Xeración dos Axóuxeres”

A Secretaría Xeral distri-búe 10.000 exemplares para todas as embarazadas que se atopen no terceiro trimestre de xestación, que poderán solicitar á súa matrona no seu centro de saúde habi-tual. Ademais, colaboran co programa outras entidades que prestan servizos e aten-ción a mulleres que esperan un bebé.

Política Lingüística ha-bilitou o espazo web www.xunta.es/linguagalega_xe-racion_axouxeres para que todas as familias con bebés poidan acceder aos mate-riais que se inclúen no car-

tafol. Ademais, en http://www.xunta.es/linguagale-ga/construe_os_axouxe-res_connosco, os pais e nais tamén poden compar-tir experiencias vividas na crianza dos seus fillos: as anécdotas máis divertidas na aprendizaxe da lingua, os nomes cariñosos que em-pregaban os avós e as avoas para se dirixiren aos netos, as súas preguntas máis cu-riosas ou os libros en gale-go que máis lles gustan son as temáticas que vertebran este espazo participativo.

Manter a cadea de transmi-sión lingüística do galego

Na súa programación da dinamización lingüística, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo establece como un dos seus principais obxectivos o fomento da transmisión e o uso da lingua galega dentro das familias, de acordo co Plan xeral de dinamización da lingua ga-lega. Ademais do cartafol, a Secretaría Xeral ten en mar-cha o programa Os Axóuxe-res, unha iniciativa dirixida a bebés de 0 a 3 anos e ás súas familias coa que busca promover a incorporación da lingua galega á comunica-ción cos meniños para que, así, os pais e nais continúen contribuíndo a manter a ca-dea de transmisión familiar da lingua galega.

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingúistica.

Política Lingüística impulsa a transmisión familiar do galegoAnxo Lorenzo presentou o cartafol “Xeración dos Axóuxeres”, con consellos e recursos para introducir o galego na comunicación entre os pais e os bebés desde o primeiro momento

En 1968 os xoves saían as rúas de Paris coa ilusión de cambiar o mundo. A Revolu-ción do 68 quedou na mente da xente coma unha revolta singular, amable; aínda que sin os resultados espera-dos, creou ilusión. As rúas de París enchéronse, nun mes de maio, de estudantes que que proclamaban a li-berdade e que decían, entre outras cousas, que estaba “prohibido prohibir”.

Máis de corenta anos despois estamos ante outras revolucións nas que os xoves son protagonistas. Xentes que estaban prisio-neiras da súa liberdade e que grazas ás redes sociais levantáronse contra o po-der dos autoritarios.

Primeiro foi Túnez onde os seus habitantes enviaron para casa ao presidente Ben Alí. De seguido Exipto, dándolle pasaporte a Hosni Mubarak. Non foron alleos

os marroquinos rebelándo-se contra o poder do Rei, Mohamed VI, obligando a que se empece unha aper-tura, testimonial, pero algo é algo. Agora aínda nos queda unha pedra no zapa-to, Libia, cun Gadafi que se resiste e que obriga a que a ONU tome partida leván-donos ao máis terrible, a guerra. Pero despois deste resumo da situación, quero falar da importancia da in-ternet nestas revoltas.

Podemos decir que a existencia de Facebook ou Tuiter fixo posible que pe-netrara nas mentes da xente o vento da liberdade e, con estas ferramentas, as ideas voaran por un ceo conta-minado de autoritarismo, pobreza e sumisión. Foron estas ferramentas as que utilizaba a xente para in-formarse, para quedar nas prazas e rúas das cidades e para organizarse e difundir

4TRIBUNA ABERTA

Os Rederevoltasos lemas. Grazas a inter-net a poboación podía ver máis alá da súa veciñan-za e concluir que estaban vivindo nunha situación que non era común. Aos dirixentes esta utilización da rede pillounos co pé cambiado, non souperon medir a importancia que a internet ten na didáctica da xente, xa que a través da rede poden ver o que sucede no mundo e pasar por enriba dos enganos dos gobernantes totalita-rios que queren unha po-boación que non pense e que estea sempre do lado do poder que os afoga.

Grazas pois a internet, esa ferramenta que po-sibilitou a apertura ne-ses territorios. As redes sociais convertíronse na chave mestra que abriu esas portas cara á liber-dade que estaban pecha-das con chaves que gar-daba o dictador de turno. Hoxe podemos dicir que a internet xa cumpliu un dos seus mellores obxetivos.

Xavi C. Martiñá

Estamos naquela Au-ria que agora se chama Ourense, unha localidade pequena no noroeste da península ibérica, por riba de Portugal, coa nosa cul-tura e nosas cousas. Unha “ningunópolis” que case non ten entidade de cidade (polas súas dimensións), con problemas locais de dubidosa enxundia e unha conxunción social ás veces chistosa e infantil, ás veces necesaria e marabillosa... que son insignificancias flagrantes se se comparan (malditas comparacións, pero necesarias) co que anda a ocorrer polo mundo adiante; a bóla mandari-na marabillosa e terrible, dende a tripla catástrofe de Xapón até a situación cala-mitosa de Haití a un esca-so ano vista, pasando polo

4LITERATÚA

Rápido retorno

ambiguo que sona a tregua da banda ETA, e pola de-terminación abraiante que se lle viu á OTAN e ás na-cións unidas para atacar por aire Libia co designio de escarmentar ao ditador Gadafi; indicador daquel dato abraiante que dicía que a humanidade case nunca está en paz; pois por H ou por B, sempre anda-mos ao garrote.

E no medio da ignoran-cia que me prové vivir nun-ha sociedade supostamente democrática (e menos mal só a suposición) chéirame raro que en outros conflitos intestinos e guerras civís en outros lugares pouco desenvolvidos ao longo das décadas non supuxeran unha intervención militar tan inminente. Inmediatez a de hoxe que fai que se nos

vaia a cabeza cara o pe-tróleo libio, pero só por-que somos uns ignorantes e de seguro que nos faltan fontes, seguro que todo son suposicións nosas me-tidos nos nosos acubillos. Pero por outra banda ese envío de avións de guerra para foguear Libia soa tan esaxerado e absurdo como pretender erradicar o terrorismo bombardean-do Euskadi. E é algo que nos crispa e nos incomoda e nos leva a pensar por vez enésima en dúas cousas (entre outros milleiros): a primeira é se non haberá un método máis diplo-mático de solucionar os problemas que as bombas de mil cincocentos quilos, e o segundo é que, pese a que sabiamos que a histo-ria tende a repetirse, non imaxinabamos que podía ser cunha periodicidade tan breve. Arrepíos.

Jorge Emilio Bóvedawww.jorgeemilioboveda.es

Non haberá un método máis diplomático de solucionar os problemas que as bombas de mil cincocentos quilos?

A través da Internet a xente pode ver o que sucede no mundo e pasar por enriba dos engaños dos gobernantes totalitarios.

Page 46: Marzo 2011 - OUXB

46 Ourense por BARRIOSMarzo de �011 PUBLICIDADE

Page 47: Marzo 2011 - OUXB

47Ourense por BARRIOSMarzo de �011

PUBLICIDADE

Page 48: Marzo 2011 - OUXB

Ourense por BARRIOSMarzo de �011

Equilibrio entre renovación e experiencia nas candidaturas do Partido Popular de Ourense

Foto de familia dos 92 candidato do Partido Popular ás alcaldías da provincia.

Allariz Antonio Rodríguez MirandaAmoeiro José Ángel Sampayo FernándezArnoia José Camilo Fariñas VisoAvión Antonio Montero FernándezBaltar José Antonio Feijoo AlonsoBande José Antonio Armada PérezBaños de Molgas Eladio Mangana NóvoaBarbadás José Manuel Freire CoutoBerán (entidade local menor) José María Doval MateoO Barco de Valdeorras Moisés Blanco ParadeloBeade Senén Pousa SotoBeariz Manuel Prado LópezOs Blancos Juan Manuel Andrade VázquezBoborás Cipriano José Caamaño CastroA Bola José Antonio Dapía AfonsoO Bolo Manuel Corzo MacíasCalvos de Randín José Manuel Manuel Andrade Rguez.Carballeda de Avia Lorenzo González RodríguezCarballeda de Valdeorras Mª del Carmen Glez. QuintelaO Carballiño Argimiro Marnotes FernándezCartelle Carmen Leyte CoelloCastrelo de Miño Alejandro Martínez SánchezCastrelo do Val Manuel Pérez AraújoCastro Caldelas Manuel Lage BlancoCelanova Antonio Mouriño VillarCenlle Gabriel Alén CastroChandrexa de Queixa Francisco Rodríguez RodríguezColes Luis Antonio Iglesias FernándezCortegada Jesús Ángel Seoane MonteroCualedro Luciano Rivero CuquejoEntrimo Palmira Pinto Ferreira

Esgos Mario Rodríguez GonzálezGomesende Pura Rodríguez ÁlvarezA Gudiña Guillermo Lago PérezO Irixo Manuel Penedo ParadelaLarouco Joaquín Bautista Prieto RodríguezLaza José Ramón Barreal NovoLeiro Francisco José Fernández PérezLobeira Emilio Higuero CardosoLobios María del Carmen Yáñez SalgadoMaceda Manuel Blanco GonzálezManzaneda José Hervella CarreraMaside Casimiro Campo FernándezMelón Cristina Francisco VílchezA Merca Manuel Jorge Velo ReinosoA Mezquita Roberto Diéguez LaranjoMontederramo Antonio Rodríguez ÁlvarezMonterrei José Luis Sousa CondeMuíños Plácido Álvarez DobañoNogueira de Ramuín José César Parente PérezOímbra Alfonso Villarino RodríguezOurense Rosendo Luís Fernández FernándezPaderne de Allariz José Manuel Fernández GómezPadrenda Manuel Pérez PereiraParada de Sil José Avelino Bizarro CarballoPereiro de Aguiar Eliseo Fernández GómezA Peroxa Manuel Seoane RodríguezPetín Manuel de la Fuente DíezPiñor José Luis González RodríguezPobra de Trives Isauro Pérez GonzálezPontedeva Juan Carlos González CarbajalesPorqueira Susana Vázquez Dorado

Punxín Manuel Vázquez Fernández “Casalta”Quintela de Leirado José Antonio Pérez CortésRairiz de Veiga Xosé Xaquín Rodríguez AmbrosioRamirás Mª Pilar Otilia López GarcíaRibadavia Pilar Rodríguez MartínezRiós Francisco Armando Veiga RomeroA Rúa Avelino García FerradalRubiá Elías Rodríguez NúñezSan Amaro Ernesto Pérez GonzálezSan Cibrao das Viñas Manuel Pedro Fernández MoreirasSan Cristovo de Cea José Luis Valladares FernándezSan Xoán de Río Gerardo Rodríguez DomínguezSandiás María Concepción Méndez GándaraSarreaus Gumersindo Lamas AlvarTaboadela Manuel Gallego VilaA Teixeira Miguel Antonio Cid ÁlvarezToén Amancio Antonio Cid PérezTrasmiras Emilio José Pazos OjeaA Veiga Edesio Yáñez GómezVerea Juan Antonio Martínez GonzálezVerín Juan Manuel Jiménez MoránViana do Bolo Andrés Montesinos RodríguezVilamarín Amador Vázquez VázquezVilamartín de Valdeorras María Jesusa Candal JarrínVilar de Barrio Julio Pérez CarballoVilar de Santos Rocío Belenda LosadaVilardevós Manuel Cardoso PérezVilariño de Conso Ventura Sierra VázquezXinzo de Limia Antonio Pérez RodríguezXunqueira de Ambía José Luis Gavilanes LosadaXunqueira de Espadanedo Ricardo González Lage

Lista de candidatos do Partido Popular ás alcaldías da provincia de Ourense

O Partido Popular celebrou na Casa da Cultura de Barbadás a ”I Convención de candidatos ás alcaldías de Ourense”, coa presenza de todos os números 1 dos 92 concellos da provin-cia e da entidade local menor de Berán. Durante a conven-ción, os candidatos trazaron as estratexias conxuntas para levar a cabo nos vindeiros co-micios municipais, e ao rema-te da convención tiveron lugar os relatorios de conclusións e fíxose unha “foto de familia” con todos os candidatos.

Unha renovación histórica e un equilibrio entre a experien-cia e un novo modelo de facer política son os dous aspectos que definen as candidaturas que esta formación política presen-ta ás eleccións municipais de maio. O Partido Popular de Ourense presenta ás municipais de maio 3� novos cabezas de lista (o 38% do total). Ademais, 38 dos candidatos son menores de �� anos, e 1� dos candidatos son mulleres.

Page 49: Marzo 2011 - OUXB

CIDADE Páx.20TEMA DO MES Páx.2

A mellora do abastecemento custará 24 millóns

BARRIOS Páx.21

Número: 93 - Ano: X - Marzo 2011 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.28

Inaugúrase o CentroCívico da Ponte [páx. 4-5]

Fachada traseira do Centro Cívico da Ponte, o día da súa inauguración /RAMSÉS.

Infraestruturas humanizará a rúa Alejandro Pedrosa

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.3

Anulación do PXOM: o Concello solicita or-denación provisional

Remiten á Xunta a certificación rexistral do solar xudicial

Entrevista á Ángeles Rodríguez (Fundación Cum Laude): “Xuntos cremos que merece a pena tentar cambiar o mundo” [páx.17]

Confírmanse 10 novos grupos no cartel do XVI Derrame Rock [páx.39]

Vodas, Bautizos e

Comuñóns [páx.29-35] E

spec

ial

O Ponte Ourense de fútbol sala recorta distancias sen xogar

Page 50: Marzo 2011 - OUXB

Número: 79 - Ano: X - Marzo 2011 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.3 BARRIOS Páx.8TEMA DO MESPáx.2

Feijoo inaugura a residencia de maiores de Barrocás

CIDADE Páx.18 DEPORTES Páx.28

Un cidadán observa un dos parterres no novo horto educativo de Mariñamansa /RAMSÉS.

O líder conseguíu frear ao Codigalco Carmelitas

Xa hai proxecto para retomar as obras do Arquivo e da Biblioteca

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

Un horto educativoen Mariñamansa [páx. 4-5]

Anulación do PXOM: o Concello solicita or-denación provisional

Remiten á Xunta a certificación rexistral do solar xudicial

Entrevista á Ángeles Rodríguez (Fundación Cum Laude): “Xuntos cremos que merece a pena tentar cambiar o mundo” [páx.17]

Confírmanse 10 novos grupos no cartel do XVI Derrame Rock [páx.39]

Vodas, Bautizos e

Comuñóns [páx.29-35] E

spec

ial

Page 51: Marzo 2011 - OUXB

Número: 42 - Ano: X - Marzo 2011 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.3 DEPORTES Páx.28

Aspecto dos plátanos do parque de San Lázaro trala poda, que os ecoloxistas de ADEGA cuestionan. /J.E.

TEMA DO MESPáx.2

O COB, sen marxe de erro trala derrota en Canarias

A mellora do abastecemento custará 24 millóns

CIDADE Páx.20

Anulación do PXOM: o Concello solicita or-denación provisional

Remiten á Xunta a certificación rexistral do solar xudicial

Entrevista á Ángeles Rodríguez (Fundación Cum Laude) [páx.17]

Confírmanse 10 novos grupos no cartel do XVI Derrame Rock [páx.39]

Vodas, Bautizos e

Comuñóns [páx.29-35] E

spec

ial

Poda cuestionableno Parque de San Lázaro [páx. 6]