4
Marzo 2012 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro Caaveiro, 10, Santiago. 15703. Tiraxe 12.000 A reforma educativa do PP Vén sendo norma que cando hai al- ternancia no goberno do Estado veña acompañada de reformas educativas. Porén estas reformas seguen sen al- terar a columna vertebral do sistema educativo, contemplada no artigo 27 da Constitución, que consagra o principio de liberdade de ensinanza. Prevalece, así, a privatización e a extensión dos concertos educativos co fin de controlar ideoloxicamente e de propagar valores retrógrados, contrarios a unha educa- ción científica, laica e dun Estado pluri- nacional, pluricultural e plurilingüístico. O PP, mediante o seu ministro de Edu- cación, vén de presentar na comisión de educación do Parlamento español as súas propostas educativas para esta lexislatura que, para a CIG-Ensino, son máis que preocupantes. Estamos ante propostas que se asentan en principios reaccionarios, confesionais, recentra- lizadores e clasistas. Incrementaranse os concertos educativos e os recursos para o ensino privado e relixioso, recen- tralizarase e homoxeneizarase o siste- ma educativo ( reducindo as xa cativas competencias que temos) estratificarase e xerarquizarase o profesorado, liquida- rase a xestión democrática dos centros, segregarase o alumnado segundo a ca- tegoría do centro e apostarase por unha educación máis selectiva que marxina- rá unha parte da sociedade do sistema educativo e, polo tanto, creará maior desigualdade. A concepción da educación como unha mercadoría máis queda paten- te en que, segun- do o Sr. Ministro, a “liberdade de en- sino” convértese, nin máis nin me- nos, “no segundo piar en importan- cia da educación”. Non deixa de ser unha perversión e un engano que a iniciativa privada cree centros pri- vados, baixo o seu ideario ideolóxico, obrigando despois á administración educativa a financialos, para que supostamente as familias poi- dan elixir o tipo de educación e centro docente. A educación obrigatoria como servizo público esencial debe garantir un ensino común, básico e igual para todos os cidadáns/ás e non estar ao servizo da ideoloxía reaccionaria e do beneficio económico. Reforzar a liber- dade de elección de centro é sinónimo de reforzar o ensino concertado con idearios propios e sen control público, pero pagado por todos e todas nós. Así mesmo, nun momento de graves e per- manentes recortes no ensino público, pretenden crear centros de excelencia para o alumno destacado, botando por terra ese binomio inseparábel que debe guiar o ensino: calidade e equidade. Até a propia OCDE vén de facer público un informe no que afirma que a selec- ción temperá dos estudos, por parte do alumnado, e a libre elección de centro impiden un ensino equitativo e supoñen segregación e maior fracaso escolar.

Marzo 2012 D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro ...vasco, cos mesmos dereitos que nós, e cun salario un 40% maior teñen a metade de paro que en Galiza e o Estado

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Marzo 2012 D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro ...vasco, cos mesmos dereitos que nós, e cun salario un 40% maior teñen a metade de paro que en Galiza e o Estado

Marzo 2012

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.comD.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro Caaveiro, 10, Santiago. 15703. Tiraxe 12.000

A reforma educativa do PPVén sendo norma que cando hai al-

ternancia no goberno do Estado veña acompañada de reformas educativas. Porén estas reformas seguen sen al-terar a columna vertebral do sistema educativo, contemplada no artigo 27 da Constitución, que consagra o principio de liberdade de ensinanza. Prevalece, así, a privatización e a extensión dos concertos educativos co fin de controlar ideoloxicamente e de propagar valores retrógrados, contrarios a unha educa-ción científica, laica e dun Estado pluri-nacional, pluricultural e plurilingüístico.

O PP, mediante o seu ministro de Edu-cación, vén de presentar na comisión de educación do Parlamento español as súas propostas educativas para esta lexislatura que, para a CIG-Ensino, son máis que preocupantes. Estamos ante propostas que se asentan en principios reaccionarios, confesionais, recentra-lizadores e clasistas. Incrementaranse os concertos educativos e os recursos para o ensino privado e relixioso, recen-tralizarase e homoxeneizarase o siste-ma educativo ( reducindo as xa cativas competencias que temos) estratificarase e xerarquizarase o profesorado, liquida-rase a xestión democrática dos centros, segregarase o alumnado segundo a ca-tegoría do centro e apostarase por unha educación máis selectiva que marxina-rá unha parte da sociedade do sistema

educativo e, polo tanto, creará maior desigualdade.

A concepción da educación como unha mercadoría máis queda paten-te en que, segun-do o Sr. Ministro, a “liberdade de en-sino” convértese, nin máis nin me-nos, “no segundo piar en importan-cia da educación”. Non deixa de ser unha perversión e un engano que a iniciativa privada cree centros pri-vados, baixo o seu ideario ideolóxico, obrigando despois á administración educativa a financialos, para que supostamente as familias poi-dan elixir o tipo de educación e centro docente. A educación obrigatoria como servizo público esencial debe garantir un ensino común, básico e igual para todos os cidadáns/ás e non estar ao servizo da ideoloxía reaccionaria e do beneficio económico. Reforzar a liber-dade de elección de centro é sinónimo de reforzar o ensino concertado con idearios propios e sen control público,

pero pagado por todos e todas nós. Así mesmo, nun momento de graves e per-manentes recortes no ensino público, pretenden crear centros de excelencia para o alumno destacado, botando por terra ese binomio inseparábel que debe guiar o ensino: calidade e equidade. Até a propia OCDE vén de facer público un informe no que afirma que a selec-ción temperá dos estudos, por parte do alumnado, e a libre elección de centro impiden un ensino equitativo e supoñen segregación e maior fracaso escolar.

Page 2: Marzo 2012 D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro ...vasco, cos mesmos dereitos que nós, e cun salario un 40% maior teñen a metade de paro que en Galiza e o Estado

confederación intersindical galega2

marzo 2012

O bacharelato de tres anos, unha proposta trampa A proposta trampa de ampliar nun curso

o bacharelato non suporá ampliar a esco-laridade obrigatoria nin reforzar o ensino básico, senón acurtarlle ao alumnado un ano de formación común e básica. Esta ampliación irá en detrimento de cuarto da ESO), porque expulsará do sistema educativo o alumnado que repetira algún curso anteriormente e que unha vez rema-tado terceiro de ESO xa cumprira dezaseis anos. Todo apunta a que o alumnado que non remate 3º da ESO con quince anos permanecerá só un ano máis escolariza-do e verá cernada a súa posibilidade de continuar estudando, xa que terá supera-da a idade de escolarización obrigatoria para iniciar os estudos de FP ( Formación Profesional) ou Bacharelato que, nalgúns casos, nin se impartirá no mesmo centro onde cursou a ESO, cando até agora, no ensino obrigatorio, era posíbel permanecer escolarizado máis alá dos dezaseis anos. Hai unha intencionalidade clara nesta nova ordenación da ESO, acurtar a escolarida-de a aquel alumnado que máis o necesita. O alumnado que supere 3º da ESO terá dúas posibilidades: escolarizarse en FP ou en Bacharelato. A separación, nestas dúas opcións, pode vir supeditada pola instau-ración dos itinerarios educativos a partir de 2ºde ESO, baseados, na práctica, en criterios segregacionistas do alumnado, segundo as súas capacidades e/ou actitu-des que están condicionadas, na maioría das veces, pola procedencia social e non polos seus intereses ou orientación acadé-mica futura. Con esta proposta córrense dous riscos: desvalorizar a formación pro-fesional e optar pola medida máis cómoda, pero non resolutiva, para solucionar o fra-caso escolar.

Estrutura actual:• Ensino obrigatorio: 4 anos de ESO.• Ensino postobrigatorio: FP: 2 anos /

Bacharelato: 2 anos.

Nova estrutura:• Ensino obrigatorio: 3 anos ESO + 1 de

Bacharelato ou 1 de FP.• Ensino postobrigatorio: 2 anos de

Bacharelato ou 2 cursos de FP.

Outras consecuencias desta nova proposta de ordenación da ESO e do Bacharelato • Ao ser obrigatorio 1º de Bacharelato e/

ou 1º de FP, a administración educativa ampliará os concertos educativos nestes niveis educativos, coa intencionalidade de estendelos a todos os cursos do Ba-charelato e FP. Hoxe, os concertos na FP xa se apropia de 13 millóns de euros anuais.

• Supresión de postos de traballo e des-prazamento do profesorado.

• A posibilidade de concertarse todo o Bacharelato suporía un transvase im-portante de alumnado de centros pú-blicos aos privados concertados coa conseguinte supresión de unidades e de profesorado no público. Estariamos ante un novo desmantelamento do ensino pú-blico, xa que se desviarían máis millóns de euros á privatización do ensino pos-tobrigatorio en detrimento do público.

• Nos centros en que hoxe se imparte só ESO caben diferentes opcións. A que ten máis posibilidades é a de trasladar as ensinanzas. Do contrario, ou só se imparte até 3º de ESO e os alumnos/as son trasladados a outro centro para cursar 1º de Bacharelato ou 1º de FP, ou se imparte, cuestión moi improbábel, tamén todo o Bacharelato e Formación Profesional.

• Todo indica que os actuais CPIs non van impartir Bacharelato e FP, polo que,

nalgúns casos, a consellaría de Educa-ción vai aproveitar para transformalos en centros de Infantil e Primaria. En todo caso, de persistir o actual modelo limitarase a impartir só os tres cursos de ESO. Isto suporá mobilidade e un núme-ro de supresións importantes, así como o afastamento dunha etapa do ensino obrigatorio do medio rural, agudizando, aínda máis, o seu despoboamento.

• O alumnado que non remate 3º da ESO con 15 anos terá que permanecer un ano máis escolarizado na ESO, pero verá cernada a súa posibilidade de con-tinuar estudando. Hai unha intenciona-lidade clara nesta nova ordenación da ESO que é acurtar a escolaridade a aquel alumnado que máis o necesita ou máis problemático. Esta nova estrutura non dá resposta á

necesidade de racionalizar o currículo de Bacharelato nin considera que, en boa me-dida, hoxe, 2º de Bacharelato, está condi-cionado e orientado a preparar as probas de selectividade. O lóxico e normal sería ampliar un ano máis o Bacharelato, pero non á custa de reducir un ano a ESO.

Por outra parte, o Ministro de Educación afi rma “a reforma da secundaria dotarase de grande fl exibilidade”. Esta afi rmación agacha a posibilidade, xa defendida no seu día polo PP, de instaurar os itinerarios educativos a partir de segundo da ESO, segregando e condicionando moi cedo o futuro educativo e laboral do alumnado.

Page 3: Marzo 2012 D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro ...vasco, cos mesmos dereitos que nós, e cun salario un 40% maior teñen a metade de paro que en Galiza e o Estado

confederación intersindical galega3

marzo 2012

Obxectivos da avaliación externa dos centrosA mercantilización da educación e a negación da nosa identidade

Procurase, baixo o pretexto da avaliación externa dos centros educativos, tal e como o propio Ministro manifestou na Comisión de Educación, a confi guración de distintas categorías de centros, segundo o rende-mento académico do alumnado. Chega a afi rmar que o resultado das probas exter-nas será fundamental para que as familias “poidan exercer a liberdade de elección de centro que lle recoñece a Constitución”. Estas afi rmacións abren o camiño a que se clasifi quen os centros segundo o resultado escolar do alumnado, sen ter en conside-ración as características socioeconómicas deste, os recursos familiares, o contorno social e cultural, a porcentaxe de alumna-do inmigrante, de minoría étnica, os recur-sos de cada centro, etc.

Estamos ante unha proposta inadmi-síbel desde todos os puntos de vista que busca crear centros de elite, seguramente concertados, que terán todos os recursos e medios necesarios, mentres se conde-nan os máis necesitados. A proposta da avaliación dos coñecementos do alumna-

do, mediante unha proba estatal externa, publicando os resultados de cada centro, comportará que se condicione e oriente o ensino e a práctica docente a conseguir os mellores resultados nas probas, discri-minando outros aspectos importantes do proceso educativo que non se medirán nesas probas. Estamos ante unha com-petición intercentros na que cada un inten-tará situarse o mellor posíbel no ránking, agrandando a fenda social entre centros perdedores e centros gañadores.

Non podemos permitir que se trasla-den ao ensino os criterios neoliberais de competitividade e mercantilización que, ao fi nal, se resumen na desigualdade e na marxinación do alumnado máis despro-texido e necesitado dun ensino máis per-sonalizado. A avaliación interna e externa dos centros debe ter como fi nalidade com-prometer o profesorado e as familias, pero, sobre todo, as propias Administracións educativas para que dispoñan da informa-ción necesaria para actuar de maneira efi -caz sobre as carencias detectadas na ava-

liación. Toda avaliación orientada a medir só os resultados académicos é totalmente inxusta. O primeiro que hai que avaliar é o punto de partida do centro, a procedencia cultural, social e económica do alumnado, pois estas condicións, en moi alta medi-da, van infl uír no rendemento escolar. Por outro lado, a avaliación do ensino en Ga-liza debe ter características propias. Unha avaliación centralizada e uniformada nun-ca terá en conta a nosa realidade histórica e cultural, é dicir, a nosa identidade. Co-ñécense moi ben as causas do fracaso es-colar, onde hai que incidir, os recursos que se necesitan, o reforzo e apoio que nece-sitar o alumno/a, pero a maioría das veces a administración négase a atender esas necesidades e reclamacións. O alumnado é avaliado permanentemente, trimestral-mente e anualmente. Hai avaliacións de diagnóstico, informe PISA e agora aínda se pretenden máis avaliacións. O que falta é vontade de actuación e emenda da ad-ministración educativa.

Menos xestión democrática nos centrosA visión xerarquizada e a pretensión de

reducir, aínda máis, a xestión democráti-ca e a participación do profesorado nos centros obsérvase cando o Ministro afi rma que “é necesario incrementar as compe-tencias dos directivos e promover a profe-sionalización na xestión dos centros”. Non imos ser nós os que non recoñezamos o traballo dos equipos directivos, pero o sis-tema educativo necesita cooperación, par-ticipación e colectivización das decisións, única maneira de corresponsabilizarse, sentirse copartícipes e comprometidos/as co boa marcha do centro. Cada vez máis, detráenselle competencias ao claustro e as decisións concéntranse nos equipos directivos. Estamos ante unha visión anti-democrática e xerárquica propia do mundo empresarial aplicada a un servizo público. Non se pode aceptar que se pretenda ins-taurar un modelo semellante de xestión ao xa instalado hoxe nos Centros Integrados

de Formación Profesional. É necesario re-cuperar a xestión democrática dos centros, facilitando a participación na vida interna e académica do conxunto do claustro de profesores.

Tanto no programa educativo do PP como na comparecencia do ministro na comisión de educación das Cortes Xerais recóllese que se “impulsará a autonomía dos centros educativos con novos mode-los de xestión...” Baixo este principio de maior autonomía aos centros, agóchase a visión neoliberal de que cada centro debe procurar maiores recursos e medios para que a administración educativa, a única que pode garantir a igualdade de oportu-nidades tendo en conta a diversidade do alumnado, se desatenda destas obrigas, creando grandes diferenzas e categorías entre os propios centros produto da súa situación e da procedencia socioeconómi-ca do alumnado.

Page 4: Marzo 2012 D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro ...vasco, cos mesmos dereitos que nós, e cun salario un 40% maior teñen a metade de paro que en Galiza e o Estado

confederación intersindical galega4

Santiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986610465 Fax. [email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. [email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891e-mail: [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4º32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. [email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. [email protected]

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. [email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. [email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. [email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. [email protected]

Os nosos locais

Unha carreira docente de graosMaior estratifi cación do profesorado

De novo reaparece a proposta do es-tabelecemento dunha carreira docente “constituída polo conxunto de graos e funcións que cada profesor poida alcan-zar como consecuencia da avaliación do seu desempeño”. Vén sendo unha obsesión permanente a procura da es-tratifi cación, división e xerarquización do profesorado, creando diferentes catego-rías de profesorado, mediante graos que serán outorgados con base na merito-cracia e na avaliación do noso traballo. Esta imposición de carreira de obstácu-los, que o profesorado deberá superar para mellorar as súas retribución e con-dicións profesionais e laborais, basea-rase fundamentalmente nos resultados dunha avaliación na que, seguramente, serán pezas fundamentais a inspección e as direccións dos centros. A avaliación da práctica docente non pode se allea ás condicións en que debemos impar-

tir aulas, aos medios que se dispoñen, ás carencias dos centros, á rateo de alumnado por aulas, ás características do alumnado escolarizado, etc. Se en algo negativo destaca o sistema edu-cativo é no traballo burocrático que ten que realizar o profesorado, nas múltiples diferenzas retributivas actuais, no aban-dono e desatención da administración educativa coa necesaria e permanente formación do profesorado e no pouco recoñecemento do traballo na aula. Nin-gún resultado avaliativo debe repercutir nas nosas condicións laborais e sala-riais. Unha vez máis, como consecuen-cia desta reforma orientada a debilitar o ensino público, produciranse reaxustes nos cadros de persoal dos centros, con novas supresións, mobilidade funcional e desprazamentos do profesorado que sufrirá, de novo, os cambios, impartindo novas afíns e novas materias.

Un estatuto docente para centralizar a negociación e reducir dereitos

Non deixa de ser paradoxal que unha das medidas anunciadas sexa a elabo-ración dun estatuto docente e o recoñecemento do profesorado como autoridade pública, cando se nos está reducindo o salario, se nos liquida a xubilación anticipa-da LOE, aumentásenos o horario lectivo, non se nos oferta a formación necesaria, obrigásenos a impartir materias das que non somos especialistas, etc. Sen dúbida, van pretender, mediante ese estatuto, introducir unha carreira docente de diferentes graos, co obxecto de vincular as nosas retribucións á avaliación dos resultados do alumnado do centro. A isto hai que lle engadir a intención, xa explicitada, dunha maior recentralización e uniformización para negociar as nosas condicións de tra-ballo, restrinxindo, aínda máis, o marco galego de negociación, cuestión da que son fi eis partidarias as organizacións sindicais estatais.

Unha nova materia para dar pábulo a postulados retrógrados e

centralistas Outra dos cambios previstos é a supresión da

materia de Educación para a Cidadanía por unha nova materia Educación Cívica e Constitucional. Cando se debateu a LOE, a CIG-Ensino defen-deu, como máis acaído, que, en lugar de crear unha nova materia, o seu currículo se impregna-se en todas as áreas de maneira transversal, xa que o sistema educativo debe pretender unha formación integral. Non viamos oportuno crear unha materia que sería un pretexto para baleirar de valores as outras materias do currículo. Mais hoxe, o debate non é ese, senón a intención de introducir unha nova materia que vai dar pábulo a unha ideoloxía retrógrada e españolista que procurará propagar doutrinas contrarias aos dereitos fundamentais e democráticos. Prescín-dese da educación para a igualdade, para a so-lidariedade e a xustiza social, para a diversidade nacional cultural e lingüística; para a educación para a paz que busque a solución pacífi ca dos confl itos; para rematar co imperialismo, o beli-cismo e o militarismo e para a educación en defensa do medio ambiente. O uso perverso que se pretende facer da nova materia que, por certo, nos lembra a “Formación do Espírito Na-cional” da época do franquismo inoculará máis prexuízos, máis terxiversación e negación da confi guración plurinacional, pluricultural e pluri-lingúística do estado español. É dicir, unha ma-teria cun contido centralista, reaccionario e con-trario aos valores que deben caracterizar unha sociedade democrática.

Debemos desenmascarar e combater a de-magoxia e o engano con que se presenta esta reforma, que vai supor unha involución educati-va e reforzar, aínda máis, a negación da nosa identidade.