26
MEMORIA ANUAL 2014 Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa Universidade da Coruña Aprobada pola Comisión de Biblioteca da Facultade o 20 de xullo de 2015

MEMORIA ANUAL 2014 - Universidade da Coruña · explicativa da colección. ... prover de recursos e da información necesaria para o desenvolvemento das súas ... Centro de Linguas

Embed Size (px)

Citation preview

MEMORIA ANUAL

2014

Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa

Universidade da Coruña Aprobada pola Comisión de Biblioteca da Facultade o 20 de xullo de 2015

1

Memoria realizada por: María José Parga Massa

([email protected])

Extracción de datos de Millennium: Esther Calderón Bustamante

Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons Reconoñecemento-NonComercial 4.0 Internacional.

2

Índice

1. Introdución...................................................................................................................3

2. Recursos económicos....................................................................................................4

2.1 Gasto en material bibliográfico

2.2 Gasto en material de oficina

3. Recursos humanos........................................................................................................6

3.1 Cadro de persoal

3.2 Bolseiros

3.3 Formación recibida

4. Recursos materiais........................................................................................................8

4.1 Espazos

4.2 Parque informático

5. Recursos de información...............................................................................................11

5.1 Monografías

5.2 Publicacións periódicas

5.3 Recursos electrónicos

5.4 Actualización e mantemento da colección

6. Uso das instalacións, recursos e servizos.....................................................................15

6.1 Servizo de apoio á investigación e á aprendizaxe

6.2 Préstamo

6.3 Préstamo de ordenadores portátiles

6.4 Uso da colección electrónica

7. Formación de usuarios................................................................................................18

7.1 Formación ao alumnado de primeiro curso

7.2 Formación para o TFG e o TFM

8. Información e difusión................................................................................................20

8.1 Web da biblioteca

8.2 Web da biblioteca

8.3 Mostras bibliográficas

8.4 Web 2.0

9. Responsabilidade social..............................................................................................24

10. Participacións nas comisións do centro.......................................................................24

3

1. Introdución

A través desta memoria achéganse os datos necesarios para o seguimento das actividades da

Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa durante o ano 2014. A análise dos datos*

permite ter o apoio necesario na toma de decisións e a súa publicación favorece a

transparencia na xestión e aumenta a visibilidade das actuacións da biblioteca.

Este ano estivo marcado, aínda máis se cabe que os anteriores, polas fortes reducións

orzamentarias consecuencia dos problemas de financiamento da UDC . No 2014 suprimíronse

as partidas orzamentarias dos departamentos coa conseguinte eliminación das asignacións

que lles correspondían, o que supuxo un recorte de máis do 35% con relación ao 2013. Isto

obrigounos a ser moito máis restritivos na adquisición e subscrición dos recursos.

Porén, convén salientar que foi tamén un ano positivo en moitos aspectos especialmente no

uso de instalacións e servizos que, ou ben mantívose ou incrementouse o seu uso: préstamos,

portátiles, uso das instalacións, formación, asesoramento..., en resumo, máis servizos e máis

demandados.

Nesta liña, no 2014 a biblioteca comezou ofrecer asesoramento personalizado ao PDI no

apoio á investigación que tivo moi boa valoración por parte do profesorado. Traballouse

fundamentalmente na revisión de produción científica e indicios de calidade da mesma, con

vistas aos procesos de avaliación (acreditacións e sexenios).

Tamén comezouse a ofrecer apoio individualizado aos estudantes, fundamentalmente para a

elaboración do TFG, que tivo moi boa acollida. Os cursos de formación do TFG

incrementáronse para atender a demanda e traballouse na súa actualización e mellora.

Outra novidade foi a adición da web da Biblioteca da FEE. Trátase dun espazo onde se reúne

toda a información relacionada coa biblioteca: os recursos, servizos, formación, apoio ao

investigador, así como á docencia e ao aprendizaxe. Esta web pretende ser un complemento á

web do Servizo de Biblioteca, sobre todo naqueles aspectos específicos da área da Economía e

a Empresa.

É tamén destacable o traballo na conservación das coleccións máis antigas. Terminouse de

enviar ao depósito central o fondo máis antigo de monografías da Escola de Comercio e o

fondo completo da colección de revistas cuxos primeiros números datan de principios do

século pasado. Con isto queda asegurada a conservación de todo este fondo antigo cara ao

futuro.

*Fontes de datos: programa de Xestión Bibliotecaria Millennium, estatísticas do Sevizo de Biblioteca, web da FEE,

memorias, actas das comisións e documentación interna derivada da xestión

4

En canto á difusión das coleccións, creouse una sección especial para reunir a colección

histórica sobre pensamento económico galego, que se encontraba dispersa. Fíxose unha

mostra bibliográfica para a divulgación da colección e como recoñecemento ao profesor Julio

Sequeiros, que doou a maioría estes libros á biblioteca da Facultade. Elaborouse unha guía

explicativa da colección.

Durante este ano a biblioteca continuo coa colaboración, dentro do seu ámbito, na renovación

da acreditación dos títulos da Facultade de Economía e Empresa dentro do Sistema de

Garantía de Calidade (SGC) da ACSUG que, nos seus informes (11 - 07 -2014), destacou a

biblioteca como un dos aspectos mellor valorados.

2. Recursos económicos

As asignacións orzamentarias son as que posibilitan á biblioteca o cumprimento do seu fin:

prover de recursos e da información necesaria para o desenvolvemento das súas actividades a

comunidade universitaria da UDC no ámbito da Economía e a Xestión Empresarial. Aínda que

na UDC está centralizada a adquisición das revistas académicas e as principais bases de datos

son accesibles a través do CBUG e licencias nacionais (FECYT), un gran número de recursos son

adquiridos e xestionados pola biblioteca da facultade, como son a totalidade das monografías

e unha parte dos recursos electrónicos.

Nos orzamentos para o ano 2014 a Biblioteca da Facultade de Economía e empresa sufriu unha

forte redución nas súas partidas, pois elimináronse as correspondentes aos departamentos,

quedando unha única partida orzamentaria para a compra de material bibliográfico. A

asignación a compra de material de oficina tamén acusou un recorte significativo.

2.1 Gasto en material bibliográfico e recursos de información

A cantidade total asignada no ano 2014 foi de 54 058 €, un 35,85% menos que o ano anterior.

O gasto en recursos de información no 2014 foi de 53 162,63 €, polo que se executou o 98,34%

do orzamento asignado.

Evolución orzamentaria para comprar material bibliográfico nos últimos catro anos:

Anos

2011 2012 2013 2014

Asignacións

123 607,3€ 102 472,12€ 84 273,00€ 54 058,00€

5

A redución foi a mais importante das dos últimos anos, tal e como se pode ver no gráfico:

Gráfico 1. Evolución da asignación orzamentaria para comprar material bibliográfico

Execución do orzamento:

Partidas Crédito inicial Executado Porcentaxe Remanente

Biblioteca (Facultade) 54 058 53 162,63 98,34% 895,37

Execución do orzamento desagregado por tipo de documento:

Tipo de documento Gasto en euros

Monografías 28 260,48

Publicacións periódicas 7515,93

Recursos electrónicos 14 166,22

Software 3217

Total 53 162,63

123607,3

102472,12

84273

54058

0

20000

40000

60000

80000

100000

120000

140000

2011 2012 2013 2014

6

Gráfico 2. Gasto por tipo de documento ano 2014

2.2 Gasto en material de oficina

Nesta partida, tamén reducida con respecto ao ano anterior (6%), ademais do material de

oficina inclúense contratos de mantemento das fotocopiadoras, encadernacións, etiquetado

dos libros e papelaría.

Anos Asignado Executado Porcentaxe

2014 4291,00 3998,61 93,18%

3. Recursos humanos

3.1 Cadro de persoal

Durante o ano 2014 a biblioteca contou coa seguinte distribución de persoal:

Quenda de mañá

Posto Nome

Directora da biblioteca M.ª José Parga Massa

Bibliotecaria Esther Calderón Bustamante

Auxiliar técnica de biblioteca Belén Núñez Romero

Auxiliar técnico de biblioteca Luís Parada Naya

0

5000

10000

15000

20000

25000

30000

Monografías Publicaciónsperiódicas

Recursoselectrónicos

Software

28260,48

7518,93

14166,22

3217

Gasto por tipo de documento (Totais)

7

Quenda de tarde

Posto Nome

Bibliotecaria Carlota Balsa Sánchez

Auxiliar técnica de biblioteca Mónica Rey Santiago

Auxiliar técnico de biblioteca Esteban Froiz Balado – Manuela Babio Carazo

Incidencias

O 17 de marzo causa baixa como auxiliar de biblioteca o funcionario interino Esteban Froiz

Balado de xeito voluntario. As motivación foron a posibilidade de ocupar un posto de

categoría superior (bibliotecario) na Facultade de Informática. O 5 de maio incorporouse a

nova auxiliar de biblioteca en quenda de tarde María Manuela Babio Carazo.

3.2 Bolseiros

A UDC, co fin de favorecer a formación complementaria dos estudantes, convoca todos os

anos unha serie de bolsas para a colaboración en tarefas bibliográficas. No ano 2014

reduciuse, un ano máis, o número de bolseiros por biblioteca. Á biblioteca da Facultade de

Economía e Empresa correspondeulle unicamente 1 bolseiro, Manuel Campos Tabeayo, que

renunciou a bolsa no mes de marzo por non poder compatibilizala coa bolsa do Santander. O

SAPE nomeou o seguinte da lista, Victor Salinas Fernández, de abril a maio do 2014.

Os dous bolseiros cumpriron satisfactoriamente as tarefas encomendadas e mostráron moito

interese no aprendizaxe nos distintos recursos de busca e xestión da información.

Estudante Duración da bolsa Actividades realizadas

Manuel Campos Tabeayo

xaneiro -marzo 2014 6 horas semanais

Fundamentalmente tarefas de revisión de bibliografía recomendada, catálogos de novidades e colaboracións na elaboración de titoriais dos distintos recursos de información

Victor Salinas Fernández

abril -maio 2014 6 horas semanais

8

3.3 Formación recibida polo persoal da biblioteca

Durante o ano 2014, o persoal da biblioteca realizou diferentes cursos do Plan de formación de

PAS , Centro de Linguas e Aula de Formación Informática (AFI).

Título do curso

Duración Asistentes

Web of Science (WOS) – Nivel avazado 4 h 2

Xestión e organización de recursos electrónicos (SEDIC) 45 h 2

Inglés intermedio B1.2 30 h 1

Inglés intermedio B1.3 30 h 1

Inglés intermedio conversación 15 h 1

Ferramentas na nube 30 h 1

Plataforma de correo electrónico Zimbra 10 h 1

Microsoft Word 10 h 1

Microsoft Excel 10 h 2

Totais 184 h 12

As horas de formación recibida polo persoal da biblioteca aumentaron con respecto a o 2013

así como o número de asistentes .

4. Recursos materiais: infraestruturas e equipamento

4.1 Espazos A biblioteca distribúese en dúas plantas e dous depósitos e ocupa 1187 m2 de superficie. Dispón de dúas salas de estudo e lectura (240 postos) que se combinan con outros espazos como a hemeroteca, a sala de estudo compartido (68 postos) ou as cabinas da área de traballo. Postos de estudo

Tipo de posto Cantidade

Postos de estudo individual 245

Postos de estudo compartido 65

Total de postos 310

Este ano melloramos as instalacións coa creación un espazo de lectura informal e coa instalación dun expositor para mostras bibliográficas.

9

Espazo de lectura informal

Co fin de cumprir o obxectivo de fomentar o uso dos recursos de información da biblioteca, así

como o uso das súas instalacións, consideramos axeitado ofrecer aos usuarios un espazo onde

puidesen consultar con comodidade recursos de información como son a prensa xeral e prensa

especializada (diarios, semanarios, revistas profesionais, etc.), así como calquera outra lectura

do seu interese.

Con es fin adquiriuse o seguinte mobiliario:

Mobiliario Importe

4 sofás e 1 mesa baixa

857,65 €.

A factura tramitouse con cargo ao crédito Equipamentos de carácter xeral do Servizo de

Biblioteca, partida 05.00.05.02 122B 625.00.

10

Vitrina –expositor

Para divulgar o noso patrimonio bibliográfico a través de pequenas mostras, solicitamos ao

Equipo decanal a compra dunha vitrina para incorporar á sala de lectura.

O gasto foi de 1426, 59 € que foron asumidos pola Facultade de Economía e Empresa.

4.2 Parque informático

A biblioteca contaba a principios de ano cunha dotación informática de 30 equipos entre os de uso interno e uso público. O día 30 de outubro de 2014 a Biblioteca recibiu unha doazón de once portátiles por parte dos responsables do Mestrado en Xestión e Políticas Públicas por mor da súa extinción. Tipo de equipo Ordenadores de uso interno Ordenadores de uso público Totais

De mesa 7 11 18

Portátil 1 22 23

Totais 8 33 41

11

Con este incremento podemos considerar que a porcentaxe de postos informatizados sobre el total de postos supón o 13,22%, polo que conseguimos un dos obxectivos para 2014 do plan de mellora.

5. Recursos de información: a colección

5.1 Selección e adquisición: as monografías

Total de monografías a decembro de 2014

68 793 volumes

A cifra do total de volumes é menor que a do ano anterior (69 033), a pesar de que se

adquiriron 1032 novos exemplares. Este decrecemento é debido principalmente ao envío ao

depósito centralizado da Biblioteca Universitaria de 1104 exemplares durante 2014. Tamén

fixéronse expurgos definitivos de exemplares con información obsoleta, deteriorados, etc.

Novas adquisicións

En 2014 adquiríronse 1032 novos exemplares, 427 menos que o ano anterior. As razóns foron

principalmente as reducións orzamentarias e menor número de doazóns recibidas.

Adquisición de monografías (exemplares) 2012 2013 2014

Compra 1456 1257 857

Doazón 337 202 175

Totais 1793 1459 1032

Compra

Mercáronse 857 exemplares que corresponden a 728 títulos, dos que 486 son actualizacións

da bibliografía recomendada e pedidos do profesorado, alumnado, PAS e usuarios externos.

Os 437 títulos restantes corresponden a novidades enviadas polas librarías e seleccionadas

pola biblioteca.

Tipo de compra Nº de títulos 2013 % 2013 Nº de títulos 2014 % 2014

Compra por solicitude 486 52,65% 463 63, 59%

Compra de novidades 437 47,35% 265 36,40%

Total títulos comprados 923 100% 728 100%

12

Nas porcentaxes vese que ante as fortes reducións orzamentarias demos prioridade aos

pedidos e caeron de xeito acusado as novidades editoriais. En canto ao uso dos exemplares,

durante o ano 2014 foron utilizados, polo menos unha vez, o 73,83% dos exemplares

adquiridos nese mesmo ano.

Usuarios que utilizaron o servizo de solicitude de compra de monografías:

Tipo de usuario Número de solicitantes

PDI 49

Estudantes 21

PAS 10

Usuarios externos 9

Totais 89

Doazóns

Incorporáronse ao fondo 175 exemplares doados, provenientes principalmente de Biblioteca

Central e do Servizo de Publicacións da UDC.

5.2 Selección e adquisición: as publicacións periódicas

Total de publicacións periódicas a decembro de 2014

1673 títulos

O total de publicacións periódicas inclúe, ademais de revistas, informes, documentos de

traballo, estatísticas e prensa. A cifra é menor que a do ano anterior, debido a expurgos,

revisións, doazóns e traslados a depósito centralizado nas publicacións pechadas.

Total subscricións vivas (papel+electrónicas) 493

Revistas electrónicas 248

Altas -baixas revistas 2014

Déronse de alta 2 títulos solicitados polo profesorado do centro. Déronse de baixa 11 títulos,

por cesamento da publicación ou duplicidades no acceso (Comisión de biblioteca, setembro de

2014).

13

5.3 Selección e adquisición: os recursos electrónicos especializados

Subscritos durante o 2014 con cargo á Fac. de Economía e Empresa

Tipo de recurso Nome do recurso

Bases de datos

Emerald Emerging Markets Case Studies

Econlit

DSI Campus Solution

Obras de referencia online

Palgrave Dictionary of Economics Oxford English Dictionary (pago compartido con outros centros)

Software Auditsoft (software de auditoría para o alumnado de máster)

Subscritos con cargo ao consorcio BUGalicia ou á Biblioteca Central

Tipo de recurso Nome do recurso

Bases de datos SABI

Business Source Premier

Regional Business News

Balance of Payments Statistics (IMF eLibrary Data)

Direction of Trade Statistics (IMF eLibrary Data)

Plataformas de e-books Acceso a 419 e-books de Economía e Empresa través das plataformas:

- Springer Economía - E-book collection de EBSCOhost - Netbiblio

14

5.4 Traballos de actualización e mantemento da colección

Revisión da bibliografía recomendada

Durante o ano 2014 fíxose unha revisión e actualización completa da bibliografía recomendada

das guías docentes de todos os graos e mestrados. Conseguiuse ter dispoñible na biblioteca a

práctica totalidade dos exemplares recomendados, polo que podemos afirmar que a colección

está adecuada aos programas formativos.

Bibliografía recomendada básica 2014

N.º de títulos

Dispoñibles na biblioteca Porcentaxe

1022 1017 99,51%

Bibliografía recomendada complementaria 2014

N.º de títulos

Dispoñibles na biblioteca Porcentaxe

511 492 96,28%

Ademais, actualizouse mediante unha revisión completa no programa Millennium a aplicación

de acceso á bibliografía recomendada por materia e por profesor a través do catálogo da

biblioteca.

Actualización e mantemento de recursos

En 2014 o persoal técnico da biblioteca fixo labores de colaboración, actualización e

mantemento de recursos propios (Web da biblioteca), recursos da Facultade (o Buscador de

Economía e Empresa) recursos da Universidade (repositorio institucional [RUC]) e proxectos de

colaboración institucional a nivel estatal como Dialnet.

Conservación da coleccións

No 2014 terminouse de enviar ao depósito central o fondo máis antigo de monografías ( 2152

exemplares) e revistas (130 títulos) da Escola de Comercio. Con isto queda asegurada a

conservación de todo este fondo antigo cara ao futuro.

15

A Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa prestou servizo durante 2014 a 2941

usuarios entre estudantes (2623) profesores (145) usuarios externos (147) e PAS (26).

O número de entradas contabilizadas foi de 126 939, polo que, tendo en conta que os días de

apertura anual son 245, a media de visitas á biblioteca por día é de 518 persoas. A biblioteca

ten un horario continuado de 8:30 h. a 21:30 h.en períodos lectivos, polo que permanece

aberta e ofrece todos os seus servizos 13 horas ao día.

6.1 Os servizos de apoio

Co fin de cumprir coa finalidade principal da biblioteca universitaria que é o apoio á

aprendizaxe, docencia e investigación, comezouse a prestar no 2014 apoio personalizado aos

investigadores e estudantes da FEE. A atención foi maioritariamente presencial aínda que

tamén houbo moitas consultas a través de e-mail.

Persoal docente e investigador

O asesoramento fundamentouse principalmente son seguintes aspectos: revisión de produción

científica e indicios de calidade da mesma, con vistas aos procesos de avaliación (acreditacións

e sexenios). Tamén en estratexias para a publicación de artigos en revistas académicas. Outros

aspectos importantes foron: a difusión da produción científica a través do acceso aberto e a

web 2.0, a normalización de firma científica e rexistro de investigador, xestores bibliográficos

e cuestións relativas a dereitos e autor e propiedade intelectual.

N. de profesores Horas

15

90 h.

Alumnado

Principalmente apoio a elaboración do TFG no aspecto de busca de información e elaboración

de bibliografía segundo o estilo APA, o elixido polos responsables da Facultade.

Número de alumnos Horas

55 60 h.

6. Uso das instalacións, recursos e servizos

16

6.2 O servizo de préstamo a domicilio

O servizo de préstamo domiciliario de monografías é un dos máis valorados e utilizados

tradicionalmente polos nosos usuarios. En 2014 alcanzou a cifra de 58 175 exemplares (18 268

préstamos + 39 907 renovacións). En total houbo 1110 préstamos domiciliarios máis que en

2013, o que confirma a tendencia dos últimos anos dun aumento no uso deste servizo.

Anos Préstamos domiciliarios (préstamos + renovacións)

2011 45 011

2012 50 968

2013 57 065

2014 58 175

Entre as razóns está sen dúbida o cambio que supuxo a metodoloxía Boloña, que implica un

uso máis intensivo da documentación. Tampouco hai que menosprezar as repercusións da

crise económica, que fai da biblioteca moitas veces o único xeito que ten o alumnado de

acceder aos libros. Teñen unha incidencia no préstamos as actuacións de difusión da colección

realizadas pola biblioteca (centros de interese, exposicións, boletín de novidades, etc.). Por

último, hai que sinalar que a introdución do formato dixital neste tipo de documento é máis

lenta, debido fundamentalmente ás pouco vantaxosas condicións de comercialización das

distribuidoras e editoriais.

Gráfico 3. Evolución dos préstamos domiciliarios durante os últimos catro anos

45011

50968

57065 58175

0

10000

20000

30000

40000

50000

60000

70000

2011 2012 2013 2014

17

Tamén reforzouse o control e número de reclamacións aos usuario con préstamos vencidos,

actuacións que reduciu moito o a morosidade.

Datas n. de usuarios n. de libros

Xaneiro 2014 141 220

Decembro 2014 90 154

6.3 Préstamo de ordenadores portátiles O préstamo de ordenadores portátiles é dos servizos máis utilizados polos estudantes. Os

datos de 2014 aumentaron con respecto aos anos anteriores. Foron os seguintes:

Préstamo anual de ordenadores portátiles

2013

2450

2014 5348

6.4 O uso da colección electrónica: estatísticas de acceso dos principais recursos

especialidazos

Recurso 2014

Econlit

2015 (consultas)

Business Source Premier 3710 (consultas)

Regional Business News 810 (consultas)

DSI Campus Solution 515 (sesións)

SABI 6173 (sesións)

Palgrave Dictionary of Economics

27 (consultas)

Oxford English Dictionary 441 (consultas)

18

En 2014 seguimos coas actividades sobre formación en competencias informacionais, en

especial as do TFG e TFM en colaboración co equipo decanal e coordinados coa Sección de

Información do Servizo de Biblioteca.

7.1 Formación impartida para alumnos de primeiro curso

A principios de curso, despois da presentación da biblioteca na xornada de acollida, ao

alumnado de primeiro impartíuselles unha sesión práctica de 1:15 h. de duración ao inicio do

curso académico, que inclúe visita guiada á biblioteca. Realizáronse 18 sesións.

O ano 2014 non chegamos ao 30% de asistencia, baixamos moito con respecto ao ano pasado

no que asistiron 216 estudantes. A organización pola nosa parte foi a mesma, pero a

colaboración dos profesores este ano foi moi desigual, como se reflicte na táboa. Cómpre facer

un esforzo neste aspecto, pois a formación que reciben os estudantes o primeiro ano seríalles

moi útil para o seu desenvolvemento académico posterior.

7.2 Formación impartida para alumnos de TFG e TFM

Por outro lado, ten especial importancia o curso de 10 horas dirixido á preparación do Traballo

de Fin de Grao, así como o curso específico para realizar o Traballo de Fin de Mestrado. Nestes

cursos faise especial fincapé nas competencias na busca da información (fontes de información

e estratexias de busca), así como na aprendizaxe da citación e elaboración da bibliografía estilo

APA, que é o que deben utilizar os estudantes segundo a normativa da Facultade.

7. Formación impartida aos usuarios

Titulación Matriculados* Asistencia Porcentaxe

ADE 182 104 57,14%

ECO 74 0

EMP 82 15 18,19%

ADE + DER 65 3 4,61%

EMP + TUR 35 0

EMP + AQT 5 5 100%

TOTAL 443 127 28,66%

19

Combínase a formación presencial coa formación virtual a través da plataforma Moodle. O

alumnado que superou esta formación obtivo o diploma acreditativo asinado polo vicerreitor

de Investigación.

O cursos están ben valorados polo alumnado que asistiu a eles segundo o resultado das

enquisas. A valoración media foi de 4,2, onde 1 representa o nivel mínimo e 5 o nivel máximo

de satisfacción.

En resumo, en 2014 a biblioteca organizou formación en recursos de información, cunha

duración de 93,7 horas e foi recibida por 380 usuarios.

Xornadas de acollida aos novos alumnos Curso para a elaboración do TFG

Título do curso

N.º de sesións Duración Datas Asistentes

A preparación do TFG 6 10 h. 1 ed. Febreiro 2014 2 ed. Oct-nov 2014

240

A preparación do TFM 1 10 h. Xaneiro 2014 4

Aprende SABI 1 3 h. Abril 2014 9

Totais 8 73 h. 2014 253

20

8. Información e difusión

8.1 Nova Web da Biblioteca da FEE

Puxemos en marcha a nova Web, un espazo onde se reúne toda a información relacionada coa

nosa biblioteca: os recursos, servizos, formación, apoio ao investigador, así como á docencia e

ao aprendizaxe. Esta web pretende ser un complemento á web do Servizo de Biblioteca, sobre

todo naqueles aspectos específicos da área da Economía e a Empresa.

Web da Biblioteca da FEE

21

8.2 Mostras bibliográficas

Os inicios do pensamento económico galego

Durante o creamos una sección especial para reunir a colección histórica sobre pensamento

económico galego, que se encontraba dispersa. Trátase duns libros representativos da historia

do pensamento económico de Galicia na segunda metade do século XX

Fixemos unha mostra bibliográfica e elaboramos documentación explicativa para a divulgación

da colección e como recoñecemento ao profesor Julio Sequeiros Tizón, que doou a maioría

estes libros á biblioteca da facultade.

Mostra bibliográfica “Os inicios do pensamento económico galego”

Mulleres nas bibliotecas da UDC: mulleres economistas

Na actualidade aínda existe unha evidente invisibilidade sobre as achegas das mulleres no

campo da economía. Os libros tradicionalmente non as nomean ni recoñecen as súas

contribucións. Pero a realidade é que houbo mulleres destacadas que se interesaron pola

economía, superando as restricións e prexuízos existentes na sociedade da súa época.

Este é o primeiro ano que a Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa súmase a

exposición Mulleres nas Bibliotecas da UDC, organizada pola Oficina da Igualdade de Xénero

da nosa Universidade para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Participamos nesta iniciativa cunha mostra da obra de dous das mulleres máis relevantes na

historia da economía: Joan Violet Robinson e Elinor Ostrom, dous mulleres economistas que

22

viviron distintas realidades e tiveron intereses diferentes, pero que comparten aspectos

importantes como son a orixinalidade e innovación dos seus estudos e as importantes

repercusións do seu traballo nas súas respectivas áreas de coñecemento.

Mostra sobre Joan Robinson e Elinor Omstrom 8.3 Centros de interese Durante o ano montáronse cinco novos centros de interese, pequenas mostras bibliográficas de temas de actualidade e/ou de interese para o alumnado.

Centros de interese 2014

Temas

Datas

Cita a cegas cun libro Enerxía: luces e sombras Recomendacións dos nosos usuarios Libros para o verán Mellora o teu rendemento académico

Xaneiro-febreiro Marzo-abril Maio-xuño Xullo-agosto Outubro-decembro

23

8.3 Web 2.0 En 2014 continuamos difundindo os nosos servizos, recursos e outra información de interese a través das redes sociais.

Facebook

N.º de entradas realizadas en 2014

122

N.º de seguidores a 31 de decembro 900

Concursos, xogos etc. Día do libro 23 de abril: Campaña RECOMENDA UN LIBRO A TRAVÉS DE FACEBOOK. Houbo 14 libros recomendados polos nosos usuarios, cos que despois fixemos un centro de interese.

Pinterest

N.º de boletíns de novidades publicados en 2014

10

nas

24

Participación no programa da UDC Ezpazo Compartido Trátase dun programa para a integración de alumnos con discapacidade cognitiva. Na biblioteca da FEE acollemos dous alumnos para a realización de prácticas dentro da microexperiencia laboral que se inclúe neste programa. O obxectivo do programa é mellorar as habilidades persoais e sociais y de competencias básicas para favorecer a empregabilidade destes alumnos e así fomentar a súa inclusión laboral. A experiencia foi moi positiva, tanto para estes alumnos como para o persoal da biblioteca, que colaborou activamente para conseguir a integración dos alumnos e así contribuír ao seu progreso.

10 . Participación nas comisións da facultade

10.1 A Comisión de Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa

A Comisión de Biblioteca é o órgano colexiado que permite a participación da comunidade

universitaria na xestión da biblioteca do centro. A Comisión reuniuse dúas veces nos ano

2014, no mes abril, e no mes de setembro. Os acordos adoptados foron sobre a a aprobación

de memoria 2013, de normativa específica e altas e baixas de publicacións periódicas.

10.2 Colaboración con outras comisións

Ademais da súa participación nos órganos de goberno da Facultade a través da Comisión de

Biblioteca, colaboramos nos traballos e actividades propostas e desenvolvidas polas distintas

comisións do centro.

Comisión de Garantía de Calidade

Seguimos a colaborar coa Facultade para a renovación da acreditación das súas titulacións.

Nos informes provisionais de avaliación para a renovación da acreditación dos títulos de Grao

en ADE, Grao en Empresariais e Grao en Economía, así como o do Mestrado en Banca e

Finanzas, emitidos por la ACSUG (Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia)

con data 11/07/2014, a biblioteca aparece como un dos aspectos mellor valorados:

1. ASPECTOS MEJOR VALORADOS: Los recursos materiales son valorados positivamente por los distintos grupos de interés de la Facultad. En particular, la biblioteca del centro destaca por la realización de varias actividades como cursos de formación sobre la realización del Trabajo Fin de Grado y Trabajo Fin de Máster, la utilización de los fondos bibliográficos, etc. A su vez, otras iniciativas referentes a la biblioteca, como su presencia activa en redes sociales o la existencia de una wiki, dan muestra del interés por difundir la información referente a la misma y de su dinamismo.

9. Responsabilidade social

25

Comisión Traballos Fin de Grao

Ademais de realizar os cursos para colaborar na formación do alumnado do TFG na busca da

información e uso desta, o persoal técnico da biblioteca incorporou ao repositorio

institucional, o RUC, aqueles traballos que pola súa alta cualificación foron seleccionados pola

Comisión (36 traballos).

Comisión de Normalización Lingüística

A biblioteca ten un espazo de colaboración permanente na revista da facultade Espazo FEE,

creada pola iniciativa da Comisión de Normalización Lingüística de centro e co apoio do

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade. As colaboracións durante o 2014 foron

para os números 5 e 6: O acceso aberto á comunicación científica e As competencias

informáticas e informacionais na universidade.

Tamén, seguindo as recomendacións deste servizo, mantemos unha sección específica de

Lingua Galega na biblioteca e o blog “Redacta en galego” para difundir material de apoio á

redacción en galego en formato electrónico.

Plan de Autoprotección

No mes de abril, participamos nas actividades que formaron parte do Plan de Autoprotección

da Facultade de Encomia e Empresa, que incluíron accións formativas (alarma e evacuación,

extintores e BIES e primeiros auxilios) e participación no simulacro de incendio. Neste mesmo

ano a Facultade recibiu o certificado da implantación do Plan de Autoprotección co que

rematou o proceso.

Este plan ten como finalidade de saber dar resposta adecuada a unha situación de emerxencia.

O persoal da biblioteca formamos parte do persoal de primeira intervención e do equipo de

primeiros auxilios.