21
MEMORIA 2013 Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 1 de 21 MEMORIA ASPADEX 2013

MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 1 de 21

MEMORIA ASPADEX

2013

Page 2: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 2 de 21

INTRODUCCIÓN

Durante o ano 2013 seguimos dando especial importancia tanto ó traballo das persoas

con discapacidade como a ofrecer unha atención individualizada, contando para elo con un

persoal formado e motivado. Outro dos pilares foi o de mellorar a imaxe das persoas con

discapacidade intelectual, por medio de distintos medios: prensa, internet…

Os obxectivos prioritarios para este ano foron similares ós do ano anterior, xa que para

acadar mellores resultados nos poñemos un marco temporal amplo. Só cambiamos o primeiro

deles, debido a que o Centro Especial de Emprego xa se creo no ano 2012, e para este ano

centramos os esforzos en conseguir manter os recursos nunha época na que non é fácil.

Manter a financiación propia con respecto ó ano 2012: durante o ano 2013

tiñamos como obxectivo manter os ingresos, pero non foi posible, debido á crise

baixamos nalgúns dos conceptos, polo que é algo a traballar o próximo ano.

Conseguir os obxectivos do PAI: foi un dos aspectos nos que seguimos

profundizando para mellorar a atención individualizada ós usuarios. Cambiamos o

formato de PAI e tivemos en conta a escala de vida GENCAT á hora de valorar ós

usuarios.

Usar os medios de comunicación para difundir unha imaxe actualizada da

asociación e das persoas con discapacidade intelectual: durante o ano 2013

seguimos tendo varias aparicións en prensa, reflexando unha imaxe positiva do

noso colectivo, ó final do ano demos un impulso á presencia dos talleres e da

tenda para dar a coñecer o traballo das persoas con discapacidade intelectual.

Recibir formación que nos permita mellorar o noso traballo diario: seguimos

recibindo formación en distintos campos, e esta sérvenos para mellorar o traballo

que facemos.

No ano 2013 seguimos asentando o sistema de calidade, mellorando nos obxectivos

propostos no marco dun sistema de calidade que cada vez coñecemos mellor e que polo tanto

nos permite sistematizar o traballo que facemos.

Page 3: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 3 de 21

A ASOCIACIÓN

ASPADEX é unha asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual creada o

6 de decembro de 1983, momento no que non existía na zona ningún recurso para atender a

esta poboación. A asociación comezou nunha escola unitaria atendendo a 6 persoas, mentres

que na actualidade son 80 usuarios atendidos.

Ó longo destes anos tamén fomos ampliando os servizos prestados ás persoas con

discapacidade e ás súas familias, en función das necesidades que fomos detectando, e que os

nosos clientes foron demandando.

ASPADEX é unha asociación, formada por 52 socios, e o seu órgano de goberno é a

Xunta Directiva que está formada por:

Nome e apelidos Cargo

Evaristo R. Lema Antelo Presidente

Norberto Sande Rodríguez Vicepresidente

Jesús Manuel González Cambeiro Secretario

José Martínez Insua Tesoureiro

Mª Dolores Santiago Sambade Vocal

Leoncio Olveira López Vocal

Marina Benlloch Blanco Vocal

O organigrama da entidade segue igual que no ano 2012, ano en que foi modificado para

incluír no mesmo a todos os profesionais:

Page 4: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 4 de 21

Misión, VISIÓN E VALORES

MISIÓN: a nosa misión é a de contribuír, dende o noso compromiso ético, con apoios e

oportunidades, a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenrolo e a súa

familia poidan desenrolar o seu proxecto de calidade de vida, así como a promover a súa

inclusión como cidadán de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria.

VISIÓN: queremos ser unha asociación que se organiza con calidade e ética, con un proxecto

común, aberta ó entorno e que loita pola inclusión e autodeterminación das persoas con

discapacidade intelectual (PCDI) prestando os apoios que cada persoa necesita para desenrolar

o seu proxecto de vida

OS NOSOS VALORES:

Durante o ano 2013 seguimos afondando no código ético, difundindo material sobre o mesmo

para traballar de xeito coordinado.

COMUNICACIÓN EXTERNA

Durante este ano, igual que o ano anterior, demos a coñecer as actividades realizadas

no centro por medio do blog ( http://blogaspadex.wordpress.com/) dende onde se

pode acceder a todas as saídas e actividades que se realizaron durante o 2013, tamén

seguimos facendo uso das redes sociais, tendo unha boa acollida, especialmente en

Twitter.

Durante este ano tivemos un maior contacto con colexios e institutos con resultados

moi positivos tanto para os alumnos como para os nosos usuarios, tal e como se

desprende dos resultados das enquisas. Tamén tivemos unha maior presenza nos

medios de comunicación:

Page 5: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 5 de 21

Page 6: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 6 de 21

EQUIPO HUMANO

ASPADEX conta con unha plantilla de 26 traballadores. A maioría do persoal é fixo,

salvo aqueles contratados a través de los Programas de Cooperación da Consellería de

Traballo e Benestar.

COMUNICACIÓN INTERNA: no ano 2013 seguimos na mesma liña que en anos

anteriores, usando distintos recursos para manter unha boa comunicación interna:

reunións, base de datos, e-mail, notas internas…

FORMACIÓN: todos os traballadores participaron nun curso emerxencia e primeira

intervención, e nunha formación básica sobre xestión por competencias, debido a que

de cara ó ano 2014 nos adaptaremos ó novo sistema de xestión do persoal.

Presentamos a continuación unha relación dos cursos que se levaron a cabo en

ASPADEX.

Acción formativa Data Duración Nº asistentes

Formación en auditorías internas 17/01/2013 6 horas 2

Contabilidade: conta doada II 02/04/2013 4 horas 2

Curso cociña: uso novos

electrodomésticos

Xullo 2013 21 horas 5

Xestión de competencias e avaliación do

desempeño

29/10/2013 4 horas 2

Curso de emerxencia e primeira

intervención

18/11/2013 6 horas 23

VII Seminario sobre discapacidade

intelectual e saúde mental

22/11/2013 8 horas 1

Sexualidad, abuso y discap. intelectual 16/12/2013 8 horas 1

Gestión por competencias (formación

básica)

22/12/2013 2 horas 26

SATISFACCIÓN: como en anos anteriores, os profesionais cubriron a enquisa sobre

satisfacción, dos resultados deducimos que a satisfacción segue sendo alta (7.75 sobre

10), así como a media de todos os ítems (4.4 sobre 5). Os resultados seguen sendo

positivos con pequenas variacións con respecto a anos anteriores.

Page 7: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 7 de 21

OS NOSOS CENTROS E SERVIZOS

No ano 2013 seguimos dando especial relevancia á atención individualizada, tendo en

conta non só a valoración feita polos profesionais, senón tamén as preocupacións e

intereses, tanto das persoas con discapacidade intelectual como das súas familias.

Tamén procuramos mellorar os distintos servizos ofertados, propoñendo melloras en

todos eles, e comprobando a consecución das mesmas por medio do sistema de

calidade que temos implantado.

CENTRO OCUPACIONAL

O Centro Ocupacional ASPADEX conta con 65 usuarios, todos eles maiores de 18 anos e con

discapacidade intelectual lixeira ou media

Dentro do Centro Ocupacional contamos por unha parte con talleres ocupacionais (orientados

ó sector servizos e á venda na tenda e por outra con actividades encamiñadas á adquisión de

habilidades adaptativas.

Page 8: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 8 de 21

Talleres orientados á Tenda ASPADEX

A tenda ASPADEX pretende ser un escaparate das capacidades laborais das persoas con

discapacidade intelectual, nos talleres reciben formación para levar a cabo estas tarefas,

ó tempo que se lles ensinan capacidades laborais básicas.

Page 9: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 9 de 21

Talleres orientados ó sector servizos

Outra serie de talleres están orientados ó sector servizos, adaptando as tarefas ás

capacidades e posibilidades dos nosos usuarios. Buscamos a maior normalización

destas tarefas ofrecendo a formación e apoios necesarios.

Page 10: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 10 de 21

Area de inserción prelaboral

A finalidade desta área é a inserción prelaboral, sendo os medios para acadalo a

formación e o coñecemento das funcións e tarefas do posto de traballo. Durante o ano

2013 seguimos traballando nos xardíns da comarca, no kiosco do Hospital e facendo o

reparto de periódicos por distintos establecementos da zona.

Page 11: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 11 de 21

Xunto con estes talleres, o Centro Ocupacional conta con outras actividades que facilitan ás

persoas con discapacidade unha maior habilitación persoal e unha mellor adaptación á

comunidade onde vive.

Axuste persoal e social

Actividades orientadas ó entrenamento en habilidades adaptativas, mellora das

habilidades sociais, de relación co entorno, atención e memoria, ... Durante este ano

seguíronse mantendo as actividades realizadas durante o año anterior, dando unha

atención individualizada, tendo en conta as necesidades de cada un dos usuarios, as súas

preferencias e a información aportada polas familias.

Taller de comunicación mediante o visionado de noticias: esta actividade ten

como finalidade coñecer temas de actualidade, para despois comentalos cos

compañeiros e monitores tanto nos descansos como no comedor. Participaron

un total de 22 persoas, e en xeral os usuarios acadaron os obxectivos previstos.

Taller de manexo do euro: este ano o taller seguiu

con unha orientación práctica, complementando

sesións teóricas no centro con pequenas compras no

entorno. Participaron un total de 35 usuarios,

aumentando en autonomía e seguridade á hora de

facer compras, manexar os cartos…

Taller de lectoescritura: este ano traballouse con aqueles usuarios que teñen

adquiridos coñecementos de lectura e/ou escritura ou ben que teñen a

posibilidade de adquirilos, para que non perdan o adquirido e/ou que aprendan

novos coñecementos nesta área. Participaron un total de 28 usuarios con uns

resultados positivos.

Taller de habilidades sociais: traballouse tanto de forma individual como

grupal, por medio de distintos talleres no Centro e no entorno próximo.

Traballouse con todos os usuarios, aínda que non sempre con horarios cerrados,

moitas das intervencións fixéronse no medio e no momento en que xurdían

conflitos.

Page 12: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 12 de 21

Taller informática: seguimos como en anos anteriores, ampliando os

coñecementos e buscando a maior autonomía no manexo de ordenador, tanto

orientado á adquisición de capacidades (manexo de procesador de textos,

escritura) como a un maior disfrute do ocio (xogos, música…). 29 usuarios

participaron en el taller.

Programa autoxestores: un total de 32 usuarios seguen participando neste

programa. Este ano centramos a atención na maior autodeterminación dos

usuarios, buscando que tiveran maiores responsabilidades durante as reunións

(elaboración de actas, responsabilizarse de preparar temas…). Como todos os

anos asistimos ó Encontro Autonómico, que este ano tivo lugar en Santiago

Participaron no mesmo 20 autoxestores de ASPADEX.

Rehabilitación e terapia

Dentro esta área se traballase con aqueles usuarios que, por distintos motivos precisan

rehabilitación ou terapia nestas áreas para adquirir novas habilidades ou ben manter as

xa adquiridas, en función do seu programa individual.

Psicomotricidade e hidroterapia: traballouse a nivel motriz

cos usuarios que o necesitaban, tamén seguimos acudindo á

piscina municipal. Beneficiáronse do programa de

psicomotricidade 35 persoas, mentres que 52 se beneficiaron

do programa de hidroterapia.

Page 13: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 13 de 21

Audición e linguaxe: traballouse de xeito individualizado con 7 usuarios con

problemas específico de linguaxe.

Control da saúde

Levamos un control diario do estado de saúde dos usuarios, buscando a maior

autonomía nesta tarefa, dando para elo os apoio necesarios, tanto na toma de

medicación como no mantemento das distintas dietas.

Page 14: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 14 de 21

CENTRO DE DÍA

O Centro de Día ASPADEX conta con 15 usuarios, todos eles maiores de 18 anos e con

necesidades de apoio extenso ou xeralizado.

A finalidade deste Centro é a de proporcionar unha atención rehabilitadora, habilitación

persoal e social, coidados persoais e asistencia especializada ós usuarios, co fin de acadar o

máximo desenrolo das súas capacidades e posibilidades de inclusión social.

O ano 2013 tivo especial relevancia o traballo no medio, con saídas semanais a distintas zonas

do entorno.

Servizos de coidado persoal e atención individual

Os 15 usuarios recibiron adestramento en habilidades adaptativas de autonomía persoal e

competencia social, así como habilidades cognitivas xerais. Traballáronse tanto habilidades

básicas (comida, vestido, hixiene, toma de medicación…) como instrumentais (realizar

pequenas compras, elaborar menús sinxelos, tarefas de limpeza…).

No ano 2013 seguimos dando especial relevancia ás habilidades instrumentais e ó fomento da

autonomía nas distintas tarefas.

Page 15: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 15 de 21

Servizos psicosociais e atención psicolóxica.

Neste servizo ofreceuse ós usuarios atención psicolóxica, axudando a solucionar os problemas

no momento que sucedían, taller de relaxación onde aprender a controlar os estados de

ánimo e o programa de habilidades sociais, que tivo lugar tanto no Centro como realizando

saídas á comunidade. Durante o ano 2013, seguindo na liña da inclusión social, realizáronse as

seguintes actividades:

Saídas/paseos polo entorno próximo: sempre que as condicións atmosféricas o fixeron

posible, fixemos paseos polo lugar de Toba (os arredores do Centro) traballando

habilidades de relación, comunicación, educación vial,…

Saídas/paseos por la comarca. Ademais dos paseos máis frecuentes polo entorno, tamén

fixemos outras saídas a outras zonas algo máis alonxadas:

o Visita a Muxía

o Paseo marítimo de Cee

o Fervenza do Ézaro

o Praia de Sardiñeiro

o Albergue e cemiterio de colores Dumbría

o Castelo de Vimianzo

o Centro comercial de Cee

o Exposición fotográfica Muxía

Cine: debido ós resultados positivos que tiveron as saídas ó cine, semanalmente fíxose

unha sesión de cine no Centro.

Saida Orense: os usuarios/as participaron nunha viaxe e estancia nas termas de Outariz, en

Ourense.

Page 16: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 16 de 21

Servizos de rehabilitación

Todos os usuarios do Centro de Día participaron nos talleres de psicomotricidade e

estimulación multisensorial. En canto ó programa de hidroterapia, beneficiáronse do mesmo

un total de 5 usuarios.

En rehabilitación traballouse tamén a área de audición e linguaxe, na que participaron todos os

usuarios con programas adaptados ás necesidades de cada un dos usuarios: expresión oral,

discriminación auditiva, comprensión, fala signada… Durante o 2013 seguiuse co taller de

musicoterapia, chegando os usuarios a facer unha actuación no centro con motivo do Día

Internacional da Discapacidade.

Servizos de rehabilitación menor

Como en anos anteriores todos os usuarios participaron no

programa de terapia ocupacional, coa finalidade de manter as súas

destrezas sociais, comunicativas e motoras.

Page 17: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 17 de 21

VIVENDA ASPADEX

A vivenda está situada no centro do pobo, na Rúa da Escola, nº 26 e atende a 13 persoas.

A vivenda pretende ser un fogar para aquelas persoas con discapacidade intelectual que por

diferentes razóns carecen del. Na vivenda traballase a autonomía persoal, xestión e desfrute do

ocio e tempo libre, actitudes, aptitudes e ideosincracias individuais, así como a relación cos

demais.

No ano 2013 seguimos na liña de dar maior protagonismo ós usuarios, reforzando a súa

autonomía e autoestima por medio das distintas actividades que se levan a cabo.

Entrenamento en habilidades básicas e instrumentais: formase ós usuarios, para que

realicen por si sos as tarefas básicas, tales como comida, ducha… A maioría dos usuarios xa

teñen adquiridos os hábitos, polo que só é necesaria a supervisión puntual.

Por outra parte, seguimos traballando con un cuadrante de turnos, para que todos os

usuarios participen nas tarefas do fogar. Durante este ano deuse maior responsabilidade ós

usuarios en todas estas tarefas, sen deixar de lado a necesaria supervisión para evitar que se

perdan aprendizaxes xa adquiridas.

Coidado da saúde: a maioría de usuarios teñen uns hábitos adquiridos, especialmente en

canto ás dietas, aínda que segue sendo necesario recordar a importancia de coidarse para

evitar enfermidades.

Talleres de convivencia: seguiron funcionando como en anos anteriores, aínda que os

usuarios van acadando autonomía e aprendendo a resolver pequenos problemas, aínda

seguen sendo necesarias estas reunións, porque debido ás características propias das persoas

con discapacidade, cústalle retrasar recompensas, ceder ante determinadas presións,..

Page 18: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 18 de 21

Atención psicolóxica individualizada/habilidades sociais: poténcianse todas aquelas

aptitudes e actitudes positivas, controlase e modifícanse aqueles comportamentos e/ou

cognicións que producen un malestar significativo a eles ou ós demais, fomentando en todo

momento a autonomía, autovalía e auto desenvolvemento. Tamén se traballan as habilidades

sociais, resolución de conflitos e autocontrol de forma transversal usando sempre contextos

naturais, recursos sociais e as relaciones entre os iguais e o resto da poboación, fomentando

a través desta forma de traballo a interiorización e adquisición dos contidos.

Actividades de ocio: nas actividades de ocio o fundamental é a inclusión social e o disfrute.

Con esta finalidade tivemos saídas practicamente todos os fins de semana. Durante este ano

seguimos buscando a participación activa dos usuarios á hora de decidir as actividades que

querían facer, buscando que as saídas foran gratificantes para todos os usuarios.

Durante as saídas ensínase a facer unha correcta xestión do diñeiro, a usar correctamente os

recursos do entorno..

Las actividades de ocio de fin de semana poden consultarse no blog de ASPADEX

(http://blogaspadex.wordpress.com/).

PROGRAMA DE RESPIRO: durante o ano 2013 seguimos ofrecendo o servizo de respiro, co

obxectivo de dar resposta a aquelas familias que por distintos motivos non se poden facer cargo

dos seus fillos en determinados momentos (viaxes, enfermidades…).

Page 19: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 19 de 21

SERVIZOS COMÚNS

Ademais dos programas e servizos xerais, tamén contamos con unha serie de servizos comúns,

coa finalidade de optimizar recursos:

Servizo de atención a las familias: ó longo do ano solicitouse ás familias diverso tipo de

documentación para manter os arquivos actualizados, deuse información de interese por

medio de cartas e ofreceuse tamén orientación e apoio individualizado. Durante o ano 2013

tivemos de novo unha convivencia familar, debido ós bos resultados da mesma no ano

anterior.

Servizos hoteleiros e de transporte

A asociación ASPADEX ofrece en todos os seus centros o servizo de comedor. Durante a

comida fórmase ós usuarios para que adquiran uns hábitos adecuados, que non coman

cantidades de comida excesiva, que vexan o acto de comer como un acto social… No 2013

seguimos potenciando o uso de alimentos sans e de temporada, facendo uso dos

invernadoiros cos que contamos no Centro Ocupacional.

Outro dos servizos que se ofrece é o uso das estancias

comúns para ensinar a ocupar o ocio de forma activa

(paseos polas zonas axardinadas, campionatos de futbolín

…). Durante os descansos os profesionais teñen uns turnos

de vixiancia para axudar a resolver conflitos, fomentar a

comunicación…

Page 20: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 20 de 21

Por outra parte temos o servizo de transporte, necesario para que as persoas con

discapacidade poidan acudir ó centro. Durante este ano prestamos especial fincapé en reducir

o gasto, para poder seguir mantendo este servizo.

Programa de actividades deportivas e de ocio

Actividades a nivel local: entrenamentos a distintos deportes, actividades lúdicas e deportivas

na praia e piscina.

Actividades a nivel provincial: participación en xornadas de baloncesto, fútbol sala, atletismo,

natación, xogos de mesa, probas adaptadas…

Actividades a nivel autonómico: autonómico de baloncesto, deportes minoritarios, fútbol

sala…

Actividades a nivel nacional: viaxes do INSERSO

Outras actividades: campamentos de verán, festa de carnaval, participación no Certame

Autonómico de Tarxetas de Nadal…

No ano 2013 tivemos tamén unha viaxe a Ourense, ás termas de Outariz, na que participaron

case a totalidade dos usuarios da entidade, con resultados moi positivos.

Page 21: MEMORIA ASPADEX 2013aspadex.org/oscar/wp-content/uploads/2015/01/Memoria...Xestión de competencias e avaliación do desempeño 29/10/2013 4 horas 2 Curso de emerxencia e primeira

MEMORIA 2013

Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 21 de 21

TENDA ASPADEX

A asociación ASPADEX conta con unha tenda, situada en Rúa da Escola, nº 24 que

comercializa os produtos elaborados nos talleres do Centro Ocupacional e Centro de Día, tendo

como obxectivo ser un escaparate das capacidades laborais das persoas con discapacidade

intelectual.

Durante este año elaboráronse novos produtos, tendo en conta as tendencias de temporada e as

preferencias dos clientes. Tamén participamos en distintas mostras, podendo dar así unha maior

difusión ós produtos que se elaboran nos distintos talleres.

No 2013 seguimos dando a coñecer a tenda virtual (www.tienda.aspadex.org), tanto por medio

das redes sociais como do blog,...