27
Memoria PLAMBE curso 2017-2018 Ceip Pluriling e Condesa de ü Fenosa cod. 32015116 O Barco de Valdeorras (Ourense)

Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Memoria PLAMBEcurso 2017-2018

Ceip Pluriling e Condesa deüFenosa

cod. 32015116O Barco de Valdeorras

(Ourense)

Page 2: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Táboa de contidosGrao de cumprimento dos obxectivos..................................................................................................1Horario do encargado da biblioteca escolar.........................................................................................2Actividades desenvolvidas, accións, procedementos e recursos..........................................................4

Temporalización inicial....................................................................................................................4Desenvolvemento das actividades........................................................................................................5

Actuacións en relación coa organización e xestión.........................................................................5Actuacións en relación coa dinamización da biblioteca e promoción dos recursos da biblioteca, coa súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado.................................................................................................9Actuacións en relación coa formación de usuarios e educación para o acceso á información (Educación Documental)...............................................................................................................10Actividades en relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do Proxecto Lector do Centro.............................................................................................................................................14Outras actuacións...........................................................................................................................16

Grao de implicación do centro e da comunidade educativa...............................................................18Grao de integración dos recursos da biblioteca no proceso de ensino e aprendizaxe das diversas áreas do currículo...............................................................................................................................19Produción de materiais.......................................................................................................................19Avaliación...........................................................................................................................................20Previsións de futuro............................................................................................................................25

Page 3: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

Grao de cumprimento dos obxectivos

Se houbese que escoller un curso atípico dentro das dinámicas daBiblioteca Escolar, este sería o curso actual xa que estivemosinmersos nunha serie de traballos de remodelación, de lanzamentodunha chea de actividades novas, de configuración de novosequipamentos... que fixo que as nosas rutinas habituais tivesen uncambio drástico.Só o termos unha maquinaria ben engraxada dentro do equipo deapoio permitiu manter unha actividade case normal en medio datrasfega na que nos vimosenvoltos.Aínda así resentíronse algunhasactividades, como as nosasachegas ao día das letrasgalegas, a elaboración demateriais didácticos en formatodixital ou a edición do nosoboletín "o Barquiño de Papel".Os traballos extras aos que nosreferimos teñen que ver coa nosaparticipación nos proxectos LIA-2, ELBE-2, Biblioteca Inclusivae no proxecto Escornabots, aoque deberiamos sumar o proxectoPITEAS no que se embarcou o noso centro e que supuxo unha moiimportante participación do profesorado que se tivo que adaptar aun novo modelo de ensino por proxectos.Seguimos realizando, a pesares de todo, un importante traballodende a biblioteca escolar, colaborando nos múltiples proxectos deinvestigación que se desenvolveron no centro, consolidamosactividades como a do conto do xoves para os máis pequenos,realizado polo alumnado de primaria, melloramos o funcionamentodos axudantes da biblioteca, mantivemos os clubs de lectura eescritura e démoslle continuidade ao reading club, melloramos enboa medida a materia de ALFIN coas novas posibilidades de traballoque o novo equipamento que adquirimos facilitou...Non promovemos ningún proxecto documental dende a biblioteca, dadoque houbo, como acabamos de sinalar, múltiples proxectos de aula enivel, e preferimos non sobrecargar ao profesorado cunha achegaextra de traballo, pero tivemos unha intensa actividade de apoio atodos estes proxectos facilitando bibliografía, achegando os

1

Aspecto da Biblioteca a comezos de setembro

Page 4: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

recursos técnicos da biblioteca, imprimindo materiais en 3D paraos proxectos, emprestando os escornabots e realizando patróns parao traballo de conceptos básicos dos proxectos.No que toca aos axudantes redefinimos as súas funciónsdesenvolvendo quendas rotatorias, que melloraron moito o seufuncionamento e a atención que prestan nos distintos servizos eactividades que se desenvolven na biblioteca.Mención a parte merece o espazo creativo da zona Lego, ondepuidemos ver como alumnado que normalmente non facía uso dabiblioteca comeza a achegarse á mesma cunha actividade libre, quedesenvolve a imaxinación e a creatividade.Os escornabots tamén marcaron un antes e un despois nas dinámicasda biblioteca, cun atractivo moi grande para o alumnado, e quepropiciou que comezaramos a desenvolver actividades deprogramación que resultaron moi motivadoras para o alumnado.O espazo de lectura libre situado no exterior das salas dabiblioteca tivo moito uso e permitiu que o interior tivese un usomenos masificado e diverso.As melloras de illamento (dobre xanela, tarima flotante,calefacción extra...) fixeron que o espazo físico da bibliotecamellorara o seu confort, e que os usuarios, fundamentalmente oprofesorado, asistise á mesma con mellor disposición.Realizamos, se ben non dentro do marco formal e regulamentado doscursos de formación, unha importante labor de formación doprofesorado no funcionamento dos novos equipamentos (Chromecast,impresión 3D, Escornabots...) e das aplicacións didácticas dasmesmas, así como de práctica na plataforma de empréstamo dixital.A parte participamos en moitos cursos e actividades de formaciónrelacionadas cos proxectos postos en marcha pola Asesoría debibliotecas, a máis das realizadas co proxecto PITEAS dentro doPFPP do centro.Tamén queremos indicar que comezamos a dar uso a unha cámara devideoconferencias para ampliar a máis alumnado as actividades depromoción da lectura realizadas na biblioteca, a máis do seuaproveitamento na realización de encontros mediantevideoconferencias con outros centros.En resume, podemos valorar moi positivamente o nivel deconsecución dos obxectivos propostos a comezos do curso.

Horario do encargado da biblioteca escolar

O encargado da biblioteca foi Xoaquín C. Freixeiro Álvarez, que

2

Page 5: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

realiza tamén as funcións da xefatura de estudos e coordinaciónTIC. Dado que o noso centro está inmerso en múltiples proxectos deinnovación educativa (Abalar, Edixgal, axenda21, PFPPC...) e quetodos estes requiren a intervención da xefatura de estudos, nonsería posíbel que todo o peso da biblioteca descansase sobre unhaúnica persoa, así que contamos cun equipo de apoio á bibliotecaconformado por un equipo estable de profesorado, ao que todos osanos se suma algún mestre provisional con ganas de traballar etraer novas propostas á marcha da biblioteca.Este equipo organiza os clubs, as quendas de conta-contos, deactividades como “vaille co conto ao profe”, colabora naorganización da olimpíada, adorna a biblioteca no mercado deintercambio de libros e na entrega de diplomas e premios ao finaldo curso.Tamén participa nas actividades de formación, que se ben este anonon tiveron un carácter específico da biblioteca, si que setentou, como xa se comentou dar un enfoque da ALFIN aos cursos quese realizaron.Este ano o Equipo de Apoio á Biblioteca estivo constituído por:

Ensino Infantil Sonia González Mercedes Molina

Primeiro Ciclo Mercedes Gallego Xoaquín FreixeiroMª Carmen Martos

Segundo Ciclo Mª Carmen García Mª Socorro Robles

Terceiro Ciclo Concepción Moldes

DepartamentoOrientación

Elisa Puentes

A presencia de membros do equipo de biblioteca en cada un dosequipos e departamentos do centro fai que sexa doado transmitir asiniciativas da biblioteca ao resto do profesorado do centro, asícomo dotarnos dun potente feedback sobre a valoración de cadaactividade e poder deste xeito adoptar as medidas correctorasindicadas.

3

Page 6: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

O horario de dedicación á Biblioteca é o seguinte:

10:00-11:00 Recollida dos empréstamos polas clases,devolución dos exemplares e colocación nosandeis.Catalogación de novos exemplares

12:05-12:35 Empréstamos, ordenadores14:30-15:30 Empréstamos, ordenadores, hora dos deberes17:00-18:00(Martes)

Os Martes... Conto

Tamén existe un horario asignado a cada aula en horario lectivopara o uso da biblioteca en tarefas de investigación.

Actividades desenvolvidas, accións, procedementos e recursos

Temporalización inicial

4

Page 7: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

Desenvolvemento das actividades

Actuacións en relación coa organización e xestión.

A biblioteca experimentou un cambio enorme no seu aspecto e nadotación de recursos cos que conta.O local da Biblioteca do noso centro está situado nos baixos doedificio orientados cara ao norte. O edificio, xa bastante vello,e a orientación facían que a temperatura do mesmo fose bastantefría no inverno, sen que o sistema de calefacción puidese quecer oespazo o suficiente para que a temperatura fose agradábel. Velaíque moitas veces o profesorado preferise baixar á biblioteca,coller en empréstamo algúns libros e volver ás aulas paradesenvolver as tarefas de documentación. O equipo centrou daquela as reformas en varias liñas de actuación:

• Cambiar o chan mediante a colocación dunha tarima flotante demadeira

• Illar o espazo con dobre ventá• Pintar cunha nova cor as paredes• Recolocar os radiadores existentes• Aumentar o número de radiadores• Cambio do sistema de iluminación• Reforma da porta de entrada

á bibliotecaAsí mesmo, e dado que sepretendía dispor de espazosdiáfanos, tivemos que recorrer á“colonización” dos espazosadxacentes á biblioteca,corredor externo e entrada, paraconvertelos en lugares onde sesitúan espazos de lecturadistendida, exposición denovidades e zona dealmacenamento dos empréstamos.No cambio do chan contamos coacolaboración do concello doBarco que achegou, nunha fase do proxecto, a man de obra. Pola súaparte a delegación provincial de Educación fíxose cargo do chandunha das salas e da colocación das novas fiestras que permiten

5

Antigo chan e tarima flotante

Page 8: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

illar de xeito moi importante o local do frío do exterior.Decidimos tamén, e dado que queriamos deixar entrar a luz senimpedimentos, modificar a posición dos radiadores xa existentespara recolocar os andeis das librerías e gañar unha luminosidadenatural, que xunto ao cambio dos antigos fluorescentes por unhasnovas barras led de maior luminosidade. Aínda así reforzamos osistema de calefacción cun novo aparello eléctrico que mellorou atemperatura da biblioteca.A porta da biblioteca quixemos que permitise ver o que sucede nointerior, polo que procuramos facela transparente. Os presupostosque se nos daban nos pareceron esaxeradamente altos, polo querecorremos a un carpinteiro local que aproveitando a portaanterior colocou un cristal anti-choques, ao que nós decoramos cunvinilo da nosa mascota, e que permite a visión dende o corredor doque sucede na biblioteca cun gasto razoable e cun resultado moiaquelado.En canto á organización dos fondos da Biblioteca temos querecoñecer que mantiñan exemplares obsoletos que, máis que nada portradición, permanecían dentro da colección. Por outra banda, aíndaque existía unha sinalización por cores da CDU esta non resultabademasiado explícita para o alumnado. Por último, e relacionado coaexistencia dun volume de materiais non necesarios, existíanproblemas de uso do espazo.Fronte destes problemas decidimos:

• Realización dun expurgo en condicións• Acometer tarefas de sinalización• Reorganizacións dos espazos

Grazas ao expurgo eliminamosunha boa cantidade de libros conmoitos anos de antigüidade,materias como cintas VHS,diaporamas e transparencias,diapositivas... que aínda seconservaban aínda que sen usodende hai anos. Isto forneceunosdun espazo para colocar acolección sen estreiteces e benaccesibles.No que atinxe á sinalización, eseguindo os exemplos dasbibliotecas de Vilanova i laGeltrú, colocamos os símbolos dunha CDU simplificada nos andeis,ao tempo que se colocaba en cada libro unha etiquetaidentificadora. Pensamos que esta foi unha boa actuación xa que

6

Libros coas etiquetas identificativas da CDU

Page 9: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

aumenta a autonomía do alumnado na Biblioteca á hora de buscar osdocumentos do seu interese, e facilita tamén aos encargados acolocación correcta dos mesmos nos seus andeis.A procura dunha mellor iluminación natural e de obter espazos máisdiáfanos, obrigounos, como xa se comentou no apartado anterior, abuscar unha nova organización das librarías.No apartado de renovación dos equipamentos e mobiliariorealizáronse as seguintes actuacións:

• Cambio dos ordenadores de consulta• Adquisición dunha pantalla Chromecast• Adquisición de 13 convertibles (tablet+portátil)• Adquisición dunha cámara para vídeoconferencia• Colocación dunha Pizarra Dixital Interactiva• Adquisición dunha nova impresora/escáner laser• Creación dunha zona maker cun muro Lego• Zona escornabótica• Impresora 3D• Adquisición dunha pantalla Chroma• Adquisición de caixas de madeira para empréstamos• Adquisición dun novo sofá• Adquisición dun router wifi

A biblioteca dispuña de 4 ordenadores de sobremesa, bastanteobsoletos por outra parte, que ocupaban un espazo considerable,xustamente fronte a unha das fiestras, o que restaba luminosidadee impedía o acceso doado ás persianas e á ventilación da sala.Daquela mediante un switch e ocupando só o espazo dunha mesa,puxemos 4 portátiles que veñen a substituír os equipamentosantigos.A pantalla Chromecast, así comoos 13 convertibles e o routerwifi, forman parte do noso plande converter a biblioteca nunlugar de traballo decolaboración, xa que ostraballos de cada tableta podenenviarse e compartirse aotravés da pantalla coChromecast. Usando unha seriede aplicacións simples (home,kapp, liveboard, padlet...)podemos desenvolver traballosconxuntos á hora de extraermosinformación de textos,organizala en conxunto, sistematizala...

7

Colocación do panel Lego

Page 10: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

A zona maker resulta unha zona dun gran éxito de uso por parte doalumnado, e aí tamén valoramos como moit@s nen@s que moitas vecespermanecen calados fronte a outras actividades, desenvolven assúas aptitudes creativas e colaboran con outros compañeiros ecompañeiras.A chegada dos escornabots foi moi ben acollida polo alumnado e xavai sendo empregada polo profesorado en distintas actividades,mesmo en educación física. Pensamos tamén que haberá que adicaralgún dos robots a un uso libre por parte do alumnado, peroestamos aínda co proceso de montaxe de varios escornabots, eteremos que esperar a telos rematados para ver en que condiciónsvan ser usados.Tamén a impresora 3D despertou moito interese por parte doalumnado e todo o colexio tivo tempo de vela funcionar e deentender basicamente como funciona, e mesmo de coñecer o programaCura. Xa se ten feito algún deseño (marcapáxinas do Samaín,chaveiros para as nais que participan no Contacontos do martes,foguetes deseñados por nós para un proxecto de astronáutica,chaveiros-foguete como agasallo de fin do proxecto...) pero aíndanon se acadaron os niveis de funcionamento que queremos.A Pizarra Dixital Interactiva, situada na 2º sala da Biblioteca,está asociada ao proxector e á nosa idea dun espazo para oaudiovisual. É certo que nas aulas existe este tipo de pizarra eque, daquela, non representa un beneficio claro para as clasesbaixar a utilizala á Biblioteca, pero creemos que é bo que exista,que poida ofrecer os seus servizos cando estamos investigando naBiblioteca e necesitamos acceder a un documento electrónico, parausala cando fagamos desdobres nas aulas... Hai que sinalar queesta Pizarra foi un material que nos foi dotado dende aConsellería, tras unha solicitude ao SIEGA.Mercamos tamén, no tocante a mobiliario, un novo sofá, xa quevarios dos anteriores pasaron á zona de lectura distendida noexterior da biblioteca. Tamén adquirimos dous bancos e unexpositor móbil que se vai empregar para colocar os fondosrelacionados cos proxectos de traballos de investigación, paradeste xeito facer aínda máis doado o traballo do alumnado á horade realizar estes traballos.E no que atinxe ao audiovisual mercamos unha pantalla Chroma, de6x3 m. coa que comezamos a facer algún experimento audiovisual(http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcondesafenosa/node/195)e unaltofalante para amplificar algunhas das actividades decontacontos que realizamos na biblioteca e que, sen estaamplificación, non se oían ben.Por último sinalar a adquisición dun equipo para videoconferencia,

8

Page 11: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

que nos permite que determinadas actividades que se desenvolven nabiblioteca se poidan transmitir en liña ao resto das aulas docolexio. Tamén sirve como elemento que nos permite cunha calidademoi boa de son e imaxe, manter contactos con outros centros, easí, de feito tivemos un encontro cun colexio de Canadá queresultou moi satisfactorio.Pola súa banda, os axudantes da biblioteca seguiron realizandoactividades relacionadas coa xestión. Neste curso foron moitos osnenos e nenas que solicitaron ser axudantes e que realizaron esteslabores. Re-estruturamos as funcións dos axudantes, asignando acada un deles un espazo de control na biblioteca (empréstamo,quendas de ordenadores, xogos, legos e escornabots) e facendoquendas rotatorias, e a verdade é que resultou moi satisfactorio oresultado, evitando aglomeracións no ordenador de xestión, emantendo un control moito mellor de toda a sala.

Actuacións en relación coa dinamización da biblioteca epromoción dos recursos da biblioteca, coa súa integraciónno tratamento do currículo e a súa contribución aodesenvolvemento das competencias básicas do alumnado.

Como todos os anos mantemos o sistema de empréstamos nos períodosde recreo, tanto na sesión da mañá como ao mediodía, e a recollidadas devolucións nas propias aulas durante as primeiras horas damañá. Os nenos e nenas que collen libros en empréstamo dispoñendunhas caixas para o seu curso onde deixan os libros, e así podensaír ao recreo sen ter que levar o libro ao patio. Ao remate do recreo da tarde o encargado da clase pasa polabiblioteca e leva a caixa á clase onde se reparten os librosemprestados. A rutina da mañá é deixar os libros devolvidos nacaixa, que é recollida polo encargado co carro dos libros. Nestavisita sempre se fai algún comentario co que se tenta incentivarao alumnado para que faga uso do servizo de empréstamo.“O Barquiño de Papel”, o boletín da biblioteca, non foi editadomáis que o número que servía como folleto de participación naolimpíada do saber. As razóns do abandono non é outra que aescaseza de tempo, motivada pola cantidade de traballo queabsorbeu a reforma da biblioteca. A edición do boletín, sequeremos que teña un mínimo de calidade implica un investimento detempo do que non dispuñamos este ano. Esperamos no vindeiro cursoretomar a súa edición, xa que nos parece un importante alicerce nacomunicación entre a biblioteca e a nosa comunidade escolar.

9

Page 12: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

No exterior da biblioteca, no corredor que lle dá acceso, temos unespazo para as exposicións de novidades e outras de caráctertemático, relacionadas coas celebracións anuais, e que actúa comaun potente reclamo para o empréstamo e para familiarizar, no casodas novidades, cos novos fondos que se van adquirindo ao longo doano.As Bibliotecas de Aula, tanto para a lectura silenciosa como paraapoio dos proxectos de investigación, fórmanse con fondos enempréstamo da Biblioteca escolar, realizados a nome do profesortitor da aula. Deste xeito acadamos que a escolma de texto sexaaxeitada á idade e nivel lector dos alumnos e alumnas concretos.Estas bibliotecas renóvanse unha vez por trimestre cando menos,asegurando así lecturas novas e motivadoras. Tamén a se renova a dotación de materiais específicos (o corpohumano, zooloxía, máquinas...) segundo os temas tratados notemario de sociais e naturais, axeitándose a temporización dostemas curriculares que se desenvolven nas clases.O blog, unha vez abandonado o aloxamento en Blogaliza, xa estádefinitivamente en Drupal, dentro do espazo do colexio, se ben cunestilo distinto ao resto do espazo web. Optamos por dividir endistintas páxinas as distintas temáticas do blogue, tendo asíseccións específicas debooktubers, Escornabots eimpresión 3D, clubs deescritura, contacontos...reservando a páxina da bitácorapara o anuncio de actividades,efemérides, etc... Como materia pendente temos ofeito de non acadar aínda unhaparticipación grande a travésdos comentarios. Se ben é certoque o noso alumnado non é demoita idade o que dificulta asúa participación, tentaremos facilitar a interacción para ver demellorar este apartado.

Actuacións en relación coa formación de usuarios eeducación para o acceso á información (EducaciónDocumental)

Na aula virtual do centro contamos cunha serie de actividades

10

Novo aspecto do blog da biblioteca

Page 13: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

relacionadas coa biblioteca, dispoñendo xa nestes momentos de 5cursos dentro do apartado da biblioteca: A guerra que mudou omundo (secuencia de actividades en eXelearning, traducida do CeDeCno marco dun curso de PLATEGA sobre recursos dixitais), ALFIN(materiais para o traballo da materia de Alfabetización enInformación), Procuras do Tesouro das Letras Galegas(contribucións da Biblioteca á celebración do día das letrasgalegas), Proxecto Documental Convivimos (no que se recollen osmateriais elaborados ao longo do proceso de investigación doProxecto Documental) e Materiais para a Formación de Usuarios (quese corresponde co primeiro curso que elaboramos en anos pasados).Como todos os anos realizáronse actividades de formación deusuarios con este material. Sin embargo a trasfega deste anoimpediu o aumento do material elaborado, xa que a penas tivemostempo para a elaboración de materiais novos.No día da ciencia en galego tamén, como en anos anteriores, abiblioteca axudou cos seus recursos a atopar experimentoscientíficos para a súa realización durante a celebración destacita anual coa ciencia e co idioma.Na antiga web tiñamos un mapa interactivo da Biblioteca, que coaremodelación realizada, tanto na web coma no espazo físico dabiblioteca, quedou obsoleta. Tentaremos realizar un novo mapainteractivo actualizado para substituír ao antigo e dar o mesmoservizo.No apartado de Proxectos houbocambios significativos. Por unhabanda o noso centro adheriuse aoproxecto Piteas, desenvolto polaConsellería de Educación, afundación Barrie e a Universidadede Santiago, consistente na postaen marcha dunha educación baseadaen proxectos do alumnado, o quesupuxo a implicación de moitoscursos en distintos proxectoseducativos. Daquela, dende oequipo da Biblioteca, o ENDL e aAxenda 21, preferimos non propoñer ningún Proxecto DocumentalIntegrado para todo o centro, xa que o que iamos facer erasobrecargar de traballo ao profesorado, e pola contra, puxémonosen disposición de favorecer na medida do posíbel, co noso apoio, arealización destes proxectos.Os proxectos nos que se traballou, empregando a metodoloxía SEM,foron en infantil "o Horto escolar" e "O Corpo Humano", e na etapa

11

Video pertencente ao proxecto 3b-nus

Page 14: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

de primaria tivemos os proxectos de "O día da Mascota" un estudosobre os animais de compañía rematado cunha exposición dasmascotas que posuía o alumnado de primeiro, "Investigalume", ondeo alumnado de 2º de primaria traballou sobre a problemática doslumes forestais, a súa prevención e as accións para loitar contradel, "Animais mitolóxicos" en terceiro A de primaria, no que seestudaron os animais presentes na mitoloxía de distintas culturas,"3B-nus", un estudo da historia da astronomía e astronáuticarealizado pola aula de terceiro B de primaria, e "pelo, pico,escama", un proxecto sobre a problemática dos animais abandonadosque rematou nunha carreira solidaria para recadar fondos paradistintas protectoras e no que participaron o alumnado de cuarto Ae B, e quinto B de primaria.Estamos moi satisfeitos cos resultados de todos estes proxectos edo papel que neles xogou a biblioteca, facilitando materiais erecursos, realizando minicursos para ensinar a citar concorrección as fontes empregadas...Aínda así queremos tentar incidir máis, de cara ao curso que vén,no carácter documental dos proxectos, pois nalgúns deles osrecursos bibliográficos foron só unha pequena parte das achegasdocumentais, o que pensamos quepode ser mellorable.No mesmo ámbito da educacióndocumental está o concurso da“Olimpíada do Saber”, unconcurso no que o alumnadoagrupado por equipos en diversosniveis trata de resolver osenigmas que se lle presentannunha serie de pistasacumulativas ao longo dunhasemana. Segundo o día en que seresponda, e consecuentemente domaior ou menor número de pistasnecesarias para a contestación,acadarán unha puntuación determinada. Esta proposta da Bibliotecaconta dende sempre cunha participación que se achega á totalidadedo alumnado de primaria, e trata, habitualmente do tema ao que serefire o Proxecto Documental Integrado. Dado que neste curso seoptou pola realización de distintos proxectos, e non dun únicoproxecto unitario, decidimos que a temática versara sobre osdistintos proxectos (animais, espazos protexidos, astronomía,astronáutica...). Un papel importante na educación documental téñeno tamén os

12

Cartel anunciador da Olimpíada do Saber

Page 15: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

computadores da biblioteca, nos que o alumnado usuario pode faceras súas procuras, ben no seu tempo de lecer ou ben no marco dostraballos de aula.A Pizarra Dixital Interactiva ofrece a posibilidade, a parte doseu uso didáctico, de proxectar os fondos de DVDs do catálogo.No marco da reforma da Biblioteca e da adquisición de recursosdixitais para a mesma, cabe subliñar a importancia da pantallaChromecast de Smart e as tablets híbridas que se adquiriron. Esteequipamento permite, a máis dun uso como encerado dixital enavegador, a comunicación coas diferentes tablets ao través darede wifi da biblioteca, favorecendo os traballos que empregandunha metodoloxía colaboradora. A este respecto o uso que se faidelas nas aulas de Alfin é moi interesante, empregando programascoma padlet, onde instantaneamente podemos visualizar o nosotraballo nun taboleiro común. Tamén hai aplicacións coma GoogleHome que nos permite compartir pantallas pola rede Wifi ou Kapp aotravés de Bluetooth, co que as realizacións feitas en cadaordenador se poden partillar co resto da clase dun xeito simple, eao tempo, moi motivador para o alumnado.Tivemos algún proceso formativo para espallar entre o profesoradoo emprego destes dispositivos, pero aínda non está suficientementeexplicado, polo que de cara ao curso que vén propoñémonoscontinuar con este proceso de formación para dar un uso máisxeneralizado a este recurso.Continuamos tendo como materia delibre disposición Alfabetizaciónen Información, tanto en 4º comaen 6º, co que traballamos a CDU,a colocación dos libros nabiblioteca, a procura na OPAC e alocalización dos fondos atopados.Así mesmo traballamos sobretextos extraendo informacións,elaborando sínteses, esquemas,cadros sinópticos ereelaborándoos. Asemadeprocuramos o desenvolvemento dehabilidades de busca dainformación, tanto a nivel dedocumentos impresos comodixitais, mediante a realización de proxectos de investigación.Coa introdución de múltiples currunchos e espazos de traballo nabiblioteca, acometemos por fin unha reforma das funcións d@svoluntari@s da biblioteca, como xa se comentou con anterioridade,

13

Padlet sobre o pobo Inuit realizado nas clases de Alfinempregando unha metodoloxía colaborativa

Page 16: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

remitíndonos ao xa comentado no apartado de xestión. Aos poucosimos acadando un maior dominio da aplicación de empréstamo ecatalogación, pero aínda non teñen autonomía dabondo para facerprocuras dentro do catálogo, que será un dos puntos nos queincidiremos no curso que vén.

Actividades en relación co fomento da lectura e codesenvolvemento do Proxecto Lector do Centro.

Como todos os anos, e coa mesma valoración positiva por parte doprofesorado e do alumnado, realizamos a lectura silenciosa, unanaco de tempo específico e así sinalado no horario do centro, coque comezamos a nosa xornada, adicado a unha lectura libre,silenciosa e xeral, na que participa tamén o profesorado. Dentro deste espazo para a lectura, os venres presentan uncarácter especial, xa que por quendas, o alumnado dun grupo sedistribúe polo resto das aulas do colexio para facer unha lecturaen voz alta, que previamente prepararon na súa clase, naactividade que chamabamos “os nosos autores en voz alta”, pero queagora xa denominamos simplemente “a lectura do venres”.A lectura do venres non anula a lectura silenciosa, só ainterrompe uns minutos, xa que os textos escolmados para aactividade son pequenos poemas, narracións curtas, anacos deobras... Esta actividade motiva moito aos nenos e nenas, non só aos que lensenón que tamén aos que escoitan. Supón un traballo previo deprosodia, dicción, control dos tempos e dos nervios que tanimportantes son na lectura, e que o alumnado asume con moitamotivación xa que lles interesa demostrar que ben o fan diante dosnenos e nenas das outras clases. Alectura do venres remata semprecon aplausos ao lector, e nonpoucas veces, cun pequeno agasalloda clase (un debuxo, un marcadorou unha galleta).Outras actividades que semanteñen, e nas que non vamos adeternos moito tempo por ser xavellas coñecidas, son “Vaille coconto ao profe”, e “Os martes...conto”. A primeira delas consisteen situar a un mestre voluntariodo centro en situación de dispoñibilidade na biblioteca para que

14

Momento do contacontos dos maiores

Page 17: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

calquera nen@ poida ir lerlle un libro ou un fragmento que queira.Na segunda os pais e nais do alumnado de infantil que non acodeautonomamente nos recreos a facer empréstamos, ao tempo que acodená biblioteca para realizar o empréstamo semanal cóntanlle contosaos nenos que acoden a esta actividade, que se realiza fóra dohorario escolar. Para facilitarlle o traballo adquirimos contoscuñados, e libros obxecto que fan que cos seus contos deixenabraiados aos nenos participantes.Unha actividade que tamén temos realizado en anos pasados, peroque este ano tivo unha periodicidade semanal, foi a de contacontosdos maiores, ou o conto do Xoves, realizado para os pequenos deinfantil durante o horario do recreo da mañá. Ese día, no recreoda mañá, o alumnado de primaria que previamente preparou na claseun conto, acude á biblioteca e conta/representa a súa historiapara os nenos de infantil que acoden á biblioteca.Tivemos algúns problemas con esta actividade, xa que o volume aoque falaban os contadores moitas veces non daba para que todo oauditorio puidese oír o conto en boas condicións, polo quedecidimos mercar un altofalante que nos permite amplificar o son easí todos poder escoitar ben.Como xa comentamos, as gravacións dalgúns destes contos dispoñendunha sección específica na nosa web, onde se poden ver.Tamén funcionaron, cunha alta participación durante todo o curso,os clubs de lectura e escritura. Funcionaron 6 clubs de lectura e3 de escritura, realizando semanalmente reunións cos seus case 100participantes. É de destacar que en varios destes clubs sedesenvolveron actividades de lectura en dispositivos dixitais, cosrecursos propios do centro e con tablets propias do alumnado nasque se cargaron os libros elixidos para a lectura do club.Durante este curso fomos invitados a participar no proxecto ELBE-2, dado que xa formaramos parte da primeira fase deste proxecto, ede cara ao curso que vén imos facer uso, para estes clubs delectura dixitais da plataforma que puxo en marcha a asesoría. Noúltimo trimestre do curso temos feito algunhas actividades deformación co profesorado do centro para que se foranfamiliarizando coa plataforma, e poder estar operativos para ocomezo do próximo curso.Actividades dos clubs de escritura son poesías, narraciónscolectivas, guións para curtas, etc...O reading-club, que botou a andar no curso pasado, tivocontinuidade neste curso, encargándose do mesmo a profesora deinglés de primaria.Tamén, como non podía ser doutro xeito, tivemos distintas visitasde autores promovidos dende distintas editoriais, entre as que

15

Page 18: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

destacamos a do autor e músico Paco Nogueiras, de María Canosa,Ledicia Costas, Olga Cuervo...Tamén nos enche de orgullo que David D. Vázquez Álvarez escolleseo noso centro, que tamén foi seu durante moitos anos, parapresentar o seu último libro, Brian o chinés, gañador do primeiropremio de novela curta Neira Vilas.

Outras actuacións

A nosa actividade de creación de recursos veuse moi minguada nestecurso, debido ás razóns das que temos dado constancia noutraspartes desta memoria. En moitos casos, o pouco tempo do quedispuñamos, adicámolo á migración de recursos á nova web, sentermos tempo para a creación de novos.Aínda así queremos sinalar algunhas producións en vídeo,realizadas a partires da adquisición dunha pantalla chroma, coma ovídeo feito dentro do proxecto 3b-nus sobre Eratóstenes de Cirene,o vídeo musical sobre a CDU realizado entre as clases de música ealfin, o vídeo sobre o contos dos sete cabritos, e os anunciospara a feira de proxectos de Piteas.Queremos adquirir de cara ao curso que vén unha cámara de vídeo demellor calidade da que temos, moi antiga e cunha óptica moilimitada, e dar unha maior importancia da que lle tiñamos dado atao de agora á produción de vídeos. Realmente a produción destesvídeos resultaron actividades altamente motivadoras para oalumnado e introducirse na montaxe de efectos co Chroma resultamoi interesante de cara ácomprensión da linguaxeaudiovisual.Tamén celebramos, como todos osanos, cunha participación quese achega á totalidade docentro, o mercadiño deintercambio de libros, un dosnosos xeitos de celebrar o díado libro, e que se realizouseguindo as mesmas liñasmestras que en anos anteriores,facendo distintas feirasatendendo ás idades do alumnadoparticipante, garantindo asíque os libros que poidamoscoller sexan adecuados ao nivel lector.

16

Un momento do mercadiño de intercambio de libros

Page 19: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

Neste apartado das celebraciónsdo día do Libro puidemos contarcoa colaboración de DavidVázquez, que veu contar unconto ao alumnado de sextocurso, e que foi transmitidopor videoconferencia a outroscursos do colexio, e, no nivelde infantil o alumnado foi ábeira do río Sil a ler contos.O punto de intercambio delibros no exterior do colexio,ten xa unha dinámica propia moi interesante, con xente que dendea rúa mete libros na casa para o seu intercambio e manténdose, apesares de que ninguén cría na posibilidade da súa permanencia,sen maiores estragos. Debemos, sen embargo, pensar na súarenovación ou cando menos en pintalo, xa que ao estar exposto ásinclemencias do tempo fai que a pintura xa se estea esportelando.Aínda sen realizar, pero xa con todos os elementos preparados paraa súa realización, a entrega de premios da biblioteca terá lugareste ano co peche do curso. Nesta entrega de premios (en realidadea penas uns diplomas acreditativos da súa participación)galardóase aos gañadores da olimpíada do saber, aos nenos que máislibros colleron en empréstamo, aos participantes nos clubs delectura e escritura, aos axudantes da biblioteca, aos que lencontos en “Vaille co conto ao profe”... ata un total de ao redorde 200 premios, o que dá unha idea do nivel de participación doalumnado nas propostas da biblioteca.Non quero deixar de sinalar nesta memoria o importante labor deformación realizado durante este curso, en moitos casos debido ánosa participación en novas propostas de actuacións na biblioteca(Escornabots, lectura inclusiva, lectura dixital...), ou dentro domarco do PFPPC cun curso de robótica.A nivel non formal, tamén realizamos unha intensa actividade deformación co profesorado do centro, argallando un obradoiro demontaxe de escornabots, e realizando varios mini-cursos nos queamosamos o funcionamento dalgunhas das novas adquisicións dabiblioteca (Chromecast, impresora 3D...) e a mecánica doempréstamo dixital ao través da plataforma. Dado o carácter innovador de moitas destas adquisicións enovidades e pensando tamén no profesorado que vai chegar novo aocentro, consideramos importante que esta actividade defamiliarización con estes recursos se repita de cara a vindeiroscursos, e mesmo realizar algún que outro vídeo-titorial para

17

Momento do contacontos á beira do río

Page 20: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

facilitar a posta ao día do profesorado.Tamén é de subliñar a coordinación entre bibliotecas escolares dazona. Así resulta de importancia que os centros de Valdeorras eTrives nos xuntaramos nun grupo de Traballo que se reuniu noCEFORE do Barco e que comezaramos a partillar as nosasnecesidades, a artellar propostas de traballo conxuntas (roteirosliterarios por Trives e Córgomo, xa deseñados e que levaremosadiante no vindeiro curso) e a marcarmos accións futuras, coma ocurso de encadernación que pretendemos facer para o ano que vén.

Grao de implicación do centro e da comunidadeeducativa

Como todos os anos temos que subliñar a grande implicación doprofesorado do centro á hora de colaborar participando comocoordinadores de clubs de lectura, acudindo a escoitar contos en“Vaille co conto ao profe”, a renovar as bibliotecas de aula, aparticipar nas distintas propostas de traballo que xorden dende abiblioteca, así como a animar constantemente aos nenos e nenas aparticipar nas distintas actividades da biblioteca. Unha grande parte desta implicación só se pode atribuír ao labordos mestres do Equipo de Apoio, sempre buscando voluntarios,organizando os horarios para que sexan o máis cómodos e efectivosposíbeis... Non hai dúbida de que a nosa biblioteca non sería amesma sen esta participación entusiasta do equipo.Outro punto importante é o dos alumnos voluntarios que desempeñanos labores de empréstamo, control das quendas de computadores econtrol do comportamento na biblioteca, que supera o número de 30voluntarios repartidos en 10 quendas correspondentes cos 10períodos de recreo da semana.Tamén as familias xogan un papel importante como se puido ver namemoria, acudindo a facer os empréstamos e a contar contos en “Osmartes... conto”, e mesmo participando coas obras de teatro dogrupo de nais.Así mesmo son aos pais e nais a quen vai dirixido principalmente opunto de intercambio de libros, e de feito son eles os maioresusuarios desta iniciativa.Tamén procuramos manter unhas boas relacións coa BibliotecaPública Municipal, e de feito unha das actividades do alumnado deprimeiro curso é acudir á biblioteca do concello e recibir alí oseu carné de usuario, xestionado dende o propio colexio.

18

Page 21: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

Grao de integración dos recursos da biblioteca noproceso de ensino e aprendizaxe das diversas áreasdo currículo

A biblioteca ten un importante papel polas achegas que fai para aadquisición de determinadas competencias básicas que permiten unhamellor aprendizaxe de distintas áreas do currículo.Non vamos incidir no importante papel na adquisición dascompetencias lectoras e escritoras que as actividadesdesenvolvidas dende a biblioteca teñen, así que imos centrarnosnas competencias de aprender a aprender e na competencia dixital,que se desenvolven grazas ás actividades ALFIN que axudan aadquirir bos hábitos para a selección de información, a súaestruturación e a súa expresión en diferentes soportes. Algúnsexemplos destes traballos sobre informacións realizados nas clasesde Alfin son os muros de padlet que sobre diversos temas fomoselaborando (1 2 3 4 ).A parte destas actividades específicas a biblioteca colabora coasdistintas aulas facilitando materiais e fondos para asinvestigacións dos distintos proxectos de infantil e primaria, asícomo o proxecto documental integrado que atinxe a todo o centro.

Produción de materiais

1.- Como xa comentamos este ano do Barquiño de Papel editouseunicamente un número, o que serve como boletín de inscrición daolimpíada do Saber. Estamos, arestora traballando nun número conrecomendacións lectoras de cara ao verán, que esperamos nos deatempo a rematar antes do fin do curso.2.- Colaborouse dende a biblioteca cos distintos proxectos deinvestigación, fundamentalmente na elaboración dos vídeos dos quefalamos no apartado de “outras actuacións” 3.- Realizamos a tradución ao galego do programa CURA de impresión3D, e puxémolo a disposición da comunidade.4.- Neste curso publicamos, como todos os anos, a nosa revistaescolar, Trágame Terra, adicada este ano a Mª Victoria Moreno, eonde se poden observar multitude de traballos realizados poloalumnado no que se reflicten os seus traballos de investigación,actividades de creación literaria, etc...5.- Realización dun vídeo sobre a biografía de Mª Victoria Moreno

19

Page 22: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

baseado no traballo de investigación da súa vida feito poloalumnado de 6º curso, e con debuxos do alumnado. 6.- Realizamos vídeos titoriais de montaxe dos escornabots edalgún proxecto maker ou de como programar a secuencia demovementos do robot .7.- Fixemos distintos patróns para xogar cos escornabots,referidos a elementos do currículo (cdu, serras de Galicia,educación física) ou como apoio aos proxectos (astronomía,camiñando polo concello, teño un(ha) amig@ na casa -mascotas-...)que podemos ver e descargar na páxina adicada aos escornabots danosa biblioteca.

Avaliación

Para avaliar o noso labor neste curso seguiremos os indicadoresque marcamos no proxecto do ano pasado, sempre coa intención detirar proveito deles no senso de atopar novas liñas de mellora. A nivel de empréstamos, e pese a ter que abrir a biblioteca unpouco tarde, seguimos acadando un número similar de empréstamos aode anos anteriores, e tal e como rexistramos en cursos pasados,seguimos notando un maior número de empréstamos nos niveles máisbaixos e unha redución progresiva segundo aumenta a idade doalumnado, o que non deixa de ter a súa lóxica dado o aumento detempo que supón a lectura dun libro segundo aumenta o nivellector.Tamén ten a mesma lóxica cando observamos a duración dosempréstamos e a preponderancia do uso entre os alumnos máispequenos do colexio. Por último o empréstamo lector das rapazas supera amplamente o dosrapaces, máis interesados no fútbol ca na lectura. Velaí outroreto que teremos que encarar.Fixemos a enquisa que habitualmente realizamos en google-docsinvitando a participar ao alumnado de terceiro e cuarto deprimaria, e da que puidemos extraer os seguintes datos:

20

Page 23: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

Aparecen nesta primeira gráfica as actividades preferidas doalumnado na biblioteca. Por vez primeira aparecen os escornabots eos traballos de construción con legos. É de sinalar que, a pesaresde ser os ordenadores a actividade preferida, a lectura en salaocupa un 20% das preferencias. No apartado de outras co englóbanseactividades varias como contacontos, clubs de lectura e escritura,xogos de mesa...

No apartado da enquisa en que se analizan os hábitos relativos áBiblioteca por parte do alumnado vemos que é maioritaria apresencia na biblioteca varias veces por semana, ben porempréstamo de libros, quendas de ordenadores ou para xogos demesa. Hai que pensar que esta enquisa refírese aos tempos derecreo polo que hai que valorar moi positivamente este uso que fanda Biblioteca no seu tempo de lecer.

21

Page 24: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

Nos gráficos precedentes vemos a valoración que fan de actividadespromovidas dende a Biblioteca, onde os valores 4 e 5 se refiren aBen e Moi Ben, que vemos que son maioritarios en case todas asactividades. A valoración negativa dos clubs de lectura hai queentendela dende a perspectiva de que estas respostas son dealumnado de 3º e 4º de primaria que comezan este ano a participarnestas actividades, nas que en realidade participanfundamentalmente os alumnos e alumnas de 5º e 6º. Basicamente oalumnado que votou desfavorablemente foi o que non participou dasmesmas, pero que para poder enviar o resultado da enquisa tivo quecubrir o apartado de todas as maneiras.

No tocante ás melloras necesarias na Biblioteca a grande maioría

22

Page 25: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

do alumnado fai referencia ao ruído, mellorando en xeral o restodos parámetros en relación aos resultados de anos anteriores.É certo que hai ocasións, normalmente días de choiva nos que osespazos de lecer no recreo se reducen, que a afluencia ábiblioteca se desborda e o control do ruído é moi difícil. Aíndaasí tense mellorado substancialmente o nivel de ruído, grazas engrande medida á reorganización dos cometidos dos axudantes dabiblioteca e ao establecemento dos espazos de lectura libre noexterior.

Por último se pedimos ao alumnado que faga unha valoración xeralda Biblioteca e do seu funcionamento vemos como amosan unha claravaloración positiva ou moi positiva.A pesares diso, somos conscientes de determinados problemas queteremos que mellorar, como o ruído que se indicaba nas gráficasprevias, seguir mellorando aínda máis no desempeño dos axudantes,ou en manter os xogos ordenados, aspectos que se ben reflictenunha mellora a respecto de cursos anteriores son susceptiblesaínda de mellora.No tocante as estatísticas de uso da Biblioteca o noso programa dexestión achega estes datos:

23

Page 26: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

Os empréstamos por tipo lector fálannos de que aínda sendoimportante a actividade das bibliotecas de aula (empréstamo aoprofesorado en verde) o groso dos empréstamos realízanos oalumnado dun xeito libre durante os seus períodos de lecer, o quedá unha idea do atractivo da biblioteca para o alumnado do centro.

A análise dos empréstamos por curso fálanos de que, por unhabanda, o número de empréstamos é similar ao de anos anteriores, epola outra, de que os usuarios máis asiduos da biblioteca son osdos cursos máis baixos (infantil e primeiro ciclo de primaria),feito que se vén repetindo dende hai anos e que ten a súaexplicación nas características das lecturas de cada idade, perotamén, na asiduidade no uso dos servizos bibliotecarios.Fixemos, dentro deste apartado de avaliación do noso labor, unhaanálise, empregando a ferramenta de avaliación de Inés Miret,Mónica Baró, Teresa Mañá e Inmaculada Vellosillo, referida aoapartado de necesidades e ofertas de servizos, obtendo en todosos items a valoración de Bo (D11, D12, D15 e D16) e Excelente(D13, D14). Aínda así o cuestionario nos anima a tentar melloraras nosas enquisas, introducindo a posibilidade de que os usuariosfagan suxestións persoais de melloras, aumentar tamén ainformación que chega ao profesorado con comunicacións específicaspara eles, que se farían chegar por medio da Comisión deCoordinación Pedagóxica, establecer un calendario de reunións decoordinación co departamento de orientación e fomentar que oscursos de PROA fagan un uso máis intenso dos recursos dabiblioteca. Por último teremos que realizar un esforzo paraofertar recompilacións de recursos na internet, apartado que pordistintas razóns aínda non se fixo.

24

Page 27: Memoria PLAMBE curso 2017-2018 · apoio permitiu manter unha actividade case normal en medio da trasfega na que nos vimos envoltos. Aínda así resentíronse algunhas actividades,

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2017-2018

Previsións de futuro

As previsións de futuro da nosa biblioteca están polo tanto,determinados pola nosa participación en LIA-2, e a nosa decisiónde afianzar determinadas actividades postas en marcha neste curso:

• Mellorar os espazos de lectura distendida no exterior dabiblioteca como medio de reducir o ruído nos recreos

• Instalación dun servizo de impresión a través da Wifi daBiblioteca.

• Expurgo de materiais deteriorados, tanto en fondos deliteratura (os libros informativos xa o teñen realizado) comoen xogos educativos.

• Fomento do uso didáctico do espazo da biblioteca para asinvestigacións das distintas aulas, facilitándoo co novo“andel dos proxectos”, móbel expositor onde centralizaremosos recursos documentais para os proxectos en marcha.

• Instalación de novas iconas identificadoras das materias doslibros e dos andeis, especialmente aqueles referidos aosfondos de lectura fácil, para que se faga máis doada a súalocalización.

• Posta en marcha do Reto Fochiqueiro, proposta de traballo coafilosofía maker no que imos propor un reto trimestral quesupoña a elaboración dalgún obxecto manual.

• Continuar incidindo nas actividades de programación conScratch, e seguir fomentando actividades de robótica.

• Desenvolvemento dos clubs de lectura dixital empregando aPlataforma de empréstamo dixital e capacitación para un usoautónomo da mesma.

• Seguiremos tamén desenvolvendo ALFIN en 4º e 6º.• Mellorar a coordinación co departamento de orientación

establecendo un calendario de reunións estable.• Realizar recompilacións de recursos dixitais.• Mellorar as enquisas introducindo a posibilidade de

suxestións de mellora por parte dos usuarios.Queremos que a nosa biblioteca se instale definitivamente noséculo XXI, aproveitando os recursos tecnolóxicos máis novos, senrenunciar ao mundo analóxico. Queremos que a nosa biblioteca sexainclusiva, que facilite a participación de todos e todas, e queentre nunha dinámica de renovación constante, de participación enproxectos innovadores explorando novos xeitos de acadar unsusuarios críticos que sexan quen de extraer coñecemento dosrecursos que lles ofrezamos.

25