22
Memoria PLAMBE curso 2020-2021 Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa cod. 32015116 O Barco de Valdeorras (Ourense)

Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Memoria PLAMBEcurso 2020-2021

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosacod. 32015116

O Barco de Valdeorras(Ourense)

Page 2: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Táboa de contidosGrao de cumprimento dos obxectivos..................................................................................................1Horario do encargado da biblioteca escolar.........................................................................................1Actividades desenvolvidas, accións, procedementos e recursos..........................................................3

Temporalización inicial....................................................................................................................3Desenvolvemento das actividades........................................................................................................3

Actuacións en relación coa organización e xestión.........................................................................3Actuacións en relación coa dinamización da biblioteca e promoción dos recursos da biblioteca, coa súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado.................................................................................................6Actuacións en relación coa formación de usuarios e educación para o acceso á información (Educación Documental).................................................................................................................9Actividades en relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do Proxecto Lector do Centro.............................................................................................................................................11Outras actuacións...........................................................................................................................12

Grao de implicación do centro e da comunidade educativa...............................................................14Grao de integración dos recursos da biblioteca no proceso de ensino e aprendizaxe das diversas áreas do currículo...............................................................................................................................14Produción de materiais.......................................................................................................................15Avaliación...........................................................................................................................................15Previsións de futuro............................................................................................................................17

Page 3: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

Grao de cumprimento dos obxectivos

As circunstancias nas que se desenvolveu o traballo da Bibliotecadurante este ano foron ben difíciles, xa que como tod@s sabemos, aimplantación dos protocolos anti-Covid supuxeron unha modificaciónradical do funcionamento do servizo da biblioteca escolar.A aplicación de determinadas medidas supuxeron a eliminacióndalgunhas das nosas actividades máis queridas, a modificaciónprofunda doutras e un cambio de paradigma doutras.Con todo, a pesares das dificultades e limitacións que supuxo oprotocolo sanitario, sempre haberá factores dos que tirarensinanzas proveitosas, e esta situación non podía ser menos.Entre as actividades que houbo que eliminar das actividadeshabituais da biblioteca temos o traballo dos axudantes debiblioteca, os contacontos dos martes nos que participaban asfamilias do noso alumnado, moitas das actividades relacionadas coabiblioteca creativa (reto fuchiqueiro, lego we-do, panel Lego...).Tamén houbo que transformar moitas das actividades que supuñanrachar coas agrupacións burbulla das distintas aulas para que sepuidesen organizar baixo os criterios organizativos que marcabanos protocolos sanitarios.Con todo houbo algúns apartados nos que os protocolos beneficiaronás actividades da biblioteca, como por exemplo na lecturasilenciosa, as mochilas viaxeiras ou a promoción da lectura ensoporte dixital ao abeiro do programa ELBE-2.Agora pasaremos a analizar polo miudo cada un dos epígrafes destamemoria de actividades, e tentaremos valorar criticamente as nosaseivas e acertos de cara ao traballo no vindeiro curso. En todocaso, e como resumo deste ano atípico, queremos salientar omantemento da actividade da biblioteca e a disposición do Equipo,do claustro e dos usuarios a que segundo poidamos ir recuperando onoso funcionamento normalizado, volver rapidamente ao mesmo.

Horario do encargado da biblioteca escolar

O encargado da biblioteca foi Xoaquín C. Freixeiro Álvarez, querealiza tamén as funcións da dirección (con carácterextraordinario neste curso 20-21) e coordinación TIC. Dado que o noso centro está inmerso en múltiples proxectos deinnovación educativa (Abalar, Edixgal, axenda21, PFPPC...) e que

1

Page 4: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

todos estes requiren a súa intervención, non sería posíbel quetodo o peso da biblioteca descansase sobre unha única persoa, asíque contamos cun equipo de apoio á biblioteca conformado por unequipo estable de profesorado, ao que todos os anos se suma algúnmestre provisional con ganas de traballar e traer novas propostasá marcha da biblioteca.Este equipo organiza os clubs, a organización da olimpíada,enfeita a biblioteca e realiza a entrega de diplomas e premios aofinal do curso.Tamén participa nas actividades de formación, como a que dentro doseminario de bibliotecas de Valdeorras e Trives se realizou esteano coa temática da ilustración de libros, e no desenvolvementodos proxectos de investigación que no marco do SEMGAL se realizanno centro.Este ano o Equipo de Apoio á Biblioteca estivo constituído por:

Ensino Infantil Sonia González Patricia Montero

Primeiro Ciclo Mercedes Gallego Xoaquín Freixeiro

Segundo Ciclo Mª Carmen García Manuela Álvarez

Terceiro Ciclo Concepción MoldesMª Nuria Fernández

DepartamentoOrientación

Lucía Minguillón

A presencia de membros do equipo de biblioteca en cada un dosequipos e departamentos fai que sexa doado transmitir asiniciativas da biblioteca ao resto do profesorado do centro, asícomo dotarnos dun potente feedback sobre a valoración de cadaactividade e poder deste xeito adoptar as medidas correctorasindicadas.O horario de dedicación á Biblioteca é o seguinte:

10:00-10:45 Recollida dos empréstamos polas clases, devolución dosexemplares e colocación nos andeis dos exemplares quexa cumpriran a corentena.Catalogación de novos exemplares

11:30-12:20 Empréstamos, ordenadores (en dúas quendas)

2

Page 5: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

Tamén existe un horario asignado a cada aula en horario lectivopara o uso da biblioteca en tarefas de investigación.

Actividades desenvolvidas, accións, procedementos e recursos

Temporalización inicial1º Trimestre 2º Trimestre 3º Trimestre

Xestión

Reorganización dos espazoscatalogación dos novos fondosCapacitación do profesorado no programa de xestión.

Instalación de novo mobiliarioCatalogación dos novos fondos

Catalogación dos novos fondos

Formación de usuari@s

A CDU Traballos documentais Traballos documentais

Educación Documental

Olimpíada do SaberImpresión 3D

Programación con ScratchDeseño Escornabots

Promoción da lectura

Radio na BibliocLubs de lecturasLectura silenciosaDinochilasBibliotecas de aulaEmpréstamo

Radio na BibliocLubs de lecturasLectura silenciosaDinochilasBibliotecas de aulaEmpréstamoInterecambio de libros,

Radio na BibliocLubs de lecturasLectura silenciosaDinochilasBibliotecas de aulaEmpréstamos

Desenvolvemento das actividades

Actuacións en relación coa organización e xestión.

Nos anos anteriores estivemos dotando de múltiples equipamentos ánosa biblioteca, pero tiñamos un grave problema de espazo. Osandeis para albergar a colección roubábanos un espazo necesariopara a deambulación e que facía que a versatilidad que queríamoster na mesma non se acadara.Este ano acometemos unha reforma en profundidade destes elementos,mercando uns andeis específicos para biblioteca que, xunto a unespurgo ben planificado, nos permitiu dispor dun espazo amplo ediversificado na segunda sala do que arestora podemos gabarnos.Tamén as restricións de aforo da biblioteca nos obrigaron aeliminar algunhas mesas da primeira sala da mesma. Ao tempomercamos unhas mesas específicas para os postos de ordenadores queocupan moito menos espazo que o que tiñamos ata o de agora, ao

3

Page 6: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

tempo que mercamos unha mesa para a xestión moito máis integradaesteticamente co resto da biblioteca. Consideramos que candorematen as medidas anti-covid non se debería volver a encher comesmo mobiliario este espazo, xa que ten demostrado que é amplodabondo para as nosas necesidades e nos permite dotar á bibliotecadunha estrutura que facilita a mobilidade ao tempo que dá unhasensación de amplitude que invita a traballar nela.

Aquí pódese apreciar a comparación na reestruturación do espazo

Así mesmo, e dado que se pretendía dispor de espazos diáfanos,tivemos que recorrer á “colonización” dos espazos adxacentes ábiblioteca, corredor externo e entrada, para convertelos enlugares onde se sitúan espazos de lectura distendida, exposiciónde novidades e zona de almacenamento dos empréstamos.Tamén acometemos a insonorización e reforma da estación de radio.Para iso colocamos unhas pranchas dun material especial para ainsonorización de estudos de gravación, e colocamos nela os andeisretirados da biblioteca para gardar o material que se gardaba naaula antes da súa transformación en estudo de gravación. Así mesmorenovamos os micros e auriculares por un equipamento de calidadeprofesional. O resultado, a parte de mellorar a calidade das nosasgravacións, ten un atractivo grande para @s nen@s, que sinten dunxeito moito máis marcado a impresión de estar nun estudo serio enon nun recanto máis do colexio.En canto á organización dos fondos da Biblioteca e á súasinalización, decidimos abandoar a separación dos fondos encastelán e galego, atendendo a indicacións da asesoría, esegregamos para un andel especial os fondos de cómics, aos queidentificamos cunha etiqueta propia, co que conseguimos aumentardun xeito bastante importante os empréstamos deste tipo dedocumentos. Pensamos que a separación de fondos segundo o idioma

4

Page 7: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

dos documentos era unha boa estratexia que nos permitiu nestesanos acadar unha igualdade de rexistros en ambas as dúas linguas,pero a día de hoxe carece de sentido ter divisións por nivellector e linguas, provocando máis incertidumes á hora de accederaos fondos que beneficios no que atinxe á promoción da lectura engalego.En canto á dotación de ordenadores seguimos contando con dousordenadores de xestión, un para empréstamo e outro para tarefasrelacionadas coa impresión 3D e audiovisuais, 4 portátiles parauso do alumnado e 13 tablets convertibles para o uso con gruposclase en tarefas de procura da información.Aínda así estamos pensando nanecesidade de renovar os catroportátiles aos que faciamosreferencia, xa que o usointenso que se lles dá fai quenecesiten ser substituídos.Tamén queremos incorporar, e defeito están mercadas aínda quenon postas a disposicións d@susuari@s xa que nos fallan asfundas protectoras, unhastablets que permitan tamén oacceso a internet pero cun usomáis libre por todo o espazo dabiblioteca.A pantalla Chromecast, así comoos 13 convertibles e o router wifi, forman parte do noso plan deconverter a biblioteca nun lugar de traballo de colaboración, xaque os traballos de cada tableta poden enviarse e compartirse aotravés da pantalla co Chromecast. Este ano os convertibles taménforon empregados fóra da biblioteca polas clases de infantil enactividades de iniciación á informática, xa que valoramos quedadas as limitacións de mobilidade que había no centro esteequipamento podía acudir ás aulas evitando deambulacións doalumnado polos corredores do centro.A zona maker sufriu moito as restricións do protocolo, e así houboque desbotar o uso dos legos e da robótica (Lego WeDo eEscornabots). De cara ao vindeiro curso pensamos que xa se poderánir empregando, se ben con certas limitacións e cun período decorentena dos materiais entre usos por diferentes usuarios. Tamén queremos retomar os retos fuchiqueiros, aínda que o materialpara facelos terá que ser almacenado en lugar seguro e serentregado só para uso individual, e non como o ano pasado onde se

5

Aspecto do recuncho dos ordenadores

Page 8: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

deixaba o material nunha caixa común de onde cada usuario collía oque lle era necesario para a realización do reto.A chegada dos escornabots foi moi ben acollida polo alumnado e xavai sendo empregada polo profesorado en distintas actividades, ecomo apoio ao traballo dos proxectos. Mercamos un pequeno armariopara gardar pezas de reposto dos robots e promovemos a elaboraciónde distintos tipos de plantillas e xogos por parte do alumnado.Desta actividade falaremos máis adiante, xa que foi moienriquecedora e fonte de motivación para a aprendizaxe do manexode programas de manipulación de imaxes (GIMP).Tamén a impresora 3D foi empregada para a realización de"chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6ºcurso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando aplataforma online de Tinkercad que foi impreso na impresora. Senembargo a fabricación de materiais didácticos quedou parada xa queao non se poder compartir nos pareceu máis axeitado imprimir sómaterial individual.Tamén queremos sinalar a adquisición dunhas graderías móbiles eque permiten un uso moi diverso, das que esperamos tirar un granproveito en canto poidamos volver a realizar actividadescolectivas na biblioteca, pois xa agora, coas restricións de aforoe as quendas de uso se lle están tirando moi bos usos.A cámara de vídeo e a pantalla chroma, neste ano en quepracticamente todos os actos do centro se fixeron online, tivo unuso moi estendido, favorecendo que moitas clases acudisen arealizar os seus traballos, actuacións e exposicións á biblioteca.A nosa idea é fomentar para o ano algunhas actividades decontacontos e de booktubers, que este ano estiveron paradas, epara as que nun principio pensamos en adquirir estes recursosaudiovisuais.Pola súa banda, os axudantes da biblioteca, este ano desapareceroncase totalmente. As condicións non eran as axeitadas para queningún alumn@ compartise espazo con clases distintas da súa oumanipulase materiais que tocaran previamente outr@s nen@s. Pasadoo ecuador do curso, e segundo se ían coñecendo máis datos dapandemia e do seu xeito de transmisión, algúns nen@s comezaron noscursos altos a tomar certas responsabilidades na xestión dabiblioteca (control de quendas de ordenadores, reparto de xeldesinfectante...) pero sen que isto se asemellase para nada ássúas funcións habituais. Para nós esta é a gran mágoa que nosqueda deste curso, e é, dende logo, un dos puntos que nos gustaríaretomar xa que o consideramos un elemento esencial da nosabiblioteca.

6

Page 9: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

Actuacións en relación coa dinamización da biblioteca epromoción dos recursos da biblioteca, coa súa integraciónno tratamento do currículo e a súa contribución aodesenvolvemento das competencias básicas do alumnado.

Como todos os anos mantemos o sistema de empréstamos pero nunhascondicións moi distintas ás habituais. Polo de pronto o protocolofixo que o recreo do mediodía desaparecese (pasamos a ter xornadaúnica para evitar o recreo, incontrolable a nivel de garantir aestanqueidade dos grupos burbulla, do mediodía) e que no da mañáno acceso á biblioteca se fixera por quendas de aulas. Tamén serestrinxiu a posibilidade de pasar un rato pola biblioteca e logosaír ao patio de xeito libre, polo que o uso da bibliotecadiminuiu drasticamente. Sen embargo valoramos positivamente que semantivese o uso da mesma, e que deste xeito, aínda que nun númerosignificativamente inferior a anos anteriores, permanecese abertaa posibilidade de realizar empréstamos libres dos fondos dabiblioteca. Os libros devoltos permaneceron en caixas pechadas para pasar acorentena preventiva, e o traballo de devolución dos mesmos tivoque se adiar ao día seguinte. Daquela cando @s nen@s devolvían osseus libros resultaba que non podían facer empréstamos novos porter cuberto o cupo de exemplares, polo que decidimos ampliar onúmero de empréstamos a 6 para que puidesen facer os empréstamossen problemas. Tamén tivemos que reducir o número de aulas que acudían ábiblioteca no recreo, tendo que eliminar aos infantís de 5 anos emáis ao primeiro de primaria, xa que ao ter só 5 días de uso estesse ocuparon polas clases de 2º a 6º. Decidimos entón ampliar oprograma de mochilas viaxeiras (as dinochilas con cinco libros delectura axeitados ás idades dos usuarios) a estes cursos que nontiñan quenda para o empréstamo libre. As dinochilas viaxaron osluns ás casas e volveron ao colexio os venres, para pasar na finde semana a corentena, e ser entregada cada unha a un novo usuariono luns seguinte. Temos que valorar moi positivamente a actividadedas dinochilas, que nos permitiu garantir un nivel de lecturas enfamilia moi importante.No que atinxe a “O Barquiño de Papel”, o boletín da biblioteca,non fomos quen de editalo coa frecuencia que se debía. A pandemiadesaconsellou facer a edición de papel e só se fixo unha edicióndixital, e a verdade é que non tivo a repercusión que esperabamos,polo que, a falla dun feed-back positivo, simplemente decidimos

7

Page 10: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

deixar de empregar esforzos poucorendibles nel. Para o vindeiro cursoesperamos recuperar o ritmo de edición eas seccións que establecemos xa o anopasado. Como novidade deste anopropuxemos un reto de programación conscratch, que a pesares da pouca difusiónque acadou, conseguiu enganchar a algúnsalumnos. Velaquí tedes o enlace aoBarquiño do mes de outubro, coaactividade de DinoBot que vos comentamos.No exterior da biblioteca, no corredorque lle dá acceso, temos un espazo paraas exposicións de novidades e outras decarácter temático, relacionadas coascelebracións anuais, e que actúa coma unpotente reclamo para o empréstamo e parafamiliarizar, no caso das novidades, cosnovos fondos que se van adquirindo ao longo do ano. Neste anodadas as restricións para a deambulación as exposicións denovidades e temáticas non tiveron, aínda que se continuaran afacer, o público e a atención que nos gustaría que tivesen. Contodo como sinalamos estiveron aí e cumpriron a súa función se benun tanto devaluada.As Bibliotecas de Aula, tanto para a lectura silenciosa como paraapoio dos proxectos de investigación, fórmanse con fondos enempréstamo da Biblioteca escolar, realizados a nome do profesortitor da aula. Deste xeito acadamos que a escolma de texto sexaaxeitada á idade e nivel lector dos alumnos e alumnas concretos.Estas bibliotecas renóvanse unha vez por trimestre cando menos,asegurando así lecturas novas e motivadoras. Como as posibilidadesde empréstamo persoal e libre, tal e como se explicou, nonresultaban tan doados como en anos anteriores, os titores deprimaria ampliaron a dotación das bibliotecas de aula e permitironrealizar empréstamos dos títulos para levar ás casas.Tamén as bibliotecas de aula renovan a dotación de materiaisespecíficos (o corpo humano, zooloxía, máquinas...) segundo ostemas tratados no temario de sociais e naturais, axeitándose atemporización dos temas curriculares que se desenvolven nasclases.O blog xa está definitivamente en Drupal, dentro do espazo docolexio, se ben cun estilo distinto ao resto do espazo web.Optamos, fronte ao formato antigo onde todos os contidos seamosaban nunha única páxina, por dividir en distintas seccións as

8

O reto de programación no Barquiño de Papel

Page 11: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

temáticas do blog, tendo así localizacións específicas debooktubers, Escornabots e impresión 3D, clubs de escritura,contacontos, radio escolar, reservando a páxina da bitácora para oanuncio de actividades, efemérides, etc... Como materia pendente temos o feito de non acadar aínda unhaparticipación grande a través dos comentarios. Se ben é certo queo noso alumnado non é de moita idade o que dificulta a súaparticipación, tentaremos facilitar a interacción para ver demellorar este apartado.Dino Radio conta cun apartado dentroda web da biblioteca(http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcondesafenosa/taxonomy/term/65)para subir os podcasts que imosgravando. O estudo de gravación xa seinstalou no ano pasado nunha aulaadicada a almacén de materialdidáctico e empregada asemade comoaula para desdobre e apoios.Renovamos o equipamento de micrófonose auriculares por uns dunha maiorcalidade e instalamos nas paredes doestudo un illamento acústico queevita as reverberacións e quemellorou bastante a calidade das gravacións. Tamén decidimos facerunha programación mensual asignando a cada clase un tema sobre elque trabajar para preparar sus intervenciones. Con estaestratexia conseguimos aumentar a participación no programa detodas as clases e aumentar a periodicidade dos programas.Decidimos estruturar os programas cunha serie de seccións fixascentradas en actividades da biblioteca: "leo leo! ti que les?",coa temática dos clubs de lectura, "Entrevistando a...",entrevistas a personaxes (mestres, nen@s, visitantes...), "Olaboratorio", espazo para expoñer as investigacións realizadas nodecurso dos proxectos, "Música, mestre!", espazo para asrealizacións musicais dos distintos cursos, e, finalmente, "Osnosos autores en voz alta", espazo no que un alumno ou alumna nosle a lectura que facemos os venres para todo o centro.Non descartamos ir engadindo outras seccións (humor, efemérides,espazo maker...).

9

Captura de pantalla da sección de DinoRadio na web da Biblioteca

Page 12: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

Actuacións en relación coa formación de usuarios eeducación para o acceso á información (EducaciónDocumental)

Na aula virtual do centro contamos cunha serie de actividadesrelacionadas coa biblioteca, dispoñendo de varios cursos: A guerraque mudou o mundo (eXelearning), ALFIN (materiais para o traballoda materia de Alfabetización en Información), Procuras do Tesourodas Letras Galegas (contribucións da Biblioteca á celebración dodía das letras galegas), Proxecto Documental Convivimos (no que serecollen os materiais elaborados ao longo do proceso deinvestigación do Proxecto Documental) e Materiais para a Formaciónde Usuarios (que se corresponde co primeiro curso que elaboramosen anos pasados). Como todos os anos realizáronse actividades deformación de usuarios con este material. Tamén se realizaron actividades relacionadas co coñecemento dasrealidades científicas ao redor do coronavirus, situada na páxinaweb da biblioteca.Tamén dende a propia aula virtual realizamos este ano a actividadeda Olimpíada do Saber xa que o sistema habitual, cunhas papeletasde participación que se depositaban nunha urna, non se axustaba ásnormas do protocolo sanitario. Tampouco se fixeron equipos e aparticipación foi de xeito individual. O sistema de puntuación, nocanto de puntuarse de xeito decrecente segundo o día dacontestación a unha única pregunta, desta volta se realizaron unhaserie de preguntas relacionadas e as variacións nas puntuacións sefixeron en función do número de respostas atinadas por cada seriede preguntas.Na web temos unha viaxe interactiva na Biblioteca, realizada cunhacámara de 360º e aloxada en Poly de Google. Este servizo dealoxamento seica vai deixar de existir, polo que teremos quebuscar novas alternativas para que esta viaxe que permite coñeceras nosas instalacións siga activa. A parte temos que cambiar asfotografías existentes, xa que a disposición da biblioteca, tal ecomo se comentou no primeiro apartado desta memoria, cambiouradicalmente.No que atinxe aos Proxectos seguimos como en anos anteriores senpropoñer un proxecto común para o colexio xa que as distintasaulas están a traballar en proxectos de nivel ou específicas paracada aula, e nós dende a biblioteca apoiamos a todos estesproxectos. Na liña SEMGal (Escola inclusiva e atención ádiversidade) implementaronse nas aulas un total de 6 proxectosbaseados no modelo de aprendizaxe SEM buscando a innovación e

10

Page 13: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

sobre todo a adaptación á situación sanitaria que nos tocou vivir,especialmente adaptando os proxectos á ensinanza mixta, da quetivemos que botar man nalgúns casos. Estamos moi satisfeitos cos resultados de todos estes proxectos edo papel que neles xogou a biblioteca, facilitando materiais erecursos, realizando minicursos para ensinar a citar concorrección as fontes empregadas...Un papel importante na educación documental téñeno tamén oscomputadores da biblioteca, nos que o alumnado usuario pode faceras súas procuras, ben no seu tempo de lecer ou ben no marco dostraballos de aula.A Pizarra Dixital Interactiva, a pantalla Chromecast de Smart e astabletas híbridas que se adquiriron son un equipamento que noutrosanos se usaron máis intensamente que este que estamos a rematar.Sin embargo isto non quere decir que as estratexias de traballocolaborativo que nos permiten estes equipamentos fosen abandoados,pola contra temos desenvolto proxectos nas aulas de 6º curso nomarco das materias de Alfin e Ciencias Sociais de varias Wikiscoas que acadamos que o alumnado fose descubrindo as inmensasposibilidades do traballo colaborativo online, sendo este unrecurso que queremos seguir a traballar no futuro. Do anterior se deduce que continuamos tendo como materia de libredisposición Alfabetización en Información, tanto en 4º coma en6º, co que traballamos a CDU, a colocación dos libros nabiblioteca, a procura na OPAC e a localización dos fondosatopados. Así mesmo traballamos sobre textos extraendoinformacións, elaborando sínteses, esquemas, cadros sinópticos ereelaborándoos. Asemade procuramos o desenvolvemento dehabilidades de busca da información, tanto a nivel de documentosimpresos como dixitais, mediante a realización de proxectos deinvestigación.Paralelamente traballamos as linguaxes de programación con Scratche blockly games, e fixemos deseños 3D empregando Tinkercad e taménun obradoiro de deseño de xogos para o escornabot co que nosadentramos no manexo de programas de manipulación de imaxes (GIMP)e programas de deseño con gráficos vectoriais.

11

Page 14: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

Actividades en relación co fomento da lectura e codesenvolvemento do Proxecto Lector do Centro.

A lectura silenciosa, un clásico do noso centro que valoramos engrande medida pola súa achega ao desenvolvemento do hábito lector,viuse beneficiado polo protocolo anticovid. Ao facerse o recreopor quendas, a clase paralela á que estaba no patio, quedaba naclase lendo durante un período de 25 minutos, dez máis que o quese viña facendo ata o de agora.Si que houbo un elemento que se perdeu desta actividade, xa que osvernes se facía unha actividade chamada "Os nosos autores en vozalta", na que os nenos e nenas dunha clase visitaban o resto dasaulas do centro para ler algún poema ou un breve relato de autoresgalegos. Esta actividade dende logo escapaba dos requerimentos doprotocolo sanitario ao rachar coa estanqueidade dos gruposburbullas polo que houbo que suprimila, pero no futuro esperamosque segundo se vaian relaxando as restricións asociadas á pandemiapoidamos recuperar esta actividade.Tamén a mesma sorte, e polas mesmas razóns, tiveron actividadescomo "Vaille co conto ao profe" e "Os martes... Conto". Aínda asías compras de materiais para realizar estas actividades (contostroquelados, libros obxecto...) continuaron durante este cursoporque, do mesmo xeito que na lectura dos venres, pensamos retomarestas actividades polo que teñen, non só de promoción da lectura,se non de elemento cohesivo da comunidade escolar do noso centropola participación das familias nelas.Tamén se perderon este ano os apadriñamentos lectores e oscontacontos dos maiores, pero para compensar estas perdas si quepodemos valorar moi positivamente o funcionamento dos clubs delectura e escritura. Funcionaron clubs de lectura (tres deles enlingua inglesa) e de escritura pero cunhas características moidiferentes dos clubs de anos anteriores, xa que foron realizadosdentro dos grupos burbullas, empregando unha das sesións adicadasá lectura silenciosa. Os readings clubs que acabamos de mencionar foron levados adiantepolas profesoras de inglés do centro e máis a lectora que temospor sermos centro plurilingüe. Adquirimos, a máis dos libros quexa posuïamos para os clubs, dez novos exemplares de cinco novostítulos, co que cremos que estaremos ben preparados para que estesclubs sigan funcionando o vindeiro curso.A respecto do proxecto ELBE-2 queremos sinalar a mellora no seufuncionamento con respecto a anos anteriores. Este cursodispuxemos dos usuarios e contrasinais para o alumnado nos

12

Page 15: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

primeiros días do curso, o que nos permitiu explicar ofuncionamento da plataforma ao comezar o primeiro trimestre. Taménquero sinalar que algún problema que tivemos por perda dalgúncontrasinal foi resolto dende a Asesoría cunha celeridadeexemplar. Ao comezo do curso, como dixemos, explicamos nas clasesde 4º a 6º o funcionamento da plataforma, e animamos aos rapaces erapazas a que usasen este servizo para acceder aos títulos quepodían ler durante a lectura silenciosa. Polas consultas que nosfixo o alumnado e máis polos comentarios dos compañeir@s titor@sdestes cursos, sabemos que houbo un maior uso a respecto de anosanteriores. Tamén nos consta que nas casas houbo alumnado que fixouso dos empréstamos dixitais para ler.Temos que sinalar que o emprego que se fixo foi sempre de lecturaen liña, e non se descargaron os libros para ler en dispositivostipo e-reader, xa que este proceso, coaID de Adobe para xestionar o DRM,resulta demasiado complexo, ao nosoparecer, para que o realice alumnado daetapa de primaria.No que atinxe ás visitas de autores,como resulta claro polas limitacións dosprotocolos, non houbo ningunhapresencial, pero si contamos con algúnencontro virtual, como o concertovirtual con Paco Nogueiras promovidopola editorial Kalandraka que se vaidesenvolver neste final de curso. Tamén, coas limitacións de mobilidadepolos corredores do centro, asexposicións temáticas non foron tanvisitadas e consultadas como noutrosanos, ora ben, nós seguimos a montalas eseguiron a ter un pequeno público.

Outras actuacións

A cámara de vídeo, da que xa fixemos algunha referencia nestedocumento, tivo un uso bastante estendido, xa que moitas dasactividades que realizamos neste curso tiveron un carácter virtuale na elaboración dos mesmos empregamos este equipamento.Tamén celebramos, como todos os anos, cunha participación que seachega á totalidade do centro, o mercadiño de intercambio de

13

Aspecto dunha das exposicións de libros, neste caso o do Día da Muller

Page 16: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

libros, se ben do mesmo xeito que o resto das actividades,condicionado polas medidas anticovid. Así o mercadiño celebrouseno ámbito das distintas clases, deixando un tempo de corentena doslibros antes de realizar o intercambio. Polo resto, o proceso foisimilar a edicións anteriores, editouse un dólar coa efixie deXela Arias que servía de moeda de cambio dos distintos libros.Durante unha serie de días expuxéronse nas clases os libros daactividade, e o día do intercambio cada nen@ puido recoller olibro da súa elección a cambio do billete que recibiu ao traer oseu libro de intercambio. Non resultou tan animado como enedicións anteriores pero valoramos en gran medida manter ata certograo a normalidade das nosas actividades normais.

O punto de intercambio de libros no exterior do colexio, houbo quesuprimilo por non cumprir coas medidas sanitarias actuais. A entrega de premios da biblioteca non se realizará co seucarácter presencial, pero tentaremos dar uns agasallos virtuais aoremate do curso a tod@s @s alumn@s que participaron nasactividades propostas dende a Biblioteca.Non quero deixar de sinalar nesta memoria o importante labor deformación realizado durante este curso, tanto en PFPPs onde osintegrantes do equipo achegamos información sobre a didáctica dasWikis e JClic, como no marco do seminario de bibliotecas escolaresde Valdeorras e Trives onde varios membros do Equipo de Apoio daBiblioteca realizamos un curso de ilustración moi interesante,traballando sobre textos do Libro dos Moradores de Darío XohanCabana, quen cedeu os seus textos para o seminario e mesmo acudiuá sesión virtual final onde puido ver os traballos realizados enbase aos seus escritos. Este seminario, que leva funcionando xa 5 anos, está dando unsfroitos moi interesantes, e en concreto esta actividade dailustración, queremos darlle continuidade nunha nova edición do

14

Aspec to dun dos mercadiños de intercambio que funcionaron este ano

Page 17: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

mesmo para o vindeiro curso escolar.Froito desta actividade decidimos de cara ao día do libro propoñerás distintas clases do colexio a realización dun conto colectivocoa súa correspondente ilustración. Os participantes do seminariofomos polas distintas clases e explicamos varias técnicas para odeseño das ilustracións que acompañaron aos contos, e que foronexpostos no corredor da biblioteca e na Web da mesma. Taménrealizamos un cómic sobre a biografía da autora homenaxeada no Díadas Letras Galegas Xela Arias.A nivel non formal, tamén realizamos unha intensa actividade deformación co profesorado do centro, realizando varios mini-cursosnos que amosamos o funcionamento dalgúns equipamentos dabiblioteca (Chromecast, impresora 3D...), as funcionalidadesbásicas do programa Abies e a mecánica do empréstamo dixital delibros ao través da Biblioteca Dixital. Consideramos importante que esta actividade de familiarización conestes recursos se repita de cara a vindeiros cursos, e mesmorealizar algún que outro vídeo-titorial para facilitar a posta aodía do profesorado.

Grao de implicación do centro e da comunidadeeducativa

Como todos os anos temos que subliñar a grande implicación doprofesorado do centro á hora de colaborar participando comocoordinadores de clubs de lectura, renovando as bibliotecas deaula e xestionando con elas os empréstamos ao alumnado paliando aslimitacións que o sistema de quendas no uso da biblioteca impuso,participando nas distintas propostas de traballo que xurdirondende a biblioteca, así como animando constantemente aos nenos enenas a participar nas distintas actividades da biblioteca. Unha grande parte desta implicación só se pode atribuír ao labordos mestres do Equipo de Apoio, sempre buscando voluntarios,organizando os horarios para que sexan o máis cómodos e efectivosposíbeis... Non hai dúbida de que a nosa biblioteca non sería amesma sen esta participación entusiasta do equipo.Outro punto importante é o dos alumnos voluntarios que a pesaresdas limitacións que este ano tiveron, mostraron sempre o seudesexo de colaborar na xestión da biblioteca, e que como xaexpuxemos noutros epígrafes, esperamos que en breve se poidanincorporar asumindo aos poucos os labores que viñan facendo enanos anteriores.

15

Page 18: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

Tamén queremos que as familias volvan xogar o papel destacado quetiñan na vida da Biblioteca. Valoramos en grande medida o traballoque fixeron coas Dinochilas, pero queremos volver a velos contaras súas historias na Biblioteca, representando contos co seu grupode teatro, ou simplemente visitando a biblioteca nos horarios deuso fóra do horario lectivo.Por último subliñar o noso desexo de reestablecer as nosasrelacións coa Biblioteca Pública Municipal.

Grao de integración dos recursos da biblioteca noproceso de ensino e aprendizaxe das diversas áreasdo currículo

A biblioteca ten un importante papel polas achegas que fai para aadquisición de determinadas competencias básicas que permiten unhamellor aprendizaxe de distintas áreas do currículo.Non vamos incidir no importante papel na adquisición dascompetencias lectoras e escritoras que as actividadesdesenvolvidas dende a biblioteca teñen, así que imos centrarnosnas competencias de aprender a aprender e na competencia dixital,que se desenvolven grazas ás actividades ALFIN que axudan aadquirir bos hábitos para a selección de información, a súaestruturación e a súa expresión en diferentes soportes.Algúns exemplos son as actividades relacionadas coa CDU e sobre o proxectode traballo sobre o Coronavirus.Tamén queremos destacar as tarefas de aprendizaxe da linguaxe deprogramación Scratch realizadas polo alumnado de 4º no marco dasclases de alfabetización en Información.A parte destas actividades específicas a biblioteca colabora coasdistintas aulas facilitando materiais e fondos para asinvestigacións dos distintos proxectos de infantil e primaria, asícomo o proxecto documental integrado que atinxe a todo o centro.

Produción de materiais

1.- Como xa comentamos a edición do Barquiño de Papel este anotivo unha caída e só se fixo un número en formato dixital.2.- Colaborouse dende a biblioteca cos distintos proxectos deinvestigación.

16

Page 19: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

3.- Neste curso publicamos, como todos os anos, a nosa revistaescolar, Trágame Terra, adicada este ano a Xela Arias, e onde sepoden observar multitude de traballos realizados polo alumnado,actividades de creación literaria, etc...4.- O alumnado de sexto dentro da clase de Alfabetización enInformación realizou distintos patróns para xogar cos escornabotsque pasaron a incorporarse ao material da Biblioteca Creativa. 5.- Realizáronse distintos xogos en Scratch.

Avaliación

Para avaliar o noso labor neste curso non imos seguir osindicadores marcados, posto que a práctica totalidade deles seríaninadecuados para a valoración da actuación da Biblioteca.Daquelas imos ir falando e avaliando a nosa actuación nosdistintos ámbitos, dando unha valoración máis cualitativa quecuantitativa das distintas actividades.No que atinxe aos empréstamos estes reducíronse enormemente no querespecta aos realizados de xeito libre na biblioteca. Foronsubstituídos polas Dinochilas (semanalmente realizábanse preto de750 empréstamos entre os 150 alumn@s que participaban do proxecto)que significaron algo así como 4200 empréstamos ao longo do curso.Xunto a este programa de lecturas no fogar, tal e como se apuntouen epígrafes anteriores, as bibliotecas de aula con máis de 1000empréstamos no ano, puideron satisfacer unha boa cantidade deempréstamos ao alumnado de cada grupo do colexio. Por últimosinalar as lecturas realizadas dentro da Biblioteca Dixital nohorario de lectura silenciosa, co que acadariamos un nivel delecturas similar a anos anteriores.Aínda así, temos que sinalar que o nivel lector doutros anosnutríase de empréstamos voluntarios do alumnado, mentres que ameirande parte dos libros que viaxaron ás casas este ano foron enprogramas nos que a voluntariedade non existía, ou onde a ofertade libros non era o extensa que a nós nos gustaría ofertar.Velaí que a nosa valoración, certamente negativa, esteacondicionada neste caso pola calidade do servizo e non polacantidade de empréstamos que podemos valorar como equivalente acursos anteriores.O mesmo sucede cos clubs de lectura, funcionou un número de clubssimilares e o número de participantes é equiparable aos númerosanteriores á pandemia, pero houbo que crear clubs en función dosgrupos burbulla e non da afinidade lectora. Novamente númerosequiparables, valoración cualitativa menor.

17

Page 20: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

A asiduidade nas visitas á biblioteca do alumnado reduciusedrásticamente, mentres en anos anteriores había un gran número dealumnos que acudían decotío á biblioteca en horario de recreo,este ano a afluencia redúcese a, como moito, un día á semana, xaque se o día da súa quenda por algunha razón non podían acudir aocentro non terían oportunidade de volver deica a semana seguinte.Nas actividades preferidas do alumnado non fixemos enquisa, xa quea meirande desas actividades quedaron proscritas da nosa ofertapresencial. Este ano o alumnado só puido acudir a ler e usar osordenadores e tablets, o resto de servizos que ofertaba abiblioteca houbo que deixar de ofrecelos.A participación na radio e o número de programas aumentou, e unhadas poucas actividades con persoal externo ao colexio que serealizou foi un obradoiro de teatro lido con Charo Pita que nosaxudará no vindeiro curso a mellorar a nosa produción. Tamén noapartado de radio destacar que participamos no concurso depodcasts da Asesoría, e malia que non acadamos ningún premio,consideramos que fixemos un programa dunha calidade moi aceptablee do que estamos moi orgullosos.A valoración do alumnado, en entrevistas realizadas nas clases,sigue a ser positiva en actividades como a lectura silenciosa, omercado de intercambio dos libros e a olimpíada do saber, se bennestas dúas actividades as diferencias existentes entre o modelode anos anteriores e o deste faga que expresen unha certacontrariedade, que nós, como organizadores tamén sentimos, aíndaque comprendan (e nós tamén, por suposto) que tales variaciónsforon necesarias.Non pedimos, como si se fixo noutros anos, unha valoración xeralda Biblioteca, xa que resulta difícil para o alumnado saber ondeestán as lindes da biblioteca, máis neste ano onde a meirande dassúas actividades se realizaron en espazos alleos á propia sala delectura.Nos datos de uso, e dado que os máis pequenos foron os que sebeneficiaron do sistema de Dinochilas para levar libros a clase,mentres que os maiores colleron libros da biblioteca un só día ásemana, ou ben os collían da biblioteca de aula, pero sen sercuantificados, hai unha clara preponderancia dos cursos inferioresno empréstamo de libros, pero como acabamos de sinalar, soncondicionantes externos os que motivan estes datos. Sen embargo xaen anos anteriores esta tendencia era ben clara, aínda que quizaisnon nunha proporción tan elevada.Non realizamos tampouco este ano unha valoración dalgún dosapartados do documento de autoavaliación de A. Baró e outr@s, xaque consideramos que a valoración que poidamos facer cunha

18

Page 21: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

ferramenta deseñada para unhas circunstancias de normalidade dasque non puidemos desfrutar neste curso, non se axustaría árealidade vivida no centro.Para rematar valorar positivamente os pequenos avances, que comoapontabamos na memoria do ano pasado, fixemos na creación dunhaWikiteca, na que ao través da aula virtual puidemos realizar aOlimpíada do Saber, e introducimos ao alumnado na procura deinformación ao través da edición de Wikis.

Previsións de futuro

As previsións de futuro da nosa biblioteca están polo tanto,determinados pola nosa participación en LIA-2, e a nosa decisiónde afianzar determinadas actividades postas en marcha neste curso:

• Mellorar os espazos de lectura distendida no exterior dabiblioteca como medio de reducir o ruído nos recreos

• Instalación dun servizo de impresión a través da Wifi daBiblioteca.

• Expurgo de materiais deteriorados, tanto en fondos deliteratura (os libros informativos xa o teñen realizado) comoen xogos educativos.

• Fomento do uso didáctico do espazo da biblioteca para asinvestigacións das distintas aulas, facilitándoo co novo“andel dos proxectos”, moble expositor onde centralizaremosos recursos documentais para os proxectos en marcha.

• Instalación de novas iconas identificadoras das materias doslibros e dos andeis, especialmente aqueles referidos aosfondos de lectura fácil e ao sector do cómic, para que sefaga máis doada a súa localización.

• Continuar co Reto Fochiqueiro, proposta de traballo coafilosofía maker no que imos propor un reto trimestral quesupoña a elaboración dalgún obxecto manual.

• Do mesmo xeito manter o reto lector que comezou a súa andainano pasado curso escolar.

• Fomentar o uso da Radio Escolar.• Continuar incidindo nas actividades de programación con

Scratch, e seguir fomentando actividades de robótica, como oreto de programación (Dinobot) co uso de Scratch.

• Desenvolvemento dos clubs de lectura dixital empregando aPlataforma de empréstamo dixital e capacitación para un usoautónomo da mesma.

• Seguiremos tamén desenvolvendo ALFIN en 4º e 6º.• Mellorar a coordinación co departamento de orientación

19

Page 22: Memoria PLAMBE curso 2020-2021 · 2021. 8. 5. · "chaveiros" para identificar as memorias USB do alumnado de 6º curso, para o que cada nen@ realizou un deseño en 3D empregando

Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa Memoria PLAMBE 2020-2021

establecendo un calendario de reunións estable.• Realizar recompilacións de recursos dixitais.• Mellorar as enquisas introducindo a posibilidade de

suxestións de mellora por parte dos usuarios.

En resume, pretendemos retornar á nosa normalidade perdida por morda pandemia, e xa instalados nela dotar á nosa biblioteca de todosos recursos posibles para satisfacer todas as necesidades d@snos@s usuari@s. Queremos entre tod@s facer unha biblioteca aberta,flexíbel, participativa, inclusiva, imaxinativa, atractiva... unhabiblioteca nova e disposta para o futuro.

20