Upload
biblioanon
View
256
Download
6
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Microrrelatos escritos polo alumnado do IES Poeta Añón de Outes contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
Citation preview
Alumnado IES POETA AÑÓN
Novembro 2011
CO
NTRA A
VIO
LEN
CIA
DE X
ÉN
ERO
Ela estaba na casa coma todos os días desexando que el non chegara porque estaba farta. Con el chegaban berros, gritos, insultos, dicirlle que non servía para nada. Cando chegou, ela recibiu a primeira malleira. Dixo que non aguantaba máis e buscoulle solución ó problema: puxo pes fóra e marchou.
Ela é unha fotógrafa de prestixio e reflexa a
realidade da vida nas súas fotografías. El é contable
nunha pequena empresa. El é capaz de levar a
contabilidade e o control rigoroso da casa. Ela non
é capaz de fotografar a realidade da súa triste vida
en parella.
O home estaba traballando como todos os días.
Cando rematou a xornada parou no bar como de
cotío pero ese día pasouse coa bebida e acabou
emborrachándose. O chegar a casa comezou a
insultar a muller e a faltarlle ó respecto coma
nunca. O final pegoulle e mandouna ó hospital.
Eu son un home que se sente culpable por non ver
que a ían matar. Como veciño vin a súa evolución:
comezou insultándoa, logo empurrándoa,
ameazándoa e finalmente matándoa.
Fun incapaz de comprender a situación.
É fácil ver cando e como rematan as cousas pero
non nos decatamos cando comezan.
Teño unha amiga que sufriu acoso psicolóxico. O
mozo priváballe todo: non podía saír coas amigas,
estaba seguido insultándoa e facía dela o que
quería. Andaba espiándoa, no móbil léndolle os
SMS.
Un día explicámoslle as cousas: non podía seguir
así, pois ía coller unha depresión e, ó final,
deixouno.
Unha vez un home pegáballe á muller. Tódolos
días chegaba borracho á casa e pegáballe. En
cambio, polas mañás sempre lle dicía que todo ía
cambiar.
Un día a muller armouse de valor e foino
denunciar á Garda Civil. Aos tres días o home
matou á muller e logo matouse el.
Unha vez na aldea de Rande anunciaron no
periódico que unha muller foi asasinada polo seu
propio marido. Segundo a policía, o marido
degolouna e despois, quixo tirar os restos no mar,
pero collérono. Agora está no xulgado. A
asociación de veciños estase unindo para a loita
contra a violencia.
A XUSTIZA
Esta era unha parella que tiña moitos problemas. A
muller traballaba fóra da casa e ó voltar o único
que atopaba era ó seu home borracho que a
insultaba e pegaba cada día.
Pero un día el doulle tal paliza que tivo que
ingresar no hospital en estado moi grave.
UNHA PARELLA ROTA POLA VIOLENCIA
Estaba asustada. O seu marido estaba fóra,
seguramente borracho. Tiña medo, non sabía o que
facer. Dubidaba, estaba indecisa e non sabía se
denuncialo ou non. Sentíase soa, desamparada. Ao
fin decidiuse, sabía que era o correcto. Aínda así
sentíase insegura. Pero cando contou o seu
problema sentíase moito mellor.
A DECISIÓN
Gisela ten 16 anos. Leva 4 meses co seu mozo.
Lévanse moi ben. Pero un día el prohíbelle a ela
saír da casa se el non ía con ela. Gisela négase e él
pégalle. Ela reacciona e tamén lle pega. Gisela sae
correndo e vai denunciar a agresión sufrida.
GISELA
Ana estaba co seu mozo, e xa levaban dous anos
vivindo xuntos. Manuel, despois de cear, marchaba
e non regresaba ata as 3 da mañá. Co paso do
tempo, Ana deuse conta de que o seu mozo a
maltrataba, e ela sentía medo. Ana colleu o control:
chamou ó 016.
ANA CONTRA A VIOLENCIA
Unha muller chegou a casa do traballo. O seu home esperaba na cociña. A muller chegou á cociña e o seu home empezou a berrarlle a ameazala. A muller estaba triste e tíñalle medo. Ao dia seguinte a muller colleu un trauma e encerrouse na habitación e non comía.
O MALTRATADOR
Esta é a historia de Violeta, unha nena
que recibiu abusos do seu mellor
amigo.
Todo empezou fai dous meses cando
na súa propia casa o seu amigo abusou
dela. Violeta síntese intimidada pero
grazas á axuda das súas amigas está
logrando superar o trauma.
Chama ó 016. Pénsao.
VIOLETA
Nunha casa vivían o home , a muller e unha filla
que tiña 13 anos. Maltratábana, pegábana, etc. A
rapaza cada día tiña máis medo e non lle gustaba ir
á casa, prefería estar todo o día na escola. Ela
denunciou ós seus pais e foi vivir co seu tío.
VIOLENCIA CARA A LUCÍA
Cando te sintes maltratada polo teu home, sintes
medo. Hai que loitar moito, e seguir adiante pero
quédanche moitas secuelas. Pensar que todos os
días por calquera cousa era abuso continuo e
tristeza. Cando sigues loitando e non aguantas máis
chamas o 016 e contalo. A vida despois parece
outra.
SENTIRSE MALTRATADA
Carme era unha muller maltratada polo marido.
Tanto ela como os seus fillos vivían con moito
medo porque os maltrataba.
Un día, mentres Xosé o seu marido, a maltrataba
Carme fartouse e plantoulle cara, chamou ao 016 e
agora o seu ex-marido está en prisión.
Agora vive feliz.
ADEUS Á VIOLENCIA
Ana estaba a punto de entrar na consulta de
rehabilitación. Ela fora unha muller maltratada
psiquica e psicoloxicamente polo seu marido
durante anos, o seu marido (drogadicto e
alcohólico) do que se separara facía un ano; por fin
chamou ó “teléfono da maltratada” e liberouse do
seu verdugo.
ANA
Onte á noite volveume a chamar, estaba chorando. Díxome que lle volvera a pegar, xa non aguanta máis.
Mañá virá pasar un tempo, afastarse del. Logo díxome que o vai denunciar. É o mellor, antes de que vaia a máis.
Estaremos sempre con ela, apoiándoa, isto acabarase aquí dunha vez.
Cheguei a casa do colexio, entrei na casa e volvín
escoitar berros e golpes non o podo soportar,
outra vez non, o mesmo de cada día, isto debe
acabar, pero non acabara se ela non quere, ela
ten que denuncialo pero o medo hacia el
impídelle reaccionar antes de que acabe mal.
ELA:
Día un:
Perfección.
Día trescentos:
Insuperable perfección
Día setecentos:
Insospeitable perfección
superada.
EL:
Día un:
Sufrimento
Día trescentos:
Insufrible sufrimento
Día setecentos:
DOR,DOR,DOR
DESPOIS DA VIDA TODO É
ASÍ. PERO ANTES:
Día un:
Amor, amizade felicidade
Día trescentos:
Gritos, dor
Día setecentos
Dor sufrimento MORTE
Roberta estaba casada e tiña un fillo de 5 anos. Sempre tiña discusións co seu marido, e decidiu separarse.
O home empezoulle a pegar e ela ao seu fillo.
O veciño, xa sabía daquelas pelexas constantes, e ao oír os gritos, chamou á policía, e despois dun xuízo, acabou no cárcere.
Todo ía ben, pero non sei o que me ocorreu,
descontroleime. Odio, egoísmo, medo a perdela,
non houbo un día en que ela non sufrise. Ese foi
o único e gran fallo na miña vida. Agora non
teño nada, só gañas de saír desta escuridade
inmensa, chea de presos salvaxes.
SENTIRSE MALTRATADA
Cando Uxía chegou á casa non se sorprendeu do
que viu … pero o pánico envolveuna de novo.
Atopou á súa nai no chan da cociña … Esta vez
non choraba, non temblaba, simplemente estaba
tirada como unha boneca rota. Non vía a seu pai.
¿Escaparía?
Uxía non volveu a ser ela.
Eu non sei! Non sei nada... actúo sen pensar... non
podo evitalo... e que é tan... xa non sei o que é!
Pero ela sácame das miñas casillas! Non podo
evitalo. Sempre se fai a mártir... eu eso non o aturo
e cando quero doume conta xa mallei nela…
-Por que non intentas facer algo?
-Teño medo...
-Medo? Pero se malla en ti todos os dias? Mírate!
-E se me mata?
-De seguir así eu non tardarei en ir detrás da túa caixa,
mamá!
-Deus Santo! Non digas eso!
-Chorando e rezando as cousas non mellorarán...
-Xa pero…
Espertándote todos os días igual. Con moito medo, coa túa fermosa cara totalmente desfeita... Non estás farta? Alégraste algunha vez que non está na casa pero o medo segue aí. Sabes que volverá a por ti, a pagar contigo a súa ira... Rebélate! Non estás soa! Non llo permitas.
O meu ex marido tratábame moi mal e eu
sospeitaba del. Ao saír do traballo, encontrábame
cas rodas do coche pinchadas e tiña que volver á
casa andando e un día farteime. Chamei ao 016 e
denuncieino. Xuroume que me mataba e outras
cousas peores pero eu non lle facía caso.
Hoxe volveume a pegar, pero esta vez non foi
unha simple labazada ou agarrarme malamente do
brazo. Colleume polo pelo e arrastroume polo
chan ata botarme fóra da casa.
Empecei a chorar, tiña os ollos morados dos
golpes e sangraba pola cabeza. Decidín chamar á
policía e agora vivo mellor.
Chego á casa cansada e suplico que deixe de gritar,
os rapaces dormen; síntome prisioneira na casa.
Se non son del, non serei nunca de ninguén.
Son as catro, esperto polos pesadelos e asómome á
ventá; é tan fácil saltar e deixalo atrás...
Pero, por qué non o fago?
Chego a casa, oio berros e suspiro. Non podo máis.
Entro na cociña e collo un coitelo. Métome na súa habitación e vexo a meu pai pegándolle a miña nai.
Corro cara el e crávolle o coitelo no peito. Non sei que pasará despois, pero agora xa non teño medo.
Dor, dor intermitente e forte. Vólveme pegar. Non
resisto mais. Estou soa, sen ninguén, el non me
entende. So quero desaparecer. Neste mundo xa
non hai sitio para unha alma en pena como a miña.
Adeus mundo, que un dia me deches a vida e hoxe
ma quitas.
Ela volveume pegar, xa estou farto, isto non pode seguir así, ela non me volverá a maltratar .
Mañá pola mañá cedo irei á vía do tren, esperarei a que veña o primeiro tren rápido e cando chegue á estación...
Collo e marcho da casa! Non a volverei ver! Marcho para Galicia.
O neno pechouse no seu cuarto e comezou a chorar. Tiña dous exames o día seguinte, pero... Como podía estudar así? Os seus pais estaban discutindo outra vez. Colleu o móbil, finalmente decidiu escapar de rutina, puxo os cascos e intentou refuxiarse na música. Xa non podía oír nada máis.
25 de novembro de 2011. Día Mundial contra a violencia de xénero. En todo o mundo moitas mulleres acaban asasinadas a mans das súas ex –parellas. En España o índice de mortalidade do maltrato de xénero foi diminuíndo pero non acabou. Iso é un problema moi grave para a sociedade