3
MISTERIO NA FRAGA Era unha noite xélida. Mentres ían caendo unhas pingas ao ritmo do meu camiñar, unha néboa espesa estendíase ao longo do camiño. Unha forte luz iluminou aquela noite escura. Xa o vivira antes: aquilo era sinal de treboada e decidira deixar atrás aquela fermosa fraga e liscar a casa de contado. Fogar doce fogar, onde non esteas ti…. Abrín a porta e ulisquei o recendo a amorodos, unha torta de amorodos que miña nai fixera para a sobremesa do xantar. Non sei que truco terá, pero aquela torta era súa especialidade e non hai persoa que a probara que mo discuta. Deixei a miña mochila na sala e dirixinme ao meu cuarto, cun anaco de torta iso si. Subindo as escaleiras pareceume escoitar un ruído no xardín, pero non lle din importancia e seguín subindo. -Vexamos…-díxenme mentres estaba na procura dun libro que ler naquela chuviosa tarde de outono. “Lendas galegas e outros misterios”, collino e botei unha ollada a aquel lombo escuro e desgastado. Ese título, esas follas cor amarela que amosaban a antigüidade do libro…nin pensalo! Érache moi mexericas para estas cousas e non quería estar toda a noite sen durmir só por un libro. Mellor xogo a algún videoxogo e deixome de historias. Baixei coma un raio, collín o mando, prendín a consola e o televisor e…nada. Probei con entusiasmo outra vez pero non, aquelo non funcionaba. Miúda tecnoloxía! Tanta innovación para que agora non poida xogar e quede aburrido o que queda de día. Podería…Non, diso nada. Nin pensalo. Aquel libro non. Nin de broma. Non. Tarde. Xa o teño nas miñas mans e coma unha lapa agarreime a el e comecei a ler. Meigas, pantasmas, esqueletos, mortos viventes, lobishomes…Bah, xa está moi vis…PUM. Un estrondo rompeu o silencio da miña lectura, deixando caer o libro aberto no chan. Unha ventá mal pechada, iso, papá sempre as deixa medio abertas e ás veces pasan estas cou…PUM. Isto xa non era casualidade, esta vez decidinme a actuar e baixar ao piso de abaixo a ver que ocorría. Paróuseme a respiración. Unhas pegadas dun animal recorrían todo o corredor, coma se buscase algo…ou alguén. Pero iso non era todo, o máis escuro da situación era como entrara aquela cousa

Misterio Na Fraga

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Relato Samaín Alfonso Seoane

Citation preview

Page 1: Misterio Na Fraga

MISTERIO NA FRAGA

Era unha noite xélida. Mentres ían caendo unhas pingas ao ritmo do meu camiñar, unha néboa espesa estendíase ao longo do camiño. Unha forte luz iluminou aquela noite escura. Xa o vivira antes: aquilo era sinal de treboada e decidira deixar atrás aquela fermosa fraga e liscar a casa de contado. Fogar doce fogar, onde non esteas ti….

Abrín a porta e ulisquei o recendo a amorodos, unha torta de amorodos que miña nai fixera para a sobremesa do xantar. Non sei que truco terá, pero aquela torta era súa especialidade e non hai persoa que a probara que mo discuta. Deixei a miña mochila na sala e dirixinme ao meu cuarto, cun anaco de torta iso si. Subindo as escaleiras pareceume escoitar un ruído no xardín, pero non lle din importancia e seguín subindo.

-Vexamos…-díxenme mentres estaba na procura dun libro que ler naquela chuviosa tarde de outono. “Lendas galegas e outros misterios”, collino e botei unha ollada a aquel lombo escuro e desgastado. Ese título, esas follas cor amarela que amosaban a antigüidade do libro…nin pensalo! Érache moi mexericas para estas cousas e non quería estar toda a noite sen durmir só por un libro. Mellor xogo a algún videoxogo e deixome de historias. Baixei coma un raio, collín o mando, prendín a consola e o televisor e…nada. Probei con entusiasmo outra vez pero non, aquelo non funcionaba. Miúda tecnoloxía! Tanta innovación para que agora non poida xogar e quede aburrido o que queda de día.

Podería…Non, diso nada. Nin pensalo. Aquel libro non. Nin de broma. Non. Tarde. Xa o teño nas miñas mans e coma unha lapa agarreime a el e comecei a ler. Meigas, pantasmas, esqueletos, mortos viventes, lobishomes…Bah, xa está moi vis…PUM. Un estrondo rompeu o silencio da miña lectura, deixando caer o libro aberto no chan. Unha ventá mal pechada, iso, papá sempre as deixa medio abertas e ás veces pasan estas cou…PUM. Isto xa non era casualidade, esta vez decidinme a actuar e baixar ao piso de abaixo a ver que ocorría.

Paróuseme a respiración. Unhas pegadas dun animal recorrían todo o corredor, coma se buscase algo…ou alguén. Pero iso non era todo, o máis escuro da situación era como entrara aquela cousa na miña casa. Sen crelo, vin a porta da entrada partida en dous anacos deixando ver a chuvia caer no xardín. Isto non podía quedar así. Tiña que buscar aquilo que fixera o estrago, así que collín a lanterna, púxenme as botas de auga e o paraugas e saín na súa procura. Non sei se tiña que ver algo co libro, pero leveino comigo polo que puidera atoparme aí fora. Aquela noite comezaba e non tiña pinta de acabar ben.

Coma se tratara dunha escopeta, apuntaba a lanterna a todo aquiloruído que se movía ou facía algún ruido. Creo que agora comezaba a entender a aqueles excursionistas daquela película de medo, nin un chisco de graza me facía escoitar herbas moverse ou o uvular das curuxas pola noite, con eses ollos coma pratos mirándote sen pestanexar.

De súpeto, ao fondo da fraga, uns ollos vermellos coma cereixas fixáronse en min. Intuición ou medo, chamádeo como queirades, pero eu botei a correr polo camiño abaixo, deixando atrás aquela misteriosa aparición. Entre a miña respiración axitada

Page 2: Misterio Na Fraga

podíase escoitar o que parecía o ladrar dun can ás miñas costas, pero non me detiven a esclarecelo. Seguín correndo ata ver ao lonxe a miña casa, a miña salvación pero antes de chegar ao xardín, esvarei co lodo que formara a choiva e caín torcendo o pe e apoiando todo o peso nel. Intenteime erguer, pero aquelo parecía un escordadura en toda regra e non puiden chegar á miña casa antes de que me atopara. Xusto nese intre, decatárame de que o libro que estaba lendo en casa, abrirase nunha páxina na que se describía unha besta moi inquietante.

Alí estaba, diante miña, un can de polo menos un metro de alto, cor negro e cunha particularidade: na súa cabeza atopábanse dous cornos parecido aos dun carneiro da mesma cor que aqueles ollos que antes me observaran dende lonxe. Aquel animal era idéntico ao do libro! Mirou ao ceo e ladrou cunha forza que case fai estoupar os meus oídos; e ca mesma botou a correr cara o monte ca mesma velocidade coa que me atopara.

Á maña seguinte, xa co nocello vendado e con muletas, conteille aos meus compañeiros aquela misteriosa aparición nesa noite do trinta e un de outubro. Ríronse de min, tomando a broma o que lles contara, pero eu ben sei, que aquilo era certo e non habería forma de esquecer aquel Samaín.

Alfonso Seoane González 4º B