24
Cerne meLIde Cea declara que actuou baixo o “interese xeral” no caso da depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día nas tendencias” P23 o xornal da terra de melide Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta Éxito na primeira parada da II ruta ‘melide de tapas’ O concurso de tapas que organiza Asetem-Cca cele- brarase durante as catro fins de semana do mes de xuño en 18 establecementos de Melide. P4 e 5 estrean o auditorio da casa da cultura o día das Letras Máis de 300 veciños acudiron ó primeiro espectáculo que acolleu a sala, no que se leron poemas de Lois Pe- reiro e actuaron músicos e solistas melidenses. P19 comArcA Propietarios de casas da zona poden solicitar axudas para rehabilitar P18 deporte A Escola Ayude faise co triunfo na liga galega de loitas para escolares P20 As urnas relevan ós rexedores en tres concellos da comarca En Melide obtivo maioría absoluta o PP de Ánxeles Vázquez, que relevará a Socorro Cea (BNG) como rexedora. Na foto, da noite electoral, celebra a vitoria co seu equipo. En Santiso, PSOE, BNG e IS chegaron a un pacto que apartará da alcaldía a Ovidio Leiva (PP). O mandato estará repartido entre Fernando Suárez e Manuel Adán. En So- brado seguirá Jacobo Fernández e en Toques agárdase unha coalición de XCPT con BNG ou PP. Especial P7. Imprescindibles del peregrino P 16 y 17

Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

  • Upload
    others

  • View
    7

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Cerne

meLIdeCea declara queactuou baixo o“interese xeral”no caso da depuradora P14

entrevIstA

toño pumar,toño peluqueros“Asisto a cursosformativos cada ano paraestar ao día nastendencias” P23

o xornal da terra de melideNº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta

Éxito na primeira paradada II ruta ‘melide de tapas’

O concurso de tapas que organiza Asetem-Cca cele-brarase durante as catro fins de semana do mes dexuño en 18 establecementos de Melide. P4 e 5

estrean o auditorio da casada cultura o día das Letras

Máis de 300 veciños acudiron ó primeiro espectáculoque acolleu a sala, no que se leron poemas de Lois Pe-reiro e actuaron músicos e solistas melidenses. P19

comArcAPropietarios decasas da zonapoden solicitaraxudas para rehabilitar P18

deporteA Escola Ayudefaise co triunfona liga galegade loitas paraescolares P20

As urnas relevan ós rexedores en tres concellos da comarcaEn Melide obtivo maioríaabsoluta o PP de ÁnxelesVázquez, que relevará aSocorro Cea (BNG) comorexedora. Na foto, danoite electoral, celebra avitoria co seu equipo.En Santiso, PSOE, BNG eIS chegaron a un pactoque apartará da alcaldía aOvidio Leiva (PP). Omandato estará repartidoentre Fernando Suárez eManuel Adán. En So-brado seguirá JacoboFernández e en Toquesagárdase unha coaliciónde XCPT con BNG ou PP.Especial P7.

Imprescindiblesdel peregrino

P 16 y 17

Page 2: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

2 Editorial Cerne 66. Xuño 2011

Editorial

Miles de persoas acampan dende

o pasado 15 de maio nas prazas

das principais cidades españolas.

Indignados, así se atopan. Trátase

do chamado Movemento 15-M,

que é alleo a partidos políticos e

sindicatos. Está formado por per-

soas de tódalas clases sociais, es-

tudantes, traballadores, pequenos

empresarios, parados, xubilados;

mozos e maiores; persoas de es-

querdas e de dereitas. Esixen

maiores cauces de participación

do pobo no sistema democrático,

denuncian os abusos financeiros

do gran capital e a corrupción e

ineficacia da clase política.

Esixen que se instaure a cha-

mada democracia real, á que se

adicou o editorial do anterior nú-

mero de Cerne. “Moitas persoas

non se sinten representadas por

este sistema, unha falsa democra-

cia que os deixa á marxe das de-

cisións máis trascendentais para

as súas vidas”, dicía o texto. Por

iso os manifestantes piden que se

celebren referéndums para as

cuestións de gran calado que mo-

difican as condicións de vida da

cidadanía.

Este movemento xurde do pro-

fundo malestar contra a clase po-

lítica e financeira que goberna o

país, algo ao que ninguén é alleo.

Levamos moito tempo criticando

os despropósitos duns dirixentes,

de tódolos ámbitos e cores, que

non se preocupan por solucionar

os problemas reais da cidadanía

e que só miran o seu embigo.

Tivo que ser un movemento

que partiu da base da sociedade

o que axitou as conciencias e

Indignados

cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta dIreccIÓn e redAccIÓn: Tamara Navaza Sa

edIcIÓn: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)endereZo: r/ Lino Sexto Sánchez 2, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981506188 E-mail: [email protected]Óns: Santiago Prado Conde, Xosé Núñez López,

AGrAdecementos: Pilar López, Adolfo Álvarez, Imprenta MeligrafImpresIÓn: Norprensa S.A.

depÓsIto LeGAL: Lu-456-05

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

Tribuna de opinión

Un novo cambioXunta directiva de Asetem-ccA

O 22-M deixa en Melide e nou-

tros dous concellos da comarca

-Santiso e Toques- un cambio de

goberno. A Xunta Directiva de

Asetem-Cca quere felicitar aos

novos rexedores e aos seus equi-

pos pola victoria.

Foi unha campaña dura e re-

ñida, tal e como se prevía, na que

todos traballaron para facerse coa

confianza dos electores e acadar

o seu voto. Aínda que agora todo

pasou, queremos amosar o noso

rexeitamento ante certos inciden-

tes que se produciron durante a

campaña, tales como alusións

persoais nos mítins dos distintos

partidos ou o caso dos panfletos

repartidos en Melide por varios

grupos de cazadores. Lamenta-

mos que se faga este xogo sucio

e que sigan existindo presións e

coaccións que impiden ós veci-

ños da zona votar libremente.

Cremos que estes comporta-

mentos non benefician a ninguén,

e ademais axudan a crear un am-

biente de crispación no que toda

a cidadanía se ve envolta.

Ante a futura toma de posesión

dos novos gobernos, prevista

para o día 11 de xuño, dende a

patronal melidense agardamos

que os novos alcaldes e concellei-

ros comecen a traballar arreo por

e para o futuro dos nosos conce-

llos. Estamos nunha época moi

difícil, por iso agardamos que os

novos gobernos veñan cargados

de novas propostas que sexan po-

sitivas para o tecido económico e

comercial da comarca e para os

veciños en xeral.

Agardamos manter un contacto

fluído con todos eles, que nos

trasladen de primeira man as súas

principais propostas para o ám-

bito económico e que demostren

a mesma vontade de traballo que

temos en Asetem-Cca.

desencadeou as protestas, des-

mentindo a pasividade social da

que se acusaba ós mozos. Acam-

pados nas prazas das nosas cida-

des, comezaron a organizarse en

comisións. As asembleas son os

mecanismos de toma de deci-

sións. Non teñen líderes.

As súas principais reclama-

cións resúmense en catro medi-

das: reforma electoral para

permitir unha maior participación

cidadá; loita contra a corrupción

que actualmente invade o sistema

político e financeiro; separación

dos poderes públicos e esixencia

de responsabilidades políticas.

Son propostas “de sentido

común”, coas que a gran maioría

dos cidadáns están identificados.

Aínda que algúns só o admiten

coa boca pequena.

Hai moita xente que critica o

movemento, que se definiu dende

un comezo como pacífico. Non se

dan conta de que os que se mani-

festan son, ou poderían ser, os

seus fillos. Persoas que naceron

coa democracia e que atoparon

moitas facilidades nas primeiras

décadas de vida, pero que ven im-

posible forxar un futuro laboral e

persoal digno. A xeración mellor

preparada do país, que ten que

emigrar para poder vivir en con-

dicións non precarias. Son per-

soas que teñen que borrar a súa

extensa formación do seu currícu-

lum -moitos con varias carreiras

e másteres- para poder optar a un

traballo a media xornada nun res-

taurante de comida rápida. Per-

soas que non poden pagar un

alugueiro dun piso, xa nin se fale

de mercar, porque o seu salario é

de 600 euros mensuais.

Agora espérase un paso

adiante. Que o movemento se in-

tegre no sistema para levar a cabo

as propostas que defenden.

-EdITOrIAL..................................2-EMPrESA.....................................3-ESPECIAL ELECCIóNS...............7-MELIdE.......................................14-COMArCA...................................18-CuLTurA E LECEr....................19-COLABOrACIóNS......................22-ENTrEVISTA...............................23

ÍndIce

Page 3: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Empresa 3Cerne 66. Xuño 2011

Asetem-Cca acollerá unha xor-nada sobre casos de éxito nocomercio o próximo 9 dexuño. A sesión celebrarase ás21.00 horas no salón de actosda patronal melidense.

A charla abordará distintosámbitos relacionados co sectordo comercio. un dos princi-pais puntos será a avaliacióndas claves que levan un nego-cio ao éxito comercial, do quese relatarán varios exemplos.

Analizarase a actividade e otraballo das asociacións de co-merciantes e empresarios daman do presidente da Federa-ción de Comerciantes e Indus-triais do Morrazo (Fecimo),Xosé Bangueses. O avogadoFeliciano Nogueira falará dascuestións normativas no co-mercio, explicando as princi-pais características da novanormativa do sector, a lexisla-ción sobre horarios ou sobreas garantías.

Xornada decasos de éxitono comercioen Asetem

Asetem ofrece aos asociados información para regularizaras edificacións sen licenciaA Asociación de EmpresariosTerra de Melide (Asetem-Cca)pon a disposición de tódolosseus asociados informaciónpara a regularización das edi-ficacións construídas sen li-cenza, ben sexan vivendas ounaves industriais.

O pasado 11 de maio, o dia-rio Oficial de Galicia (dOG)publicaba a instrución 2/2011para a aplicación da disposi-ción transitoria terceira da Lei2/2010 de medidas urxentesde modificación da Lei9/2002 (Lei do Solo de Gali-cia), sobre edificacións sen li-cencia. Esta instrución tencomo obxectivo dar solución aaquelas edificacións que seconstruíran sen licenza muni-cipal. Por medio deste sistemae elaborando un ‘Expedientede Incursión na situación legade Fóra de Ordenación’, pó-dese incorporar a edificaciónao patrimonio do titular.

Non obstante, este trámitenon supón a legalización do

construído, aínda que si un re-coñecemento do mesmo, aoacollerse á figura legal de ‘Fórade Ordenación’. Tal e como dio texto da norma, isto supón“a aceptación dunha situaciónde feito”.

Nos casos concretos denaves con actividade, taménquedaría recoñecida ésta, perodo mesmo xeito que ocorrecoa construción, o recoñece-mento non implica unha li-cenza de actividade.

requisitosPara poder acollerse á declara-ción de Fóra de Ordenación, érequisito imprescindible queas edificacións estiveran fina-lizadas e a actividade en mar-cha antes do 1 de xaneiro de2003. As solicitudes para estetrámite deben presentarseantes do 20 de abril de 2012.

Asetem-Cca ofrecerá máisinformación a tódolos asocia-dos interesados en levar acabo estes trámites.

Page 4: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

4 Empresa Cerne 66. Xuño 2011

Asetem organiza o II ‘melide de tapas’ con 18 establecementos participantesHaberá premiosó mellor pincho,e ó tradicional, innovador e conprodutos galegosSortearanse unlote de ibéricose unha estancianun hotel e nunparque naturalen Lugo despois do grande éxito collei-tado na pasada edición, a Aso-ciación de Empresarios Terrade Melide – Centro ComercialAberto (Asetem-Cca), orga-niza a II ruta ‘Melide deTapas’, que se celebrará du-rante as catro fins de semanado mes de xuño en 18 locais docasco urbano melidense.

Na primeira fin de semanado concurso xa foron moitasas persoas que se achegaronaos distintos bares a degustar

durante a primeira fin de semana do concurso os bares estiveron ateigados de xente

os pinchos. Os hostaleiros re-calcan a boa acollida que tenesta iniciativa entre o público,xa que é do agrado da clientelahabitual e logra atraer novosclientes, incluso de concelloslimítrofes.

Ao igual que na pasada edi-ción, as tapas son totalmentegratuítas e serviranse os ven-

res de 20.00 a 22:30 horas eos sábados de 13:00 a 15:00 ede 20:00 a 22:30 horas.

premiosO concurso contará con catropremios para os establece-mentos participantes: á mellortapa, mellor tapa tradicional,innovadora e elaborada con

produtos galegos. Para deter-minar os premios haberá unxurado popular e un xurado deexpertos en gastronomía,entre os que estará o bicam-peón de España de Maitres,Nacho Costoya, o presidenteda Asociación de Maitres deGalicia, José Vicente Gómez, eo director da unidade de Ac-

ción Formativa (uAF) de Me-lide, rafael Guerrero.

En canto ao público, os par-ticipantes valorarán cada tapamediante unha tarxeta de vo-tación que terán que depositarnas urnas que haberá en cadaestablecemento. Entre todasas papeletas sortearase unhaestancia dunha xornada na ci-dade de Lugo, con pernocta-ción na Casa Grande deNadela, visita ao parque Mar-celle Natureza (Outeiro derei) e comida no restauranteLa Cabaña de Marcelle.

Tamén haberá a posibili-dade de percorrer a ruta com-pleta a través dun pasaporte–que poderán recoller na Ofi-cina de Turismo do Concelloou en calquera dos bares par-ticipantes– que terán que irselando en cada un dos locais.Se completan os 18 establece-mentos entrarán no sorteodun lote de produtos ibéricosde distribucións O Carrizo.unha vez teñan cuberto o pa-saporte deberán entregalopara a súa validación na Cer-vexería-Tapería O Sapo Lam-bón (Taboada roca, 3) ou naPulpería-restaurante Mos-quera (Avda. de Lugo, 85).

Cafetería StopOrella picante ao estilo Stop

Adega O LarEnsaladilla O Lar

Cervexería A FundaciónBolo ao xamón

Adega MandilOvo ao chef

Pensión XaneiroChampiñóns ao iogur

Cafetería AvenidaOvos recheos de primavera

Pulpería MosqueraDelicias de cogomelo e polbo

Cafetería CireOvos recheos

Big-Ben Irish TavernTortilla Big-Ben

Pulpería AlongosPulpo no mar e na miña terra

Cervexería GodivaGuiso de coello ao Godiva

Pousada ChiquitínMexilóns á vinagreta

Cervexería O Sapo LambónArroz con curry ao estilo Sapo

Casa QuinzánBrocheta campera

Café-Bar CantónLacón asado ao estilo Cantón

Cervecería PinochoEnsalada de pasta ao Pinocho

Cervecería O TrasnoTrasnada típica

A Boa Viña/A Boa VidaDelicias da Boa Viña

II rUtA ‘meLIde de tApAs’

Page 5: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Empresa 5Cerne 66. Xuño 2011

Page 6: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

6 Empresa Cerne 66. Xuño 2011

1.subvencións a pemes, para a realiza-ción de proxectos para a implantaciónde medidas de responsabilidade socialempresarial (rse).(dOGA Nº 95 de 18 de Maio de 2011)Beneficiarios: empresas privadas galegas quenon superen os 50 millóns de euros de volu-men de negocio anual ou que o balance anualsexa inferior a 43 millóns de euros; e con unnúmero de traballadores inferior a 250.

Liñas de axuda:Liña 1) Implantación de modelos, sistemas ouferramentas de xestión que establezcan con-ceptos de rSE nas empresas galegas. Axuda:ata o 100% dos gastos cun máximo de 5.000€.Liña 2) Formación específica en materia desustentabilidade ou responsabilidade socialempresarial. A formación estará destinada acapacitar as persoas que traballen na empresaen materia de sustentabilidade ou responsabi-lidade social para poder desenvolver os traba-llos necesarios tales como proxectos, informes,memorias ... Axuda: ata o 100% dos gastos cunmáximo de 2.000€.Liña 3) Obtención de reportes, estándares oucertificacións en responsabilidade social em-presarial. Comprenderá o custo da certificaciónpor entidades independentes que estean reco-ñecidas polas organización propietarias dossistemas de xestión de responsabilidade socialempresarial polos que se opten. Axuda: ata o100% dos gastos cun máximo de 2.000€.Prazo: 18 de Xuño de 2011.

2.Axudas en materia de traballo enigualdade das mulleres de Galicia.(dOGA Nº 102 de 27 de Maio de 2011)Beneficiarios: PEMES galegas ou empresascon sucursais en Galicia cun mínimo do 10% detraballadores galegos e, polo menos, catro per-soas.

Liñas de axuda:Liña 1) Axuda para a implantación de plans deigualdade na empresa. Accións subvenciona-bles:a) realización de diagnose da realidade da em-presa dende a perspectiva de xénero e elabora-ción de plan de igualdade, que incluanavaliación de postos, categorías profesionais,xornada e estructura salarial e extrasalarial: atao 100% do gasto cun máximo de 6.000€.

b) Asistencia a cursos de formación en materiade igualdade: ata o 100% do gasto cun máximode 1.200€ por persoa.c) Contratación de persoal con experiencia enmateria de igualdade para asesorar na elabora-ción e implantación do plan de igualdade: ata900€/mes por persoa contratada.d) Gastos de contratación de empresas exter-nas para o asesoramento e implantación doplan de igualdade: ata o 50% do importe dacontratación cun máximo de 5.400€.Liña2) Axuda para á eliminación da infrarre-presentación feminina nos eidos laborais ocu-pados predominantemente por homes. Ata o100% dos gastos, cun máximo de 22.000€.Liña 3) Axuda para favorecer a conciliación davida familiar e laboral (habilitar servizos de co-medor, gardaría, lugares axeitados par o re-pouso das traballadoras embarazadas, salas delactación e instalacións análogas). Ata o 100%dos gastos cun máximo de 50.000€.Prazo: 27 de Xuño de 2011.

3.subvención para o fomento ao asocia-cionismo e a participación das mulleres.(dOGA Nº 103 de 30 de MAIO de 2011)Beneficiarios: asociacións de mulleres e fede-racións constituídas por estas, domiciliadas naComunidade Autónoma de Galicia, sen ánimode lucro.

Liñas de axuda:Liña 1: Consolidación do movemento asocia-tivo: destinada a compensar gastos correntesdo mantemento e funcionamento das asocia-cións.Liña 2: Promoción de hábitos de vida sauda-bles: destinada a compensar gastos correntese/ou persoal producidos polo desenvolvementode actividades para dita finalidade. Entre as ac-cións subvencionables están: promoción doexercicio físico, promoción de hábitos alimen-ticios saudables e prevención de enfermedadescrónicas prevalentes nas mulleres e estímulo deconutas de autocoidado.Cada asociación só poderá presentar solicitudede axuda para unha das dúas liñas, e os gastosdeben ser realizado entre o 1 de xaneiro e o 31de outubro de 2011.Axuda: máximo 6.000€ por entidade, e na liña2 un máximo de 2.000€ por actividade.Prazo: 30 de Xuño de 2011.

Axudas e subvencións

-.modificación da deducción por obras de mellora navivenda habitual no Imposto sobre a renda das per-soas Físicas.Modifícanse algúns aspectos da deducción por obras de mellorana vivenda habitual nos seguintes termos: A deducción aplicarase nas obras realizadas dende o 7 de Maiodo 2011 ata o 31 de decembro do 2012.Ampliase o obxeto da deducción, pasando a aplicarse en calquervivenda, incluindo vivendas a disposición do propietario ou al-quiladas. Quedan excluidas as vivendas afectas a actividadeseconómicas.Elévase o límite da renda para poder aplicar a deducción, pa-sando de 53.007,20€ a 71.007,20€; así como a porcentaxe dededucción, pasando do 10% ó 20%.O límite máximo da base de deducción anual pasa de 4.000€ a6.750€ , e o límite máximo plurianual pasa de 12.000€ a20.000€ por vivenda.recórdase que esta deducción ten como fin obras de mellora daeficiencia enerxética, da accesibilidade e obras de instalación deinfraestructuras para o acceso a Internet e a TdT. ditas obrasdeben ser pagadas polo banco, nunca se pode aplicar a deduc-ción se os pagos son en metálico.

Incompatibilidade da pensión de xubilación da segu-ridade social co exerecicio da actividade por contapropia dos profesionais colexiados. O desfrute da pensiónde xubilación da Seguridade Social será incompatible co exer-cicio da actividade por conta propia dos profesionais colexiadosque se atopen eximidos da obriga de causar alta no réxime Es-pecial de Autómos, con independencia de que queden ou nonintegrados en mutualidades de previsión social. Este réxime de incompatibilidade non será de aplicación candoa pensión de xubilación viñera compatibilizándose co exercicioda actividade por conta propia dos profesionais colexiados nadata de entrada en vigor desta orde ou para aqueles que hoube-ran cumprido os 65 anos de idade.data de entrada en vigor da orde: 1 de Xullo de 2011.

tablón de edictos e Anuncios da seguridade social.efectos para os cidadáns. Creouse na Sede Electrónica daSeguridade Social, como medio oficial de publicación, medianteedictos e anuncios, das notificacións ós cidadans de actos ad-ministrativos dictados no ámbito da Seg. Social, nos seguintessupostos: Cando os interesados sexan descoñecidos; Cando seignore o lugar de notificación ou medio polo que ha de practi-carse; Cando intentada a notificación na Sede Electrónica ou nodomicilio dos interesados, ésta non se puidese practicar.A publicación neste Tablón dos edictos correspondentes a noti-ficacións dos actos administrativos da Seguridade Social, surtiráefectos de notificación ós interesados sen que sexa necesaria pu-blicación en ningún outro tablón ou boletín oficial. Os edictosmanteranse publicados 20 días naturales, transcorridos os calesentenderase que a notificación foi practicada e continuarase coprocedemento. Finalizado este prazo, iniciarase o cómputo dosprazos para a interposición de reclamación e recursos.

solicitude de devolución de Gasóleo Agrícola/GasóleoprofesionalEstá aberto ó prazo para a solicitude de devolución das cotas doImposto sobre Hidrocarburos satisfeitas ou soportadas con oca-sión das adquisicións de gasóleo bonificado.Poden solicitar dita devolución os agricultores e gandeiros ouos titulares de vehículos con actividade de transporte, que noano 2010 usaran gasóleo bonificado para uso agrícola ou pro-fesional.Para o gasóleo agrícola é necesario que estén inscritos no Censode Empresarios, Profesionais e retedores, e para o gasóleo pro-fesional hai que seguir os seguintes pasos:Inscribirse no censo de beneficiarios, pagar con uhna tarxetagasóleo profesional para os repostaxes realizados nunha esta-ción de servizo, e cando se trate de suministros realizados eninstalaciones de consumo propio, dar de alta as mesmas e pre-sentar a relación dos suministros realizados.

Fiscal e laboral

Page 7: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

MELIdEÁnxeles vázquez acada a maioría abosluta e ponpunto e final a catro anos de goberno progresista

Todas as quinielas prevíanresultados moi igualados entreas dúas forzas maioritarias enMelide, PP e BNG. Pero só cosprimeiros votos escrutados xase soubo que ía haber cambiono goberno local. Os votantesfalaron claro e outorgaron óPP a maioría absoluta. A can-didatura encabezada por Án-xeles Vázquez foi a lista máisvotada en 14 das 15 mesas quehabía en todo o concello. Só foisuperado polo BNG nunha dasmesas do casco urbano.

Con algo máis do 55% dosvotos, os populares obtiveron

RESULTADOS 22-M

PP 2.755 votos (sube 312) - 8 edís BNG 1.615 votos (baixa 543) - 4 edís PSOE 545 votos (baixa 46) - 1 edil Nulos 109 votos En branco 82 votos Abstención 1.831 (26,39%)

A NOVA CORPORACIÓN

Partido Popular María Ánxeles Vázquez MejutoMaría Rosa Cabado RodríguezSantos López NovoMaría Dolores Gómez NeiraJosé Luís Arias LodeiroMaría Jesús López MourónBenito Nebril LoureiroDalia García Couso

Bloque Nacionalista Galego María Socorro Cea VázquezJosé María Santín AmoXosé Iglesias GarcíaJesús Somoza López

Partido Socialista Obrero Español - PSdeG Manuel Prado Puga

especial Eleccións Municipais 7Cerne 66. Xuño 2011

MESA PP BNG PSdeG

Melide 1-A

Melide 1-B

Melide 2-A

Melide 7-A

Melide 3-U

Melide 2-B

Santalla

Campos

Moldes

Baltar

Melide 7-B

Furelos

Cazallas

Folladela

Maceda

212

146

108

103

105

92

204

160

214

263

216

206

2.755 (55,13%)

231

180

315

139

126

231

156

142

156

146

28

1.615 (32,32%)

49

57

179

66

32

42

42

52 15

23

60

47

545 (10,91%)

41

27

11

47

30

29

34

59

54

40

Total

Ánxeles Vázquez recibindo felicitacións na noite electoral

o tan agardado segundo edilpara a formación.

novo gobernoA alcaldesa electa aseguroudías antes da toma de pose-sión que “aínda non temos pe-chada a estrutura ecomposición do goberno”.dixo que dende o goberno enfuncións non se puxeron encontacto para facer o traspasode poderes, se ben, SocorroCea confirmou que nos díasprevios á toma de posesiónmanterán unha xuntanza paraexplicar a situación na que seatopa cada área. A toma de po-sesión será o sábado 11, ás12.00 horas.

No relativo ao reparto deconcellarías, Vázquez asegu-rou “ter claro” que José LuisArias Lodeiro será o encar-gado de Facenda e que haberáun departamento de Xuven-tude, que dirixirá dalia GarcíaCouso. O resto de áreas “de-penderán da disposición e dotempo que poida adicar cadaun dos edís”, indicou Vázquez.

A futura alcaldesa tampoucoten pechado o número de de-dicacións exclusivas que vaihaber no goberno. “Non vanser catro, como agora”.

compromisos do programaVázquez recalcou que manténos compromisos que adquiriu

na campaña, entre eles o dereducir un 30% o gasto en per-soal político, “incluídos aseso-

res” e o de realizar unha audi-toría para comprobar o estadodas arcas municipais.

O PP foi a listamáis votada en14 das 15 mesasdo concello earrebatou dousedís ao BNG

Cea di estar “orgullosa dotraballo feito”ao longo da lexislatura queagora remata

8 actas, dúas máis que nas an-teriores municipais. dous edísque lle arrebataron ao BNG,que sufriu un importante des-censo no número de apoios aoobter o 32,32% dos votos.

O PSOE mantivo os resulta-dos e conserva o edil que ti-vera durante a lexislatura queagora remata.

valoraciónsÁnxeles Vázquez celebrou a vi-toria acompañada de multi-tude de simpatizantes. Nanoite electoral daba grazas aopobo de Melide pola confianzarecibida e prometía traballopara dar un novo impulso óconcello.

Pola súa banda, a alcaldesaen funcións, Socorro Cea, la-mentaba a falta de apoios ne-cesarios para acadar a maioríaabsoluta. Non obstante, amo-sábase “moi tranquila e orgu-llosa de todo o traballorealizado. Aínda que o pobonon valorou a nosa labor comotiñamos previsto, as moitasobras que se fixeron quedanpara a posteridade e os veci-ños seguirán dándolle uso”.

Nas filas socialistas, ManuelPrado, aceptaba con deportivi-dade os resultados, que sonfroito “do xogo democrático”.Aínda así, os socialistas meli-denses lamentaban a falta de“poucos votos” para conseguir

Page 8: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

SANTISO

Os resultados do 22-M nondeixaron contento a ningúndos catro partidos que conco-rreron ás eleccións en Santiso.O PP agardaba obter maioríaabsoluta, mentres que BNG,PSOE e Independentes porSantiso (IS) prevían recabarmáis apoios dos que final-mente obtiveron.

Finalmente, o PP fíxose concatro actas de concelleiros, oBNG e o PSOE con dúas cadaun, e os independentes obtive-ron un edil.

A mesma noite electoral xase forxou o acordo entre BNG,PSOE e IS para formar unpacto de goberno e apartar daalcaldía ó PP. un acordo “pornecesidade” que non estáexento de polémica, xa que ospartidos denunciaron a exis-tencia de presións e ameazaspara formalizar o acordo.Os casos de transfuguismoestán moi presentes na memo-ria dos veciños de Santiso. Adesconfianza no destino finaldo voto facía prever unha altaabstención, pero finalmente

psoe, BnG e Is acadan un pacto salpicado polaspresións e ameazas para apartar do poder ao pp

8 especial Eleccións Municipais Cerne 66. Xuño 2011

RESULTADOS ELECTORAIS 22-M

PP 625 votos (baixa 97) - 4 edís BNG 343 votos (sube 143) - 2 edís PSOE 329 votos (baixa 24) - 2 edís IS 142 votos - 1 edil Nulos 15 votos En branco 11 votos Abstención 258 (14,97%)

A NOVA CORPORACIÓN

Partido Popular Ovidio Leiva PereiroManuel Suárez FradeJosé Manuel Sexto TorreiroMatilde Pallares Cagide

Partido Socialista Obrero Español - PSdeG Fernando Suárez CortiñasDaniel Roibás Mouriño

Bloque Nacionalista Galego Manuel Adán LópezPablo Balboa Oro

Independentes por Santiso Mª Carmen Curros Mendoza

MESA PP BNG PSOE IS

Arcediago

Novela

Visantoña

625 (43,10%)

219

181

225

Total 343 (23,66%)

252

68

23

329 (22,69%)

155

69

155

142 (9,79%)

55

60

27

Fernando Suárez (PSOE) gobernará os primeiros dous anos Manuel Adán (BNG), no centro, será o segundo alcalde

Suárez (PSOE) e Adán (BNG)repartirán a alcaldía, con Curros como tenente

Leiva aseguranon ter “ansiasde poder” easume o seunovo cargo naoposición

non ocorreu así. Nos comiciosdo 2007 a abstención acadouo 33%, mentres que o 22-M aporcentaxe de electores quenon acudiron a votar non che-gou ó 15%.

pacto de gobernoNacionalistas, socialistas e in-dependentes, deron a coñecer,varios días antes da toma deposesión, a existencia dun do-cumento notarial no que fa-cían o reparto de poder. Ocabeza de lista do PSOE, Fer-nando Suárez, será quen tomeposesión como alcalde o 11 dexuño. Transcorridos dousanos de mandato, cederá o seuposto a Manuel Adán, candi-dato do BNG. A representantede IS terá a tenencia de alcal-día ó longo de toda a lexisla-tura.

O novo goberno traballaagora sobre o reparto de con-cellerías e das adicacións ex-clusivas. “Aínda non temosnada decidido, pero as conver-sas avanzan”, aseguraron. Se-

gundo confirmaron os repre-sentantes dos tres partidos, tó-dolos pormenoresrecolleranse noutro docu-mento que tamén certificaránante notario.

Non obstante, aínda que sefaga un reparto das áreas degoberno, as decisións máistrascendentais serán acorda-das entre as tres forzas, tal ecomo explicaron.

PSOE, BNG e IS quéixansede que o goberno saínte nonmantivo “ningún contacto”para levar a cabo o traspaso depoder.

sen “ansias de poder”dende o PP, o cabeza de lista ealcalde en funcións, OvidioLeiva, valorou o feito de ser “alista máis votada con dife-renza”, aínda que o resultadofoi “negativo”. “Esperabamosoutro resultado por todo o tra-ballo que fixemos. O pobo deSantiso non valorou o nosotraballo como tiñamos pre-visto”, lamentou Leiva. “Fixé-

ronse moitas cousas quenunca se fixeran”, asegurou.

Leiva afirmou non ter “an-

sias de poder” e amosouseconforme con ocupar o seuposto na oposición.

Page 9: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

SOBrAdOsobrado comeza a cuarta lexislatura consecutivado pp, co ascenso do BnG e a caída do psoe

especial Eleccións Municipais 9Cerne 66. Xuño 2011

RESULTADOS ELECTORAIS 22-M

PP 951 votos (baixa 108) - 7 edís BNG 565 votos (sube 87) - 4 edís PSOE 130 votos (baixa 49) - 0 edís Nulos 13 votos En branco 10 votos Abstencións 257 (13,34%)

A NOVA CORPORACIÓN

Partido Popular Jacobo Fernández GarcíaJosé Antonio Espiño RodríguezÁngel Coego BahamondeJosé Ovidio Cabanas RodríguezJosé Antonio Sánchez CabanasEsteban Ramos SeoaneÁngel Veiga Abad

Bloque Nacionalista Galego Luis Lisardo Santos AresManuel Cotos FernándezJosé Antonio Veiga SánchezAlfonso Ríos Santos

MESA PP BNG PSdeG

Nogueira

Carelle

As Cruces

Dombrete

Mesón

Porta

158

122

105

951 (57,43%)

246

161

159

29

565 (34,12%)

147

85

68

132

67

66

17

11

37

130 (7,85%)

18

18

Total

Santos prometecontacto directocos veciños paraatender ás súasnecesidades

Os socialistasquedan sen representaciónna corporaciónmunicipalJacobo Fernández García serápor cuarta lexislatura consecu-tiva o alcalde de Sobrado dosMonxes. O PP acadou de novoa maioría absoluta no munici-pio, conseguindo un total de951 votos, o que lle permite fa-cerse con 7 edís dos 11 que tena corporación municipal.

Acudiron a votar 1.669 dos1.926 habitantes censados noconcello, o que reflicte unhaelevada participación, do86,66%. A porcentaxe de abs-tención foi do 13,34%, cuntotal absoluto de 257 persoasque non exerceron o seu de-reito ó voto.

respecto ás eleccións muni-cipais de 2007 destaca o au-mento da participación, quepor aquel entón se situaba ó70,79%; e o correspondentedescenso da abstención, queacadaba o 29% hai catro anos.

novas caras no ppO PP foi o claro gañador des-tes comicios, ao obter o57,43% dos votos. O partidoque lidera Jacobo Fernándezperde apoios con respecto ás

anteriores munipais, candoobtivera o 59% dos votos.Aínda así, os populares man-teñen o mesmo número deconcelleiros.

Pese a manter o bastón demando, o alcalde de Sobradonon accedeu a facer unha va-loración dos resultados obti-dos para este xornal.

O grupo popular estrearácaras novas esta lexislatura.En concreto, o número tres dalista, Ángel Coego, e o edil queocupou o sétimo posto na can-didatura, Ángel Veiga.

Ascenso do BnGO reconto de papeletas deixouun destacable ascenso doBNG, encabezado por LisardoSantos, que pasa de ter tresconcelleiros a catro. En termosporcentuais, os nacionalistasobtiveron oito puntos máisque nas anteriores eleccións,ao pasar do 26,72% ao 34,12%.

Santos afirmou que os resul-tados foron “moi bos, tendo enconta que o PP gañou en moi-tos concellos da zona”. Ase-gura que o motivo do seuascenso foi “o intenso traballoque se realizou dende hai unhaboa tempada e se intensificoudurante a campaña”.

respecto ao traballo do BNGde cara á lexislatura que co-meza, Lisardo Santos aseguraque manterán o contacto di-recto cos veciños. “Intentare-mos ter reunións coasdistintas parroquias para tras-ladar as súas necesidades aosplenos”. Neste senso, recalcaque terán que facer propostas“moi estudiadas e meditadas,que sexan boas e viables, quese poidan levar a cabo”. Santosamósase confiado en que, apesar de estar en clara minoríacon respecto ao PP, os conser-

vadores teñan en conta e acep-ten as súas propostas.

o psoe queda sen edilPola súa banda, o PSOE sufriuo castigo dos votantes e que-dou sen representación nacorporación municipal. Obtivoo 7,85% dos votos. Con 130papeletas, quedou ás portas demanter a acta de concelleiro.

A voceira socialista, Alejan-dra Fernández, asegurou que“el resultado no fue el espe-rado, pero es el que tenemosque asumir”. dixo que o des-censo veu motivado polos“problemas económicos delpaís, el fallecimiento de al-guno de nuestros votantes másfieles o las estrategias que uti-lizan desde otros partidos paracomprar el voto”.

Pese ós malos resultados,Fernández seguirá no cargo.“Cuando las cosas fallan lo im-

Lisardo Santos durante un mítin de campaña celebrado en Sobrado

portante no es abandonar elbarco, si no llevarlo a buenpuerto”. deste xeito, prometeuunha oposición “constante” ereforzar a actividade, dándollea maior difusión posible.

“Conseguimos arreglar mu-chas cosas, pero los votantesatribuyen el mérito al go-bierno, que es el que luego selleva los réditos electorales”,lamenta Fernández.

Page 10: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

TOQuES

As eleccións municipais deixa-ron en Toques un escenarioaberto, ao non conseguir amaioría absoluta ningunhadas catro formacións que con-corrían ós comicios.

O PP foi a formación que ob-tivo o maior número de votos,cun 42% do total. Foi a listamáis votada nas tres mesasinstaladas no municipio. Acandidatura independente deXuntos Cara o Progreso de To-ques, liderada por José Anto-nio Castro Fraga, logrou sacartres edís, ao recibir un 33%dos apoios. O BNG experi-mentou un ascenso, que setraduciu na consecucióndunha segunda acta na corpo-ración. Pola contra, a lista doPSOE, que recibiu o 5,73% dosvotos, queda sen representa-ción no concello toquense.

valoración dos resultadosO cabeza de lista do PP, JorgeCalvo, limitouse a dicir que osresultados obtidos foran “moipositivos”.

Pola súa banda, o alcalda-bles por XCPT, José AntonioCastro Fraga, asegurou que aprevisión do seu grupo era“acadar a maioría ou gañar as

pp, Xcpt e BnG manteñen a incógnita dun pactoa dous ata o último minuto, co psoe fóra de xogo

10 especial Eleccións Municipais Cerne 66. Xuño 2011

MESA PP XCPT BNG PSOE

Paradela

Souto

Villamor

455 (42,05%)

132

146

177

Total 360 (33,27%)

112

115

133

202 (18,67%)

35

88

79

62 (5,73%)

25

22

15

RESULTADOS ELECTORAIS 22-M

PP 455 votos (sube195) - 4 edís XCPT 360 votos (baixa 163) - 3 edís BNG 202 votos (sube 69) - 2 edís PSOE 62 votos (baixa 216) - 0 edís Nulos 7 votos En branco 3 votos Abstención 122 (10,07%)

A NOVA CORPORACIÓN

Partido Popular Jorge Francisco Calvo PestonitArturo Penas PradoJosé Antonio Castro CasanovaAna Mato Salgado

Xuntos Cara o Progreso de Toques José Antonio Castro FragaMónica Penas GonzálezJosé Miguel Frade Prado

Bloque Nacionalista Galego José Ángel Penas GarcíaMarcos Villamor Álvarez

A alcaldía é o principal escolloentre BNG eXCPT, que nonson partidariosde unirse ao PP

Castro Fragaprefire “unhaoposición dignaa un mal acordode goberno”

eleccións”. Para José Ángel Penas, o re-

presentante do BNG, os resul-tados foron “moi bos, tendo enconta a situación política deToques”. “O BNG vai ter un bopapel na próxima lexislatura”,afirmou.

O candidato á alcaldía poloPSOE, Emilio Ares, lamentoua falta de “30 votos” para aca-dar a acta de edil. “Contába-mos con sacar uno, pero en 15días no puedes cambiar elmundo”. Ares fai referencia ásituación do partido en To-ques, que tivo que cambiar ocabeza de lista debido a asun-tos persoais do anterior candi-dato. Ares agradece “a todo elpueblo el haber escuchadonuestras propuestas”.

pacto de gobernoAsí as cousas, e con estes re-sultados tan fragmentados, astres formacións que lograronrepresentación iniciaron oscontactos de cara a formar ungoberno de coalición. Tódolosgrupos, segundo confirmaron

os cabezas de lista, tiveroncontactos entre si. Non obs-tante, as opcións de gobernomáis factibles son o pactoentre XCPT e BNG ou PP. Cas-tro Fraga afirma estar “abertoa tódalas opcións”.

Na semana previa á da tomade posesión sucedéronse asreunións entre os partidos.Pero a tres días da formacióndo novo goberno aínda nonhai nada decidido.

O representante de XCPTamósase máis partidario deformar goberno cos naciona-listas que co PP. “Esiximosproporcionalidade cos resulta-dos electorais”. Isto significa,que de pactar co BNG, terían aalcaldía por un período de 28meses, mentres que de ser coPP serían 20 os meses á frontedo consistorio.

A alcaldía semella ser o es-collo máis importante á horade asinar un acordo. O candi-dato nacionalista confirmouque o partido pactará para tera alcaldía durante toda a lexis-latura, “a non ser que as nego-

José Antonio Castro (XCPT)

ciacións sexan moi claras”.Ante isto, Castro recalca que,“se a oferta do BNG non é boapara nós, preferimos quedar

na oposición. Preferimos unhaoposición digna que un malacordo”. As súas negociaciónsco PP están “estancadas”.

José Ángel Penas (BNG) Jorge Calvo (PP)

Page 11: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Publicidade 11Cerne 66. Xuño 2011

Page 12: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Publicidade 1312 Publicidade Cerne 66. Xuño 2011

MOBLES ARES

Mobles Ares acometeu unha reforma integral do seu edificio matriz, na Ronda da Coruña, 62.

Mobles Ares, única firma galega integrada en INTERMOBIL, grupo de compra a nivel nacional

Mobles Ares é unha das 35 firmas asociadas en Galega do Moble

Page 13: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Publicidade 13Cerne 66. Xuño 2011

3.000 m2 de exposiciónno corazón de Melide

Exposición no novo edificio na rúa Florentino López Cuevillas, 12

ABERTO OS DOMINGOS

DE 10.00 A 14.00 H

Tfno: 981 50 55 64

Ronda da Coruña, 62Florentino López Cuevillas, 12

15800 MELIDE (A Coruña)

MOBLESARES

Page 14: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

14 Melide Cerne 66. Xuño 2011

cea di que actuou movida “sempre polointerese xeral” no caso da depuradora

Amósase “convencida” de que o PP“terá que pedir desculpas”

A alcaldesa en funcións de Me-lide, Socorro Cea, prestou de-claración o pasado 25 de maionos xulgados de Arzúa a raízda denuncia interposta poloPP de Melide sobre o caso dadepuradora do polígono in-dustrial da Madanela.

Cea foi a única dos imputa-dos que prestou declaración,xa que o resto -o tenente de al-caldesa e catro membros daXunta de Goberno Local- aco-lléronse ao seu dereito a nondeclarar.

A rexedora en funcións in-formou persoalmente da súadeclaración na súa contadunha rede social. Asegurouter actuado “sempre movidapolo interese xeral e seguindosempre as indicacións da Con-sellería de Industria recollidasno correo electrónico recibido

no Concello en data do 10-12-2009”. Cea explicou que estedocumento indicaba os pasosque deberían seguir para queMelide non perdera a subven-ción concedida, cuxo mon-tante ascendía a 437.000euros. Asimesmo, recalcouque o Concello “non percibiunin un só céntimo do convenioasinado coa Xunta de Galiciano ano 2008” para a constru-ción da depuradora.

Explicou que na mesma si-tuación que Melide estabanoutros seis concellos galegos,

aos que non acudiron os ins-pectores de Industria.

Cea dixo “lamentar profun-damente” que o parque em-presarial siga sen depuradorae “en permanente risco as em-presas instaladas no mesmopor culpa da denuncia presen-tada polo PP de Melide”.

Neste senso, amosouse“convencida” de que o PP“terá, máis cedo que tarde, quepedir desculpas públicas poladenuncia presentada contranós e contra o pobo de Melidehai un ano”.

Terreos onde se ía instalar a depuradora.

nova sinalización no rural

O Concello de Melide puxo enmarcha o proxecto de sinaliza-ción de tódalas parroquias ealdeas do municipio. Instala-ranse máis de 700 sinais quepoñerán solución aos proble-mas de sinalización que pre-

senta o rural melidense. Ade-mais, colocaranse sinais indi-cativas de dirección dosprincipais cruceiros, igrexas,casas grandes, muíños epazos. O proxecto ten un orza-mento de 90.000 euros.

execútanse melloras en pistas de tres parroquiasO Concello de Melide infor-mou de que se están a executaras obras correspondentes aoPEIM 2010, que supoñen amellora de varios camiños epistas en tres parroquias meli-denses. Os viais que se repa-ran son os tramos de A rata,

na parroquia de Zas de rei,varios camiños en requeixo eo que une Eirexe e Golán, naparroquia de San Salvador, eun tramo no lugar das Caza-llas, en San Tomé de Castro.

O investimento destas obrasronda os 53.000 euros.

A colocación das novas sinais comezou en Orois

Page 15: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Publicidade 15Cerne 66. Xuño 2011

PARA A TÚA VODA...

MERCA

EN MELIDE

ESPECIAL

NOVIAS

Page 16: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

16 Publicidade Cerne 66. Xuño 2011

IMPRESCINDIBLES DEL PEREGRINO

PALAS DE REI

ARZÚA

MELIDE

vilar de donas

ribadiso

castelo de pambre

ANÚNCIATE NO CERNE

O xornal da

Terra de Melide

663687322

[email protected]

[email protected]

Page 17: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Publicidade 17Cerne 66. Xuño 2011

IMPRESCINDIBLES DEL PEREGRINO EN MELIDE

ponte románica de Furelos centro da vila praza do convento

Page 18: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

18 Comarca Cerne 66. Xuño 2011

A área de rehabilitación das rutasa santiago permitirá mellorar vivendas de tres concellos da zonaAs axudas podenchegar ao 75%do orzamento,cun límite de5.000 eurosOs veciños de tres dos conce-llos da comarca -Melide, So-brado e Toques- poderánsolicitar axudas para a rehabi-litación das súas vivendas aoaprobarse recentemente aárea de rehabilitación dos Ca-miños de Santiago para as seteprincipais rutas que teñen asúa meta en Compostela.

Para acceder ás axudas, asvivendas deberán estar no tra-zado do Camiño ou dentro doperímetro das parroquiaspolas que transcorre a ruta,segundo informou a Conselle-

ría de Medio Ambiente, Terri-torio e Infraestruturas. Asi-mesmo, deberán ter unhaantigüidade superior a dezanos e estar destinadas a do-micilio habitual e permanentedo propietario ou a alugueiro,polo menos durante cincoanos despois do remate dasobras de rehabilitación.

A subvención, que será afondo perdido, poderá acadarata o 75% do orzamento, cunlímite de 5.000 euros por vi-venda.

Os concellos tamén poderánacceder a axudas para a reha-bilitación de espazos públicos,nas condicións que fixe o Ins-tituto Galego da Vivenda eSolo (IGVS) -organismo noque se solicitarán as axudas-na convocatoria, que está pre-visto se publique antes doverán, informou a Xunta.

miles de vivendasSegundo os datos publicadospola Xunta de Galicia, no con-cello de Melide son case 3.400as vivendas que poderían aco-llerse a estas subvencións. Aárea de rehabilitación abarca otrazado do Camiño ao seupaso polo casco urbano -pa-rroquia de San Pedro-, e todoo territorio das parroquias deAbeancos, Os Ánxeles, Fure-los, Santa María de Melide, AsVarelas, Campos, O Barreiro,O Leboreiro, O Meire, Vitiriz eGrobas.

No concello de Toques, poloque discorre o Camiño Primi-tivo -ao igual que no concellode Sobrado-, as parroquiasque nas que poderán facerseobras de rehabilitación sub-vencionables son a da Capela,Mangueiro, Monte, Oleiros,Villamor, Vilouriz e Brañas.

sotrega, unha firma melidense experta na recollida de vidro

Sotrega é unha firma adicadaá recollida e transporte devidro para a súa reciclaxe.Juan Carlos Varela Varela, ve-ciño de Melide, é o responsa-ble actual da empresa dendefinais de agosto do 2008.

Sotrega, con máis de 15 anosde antigüidade, ten a conce-sión para as actividades quedesenvolve nuns 20 concellos,entre os que se atopan os deMelide, Santiso, Toques, So-

brado, Palas de rei, Antas deulla e Vilasantar.

Varela asegura que o nego-cio non é alleo á crise, xa quelle inflúe o descenso xerali-zado do consumo das familias.

recalca que os cidadánsdeben concienciarse da impor-tancia da reciclaxe, non só encanto ao aspecto económicosenón tamén pola repercusiónna natureza, o que é benefi-cioso para toda a sociedade.

ducias de persoas celebranen sobrado o día da Bicicleta

unhas 70 persoas participarono 5 de xuño en Sobrado nasexta edición do día da Bici-leta, facendo un percorrido de12 qm por varios puntos do

concello. Pasaron pola lagoa, aárea recreativa de Pontepedra,Vilanova e a Fraga. O partici-pante máis novo tiña 4 anos eo veterano chegaba aos 75.

Page 19: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Abre o novo sapo Lambónmelide estreou o auditorio dacasa da cultura o día das LetrasMáis de 300 veciños renderonhomenaxe a Lois Pereiro

Actuaron o grupo Herba Grileira e Patri Méndez e Xoán Curros

O público ateigou a sala na homenaxe a Lois Pereiro

O auditorio da Casa da Culturade Melide abriu as súas portasnunha data especial, o 17 demaio, día das Letras Galegas,para render homenaxe aopoeta Lois Pereiro.

Foron máis de 300 as per-soas que participaron nosactos, segundo os cálculos doConcello de Melide. Na cele-bración léronse varios poemase fragmentos de textos do es-critor homenaxeado.

Tamén houbo música, acargo do grupo local de músicatradicional Herba Grileira edos solistas Patricia Méndez eXoán Curros, que interpreta-ron cancións sobranceiras deautores galegos.

As persoas que encheron oauditorio para esta celebra-ción amosaron a súa admira-ción polo impoñente escenarioe a boa calidade de son que teno novo recinto cultural.

A segunda Cervexería-TaperíaO Sapo Lambón abriu as súasportas o pasado 27 de maio.ubicada no número 3 da rúaTaboada roca de Melide, estenovo establecemento ofreceunha variada carta de ensala-das, hamburguesas, montadi-tos, enrollados ou bocadillos.

unha das especialidades dolocal, decorado cun diseñomoderno e acolledor aomesmo tempo, son as arepasvenezolanas, que se poden de-gustar con varios recheos.

Mais un dos pratos que máisestá a gustar a numerosaclientela que xa ten o bar sonas hamburguesas elaboradas a

partir de tenreira ecolóxica.“Están a ser un auténticoéxito. Os que as probaron dinque é unha carne moi xugosa,que ten moi bo sabor”, explicaSonia Valiño, que xunto conÁlex Seoane rexenta o local. Aparella está moi satisfeita coaacollida que está a ter o bar.

O Sapo Lambón taménofrece almorzos e ten unhaampla variedade de cervexasda casa Mahou, así comotamén dos mellores viños.

Nos próximos días estrearánunha carta de zumes naturais.Tamén teñen previsto elaborartortiñas con nata e chocolatepara as fins de semana.

Álex Seoane e Sonia Valiño, os propietarios do Sapo Lambón

Cultura e lecer 19Cerne 66. Xuño 2011

o colectivo enfócame ofreceobradoiros de fotografía

escolares de melide correron enprol da lingua

A asociación melidense En-contros fotgráficos e culturaisde Melide (Enfócame) preparaa impartición de varios obra-doiros de fotografía.

Este colectivo, que se fun-dou en decembro de 2010, xaleva feitas varias actividades,entre as que destaca un con-curso mensual de fotografía ouvarios obradoiros sobre com-posición, retoque de fotos ve-llas ou sobre fotografía

deportiva ou nocturna. Ogrupo ten previsto organizarunha exposición sobre o Cam-peonato Galego de kaiak ex-tremo nas próximas datas.

No mes de xuño, o sábado 18ofrecerán un obradoiro de ma-quillaxe dixital con Photos-hop. Para obter máisinformación pódense consul-tar as páxinas www.enfocame.es ou www.asociacionenfo-came.blogspot.com.

máis dun cento de cabalospercorreron a comarca

A ruta comezou en Melide e tiña un percorrido de 30 qm

uns 140 cabaleiros a lombosdos seus cabalos pasearon porvarios puntos da comarca na Iruta Cabalar da Terra de Me-lide, que se celebrou a come-zos de maio.

A excursión, organizadapola asociación ‘Cabaleiros deMelide’ partiu do casco ur-

bano melidense, para subiraos montes do Bocelo e poste-riormente descender ata aaldea de Furelos e chegar denovo a Melide a través do Ca-miño de Santiago. En total,uns 30 quilómetros de perco-rrido por paraxes naturais,lonxe do asfalto.

O alumnado do IES de Melidee o dos tres colexios da vilaparticiparon a finais de xuñona XI edición do Corremelide,unha carreira que vencella de-porte e lingua. Os participan-tes citáronse ás 11 da mañá naPraza do Convento -punto departida e meta da carreira-para percorrer un circuíto pe-chado polas rúas do casco his-tórico melidense.

Nesta edición tamén partici-paron escolares dos centros deToques e Visantoña.

ó remate da carreira e coaentrega de premios -para ascategorías de benxamín, ale-vín, infantil, cadete de 3º deESO, cadete de 4º de ESO exuvenil- unha representantedo alumnado leu un manifestono que renovou o compromisoda comunidade escolar coalingua galega, feito que é oeixo desta particular carreira.

Page 20: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

20 Cultura e lecer Cerne 66. Xuño 2011

A escola Ayude segue imparable Qmáis? cumpliu seis anos

sabia nova para o míticohospedaxe continente

O restaurante-hospedaxe Con-tinente de Melide reabriu assúas portas cun novo encar-gado á fronte. El é PedroCoego Galego, un mozo veciñode Agolada que, a pesar da súaxuventude conta cunha pro-bada experincia no mundo dahostalería.

Coego formouse na Escolade Hostalería de Santiago etraballou durante varios anosen diversos hoteis da cidade.Tamén impartiu clases sobreeste sector.

Agora está á fronte do Con-tinente dende o día 27 de

maio. A especialidade da casaserán os pescados e mariscosdas rías galegas e a carne ábrasa. Ofrecen menú do día abase de comida caseira, a unprezo de 8,50 euros, e as finsde semana traballan menúsespeciais e comida á carta. Etamén continuarán co servizode hospedaxe.

Coego amósame contentocoa “boa acollida” que está tero negocio dende o mesmo díada inauguración, no que esti-veron arroupados por familia-res, amigos e clienteshabituais.

rocío López, Pedro Coego e Silvia García

Alberto Buján, no centro, co equipo de camareiros do pub

O pasado 20 de maio, o pubQmáis? de Melide celebrou oseu sexto aniversario. O local,que rexenta Alberto Buján, es-treou nova imaxe nunha noitena que a festa durou ata altas

horas da madrugada. Ata opub achegáronse ducias depersoas que quixeron celebraros seis anos de vida deste pubque é un referente da movidamelidense. Parabéns.

Consegue o primeiro postona liga galega deloitas olímpicasen idade escolar

Equipo que tivo o triunfo na liga de loitas olímpicas escolares

Suma e segue. É o que pode di-cirse da traxectoria da EscolaAyude de Melide. despois deproclamarse líder do torneonacional de kick-boxing o pa-sado mes de marzo, maiotamén foi exitoso para o clube,liderado por Jose Ayude.

A comezos de mes asistironá segunda fase da liga galegade loitas olímpicas en idadeescolar, que se disputou enSantiago. Como soe ser habi-tual, a Escola Ayude gañou acompetición, o que lle permi-tiu sumar máis puntos e si-tuarse nunha posiciónpreferente para alzarse cocampeonato autonómico.

Nesta cita, debutou o com-petidor máis novo do clube,Antón Azarov, con tan só cincoanos e 16 quilos de peso, quefoi o foco de tódalas miradasdo encontro.

Varios deportistas do clubetamén participaron na IIICopa deputación de Ourensede kick boxing, na que sederon cita un total de 180competidores. A escola meli-dense logrou seis ouros e otrofeo á mellor deportista in-fantil feminina.

A última fin de semana de

Mellor clube naprimeira copadeputación daCoruña, que tivolugar en Melide

un momento da I Copa deputación, celebrada en Melide

maio quedará no recordo dosintegrantes da escola como adata na que conseguiron o pri-meiro posto na liga galega deloitas olímpicas en idade esco-lar. Á final, celebrada en Lugo,asistiron 200 competidores de113 equipos.

dende o equipo destacarona labor dos deportistas rubénSimón e Nahum Ayude, quegañaron tódolos enfrontamen-tos, demostrando a alta cali-dade técnica que abandeira óclube melidense.

copa deputaciónA I Copa deputación da Co-

ruña de kick boxing cele-brouse en Melide o 21 e 22 demaio. O evento contou cunhaelevada afluencia de público,que puido comprobar a cali-dade técnica dos competidoresque se deron cita.

A Escola Ayude conseguiuser profeta na súa terra e aca-dou o trofeo ó mellor clube.Tamén resultaron premiadostres deportistas.Nahum Ayudecomo mellor deportista infan-til masculino, Cristina Car-deiro na categoría de mellordeportista infantil feminino eCora Ayude como mellor de-portista senior feminino.

Page 21: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Cultura e lecer 21Cerne 66. Xuño 2011

A repostería melidense reparte máis de 800 quilosde melindres, ricos e amendoados no seu día grande

Aumento dasvendas no díada festa e na semana previa,segundo cifrasdos produtores

Aprobado porunanimidade oproxecto de denominaciónde festa galegade interese

Manuel San Martín, nun momento do pregón

Centos de persoas degustaron os saborosos melindres

A XX edición da Festa do Me-lindre e da repostería Tradi-cional será recordada comounha das máis exitosas encanto á asistencia de público eás cifras de vendas.

Segundo indicou a asocia-ción de repostería ‘Melide,terra doce’ -que integra ásprincipais casas de tradiciónreposteira en Melide- o día dafesta vendéronse máis de 800quilos de melindres, ricos eamendoados. Os melindreirosdestacaron un incremento ele-vado da venda durante o pro-pio domingo, pero taméndurante a semana previa áfesta, na que aumentaron con-siderablemente os encargosque recibiron.

durante o día grande o am-biente festivo, que tivo o seuepicentro na concorrida Prazado Convento, inundou toda avila. Foron centos de persoasas que se achegaron a degustaros doces tradicionais.

O pregoeiro deste ano, Ma-nuel San Martín -que inter-preta a Manuel Cabanas naexitosa serie Libro de Familia-dedicou unhas emotivas pala-bras á vila, da que dixo que “éo pobo ideal para a gravaciónde Libro de Familia, porque éun pobo de artesáns, melin-dreiros, zapateiros e telleiros”.San Martín recoñeceu o saborexquisito dos doces desta terrae recolleu o aplauso de tódolospresentes, en especial dos me-lidenses, xa que a serie queprotagoniza fixo máis coñe-cida, se cabe, á vila de Melide.

Homenaxe e lembranzaA homenaxe ao oficio dos te-lleiros foi outro dos momentosemotivos da festa. O pedáneodo Leboreiro e dúas mulleresque traballaron nas telleirasde Piñor e Furelos recolleronos agasallos que lle entregou oConcello en representación detódolos veciños destas tres pa-rroquias. O recoñecementocompletouse coa proxeccióndun documental que rememo-raba o traballo nas telleiras eno que participaron os propiosveciños contando as súas ex-periencias neste oficio.

Na festa tamén houbo unhasentida lembranza para a co-ñecida melindreira ‘Concha deLareo’, da Casa Melchora deMelide, que faleceu en datasrecentes.

O programa festivo comple-touse con numerosas activida-des para os máis pequenos.

Festa de interese turísticoA corporación municipal meli-dense aprobou por unanimi-dade -nun plenoextraordinario celebrado o 20

de maio- o proxecto para soli-citar a declaración de Festa ga-lega de interese turístico paraa Festa do Melindre, segundoindicaron dende o Concello.

No expediente, presentadopolo concelleiro de PromociónEconómica, Antonio díaz, fá-lase do “arraigamento da ela-boración artesanal darepostería, con máis dun sé-culo de historia na vila” e des-tácase a “singularidade eentidade propia”, de melin-dres, ricos e amendoados. Pre-cisamente o rico, é un produtoexclusivo da comarca.

O proxecto, que foi remitidoá Xunta -que terá que aprobaren Consello a declaración deinterese turístico- vai acompa-ñado de cartas de apoio dostres grupos políticos, así comodos ex-alcaldes melidenses oude diversos colectivos e asocia-cións da vial como é o caso deAsetem-Cca.

A declaración de interese tu-rístico abre as portas á conce-sión de axudas e subvenciónspara a potenciación da festagastronómica de Melide.

AXENDA XUÑO

-venres e sábados: concurso II ruta ‘Melide detapas’, en 18 establecementos de Melide. Máis infor-mación, páx. 4 e 5.

-xoves 9: Xornadas de Comercio. Claves para o éxitocomercial. No salón de actos de Asetem-Cca (r/LinoSexto Sánchez), ás 20.30 horas. Charla aberta a tó-dolos comerciantes da comarca.

-venres 10: Jazz con Fernández-Salgueiro-Fixel Trío.A partir das 23.30 horas na Fundación, (Avda. de To-ques e Friol, Melide)

-do mércores 15 ao xoves 30: exposición ‘Los agua-fuertes del Camino de Santiago’,de Jesús Trincado.No Edificio Multiusos de Melide.

-venres 17: monólogo de Alberte Montes. A partir das23.30 horas na Fundación (Avda. de Toques e Friol,Melide)

-sábado 18: obradoiro de maquillaxe dixital, impar-tido pola asociación Enfócame. Máis info, pax. 19

-novo show do humorista Carlos Blanco. Ás00.00 horas na Sala 600 de Melide

-venres 24: sesión de micrófono aberto, a partir das23.30 horas na Fundación (Avda. de Toques e Friol,Melide)

Os alumnos do Colexio Nº1 de Melide probaron recentementea súa arte facendo melindres. Estiveron moi atentos ás explica-cións que lles deu Alberto rodríguez, da Casa Estilo, e presi-dente da asociación de melindreiros ‘Melide Terra doce’.dende o amasado ata o resultado final, os cativos amosaron asdúas dotes para herdar a tradición reposteira da comarca.

Page 22: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Historias e recordos nosos

Xesús Núñez López

dende o pasado quince demaio saíron ás prazas dasprincipais cidades do Estadomoitos mozos e mozas, ao queseguiron descontentos, estu-siastas e outros moitos parasuscitar o atractivo slogan de-nominado “democracia realXa”. O movemento, baixo oprecepto da acción non vio-lenta, clama as súas consignascontra os que eles denominanculpables –especuladores,bancos, corporacións transna-cionais...- da crise económicaque directamente sofren os ci-dadáns e os Estados e doutrasdoenzas que tamén o mundooccidental está a padecer e ex-portar a aqueles países máispobres –contaminación, des-mantelamento do estado debenestar, perda de dereito so-ciais...- un movemento quecada vez parece cobrar máisforza, ao que se adhire unmaior número de persoas eson quen de manterse durantedías e noites nas prazas demoitas cidades para facersever e oír.

O curioso desta convocato-ria é que foi realizada por ungrupo de discusión informalque se denomina “Plataformade coordinación de grupospromobilización cidadá” queten como obxectivo fomentara discusión en aberto e apro-veita as novas redes sociaismediante a internet. Considé-ranse un grupo plural, diversoe con heteroxeneidade socialque se sitúa á marxe da polí-tica tradicional. As súas pro-postas cínguense a eliminar osprivilexios da clase política,loitar contra o desemprego,dereito a unha vivenda, servi-zos públicos de calidade, con-trol das entidades bancarias,maior fiscalidade aos que máis

teñen, liberdades cidadás e de-mocracia participativa e redu-ción do gasto militar.

Quizais o que están a susci-tar non se atopa lonxe dosenso común nin do que atodos nos gustaría, nin tam-pouco incluso do que se levasuscitando dende xa fai un bonúmero de anos en parladoi-ros, conversas informais, en-contros de tipo académico oucientífico...

As súas propostas en plenacampaña electoral non fixeronmáis que visibilizar aos des-contentos e críticos co modelono que vivimos. defínensecomo persoas comúns que amaior parte deles naceron nachamada democracia occiden-tal e mostran o seu descon-tento porque o modelodemocrático non é real. Convi-ven a cotío co que se sitúa ámarxe das promesas da demo-cracia, como son a corrupción,o amiguismo por riba do mé-rito e capacidade para optar aun emprego, a desidia social e,principalmente, porque porriba dos pequenos contextoslocais e dos Estados levántasea ditadura dos mercados queinflúe directamente nas vidasdas persoas.

Polo tanto, o lema principalque aglutina a todas estas per-soas é a toma de conciencia dovello slogan “outro mundo éposible”, co fin de que siga-mos tendendo cara a utopía deiso que vimos en chamar de-mocracia na contemporanei-dade. A interrogante quesuscita o título desta breve co-laboración débese a que o pro-ceso anúnciase longo, seguroque inacabado, e esperemosque non desvaneza porque oben común é o que está encuestión. Continuará.

Democracia Real Xa?

Xavier Pazo Blanco, presidente da Asociación de Troiteiros ‘río Furelos’No Cerne do pasado mes de

marzo falabamos do primeiroaniversario do pasamento dedon Eugenio Pazos reyes, di-rector Perpetuo da Banda deMúsica de Visantoña, ocorridoo 28 de dito mes.

Este excelentísimo amigo detodos, e meu, tíñame falado al-gunha vez sobre unha lonxanahistoria que se dicía tiña algoque ver coa súa parroauia deCouso, na Estrada (Ponteve-dra), sobre unha muller cha-mada ‘Pepa, a loba’, que seicaera ou andivera por aquelabisbarra.

Coa triste coincidencia dedata por un lado, e ledicia poroutro, resulta que o 28 demarzo de cada ano é día fes-tivo en Vigo, dende hai 203anos, por celebrarse congrande solemnidade o ‘día dareconquista’, coa vitoria con-tra os franceses de Napoleón,cuxa Praza Forte caera nassúas mans o día 31 de xaneirode 1808.

Nunha concisa nota explica-remos esa historia real, que di:toda a noite do día 27 loitraronsen descanso as Milicias Hon-radas de Vázquez Varela, axu-dados por dúas fragatasinglesas dende a ría, contra astropas do xeneral francés Cha-lot, ata que ó amencer do día28, alzaron a bandeira brancaen sinal de rendición.

Pero antes, un galego cha-mado ‘Carolo’, ó intentar ra-char a machetazos a portachamada da ‘Gamboa’, doforte onde estaban atrinchei-rados os franceses, cae morto.Continúa a labor coa mesmamachada Bernardo Gonzálezdel Valle, coñecido por ‘Cacha-muíña’, comandante do Exér-cito, ata que tamén cae feridopor catro balas inimigas.

ó día seguinte da vitoria,‘Cachamuíña’ -cuxo apodo é

de supoñer que lle viña por ternacido na aldea ourensá desenome- é nomeado coman-dante e gobernador da Prazade Vigo.

di a historia que unha tata-raneta de ‘Cachamuíña’, cha-mada María Canal rodríguez,faleceu en vigo o 8 de outubrode 1991. Esta mesma mullerera neta do famoso José ro-dríguez, coñecido polo ‘Tra-tante’, natural de Cenlle(Ourense), a quen lle tiñamedo a bandida ‘Pepa, a loba’.Quen era ‘Pepa, a loba’? dequen me falaba o amigo -sem-pre no recordo- don EugenioPazos reyes?

de ‘Pepa, a loba’ dise quepuido nacer en Couso, A Es-trada, ou por aquela zona, noano 1835. Era filla de nai sol-teira, cuxo pai dicíase que eraun irmán do tendeiro do pobo.

dende moi nova gardáballeas ovellas a súa tía dorinda, eun día, ó ser atacado o rabañopor un lobo, enter a rapazacun pao e o seu can ‘Lueiro’mataron ó lobo, saíndo ela fe-rida, pero coa axuda do seu fielcan puido chegar á aldea.

Súa nai, chamada Falucha, éviolada na súa casa por undescoñecido diante de Pepa.Quedou embarazada e ós novemeses dou a luz a un neno,pero falece ela no parto emorre tamén o neno.

A tía dorinda, ademais demandala gardar as ovellastamén a facía ir polas feiras emercados a pedir esmola.Máis tarde mándaa servir paraa casa do tendeiro, coa inten-ción de recoller algúns cartosa cambio do traballo de Pepa.Pero o tendeiro cóllelle cariñoe como non ten fillos, adóptaaa ela como tal.

ó mesmo tempo, o tendeirocontrata a un estudante paraque lle ensine cultura a Pepa,

pero estudiante e alumna na-móranse e fanse noivos.

O tendeiro fai testamento afavor de Pepa e ó pouco tempoaparece asasinado cun coitelocravado no peito. Aínda queno pobo pensan que o crimefoi obra do irmán do tendeiro-que viña sendo o pai de Pepa-foron acusados oPepa e máis onoivo, saíndo éste absolto ePepa condenada a cadea per-petua.

Este erro da xustiza convirtea Pepa nunha persoa chea derancor e con moitas gañas devinganza. Cando levaba algúnsanos na cadea de Pontevedra,pediu auxilio espiritual do ca-pelán da prisión, e cando que-daron sós, mallou ó curo atadeixalo inconsciente e entónela puxo o traxe do capelán esaeu pola porta da cárcere senproblema.

Entón visteuse de home esaiu da capital pontevedresacoa intención de vingarse doirmán do tendeiro, suposto paidela. Faise cunha pistola e di-ríxese a Couso, onde ó dar conel, mentres ela o ameaza coaarma, fai que o seu fiel can‘Lueiro’ lle dea morte.

Éste era o seu primeirocrime. despois escapa para omonte, onde se fai xefa dunhapartida de bandoleiro quelevan a cabo moitos roubos etamén mortes, asaltando óscamiñantes, pazos, casas for-tes e casas reitorais, todo elosempre na provincia de Ponte-vedra.

Convertida en ‘Pepa, a loba’-tamén sería por matar o lobo-era temida por moitos, ex-cepto segundo se dixo antes,por José rodríguez, o ‘Tra-tante’ de Cenlle (Ourense), eadmirada por outros que com-partían a súa rebeldía de po-breza de cara os ricos, ainxustiza e a crueldade.

22 Colaboracións Cerne 66. Xuño 2011

PecheÁnxeles vázquez, candidata a presidir a FeGAmpA alcaldesa electa de Melide,Ánxeles Vázquez, perfílasecomo nova presidenta da Fe-deración Galega de Munici-pios e Provincias (Fegamp), ensubstitución de Carlos Fernán-dez (alcalde en funcións deAmes, PSOE) trala derrota dossocialistas o 22-M.

O PP quere para o posto a

unha muller, para rachar conmáis de 20 anos de presiden-cia masculina nesta entidade.

Os requisitos que manexanos populares para a persoa queocupe este cargo son que pro-ceda dunha vila mediana, nincidade nin con menos de5.000 habitantes, e que contecon maioría absoluta, caracte-

rísticas que reúne Vázquez.Antes estas informacións, a

propia Ánxeles Vázquez ase-gurou a Cerne que “non hainada decidido, simplemente éunha das opcións que se bara-llan, pero non hai nada máis”.“Eu son unha persoa de par-tido e traballarei con cargo ousen el”, afirmou rotunda.

Page 23: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

Entrevista 23Cerne 66. Xuño 2011

TOñO PuMAr PATIñO, TOñO PELuQuErOS

“Asisto a cursos tódolos anos paraestar ao día nas novas tendencias”O feito de que súa irmá fose perruqueira foi decisivo para que Toño Pumar

se decantase por este oficio. Tras comprobar que o de peinar cabeleiras se

lle daba ben decidiu formarse nunha academia da Coruña e facer varios

cursos en Madrid e Barcelona. Pouco despois de cumprir os 18 xa tiña o

título. A pesar de toda a experiencia que acumulan as súas mans

-leva máis de 22 anos traballando- un dos seus segredos é a formación

constante. Coñecer ó cliente e adaptar o que se leva aos seus gustos, así

como usar produtos da mellor calidade son as claves do seu negocio.

Toño posa na súa perruquería, situada na ronda de Pontevedra, 59.

“A clientela écada vez máisatrevida ante astendencias. Euadáptome aoque me pidan”

“Ante a crise,sempre tivenclaro que habíaque mellorar o negocio paramanterse e termáis clientes”

-como comezou nomundo da perruquería?-Foi por miña irmá. Ela era pe-rruqueira e eu estaba sen facernada. Primeiro comecei pei-nando unha modelo (muñeca)e despois probei en persoas ecomo vin que se me daba bendecidín sacar o título. Con 19anos xa fixera o curso e des-pois estiven formándome enMadrid e Barcelona.

-despois formou unha so-ciedade coa súa irmá-Comezamos a traballar xun-tos e logo decidimos ampliar onegocio. O problema era queestaba ás aforas de Melide, noCampo Grande, e había xenteque non sabía do noso estable-cemento, pero aínda así traba-llabamos moi ben.

-cando montou a súa pro-pia perruquería?-Hai uns oito anos miña irmátivo que deixalo. decidimosseguir a miña muller, Ana, quelevaba traballando con nós 14anos e eu. Tivemos varias em-pregadas. despois de catroanos, decidimos cambiarnospara onde estamos agora, naronda de Pontevedra.

-o cambio de ubicaciónfoi un punto de inflexiónno negocio-Aquí estamos mellor, somosmáis visibles para a clientelaen xeral, porque no outro localhabía xente que non nos coñe-cía ao estar situados ás aforas.Antes estabamos nunha se-gunda planta sen ascensor,polo que era moi difícil captará clientela máis maior. Aquíhai máis movemento, e apro-véitanse mellor as mañás, queeran moito máis tranquilas naoutra perruquería. En agostofará tres anos que nos trasla-damos, e por agora, estamosmoi contentos co cambio.

-cales foron os motivosque lle empuxaron a darese paso?-Por aquela época xa se come-zaba a falar de crise e eu pen-sei que había que facer algopara mellorar o negocio epoder manterse. Aí foi candodecidín cambiar de ubicación.

-despois de tanto tempono sector, xa terá unhaclientela fiel-Temos unha boa clientela,entre a que hai xente de tóda-las idades e de tódalas clases,con similar número de mulle-res e de homes. Hai xente queleva toda a vida e outra que vaicambiando, pero por sortesempre aparecen clientesnovos. Temos moita xente quevive fóra e que vén a Melide devacacións e fan reservas paratodo o verán.

-Que é o que máis traba-llan?-Facemos de todo. dende ostraballos máis habituais delavar, cortar e peinar, pasandopor tintes e mechas, ata exten-sións, alisado brasileiro -anteschamado xaponés- ou alisadocon keratina. Tamén traballa-mos moito peinados de noiva.

-en tratamentos de be-leza, que ofrecen?-Traballamos maquillaxespara todo tipo de ocasións, de-pilación facial e manicuras.

-cales son as tendenciaspara esta tempada?-Agora mesmo non se podefalar de tendencias definidas.Lévase un pouco de todo. Lé-vanse os cortes tipo ‘bob’ e osmarróns e rubios. Os clientes

están pedindo cousas moi va-riadas e cada vez son máisatrevidos e lles gusta máis quese lle noten os cambios. Euadáptome ó que me pidan eatrévome con todo, inten-tando facelo sempre o mellorposible.

-non obstante, este nego-cio require ter unha for-mación actualizada-Saber o que se leva é esencial.Eu estou formándome conti-nuamente. Vou a Madrid afacer varios cursos cada ano evisito feiras especializadasporque hai que estar ao díanas tendencias. Gustaríame ira Londres, porque é onde sefan os mellores congresossobre perruquería e de ondeveñen as tendencias.

-As perruquerías son un

negocio moi extendido,nótase a competencia?-Hai competencia nos prezos,que dependen moito dos pro-dutos que se utilicen. Nós tra-ballamos coa marca L’Oreal eestamos moi contentos coa ca-lidade. Hai sitios nos que tra-ballan con produtos de menoscalidade, polo que o clientepaga menos. Tamén hai queter en conta o traballo do pro-fesional, se sabe poñer uncolor ou facer un corte axei-tado á cara da persoa. Aí éonde se ve a profesionalidade.

-Aféctalles a crise?-Nótase sobre todo nos clien-tes habituais, que seguenvindo, pero menos veces.Outro factor importante é quetamén descenderon o númerode vodas. Aínda así, seguimostendo unha clientela ampla.

Page 24: Nº 66. Xuño 2011. Distribución gratuíta As urnas relevan ... · depuradora P14 entrevIstA toño pumar, toño peluqueros “Asisto a cursos formativos cada ano para estar ao día

CERNE Cerne 66. Xuño 2011