20

incubadora.com.esincubadora.com.es/betanzossemanasanta/wp-content/uploads/2018/03/Re...U n dos momentos cumios no Evan-xeo é cando Xesús convida ao seu seguimento: «Se algún quere

Embed Size (px)

Citation preview

'''''''''''''''

VENRES 23 DE MARZOna Igrexa de San Francisco

Ás 20:45 h Concerto por conta do coro Cantábile

SÁBADO 24 DE MARZOna Igrexa de Santiago

Ás 21:00 h Concerto da Coral Polifónica de Betanzos

DOMINGO 25 DE MARZOna Igrexa de San Francisco

Ás 20:45 h Concerto por conta do Grupo Vocal SondeNós

LUNS 26 DE MARZOna Igrexa de Santiago

Ás 20:45 h Concerto por conta de María Lueiro, soprano;Pablo Carballido, tenor; Pedro Martínez, barítono

e Ayaco Zemba, pianista.

MARTES 27 DE MARZOna Igrexa de Santiago

Ás 20:45 h Concerto por conta de Clara Jelihovschi, soprano,e Florian Vlashi coa Camerata Brigantina.

Un dos momentos cumios no Evan-

xeo é cando Xesús convida ao seu seguimento: «Se algún quere vir en pos de min, que

se negue a si mesmo, tome a súa cruz e me siga» (Mt 16, 24). Faino despois de que Pedro o recoñecese como o Mesías, e rexei-tase a nosa redención por medio da cruz.

En ningún momento Xesús nos ofrece “librarnos da cruz”. Hai persoas anoxadas con Deus porque Deus non os librou da cruz. É máis: estando Xesús crucificado entre malfeitores, ao “bo ladrón” non o libra da cruz.

Na vida cristiá sempre haberá cruz, non podemos soñar unha vida sen cruz. A cruz non se busca, vénnos dada.

Xesús convídanos a camiñar con El, levando con El nosa cruz, non nos deixa sós ante as dificultades da vida, quere que o acom-pañemos para que aprendamos del a levar as nosas cruces.

A Semana Santa é contemplación da Paixón e a Paixón é esco-la de vida. A imaxe do noso cartel é un recordatorio de que Xesús nos convida a cargar coa nosa cruz e acompañalo para aprender del, para vivila con El.

Directamente pregúntoche: Tes cruces na túa vida? Es capaz de levala ti só?

Xesús chámate: “sígueme”.

actos previos

venres 16 DE MARZO no Salón Azul do edificio LiceoÁs 12.00 h Acto de presentación da Semana Santa 2018

XOVES 22 DE MARZO no Salón Azul do edificio LiceoÁs 20:30 h Conferencia de José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro, cronista oficial da cidade de Betanzos, “Percorrido histórico pola Se-mana Santa de Betanzos”.

VENRES 23 DE MARZO no Salón Azul do edificio LiceoÁs 12:00 h Presentación do III Ciclo de Música Sacra, coa asistencia dos principais protagonistas desta edición.

na igrexa de San FranciscoÁs 19:30 h Apertura ao público das maquetas de arte sacro cedidas por Francisco Escudero e a continuación, misa solemne na honra da Nosa Señora das Dores.

SaBADO 24 DE MARZO na igrexa de SantiagoÁs 20:30 h Pregón da Semana Santa por conta de D. Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo.

`

Nosa Señora das Dores

Paso da entrada de Xesús en Xerusalén

Domingo de Ramos na Paixón do Señor, cando o noso Señor Xesucristo, como indica a profecía de Zacarías, entrou en Xerusalén sentado sobre un asno, e ao seu encontro saíu a multitude con ramos de oliveiras.

10:00 h Misa na igrexa das Madres Agostiñas10:30 h Misa na igrexa dos Remedios12:00 h Misa na igrexa de San Domingos13:00 h Misa na igrexa de San Martiño de Tiobre17:30 h Beizón de ramos no adro da igrexa de San Domingos e proce-

sión ata a igrexa de San Francisco.18:30 h Misa solemne de Domingo de Ramos na igrexa de San Fran-

cisco. Finalizada a Santa Misa PREGÓN INFANTIL DA SE-MANA SANTA por conta de Candela Gómez Sánchez

Seguidamente a procesión regresará ata o templo de San Domingos.

N.B. Acompañará a procesión a Banda Acotaga e a Banda Infantil de Tam-bores Acotaga de Ferrol..Suprímese a misa das 13:00 h na igrexa de Santa María do Azougue e a das 19:30 h na igrexa de San Domingos

DOMINGO DE RAMOSdía 25 de marzo

g g

`

MARTES 27 DE MARZOna igrexa de San DomingosÁs 19:00 h Acto penitencial e misa

MeRCORES 28 DE MARZOna igrexa das Madres AgostiñasÁs 19:30 h MisaÁs 20:00 h Procesión VIA CRUCIS, polo casco histórico, ata a igrexa de Santa María do Azougue

N.B. Acompañará a procesión a Banda de Tambores da Asociación Musical Cristo de la Buena Muerte de Ferrol

Coa Misa da Cea do Señor evocamos aquela cea na cal o Señor Xesús, na noite en que ía ser entregando, amando aos seus que estaban no mundo, ofreceu a Deus Pai o seu corpo e o seu sangue baixo as espe-cies do pan e do viño e entregounos aos apóstolos para que os sumisen, mandándolles que eles e os seus sucesores no sacerdocio tamén os ofrecesen.

CELEBRACIÓNS:MISA DA CEA DO SEÑOR 17:00 h Residencia García Irmáns 18:00 h Igrexa das Madres Agostiñas 19:00 h Igrexa de Santiago

HORA SANTA 23:30 h Igrexa de Santiago

XOVES SANTOdía 29 de marzo

Despedida da Virxe Dolorosa no adro de Santa María

PROCESIÓNS:Ás 21:30 h PROCESIÓN DO SANTO ENCONTRO

Desde a igrexa de Santa María: - Paso de Xesús atado á columna - Paso de Xesús Nazareno de Medinaceli - Paso do Cristo da Misericordia ou dos Mareantes

Desde a igrexa de San Francisco - Paso do Ecce Homo

Desde a igrexa de Santiago - Paso da Virxe Dolorosa

Procesión do Santo Encontro na Praza da Constitución

Paso do Ecce Homo

Na praza da Constitución:CERIMONIA DO SANTO ENCONTRO

No adro de Santa MaríaCERIMONIA DE DESPEDIDA

N.B. Participarán as sopranos Victoria Álvarez e Cristina LópezAcompañarán a Procesión a Banda de gaitas e tambores Zucurrundullo de Castroverde (Lugo), a Banda Acotaga e a Banda Infantil de Tambores Aco-taga de Ferrol.

Paso do Cristo da Misericordia

venres SANTOdía 30 de marzo

A Igrexa, meditando sobre a Paixón do seu Señor e Esposo e adorando a Cruz, conmemora o seu propio nacemento e a súa misión de esten-der a toda a humanidade os seus fecundos efectos, que hoxe celebra, dando grazas por tan inefable don, e intercede pola salvación de todo o mundo.

CELEBRACIÓNS:VIA CRUCIS ESCENIFICADO 12:00 h Na igrexa de Santa María

CELEBRACIÓN DA MORTE DE XESÚS 16:00 h Residencia García Irmáns 17:00 h Igrexa das Madres Agostiñas 18:00 h Igrexa de Santiago

Paso do Santo Sepulcro

PROCESIÓNS: 19:30 h SANTO ENTERRO

Sairá da Igrexa de San Domingos cos pasos do Cristo das Ánimas, Nosa Señora da Angustia, Santo Sepulcro e Nosa Señora da Soidade.

N.B. Acompañarán a Procesión a Agrupación musical Virxe da Amargura e a Asociación Musical Cristo de la Buena Muerte, ambas as dúas de Ferrol.

22:00 h OS CALADIÑOSSairá da Igrexa de San Francisco cos pasos da Santa Cruz e da Nosa Señora das Dores.

N.B. Acompañarán esta procesión a Asociación Musical Cristo de la Buena Muerte de Ferrol e a Banda Municipal de Betanzos. N.B. En ambas as procesións participará a soprano Clara Jelihovschi.

Paso de Nosa Señora das Dores “Os Caladiños”

Paso do Cristo das Ánimas

SABADO SANTOdía 31 de marzo

AAA'

Durante o Sábado Santo a Igrexa permanece xunto ao sepulcro do Se-ñor, meditando a súa paixón e morte, o seu descenso aos infernos, e abstense absolutamente do sacrificio da Misa.

SERMÓN DA SOIDADE 12:00 h Na igrexa de San Domingos

PROCESIÓN DA SOIDADE 18:30 h Sairá da igrexa de San Domingos cos pasos de San Xoán

Evanxelista e da Nosa Señora da Soidade.

N.B. Participará na procesión a soprano Nuria Lemos.Acompañarán a procesión a Banda Acotaga, Banda Infantil de Tambores Acotaga de Ferrol e a Agrupación musical Virxe da Amargura de Ferrol.

Segundo unha antiquísima tradición, esta é unha noite de vela en hon-ra do Señor e a Vixilia que ten lugar nesta, conmemorando a Noite Santa na que o Señor resucitou, ha de considerarse como “a nai de todas as Santas Vixilias” (santo Agostiño). Durante a Vixilia, a Igrexa espera a Resurrección do Señor. Esta Vixilia é figura da Pascua auténti-ca de Cristo, da noite da verdadeira liberación, na cal, “rotas as cadeas da morte, Cristo ascende vitorioso do abismo”.

VIXILIA PASCUAL 20:30 h Residencia García Irmáns 21:00 h Igrexa das Madres Agostiñas 22:00 h Igrexa de Santiago

Paso de Nosa Señora da Soidade

DOMINGO DE PASCUAdía 1 de abril

Este é o día en que actuou o Señor, a solemnidade das solemnidades e a nosa Pascua: a Resurrección do noso Salvador Xesucristo segundo a carne.

CELEBRACIÓNS DA MISA DE PASCUA: 10:00 h Igrexa das Madres Agostiñas 10:30 h Igrexa da Nosa Señora dos Remedios 12:00 h Igrexa de San Domingos 13:00 h Igrexa de Santa María do Azougue 18:30 h Igrexa de San Francisco 20:00 h Igrexa de Santiago

Feliz Pascua de Resurrección

1010 3:300 hh Igrexa da Nosa Señora dos Remedios12:000 hh Igrexa de San Domingos1313113:0:0:0:0000 hhh Igrexa de Santa María do Azougue1818181111 :3:3: 00 hhh Igrexa de San Francisco2020000000000000:0:0:0:0:0:0:0:000:0:0:0000000000000000000000000000 hh Igrexa de SaSaSaSSSSSSSSS ntiago

FFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeellllllllllllllllllllllllllllllllllllllllllllllliiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiizzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz PPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPaaaaaaassssssssccccccuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa ddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee RRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRReeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeesssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuurrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrreeeeeeeeecccccccccccccccccccccccccccccccccccccccciiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiióóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóóónnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnn

unha ollada ao pasado

Procesión Xoves Santo 1894Foto de Martínez Santiso.- Aquivo municipal

Procesión do Santo Enterro 1935