14
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 60 - abril de 2015 A Lei de autonomía per- soal e atención á de- pendencia (LAPAD), co- ñecida como lei de depen- dencia, é unha norma im- prescindible; para CCOO é o cuarto piar do estado do be- nestar. Tanto é así, que a consideramos unha das nosas prioridades desde hai case dúas décadas. Porén, as persoas con dependencia están a sufrir especialmente os recortes. / PÁX. 5

N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 60 - abril de 2015

ALei de autonomía per-soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-

ñecida como lei de depen-dencia, é unha norma im-prescindible; para CCOO é ocuarto piar do estado do be-

nestar. Tanto é así, que aconsideramos unha dasnosas prioridades desde haicase dúas décadas. Porén,as persoas con dependenciaestán a sufrir especialmenteos recortes. / PÁX. 5

Page 2: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

GaliCia SiNdiCal Número 60 - abril de 2015

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / DIRECCIÓN: Juan Martínez / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normalización Lingüís-tica / EQUIPO DE REDACCIÓN: Xesús Castro, Castor Fernández, Begoña Méndez, Silvia Parga, Benxamín Rocha, Francisco Carrera, Xerardo Uz / COLABORA-CIÓNS: Violeta Esteban, Adela Poisa, Demetrio Martínez, Ramón Górriz / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 28/4/2015

Aactual situación econó-mica repite os patrónsque explicaban a que se

viviu a finais do século XIX. Quenacaparaba a maior parte da ri-queza e do poder tomou deci-sións especulativas que em-purraron as familias a situa-cións de máxima pobreza. Aconsecuencia foi que, paramanter un teito e algo quecomer, todos os membros tiñanque traballar xornadas intermi-nables á custa da súa saúde.Esa situación, xeneralizada

en todos os países onde a in-dustria se abría paso, foi oxerme da loita obreira, dun mo-vemento en defensa de derei-tos que mellorasen as condi-cións de vida e de traballo damaioría da poboación.Podemos ver, polo tanto, cer-

tos paralelismos entre a situa-ción actual e a de 1886 nosEstados Unidos. Daquela, a rei-vindicación dunha xornada la-

boral de oito horas motivouunha masiva mobilización quecomezou o 1 de maio. En Chi-cago, as protestas foron repri-midas a sangue e lume.Hoxe, como hai máis dun sé-

culo, millóns de traballadoras etraballadores padecen unhascondicións laborais en cons-tante degradación por culpadunha crise económica de raízespeculativa. A precariedade,ademais, é a maior aliada dasinistralidade. Un dato: o anopasado morreron en Galicia 59persoas en accidente laboral.Só con aplicar de xeito firme alexislación vixente, as cifras se-rían ben distintas.

PobrezaÉ dramático afirmar que, ac-

tualmente, ter un emprego nongarante saír da pobreza, por-que hai familias enteiras conexiguos ingresos que nonabondan para pagar os gastos

CAIXA DO CORREO «GALICIA SINDICAL»

básicos. Por se a situación nonfose xa nefasta, os culpablesda crise queren agudizala conacordos de libre comercioentre os Estados Unidos e aUnión Europea, o chamado TTIP,que ampara o dúmping sociale rebenta a soberanía das de-mocracias do vello continenteNo noso país, Galicia, case

300000 persoas están desem-pregadas. Hai cen mil fogarescon todos os membros en paroe, destes, en 35000 non entraningún tipo de ingreso. Nestasituación, as persoas deben sero primeiro, mais o Goberno nono ve así. Baste sinalar o exem-plo da atención ás persoas condependencia: o recorte econó-mico nas prestacións e oatraso no seu pagamento fanque cada vez sexa máis fre-cuente que unha persoa de-pendente morra sen chegar acobrar a prestación a que tiñadereito.

Máis exemplos témolos nanosa sanidade e educaciónpúblicas, albo dos autores dacrise, empeñados en chegar aunha situación en que, comohai cen anos, só accedan aestes servizos esenciais quenteña cartos abondos.E recortes tamén en dereitos:

centos de sindicalistas foronxulgados ou están á espera dexuízo en todo o estado. O seuúnico «delito», exerceren o seudereito constitucional á folga.Hai unha criminalización dolabor sindical, respondido cadavez con maior frecuencia coaporra e coa lei, como a nefas-ta Lei mordaza. Pasaron 129anos dos sucesos de Chicagoe 125 des que comezou a con-memorarse no estado españolo Primeiro de Maio, Día Inter-nacional da Clase Traballadora.Hoxe, coma daquela, a loita daclase obreira sempre se tradu-cirá en avance e progreso.

Como o resto do Estado, Gali-cia móvese utilizando os dife-rentes sistemas de transportepúblico: estrada, ferrocarril, ma-rítimo e aéreo. Con todo, enliñas xerais, utilízase mormenteo transporte privado, o que oca-siona maior conxestión das es-tradas e das cidades, dificulta-des engadidas no transporte de

mercadorías e un elemento im-portante de contaminación domedio ambiente.

Isto acontece en boa medidaporque as Administracións, res-ponsables directas da planifica-ción, organización e execuciónde estruturas –neste caso, aXunta de Galicia–, nunca amo-saron un interese real por de-señar, planificar e investirnunha rede intermodal queatanga a todos os medios detransporte públicos.

En Galicia non hai intemoda-lidade entre o ferrocarril e asestradas tanto para traxectosinterurbanos como para cone-xións co transporte urbano nascidades, non hai intermodali-dade co transporte marítimo deviaxeiros nin cos aeroportos. Omesmo acontece coas mercado-rías: na maioría dos portos deGalicia tampouco existe inter-modalidade nin coas estradas,nin co ferrocarril, nin moitomenos co avión.

Unha sociedade que nonplanifica a mobilidade da cida-danía e da súa produción sem-pre será unha sociedade im-perfecta e con graves carenciasque prexudicarán directamen-te a calidade de vida das per-soas e a súa economía.

Gregorio BermejoFerrol

Intermodalidade

Page 3: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

3

www.galicia.ccoo.es

GaliCia SiNdiCalNúmero 60 - abril de 2015

Odía 24 de maio hai citacoas urnas. En moitascomunidades autónomas

conflúen as eleccións autonó-micas e as municipais. En Ga-licia non, só hai eleccións muni-cipais, o que pode levarnos apensar que é unha cita menorque non precisa da nosa parti-cipación. Mais non é así.Nos concellos decídense moi-

tas cousas que repercuten nanosa calidade vida e tamén notraballo, porque os concellospoden e deben representar unpapel determinante, que enCCOO reivindicamos de vello:poñer as persoas no centro daspolíticas.Os servizos sociais impres-

cindibles no momento actual,independentemente de quecumpra revisar o seu financia-mento para adecualo ao marcode competencias, préstanse edefínense neste ámbito que é omáis achegado á cidadanía: osservizos de emerxencias, asiniciativas de emprego no ám-bito local, o transporte públiconas zonas urbanas ou, nalgúnscasos, tamén as escolas, sonunha mostra dos servizos quecompeten aos concellos e, se-gundo se presten, benefíciansemáis ou menos persoas. Por-que non é o mesmo facelodesde a iniciativa pública favo-recendo o acceso en condi-cións de igualdade para todo omundo, que facelo desde a ini-ciativa privada para beneficiodunhas poucas persoas con re-cursos.

Pero desde os concellos nonsó se prestan servizos, senónque neles tamén se define otipo de municipio onde vivi-mos. Os modelos urbanísticosadoptados –tanto na vertentesocial de favorecer o acceso ávivenda como na ambiental–, oapoio aos diferentes sectoresprodutivos, a participación so-cial, a aposta polo deporte e acultura son, entre outras, com-petencias das políticas munici-pais que, unha vez materia-lizados, se concretan en conce-llos destinados ás persoas ouen concellos ao dispor dos in-tereses económicos.Por iso é necesario que os

gobernos elixidos nas urnasasuman a necesidade de im-plantar medidas que impulsena reconstrución dun modelomunicipal que teña como ob-xectivo a creación de empregode calidade, a igualdade, a pro-tección social das persoasmáis necesitadas e a participa-ción e a xustiza social.Porque levamos máis de sete

anos de crise nos que, desdeos diferentes ámbitos de go-berno, se aplicaron políticasbaseadas na austeridade, nosrecortes en servizos e presta-cións públicas con deteriora-ción do estado de benestar,perda de dereitos laborais e so-ciais e retroceso nas condi-cións de vida e de traballo, queestán condenando a milleirosde traballadores e traballadorasa situacións de pobreza e em-purran a moitos mozos e

mozas a abandonaren o paíspor falta de expectativas deatopar un emprego e desenvol-ver un proxecto de vida en Ga-licia. E así non saímos da crisenin salvamos as persoas. Haique reverter a situación.

ObxectivosCCOO non promove o voto

para ningunha opción política es-pecífica, só sinala cales entendeque deben ser os obxectivos cen-trais dos partidos políticos: aigualdade, a cohesión social e o

benestar de toda a poboación.Polas razóns expostas, e por

máis, son importantes as elec-cións municipais como tamén oé a nosa participación nelas. O re-sultado das eleccións determi-nará a vida nos concellos osvindeiros catro anos e, ademais,tendo en conta o momento de in-certeza política e social que vivi-mos, a persistencia da crise, odescrédito da política e a apari-ción de novas forzas políticas,transcenderá a vindeiros proce-sos electorais.

Page 4: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

GaliCia SiNdiCal Número 60 - abril de 2015

4

www.galicia.ccoo.es

Oaparato mediático conser-vador, fortemente com-prometido coa defensa da

reforma laboral do Goberno doPP que serviu para desvalorizaros salarios, destruír emprego ereducir os dereitos dos traballa-dores e das traballadoras, esco-lle agora a Xustiza como albodas súas diatribas, tras distintassentenzas xudiciais que nosderon a razón.Algúns medios de comunica-

ción económicos cren que a Xus-tiza mete o zoco con frecuenciacando dita sentenzas que afectaná reforma laboral. Fan culpablesos xuíces con lindezas comoesta: «a acumulación de senten-zas xudiciais abertamente contra-rias á reforma laboral en vigorconstitúen un despropósito, por-que a inseguridade xurídica queestán a xerar os xuíces responsa-bles deses autos pode acabarsendo moi prexudicial para aeconomía española». Todos elesestán fortemente comprometidoscoa defensa da reforma laboraldo Goberno conservador, unhareforma que serviu para desvalo-rizar os salarios, transvasar ren-das do traballo ao capital, destruíremprego, reducir os dereitos dostraballadores e romper o equili-brio das relacións laborais, incre-mentando o poder empresarial.Quéreno todo. Non contentos

coa creba das relacións laboraise da negociación colectiva que in-troduce a devandita reforma; in-saciables coa vulneración dedereitos laborais e decididos par-tidarios da ofensiva contra opoder contractual dos sindicatos,o aparato mediático conservador

carga contra a Xustiza. Pretendenque os tribunais se sometan ánorma política e ignoren cons-cientemente que cando a normapolítica cuestiona o texto consti-tucional ou o dereito comunitario,o que debe facerse é cambiar anorma.Onte foron as interpretacións

xudiciais sobre os expedientes deregulación de emprego e o in-cumprimento dos procedemen-tos por parte dos empresarios;agora é a sentenza do 15 de abrilda Sala Social do Tribunal Su-premo sobre o ERE de Coca-Cola,a partir dunha reflexión temerariae irresponsable sobre os dereitoslaborais e o emprego. Xulgan odereito a traballar coma se dunprivilexio se tratase e pídenllesaos tribunais que non entorpezano obxectivo empresarial, a miúdoobsesionado co despedimentomasivo de traballadoras e traba-lladores. Nun país con 5,5 mi-llóns de persoas en paro, adereita mediática máis ultramon-tana non dubida en incrementaresa insoportable cifra, se con isoabre camiño á demanda empre-sarial de despedimento libre e, deser posible, case gratuíto.É a lei da selva. Seguramente

se escuden estes propagandistasen que son os empresarios osque crean emprego e non sepode «actuar contra eles». Repe-tirán unha e mil veces que a re-forma laboral é unha normabásica para impulsar a creaciónde emprego e omitirán á man-tenta que nos tres anos de vixen-cia da sacrosanta reforma do PPse destruíron centos de miles depostos de traballo.

Pouco ou nada lles importaráque o dereito comunitario insis-tira na obriga de boa fe na nego-ciación colectiva, un obxectivoque resulta incompatible coa vio-lación de dereitos fundamentais,que é o que ocorreu durante operíodo de consulta, causa deci-siva no preito de Coca-Cola.Por iso, cando estes medios

tentan recorrer á autoridade doConstitucional ou ás recomenda-cións do presidente do BancoCentral Europeo para profundarna desregulación do mercado de

traballo, só cabe responderllescoa necesaria lexitimidade da ac-ción da Xustiza, do respecto aodereito do traballo, á propiaConstitución e á lexislación co-munitaria. Os problemas de apli-cación da reforma laboral do2012 non son da Audiencia Na-cional ou de calquera tribunal,senón de maneira singular, dosseus autores; son o resultado daescasa e defectuosa calidade téc-nica da lei. Á fin e ao cabo, aCCOO son as persoas as que nosinteresan, non só as estatísticas.

Alegría dos trballadores e traballadoras de Coca-Cola polo fracaso do ere

Page 5: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

5

www.galicia.ccoo.es

GaliCia SiNdiCalNúmero 60 - abril de 2015

ALei de autonomía persoale atención á dependencia(LAPAD), coñecida como

lei de dependencia, é unhanorma imprescindible; paraCCOO constitúe o cuarto piardo estado do benestar. Tanto éasí, que a consideramos unhadas nosas prioridades desdehai case dúas décadas, candose materializou no primeiroacordo público subscrito entreCCOO, UGT, a patronal e o Go-berno. Corría o ano 2001, haixa preto de tres lustros. Aíndaquedaría camiño por percorrer,ata que no 2005 chegou opacto que sentou as bases paracomezar a traballar a fondonesta materia e desembocaría,en decembro do 2006, na apro-bación da LAPAD.A expectativa de vida aumenta

progresivamente e isto leva con-sigo que haxa máis persoas conproblemas de dependencia; é unfeito constatado que, na maioríados casos, os problemas apare-cen a partir dos 65 anos –e au-mentan conforme se cumpremáis idade–. Isto é especial-mente preocupante en Galicia,que conta cunha poboación moiavellentada.

Obxectivo da LAPADPor que digo que, para CCOO,

a LAPAD é un elemento imprescin-dible do estado do benestar?Porque as persoas con depen-dencia necesitan uns coidadosespeciais para conservaren omáximo de tempo posible assúas habilidades; coidados que,na maioría dos casos, ha dar per-

soal profesional, coma tal, candocómpre rehabilitación, mobiliza-ción ou aseo, entre outros.Non obstante, malia os avan-

ces en materia de igualdade e co-rresponsabilidade na nosa socie-dade, aínda son mulleres a in-mensa maioría das coidadorasde persoas dependentes. Como aAdministración non lles dá unhasolución, moitas delas acabanabandonando as súas carreirasprofesionais para se dedicaren enexclusiva a estes coidados.O feito de ter na casa unha per-

soa con dependencia supón unhacarga, non só física, senón taménemocional. Por iso cremos que aLAPAD é unha ferramenta que de-bería axudar tanto a persoa de-pendente como a encargada doseu coidado.

Problemas no funcionamentoUnha vez aprobada a lei e xa en

funcionamento –aínda que coneivas, como ten denunciadoCCOO–, o Goberno central deci-diu no 2001 que era «cara» e, noseu afán de recortar o estado dobenestar, impulsou medidas de

redución do gasto público queprexudicaron o desenvolvementoda LAPAD. Daquela, reduciuse onúmero de persoas beneficiariase a intensidade das prestacións aque terían dereito, transferíuselleá persoa beneficiaria a respon-sabilidade de financiar partedo gasto público e, finalmente,modificáronse os conceptos «re-de pública» e «oferta pública deservizos» –substitúense po-lo de «rede de servizos de fi-nanciamento público»– paraintentar convencernos de que oimportante é o servizo e nonquen o preste.A nosa preocupación polo pre-

sente e futuro da LAPAD lévanos afacermos anualmente un estudosobre os seus resultados en Ga-licia. Precisamente, este mes deabril presentamos a edición máisactualizada deste documento, noque constatamos o que indicabaarriba: a diminución do númerode persoas beneficiarias con de-reito á prestación, así como o nú-mero de usuarios e usuarias conprestación. Dáse a circunstancia,ademais, de que en xullo do 2008

estabamos por riba da media es-tatal, pero en novembro do 2014xa nos situabamos por baixo.No que atangue á listaxe de es-

pera, o 29,5 % das persoas codereito á prestación xa recoñe-cido non a están a recibir. Cantoempeorou a situación nos últi-mos anos? O PP regresou áXunta tras as eleccións de marzodo 2009. En novembro dese ano,estabamos só un punto porbaixo da media estatal; cincoanos despois, once puntos peor,o que sitúa a Galicia como acuarta comunidade con maiorlistaxe de espera.Tamén se reduciron de ma-

neira alarmante os convenios es-peciais de persoas coidadoras. Arazón disto foi un cambio norma-tivo polo que os ditos conveniosdeixa de pagalos a Administra-ción: transfírelles a responsabili-dade ás persoas coidadoras que,en moitos casos, renunciaron ael pois ao reducirse tamén a can-tidade da prestación, non llescompensaba acollerse ao sis-tema. En CCOO consideramosque a situación derivada dos re-cortes pode deixar sen futurapensión a moitas mulleres querenunciaron ao seu traballo –e ássúas cotizacións á SeguridadeSocial– para se dedicaren aoscoidados dunha persoa depen-dente. Todo, nun momento enque a Seguridade Social precisamáis cotizantes ca nunca!Se a todo isto engadimos

que o orzamento que Galiciadestina á dependencia é un mi-llón de euros inferior ao do ano2012, concluímos que á Xuntalle importan moi pouco os ser-vizos públicos, o estado dobenestar e, neste caso, as per-soas dependentes.

As persoas con dependencia padecen de xeito especial os recortes

Page 6: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

GaliCia SiNdiCal Número 60 - abril de 2015

6

www.galicia.ccoo.es

No 2014 muda a tenden-cia de descenso de ac-cidentes con baixa en

xornada laboral iniciada noano 2008. O ano pasado pro-ducíronse 848 accidentesmáis deste tipo ca no ano2013: 382 nas mulleres (au-mentan un 5,76 %) e 466 noshomes (soben o 2,96 %).O «índice de incidencia» é o

cociente entre os accidentes enxornada de traballo con baixa ea media anual de traballado-res/as afiliados/as en situaciónde alta laboral nos réximes queteñen cuberta a continxencia deaccidente de traballo. Polotanto, este indicador ofrecedatos máis precisos ca a sim-ple comparación de cifras ab-solutas de accidentes e confir-ma a deterioración das condi-cións de traballo e da preven-ción de riscos laborais. Porsectores, o índice de incidenciaaumenta un 8,24 % na pesca,un 7,67 % na construción, un4,68 % nos servizos, un 2,31 %na agricultura e un 1,80 % naindustria.No que atinxe á gravidade

dos accidentes, aumentantodos os tipos pero máis, enproporción, os mortais: no ano2014 houbo 59 accidentesmortais en xornada laboral, 12máis ca no 2013 (soben un25,53 %). A situación foi espe-cialmente tráxica na pesca,sector no que perderon a vida20 homes (no 2013 faleceronseis homes e unha muller).En proporción, incrementá-

ronse moito os accidentesmortais en xornada de traballo

nas persoas novas e nas quetiñan pouca antigüidade no seuposto de traballo: un 200 % naspersoas entre 20 e 24 anos eun 166,67 % nas que levabanentre tres e seis meses no seuposto. Tamén merece especialmención a incidencia destesaccidentes entre as persoascun contrato temporal: das 59que perderon a vida en xornadade traballo, 20 tiñan este tipode contrato.A gravidade da situación

apréciase na súa verdadeira di-mensión cando nos compara-

mos coas restantes comunida-des autónomas: Galicia é a se-gunda comunidade que rexistramáis accidentes mortais, tantoen cifras absolutas como rela-tivas (índice de incidencia).O descenso dos accidentes

in itinere só se notou nos leves:os graves aumentan un 20 % eos mortais, un 166,67 %. Asmulleres tamén son as máisprexudicadas neste tipo de ac-cidentes xa que se rexistrandous máis ca no 2013 fronte a65 menos nos homes. Seguesendo preocupante a infradecla-

ración de enfermidades profesio-nais. No 2014 declaráronse 1124enfermidades profesionais enGalicia (570 en mulleres e 554 enhomes) pero desas, só 588 cau-saron baixa (o 52 % sobre o totalde partes comunicados).Nos casos de enfermidades

profesionais causadas poraxentes carcinóxenos (grupoVI), chama a atención que o anopasado só se recoñeceran douscasos en homes e sen baixa(un parte está encadrado nosector da agricultura e o outrona construción).

Page 7: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

7

www.galicia.ccoo.es

GaliCia SiNdiCalNúmero 60 - abril de 2015

Investir en prevención é sinó-nimo de investir en calidade:a saúde e a seguridade son

compoñentes esenciais da cali-dade do traballo e teñen sido in-dicadores prioritarios nas estra-texias adoptadas no ámbito daComunidade Europea e, polotanto, trasladadas e asimiladasno Estado español e comunida-des autónomas.Porén, vinte anos despois da

aprobación en España da Lei deprevención de riscos laborais(LPRL), asistimos a un retrocesosen parangón porque se aban-dona, aínda que resulte parado-xal, o apoio e fomento áspolíticas públicas de prevenciónde riscos e saúde laborais.Fálannos de recuperación eco-

nómica e saída da crise pero, aque prezo? Prodúcese un novoauxe de falecementos nos postode traballo, e iso por non falar-mos dos centos de miles de per-soas que enferman debido aosriscos laborais sen que se lles re-coñezan os dereitos asistenciaismáis básicos, tanto médicoscomo económicos. É unha reali-dade e unha evidencia incuestio-nable a crecente e escandalosainfradeclaración de enfermidadesprofesionais, cuestión que semantén como un dos maioresretos no eido da prevención deriscos (o que non se coñece nonse pode previr).Polo tanto, crise económica,

condicións precarias na contrata-ción, abuso empresarial e falta deinterese dos distintos gobernos(central e autonómicos) son ocaldo de cultivo perfecto para unnovo aumento da sinistralidade

laboral, especialmente en Galicia.Ao longo do ano 2014 producí-ronse 23 214 accidentes laborais,59 deles mortais; a eles súmanseos accidentes in itinere, 2755,dos cales 8 foron mortais. É dicir,faleceron 67 traballadores e tra-balladoras e producíronse 26 000accidentes relacionados co postode traballo. Pero se isto xa de seué dificilmente asumible por nin-gún goberno que se prece demoderno, topámonos con quesomos a segunda comunidadeautónoma en accidentes mortais,só por detrás das de Andalucía eA Rioxa, respectivamente.Ante tal situación, que fai o Go-

berno da Xunta? Recorta orza-mentos para a prevención nasempresas, facilita modificaciónsdas normas lexislativas para fa-celas máis laxas e que as empre-sas non teñan tantas trabasadministrativas nin tantos con-trois das autoridades laborais e

debilita premeditadamente os or-ganismos autónomos encarga-dos de velar pola seguridade e asaúde, permitindo, de paso, unmaior control político destes.Un claro exemplo son os últi-

mos cambios no Instituto Galegode Seguridade e Saúde Laboral:a aprobación da nova estruturaorganizativa deste organismo(terá como órganos de gobernounha presidencia e un conselloreitor, o que trae consigo cam-bios na súa composición, defini-ción e funcións) pretende darentrada a unha organización sin-dical sectorial cuxo ámbito é ex-clusivamente o da función públi-ca e cuxa porcentaxe de repre-sentación global é de apenas un3 % (na propia función pública asúa representatividade está lixei-ramente por riba do 15 %). Conesta manobra asegúranse unmaior control político e, ade-mais, torpedean a participación

de organizacións sindicais maio-ritarias moito máis críticas e efi-cientes á hora de defenderen osintereses da clase traballadora. Émáis, outra evidencia deste afánde control patolóxico afecta aoscentros territoriais do propio ins-tituto a través doutra modifica-ción na súa estrutura queconsegue eliminar o grao de au-tonomía e toma de decisións queo persoal técnico destes tiña enmateria inspectora de cuestiónsde seguridade e saúde. É posibleque nun futuro próximo determi-nadas empresas non teñan quesufrir «molestas» actuacións deinspección e control, especial-mente as relacionadas cos acci-dentes de traballo, para asímanter unha política clientelar evasala do actual goberno daXunta de Galicia.Outro grande afectado pola

situación actual de «alegríadesregulatoria» e que ten e teráunha gran repercusión nasaúde dos traballadores e tra-balladoras é o sector dos ser-vizos de prevención, coa novalei de mutuas, da que xa temosfalado nesta publicación.Daquela, o labor dos sindicatos

cobra cada vez máis relevanciana denuncia e defensa dos derei-tos da clase traballadora. Cómprefrear e reverter esta situación xa,e debemos transmitir unha men-saxe clara e contundente á socie-dade civil: talvez esteamos saíndoda crise (algo que non parece tancerto) pero os dereitos que comoxente traballadora e como cida-danía estamos perdendo entodos os niveis dificilmente vol-veremos alcanzalos a curto oumedio prazo, como non freemosentre todos esta deriva desati-nada cara a unha sociedade total-mente privatizada e en mans demercadores fenicios.

Page 8: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

GaliCia SiNdiCal Número 60 - abril de 2015

8

www.galicia.ccoo.es

CCOO considera un «desastresen paliativos» os datos da en-quisa de poboación activa (EPA)do primeiro trimestre do ano, queeleva a 275700 o total de persoasdesempregadas. Entre xaneiro emarzo perdéronse no noso país12900 empregos. En compa-ranza co resto do Estado, a des-trución de postos de traballo foimaior, do 1,29%, fronte á mediaestatal do 0,65 %. A secretaria deEmprego do sindicato, MaicaBouza, insta a Xunta a «reaccio-nar» e a «facer un exercicio deresponsabilidade política» que llepermita a Galicia saír da crise.O elevado número de persoas

sen emprego «obriga a Xunta aactuar xa», afirma a secretaria deEmprego de CCOO. «Galicia tencompetencias e é hora de que asexerza», insiste Bouza. Nestepunto, a sindicalista critica que oGoberno galego non está a res-ponder como debería «nin nopapel de empregador nin no dexestor do público», aspectos enque dispón de marxe para actuar.Canto ao sector empresarial,Bouza repróchalle «usar a crisepara axustar os cadros de per-soal», razón pola que cre que

agora debería «amosar compro-miso e sentido de país» creandoemprego e recuperando o poderadquisitivo dos salarios. «Sen re-cuperación do emprego, dos sa-larios e da actividade económica,non poderemos saír da crise»,conclúe a sindicalista.

Análise da EPANo primeiro trimestre, as per-

soas máis prexudicadas son asmulleres (9500 ocupadas menosfronte a 3400 ocupados menos)e as que teñen entre 25 e 54 anos(hai 17800 ocupadas menos

entre 25 e 54 anos fronte a 2200ocupadas máis nas menores 24anos e 2600 máis en maiores de55 anos).Por sectores, hai 13400 per-

soas ocupadas menos nos servi-zos, 2400 menos na industria e200 menos no sector primario;na construción, en cambio, au-menta en 3100. A secretaria deEmprego de CCOO ve «preocu-pante» que só aumente a ocupa-ción nun dos sectores que«fracasaron coa crise», polo quecoida posible «reincidir en vellosproblemas».

A Asociación Galega pola De-fensa da Sanidade Pública eEmilio Fernández Zunzuneguiforon galardoados este ano nosPremios Primeiro de Maio aoCompromiso Social e á Solida-riedade, que entregou a UniónComarcal de Vigo. No acto, quetivo lugar o 24 de abril, intervi-ñeron a secretaria xeral comar-cal, Amelia Pérez, o secretarioxeral de CCOO de Galicia, Xosé

Manuel Sánchez Aguión, e o se-cretario confederal do sindicato,Ignacio Fernández Toxo.A Unión Comarcal de CCOO

de Vigo destaca que a Asocia-ción Galega en Defensa da Sa-nidade Pública leva décadasprotagonizando unha longa his-toria de análise, de estudo, depropostas e de «traballo unita-rio sen ánimo exclusivista», coaintención de sumar defensores

«de algo tan vital e tan impor-tante como é a atención sanita-ria pública».Emilio Fernández Zunzune-

gui, Magis, fillo e neto de mes-tres, exerceu a súa profesiónentre o Val Miñor e Vigo. Trasformarse na Universidade Po-litécnica de Madrid e na deSantiago de Compostela, o seu«marcado compromiso social»levouno a participar nos move-

mentos estudantís, políticos easociativos, así como a afi-liarse a CCOO; pero tamén apadecer o cárcere durante a di-tadura e a transición.Colaborou activamente no

desenvolvemento das escolas deverán de CCOO, coas que preten-deu mellorar a cualificación pro-fesional docente nun momentoen que a Administración practi-camente non a ofertaba.

O desemprego aumenta por terceiro trimestre consecutivo

CCOO acudiu á sede do Minis-terio de Industria para entregaros milleiros de sinaturas que osindicato recolleu en todo o es-tado durante a campaña quedesenvolveu contra a pobrezaenerxética. Segundo informa aFederación de Pensionistas e Xu-bilados de CCOO, en Galicia reco-lléronse máis de 4000 adhesiónsa esta iniciativa.Con esta campaña, CCOO rei-

vindica a posta en marcha dasmedidas necesarias para garantira subministración de gas e elec-tricidade a toda a poboación. Osindicato pide, ademais, evitar oscortes de subministración naque-les casos en que as necesidadeseconómicas non permitan afron-tar o pagamento.

Page 9: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

9

www.galicia.ccoo.es

GaliCia SiNdiCalNúmero 60 - abril de 2015

CCOO gañou de novo as elec-cións sindicais do persoal laboralda Consellaría de Cultura, Educa-ción e Ordenación Universitaria.O sindicato conseguiu 24 delega-dos e delegadas en todo o país,o que lle serve para revalidar asúa condición de primeiro sindi-cato no ámbito.

Con estes resultados, CCOOsupera en oito delegadas e de-legados o segundo sindicato,diferenza maior á de hai catroanos. Tamén incrementa a súarepresentatividade, que sobedo 36,06 % ao 42,1 %.A primeira fase das eleccións

afectou unicamente as provin-

cias da Coruña, Ourense e Pon-tevedra, mentres que as vota-cións da de Lugo terán lugar ovindeiro mes de maio.CCOO agradece a confianza

depositada nas súas candida-turas, que considera un «aval»do traballo realizado nos últi-mos anos.

n CCOO adianta en oito delegadas e delegados o segundo sindicato

A Federación de Servizos á Ci-dadanía de CCOO de Galicia ga-ñou as eleccións sindicais nodiario lugués El Progreso. Fíxoo,ademais, aumentando a súa re-presentación no comité de em-presa. Hai catro anos, CCOOlograra cinco dos nove delega-dos e delegadas que compoñeno comité de empresa; agora,seis. Con este resultado, duplicaen representación o segundosindicato no xornal.

Comisións Obreiras mellorou os seus resultados nestas eleccións

CCOO volveu gañar as elec-cións en Zara nos centros de tra-ballo da provincia de Ponte-vedra. Tras as votacións, CCOOconseguiu seis delegados, a me-tade do total. A continuaciónquedou a CIG, con catro, e enterceiro lugar a UGT, con dous.O sindicato agradécelle ao per-soal de Zara que revalide a súaconfianza nas candidaturas deComisións e garante a continui-dade dun «bo traballo sindical».

A Federación de Servizos deCCOO volveu gañar as elecciónssindicais en Tecnologías Plexus,principal empresa do sector dastic na comarca de Compostela, eque emprega máis de 350 traba-lladores e traballadoras.A representación do sindi-

cato incrementouse de catro anove delegadas e delegados,isto é, do 44,44 % ao 69,23 %,o triplo que a segunda organi-zación, a UGT.

CCOO revalidou a súa condi-ción de primeiro sindicato enTelefónica de España nos cen-tros de traballo que a empresaten en Galicia.Rematado o proceso electo-

ral, CCOO ve incrementada asúa representación, ata o pun-to de que case a metade dos48 delegados e delegadas quese elixían pertencían ás candi-daturas deste sindicato, con-cretamente, 22.

CCOO gañou as eleccións enVitrasa, empresa concesionariado servizo público de autobús deVigo. CCOO considera que o re-sultado é «a proba dun bo laborsindical», pois sitúase agoracomo primeira forza na empresamalia que hai catro anos quedarano terceiro lugar.Nunhas eleccións en que par-

ticipou o 99,75 % do censo, Co-misións foi o sindicato máisvotado nos dous colexios electo-rais, o que lle serviu para duplicara súa representación no comitéde empresa, situándose agoracon catro delegados e delegadasdos trece que se elixían. A conti-nuación, con tres representantesno órgano, sitúanse a UGT, a CIGe a USO.

Page 10: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

GaliCia SiNdiCal Número 60 - abril de 2015

10

www.galicia.ccoo.es

SEN COMENTARIOS

representantes sindicais de bombeiros de toda Galicia reuníronse na sede nacional de CCOO de Galicia o pasado 17 de abril. Neste acto anunciaron

mobilizacións o vindeiro 15 de maio contra a privatización e o intrusionismo profesional

A«pertinaz (e providen-cial) seca» que asolouo mapa social e polí-

tico do país permitiulles aosprebostes do franquismo man-terse dacabalo do poder senmáis argumentos que a razónda forza. «Os españois nonestamos preparados para ademocracia», repetían conobstinación para convencer-nos de que a tranca era o me-llor antídoto ante calqueraintento de participación navida política e de que votaren liberdade era un anatemaherético propio das podreci-das democracias europeas.O mesmo Franco –o ínclito–ordenaba: «Hagan como yo,no se metan en política» –encastelán, xaora.En 1977, o pobo recuperou

a democracia, pero a sementee o espírito do «todo atado e

ben atado» seguían instala-dos nunha boa parte da cida-danía. Un feito acontecidonunha parroquia luguesa é unbo botón de mostra: durantea campaña das primeiraseleccións democráticas que secelebraban desde a guerracivil, o apoderado de AlianzaPopular convocou os cabezade familia do lugar e repartiu-lles persoalmente os sobrescoa candidatura de AP paracada un dos membros dofogar con dereito a voto, coaencomenda de que o levaseno día das eleccións e o mete-sen na urna habilitada para oefecto.

Cambio de sobresAdvertido de tal suceso, o

apoderado da Unión de Cen-tro Democrático chama á tar-diña, a toque de campá, a

toda a veciñanza, xúntaa noadro da igrexa e mándaa irpolos sobres que ao mediodíarepartira AP. Despois de re-collelos un por un, entrégallesno seu lugar outros sobres,iguais por fóra, coa candida-tura da UCD.–Tedes que desculpalo! É un

home tan ocupado que equivo-

cou o maletín dos sobres –foitoda a súa explicación.O 93 % dos votos daquela

mesa electoral foron para aUCD.Groucho Marx, humorista

intelixentísimo e corrosivodicía: «Estes son os meusprincipios. Se non lle gustan,teño outros».

Page 11: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

11

www.galicia.ccoo.es

GaliCia SiNdiCalNúmero 60 - abril de 2015

Francisco Martínez Leira,Pancho o Guerrilleiro, éun claro expoñente das

extremosas dificultades vivi-das nos anos posteriores águerra civil. Anos de moitafame, de restricións económi-cas e, no político, dun férreocontrol e dunha represión bru-tal polo réxime franquista.Pancho naceu no ano 1916

na pequena aldea de Ombre(Pontedeume). Coma moitoscampesiños da contorna, bus-cou traballo na ConstructoraNaval Ferrolana e fixou a súaresidencia en Mugardos.As duras condicións laborais

no estaleiro agudízanse candoo salario en especie (o «cartu-cho do aceite») mingua demedio a cuarto litro, o que ori-xina a famosa «folga doaceite» no ano 1946 na Bazán.Pancho, xunta outros compa-ñeiros, impulsa a folga e parti-cipa nela canda cinco miltraballadores máis.O aparato represivo da dita-

dura –fundamentalmente aGarda Civil– somete a Panchoa un seguimento e acoso queo obriga, finalmente, a «bo-tarse ao monte». A súa muller,María Romero Ramos, estabaa piques de traer ao mundo oseu terceiro fillo cando Panchosoubo que ían por el e tivo quefuxir.Na decisión de se botar ao

monte influíu tamén que aGarda Civil asasinara o seucuñado Florentino Iglesias–pai de Xosé Manuel Iglesias,que anos máis tarde sería diri-xente de CCOO–. Pancho in-corporouse á guerrilla, quenaquel momento se atopabanunha situación de debilidadepola detención dos líderes co-munistas José Gómez Gayosoe Antonio Seoane. No ano1951 convértese en xefe da IVAgrupación Guerrilleira, ensubstitución de Francisco ReyBalbís (Moncho), fuxido enFrancia.A Garda Civil non foi só

contra os guerrilleiros, tamén

contra as súas familias. AMaría Romero maltratáronabrutalmente na súa vivendaen presenza dos seus dous fi-llos menores –a maior estabaen Bermeo–. Logo, a ela en-viárona ao cárcere da Coruñae os cativos ingresáronos nohospicio da cidade.O momento duro que vivía

a guerrilla levou o PCE –doque era militante e dirixentePancho– a limitar a acciónguerrilleira e poñer máis én-fase no labor político nos cen-tros de produción. Isto daríacomo resultado, xa nas se-guintes décadas, a creacióndas Comisións Obreiras.Antes diso, no ano 1954,

Pancho cae abatido nun en-frontamento coa Garda Civilen Ombre, a mesma parro-quia onde nacera. Conver-teuse nun claro exemplo deresistencia, de loita polas li-berdades, nun símbolo deloita antifranquista.

Na imaxe superior, fotografía de Pancho; sobre estas liñas, portadado segundo volume das Biografías obreiras de Ferrol

NOTA: Este artigo toma como base aspáxinas dedicadas a Pancho no libro Biogra-fías obreiras de Ferrol (volume 2), editado polaFundación 10 de Marzo e CCOO.

Page 12: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

GaliCia SiNdiCal Número 60 - abril de 2015

12

www.galicia.ccoo.es

Aseguran os seus defenso-res que ningún xogador denaipes lle ensina o seu

xogo ao contrario, pero este évosun de tafures no que aparentescontrarios fan a compangadapara lles sacar os cartos aos in-cautos, que somos nós, e deixa-los «en coiros».O acordo empezou a nego-

ciarse a mediados de 2013 e ape-nas se soubo nada del ata que sefiltraron algúns documentos. Eratal o que neles se descubríasobre os intentos de apropiarseda capacidade dos gobernospara decidir sobre a política eco-nómica –e non só a comercial–,que a reacción pública forzou quea Comisión Europea deixase en-trar algunha luz, ao tempo querecoñecía a total falta de transpa-rencia no proceso.Daquela, en outubro de 2014

fixéronse públicas as directricesde negociación que se acordaranen xuño de 2013, bases sobre asque as partes levaban meses ne-gociando. Tamén se fixo unhaenquisa a toda Europa, dirixida ainstitucións, empresas e mesmopersoas a título individual. Che-garon unhas 150 000 respostase o 97 % delas foron negativas.Nin caso. Tamén se acabou permitindo

que deputadas e deputados eu-ropeos accederan aos textos denegociación propostos pola UE.Iso si, só a quen o pedise e, ade-mais, un a un, sen móbiles nincámaras fotográficas, sen papelnin bolígrafo e cun tempo má-ximo de dúas horas para analizaros documentos. E que acontececos textos de negociación daparte estadounidense? Nada:

prohibiron o acceso a eles.Máis do 80% das reunións

preparatorias foron cos gruposde presión que representan asgrandes corporacións económi-cas; as restantes, con organiza-cións sociais, ecoloxistas esindicais, para tentar convencelasdas bondades do tratado.Pero que contén o TTIP para ter

que nos enfrontar a el? Repase-mos nocións básicas. O neolibe-ralismo, isto é, a teoría econó-mica hexemónica nos EUA e naUE, ten como principio funda-mental que a economía a dirixenos mercados e que os mercadosse autorregulan. O papel dos po-deres públicos limítase a impedirque haxa obstáculos para o libremercado.Entre a UE e os EUA non hai

hoxe ningún problema para olibre comercio; os aranceis casenon existen, só serven de escusa.As grandes corporacións deambos os lados do Atlántico sóprocuran obter beneficios ondeagora as lexislacións proteccio-nistas non llelo permiten: nosservizos públicos; na enerxía; nasindustrias química, alimentaria efarmacéutica; na propiedade in-telectual… Para iso teñen que eli-minar as proteccións públicas,harmonizando –á baixa– as lexis-lacións nestas dúas grandesáreas económicas.Nos rescates de Grecia, Portu-

gal e Irlanda, así como nas leoni-nas condicións impostas aEspaña, Italia e os demais paísesdo sur de Europa, o primeiro quese esixiu foi a privatización deempresas e servizos públicos e arebaixa de dereitos económicose de protección social da maioríada poboación.A chamada «depreciación

competitiva» e a reforma laboralnon son máis que chanzos nesa

harmonización dos dereitos la-borais europeos cos dos EUA,que non asinaron a meirandeparte dos convenios da OITsobre dereitos laborais. Debilitara negociación colectiva e os sin-dicatos fai parte dese plan. Cal-quera norma laboral queatranque o beneficio empresa-rial ha ser eliminada.O TTIP contén dúas graves

ameazas á democracia: o Conse-llo de Cooperación Regulatoria(CCR), polo que pasarán, comocontrol previo, as medidas lexis-lativas que queiran aprobar osgobernos, con capacidade debloquealas se as consideran lesi-vas para os seus intereses; e o«mecanismo de resolución dedisputas entre os investidores eos Estados» (ISDS), que deixa delado os poderes xudiciais consti-tucionais de cada país para subs-tituílos por tribunais privados«integrados por expertos». Osmercados fanse coa soberanía

dos estados, impedíndolles lexis-lar a prol da maioría social. O libremercado constrúese sobre a pri-vación de liberdades da cidada-nía. A frase «tiranía dos mer-cados» acada o seu pleno signi-ficado co TTIP.O principio neoliberal da libre

competencia arrómbano. O TTIP éforzar un cambio na correlaciónde forzas capitalistas na disputapolos mercados. Hai que impedirque os países emerxentes (oschamados BRIC: Brasil, Rusia, aIndia e China) ocupen o espazoeconómico. Os disturbios en Bra-sil ou en Rusia non son algo alleoa esa disputa.Unha cidadanía informada e

mobilizada é a mellor arma paraimpedirmos esta ameaza antide-mocrática. Os traballadores e tra-balladoras –con CCOO e osdemais sindicatos á fronte–, asconfederacións sindicais de Eu-ropa e os EUA temos o deber deopoñernos ao TTIP.

CCOO editou en Galicia un díptico informativo sobre o ttiP

Page 13: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

13

www.galicia.ccoo.es

GaliCia SiNdiCalNúmero 60 - abril de 2015

Areforma laboral quería re-vitalizar o emprego redu-cindo custos de man de

obra para, así, recuperar a pro-dutividade e competitividadeperdida. Isto deu froitos, poisas estatísticas din que Españavolve crear emprego e faino,ademais, cun PIB do 1,4 %. Po-rén, a realidade é que a desva-lorización do emprego e dossalarios esta aquí e chegoupara ficar.Crecen o PIB e o emprego,

pero os custos laborais vanmáis amodo: nas grandes em-presas, o emprego creceu un1,8 % mentres que os salariosbaixaron un 0,8 %. Se a isto llesumamos a non-aplicación deconvenios, as modificaciónssubstanciais das condicións la-borais, a potenciación do con-venio de empresa fronte aosectorial e o atraso nas revi-sións, atopámonos con gran-des perdas salariais.

Perda de poder adquisitivoMedir a evolución real non é

doado, pois temos a seguri-dade de que os salarios caen,pero non sabemos canto. A en-quisa de custos laborais már-canos un descenso do 0,5 %no cuarto trimestre do 2014, oINE dinos que se reduciron o7,2 % desde o 2009. En re-sumo: hai persoas ás que, demaneira clara, se lles baixou o

soldo e outras ás que, aparen-temente, só se lles conxelou.Doutra banda, a estatística de

convenios recolle incrementossalariais no que vai de ano do0,58 %, pero son subas nomi-nais, non reais. Ademais, sóafectan a traballadoras e traba-lladores baixo a protección dunconvenio.Hai quen di que perdemos un

8 % de poder adquisitivo encinco anos –xa sen lle sumar ainflación, que nos dispararía ao17 %–. Se tamén temos enconta –como demostra un re-cente estudo de CCOO– que oretroceso nos soldos é maiorna poboación que menos cobrae que ten contratos a tempoparcial, o castigo é dobre, oque provoca un incremento dasdesigualdades salariais.A desvalorización salarial ten

mil caras; en Galicia, diríaseque case un millón. Están as

persoas que cobran menos,malia que traballan o mesmo;as que traballan máis, pero co-bran igualmente o mesmo; asque perderon o emprego e ato-paron outro, pero con menossalario; as horas extras nonpagas; a explotación nas sub-contratas…

Así non saímos da criseOs resultados coñecémolos:

negativos efectos económicos esociais, contracción do con-sumo… malia que, disque, algomáis de competitividade. Peropermitídeme acabar este comen-tario cunha reflexión: como é po-sible que as empresas cotizadasna bolsa gañaran o ano pasado33.206 millóns de euros, un in-cremento do 64 % respecto ao2013? A resposta é clara: á nosacusta! Como diremos na rúa oPrimeiro de Maio, así non saímosda crise!

A explotación nas subcontratas é unha das caras da desvalorización salarial;na imaxe, protesta do pesoal de Liteyca, en Lugo, durante a folga das subcontratas de Movistar

Page 14: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · Número 60 - abril de 2015 Órgano de comunicación do S. N. de CC ALei de autonomía per- soal e atención á de-pendencia (LAPAD), co-ñecida

Número 60 - abril de 2015

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Os medios de comu-nicación ocupan unlugar central na no-

sa sociedade. Cumpren, oudeberían, unha tripla fun-ción de información, forma-ción e entretemento cunalcance universal: todas etodos consultamos algúnmedio de comunicación aolongo do día, sexa en so-porte televisivo, radiofó-nico, papel ou dixital.A normativa electoral prohi-

be determinado tipo decomportamentos, como asinauguracións, non tantopolo feito en si, senón polatranscendencia que podenchegar a ter grazas á re-percusión nos medios.Así mesmo, os poderes

públicos teñen prohibidocontratar campañas na pren-sa que atenten contra a«obxectividade e transpa-rencia do proceso electo-ral» ou que difundan os«logros obtidos» por unhaxestión política.

Casualidade?Polo tanto, non quedan

prohibidas con carácter xe-ral as campañas institucio-nais, malia ás cada vez máisnumerosas voces que así opiden: por mor da delicadasituación económica damaior parte das empresas decomunicación, coidan quecampañas, neste tipo de pe-ríodos, talvez non sexan de-masiado éticas. «Que vocesmáis malpensadas», poderápensar alguén. E serán, peroa realidade é que, con moipoucos días de diferenza, aXunta destinou case un mi-llón de euros a dúas cam-pañas publicitarias. A esco-lla do momento non parececasual, non.

O PUNTO XE

Por X. rodríguez