Upload
others
View
5
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
1
NDICE
1. INTRODUCIÓN. ............................................................................................................ 2
2. OBXECTIVOS XERAIS PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA. ................... 2
3. LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA. ................. 2
4. DECISIÓN Ó RESPECTO DA LINGUA EN QUE SE IMPARTEN AS
MATERIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA. .................................................................. 3
5. CRITERIOS PARA DETERMINAR A LINGUA MATERNA EN
EDUCACIÓN INFANTIL. ............................................................................................... 3
6. MEDIDAS ADOPTADAS PARA O ALUMNADO SEN SUFICIENTE
DOMINIO DAS LINGUAS. ............................................................................................ 4
7. PROGRAMAS E ACTIVIDADES PARA O FOMENTO E DINAMIZACIÓN
DA LINGUA GALEGA. .................................................................................................. 5
8. AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN. ................................................................ 6
9. COMISIÓN DO PROFESORADO QUE ELABOROU O PROXECTO E
APROBACIÓN POLO CONSELLO ESCOLAR. ........................................................... 6
10. ANEXO: ENQUISA E RESULTADOS ...................................................................... 6
11. ADDENDA AO PROXECTO LINGÜÍSTICO ............................................................... 14
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
2
1.- INTRODUCIÓN.
No “Fermín Bouza Brey” somos conscientes da situación actual da lingua galega e,
consideramos que a escola desenvolve un papel fundamental á hora de mellorar esta situación.
Ás linguas dáselle a importancia segundo o uso que se fai delas, e é labor da escola difundir e
valorar o galego como lingua propia; facendo da mesma unha lingua funcional e activa, válida
en calquera ámbito da vida dos nosos alumnos e alumnas.
O obxectivo principal é que os nosos alumnos e alumnas acaden unha competencia en lingua
galega igual á do castelán ao rematar e etapa de primaria.
A presenza na escola do galego deberá ser a mesma ca do castelán, e para iso é necesaria a total
colaboración do profesorado e de todo o persoal do centro; cumprindo sempre a lei e impartindo
as materias na lingua que lle corresponde.
É importantísimo conseguir que os alumnos e alumnas valoren a lingua galega, e, partindo desta
valoración o seu uso será moito máis sinxelo e moito maior.
Como responsables da preparación dos nosos alumnos e alumnas vémonos na obriga de
promover, incorporar, impulsar, aceptar, facilitar e respectar a lingua galega.
2.- OBXECTIVOS XERAIS PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA
1. Promover o uso da lingua galega durante toda a etapa de infantil e primaria.
2. Manter informado a todo o profesorado, así como ao resto da comunidade educativa,
das novas producidas na normativa sobre o uso do galego.
3. Favorecer o uso das novas tecnoloxías coas que conta o centro (radio escolar,
proxectores, pizarra dixital, aula de informática…) para que a aprendizaxe sexa máis
amena e entretida.
4. Amosar a lingua como vehículo e base de unión entre as persoas do noso país.
5. Xeneralizar o uso do galego na vida cotiá dos nosos alumnos e alumnas.
6. Dar a coñecer a importancia e a utilidade da lingua galega como medio de comunicación
tanto escrito como oral.
7. Cumprir a normativa sobre o uso do galego nas distintas áreas, como indica a
lexislación.
8. Escribir os documentos administrativos, así como as circulares e demais notificacións
en galego.
9. Conseguir unha competencia igualitaria nas dúas linguas oficiais de Galicia ao rematar
a Educación Primaria.
10. Achegar a nosa cultura e tradicións a toda a comunidade educativa.
11. Recoñecer o galego como lingua propia, tan respectable coma o castelán. Que non se
vexa como lingua secundaria ou estranxeira.
3. - LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA
- Velar polo compromiso de que tódolos comunicados se realicen en lingua galega.
- Manter vivas as tradicións con celebracións como "Magosto", "Samaín",
"Entroido", "Festa dos Maios"...
- Elaboración de unidades didácticas e outro material multimedia en galego.
- Campañas de fomento dos xogos tradicionais galegos: billarda, peóns, mariola...
- Asistencia a actividades culturais que contribúan á promoción da nosa lingua.
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
3
- Visitas culturais: parques etnográficos, castros, museos, portos, vilas... e outras
instalacións que se signifiquen pola defensa e promoción da cultura galega.
- Intercambios con outros centros de ensino de Galicia.
- Organización de certames de poesía, pintura, narrativa, ensaio,... en lingua galega.
- Mantemento da páxina web, elaborada na súa totalidade en galego.
- Procurar a provisión de fondos bibliográficos e fonográficos en lingua galega.
- Solicitar axudas económicas para actividades que promoven o fomento do idioma
galego.
- Fomentar a coordinación entre os equipos para que potencien o uso do idioma nun
mesmo ámbito sectorial e con accións concretas e eficaces.
- Animar aos equipos do centro para que a súa acción incida sobre a súa contorna.
4. - DECISIÓN Ó RESPECTO DA LINGUA EN QUE SE IMPARTEN AS
MATERIAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA
O feito de atoparnos nunha comunidade que ten dúas linguas oficiais, ademais de
enriquecernos, provoca a necesidade de establecer unha orde para o uso de ámbalas.
En Educación Infantil o uso do galego será vehicular cando esta sexa a lingua da maioría dos
alumnos. Cando non o sexa, como é o caso do noso centro, o profesorado procurará que os
alumnos e alumnas adquiran o coñecemento da mesma, posto que é realmente unha mágoa ver
como o galego se vai perdendo entre os máis cativos.
Na Educación Primaria o galego terá unha presenza horaria semellante á do castelán; sendo
lingua vehicular nas materias de Ciencias Sociais e Ciencias de Natureza. Nestas áreas nas que
o galego é lingua vehicular, os textos e material adicional deberá estar en galego, e os alumnos
e alumnas deberán utilizar o galego como lingua de expresión tanto oral como escrita en ditas
materias.
No noso centro en Educación Infantil úsase a lingua castelá como lingua vehicular, xa que as
enquisas realizadas aos pais e nais dos alumnos de novo ingreso en Educación Infantil, déronlle
un amplo porcentaxe ao idioma castelá por enriba do galego. Isto non elimina o galego desta
etapa, xa que é usado como lingua de comunicación de ensinanza; tratando de conseguir que os
nenos e nenas cubran a deficiencia que traen da casa con respecto á lingua galega.
Na Educación Primaria, cumprindo coa normativa vixente, o reparto horario segundo o uso das
tres linguas é o seguinte:
Seguindo as indicacións da Administración e a normativa aplicable, o material e libros de texto
estarán na mesma lingua na que se imparta a docencia en cada área.
5.- CRITERIOS PARA DETERMINAR A LINGUA MATERNA EN EDUCACIÓN
INFANTIL
De acordo co indicado no Decreto 79/2010 do 28 de o profesorado empregará nas aulas de
Educación infantil a lingua materna predominante, tendo en conta a lingua do contorno e
coidando que o alumnado adquira de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
4
oficial. A lingua materna maioritarias será a determinada mediante a enquisa, empregando o
modelo oficial, que se entregará ás familias.
Tendo isto en conta establécense para o CEIP Fermín Bouza Brey as seguintes pautas de
actuación para determinar a lingua a empregar nas aulas de E.I.:
• Entrevista inicial coas familias e enquisa para os pais/nais (empregando o modelo
oficial): antes de que os alumnos/as de tres anos accedan por primeira vez ao Centro,
levarase a cabo unha entrevista inicial cos pais do alumnado. En dita entrevista
observarase a lingua de comunicación empregada entre pais e fillos, e solicitarase das
familias información ao respecto da lingua empregada habitualmente na casa.
• Observación inicial do grupo de alumnos durante os primeiros días: mediante a
observación dos momentos de comunicación entre iguais por parte do alumnado,
obteranse datos relativos aos usos lingüísticos e lingua materna predominante no
alumno.
• Estudio sociolóxico do Centro e o do entorno educativo: terase en conta a situación
lingüística no centro do alumnado en xeral, de xeito que se poidan obter datos relativos
á lingua vehicular predominante no Centro. Do mesmo xeito, recabaranse os mesmos
datos en relación o contorno educativo do centro (ANPA, entidades colaboradoras,
familias...)
• Outra serie de datos que se poidan recabar ao respecto dos usos lingüísticos e da
lingua materna predominante de acordo a elementos como: o mapa sociolingüístico de
Galicia, datos estatísticos oficiais, estudios realizados por diferentes entidades o
respecto.
• Cada curso académico farase constar o resultado desta decisión na addenda ao
proxecto lingüístico, que será incluída na Programación Xeral Anual.
6.- MEDIDAS PARA O ALUMNADO SEN SUFICIENTE DOMINIO DAS LINGUAS.
Na actualidade no noso centro temos alumnado inmigrante procedente doutras comunidades
españolas como Cataluña, Canarias e Castela; e tamén doutros países como China, Rumanía,
Ecuador, Brasil ou Colombia . En ambos casos coñecen en maior e menor grao o castelán.
- Ao carecer o Centro dun programa específico de inmersión lingüística, o alumnado
inmigrante intégrase nas aulas correspondentes, á espera de ser avaliado o seu grao de
coñecemento dalgunha das linguas oficiais.
- Avaliación pola comisión pedagóxica da necesidade de solicitar profesores para apoio
lingüístico.
- Determinación pola orientadora do centro, da necesidade de recibir unha atención
específica , ou no seu caso unha adaptación da programación para o logro paulatino das
competencias lingüísticas nas linguas oficiais.
- Apoio individualizado na aula do titor ou titora, utilizando no inicio da súa escolarización
preferentemente unha das linguas cooficiais onde se sinta con máis soltura o alumno/a e
progresivamente introducilo no uso das demais linguas do currículo .
- Fomentar a súa integración e interacción co grupo-clase.
No caso de descoñecemento total das dúas linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma , se
adoptarán as seguintes medidas: a creación dunha aula de integración lingüística ou aula de
acollida na que recibirían unha atención específica que será , simultáneo á escolarización nos
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
5
grupos ordinarios conforme o nivel e a evolución da súa aprendizaxe.
É importante que pouco a pouco vaian tomando contacto coa nosa lingua, e de feito, así o fan
posto que a administración do centro usa o galego para a elaboración de documentos oficiais,
impresos, notas informativas … O profesorado cumpre a normativa legal con respecto ao uso
do galego, impartindo en lingua galega as materias que sinala o Decreto do plurilingüismo.
Tamén se emprega o galego en carteis, exposicións, traballos, murais, festas, teatros, cancións
…
7.- PROGRAMAS E ACTIVIDADES PARA O FOMENTO E DINAMIZACIÓN DA
LINGUA GALEGA.
Deseñar actividades e murais, que os propios nenos e nenas van elaborar, sempre en
lingua galega e utilizando o número de palabras máis grande posible.
Elaborar unha árbore con 492 follas, unha por cada neno do centro, e cada folla levará
escrita unha palabra en galego.
Fomentar a exposición “outono creativo” que se realiza todos os anos e na que os
alumnos e alumnas traen verdadeiras obras de arte elaboradas con materiais do outono.
Cada neno e nena que participe recibirá un diploma.
Facer a exposición de froitos de outono, expoñendo o froito co seu nome en galego e as
súas características principais.
Facer a exposición de cabazas polo Samaín, amosando parte da nosa cultura e
explicando que é unha tradición celta, non importada dos Estados Unidos.
Construír o libro dos refráns galegos; coas súas ilustracións, sempre elaboradas polos
pequenos. Exporase e logo crearemos un libro que quedará na biblioteca.
Celebración do día do mestre na semana do 23 de novembro; facendo redaccións e
debuxos para conmemorar esta data.
Xunto co equipo de biblioteca faremos exposicións de libros en galego, animando así a
lectura na nosa lingua.
As historias de medo que os alumnos e alumnas de sexto lles contan aos máis pequenos
polo Samaín, son sempre en lingua galega.
Conmemoración do día da paz onde as diferentes actividades, actuacións e eslogans
serán en galego.
Conmemoración do Día da Muller Traballadora cunha exposición de fotografías de
mulleres traballadoras en Galicia; posto que realizaban uns traballos asombrosos coma
o campo ou o mar.
No mes de marzo faranse poesías en lingua galega, de colleita propia que logo serán
recitadas na biblioteca.
Uso da radio escolar nas entradas, saídas e recreos, poñendo e propoñendo música
galega tradicional e moderna.
Xornada de xogos populares, amosándolles aos nenos e nenas, xogos aos que xogaban
os seus pais, nais, avós e avoas.
Semana do teatro en lingua galega por parte dos últimos cursos de Educación Primaria.
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
6
Potenciar o uso do blog de normalización por parte dos compañeiros, familias, alumnos
e alumnas.
Visitas de interese que poidan xurdir no concello (na biblioteca, auditorio,
conservatorio …)
Cine en galego, que consiste en poñer aos alumnos unha película en lingua galega,
achegando a sétima arte na nosa lingua, que tamén existe.
Conmemoración das letras galegas coa elaboración de carteis, unidades didácticas,
murais …
Con este Proxecto Lingüístico de Centro de Educación Infantil e Primaria o que pretendemos é
fortalecer, afianzar, ampliar e dinamizar o uso da lingua galega entre todos nós.
Se nós mesmos valoramos a nosa cultura, a nosa historia, a nosa tradición e, por suposto, a nosa
lingua, darémonos conta do papel tan importante que xoga no transcurso da vida. Fagamos que
os nosos alumnos e alumnas o valores tamén.
8. - PUBLICIDADE, AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN.
Coa fin de facer chegar o contido deste proxecto a toda a comunidade escolar, poñerase a
disposición dos pais e resto da comunidade na páxina web do centro, de xeito que poidan
facerse suxerencias que permitan a súa mellora na seguinte revisión do mesmo.
catro anos será reelaborado e remitido á Inspección Educativa, que velará para que o seu
contido se axuste ó establecido no Decreto 79/2010.
9. - COMISIÓN DO PROFESORADO QUE ELABOROU O PROXECTO E
APROBACIÓN POLO CONSELLO ESCOLAR.
O presente documento foi elaborado por unha comisión de mestres designada polo Equipo
Directivo oída a Comisión de Coordinación Pedagóxica. Na súa composición tivo especial
relevancia a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os representantes do
profesorado dos distintos equipos docentes.
Esta actualización do proxecto lingüístico foi aprobada polo consello escolar en reunión
celebrada o 26 de xaneiro de 2016
10.- ANEXOS: ENQUISA E RESULTADOS
CRITERIOS PARA DETERMINAR A LINGUA PREDOMINANTE.
Os criterios que se seguen para determinar a lingua predominante do alumnado do
centro son:
ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA:
O C.E.I.P. Fermín Bouza Brey está situado no casco urbano da vila de Ponteareas, da que
procede todo o alumnado de Infantil e parte do de Primaria, que se completa con nenos e nenas
dalgunhas parroquias: Areas, Xinzo, Arnoso, Moreira e Angoares.
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
7
Neste curso 2.015-2016 contamos a comezo de curso, cun total de 493 alumnas/os
matriculados.
Gran parte do noso alumnado ten o castelán como lingua materna e, os que teñen o galego
como lingua nai, proceden maioritariamente do rural.
A situación do idioma galego no entorno segue a ser claramente diglósica . Se ben é certo que
o noso alumnado está en contacto cotiá coa lingua galega de diferentes xeitos, as familias
educan aos nenos e nenas maioritariamente en castelán independentemente de que os
ascendentes sexan galego-falantes.
Ademais contamos con alumnado inmigrante , procedente de varios países e doutras
comunidades españolas que coñecen e se expresan máis en castelán que en galego.
Isto fai que sigamos considerando que a porcentaxe de alumnado do noso centro, que utiliza o
galego como lingua vehicular é moi pequena.
A baixa tendencia observada no alumnado de usar o galego na súa expresión oral e escrita de
xeito espontáneo, fainos reflexionar na necesidade de seguir potenciando o uso da lingua galega
na maioría das actividades do noso centro para reforzar as horas propias de docencia nesta
lingua e poder acadar a competencia comunicativa desexada, equiparada á da lingua castelá ao
final das respectivas etapas, como especifica o Decreto.
Os obxectivos por tanto que guiarán o noso Proxecto Lingüístico serán:
a) Que o noso alumnado acade a competencia lingüística propia do seu nivel nas dúas
linguas oficiais.
b) Que valore a cultura do seu entorno e aprenda a usar o galego como lingua de
comunicación normal.
c) Que toda a comunidade educativa participe na normalización do uso da lingua galega
para acadar un bilingüismo harmónico pleno.
d) Establecer unha serie de actividades co obxectivo de contribuír a lle dar vitalidade e
prestixio social á lingua máis desfavorecida , no noso entorno .
e) Potenciar a capacitación para a comunicación na lingua estranxeira(inglés).
ENTREVISTA REALIZADA AOS PAIS E NAIS:
Esta entrevista lévase a cabo ao comezo de cada curso académico; sendo os titores e titoras os
que convocan aos pais e nais. Teñen especial importancia os cuestionarios que se lles fan aos
alumnos de novo ingreso en 3 anos posto que son os que determinan a lingua vehicular ao longo
de toda a etapa de Educación Infantil.
ENQUISA REALIZADA AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS:
No presente curso levouse a cabo unha actualización dos datos referente ao uso do galego por
parte da comunidade educativa. Para tal fin elaboramos unha enquisa (de carácter voluntario e
anónimo) que nos permita coñecer os datos concretos do emprego da lingua galega por parte do
alumnado na familia, na escola e cos amigos. Así tamén realizamos unha enquisa na que
coñecemos a lingua que se usa no ámbito familiar, que usan os seus pais e no entorno na que a
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
8
usan. A enquisa e os resultados da mesma son os seguintes:
ENQUISA
ENQUISA PARA ALUMNOS E ALUMNAS
Que lingua fala habitualmente?
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca
galego □ En castelán sempre
Cando alguén fala con vostede...
□ Contéstalle na lingua que lle están falando
□ Contéstalle na lingua que fala vostede habitualmente
□ Non pode falar na actualidade por enfermidade ou discapacidade
¿En que lingua escribe habitualmente?
□ Galego □ Castelán □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non pode escribir na actualidade por enfermidade ou discapacidade
Actualmente, ¿en que lingua se desenvolve mellor para...?
a) Falar
□ Galego □ Castelán □ Nas dúas igual
b) Ler
□ Galego □ Castelán □ Nas dúas igual
c) Escribir
□ Galego □ Castelán □ Nas dúas igual
¿En que lingua fala cos seguintes familiares?
a) Nai
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca
galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
b) Pai
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca
galego
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
9
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
c) Avós
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca
galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
d) Irmáns
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca
galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
¿En que lingua fala habitualmente con...?
a) Amigos
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca
galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
USO DO GALEGO NA ENSINANZA
¿En que idioma recibe habitualmente as clases, excluíndo as clases de
idiomas (galego, castelán, inglés, etc.)?
□ Todas en galego □ Maioritariamente en galego □ Maioritariamente en
castelán
□ Todas en castelán
¿En que idioma responde habitualmente os exames, excluíndoos exames de
idiomas?
□ Todos en galego □ Maioritariamente en galego □ Maioritariamente en
castelán □ Todos en castelán
¿En que lingua escribe habitualmente na escola?
□ Só galego □ Maioritariamente en galego □ Maioritariamente en castelán □
Só castelán
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
10
¿En que lingua fala habitualmente cos seus compañeiros na clase?
□ Só galego □ Maioritariamente en galego □ Maioritariamente en castelán □
Só castelán
¿En que lingua fala habitualmente cos seus profesores?
□ Só galego □ Maioritariamente en galego □ Maioritariamente en castelán
□ Só castelán
GRÁFICA DOS RESULTADOS
ENQUISA PARA AS FAMILIAS
Actualmente, ¿en que lingua se desenvolve mellor para...?
a) Falar
□ Galego □ Castelán □ Nas dúas igual □ Non procede (non fala galego nin
castelán/non pode falar por enfermidade ou discapacidade)
b) Ler
□ Galego □ Castelán □ Nas dúas igual
□ Non procede (non le en galego nin castelán/non pode ler por enfermidade ou discapacidade)
c) Escribir
□ Galego □ Castelán □ Nas dúas igual
□ Non procede (non escribe en galego nin castelán/non pode escribir por enfermidade ou
discapacidade)
¿En que lingua fala cos seguintes familiares?
0
10
20
30
40
50
60
70
80
90
1 3 5 7 9 11 13 15 17 19 21 23 25 27
A.- COÑECEMENTO DOGALEGO
A.- COÑECEMENTO DOGALEGO opción 1
A.- COÑECEMENTO DOGALEGO opción 2
A.- COÑECEMENTO DOGALEGO opción 3
A.- COÑECEMENTO DOGALEGO opción 4
A.- COÑECEMENTO DOGALEGO opción 5
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
11
a) Nai
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non ten nai/non pode falar na actualidade)
b) Pai
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non ten pai/non pode falar na actualidade)
c) Avós
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non ten avós/non pode falar na actualidade)
d) Irmáns
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non ten irmáns/non pode falar na actualidade)
e) Parella
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non ten parella/non pode falar na actualidade)
f) Fillos
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non ten fillos/non pode falar na actualidade)
¿En que lingua fala con... ?
a) Compañeiros
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non ten compañeiros de traballo/non pode falar na actualidade
b) Persoal ao seu cargo
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non ten persoal ao seu cargo/non pode falar na actualidade
c) Superiores
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non ten superiores/non pode falar na actualidade
d) Clientes
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non ten clientes/non pode falar na actualidade
e) Comerciantes
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non ten contacto con comerciantes/non pode falar na actualidade) ....
f) Médicos
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
12
□ Non procede (non ten contacto con médicos/non pode falar na actualidade)
g) Profesores dos fillos
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non ten fillos/non ten contacto cos profesores dos fillos non pode falar na
actualidade)
h) Persoal da administración
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non ten contacto co persoal da administración/non pode falar na actualidade)
i) Persoal da banca
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non ten contacto co persoal da banca/non pode falar na actualidade) .
¿Foi á escola, instituto, centro de formación profesional, universidade ou similar en
Galicia? (non considerar academias) □ Si □ Non
¿Foi algunha vez á escola, instituto, centro de formación profesional, universidade ou
similar en Galicia? (non considerar academias) □ Si □ Non
¿En que idioma recibiu habitualmente as clases, excluíndo as clases de idiomas (galego,
castelán, inglés, etc.)? □ Todas en galego □ Maioritariamente en galego □ Maioritariamente en castelán
□ Todas en castelán □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (por enfermidade ou discapacidade)
¿En que idioma respondía habitualmente os exames, excluíndoos exames de idiomas? □ Todos en galego □ Maioritariamente en galego □ Maioritariamente en castelán
□ Todos en castelán □ Noutra/s lingua/s (especificar)
¿En que lingua escribía habitualmente na escola?
□ Só galego □ Maioritariamente en galego □ Maioritariamente en castelán
□ Só castelán □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non escribe/escribía na escola)
¿En que lingua falaba habitualmente cos seus compañeiros na clase?
□ Só galego □ Maioritariamente en galego □ Maioritariamente en castelán
□ Só castelán □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non fala/falaba na escola por enfermidade ou discapacidade)
¿En que lingua falaba habitualmente cos seus profesores?
□ Só galego □ Maioritariamente en galego □ Maioritariamente en castelán
□ Só castelán □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non falaba na escola por enfermidade ou discapacidade)
¿Traballa en Galicia?
□ Si □ Non
C-USO DO GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
¿Que lingua usa para...?
a) Ver a televisión
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
13
□ Non procede (non ve a televisión/non pode ver ou entender na actualidade por enfermidade
ou discapacidade )
b) Escoitar a radio
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non escoita a radio/non pode escoitar ou entender na actualidade por
enfermidade ou discapacidade )
c) Ler a prensa (periódicos, revistas)
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non le a prensa/non pode ler ou entender na actualidade por enfermidade ou
discapacidade )
d) Ler libros
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non le libros/non pode ler ou entender na actualidade por enfermidade ou
discapacidade)
e) Navegar por internet
□ En galego sempre □ Máis galego ca castelán □ Máis castelán ca galego
□ En castelán sempre □ Noutra/s lingua/s (especificar)
□ Non procede (non navega por internet/non pode ler ou entender na actualidade por
enfermidade ou discapacidade )
¿Gustaríalle que houbese máis contidos en galego para... ?
□ Ver a televisión □ Escoitar a radio □ Ler a prensa (periódicos,
revistas)
□ Ler libros □ Navegar por internet
D-PERCEPCIÓN DO USO DO GALEGO
¿Segundo vostede, o galego actualmente úsase...?
□ Moito □ Bastante □ Normal □ Pouco □ Nada
En xeral, na sociedade, ¿pensa que o galego se usa máis, igual ou menos que fai 5 anos? □ Máis □ Igual □ Menos
Dentro de 5 anos, ¿pensa que o galego se usará máis, igual ou menos que hoxe en dia? □ Máis □ Igual □ Menos
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
14
GRÁFICA DOS RESULTADOS
CONCLUSIÓN
A conclusión que sacamos despois de ver os resultados das enquisas é que o galego sofre unha
clara desvantaxe con respecto ao castelán. Aínda que na familia se fale en galego, a tendencia
máis común é dirixirse aos nenos e nenas en castelán; o que provoca que o seu coñecemento e
uso da lingua quede relegado a un segundo plano clarísimo.
E a medida que nos afastamos do ámbito familiar os prexuízos con respecto ao galego son aínda
maiores cando parece que o máis formal e “fino” é utilizar o castelán. Os mestres, como parte
da comunidade educativa, debemos poñer todo o noso ímpetu para lograr unha discriminación
positiva a favor do galego, pero para iso é imprescindible que tanto os pais, nais e institucións
en xeral opten por poñer á lingua galega no lugar que lle corresponde.
11.- ADDENDA AO PROXECTO LINGÜÍSTICO
1.- Introdución:
Segundo o establecido no decreto 79/2010 do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non
universitario de Galicia, no seu artigo número 14.3 o proxecto lingüístico do centro deberá ser remitido
ós servizos de inspección educativa cada catro anos.
Por outra banda e segundo o indicado no artigo 14.4, cada ano os centros educativos deben elaborar unha
addenda que se engadirá ó Proxecto Lingüistico do centro, no cal se incluirán entre outros aspectos o
resultado da enquisa ás familias sobre a lingua materna do alumnado de educación infantil e as
actividades levadas a cabo e propostas para a dinamización da lingua galega.
Atendendo a estas indicacións e contemplando as indicacións realizadas pola administración ao respecto
no presente curso, elaboramos a seguinte "addenda" correspondente ó curso 2015-2016, cos apartados
establecidos no decreto do plurilingüismo.
0
50
100
150
200
250
1 5 9 13 17 21 25 29 33 37 41 45 49
A.- COÑECEMENTODO GALEGO
A.- COÑECEMENTODO GALEGO opción 1
A.- COÑECEMENTODO GALEGO opción 2
A.- COÑECEMENTODO GALEGO opción 3
A.- COÑECEMENTODO GALEGO opción 4
A.- COÑECEMENTODO GALEGO opción 5
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
15
2.- Lingua materna predomintante na Educación Infantil:
Para o coñecemento da lingua materna predomintante entre o alumnado, seguíronse as indicacións da
administración para o cumprimento do indicado no decreto 79/2010. Neste senso levouse a cabo unha
reunión coas familias do alumnado que se incorporaba por primeira vez ó centro (3 anos), ao inicio do
curso , na que se explicou a función da enquisa cuberta durante o proceso de matrícula (modelo oficial)
para a determinación da lingua materna do alumnado.
Asemade, e seguindo as indicacións da administración ao respecto, para os restantes niveis (2° e 3° nivel
do segundo ciclo de E.I.) tívose en conta a situación lingüística existente no curso anterior, no que xa
fora recabada esta información nas entrevistas iniciais coas familias.
Neste senso tamén temos en conta que, tal como se indicada no proxecto lingüístico do centro, a lingua
habitual do contorno é o castelá.
O resultado das enquisas determinou que a lingua materna indicada polas familias do alumnado de 3
anos no curso 2016-2017, é o castelá nun 60% en ámbalas dúas unidades.
Por outra banda a lingua materna predominante nos restantes niveis, empregada en cursos anteriores, é
tamén o castelá nunha porcentaxe similar ao do alumnado incorporado por primeira vez ao centro.
Ante estes resultados, e considerando ademais que o castelá é a lingua predominante no contorno,
establécese que o castelá será empregado como lingua vehicular nas aulas de E.I do noso centro, sen
prexuízo das indicacións feitas tanto no P.E, P.X.A e Programacións didácticas, para a adquisición de
ámbalas linguas cooficiais, e especialmente para o tratamento e uso da segunda lingua na aula.
No tocante á aproximación á lecto-escritura, empregarase a lingua materna de cada alumno/a, agás nos
casos nos que se trata de traballos de carácter grupal onde primará a lingua vehicular anteriormente
indicada.
As estratexias e actividades concretas para a adquisición da outra lingua atópanse indicadas nas
programacións de ciclo e de aula de Educación Infantil, así como no Proxecto educativo do centro o no
propio Proxecto Lingüístico.
3.- Información e valoración dos programas para o fomento e dinamización da lingua galega:
Ao longo do curso pasado, así como en cursos anteriores, leváronse a cabo diferentes actividades para o
fomento e dinamización da lingua galega, moitas delas dentro das "axudas para os equipos de
dinamización da lingua galega" convocadas anualmente, e que están detalladas polo miúdo tanto no
Proxecto como na Memoria elaborada polo Equipo para a dinamización da lingua galega.
Entre as actividades realizadas e que se pretenden manter no actual curso destacamos:
- Elaboración de material didáctico en galego.
- Celebración e conmemoración do "Días das letras galegas", "Día da Paz", "O Medio Ambiente",
Semana da Prensa...
- Celebración de festas tradicionais galegas: Magosto, Nadal, Entroido, Maios...
- Revisión de libros de texto e de todo o material didáctico en galego usado no centro.
- Realización de obras teatrais en lingua galega que son representadas para toda a comunidade
educativa na semana de teatro.
- Mantemento da páxina web con que conta o Centro, elaborada na súa totalidade en lingua
galega. (http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbouzabrey/)
- Participación e colaboración con outros centros educativos en actividades como o Deporte
escolar.
- Saídas culturais para o coñecemento do contorno e cultura galega.
- Dotación de fondos bibliográficos en galego para a biblioteca.
- Dotación de fondos videográficos e multimedia para a biblioteca.
- Participación nas axudas aos Equipos de dinamización da lingua galega elaborando o preceptivo
proxecto.
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP FERMIN BOUZA BREY
PONTEAREAS
16
5.- Inclusión no Proxecto Lingüístico do centro:
Esta addenda será incluída no proxecto lingüístico do centro, sendo informada a Comunidade Educativa
do seu contido e remitida aos servizos de inspección, xunto ao citado proxecto, nos prazos legalmente
establecidos.