1
O poeta Vladimir Maiakovski (1894- 1930) segue a gol- pearnos pedindo paso; semella que nestes tempos de crise e busca, a poderosa combina- ción da súa figura, do mito Maiako- vski, como o definiu o seu coetáneo Ilia Ehrenburg nunhas memorias xa recomendadas nesta sección, segue a causar enorme atracción entre es- critores e lectores. Ben se puido comprobar o pasado 2014, con Pro- hibido entrar sin pantalones, e El caso Maiakovski, dúas publicacións que supuñan o broche necesario tras editarse por fin en 2012 a tra- dución da poesía deste autor, en versión de Mauro Armiño (Akal, 2012). Prohibido entrar sin pantalones (Seix Barral, 2013), do jerezano Juan Bonilla, buscaba trazar un re- trato do poeta a partir da fascina- ción do novelista por un icono no que as pezas máis variadas queda- ban unidas só por un rasgo: o narci- sismo. Curiosamente, Maiakovski viviu o paradoxo de integrarse e ser integrado pola Revolución ata vivir en carne propio o lema de que a re- volución mesma acaba por devorar aos seus fillos. Convertido case en poeta oficial do leninismo, a súa vida privada amosou estes mesmos paradoxos. Bonilla acerta nesa bús- queda do retrato xeral nunha nove- la de lectura rápida e doada, pero un tanto obvia e tradicional de máis, tanto na narración biográfica sobre o poeta, coma na súa historia de amor con Lili Brik, esposa do crítico literario Ossip Brik, ben coñecida desde a edición das cartas entre am- bos por B. Jangfeldt (1982). Lendo o libro, semellaría máis interesante ter abordado, non a consabida rela- ción amorosa, senón a historia de amizade e odio que se teze entre poeta e crítico. En calquera caso, co suicidio de Maiakovski, a literatura foi a gran derrotada nunha loita de egos coa policía política de por me- dio. Moito máis persoal, ousado e li- teralmente vanguardista, é a inter- pretación que da figura primeiro e dos poemas en segundo lugar, fai Laura Pérez Vernetti con El caso Maiakovski , (Luces de Gálibo, 2014). A autora xa tiña sorprendido moi gratamente na súa incursión anterior nesta mesma editorial que resolveu con grande acerto o volca- do e a interpretación en formato có- mic dos poemas de Pessoa. Con todo, Pérez Vernetti acada neste li- bro cotas moi altas de éxito con esa maiakovskiana fusión que realiza entre cómic, cartel de propaganda e literatura. En tan só 52 páxinas a autora nos arrastra a unha recrea- ción do universo de Maiakovski tan persoal coma fascinante e cuidada, coma pode verse en detalles peque- nos pero fundamentais coma a elec- ción dese contraste entre negro e vermello, ao que tan afeccionado era o propio Maiakovski. Este ano ten arrancado coa edi- ción en Arxentina –habería que fa- lar máis ben de reedición– de Mi descubrimiento de América (Entro- pia, 2015), o diario de viaxe que Maiakovski escribiu en 1925, cando visitou México e Estados Unidos fi- nanciado polos xornais do Partido Obreiro dos EEUU “Novi Mir” e “Freiheit”. Maiakovski topouse coa realidade do capitalismo norteame- ricano, pero tamén co fascinio da música de jazz, a pintura de Diego Rivera, e toda unha reflexión sobre as posibilidades artísticas –e políti- cas– das minorías. A tradución des- te libro a cargo de Olga Korobenko do poeta, e percíbense os lazos en- tre a súa obra e a do jerezano no de- valar da relación sentimental entre Maiakovski e Lili Brik, cuxa corres- pondencia persoal este especialista en literatura eslava editou e tradu- ciu ao sueco. Tampouco descuida o libro, cuxo título orixinal é moito máis suxerente que o anodino Ma- yakovsky, a Biography (Medlivetso- minsats. Berättelsenom Vladimir Majakovskijochhanskret; Vidas en Xogo. A historia de Vladimir Maiakovski e o seu círculo , Wahlström&Widstrand 2007), os lazos literarios de Maiakovski cos seus contemporáneos e a recepción literaria oficial que del fixo a Unión Soviética. Tan ameno como o anterior re- sulta The Ethnic Avant-Garde, (U. Chicago Press, 2015) do profesor Steven S. Lee, que pon de relevo a importancia da citada viaxe de Maiakovski a América, a través de Cuba, de como o poeta quedou fas- cinado polos ritmos e a sonoridade afrocubana, pero tamén de como a ideoloxía artística soviética impreg- nou a intelectuais norteamericanos coma o poeta afroamericano Langs- ton Hughes (1902–67) –ao cal tra- duciu Maiakovski ao ruso–, e os es- critos deste escritor de Harlem da viaxe que entre 1932 e 1933 reali- zou pola Unión Soviética, á cal acu- diu para rodar unha fallida película con actores negros para reivindicar a Revolución Rusa coma liberadora e protectora das minorías negras pero tamén orientais. Por iso se lle- permitiu a Hughes recorrer Turkme- nistán, Samarcanda e Asia Central. O resultado foron unha serie de ar- tigos publicados en Izvestia e logo elaborados nun libro fascinante que debería ter tradución inmediata: A Negro Looks at Soviet Central Asia (1934, reed. 2006). Nunha realidade literaria mino- rizada coma a galega, o libro do profesor Lee aborda puntos de vista de teoría literaria de enorme intere- se, acerca de como se nutren os sis- temas literarios minorizados e da relacións de retroalimentación que en moitos casos se establecen entre eles, e que no caso revolucionario viñeron especialmente marcados pola experimentación coma ele- mento cultural propio da socioloxía da vangarda étnica. Hai máis poten- cial experimental nas culturas mi- norizadas? Esa é a pregunta funda- mental que aborda o libro do profesor Steven Lee. pertence en realidade a América, que en 2010 deu ao prelo Gallo Nero: unha recopilación moito máis ampla de textos complementarios a ese Mi descubrimiento de América. Pero estamos escasos de achega- mentos académicos amplos respec- to da figura deMaiakovski. Estas achegas son agora editorialmente máis imprescindibles tras este boom literario e de traducións que ten ex- perimentado este poeta, en particu- lar nos últimos dous anos. Noutros idiomas o tema está solucionado coa recente publicación da versión en inglés da fundamental biografía de Maiakovski orixinalmente publi- cada en sueco por Bengt Jangfel- dten 2007, a primeira con acceso directo ás fontes documentais so- viéticas. As 616 páxinas da tradu- ción de Harry D. Watson amósanse coma o elemento imprescindible para introducirse na vida do escri- tor, e contradin a idea de Juan Boni- lla acerca de que calquera biografía é por natureza aburrida. Jangfeldt desenvolve con amenidade os lazos entre vida, obra e acción histórica X. A. LÓPEZ SILVA Maiakovski segue a golpear viaxe Inconstante 33 Diario de Ferrol DOMINGO, 18 OCTUBRE DE2015 Nordesía “Curiosamente, Maiakovski viviu o paradoxo de integrarse a ser integrado pola Revolución...”

Nordesía 18 de Outubro de 2015

Embed Size (px)

DESCRIPTION

"Maiakovski volve a golpear". Artig de Xosé A. López Silva publicado no suplemento cultural Nordesía, do Diario de Ferrol, correspondente ao 18 de outubro de 2015

Citation preview

Page 1: Nordesía 18 de Outubro de 2015

Opoe ta V lad imi r Maiakovski (1894-1930) segue a gol-pearnos pedindo

paso; semella que nestes tempos de crise e busca, a poderosa combina-ción da súa figura, do mito Maiako-vski, como o definiu o seu coetáneo Ilia Ehrenburg nunhas memorias xa recomendadas nesta sección, segue a causar enorme atracción entre es-critores e lectores. Ben se puido comprobar o pasado 2014, con Pro-hibido entrar sin pantalones, e El caso Maiakovski, dúas publicacións que supuñan o broche necesario tras editarse por fin en 2012 a tra-dución da poesía deste autor, en versión de Mauro Armiño (Akal, 2012).

Prohibido entrar sin pantalones (Seix Barral, 2013), do jerezano Juan Bonilla, buscaba trazar un re-trato do poeta a partir da fascina-ción do novelista por un icono no que as pezas máis variadas queda-ban unidas só por un rasgo: o narci-sismo. Curiosamente, Maiakovski viviu o paradoxo de integrarse e ser integrado pola Revolución ata vivir en carne propio o lema de que a re-volución mesma acaba por devorar aos seus fillos. Convertido case en poeta oficial do leninismo, a súa vida privada amosou estes mesmos paradoxos. Bonilla acerta nesa bús-queda do retrato xeral nunha nove-la de lectura rápida e doada, pero un tanto obvia e tradicional de máis, tanto na narración biográfica sobre o poeta, coma na súa historia de amor con Lili Brik, esposa do crítico literario Ossip Brik, ben coñecida desde a edición das cartas entre am-bos por B. Jangfeldt (1982). Lendo o libro, semellaría máis interesante ter abordado, non a consabida rela-ción amorosa, senón a historia de amizade e odio que se teze entre poeta e crítico. En calquera caso, co suicidio de Maiakovski, a literatura foi a gran derrotada nunha loita de egos coa policía política de por me-dio.

Moito máis persoal, ousado e li-teralmente vanguardista, é a inter-pretación que da figura primeiro e dos poemas en segundo lugar, fai Laura Pérez Vernetti con El caso Maiakovski, (Luces de Gálibo, 2014). A autora xa tiña sorprendido moi gratamente na súa incursión anterior nesta mesma editorial que resolveu con grande acerto o volca-do e a interpretación en formato có-mic dos poemas de Pessoa. Con todo, Pérez Vernetti acada neste li-

bro cotas moi altas de éxito con esa maiakovskiana fusión que realiza entre cómic, cartel de propaganda e literatura. En tan só 52 páxinas a autora nos arrastra a unha recrea-ción do universo de Maiakovski tan persoal coma fascinante e cuidada, coma pode verse en detalles peque-nos pero fundamentais coma a elec-ción dese contraste entre negro e vermello, ao que tan afeccionado era o propio Maiakovski.

Este ano ten arrancado coa edi-ción en Arxentina –habería que fa-lar máis ben de reedición– de Mi descubrimiento de América (Entro-pia, 2015), o diario de viaxe que Maiakovski escribiu en 1925, cando visitou México e Estados Unidos fi-nanciado polos xornais do Partido Obreiro dos EEUU “Novi Mir” e “Freiheit”. Maiakovski topouse coa realidade do capitalismo norteame-ricano, pero tamén co fascinio da música de jazz, a pintura de Diego Rivera, e toda unha reflexión sobre as posibilidades artísticas –e políti-cas– das minorías. A tradución des-te libro a cargo de Olga Korobenko

do poeta, e percíbense os lazos en-tre a súa obra e a do jerezano no de-valar da relación sentimental entre Maiakovski e Lili Brik, cuxa corres-pondencia persoal este especialista en literatura eslava editou e tradu-ciu ao sueco. Tampouco descuida o libro, cuxo título orixinal é moito máis suxerente que o anodino Ma-yakovsky, a Biography (Medlivetso-minsats. Berättelsenom Vladimir Majakovskijochhanskret; Vidas en Xogo. A historia de Vladimir Maiakovski e o seu círculo, Wahlström&Widstrand 2007), os lazos literarios de Maiakovski cos seus contemporáneos e a recepción literaria oficial que del fixo a Unión Soviética.

Tan ameno como o anterior re-sulta The Ethnic Avant-Garde, (U. Chicago Press, 2015) do profesor Steven S. Lee, que pon de relevo a importancia da citada viaxe de Maiakovski a América, a través de Cuba, de como o poeta quedou fas-cinado polos ritmos e a sonoridade afrocubana, pero tamén de como a ideoloxía artística soviética impreg-nou a intelectuais norteamericanos coma o poeta afroamericano Langs-ton Hughes (1902–67) –ao cal tra-duciu Maiakovski ao ruso–, e os es-critos deste escritor de Harlem da viaxe que entre 1932 e 1933 reali-zou pola Unión Soviética, á cal acu-diu para rodar unha fallida película con actores negros para reivindicar a Revolución Rusa coma liberadora e protectora das minorías negras pero tamén orientais. Por iso se lle-permitiu a Hughes recorrer Turkme-nistán, Samarcanda e Asia Central. O resultado foron unha serie de ar-tigos publicados en Izvestia e logo elaborados nun libro fascinante que debería ter tradución inmediata: A Negro Looks at Soviet Central Asia (1934, reed. 2006).

Nunha realidade literaria mino-rizada coma a galega, o libro do profesor Lee aborda puntos de vista de teoría literaria de enorme intere-se, acerca de como se nutren os sis-temas literarios minorizados e da relacións de retroalimentación que en moitos casos se establecen entre eles, e que no caso revolucionario viñeron especialmente marcados pola experimentación coma ele-mento cultural propio da socioloxía da vangarda étnica. Hai máis poten-cial experimental nas culturas mi-norizadas? Esa é a pregunta funda-mental que aborda o libro do profesor Steven Lee.

pertence en realidade a América, que en 2010 deu ao prelo Gallo Nero: unha recopilación moito máis ampla de textos complementarios a ese Mi descubrimiento de América.

Pero estamos escasos de achega-mentos académicos amplos respec-to da figura deMaiakovski. Estas achegas son agora editorialmente máis imprescindibles tras este boom literario e de traducións que ten ex-perimentado este poeta, en particu-lar nos últimos dous anos. Noutros idiomas o tema está solucionado coa recente publicación da versión en inglés da fundamental biografía de Maiakovski orixinalmente publi-cada en sueco por Bengt Jangfel-dten 2007, a primeira con acceso directo ás fontes documentais so-viéticas. As 616 páxinas da tradu-ción de Harry D. Watson amósanse coma o elemento imprescindible para introducirse na vida do escri-tor, e contradin a idea de Juan Boni-lla acerca de que calquera biografía é por natureza aburrida. Jangfeldt desenvolve con amenidade os lazos entre vida, obra e acción histórica

X. A. LÓPEZ SILVA

Maiakovski segue a golpear

viax

eInco

nst

ante

33

Diario de FerrolDOMINGO,

18 OCTUBRE DE 2015 Nord

esía

“Curiosamente, Maiakovski viviu o paradoxo de integrarse a ser integrado pola Revolución...”