16
NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Número 1- Febreiro 2013

Novas da esquerda febreiro

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL

Número 1- Febreiro 2013

Page 2: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 2

Page 3: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 3

As últimas eleccións autonómicas trouxeron un resultado positivo para a nosa formación. A decisión asamblearia dos militantes de concorrer ás urnas en coalición con Anova, Espazo Ecosocialista Galego e Equo, trouxo consigo a entrada fulgurante de AGE no Parlamento de Galicia, con nove diputados/as, cinco deles da nosa formación. Aínda así, o Partido popular, debido a un amplo abstencionismo e ao afundimento doutras forzas políticas, viu reforzada a súa maioría absoluta, co que cómpre facer unha oposición forte que impida o desmantelamento sen límites dos avances sociais acadados dende a transición.

Ese traballo implica que o referente en Ferrol da nosa organización nos últimos anos, a parlamentaria Yolanda Díaz, deba traballar por unha Galiza que diga non a ditadura financieira e ao esnaquizamento de dereitos democráticos, en consecuencia, Ferrol debe contar cunha nova organización coa fortaleza suficiente para ser capaces de achegarse á cidadanía, aos seus problemas reais, e aspirar a participar con eles no goberno do concello, pulando sen medo por ser quen de derrotar a todos os partidos nas vindeiras eleccións municipais.

Neste sentido, o pasado 8 de xaneiro tivo lugar un Consello Local, onde deuse a benvida a tres novos membros, e trazáronse as liñas mestras de traballo para esta nova etapa.

En primeiro lugar cremos necesaria a recuperación da sede do partido, e como un primeiro paso faremos o esforzo de mantela aberta, os mércores de seis a oito da tarde, e nese horario facilitarémosvos toda a información que precisedes. Como digo, é un primeiro paso, xa que a intención e manter unha sede aberta e dinámica, un lugar para todo tipo de iniciativas de esquerda, charlas, coloquios, conferencias, etc.

En segundo lugar, organizáronse as áreas de traballo (muller, medio ambiente e urbanismo, cultura, emprego), cun responsable ao frente que canalizará todas as suxestións e problemas que lles transmitades.

Así mesmo, iníciase unha campaña de afiliación, e importante non só reactivar a afiliación que xa tiñamos, se non tamén incorporar novos activos, fronte a unha situación que podemos calificar de emerxencia, son tempos de compromiso social e activismo´e, como non, Esquerda Unida é a forza política que mellor resposta pode dar a procura de alternativas ás políticas neoliberais.

Para iniciar esa campaña inauguramos unha páxina web (euferrol.org), e poñemos en marcha unha tenda virtual de esquerdas, coa que financiar as diferentes actividades que fagamos na sede e noutros lugares como universidade, asociacións veciñais, etc.

SUSO BASTERRECHEA Coordinador Local de Esquerda Unida

EDITORIAL

Page 4: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 4

O grupo municipal de Esquerda Unida propón o rescate da explotación concesional do transporte metropolitano de Ferrolterra.

O pasado setembro a compañía Tranvías

del Ferrol SA concesionaria pola Xunta do

servizo de transporte metropolitano

presentaba no Servizo de Mobilidade da

Consellería de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas unha solicitude para a

reestruturación da explotación por

concesión alegando unha perda

progresiva de usuarios así como un

incremento de custes. O de sempre; e

a solución adoptada vai na máis pura liña

neoliberal onde todo está en función da

rendibilidade económica da cousa ou

servizo. Ou o transporte serve para

acumular capital ou non hai transporte.

Non o hai como servizo público xa que a

proposta adecúase a unha suposta

“mellora de oferta” consistente en

“dimensionar” o servizo á demanda dos

usuarios. Sen eufemismos: eliminar os

tramos de servizo menos rendíbeis e

quedarse co tráfico e secuencia de liñas

que asegure unha boa recadación. Puro

axuste de servizos en virtude de

datos contábeis.

A empresa afirma que non vai eliminar

liñas e paradas. O que non afirma senón

que oculta é que vai eliminar postos de

traballo. A redución de secuencias nas

liñas con expedicións practicamente só

para os días laborábeis e nas horas punta.

A comisión de Emprego do Consello Local

de Esquerda Unida reuniuse coa

representación sindical de Tranvías de

Ferrol SA para expoñerlles a nosa postura

e escoitar as súas demandas ANTE O

PERIGO DUNHA REDUCCIÓN DE POSTOS

DE TRABALLO E A MÁIS QUE EVIDENTE

APELACIÓN Á REDUCCIÓN DE COSTES

LABORAIS por parte da empresa e

manifesta a súa intención de facelo en

breve coa representación dos

traballadores de Rías Altas SA (A Graña e

A Cabana) e FEVE incluído como servizo

no Plan de Transporte Metropolitano de

Galicia e , actualmente, no limbo como

empresa ao estar incluída en ADIF

administrador do transporte ferroviario e

ente xestor por encargo da privatización

completa tanto de RENFE como de FEVE.

Este é o panorama e non hai solución que

non sexa defender o transporte como un

servizo que corresponde a un dereito

como é o da mobilidade.

TRANVÍAS DO FERROL

SEDE ABERTA!

VISÍTANOS!

RECORDA!! TES A SEDE DE ESQUERDA UNIDA ABERTA OS MÉRCORES DE 18:00 A 20:00 HORAS

RÚA DO SOL 124, ENTRECHÁN ESQUERDA

SEN CARNÉ – SUSO BASTERRECHEA

O Goberno, ou algunha das formas de goberno, está debatendo nos últimos tempos achega da conveniencia de unificar concellos, unha medida de aforro sinalan. Supoño que neste plan as comunicacións trataranse como unha cuestión fundamental. O alcalde de Ferrol e o seu equipo falan de equipar e dotar de servizos a nosa zona rural.

O mundo parece querer camiñar no sentido de humanizar as cidades, defender o medio ambiente e aforrar recursos enerxéticos, reducir os desprazamentos de vehículos privados é para iso fundamental. É por todo iso que non entendo o desmantelamento que parece querer aplicarse sobre o xa escaso transporte público en Ferrolterra. A frecuencia, por chamalo así, de autobuses e trens pode quedar francamente reducida e a min só ocórrelleme que o PP teña un plan secreto para obrigarme a sacar un carné, o de conducir, que nunca entrou nas miñas perspectivas vitais.

(Diario de Ferrol)

Xestión directa do transporte público por [Autor del artículo]

Page 5: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 5

O pasado 16 de xaneiro os traballadores e

as traballadoras de Navantia acordaron un

calendario de mobilizacións reclamando

carga de traballo para os estaleiros e a

construción do dique flotante.

Logo de promesas incumpridas, contratos

escuros e incertos, adiamentos de

reunións e unha hemorraxia imparable de

postos de traballo, o cadro de persoal de

Navantia retoma as mobilizacións sostidas

o longo das próximas semanas.

O cinismo do Partido Popular alcanzou o

seu teito, ao non dotar partida algunha

nos Orzamentos para o dique flotante e

segue sen se aclarar o futuro dos

contratos con Pemex, nin tan sequera

quen son os asinantes do mesmo.

Mentres todo isto ocorre os traballadores

e traballadoras das empresas auxiliares

van engrosando ás listas dos seis millóns

de parados, e é máis crecente a ameaza

dun ERE sobre o groso do cadro de

persoal.

Esquerda Unida no Congreso e no

Parlamento da Xunta de Galicia, a través

de AGE, presentou propostas na procura

de solucións axeitadas para o sector que

mantén en vida a comarca, todas elas

rexeitadas polo goberno neoliberal do

Partido Popular.

Por todas esas razóns, Esquerda Unida de

Ferrol, non só apoia as mobilizacións

acordadas en asemblea polos

traballadores e traballadoras, se non que

participará activamente en todas elas, e

acordará reunións cos comités de

empresa co gallo de canalizar por todas as

vías políticas posibles a necesidade dunha

solución de emerxencia para os estaleiros

públicos, aos que, sen ningunha dúbida, o

Partido Popular está deixando morrer,

como todo o que ten o cualificativo de

público.

Esquerda Unida de Ferrol fai un

chamamento a toda a cidadanía para que

participe nas diferentes mobilizacións, xa

que están en xogo un número

importantísimo de postos de traballo,

directos e indirectos, o cal leva consigo a

supervivencia e o futuro económico e

social da nosa comarca. Cómpre que o

goberno escoite a voz dunha cidade

reclamando carga de traballo, a

construción do dique flotante e a

aclaración pública e definitiva dos

contratos de Pemex, con esixencia de

responsabilidades políticas pola falta de

veracidade nas datas de inicio e na súa

concreción real máis alá de anuncios

mediáticos.

SEDE ABERTA!

VISÍTANOS!

RECORDA!! TES A SEDE DE ESQUERDA UNIDA ABERTA OS MÉRCORES DE 18:00 A 20:00 HORAS

RÚA DO SOL 124, ENTRECHÁN ESQUERDA

CALENDARIO

MOBILIZACIÓNS

NAVANTIA –

FEBREIRO

13 de febreiro

Marcha a Santiago de Compostela de todos/as os traballadores/as

24 de febreiro

Gran manifestación comarcal

NAVANTIA

Page 6: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 6

Esquerda unida – Ferrol apoia as mobilizacións dos/as traballadores/as de Navantia e fai un chamamento á participación cidadá nun sector motor socioeconómico da comarca.

MÁIS INFORMACIÓN

A deputada de Alternativa Galega de Esquerda (Esquerda Unida-Anova),Yolanda Díaz, vén de reclamar a depuración de responsabilidades políticas diante da mentira hoxe evidente en materia de carga de traballo dos floteis, que durante as vésperas da campaña electoral e nesta verqueu a maquinaria de marketing e propaganda da Xunta. A deputada fixo esta acusación e denuncia no transcurso da comparecencia do Secretario Xeral da Presidencia con motivo do debate do proxecto orzamentario, que por certo non consigna nen un patacón para axudar a financiar o dique flotante.

Yolanda Díaz esixiu a demisión do responsable desa mentira política que ten graves repercusións para a nosa cidadanía nunha materia tan importante como a da posible carga de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol. O respecto democrático que se lle debe á cidadanía avoga pola demisión do responsable desa mentira política.

VISITA A NOSA PÁXINA WEB E AFÍLIATE!

www.euferrol.org

Page 7: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 7

O grupo municipal de Esquerda Unida

presenta unha moción esixindo que o

pleno do Concello interpele ao ministerio

pedindo unha resposta clara ás

alegaciones presentadas ao trazado

ferroviario (denominado sur) ao porto

exterior por distintas institucións,

asociacións e organizacións incluído

o propio Concello e Esquerda Unida.

O grupo municipal pedirá ademais un

posicionamiento contrario a unha

opción que, co único motivo de

aforrar diñeiro nun investimento

necesario para a nosa cidade,vai

significar un ataque case definitivo

contra a nosa ría, un ben que todos

debemos estar de acordo en

preservar como se merece.

O coordinador local de Esquerda Unida,

Suso Basterrechea, manifesta que o

necesario enlace por ferrocarril do porto

exterior, cuestión na que a citada

organización realizou diversas xestións

nas institucións nas que ten

representación, non pode significar unha

agresión terrible sobre unha ría, a nosa,

que xa se atopa nun estado lamentable.

Suso Basterrechea sinala que

Esquerda Unida sempre defendeu unha

economía sostible, respetuosa co

medio ambiente e que permita a

convivencia de distintas actividades e

fontes de riqueza. A ría, elemento

fundamental na nosa comarca, vai ser

novamente castigada co único propósito

de aforrar nun investimento económico

que esta cidade merece e que permitiría

un enlace moito menos daniño para a

contorna e o conxunto da cidadanía. A ría

é a maior garantía para o futuro da nosa

comunidade.

Por todo isto EU Ferrol apoiará e acudirá

a calquera convocatoria realizada polo

tecido asociativo da nosa cidade.

Porto exterior EU rexeita o aforro económico en detrimento da sostibilidade medioambiental

SEDE ABERTA!

VISÍTANOS!

RECORDA!! TES A SEDE DE ESQUERDA UNIDA ABERTA OS MÉRCORES DE 18:00 A 20:00 HORAS

RÚA DO SOL 124, ENTRECHÁN ESQUERDA

Ferrocarril porto exterior de Ferrol

VISITA A NOSA PÁXINA WEB E AFÍLIATE!

www.euferrol.org

Page 8: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 8

Los trabajadores de Privilege siguen

recabando apoyos para hacer valer su

proyecto de defensa de la actividad

productiva y el empleo frente al intento

por parte del entorno de la sociedad

italiana Quarella, que llevó a la empresa

a la quiebra, de comprar lo que queda de

ella y desmantelarla. En la tarde de ayer

mantuvieron una reunión con el Consello

Local de Esquerda Unida y la diputada de

AGE Yolanda Díaz, que les informó de la

presentación de una interpelación en el

Parlamento de Galicia, para que la Xunta

exprese su postura, y adquirió el

compromiso de comprobar si están

consignadas las partidas que se les

habían comprometido.

Concretamente, la Consellería de

Economía e Industria aseguró en su

momento que facilitaría 2,5 millones de

euros –1,5 a través de un crédito

participativo de Xesgalicia y otro millón

del Igape– para respaldar la oferta

presentada por los trabajadores a la

subasta de la empresa. Como se

recordará, el acto tuvo lugar el pasado

viernes y Seaquarz –la sociedad anónima

laboral constituida por los empleados–

impugnaron el proceso, que ahora deberá

ser resuelto por el Juzgado de lo

Mercantil nº 1 de A Coruña.

Tal como recordó ayer Yolanda Díaz,

Privilege fue una empresa en la que se

invirtieron fondos públicos y en la que las

administraciones gallega y central

ostentan el 40% de la sociedad. La

interpelación de AGE se dirige a saber si

la Xunta va a apoyar la propuesta de los

trabajadores “e contribuír así ao

crecemento desta comarca, máis aló das

trampas dos empresarios italianos que o

que están a facer é unha fraude xurídico

para desmantelar a empresa”. La

diputada recordó que el problema de

Privilege se plantea en un contexto con

graves cifras de desempleo y que ha de

primar, por ello, la oferta que contempla

el mantenimiento de 45 puestos directos.

Francisco Zurita, presidente de Seaquarz

–“sin sueldo”, recordó, como le ocurre

también al resto de los integrantes de la

sociedad– defendió ayer una vez más la

viabilidad de su proyecto productivo.

Según el plan de negocio que han

adjuntado en su oferta para hacerse con

la empresa, el primer año de producción

deberían salir de la fábrica naronesa

120.000 metros cuadrados de tablero

pétreo, del que se utiliza en las

encimeras de las cocinas, y la labor

comercial desarrollada hasta el momento

garantiza ya compradores para la mitad

de ese volumen. “Producimos el mejor

compacto de cuarzo del mundo”,

señaló Zurita, quien apuntó

también que la implicación

directa de los trabajadores

posibilitará la salida al mercado

con precios muy competitivos. La

producción iría

fundamentalmente a mercados exteriores

de Estados Unidos y países de

Hispanoamérica. “Falta –recuerda– que

el juzgado nos adjudique la empresa”.

DIARIO DE FERROL

MÁIS INFORMACIÓN

A deputada de Alternativa Galega de Esquerda (Esquerda Unida-Anova),Yolanda Díaz, presentou unha interpelación parlamentaria instando a Xunta a dar pasos para protexer os investimentos públicos e defender os 44 postos de traballo que están en xogo.

Privilege: a Xunta abandona aos traballadores

Page 9: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 10

AGE acusa al PP de «condear á fame á comarca de Ferrolterra»

Alternativa Galega de Esquerdas acusa al Partido Popular de «condear á fame á comarca de Ferroltera», tanto por su falta de compromiso con el sector naval como por la ausencia de inversiones para los principales sectores estratégicos de las tres comarcas.

Yolanda Díaz criticó que el Gobierno gallego hubiese rechazado todas las enmiendas planteadas para lograr mejoras para la zona y aseguró que el diputado ferrolano popular miente «cando dí que hai sesenta millóns de euros consignados para o sector naval da comarca». Recordó que AGE presentó una enmienda para que el Gobierno gallego reservase este año una partida de 21 millones con la que financiar con la administración central la construcción del dique flotante, pero fue rechazada.

Yolanda Díaz criticó que no haya inversiones en materia de transporte colectivo, ni mejoras sustanciales en el ámbito sanitario ni en los sectores clave del Plan Ferrol, como el naval, los

biocarburantes y el eólico, entre otros.

Además la viceportavoz de AGE en el Parlamento gallego reprochó al alcalde su actitud tras la reunión de la comisión del dique y pidió que defendiera a los trabajadores agraviados tras la visita al Parlamento.

Javier Galán, concejal de EU en el Concello ferrolano, manifestó su sospecha de que el Gobierno esté preparando «un palo a esta empresa pública para logo dotala de carga de traballo».

Critica la falta de inversiones en los Presupuestos de la Xunta para el 2013 y su papel con el naval de la ría La voz de Galicia.

Page 10: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 11

O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA ESIXE A INTEGRACIÓN DE ASFEDRO NA PARCELA PÚBLICA DE ASISTENCIA SOCIOSANITARIA.

O Consello local de Esquerda Unida mantivo unha xuntanza coa Xunta directiva de Asfedro, onde se transmitiu a preocupación polo futuro da entidade, que presta un servizo esencial a comunidade local. Pese a que alarma social sobre o problema da drogadicción diminuíu, o certo é que a vía de feitos consumados demostra que segue a ser un tema de actualidade de atención social prioritaria.

Non é por tanto momento de recortes sociais, senón de impulsar a integración pública da Asociación no sistema sanitario público, dende onde, de feito, xa se derivan pacientes ao non contar a rede socio-sanitaria galega con recursos humanos e materiais para atender a pacientes que sofren unha enfermidade de difícil curación.

Instamos polo tanto á Xunta de Galicia a que garanta a viabilidade de todos os equipos e programas de atención e prevención sociosanitaria a drogodependencias e, polo tanto, de Asfedro, e a que cese os recortes orzamentarios que ven sufrindo a entidade dende 2008, e que só no 2013 supoñen un recorte do 16% na partida asistencial e a eliminación completa das partidas destinadas a patoloxía e prevención, 65.000€. Recortes que, por

outra banda, poñen en perigo máis postos de traballo, que engrosarían a avultada lista de desempregados da comarca.

Así mesmo esiximos da Xunta de Galicia que constrinxa ás entidades bancarias a subscribir as pólizas necesarias para financiar á asociación, como se veu facendo nos últimos anos, ante a política do goberno do PP de non ingresar o orzamento ata a presentación de facturas pagadas. Resulta un paradoxo que os mesmos bancos aos que se rescata co diñeiro de todos os cidadáns polos seus propios erros, poñan trabas ao financiamento dun servizo social avalado por orzamentos públicos. Se as vías de financiamento habituais até o momento xa non funciona por modificación das condicións mercantís xerais hai que buscar novas fórmulas de financiamento.

Cremos que unha asociación de interese social, que ven prestando servizos á comunidade dende hai máis de vinte anos, merece unha defensa contundente dende o Concello, e apoiaremos calquera moción conxunta de todos os grupos municipais na procura da viabilidade de Asfedro que permitan a continuidade da súa actividade nos mesmos termos que viña facendo nos últimos anos.

Esquerda Unida de Ferrol promoverá e apoiará as accións necesarias para que a cidadanía coñeza a importancia vital de Asfedro na cidade, o desentendemento da Xunta que semella querer deixar morrer á entidade e as consecuencias da súa desaparición para os pacientes, abocados ao abandono, pois na rede pública non hai ningunha institución capaz de prestar ese servizo asistencial.

Desde o ano 2010, ano no que o

actual goberno do PP chegou de novo

a Xunta de Galiza, ven recortando,

ano tras ano, os orzamentos da rede

de prevención e asistencia a

drogodependentes que recolle o Plan

Galego de Trastornos Adictivos.

O que recolle o proxecto de Lei de

orzamentos para o ano 2013, é

un recorte de

cantidades que ascende a 2.091.469

€ sobre o orzamento do 2012. O que

está a provocar é que no ano 2013

non se asine o convenio de

colaboración ente a Consellaría de

Presidencia, a Consellaría de

Sanidade e a Federación galega de

Municipios e Provincias (FEGAMP) en

materia de drogodependencias e

trastornos adictivos.

Con estes orzamentos a Consellaría

de Sanidade decidiu suprimir todo o

investimento dos Equipos de

Prevención, ante esta situación os

Concellos son incapaces de seguir

a prestar esta asistencia, poñendo en

risco a continuidade de prevención:

43 programas, e consecuentemente

os postos de traballo do persoal

destes servizos, 61 traballadoras/es.

O peche dos equipos de prevención

vai afondar nos problemas sociais e

de saúde pública. Paradoxalmente,

por unha banda a Consellaría de

sanidade deixa sen dotación

económica este programa, mentres

segue a manter a súa campaña de

publicidade enganosa, xa que o Plan

Galego de Trastornos Adictivos 2011-

16 recolle no seu obxectivos” impulsar

os programas de prevención de

carácter universal”…

No referente aos Equipos que prestan

Asistencia, o recorte orzamentario vai

por en risco a continuidade dos

mesmos. Os concellos non van poder

asumir un recorte orzamentario de

máis do 15%, que nalgún deles

suporá un recorte de máis de

40.000€.

COMUNICADO SOS SANIDADE PÚBLICA

Page 11: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 12

JAVIER GALÁN – A Voz de Galicia

Traballador do naval, concelleiro por Esquerda Unida en Ferrol dende o 2007 e dende hai semanas, novo voceiro do seu grupo municipal, trala marcha ao Parlamento galego de Yolanda Díaz. Francisco Javier Galán Pérez (Ferrol, 1960) vive a política dende os trece anos, pero garante que a súa etapa na primeira liña rematará neste mandato.

-¿Haberá un antes e un despois de Yolanda Díaz?

-Levaba tempo encabezando a candidatura e sabíamos que tarde ou temprano daríase o que se deu, e que habería que tomar o relevo. Pero tamén teño claro que o meu paso por aquí vai ter un fin, e eu creo que máis próximo que tarde, porque son dos que cren, e vouno cumprir, que dous mandatos son suficientes para que calquera home ou muller pase pola política.

-¿Por que?

-Sempre pensei que cando un se acomoda a certos postos ao final se ve o que está xurdindo no Concello, en toda Galicia e no Estado español, que se poden dar certos temas de corruptelas e de acomodamento. Un xa controla a vida municipal e parece que o sabemos todo. E todas as formacións políticas deben ter un grao de renovación. Son contrario á perpetuidade de certos cargos.

-¿Que papel pode xogar e que peso ten IU nesta corporación?

-Peso, o que nos deron as urnas, que son dous concelleiros. O que si teño claro é que o traballo que nos deixan é ben pouco. O único que facemos é denunciar as prácticas que está a levar este goberno de maioría absoluta, que non está a buscar consensos, como dixo o alcalde. Eles se basean en que teñen 14 votos, porque non vale dicir que teñen so 13, porque IF está votando continuamente a favor das posicións do PP, e non é de recibo o que están a

manter.

-¿Que problemas se atopa para realizar o seu labor?

-Fundamentalmente, a falta de información. Nós a estamos reclamando continuamente nas comisións e non se nos dá. E moitas veces a información chega antes aos medios de comunicación que á propia oposición.

-¿Cre que o discurso dos voceiros municipais no pleno conecta coa xente da rúa?

-Nos plenos temos que ser máis concretos. Ás veces nos quedamos en discursos moi por enriba que non chegan á cidadanía. A min me gusta ser concreto, e dicir ao pan pan e ao viño viño. Non sei facer literatura: eu falo, digo, protesto e pido explicacións moi directamente.

-¿Entende que os colectivos protesten ante o pleno?

-É certo que hai xente do PP e doutros partidos que di que se nós somos a organización que entende que isto pode

ser un manifestódromo. Nós non consideramos iso, senón que no Concello e noutras institucións están os representantes dos veciños. E cando non están contentos, entendo que vaian manifestar o seu descontento, o que non quere dicir que se interrumpa, que haxa vandalismo, etc., pero entendemos perfectamente que haxa esas manifestacións de repulsa.

-¿Como cre que estará Ferrol ao final deste mandato?

-Pensei sinceramente que este goberno municipal sería capaz de facer algo positivo por Ferrol. E a verdade é que están facendo o mesmo que o señor Feijoo ou o señor Rajoy, que en seis meses fixo tantas cousas negativas para a poboación e os máis febles para a sociedade que parece que leva moito tempo. Nos dá a impresión de que se van centrar en grandes obras e van deixar as que realmente teñen importancia, como o rebacheo da cidade ou o mantemento de xardíns. Van gastar un millón de euros na praza de España, se modifica o proxecto do Raíña Sofía... E nestes momentos o que necesita o cidadán son as cousas que se viven no día a día.

-Coa imaxe xeneralizada de desprestixio dos políticos, ¿dan ganas de marchar?

-A min dame ganas de máis, de seguir pelexando, sexa ou non concelleiro. Porque non é certo que sexamos todos iguais. Quen o está a dicir é quen se está a acomodar con esas situacións de corruptelas que se están dando como algo natural. E a política ten que ser algo completamente diferente. Eu sigo crendo na política, na honestidade das persoas, e no quefacer dun bo político cos seus cidadáns.

Dous mandatos son suficientes para calquera político

Page 12: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 13

Cando nacín, o transporte “público” colectivo terrestre que había na nosa localidade era o tranvía, que, coma hoxe –substituído ha xa hai ben de anos polo autobús– non se cinxía ós límites do concello. Por mar estaban as lanchas á Cabana, A Graña, San Felipe e varios atraques da outra banda. O tranvía ía do porto de Curuxeiras a Neda. O percorrido era idéntico ó actual en dirección á vila dos Esquío, tanto de entrada como de saída. A ruta de entrada en Ferrol houbo que modificala cando o cambio de vehículos. Pola rúa da Igrexa só era posible unha dirección de buses. O resto da cidade estaba desprovista de transporte público. Como de neno e adolescente sempre vivín na zona baixa –primeiro no porto e logo en Magdalena, á altura da praza do Callao– non botei nunca moi en falta un transporte público urbano. Mesmo nos tempos en que fun a unha clase particular na ponte das Cabras, agás cando o tempo estaba moi mal, ía a pé ou en bicicleta. Mais daquela, e xa non digamos na actualidade –con oclusións circulatorias derivadas do abuso do maldito tabaco–, teño matinado infinitas veces no complicado, para todo, que tiña e ten que ser vivir en calquera das rúas que soben a Canido. Por aí nunca houbo máis transporte que as patas, un vehículo particular ou un taxi. E só estou falando do que vén sendo a cidade por excelencia, por lle chamar dalgunha

maneira. Esteiro sempre estivo abandonado. Hoxe, malia a súa gran poboación, ten liña de entrada, mais non de saída. Para viaxar a Faxardo hai que ir ó Callao ou á praza de España. E todo por aí.

Da zona que din rural, que é tan Ferrol como a praza de Armas, xa nin falemos. É evidente que o transporte público no noso concello sempre foi un auténtico desastre. E, por riba, caro. De ben neno, nos tempos de aprender a ler, a intentar comprender e a preguntar, chamábame a atención o S.A. que aparecía en nomes que vía. E, ¿como non?, preguntei a meus pais e dixéronme que eran as iniciais de Sociedade Anónima. Pois que ben. ¿E por que anónima? Esta explicación xa non foi tan doada. Aínda hoxe sigo a preguntarme a causa do anonimato. Pois unha das S.A. que eu visualizaba hai case sesenta anos xa era Tranvías del Ferrol S.A. Na adolescencia fun –e sigo sendo– bo amigo de xentes fillas do daquela presidente desta compañía que, como tal, non era anónimo. Era real e tanxible. ¿Mais o resto? Como traballei e residín na Coruña un lote de anos sei que alí hai unha empresa, Tranvías de La Coruña, de similares características. Está fóra de toda dúbida que cobre as necesidades do pobo moitísimo, pero infinitamente, mellor que a súa homóloga ferrolá. Con todo, ten moitas deficiencias para que se poida considerar un servizo público de auténtica calidade. Non sei o rendemento económico que lle tiran os anónimos. Si sei o do seu xerente.

De Ferrol, como estiven tanto tempo fóra, coñezo menos destas interioridades. O que non podemos nunca perder de vista é o que nos venderon. Os monopolios –xa non digamos se eran do Estado, quer dicir, de todos nós– eran cousa mala. O bo era a liberdade de mercado e a libre competencia. ¿Onde está a libre competencia no transporte chamado público? As compañías de tranvías –

¿onde van os tranvías?– seguen monopolizando un transporte vital para unha boa parte dos habitantes das nosas cidades e as súas contornas. Se non lles resulta rendible cubrir uns pésimos servizos, máxime cando están moi ben subvencionados con cartos de todos, o que teñen que facer é deixalo. Iso, diariamente, teñen que facer Perfumería Pepe, Mercería Manolita, Calzados Fernández... A anunciada redución de servizos do transporte local merece unha forte resposta do goberno local. Outra alternativa non pode menos que levarnos a pensar en posible conivencia.

DEFINIRSE

XOSÉ MARÍA DOBARRO

Diario de Ferrol

Page 13: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 14

Abonda tanta infamia (acción malas e desprezables) como provocan de cote as tesoiras asasinas (quen é quen de provocar a morte ou causar daño físico ou moral) do PP. Quizabes pareza excesiva pero cando as persoas quedan desprotexidas, sen subsidio, sen casa, sen traballo, con dificultades para acceder aos servizos sociais básicos non hai outra maneira de dicir as cousas sen

faltar á verdade. A política do PP provoca paro, pobreza, angustia e mortes. 6 millóns de persoas no paro,ou 92.000 fogares en Galicia onde todas as persoas están no paro, ou 126.000 persoas que non reciben nada, esgotadas as minúsculas axudas; coas explotacións gandeiras afogadas, sen dique flotante, destruido o emprego industrial, cuns orzamentos feitos por quinto ano a tesoirazos… se destrúe unha sociedade sementando a desesperanza e a emigración. Iso si, os Bárcenas e Baltares, ben grazas. Tiranos que gobernan contra o pobo.

SEDE ABERTA!

VISÍTANOS!

RECORDA!! TES A SEDE DE ESQUERDA UNIDA ABERTA OS MÉRCORES DE 18:00 A 20:00 HORAS

RÚA DO SOL 124, ENTRECHÁN ESQUERDA

ADVERSUS TYRANNUS

YOLANDA DÍAZ

Diario de Ferrol

VISITA A NOSA PÁXINA WEB E AFÍLIATE!

www.euferrol.org

Page 14: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 15

Os dirixentes do PP son os fillos e os netos da ditadura, son o fascismo que sempre desprezou o pobo, son a corrupción en estado puro, son a mentira institucional, son a represión contra os que defenden os seus dereitos, son a manipulación da xustiza, son os miserables que so sementan miseria, son os hipócritas que non coñecen a vergoña, son os traidores que falan de patriotismo, son os privilexiados que non saben o que e traballar, son os traficantes que trafican con vidas, son os ladróns de soños....SON OS NOSOS INIMIGOS, son os que explotan a crase obreira, son os que especulan con a nosa terra, son os que pretenden converter os nosos fill@s en escravos. LOITEMOS para VENCER, e a nosa única alternativa VITORIA ou MISERIA! Estamos ante a peor cara do fascismo a corrupción e a hipocrisía, o PP e unha esterqueira de xente sen principios, nin ética, nin moral!....non podemos deixar o noso presente nin o futuro nas mans destes canallas! Estamos gobernados por corruptos, o PP-PSOE-UPyD SON unhas organizacións criminais que so buscan enriquecerse a costa de empobrecernos, este goberno non ten lexitimidade porque minte, rouba, e leva a todo un pobo o desastre e a miseria. DIMISIÓN INMEDIATA E REVOLUCIÓN NECESARIA!

ORGANÍZATE E LOITA

ANDRÉ ABELEDO

OBREIRO ROXO

Page 15: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 16

Jorge Suárez- Praza Pública

TAMBORES DE GUERRA EN NAVANTIA

Recordo que, cando ía a escola e estudabamos a primeira guerra mundial, había unha viñeta que me chamaba moito a atención: unha imaxe de Francisco Fernando de Austria, abatido por un balazo, coas mans abertas e cara de pavor, morría asasinado por un anarquista. No pé de foto líase: “Chispazo da Gran Guerra”.

Pode que a imaxe de Navantia do 28 de xaneiro de 2013, coa Comisión de seguimento do dique flotante pechada polos traballadores no estaleiro, sexa estudada polas vindeiras xeracións de galegos coma o detonante dun gran estalido social. A suposta negativa da Unión Europea á construción do dique, xa que non aparece documentada, é só a punta dun grande iceberg de irresponsabilidade política, un desleixo de funciones, coma un cirurxián que se esquece de suturar unha ferida. O que non sabemos é o grao de intencionalidade en deixar morrer o paciente, pero todos os indicios apuntan a que algo tiña o médico contra el.

Na campaña das eleccións autonómicas de outubro a gran mobilización sindical na procura dunha solución para os estaleiros, cos sucesos acontecidos o día de arranque de campaña fronte ao Hotel Almirante e o peche de delegados no Concello de Ferrol, foi freada co anuncio do flotel de Pemex e o compromiso da convocatoria da Comisión de seguimento do dique flotante.

O 27 de xaneiro, un día antes da reunión clave, que chegaba con tres meses de retraso, o goberno estatal, a través do ministro Margallo, presume de desatascar os contratos de Pemex, contratos que un día antes o responsable autonómico de emprego Miguel Tellado cualificaba de indubidables baixo pena de inmoralidade. Non fai falta ser moi agudo para darse conta de que era unha nova xogada desmobilizadora: sabían da propia incompetencia para facer o dique, sabían que nunca existiu partida orzamentaria algunha para financialo e sabían a ira que ían desatar entre os traballadores cando fixeran o anuncio de “dique non”, aínda que se escudaran na UE.

Agora que non hai dique, agora que as expectativas de cortar chapa no estaleiro son remotas e, en definitiva, agora que xa é sabido que a hemorraxia de postos de traballo non vai ser suturada, qué pode esperar a comarca de Ferrol? Non podemos pensar que o Goberno experto en aplicar o bisturí por medio de privatizacións, externalizacións, racionalizacións, e demais leiras demagóxicas, está deixando morrer intencionadamente ao agonizante paciente do naval? Esa notoria incapacidade para conseguir carga de traballo e a construción do dique, non pode ser parte dunha estratexia ben urdida para botar a cancela co gallo de que ningunha empresa pública é rendible?

Aínda que Pilar Rojo, dous días antes da visita dos delegados de Navantia, vete aos convidados de pedra ao Parlamento, que son unicamente o pobo, o que lles da a pouca soberanía que lles queda, o cataclismo vai chegar, e isto non é como o fin de ano maia, isto é a realidade de miles de familias que viven directamente do sector naval, dos negocios derivados en comercio e hostalería, dun tecido industrial que é o legado fabril máis importante da historia de Galicia.

Agora toca dar a cara, non pode ser que Jose Manuel Rey, alcalde de Ferrol, saia á palestra a denunciar a incompetencia de Navantia e a Sepi, semella máis un xesto para garantir a súa propia seguridade persoal, xa que non houbo xesto político algún do seu partido en defensa do dique flotante, máis alá de palabras, e a Sepi é o PP, Navantia é o PP, e o PP é o encargado de negociar contratos con outros países para unha compañía preparada tecnicamente para competir con calquera estaleiro do mundo. As negociacións teñen un cariz político que o Partido Popular non quixo afrontar, non a Sepi, nin Navantia nin o Sursum corda.

As mobilizacións pola comarca de Ferrol van subir en intensidade, toda vez que onte Francisco Fernando de Austria volveu morrer a mans dun anarquista e o brazo armado do Partido Popular no Naval, isto é, a Sepi, disparou a queimarroupa contra os traballadores do sector naval de Ferrol.

Page 16: Novas da esquerda   febreiro

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº1 FEBREIRO 2013 17