5
O ADXECTIVO

O adxectivo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O adxectivo

O ADXECTIVO

Page 2: O adxectivo

O ADXECTIVO É A CLASE DE PALABRA QUE ACHEGA AS CALIDADES E CARACTERÍSTICAS DO SUBSTANTIVO: VILAS PEQUENAS, ENFRAQUECIDO EXÉRCITO.

Clasificación do adxectivo segundo o significado:

Adxectivos especificativos: aqueles que precisan unha

calidade pertinente e particular do substantivo que os diferenza

dos demais da súa clase: rapaz inquedo, aula alegre…

Adxectivos explicativos ou epítetos: son os que

expresan unha característica xa incluída no significado habitual

do substantivo: o sangue vermello, a neve fría…

Page 3: O adxectivo

OS GRAOS DO ADXECTIVO

O adxectivo pode presentarse de tres formas diferentes dependendo da súa relación co substantivo: en grao positivo, comparativo e superlativo.

O grao positivo: expresan unha calidade do substantivo sen intensificalo, nin comparalo con outros elementos: o galo cantareiro, o libro interesante

Page 4: O adxectivo

OS GRAOS DO ADXECTIVO

O grao comparativo: a calidade expresada do substantivo compárase con outros. A comparación pode ser de tres tipos: igualdade, inferioridade ou superioridade.

FORMAS EXEMPLOSIgualdade tan / tanto

+ adx. +

como + verbo

coma + pr. pers.

como / coma + demais casos

Beben tanto como comen.

Xoán é tan alta coma ti.

Canta tan ben coma a nai

Inferioridade menos + adx. + ca + pr. pers.

que / ca + demais casos

que / do que + verbo

Saltas menos / máis ca nós.

Comes menos / máis que Sabela.

Xoel sabe máis / menos do que di.

superioridade máis + adx. +

Page 5: O adxectivo

OS GRAOS DO ADXECTIVO

O grao superlativo: a calidade expresada polo adxectivo está expresada ao seu máximo grao. Pode ser de dous tipos:

SUPERLATIVOS FORMACIÓN

ABSOLUTO Intensifícase a calidade sen comparala con nada

Sintética: engaden á raíz a terminación –ísimo/a ou érrimo/averdísima, sapientísimo, libérrimoou engadindo os prefixos hiper-, súper-, ultra-, extra-, etc.hipersensíble

Analítica: antepoñendo os adverbios moi ou ben ao adxectivosben tranquila, moi enrevesado

RELATIVOIntensifícase o adxectivo pero posto en relación cun deteminado grupo

Temos a estrutura subs. + máis / menos + adx.A árbore menos verde do bosque.